SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 43
ROBIN HOOD GALEGO
-ROI XORDO-
Segundo a lenda, Robin Hood era un Barón chamado Robin Longstride ou Loxsley, quen era de gran corazón e vivía
fóra da lei agachado no Bosque de Sherwood preto da cidade de Nottingham (Inglaterra). Hábil co arco de frechas,
defensor dos pobres e oprimidos, loitaba contra o gobernador de Nottingham e o príncipe “Juan sen Terra”, que
utilizaban a forza pública para acaparar ilexítimamente as riquezas dos nobres que se lles opuñan.
Os historiadores buscaron ávidamente un Robin Hood real, e atoparon personaxes con nomes parecidos, que ben
puideron ser o lendario bandido, aínda que en épocas posteriores ao reinado de “Juan sen Terra” (1200).
Así que é bastante probable que o
persoaxe real no que se inspira a
lenda de Robin Hood sexa dos
tempos de María Castaña (tempos
de Maricastaña) entre os séculos
XIV e XV (Fai agora 600 ou 700
anos aproximadamente).
No século XIV houbo unha crise
máis importante que a que estamos
vivindo agora. As colleitas eran
escasas. A fame, as contínuas guerras (entre elas a guerra dos cen anos), a necesidade e a falta de hixiene, levaron a
unha terrible enfermidade en toda europa que ademáis era moi contaxiosa: A PESTE NEGRA .Milleiros de persoas
morreron. En Galicia, a enfermidade entrou polas persoas que viñan en barco de outros lugares. Hai constancia de que
en Baiona, Tui e outros pobos de Galicia houbo casos de persoas infectadas por esta epidemia.
GUERRA DOS CEN ANOS
Tivo lugar a finais da Idade Media, entre os anos 1337 y 1453, exactamente, 116 anos, entre Francia e Inglaterra. Nela tivo un grande
protagonismo Xoana de Arco.
Moitas veces non había comida á mesa ou era insuficiente. Traballábase de sol a sol no campo ou pescando. Había
tamén quen se adicaba á artesanía: ferreiros, zapateiros, prateiros, cesteiros…
pero os ingresos eran poucos e a miseria moita. A gran maioría adicábase ó cultivo
da terra.
Pero non todo o que colleitaban era para eles.
As terras non eran dos campesiños; eran dos
nobres ou señores ou ben da igrexa. Os
campesiños debían traballar a terra a cambio
dunha parte do que recolleitaban. E esto sen
ter vacacións nin apenas descanso semanal (só
o domingo e a maioría das veces non todo o
día).
Da pequena parte que lles correspondía, os
campesiños debían pagar impostos ben ó señor
ou nobre do que dependía ou ben á igrexa ou a ambos.
Cando se agudizou a crise, os señores
(que solían vivir en castelos ou
fortalezas) decidiron, ante a falta de
ingresos, poñer máis impostos. A
xente estaba ó límite. Apenas podían
vivir e non podían permitirse pagar
novas contribucións. E por se fora
pouco, a inseguridade estaba á orde
do día. Salteadores e ladróns
permitíanse roubar impunemente ou
cometer todo tipo de delitos. Moitos
deles acollíanse nos castelos ou nas
fortalezas dos señores .A situación
era insostible.
Frente a esta situación, xurdiron
persoaxes que se puxeron ó frente de quenes loitaban contra a inxusticia (Robin Hood en Inglaterra e María Castaña e
Roi Xordo (o chamado Robin Hood galego) en Galicia, entre outros.
"En tempos de Maricastaña"... Esta expresión tantas veces usada e oída (cando alguén quere referirse a algo moi
antigo), ben podería ter a súa orixe nunha heroína do século XIV coñecida como María Castaña.
María Castaña ou María Castiñeira, (nada en Cereixa, Pobra do Brollón, Lugo, séculoXIV). Liderou unha revolta
na cidade de Lugo contra o poder eclesiástico.
No ano1386 tivo lugar unha das revoltas contra os impostos abusivos que o obispo de Lugo cobraba. Foi
encabezada por María Castaña e acabou coa morte do mordomo do obispo, que era quen facía de recaudador.
Sofocada a revolta, María Castaña e os seus dous fillos (algún din que os seus cuñados), foron apresados, acusados
de provocar a morte do mordomo e obrigados a donar os seus bens, entre eles as posesións no coto da Cereixa (Pobra
de Brollón) e mil maravedíes á Igrexa e a promesa de non facer máis dano á Igrexa de Lugo e de prestar a súa
axuda aos recaudadores do obispo.
Postas así as cousas, a maioría da xente en Galicia
(campesiños, artesáns e pequenos comerciantes)
deciden xuntarse e crear as irmandades. Estas
irmandades terían o obxectivo de defenderse contra
os abusos dos señores e de moitos delincuentes que
se apropiaban indebidamente do que non era seu e
cometían delitos impunemente.
Para crear as irmandades, os irmandiños (que así
era como se chamaban os que pertencías ás
irmandades) pediron permiso ó rei. Este concedeuno.
En todas as vilas e cidades de Galicia había a súa
irmandade.
Os abusos dos señores e nalgunhas ocasións da igrexa eran moi frecuentes e esto provocaba moitas tensións e
enfrontamentos que se extenderon por toda galicia. Ademáis había nese periodo en España loitas entre diversos
pretendentes a ser rei: Enrique II e Pedro I no século XIV e entre Enrique IV e Alfonso de Trastámara no século XV.
Seguidores de uns e outros bandos tiveron diversos enfrentamentos en España. En Galicia tamén houbo partidarios
dos diversos bandos.
Crónicas dalgúns abusos:
“Os señores prelados e cabaleiros do dito reino lles facían moitos agravios e danos e males nas súas persoas e nos seus bens, roubándolles
os seus bois e bestas e lles forzaban as súas mulleres e fillas e moitos dos ditos danos facíanse así das xentes que tiñan nas súas casas como
nas súas fortalezas”.
“Os veciños da dita cidade de Betanzos non ousaban saír da dita cidade a cavar as súas viñas nin a granxear as súas facendas sen saíren dez,
quince ou vinte xuntos armados coas súas lanzas e escudos e aínda tiñan espías para ver se viñan a eles algún dos ditos malfeitores e era
fama pública que ós ditos ladróns e malfeitores os acollían os cabaleiros e señores”.
As irmandades non eran revolucionarias. As súas
atribucións eran de tipo policial e estaban
perfectamente legalizadas polo rei (eran partidarias do
rei enrique IV mentras a maioría da nobreza se
inclinaba máis por Alfonso).
As irmandades responsabilizan do caos aos señores e as
súas fortalezas que son refuxio de moitos delincuentes.
Os irmandiños demandan a entrega das fortalezas.
Algúns nobres entrégannas. Outros sen embargo
resístense e son tomadas por asalto. Os irmandiños
triunfan en toda Galicia e os señores máis importantes:
o Conde de lemos, Pardo de cela, Pero Álvares de
soutomaior (Pedro Madruga) e mesmo o propio arcebispo Fonseca fuxen a castela ou a Portugal.
A Primeira Guerra Irmandiña tivo lugar na Coruña,
nas terras de Pontedeume, Betanzos e Ferrol.Alí
había uns señores moi poderosos, os Andrade, que
tiñan varias fortalezas.
Fernando Pérez de Andrade "O Boo" é o primeiro
señor de Pontedeume en virtude do privilexio
outorgado en Burgos o 19 de Decembro de 1371 por
Enrique de Trastámara como recompensa polo seu
apoio na guerra fratricida contra o rei Pedro I "o
Cruel".
A lenda atribue a Fernando Pérez "O Boo" a
construción de sete igrexas, sete mosteiros, sete hospitais e sete pontes.
Este nobre non tiña fillos e sucedeuno un seu sobriño e posteriormente un fillo
deste: Nuño Freire de Andrade.
Nuño Freire de Andrade era chamado
"O Malo", polo seu carácter despótico e
cruel. Foi implacable cos monxes de
Sobrado, con quen os Andrade sempre
mantiveron unha guerra incesante; e
someteu aos seus colonos a constantes
alzas de impostos para custear as súas
campañas de Castela, polo que os
burgueses e mariñeiros das vilas de
Ferrol, Betanzos e Pontedeume
uníronse aos campesiños para formar a
"Irmandade Fusquenlla".
Mirade se era temible Nuño Freire que unha vez ou seu pai tivo un preito
cun cóengo (cargo da Igrexa) e díxolle a este: “ou retira a denuncia ou
chamo ó meu fillo Nuño Freire que lle dará dúas lanzadas na barriga”.
Un home do que só coñecemos o seu nome, ROI XORDO, levantaríase
contra tales inxustizas aglutinando ao redor da súa persoa o descontento
popular, que derivaría nun levantamento popular, o que sucedeu contorna
ao ano 1431. É a primeira guerra irmandiña.
Os levantados en armas, coñecidos como
"IRMANDADE FUSQUENLLA" e dirixidos por Roi
Xordo, uns tres mil sublevados, encamíñanse a Moeche,
unha das fortalezas dos Andrade onde se refuxiara "O
Mao". Cando chegan os irmandiños, o señor de Andrade
xa tiña fuxido a Compostela buscando a protección do
arzebispo. Ao non atopar a Nuño, deciden ensañarse coa
fortaleza demoendo parte do Castelo. No seu camiño
cara a Pontedeume os levantados arrasan os bens do
señor feudal que atopan ao seu paso. En Pontedeume
únense aos Vasallos de Ferrol e Vilalba, os de
Pontedeume, Mondoñedo e Lugo formando un
xigantesco exército que marcha imparable polo señorío
dos Andrade. O propio arcebispo intenta mediar con Roi
Xordo na cidade de Betanzos ofrecendo como única solución que os sublevados se rindan e se somentan ao señor.
Ante a nula oposición atopada deciden atacar a mesma Compostela, o que virá supor o principio do seu fin.
Oexército do arcebispo, profesional, ben
preparado e mellor armado rompe o cerco a
que someteran á cidade provocando a
fuxida en desbandada dos de Roi Xordo.
Reunidos de novo, decátanse de que o de
Andrade atópase no castelo de
Pontedeume e deciden cercalo. As forzas
do cabaleiro feudal con axuda das
enviadas polo arcebispo esta vez non serán
derrotadas e os xefes dos irmandiños serán
axusticiados.
Alonso de Lanzós, un dos xefes irmandiños que atacaron a fortaleza de Nuño
Freire de Andrade, foi feito prisioneiro xunto aos seus seguidores e trasladado
aos subterráneos deste castelo, onde pereceu. Segundo a lenda, logo de
permanecer cen días encerrado nunha escura mazmorra sen ver a luz do día,
foi enterrado vivo, de pé e no interior dun muro de 3 metros de espesor, logo de
terlle sido amputada a man dereita do mesmo xeito que ao resto dos xefes
irmandiños encarcerados.
O fidalgo Roi Xordo, desaparece para sempre aínda que non do recordo do
pobo que o eleva á categoría de mito.
Nuño Freire de Andrade morre o mesmo ano en que é sofocada a sublevación
dos seus vasalos, é dicir, en 1431.
36 anos máis tarde, no 1467, terá lugar a II Guerra Irmandiña.
A cidade medieval estaba amurallada
Crónica do conflicto de Nuño Freire cos Irmandiños:
“No ano 1431 Nuño Freire botou sobre os seus vasalos o
peso desmedido dunha tributación especial para poder
facer frente ós gastos provocados pola visita do Infante
D. Enrique de Aragón a Compostela. Así o contaron fontes
da época:
“E entre os outros negocios que o Rei había de despachar
era un que pendía entre Nuno Freire de Andrade e os seus
vasalos de Pontedeume e Ferrol e Vilalba, que eran súas,
que todos se ergueran contra él, dicindo que era señor
moi forte e duro que nonn o podían comportar, e facíanlle
a guerra tres mil homes e máis, e derribaronlle certas
casas fortes e taláronlle algunhas viñas e hortas e con
estes xuntaranse outros moitos dos bispados de Lugo e
Mondoñedo, que serían ben dez mil homes e máis, e
tomarn por capitán un Fidalgo que se chamaba Roi Xordo;
e traían un pendón de Santiago e fixeron todos unha
Irmandade e por toda a terra os chamaban os irmáns e
andaban así poderosamente, facendo moi grandes danos e
males na terra, que nas rendas do Rei nin contra a súa
xustiza non tocaban.
Os ditos irmáns víronse tan poderosos e estaban tan tolos
que non só non quixeron estar por cousa do que lles foi
mandado de parte do Rei, mais tentaron de entrar na
cidade de Santiago, o que o arcebispo lles defendeu e
xuntou a súa xente cos que acordou de pelexar con estes
ditos irmáns. Os cales, como eran xente miúda e de pouco
esforzo, acordaron de se derramar e irse algún deles
para o arcebispo, e como Nuno Freire recibira tan grandes danos desta xente, xuntouse co correxidor polo Rei e foron a
Pontedeume e tiñan cercado un Castelo seu, onde estaban a súa muller e fillos, catrocentos homes e máis destes que se
chamaban irmáns. Pelexaron con eles e descercaron o Castelo, e morreron aí algún dos irmáns, e outros foron presos e
enforcados, e así se apaciguou este caso de Galicia”.
O Castelo de Andrade atópase no municipio de
Pontedeume, provincia da Coruña.
Mandado construír por Fernán Pérez de Andrade en 1369 e
terminado en 1377, coa oposición do prior de Sobrado dos
Monxes. Despois de que foi destruido en 1467 polas
revoltas irmandiñas volveuse edificar. No século XVII
pertenceu aos condes de Lemos, cuxo escudo está nas súas
paredes, logo pasou á casa de Lerma e de Alba que o
restaurou no século XIX.
Destaca o seu papel na historia medieval de Galicia ao
servizo dos Condes de Andrade, por iso foi declarado
monumento nacional en 1924, sendo o primeiro en
conseguir este título na provincia da Coruña.
Foi o conde de Andrade, Fernán Pérez o Bo, valido de
Enrique II de Trastámara, rei de Castela, quen ordenou a
construción deste castelo en 1369. Obtivo o territorio por
doazón do monarca en agradecemento aos servizos
prestados durante a guerra civil mantida co seu medio
irmán, Pedro I o Cruel. Parece ser que foi precisamente neste castelo onde se
refuxiou Enrique de Trastámara cando fuxía do seu irmán tras un
enfrontamento bélico.
Partes dun castelo
Barbacana: É unha obra de fortificación situada fronte ás
murallas protexendo a porta de acceso. Podía contar con
portais propios fortificados de paso obrigado para acceder á
porta principal.
Torre da homenaxe. é a torre principal do castelo,
residencia dos señores do mesmo, normalmente a máis alta
e forte, e estaba situada no lugar de más fácil defensa. Era o
lugar máis protexido e en caso necesario podía conventirse
no último núcleo de resistencia.
Foso: trincheira excavada fronte ós muros dunha fortificación. A súa misión principal era impedir
que as máquinas de asalto se aproximaran aos muros.
O angazo ou peite é unha pesada rexa, rematada abaixo en puntas que formaba parte das
fortificacións da porta, xunto á ponte levadiza e a barbacana
Almenas, tiñan como función protexer aos defensores. Algunhas tiñan orifcios, como troneiras
(para las armas de fogo) o saeteiras (para frechas ou lanzas)
Adarve ou camiño de ronda, donde se parapetaban los defensores
Castelo dos Andrade
culebrinas
Arcabuz e arcabucero
Unhas cento cincuenta fortalezas en toda Galicia foron destruidas. Algúns sectores da Igrexa aliáronse aos
irmandiños.
Desde 1468 a nobreza que estaba exiliada en Portugal e
castela prepárase para o contraataque. Nese ano morre
Alfonso e Enrique IV xa se pode convertir en rei
indiscutible. Xa non necesita o apoio dos irmandiños.
En castela e Portugal os señores fan preparativos
militares e diplomáticos para iniciar o ataque aos
irmandiños e a recuperación dos seus castelos e
fortalezas. Quen máis destaca nesta labor é PERO
MADRUGA (Pero álvares de Soutomaior).
Na primavera de 1469 comenza o ataque dirixido por Pedro Madruga. Atravesan o río miño.
Os irmandiños loitan con arcos de frechas contra as armas de fogo que comenzaban a aparecer e que primeiro sembran
o desconcerto e logo o terror.Os irmandiños tiñan un exército duns dez mil homes. Os nobres a metade, pero contaban
con 330 lanceiros de primeira categoría e sobre todo, coa pequena élite que manexaba os arcabuces e culebrinas.
Castelo de Pedro Madruga (Soutomaior-Moi preto de Redondela).
“E chegando a Santiago Pero Álvares xuntouse co arcebispo e con don Xoán Pimentel e como visen estar a don
Pedro Osorio, o cal don Pedro estaba por capitán dos irmandiños, que tiñan de dez mil homes arriba, Pero
Álvares dixo: “arremetamos a don Pedro, que se o desbaratamos, todos os outros fuxirán”. E saí u ó campo dando
voces: “ a don Pedro, a don Pedro”, e todos xuntos os seus arremeteron ós contrarios tan rexamente que non os
ousaron agardar no campo. E fuxindo don Pedro todos fuxiron, de maneira que cantos puideron ser alcanzados
quedaron uns mortos, outros feridos ou presos; e así foi desbaratada esta comunidade”.
OBOSQUEDEROBIN HOOD
Sherwood
El bosque de Sherwood, en Inglaterra, el mismo del que surgen las historias de Robin Hood, se encuentra en
peligro. Últimamente, se están perdiendo los árboles más antiguos de esta zona y el más viejo data de 1415.
Hace unos años, se perdía un ejemplar de estos árboles anualmente, pero las últimas cifras indican que se ha
aumentado a una perdida de cinco ejemplares.
Según el diario The Guardian, los datos son desesperanzadores pues, si seguimos a este ritmo, Sherwood, el
bosque en el que se encuentra la mayor colección de robles antiguos de Europa, dejará de existir. Algunos
datos alarman de la situación: a lo largo de este año cuatro árboles cayeron con las tormentas de enero, otros
dos fueron destruidos por un incendio y un sexto fue víctima de un choque. Después de analizar las cifras, para
el próximo invierno, se prepara un plan de recuperación que contará con un presupuesto de cinco millones de
libras, que financiará el organismo de loterías británico. Con este dinero se plantarán 250.000 robles en 350
acres de tierra. Resulta muy importante cuidar el bosque de Sherwood ya que, además de tener un gran valor
literario, es un área de gran importancia ecológica, tanto por su fauna como por su flora.
El bosque de Robin Hood se muere
PROPUESTAS DIDÁCTICAS
• Sherwood (Inglaterra), el bosque de Robin Hood, se está muriendo. Según la noticia, durante los
últimos años se está perdiendo una gran cantidad de árboles antiguos. Por este motivo, los ingleses
han encontrado necesario definir un plan para evitar que la situación continúe de la misma manera.
Contesta a las siguientes cuestiones:
– ¿Quiénes son los responsables de que Sherwood se encuentre en esta situación?
– ¿Cómo debería actuar cada una de estas personas?
– ¿Cuáles son los puntos que debería abarcar este plan? ¿Cómo se deberían desarrollar?
– ¿Quiénes deben ser las personas implicadas en la rehabilitación de este bosque?
• En grupos de trabajo, deberéis redactar unas normas de comportamiento a la hora de ir al bosque.
Seguidamente, poned vuestras reglas en común con las del resto de los compañeros y obtener una
normativa general.
En caso de ser posible, realizad una salida al bosque y observad cómo se encuentra. Tomad algunas
fotografías y explicad cuál es la situación de nuestros bosques.
• Sherwood es el bosque en el que se encuentra la mayor colección de robles antiguos de Europa.
Elabora una ficha con las características de cada uno de los siguientes tipos de árboles:
Abeto, Pino resinero, Castaño, Haya, Higuera, Roble, Peral, Cerezo.
La mayor colección de robles antiguos de toda Europa podría dejar de existir.
HOY POR TI, MAÑANA... Robin Hood repartió dinero entre el pueblo y ahora es la gente
la que acude en ayuda de su hábitat.
Si la situación no es solucionada a tiempo, la mayor colección de robles antiguos de toda
Europa (el ejemplar más viejo data de 1.415) podría desaparecer, advirtió ayer el diario
británico “The Guardian”. Por ello, para el próximo invierno se prepara un plan de
recuperación que tendrá un presupuesto millonario y que contempla la plantación de
250.00 robles en 350 acres de tierra.
La arboleda ha sido explotada durante siglos para construir grandes edificios en Londres,
incluidas las catedrales de Lincoln y de San Pablo. Hoy, Sherwood se ha convertido, gracias
al bandido bueno, en un imán turístico internacional.
Pero más allá de la leyenda, el robledal constituye un hábitat de importancia científica
internacional, tanto por su flora como por su fauna. El bosque está habitado por insectos,
mamíferos y hasta murciélagos que no se encuentran en otros lugares, además de 200
especies de escarabajos y un centenar de tipos de polillas
A lenda de Robin Hood está situada no bosque de Sherwood, en Inglaterra.
E bosque de Roi Xordo? En que bosque construiu Nuño Freire de Andrade o seu Castelo?
OBOSQUEDEROIXORDO
ASFRAGASDOEUME
PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME
A Superficie deste parque natural é de 9.125 hectáreas das que
3.497 pertencen a bosque. 406 son de auga e o resto é cultivo,
pasto e matogueira.
Está catalogado como Parque Natural dende 1997.
O clima é oceánico, como é común en Galicia. As precipitacións
están entre 1.400 mm na costa a 1.900 mm na “serra da loba” que
se atopa a uns 700 m. de altitude.
Existen 126 especies de vertebrados, 8 de peixes entre os que se
atopan: troitas, reos, anguías e salmóns e 15 de anfibios entre as se
atopan as coridas sabandixas, sapos e rás.
Tamén se atopan 14 especies de reptís: lagartas, cobras de auga,
ademáis da cobra de colar e a víbora de Seoane.
Entre as aves podemos atoparnos con 113 especies entre as que
destacan o azor, o gavilán, o buho, a lechuza, o falcón peregrino e
algunha aguia rateira.
Entre os mamíferos hai máis de 40 recoñecidos como o protexido
lobo, a marta, o turón, o raposo, o gato montés, ourizos, morcegos,
denociñas, musarañas, cervos e gamos.
Ten unha gran biodiversidade en canto á súa flora. Na fraga domina
indiscutiblemente o carballo, árbore moi típica de Galicia (especie que
domina tamén no bosque de Sherwood).
Pero ademáis dos carballos, xogan tamén un papel moi importante
os freixos, castaños, bidueiros… sen esquecer a importante
función ecolóxica do extenso bosque de ribeira.
O sotobosque ten moita importancia neste bosque non só por ser
heteroxéneo senón por albergar unha das especies máis emblemáticas:
A Woodwardia. Trátase dos fentos supervivintes que dominaban
hai millóns de anos o Bosque Mediterráneo.
Anémone nemorosa arbutus unedo digitalis purpúrea
Asphodelus albus Blechnum spicant
Woorwuardia radicans Blechnum spicant
Se estamos preto do río predominan os ameneiros e os chopos. En
realidade é un bosque que cambiou moi pouco dende o Neolítico.
Fraga significa extensión de monte con moita vexetación que na súa
maior parte crece espontáneamente.
A todo o anterior hai que engadir a maxia do bosque con muiños en
ruinas, pontes, mosteiros e ata un castelo.
Parece un bosque encantado
De seguro que se non hai sí que houbo numerosa fauna máxica. Ata é
posible que moitos trasnos teñan aquí a súa residencia.
Este sendeiro leva ó Mosteiro de Caaveiro.
-Mosteiro de San Xoán de Caaveiro-
Este é o impoñente mar verde cubrindo o mosteiro como se fora
unha illa agochada na extensa fraga.
Segundo a tradición foi fundado por San Rosendo para aglutinar a un
grupo de anacoretas que vivían neste lugar tan apartado alá pola
primeira metade do século X.
O que sí se sabe con certeza é que foi o primeiro mosteiro benedictino
altomedieval e que logo pasou a ser colexiata pertencendo aos
canónigos regulares de San Agustín.
Os mosteiros caracterízanse por estaren en entornos dunha gran beleza
e armonía.
Mosteiro de Monfero. Máis luxoso que o anterior. Fundado no
século XII, a súa igrexa posee unha magnífica fachada barroca.
Terra e pedra mirando ó ceo. O azul e branco pousan no verde de
Galicia.
Detrás desta espectacular portada sitúase a magnífica igrexa
barroca e os restos do que no seu día foi un importantísimo
mosteiro de orixes románicos.
Castelo dos Andrade.
Fernán Pérez Andrade enfretouse ó prior do mosteiro de Santa María de
Sobrado, Frai Esteban Seijas, a causa da súa construcción.
O prior negouse á construcción do Castelo chegándose a paralizar as
obras por este motivo. Xa sabemos cales foron os argumentos que
empregou o pai de Nuño Freire Andrade para convencer ó prior.
Quedou prácticamente destruido nas revoltas irmandiñas .
Despois foi propiedade do Conde de Lemos; máis tarde pasou a mans da
casa de Lerma e finalmente á casa de Alba que o restaurou no século
XIX.
Igrexa románica de San Miguel de Breamo. Construida no século XII,
pertencía a un convento de San Agustin.
Os piñeiros da costa cercana…
Dan paso ó océano atlántico. Navegando cara ó norte imos directos a
Inglaterra, á terra de Robin Hood.

Mais conteúdo relacionado

Destaque

Library Safety and Security
Library Safety and SecurityLibrary Safety and Security
Library Safety and SecurityDebby Williamson
 
DrupalCampNYC 10 - Native mobile apps with Drupal
DrupalCampNYC 10 - Native mobile apps with DrupalDrupalCampNYC 10 - Native mobile apps with Drupal
DrupalCampNYC 10 - Native mobile apps with Drupalzroger
 
Far Out Admin Interfaces
Far Out Admin InterfacesFar Out Admin Interfaces
Far Out Admin Interfaceszroger
 
Lightweight development (Lightning talk)
Lightweight development (Lightning talk)Lightweight development (Lightning talk)
Lightweight development (Lightning talk)zroger
 
Mariana ulfah jayanti xii ipa 2
Mariana ulfah jayanti xii ipa 2Mariana ulfah jayanti xii ipa 2
Mariana ulfah jayanti xii ipa 2Paarief Udin
 
Programs for students and youth
Programs for students and youthPrograms for students and youth
Programs for students and youthTOBM Ternopil
 
Deep dive storage networking the path to performance
Deep dive storage networking the path to performanceDeep dive storage networking the path to performance
Deep dive storage networking the path to performanceInterop
 
Toàn cảnh văn hóa, thể thao, du lịch - Số 1029 (vanhien.vn)
Toàn cảnh văn hóa, thể thao, du lịch - Số 1029 (vanhien.vn)Toàn cảnh văn hóa, thể thao, du lịch - Số 1029 (vanhien.vn)
Toàn cảnh văn hóa, thể thao, du lịch - Số 1029 (vanhien.vn)longvanhien
 
Treball festival de música
Treball festival de músicaTreball festival de música
Treball festival de músicaIgnasi Pérez
 
10 thomas-beebe-transitioningto strategic management
10 thomas-beebe-transitioningto strategic management10 thomas-beebe-transitioningto strategic management
10 thomas-beebe-transitioningto strategic managementMedical_Optima
 
Tugas powerpoint jannaturida xii ips 4
Tugas powerpoint jannaturida xii ips 4Tugas powerpoint jannaturida xii ips 4
Tugas powerpoint jannaturida xii ips 4Paarief Udin
 

Destaque (16)

Library Safety and Security
Library Safety and SecurityLibrary Safety and Security
Library Safety and Security
 
DrupalCampNYC 10 - Native mobile apps with Drupal
DrupalCampNYC 10 - Native mobile apps with DrupalDrupalCampNYC 10 - Native mobile apps with Drupal
DrupalCampNYC 10 - Native mobile apps with Drupal
 
Far Out Admin Interfaces
Far Out Admin InterfacesFar Out Admin Interfaces
Far Out Admin Interfaces
 
Lightweight development (Lightning talk)
Lightweight development (Lightning talk)Lightweight development (Lightning talk)
Lightweight development (Lightning talk)
 
Mariana ulfah jayanti xii ipa 2
Mariana ulfah jayanti xii ipa 2Mariana ulfah jayanti xii ipa 2
Mariana ulfah jayanti xii ipa 2
 
1 harper-kp-keynote
1 harper-kp-keynote1 harper-kp-keynote
1 harper-kp-keynote
 
Programs for students and youth
Programs for students and youthPrograms for students and youth
Programs for students and youth
 
O universo
O universoO universo
O universo
 
Deep dive storage networking the path to performance
Deep dive storage networking the path to performanceDeep dive storage networking the path to performance
Deep dive storage networking the path to performance
 
Toàn cảnh văn hóa, thể thao, du lịch - Số 1029 (vanhien.vn)
Toàn cảnh văn hóa, thể thao, du lịch - Số 1029 (vanhien.vn)Toàn cảnh văn hóa, thể thao, du lịch - Số 1029 (vanhien.vn)
Toàn cảnh văn hóa, thể thao, du lịch - Số 1029 (vanhien.vn)
 
Crystal summerschool-form
Crystal summerschool-formCrystal summerschool-form
Crystal summerschool-form
 
Treball festival de música
Treball festival de músicaTreball festival de música
Treball festival de música
 
123
123123
123
 
10 thomas-beebe-transitioningto strategic management
10 thomas-beebe-transitioningto strategic management10 thomas-beebe-transitioningto strategic management
10 thomas-beebe-transitioningto strategic management
 
Iris Magda
Iris MagdaIris Magda
Iris Magda
 
Tugas powerpoint jannaturida xii ips 4
Tugas powerpoint jannaturida xii ips 4Tugas powerpoint jannaturida xii ips 4
Tugas powerpoint jannaturida xii ips 4
 

Semelhante a Roi Xordo - Laredo -

A revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiñosA revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiñosEncarna Lago
 
O nacemento do feudalismo
O nacemento do feudalismoO nacemento do feudalismo
O nacemento do feudalismoicoico1
 
Presentación san simón
Presentación san simónPresentación san simón
Presentación san simóntirarrollas
 
Tema 2: A Europa feudal
Tema 2: A Europa feudalTema 2: A Europa feudal
Tema 2: A Europa feudalSanti Pazos
 
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2voarcoslibros
 
Monarquía Borbónica
Monarquía BorbónicaMonarquía Borbónica
Monarquía Borbónicacamposseijo
 
Tema 2 A Europa feudal
Tema 2 A Europa feudalTema 2 A Europa feudal
Tema 2 A Europa feudalrubempaul
 
Unidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsularesUnidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsularescamposseijo
 
02 A Europa feudal
02 A Europa feudal02 A Europa feudal
02 A Europa feudalroberto
 
Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf
Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdfTema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf
Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdfMarcosSalgadoRodrgue1
 
A cidade medieval
A cidade medievalA cidade medieval
A cidade medievalaggcoruxo
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudalrubempaul
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudalrubempaul
 
07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicos07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicosroberto
 

Semelhante a Roi Xordo - Laredo - (20)

A revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiñosA revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiños
 
A revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiñosA revolta dos irmandiños
A revolta dos irmandiños
 
Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)
Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)
Ascenso e caída do Mariscal Pardo de Cela (Galicia, século XV)
 
Os Irmandiños
Os IrmandiñosOs Irmandiños
Os Irmandiños
 
O nacemento do feudalismo
O nacemento do feudalismoO nacemento do feudalismo
O nacemento do feudalismo
 
Presentación san simón
Presentación san simónPresentación san simón
Presentación san simón
 
Tema 2: A Europa feudal
Tema 2: A Europa feudalTema 2: A Europa feudal
Tema 2: A Europa feudal
 
A cidade medieval
A cidade medievalA cidade medieval
A cidade medieval
 
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
Presentacinsansimn 120416122904-phpapp02-2
 
Monarquía Borbónica
Monarquía BorbónicaMonarquía Borbónica
Monarquía Borbónica
 
Tema 2 A Europa feudal
Tema 2 A Europa feudalTema 2 A Europa feudal
Tema 2 A Europa feudal
 
Unidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsularesUnidade 6 reinos cristiáns peninsulares
Unidade 6 reinos cristiáns peninsulares
 
02 A Europa feudal
02 A Europa feudal02 A Europa feudal
02 A Europa feudal
 
Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf
Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdfTema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf
Tema 2. A Europa feudal. O Románico..pdf
 
A Idade Media
A Idade MediaA Idade Media
A Idade Media
 
UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.
UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.
UNIDADE 1/2 - 3º E.S.O.
 
A cidade medieval
A cidade medievalA cidade medieval
A cidade medieval
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicos07c os reinos cristiáns hispánicos
07c os reinos cristiáns hispánicos
 

Roi Xordo - Laredo -

  • 1. ROBIN HOOD GALEGO -ROI XORDO- Segundo a lenda, Robin Hood era un Barón chamado Robin Longstride ou Loxsley, quen era de gran corazón e vivía fóra da lei agachado no Bosque de Sherwood preto da cidade de Nottingham (Inglaterra). Hábil co arco de frechas, defensor dos pobres e oprimidos, loitaba contra o gobernador de Nottingham e o príncipe “Juan sen Terra”, que utilizaban a forza pública para acaparar ilexítimamente as riquezas dos nobres que se lles opuñan. Os historiadores buscaron ávidamente un Robin Hood real, e atoparon personaxes con nomes parecidos, que ben puideron ser o lendario bandido, aínda que en épocas posteriores ao reinado de “Juan sen Terra” (1200).
  • 2. Así que é bastante probable que o persoaxe real no que se inspira a lenda de Robin Hood sexa dos tempos de María Castaña (tempos de Maricastaña) entre os séculos XIV e XV (Fai agora 600 ou 700 anos aproximadamente). No século XIV houbo unha crise máis importante que a que estamos vivindo agora. As colleitas eran escasas. A fame, as contínuas guerras (entre elas a guerra dos cen anos), a necesidade e a falta de hixiene, levaron a unha terrible enfermidade en toda europa que ademáis era moi contaxiosa: A PESTE NEGRA .Milleiros de persoas morreron. En Galicia, a enfermidade entrou polas persoas que viñan en barco de outros lugares. Hai constancia de que en Baiona, Tui e outros pobos de Galicia houbo casos de persoas infectadas por esta epidemia. GUERRA DOS CEN ANOS Tivo lugar a finais da Idade Media, entre os anos 1337 y 1453, exactamente, 116 anos, entre Francia e Inglaterra. Nela tivo un grande protagonismo Xoana de Arco. Moitas veces non había comida á mesa ou era insuficiente. Traballábase de sol a sol no campo ou pescando. Había tamén quen se adicaba á artesanía: ferreiros, zapateiros, prateiros, cesteiros… pero os ingresos eran poucos e a miseria moita. A gran maioría adicábase ó cultivo da terra. Pero non todo o que colleitaban era para eles. As terras non eran dos campesiños; eran dos nobres ou señores ou ben da igrexa. Os campesiños debían traballar a terra a cambio dunha parte do que recolleitaban. E esto sen ter vacacións nin apenas descanso semanal (só o domingo e a maioría das veces non todo o día). Da pequena parte que lles correspondía, os campesiños debían pagar impostos ben ó señor ou nobre do que dependía ou ben á igrexa ou a ambos.
  • 3. Cando se agudizou a crise, os señores (que solían vivir en castelos ou fortalezas) decidiron, ante a falta de ingresos, poñer máis impostos. A xente estaba ó límite. Apenas podían vivir e non podían permitirse pagar novas contribucións. E por se fora pouco, a inseguridade estaba á orde do día. Salteadores e ladróns permitíanse roubar impunemente ou cometer todo tipo de delitos. Moitos deles acollíanse nos castelos ou nas fortalezas dos señores .A situación era insostible. Frente a esta situación, xurdiron persoaxes que se puxeron ó frente de quenes loitaban contra a inxusticia (Robin Hood en Inglaterra e María Castaña e Roi Xordo (o chamado Robin Hood galego) en Galicia, entre outros. "En tempos de Maricastaña"... Esta expresión tantas veces usada e oída (cando alguén quere referirse a algo moi antigo), ben podería ter a súa orixe nunha heroína do século XIV coñecida como María Castaña. María Castaña ou María Castiñeira, (nada en Cereixa, Pobra do Brollón, Lugo, séculoXIV). Liderou unha revolta na cidade de Lugo contra o poder eclesiástico. No ano1386 tivo lugar unha das revoltas contra os impostos abusivos que o obispo de Lugo cobraba. Foi encabezada por María Castaña e acabou coa morte do mordomo do obispo, que era quen facía de recaudador. Sofocada a revolta, María Castaña e os seus dous fillos (algún din que os seus cuñados), foron apresados, acusados de provocar a morte do mordomo e obrigados a donar os seus bens, entre eles as posesións no coto da Cereixa (Pobra de Brollón) e mil maravedíes á Igrexa e a promesa de non facer máis dano á Igrexa de Lugo e de prestar a súa axuda aos recaudadores do obispo. Postas así as cousas, a maioría da xente en Galicia (campesiños, artesáns e pequenos comerciantes) deciden xuntarse e crear as irmandades. Estas irmandades terían o obxectivo de defenderse contra os abusos dos señores e de moitos delincuentes que se apropiaban indebidamente do que non era seu e cometían delitos impunemente. Para crear as irmandades, os irmandiños (que así era como se chamaban os que pertencías ás irmandades) pediron permiso ó rei. Este concedeuno. En todas as vilas e cidades de Galicia había a súa irmandade.
  • 4. Os abusos dos señores e nalgunhas ocasións da igrexa eran moi frecuentes e esto provocaba moitas tensións e enfrontamentos que se extenderon por toda galicia. Ademáis había nese periodo en España loitas entre diversos pretendentes a ser rei: Enrique II e Pedro I no século XIV e entre Enrique IV e Alfonso de Trastámara no século XV. Seguidores de uns e outros bandos tiveron diversos enfrentamentos en España. En Galicia tamén houbo partidarios dos diversos bandos. Crónicas dalgúns abusos: “Os señores prelados e cabaleiros do dito reino lles facían moitos agravios e danos e males nas súas persoas e nos seus bens, roubándolles os seus bois e bestas e lles forzaban as súas mulleres e fillas e moitos dos ditos danos facíanse así das xentes que tiñan nas súas casas como nas súas fortalezas”. “Os veciños da dita cidade de Betanzos non ousaban saír da dita cidade a cavar as súas viñas nin a granxear as súas facendas sen saíren dez, quince ou vinte xuntos armados coas súas lanzas e escudos e aínda tiñan espías para ver se viñan a eles algún dos ditos malfeitores e era fama pública que ós ditos ladróns e malfeitores os acollían os cabaleiros e señores”. As irmandades non eran revolucionarias. As súas atribucións eran de tipo policial e estaban perfectamente legalizadas polo rei (eran partidarias do rei enrique IV mentras a maioría da nobreza se inclinaba máis por Alfonso). As irmandades responsabilizan do caos aos señores e as súas fortalezas que son refuxio de moitos delincuentes. Os irmandiños demandan a entrega das fortalezas. Algúns nobres entrégannas. Outros sen embargo resístense e son tomadas por asalto. Os irmandiños triunfan en toda Galicia e os señores máis importantes: o Conde de lemos, Pardo de cela, Pero Álvares de soutomaior (Pedro Madruga) e mesmo o propio arcebispo Fonseca fuxen a castela ou a Portugal.
  • 5. A Primeira Guerra Irmandiña tivo lugar na Coruña, nas terras de Pontedeume, Betanzos e Ferrol.Alí había uns señores moi poderosos, os Andrade, que tiñan varias fortalezas. Fernando Pérez de Andrade "O Boo" é o primeiro señor de Pontedeume en virtude do privilexio outorgado en Burgos o 19 de Decembro de 1371 por Enrique de Trastámara como recompensa polo seu apoio na guerra fratricida contra o rei Pedro I "o Cruel". A lenda atribue a Fernando Pérez "O Boo" a construción de sete igrexas, sete mosteiros, sete hospitais e sete pontes. Este nobre non tiña fillos e sucedeuno un seu sobriño e posteriormente un fillo deste: Nuño Freire de Andrade. Nuño Freire de Andrade era chamado "O Malo", polo seu carácter despótico e cruel. Foi implacable cos monxes de Sobrado, con quen os Andrade sempre mantiveron unha guerra incesante; e someteu aos seus colonos a constantes alzas de impostos para custear as súas campañas de Castela, polo que os burgueses e mariñeiros das vilas de Ferrol, Betanzos e Pontedeume uníronse aos campesiños para formar a "Irmandade Fusquenlla". Mirade se era temible Nuño Freire que unha vez ou seu pai tivo un preito cun cóengo (cargo da Igrexa) e díxolle a este: “ou retira a denuncia ou chamo ó meu fillo Nuño Freire que lle dará dúas lanzadas na barriga”. Un home do que só coñecemos o seu nome, ROI XORDO, levantaríase contra tales inxustizas aglutinando ao redor da súa persoa o descontento popular, que derivaría nun levantamento popular, o que sucedeu contorna ao ano 1431. É a primeira guerra irmandiña.
  • 6. Os levantados en armas, coñecidos como "IRMANDADE FUSQUENLLA" e dirixidos por Roi Xordo, uns tres mil sublevados, encamíñanse a Moeche, unha das fortalezas dos Andrade onde se refuxiara "O Mao". Cando chegan os irmandiños, o señor de Andrade xa tiña fuxido a Compostela buscando a protección do arzebispo. Ao non atopar a Nuño, deciden ensañarse coa fortaleza demoendo parte do Castelo. No seu camiño cara a Pontedeume os levantados arrasan os bens do señor feudal que atopan ao seu paso. En Pontedeume únense aos Vasallos de Ferrol e Vilalba, os de Pontedeume, Mondoñedo e Lugo formando un xigantesco exército que marcha imparable polo señorío dos Andrade. O propio arcebispo intenta mediar con Roi Xordo na cidade de Betanzos ofrecendo como única solución que os sublevados se rindan e se somentan ao señor. Ante a nula oposición atopada deciden atacar a mesma Compostela, o que virá supor o principio do seu fin. Oexército do arcebispo, profesional, ben preparado e mellor armado rompe o cerco a que someteran á cidade provocando a fuxida en desbandada dos de Roi Xordo. Reunidos de novo, decátanse de que o de Andrade atópase no castelo de Pontedeume e deciden cercalo. As forzas do cabaleiro feudal con axuda das enviadas polo arcebispo esta vez non serán derrotadas e os xefes dos irmandiños serán axusticiados. Alonso de Lanzós, un dos xefes irmandiños que atacaron a fortaleza de Nuño Freire de Andrade, foi feito prisioneiro xunto aos seus seguidores e trasladado aos subterráneos deste castelo, onde pereceu. Segundo a lenda, logo de permanecer cen días encerrado nunha escura mazmorra sen ver a luz do día, foi enterrado vivo, de pé e no interior dun muro de 3 metros de espesor, logo de terlle sido amputada a man dereita do mesmo xeito que ao resto dos xefes irmandiños encarcerados. O fidalgo Roi Xordo, desaparece para sempre aínda que non do recordo do pobo que o eleva á categoría de mito. Nuño Freire de Andrade morre o mesmo ano en que é sofocada a sublevación dos seus vasalos, é dicir, en 1431. 36 anos máis tarde, no 1467, terá lugar a II Guerra Irmandiña. A cidade medieval estaba amurallada
  • 7. Crónica do conflicto de Nuño Freire cos Irmandiños: “No ano 1431 Nuño Freire botou sobre os seus vasalos o peso desmedido dunha tributación especial para poder facer frente ós gastos provocados pola visita do Infante D. Enrique de Aragón a Compostela. Así o contaron fontes da época: “E entre os outros negocios que o Rei había de despachar era un que pendía entre Nuno Freire de Andrade e os seus vasalos de Pontedeume e Ferrol e Vilalba, que eran súas, que todos se ergueran contra él, dicindo que era señor moi forte e duro que nonn o podían comportar, e facíanlle a guerra tres mil homes e máis, e derribaronlle certas casas fortes e taláronlle algunhas viñas e hortas e con estes xuntaranse outros moitos dos bispados de Lugo e Mondoñedo, que serían ben dez mil homes e máis, e tomarn por capitán un Fidalgo que se chamaba Roi Xordo; e traían un pendón de Santiago e fixeron todos unha Irmandade e por toda a terra os chamaban os irmáns e andaban así poderosamente, facendo moi grandes danos e males na terra, que nas rendas do Rei nin contra a súa xustiza non tocaban. Os ditos irmáns víronse tan poderosos e estaban tan tolos que non só non quixeron estar por cousa do que lles foi mandado de parte do Rei, mais tentaron de entrar na cidade de Santiago, o que o arcebispo lles defendeu e xuntou a súa xente cos que acordou de pelexar con estes ditos irmáns. Os cales, como eran xente miúda e de pouco esforzo, acordaron de se derramar e irse algún deles para o arcebispo, e como Nuno Freire recibira tan grandes danos desta xente, xuntouse co correxidor polo Rei e foron a Pontedeume e tiñan cercado un Castelo seu, onde estaban a súa muller e fillos, catrocentos homes e máis destes que se chamaban irmáns. Pelexaron con eles e descercaron o Castelo, e morreron aí algún dos irmáns, e outros foron presos e enforcados, e así se apaciguou este caso de Galicia”.
  • 8. O Castelo de Andrade atópase no municipio de Pontedeume, provincia da Coruña. Mandado construír por Fernán Pérez de Andrade en 1369 e terminado en 1377, coa oposición do prior de Sobrado dos Monxes. Despois de que foi destruido en 1467 polas revoltas irmandiñas volveuse edificar. No século XVII pertenceu aos condes de Lemos, cuxo escudo está nas súas paredes, logo pasou á casa de Lerma e de Alba que o restaurou no século XIX. Destaca o seu papel na historia medieval de Galicia ao servizo dos Condes de Andrade, por iso foi declarado monumento nacional en 1924, sendo o primeiro en conseguir este título na provincia da Coruña. Foi o conde de Andrade, Fernán Pérez o Bo, valido de Enrique II de Trastámara, rei de Castela, quen ordenou a construción deste castelo en 1369. Obtivo o territorio por doazón do monarca en agradecemento aos servizos prestados durante a guerra civil mantida co seu medio irmán, Pedro I o Cruel. Parece ser que foi precisamente neste castelo onde se refuxiou Enrique de Trastámara cando fuxía do seu irmán tras un enfrontamento bélico. Partes dun castelo Barbacana: É unha obra de fortificación situada fronte ás murallas protexendo a porta de acceso. Podía contar con portais propios fortificados de paso obrigado para acceder á porta principal. Torre da homenaxe. é a torre principal do castelo, residencia dos señores do mesmo, normalmente a máis alta e forte, e estaba situada no lugar de más fácil defensa. Era o lugar máis protexido e en caso necesario podía conventirse no último núcleo de resistencia. Foso: trincheira excavada fronte ós muros dunha fortificación. A súa misión principal era impedir que as máquinas de asalto se aproximaran aos muros. O angazo ou peite é unha pesada rexa, rematada abaixo en puntas que formaba parte das fortificacións da porta, xunto á ponte levadiza e a barbacana Almenas, tiñan como función protexer aos defensores. Algunhas tiñan orifcios, como troneiras (para las armas de fogo) o saeteiras (para frechas ou lanzas) Adarve ou camiño de ronda, donde se parapetaban los defensores Castelo dos Andrade
  • 9.
  • 11. Unhas cento cincuenta fortalezas en toda Galicia foron destruidas. Algúns sectores da Igrexa aliáronse aos irmandiños. Desde 1468 a nobreza que estaba exiliada en Portugal e castela prepárase para o contraataque. Nese ano morre Alfonso e Enrique IV xa se pode convertir en rei indiscutible. Xa non necesita o apoio dos irmandiños. En castela e Portugal os señores fan preparativos militares e diplomáticos para iniciar o ataque aos irmandiños e a recuperación dos seus castelos e fortalezas. Quen máis destaca nesta labor é PERO MADRUGA (Pero álvares de Soutomaior). Na primavera de 1469 comenza o ataque dirixido por Pedro Madruga. Atravesan o río miño. Os irmandiños loitan con arcos de frechas contra as armas de fogo que comenzaban a aparecer e que primeiro sembran o desconcerto e logo o terror.Os irmandiños tiñan un exército duns dez mil homes. Os nobres a metade, pero contaban con 330 lanceiros de primeira categoría e sobre todo, coa pequena élite que manexaba os arcabuces e culebrinas. Castelo de Pedro Madruga (Soutomaior-Moi preto de Redondela). “E chegando a Santiago Pero Álvares xuntouse co arcebispo e con don Xoán Pimentel e como visen estar a don Pedro Osorio, o cal don Pedro estaba por capitán dos irmandiños, que tiñan de dez mil homes arriba, Pero Álvares dixo: “arremetamos a don Pedro, que se o desbaratamos, todos os outros fuxirán”. E saí u ó campo dando voces: “ a don Pedro, a don Pedro”, e todos xuntos os seus arremeteron ós contrarios tan rexamente que non os ousaron agardar no campo. E fuxindo don Pedro todos fuxiron, de maneira que cantos puideron ser alcanzados quedaron uns mortos, outros feridos ou presos; e así foi desbaratada esta comunidade”.
  • 12. OBOSQUEDEROBIN HOOD Sherwood El bosque de Sherwood, en Inglaterra, el mismo del que surgen las historias de Robin Hood, se encuentra en peligro. Últimamente, se están perdiendo los árboles más antiguos de esta zona y el más viejo data de 1415. Hace unos años, se perdía un ejemplar de estos árboles anualmente, pero las últimas cifras indican que se ha aumentado a una perdida de cinco ejemplares. Según el diario The Guardian, los datos son desesperanzadores pues, si seguimos a este ritmo, Sherwood, el bosque en el que se encuentra la mayor colección de robles antiguos de Europa, dejará de existir. Algunos datos alarman de la situación: a lo largo de este año cuatro árboles cayeron con las tormentas de enero, otros dos fueron destruidos por un incendio y un sexto fue víctima de un choque. Después de analizar las cifras, para el próximo invierno, se prepara un plan de recuperación que contará con un presupuesto de cinco millones de libras, que financiará el organismo de loterías británico. Con este dinero se plantarán 250.000 robles en 350 acres de tierra. Resulta muy importante cuidar el bosque de Sherwood ya que, además de tener un gran valor literario, es un área de gran importancia ecológica, tanto por su fauna como por su flora.
  • 13. El bosque de Robin Hood se muere PROPUESTAS DIDÁCTICAS • Sherwood (Inglaterra), el bosque de Robin Hood, se está muriendo. Según la noticia, durante los últimos años se está perdiendo una gran cantidad de árboles antiguos. Por este motivo, los ingleses han encontrado necesario definir un plan para evitar que la situación continúe de la misma manera. Contesta a las siguientes cuestiones: – ¿Quiénes son los responsables de que Sherwood se encuentre en esta situación? – ¿Cómo debería actuar cada una de estas personas? – ¿Cuáles son los puntos que debería abarcar este plan? ¿Cómo se deberían desarrollar? – ¿Quiénes deben ser las personas implicadas en la rehabilitación de este bosque? • En grupos de trabajo, deberéis redactar unas normas de comportamiento a la hora de ir al bosque. Seguidamente, poned vuestras reglas en común con las del resto de los compañeros y obtener una normativa general. En caso de ser posible, realizad una salida al bosque y observad cómo se encuentra. Tomad algunas fotografías y explicad cuál es la situación de nuestros bosques. • Sherwood es el bosque en el que se encuentra la mayor colección de robles antiguos de Europa. Elabora una ficha con las características de cada uno de los siguientes tipos de árboles: Abeto, Pino resinero, Castaño, Haya, Higuera, Roble, Peral, Cerezo. La mayor colección de robles antiguos de toda Europa podría dejar de existir. HOY POR TI, MAÑANA... Robin Hood repartió dinero entre el pueblo y ahora es la gente la que acude en ayuda de su hábitat. Si la situación no es solucionada a tiempo, la mayor colección de robles antiguos de toda Europa (el ejemplar más viejo data de 1.415) podría desaparecer, advirtió ayer el diario británico “The Guardian”. Por ello, para el próximo invierno se prepara un plan de recuperación que tendrá un presupuesto millonario y que contempla la plantación de 250.00 robles en 350 acres de tierra. La arboleda ha sido explotada durante siglos para construir grandes edificios en Londres, incluidas las catedrales de Lincoln y de San Pablo. Hoy, Sherwood se ha convertido, gracias al bandido bueno, en un imán turístico internacional. Pero más allá de la leyenda, el robledal constituye un hábitat de importancia científica internacional, tanto por su flora como por su fauna. El bosque está habitado por insectos, mamíferos y hasta murciélagos que no se encuentran en otros lugares, además de 200 especies de escarabajos y un centenar de tipos de polillas
  • 14. A lenda de Robin Hood está situada no bosque de Sherwood, en Inglaterra. E bosque de Roi Xordo? En que bosque construiu Nuño Freire de Andrade o seu Castelo? OBOSQUEDEROIXORDO ASFRAGASDOEUME
  • 15. PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME A Superficie deste parque natural é de 9.125 hectáreas das que 3.497 pertencen a bosque. 406 son de auga e o resto é cultivo, pasto e matogueira. Está catalogado como Parque Natural dende 1997.
  • 16. O clima é oceánico, como é común en Galicia. As precipitacións están entre 1.400 mm na costa a 1.900 mm na “serra da loba” que se atopa a uns 700 m. de altitude.
  • 17. Existen 126 especies de vertebrados, 8 de peixes entre os que se atopan: troitas, reos, anguías e salmóns e 15 de anfibios entre as se atopan as coridas sabandixas, sapos e rás.
  • 18. Tamén se atopan 14 especies de reptís: lagartas, cobras de auga, ademáis da cobra de colar e a víbora de Seoane.
  • 19. Entre as aves podemos atoparnos con 113 especies entre as que destacan o azor, o gavilán, o buho, a lechuza, o falcón peregrino e algunha aguia rateira.
  • 20. Entre os mamíferos hai máis de 40 recoñecidos como o protexido lobo, a marta, o turón, o raposo, o gato montés, ourizos, morcegos, denociñas, musarañas, cervos e gamos.
  • 21. Ten unha gran biodiversidade en canto á súa flora. Na fraga domina indiscutiblemente o carballo, árbore moi típica de Galicia (especie que domina tamén no bosque de Sherwood).
  • 22. Pero ademáis dos carballos, xogan tamén un papel moi importante os freixos, castaños, bidueiros… sen esquecer a importante función ecolóxica do extenso bosque de ribeira.
  • 23. O sotobosque ten moita importancia neste bosque non só por ser heteroxéneo senón por albergar unha das especies máis emblemáticas:
  • 24. A Woodwardia. Trátase dos fentos supervivintes que dominaban hai millóns de anos o Bosque Mediterráneo.
  • 25. Anémone nemorosa arbutus unedo digitalis purpúrea Asphodelus albus Blechnum spicant Woorwuardia radicans Blechnum spicant
  • 26. Se estamos preto do río predominan os ameneiros e os chopos. En realidade é un bosque que cambiou moi pouco dende o Neolítico.
  • 27. Fraga significa extensión de monte con moita vexetación que na súa maior parte crece espontáneamente.
  • 28. A todo o anterior hai que engadir a maxia do bosque con muiños en ruinas, pontes, mosteiros e ata un castelo.
  • 29. Parece un bosque encantado
  • 30. De seguro que se non hai sí que houbo numerosa fauna máxica. Ata é posible que moitos trasnos teñan aquí a súa residencia. Este sendeiro leva ó Mosteiro de Caaveiro.
  • 31. -Mosteiro de San Xoán de Caaveiro- Este é o impoñente mar verde cubrindo o mosteiro como se fora unha illa agochada na extensa fraga.
  • 32. Segundo a tradición foi fundado por San Rosendo para aglutinar a un grupo de anacoretas que vivían neste lugar tan apartado alá pola primeira metade do século X.
  • 33. O que sí se sabe con certeza é que foi o primeiro mosteiro benedictino altomedieval e que logo pasou a ser colexiata pertencendo aos canónigos regulares de San Agustín.
  • 34. Os mosteiros caracterízanse por estaren en entornos dunha gran beleza e armonía.
  • 35. Mosteiro de Monfero. Máis luxoso que o anterior. Fundado no século XII, a súa igrexa posee unha magnífica fachada barroca.
  • 36. Terra e pedra mirando ó ceo. O azul e branco pousan no verde de Galicia.
  • 37. Detrás desta espectacular portada sitúase a magnífica igrexa barroca e os restos do que no seu día foi un importantísimo mosteiro de orixes románicos.
  • 38. Castelo dos Andrade. Fernán Pérez Andrade enfretouse ó prior do mosteiro de Santa María de Sobrado, Frai Esteban Seijas, a causa da súa construcción.
  • 39. O prior negouse á construcción do Castelo chegándose a paralizar as obras por este motivo. Xa sabemos cales foron os argumentos que empregou o pai de Nuño Freire Andrade para convencer ó prior.
  • 40. Quedou prácticamente destruido nas revoltas irmandiñas . Despois foi propiedade do Conde de Lemos; máis tarde pasou a mans da casa de Lerma e finalmente á casa de Alba que o restaurou no século XIX.
  • 41. Igrexa románica de San Miguel de Breamo. Construida no século XII, pertencía a un convento de San Agustin.
  • 42. Os piñeiros da costa cercana…
  • 43. Dan paso ó océano atlántico. Navegando cara ó norte imos directos a Inglaterra, á terra de Robin Hood.