3. Liberdade e manipulación
A manipulación é un intento de controlar o
exercicio da liberdade do/dos outro/os sin que
estes se dien conta.
4. Manipulación interindividual
A VÍTIMA.- ”Aquí estou. Dáme unha patada, maltrátame”. Manipulan para que os
couiden e lles solucionen os problemas.
O/A DEPRESIVO/A.- Buscan chamar a atención vendo só o negativo e esperan
que lles axuden.
BOTAR A CULPA AOS DEMAIS.- ”Mira o que me fixeron”, ”Todo é pola túa
culpa”, ”Todos me maltratan”. O obxectivo é librarse da culpa propia.
HIPOCONDRÍACO/A:- Busca a enfermidade para non enfrontarse á vida e que
todos estean pendentes deles.
O/A SUICIDA.- Ameazan con matarse ou chegan a matarse para facerlles sentirse
culpables aos demais.
O /A SALVAVIDAS.- ”Dareiche todo o que necesitas e serás miña/mei”
O/A MÁRTIR.- ”Vou traballar tanto que sin min a túa vida non terá sentido.
Necesitarasme”
O/A FACILITADOR.- Axúdanlle aos demáis a non saír da súa dependencia para
telos controlados.
5. Liberdade e manipulación
¿Que entendemos por liberdade?
liberdades.f.
1. Dereito e posibilidade de poder actuar unha persoa
segundo os propios criterios e de decidir por ela
mesma aquilo que lle atinxe, sen estar sometida ás
imposicións doutros. Ten liberdade para actuar como
queira. Un país con liberdade relixiosa. Na casa danlle
moita liberdade.
2. Situación daquel que non está baixo o dominio
absoluto de alguén ou do que non está preso. A
escravitude é todo o contrario da liberdade. Deixaron en
liberdade o paxaro que tiñan na gaiola. ANT. catividade. //
pl.
3. Excesiva confianza que unha persoa ten con outra, e
que resulta molesta. Esas liberdades no trato non me
gustan.
6. Liberdade e manipulación
¿Que entendemos por liberdade de expresión?
Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de
conciencia e de relixión; este dereito inclúe a liberdade
de cambiar de relixión ou de Crenza, así como a
liberdade de manifestar a súa relixión ou a súa crenza,
individual e colectivamente, tanto en público como en
privado, polo ensino, a práctica, o culto e a
observancia.
Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e
de expresión; este dereito inclúe o de non ser
molestado por mor das súas opinións, o de investigar e
recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen
limitación de fronteiras, por calquera medio de
expresión.
Artigos 18 e 19 da Declaración Universal dos Dereitos
Humanos
9. Poder e información
O cuarto poder
¿Realmente os Medios de Masas son libres e articúlanse como unha
ferramenta socializadora e plural, ou ben actúan baixo os ditames
dos partidos políticos, os seus dirixentes ou os empresarios?
Unha palabra fire máis fondo que unha espada
Robert Burton
11. Poder e información
Calumnia, que algo queda.
2.- OS TRES COADORES
En certa ocasión, un home achegouse a Sócrates e díxolle:
-Teño que contarche algo moi serio dun amigo teu.
Sócrates mirouno profundamente cos seus ollos de sabio e preguntoulle:
-Xa pasaches o que me queres contar pola proba dos tres coadores?
-Que proba é esa? -díxolle desconcertado o home.
-Se non o sabes, escóitame ben. O primeiro dos tres é o coador da verdade. Estás completamente
seguro de que é certo o que me queres contar?
-En realidade, seguro, seguro, non. Creo que é certo porque o escoitei dun home moi serio, que non
acostuma dicir mentiras.
-Se iso é así, con toda seguridade que non o pasaches polo segundo coador. Trátase do coador da
bondade.
O home ruborizouse e respondeu con timidez:
-Certamente que non.
Sócrates mirouno compasivamente e seguiu dicíndolle:
-Aínda que pasases o que queres dicirme por estes dous primeiros coadores, aínda che faltaría o
terceiro, o da utilidade. Estás seguro que me vai ser realmente útil o que queres contarme?
-Útil? En verdade, non.
-Ves? ?díxolle o sabio-, se o que me queres contar non sabes se é verdadeiro, e certamente non é
nin bo nin proveitoso, prefiro que non mo digas e o gardes só para ti.
12. Estratexias de manipulación
O lingüista Noam Chomsky elaborou a lista
das 10 Estratexias de Manipulación través
dos medios
13. Estratexia da distración
1. A estratexia da distracción
O elemento primordial do control
social é a estratexia da
distracción que consiste en
desviar a atención do público
dos problemas importantes e
dos cambios decididos polas
elites políticas e económicas,
mediante a técnica do diluvio ou
inundación de continuas
distraccións e de informacións
insignificantes.
14. Crear problemas
2. Crear problemas e despois ofrecer solucións. Este método tamén é
chamado ”problema-reacción-solución”. Créase un problema, unha ”situación”
prevista para causar certa reacción no público, a fin de que este sexa o mandante
das medidas que se desexa facer aceptar. Por exemplo: deixar que se desenvolva
ou se intensifique a violencia urbana, ou organizar atentados sanguentos, a fin de
que o público sexa o demandante de leis de seguridade e políticas en prexuízo da
liberdade. Ou tamén: crear unha crise económica para facer aceptar como un
mal necesario o retroceso dos dereitos sociais e o desmantelamento dos
servizos públicos.
15. Gradualidade
3. A estratexia da gradualidad. Para facer que se acepte unha medida
inaceptable, basta aplicala gradualmente, a contagotas, por anos
consecutivos. É dese xeito como condiciones socioeconómicas radicalmente
novas (neoliberalismo) foron impostas durante as décadas de 1980 e 1990:
Estado mínimo, privatizacións, precariedade, flexibilidade, desemprego en
masa, salarios que xa non aseguran ingresos decentes, tantos cambios que
provocasen unha revolución se fosen aplicadas dunha soa vez.
16. Diferir
4. A estratexia de diferir. Outro xeito de facer aceptar unha decisión
impopular é a de presentala como ”dolorosa e necesaria”, obtendo a
aceptación pública, no momento, para unha aplicación futura. É máis fácil
aceptar un sacrificio futuro que un sacrificio inmediato. Primeiro, porque o
esforzo non é empregado inmediatamente. Logo, porque o público, a masa, ten
sempre a tendencia a esperar inxenuamente que ”todo irá mellorar mañá” e
que o sacrificio esixido poderá ser evitado. Isto dá máis tempo ao público para
afacerse á idea do cambio e de aceptala con resignación cando chegue o
momento.
17. Infantilizar o discurso
5. Dirixirse ao público como criaturas de pouca idade. A maioría da
publicidade dirixida ao gran público utiliza discurso, argumentos, personaxes
e entonación particularmente infantís, moitas veces próximos á debilidade,
coma se o espectador fose unha criatura de pouca idade ou un deficiente
mental. Canto máis se intente buscar enganar ao espectador, máis se tende
a adoptar un ton infantilizante. Por que? .Se un se dirixe a unha persoa coma
se ela tivese a idade de 12 anos ou menos, entón, en razón da
suxestionabilidade, ela tenderá, con certa probabilidade, a unha resposta ou
reacción tamén desprovista dun sentido crítico como a dunha persoa de 12
anos ou menos de idade.
18. Emocionar mellor que razoar
6. Utilizar o aspecto emocional moito máis que a reflexión. Facer uso do
aspecto emocional é unha técnica clásica para causar un curto circuíto na
análise racional, e finalmente ao sentido critico dos individuos. Por outra
banda, a utilización do rexistro emocional permite abrir a porta de acceso ao
inconsciente para implantar ou injertar ideas, desexos, medos e temores,
compulsiones, ou inducir comportamentos...
19. Manter a ignorancia
7. Manter ao público na ignorancia e a mediocridade. Facer que o público
sexa incapaz de comprender as tecnoloxías e os métodos utilizados para o
seu control e a súa escravitude. ”A calidade da educación dada ás clases
sociais inferiores debe ser a máis pobre e mediocre posible, de forma que a
distancia da ignorancia que planea entre as clases inferiores e as clases
sociais superiores sexa e permaneza imposible de alcanzar para as clases
inferiores”.
20. Aceptar a mediocridade
8. Estimular ao público a ser compracente coa mediocridade. Promover ao
público a crer que é moda o feito de ser estúpido, vulgar e inculto...
21. Reforzar a autoculpabilidade
9. Reforzar a autoculpabilidade. Facer crer ao individuo que é soamente el
o culpable pola súa propia desgraza, por causa da insuficiencia da súa
intelixencia, das súas capacidades, ou dos seus esforzos. Así, en lugar de
rebelarse contra o sistema económico, o individuo se auto desvalida e
cúlpase, o que xera un estado depresivo, un de cuxos efectos é a inhibición
da súa acción. E, sen acción, non hai revolución!
22. Coñecer a sociedade
10. Coñecer aos individuos mellor do que eles mesmos se coñecen. No
transcurso dos últimos 50 anos, os avances acelerados da ciencia xeraron
unha crecente brecha entre os coñecementos do público e aqueles posuídos
e utilizados polas elites dominantes. Grazas á bioloxía, a neurobiología e a
psicoloxía aplicada, o ”sistema” gozou dun coñecemento avanzado do ser
humano, tanto de forma física como psicoloxicamente. O sistema conseguiu
coñecer mellor ao individuo común do que el se coñece a si mesmo. Isto
significa que, na maioría dos casos, o sistema exerce un control maior e un
gran poder sobre os individuos, maior que o dos individuos sobre si mesmos.
Forma en que os medios manexan a
opinión pública (vídeo)
23. Exemplos de manipulación
10 exemplos de manipulación fográfica
Manipulación sobre o Tibet
Manipulación sobre Libia
Manipulación da linguaxe
28. Recomendacións
SE NON QUERES SER MANIPULADO, SEN CRÍTICO
CONTRASTA SEMPRE AS NOTICIAS EN
VARIAS FONTES
Reflexiona por que se dicen as cousas,
pero sobre todo para que se dicen, con
que intención.