SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 9
Baixar para ler offline
A TOPONIMIA DOS BARRIOS
1. INTRODUCIÓN
Un dos apartados que traballamos neste traballo sobre os barrios da área de influencia do
IES Elviña é a toponimia do nome dos lugares, das rúas, dos camiños...
Para este estudo consultamos varios documentos entre eles o que consideramos que é o
máis completo de Fernando Cabeza Quiles sobre A Toponimia de Galicia. Aínda así
observamos que o traballo realizado polos especialistas está aínda moi incompleto sobre
todo no apartado da microtoponimia. Dada as dificultades utilizamos as entrevistas con
xente dos lugares por si sabía algo sobre a procedencia do nome dos rueiros o do seu
barrio. Agradecer por outro lado as conversas tidas con Xurxo Souto e a lectura do seu
libro Contos da Coruña no que tamén ilustra algo sobre a orixe desta toponimia que
vemos que está moi relacionada cos antigos usos agrarios desta periferia urbana.
2. ELVIÑA
O topónimo do polígono de Elviña cremos que non ten dificultade ningunha á hora de
deducilo.
As fontes medievais fan mención da enorme riqueza e produción de cultivos existentes
nesta área. Especialmente a a presenza de viñedos que abastecían á cidade medieval
de Clunia de viño do país e que estaba protexida a súa produción fronte a enorme
competencia do viño doutras comarcas como a do Ribeiro.
Topónimos como Elviña, San Cristovo das Viñas, Lagar de Castro... fan referencia á
enorme importancia que este cultivo tiña no pasado.
A topografía e o clima (zona de solaina e proteccións aos ventos) favoreceron estes
usos agrarios.
Outra interpretación sobre o topónimo, na opinión dos analistas do proxecto gaélico
estaría relacionada coa forma que ten o territorio (topografía). Elviña podería ter a súa
orixe na palabra Ailbhinn que en gaélico escocés quere decir precipio e foi
anglicanizada como Elphin. O val de Elviña está xunto ao cumio do Penasquedo que
se sitúa a 200metros sobre o nivel do mar e conta cunha pendente moi pronunciada.
Hai outro Elphin en Irlanda.
3. SAN CRISTOVO DAS VIÑAS
O topónimo está relacionado co uso agrícola comentado no apartado anterior.
En San Cristovo das Viñas atopamos varios topónimos significativos:
3.1. Lonzas.
Este topónimo está mal castelanizado. Trátase orxinalmente de As Louzas (con “u” non
con “n”). No rexistro parroquial de San Cristovo das Viñas, aparece sempre como Louzas
ata que no século XIX os párrocos empezan a escribir o “n” en vez do “u” castelanizando
mal o topónimo.
As Louzas sae do termo latino lautia que significa entre outras, estrume, esquilmo,
conxunto de toxos, herbas, fieitos... Este estrume utilizábase como abono do campo.
3.2. Marzán
Perto da igrexa está o lugar de Marzán. Ten como sinónimos: marzadeira, marzasgas...
que significa as rendas que determinados caseiros dun rueiro, tiñan que pagar ao dono
das casas (probablemente da propia parroquia) ao dono das casas no mes de marzo de
cada ano.
3.3. Birloque
Este núcleo pertenecente á parroquia de San Cristovo das Viñas é onde se concentra a
maioría da poboación desta área.
A orixe deste topónimo é moi complicado. Non atopamos ningunha referencia nos estudos
realizados polos especialistas. Non sabemos nada da súa etimoloxía. Hai que considera
que é un termo bastante recente (desde finais do século XIX ou probablemente de
principios do século XX).
O nome birlo significa xogo de bolos formado por unhas figuras ou paus que se colocan
nun lado e que hai que guindar tirándolles unhas bólas que deben chegar a eles polo aire
ou arrolando polo chan. O verbo birlar significa tirar por segunda vez a bola desde o
punto onde parou a primeira, que, como está perto dos bolos, fai posible que se poidan
tirar moitos. Despois desta primeira acepción, o Dicionario pon como segunda o propio
verbo: matar ou derribar a alguén dun golpe, con escopeta, arco ou outro instrumento. En
xermanía ou caló, birlar significa estafar, e birloque ou birbesco, ladrón. Con estes
antecedentes, haberá fundamento suficiente para chegar á orixe do nome do barrio? Se é
así a súa orixe é despectiva.
3.4. Laxes de Orro
Laxas de pedra de superficie plana, xeralmente de forma cadrada ou rectangular. Tamén
soen chamarse lousas. Orro é un termo xermánico: orrios ou riviolos que significan ríos ou
regachos. Polo tanto as Laxes de Orro significa lousas do regacho, o cal é lóxico pois alí
xuntábanse tres ou catro regachos que confluían no inicio do río Monelos á altura do
Ponte da Pedra.
3.5. Ponte da Pedra
Esta ponte e o río Monelos que pasaba por debaixo desapareceron ao construír a avenida.
de Alfonso Molina. Continúa sendo hoxe en día o nome dun entorno urbano á entrada da
Coruña.
4. FEÁNS
Imaxe do lugar de Feáns en 1940.
Esta localidade esta situada na
estrada que comunica A
Coruña coa parroquia de
Morás (Arteixo). Hoxe en día
trátase dun barrio periférico
rururbano. O topónimo provén
dun uso agrario: terreo onde
se cultiva o feno. Este cultivo
é unha gramínea ou tamén leguminosa seca, cortada e
utilizada como alimento para os animais. Este feno é un
cereal máis alto que o centeo ou trigo e máis cativo que
as canaveiras. Tamén se utilizou para facer os teitos
(Cabanas) das vivendas e as cortes cando aínda non
había tellas. As prantas que se utilizan comunmente para o feno inclúe o ballico italiano
(Lolium multiflorum) ou o balllico (L. perenne), con mesturas doutras herbas.
Os rueiros e camiños deste lugar teñen moitísimos topónimos relacionados con labores
agrícolas, terras de cultivo ou construcións relacionadas co agro, auga, vías ou
topográficos son os seguintes: Correlo (vía) Convento (non temos constancia dun antigo
edificio relixioso neste lugar), Muíño de Vento, Muíño Pequeno, Ferreira, , Obradoiro
(construción), Fonte, Fontáns de Feáns , Rego de Campos, Rego de Conxes, Rego de
Beneirón, Manancial, Agüeira (auga) Campos, Alán, O Casal, Agra, Cameiros,
Rufana (terreos) Outeiro de Feáns (topográfico), Aldea (entidades de poboación).
O lugar de Feáns ben podería relacionarse con outra localidade madrileña que leva o seu
mesmo topónimo: Alcalá de Henares.
5. MESOIRO
Probablemente a palabra Mesoiro proceda do termo latino Mesorio que significa lugar de
meses, cultivo de cereais. Pertenecente ao segador. Recoller cereais. Tamén o
relacionamos coa súa forma topográfica: meseta? Terreo plano elevado sobre o nivel do
mar. Mesoiro dálle nome a unha localidade e a un río que, pola zona do polígono de
POCOMACO vai canalizado.
Neste barrio tamén localizamos moitísimos topónimos como: Cadeiras, Castelo, Fonte
Grande, Fonte Pequena, Horto, Lavadeiro, O Geán, Pouporón, Ramallos, Rúa
Pequena, Suaseiras, Terreo. Relacionados cos antigos usos agrícolas existentes no
pasado nesta zona.
6. AS RAÑAS
O termo As Rañas fai referencia a zona de monte baixo. Se observemos a topografía da
paisaxe entendemos o significado do topónimo. Monte situado entre o val do Mesoiro e o
val da Agrela.
7. MARTINETE
Pasado o val de Mesoiro en dirección cara o centro da Coruña, existe o lugar do Martinete.
Neste sitio houbo no pasado un batán movido pola auga do río onde se formaba unha
pequena fervenza. Este é un dos nomes máis abundantes na toponimia galega. Os
martinetes ou tamén batáns, consistían nun mazo grande de madeira ou ferro que soben
e baixan movidos por unha roda-sarillo metida na corrente da auga do río, ou debaixo
dunha corrente de auga.
Estas construcións tiveron grande importancia en Galicia, pois servían para mazar o liño e
as sabas feitas de lenzos e tamén para machacar o ferro quente para fabricar apeiro e
obxectos caseiros. Outros topónimos moi extendidos por Galicia son cutián, pisón, folón,
foloña...
Lugar onde estaría situado o vello Martinete
8. SOMESO
O topónimo cun feito topográfico. O actual barrio de Someso está situado nunha chaira a
unha altitude máis baixa (uns 50 metros) de Mesoiro despois de descender o río
homónimo a partir do Martinete. Somesoiro (por de baixo de Mesoiro) podería ser o
topónimo senón o abreviasemos.
8.1. Carracedo
Entre o lugar de Martinete e A Cabana está situado este núcleo. A palabra deriva do latín
carriceu, carex-caricis. Refírese a unha pranta de folla perenne cun rizoma longo do cal
saen canas que acada os tres metros. Medran nas augas de pouco fondo facendo
canaverais. Estes canaverais formaban Xunqueiras á beira do río Mesoiro no seu
encontro co río Monelos uns metros augas abaixo.
8.2. A Cabana
O antigo núcleo principal de habitantes de Someso denominábase A Cabana. Topónimo
moi frecuente en Galicia que fai mención a un tipo de construción moi humilde e rural.
9. SAN VICENTE DE ELVIÑA
No lugar onde está situado o igrexario e o antiga aldea (hoxe incorporada ao campus de
Elviña) atopámonos con moitos topónimos. Biudeiro, carballeiras fan mención ao tipo de
bosque que rodeaba a este núcleo. Lamelas: terreo fangoso cheo de barro. Felga (perto
da gasolineira da Avenida de Alfonso Molina) fai mención ás raíces secas da herba ou a
un mato que nace por riba dos valados ao terrón desfeito ou ao toxo que se roza para
estrume e outros usos. Peaga: correa que une o pescozo do animal co xugo pioga.
Queimado: terreo onde se practican rozas ou estivadas (queima de matoxo para utilizar
como abono). Saramelo: cascalla ou cobertura externa dos froitos secos como a noz.
Cobertura exterior branda de certos froitos como a pataca.
10. CASTRO DE ELVIÑA
No lugar do Castro atopámonos con topónimos como O Souto que é un bosque de
castiñeiros., Camiño das Penas da Agrela situado no perímetro do castro prerromano é
probable que se tratase dun vello camiño que conectaba o castro coa Agrela. Pena do
Cuco fai mención á situación elevada nun outeiro que ten o Castro, Rebanda e o corte
que se realiza na madeira. Fai referencia a forte presencia de bosque situado nesta área.
Probablemente zona para talar árbores. A Fraga é un bosque mixto con varias especies
arbóreas e arbustivas. Rueiro de Lagares, que é onde existían as daegas para facer viño
das uvas que se cultivaron abundantemente nesta parroquia. O Catecismo
probablemente faga mención ao lugar onde se impartía a catequese no Castro que estaba
distanciado da igrexa de San Vicente.

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Roles del departamento del diseño.pdf
Roles del departamento del diseño.pdfRoles del departamento del diseño.pdf
Roles del departamento del diseño.pdflauragamezacosta
 
15.1 Vanguardias históricas I. Fauvismo, cubismo, expresionismo
15.1   Vanguardias históricas I. Fauvismo, cubismo, expresionismo15.1   Vanguardias históricas I. Fauvismo, cubismo, expresionismo
15.1 Vanguardias históricas I. Fauvismo, cubismo, expresionismoManuel guillén guerrero
 
Camille Claudel
Camille ClaudelCamille Claudel
Camille ClaudelAna Rey
 
Presentacion 10 escultores famosos
Presentacion 10 escultores famososPresentacion 10 escultores famosos
Presentacion 10 escultores famososVanessaRuiz83
 
Proporción en la figura humana. Los cánones de belleza
Proporción en la figura humana. Los cánones de bellezaProporción en la figura humana. Los cánones de belleza
Proporción en la figura humana. Los cánones de bellezasrdellanos
 
El arte: función, tipologías, técnicas y conservación
El arte: función, tipologías, técnicas y conservaciónEl arte: función, tipologías, técnicas y conservación
El arte: función, tipologías, técnicas y conservaciónJesús Bartolomé Martín
 
Planos y angulaciones
Planos y angulacionesPlanos y angulaciones
Planos y angulacioness-suarez
 
Mais procurados (15)

Comic
ComicComic
Comic
 
Roles del departamento del diseño.pdf
Roles del departamento del diseño.pdfRoles del departamento del diseño.pdf
Roles del departamento del diseño.pdf
 
Planos Fotográficos
Planos FotográficosPlanos Fotográficos
Planos Fotográficos
 
15.1 Vanguardias históricas I. Fauvismo, cubismo, expresionismo
15.1   Vanguardias históricas I. Fauvismo, cubismo, expresionismo15.1   Vanguardias históricas I. Fauvismo, cubismo, expresionismo
15.1 Vanguardias históricas I. Fauvismo, cubismo, expresionismo
 
Camille Claudel
Camille ClaudelCamille Claudel
Camille Claudel
 
Grecia
GreciaGrecia
Grecia
 
Escultura cubista
Escultura cubistaEscultura cubista
Escultura cubista
 
Categorías de la moda
Categorías de la modaCategorías de la moda
Categorías de la moda
 
Presentacion 10 escultores famosos
Presentacion 10 escultores famososPresentacion 10 escultores famosos
Presentacion 10 escultores famosos
 
Proporción en la figura humana. Los cánones de belleza
Proporción en la figura humana. Los cánones de bellezaProporción en la figura humana. Los cánones de belleza
Proporción en la figura humana. Los cánones de belleza
 
Antoni tapies
Antoni tapiesAntoni tapies
Antoni tapies
 
El arte: función, tipologías, técnicas y conservación
El arte: función, tipologías, técnicas y conservaciónEl arte: función, tipologías, técnicas y conservación
El arte: función, tipologías, técnicas y conservación
 
El siglo xix (1) (1)
El siglo xix (1) (1)El siglo xix (1) (1)
El siglo xix (1) (1)
 
Escultura y fauvismo
Escultura y fauvismoEscultura y fauvismo
Escultura y fauvismo
 
Planos y angulaciones
Planos y angulacionesPlanos y angulaciones
Planos y angulaciones
 
Semelhante a Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)

Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava)
Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava) Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava)
Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava) As Ferreiras Silleda
 
Toponimia de silleda v (moalde, negreiros, oleiros, parada, pazos)
Toponimia de silleda v (moalde, negreiros, oleiros, parada, pazos)Toponimia de silleda v (moalde, negreiros, oleiros, parada, pazos)
Toponimia de silleda v (moalde, negreiros, oleiros, parada, pazos)As Ferreiras Silleda
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de coracurradbc
 
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓNA EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓNBegoña Codesal
 
IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna iesasorey
 
Toponimia de silleda i (abades, ansemil, breixa, carboeiro, o castro)
Toponimia de silleda i (abades, ansemil, breixa, carboeiro, o castro) Toponimia de silleda i (abades, ansemil, breixa, carboeiro, o castro)
Toponimia de silleda i (abades, ansemil, breixa, carboeiro, o castro) As Ferreiras Silleda
 
Top culleredo
Top culleredoTop culleredo
Top culleredosumaceta
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courelmonadela
 
Toponimia de silleda iv (lamela, laro, manduas, margaride, martixe)
Toponimia de silleda iv (lamela, laro, manduas, margaride, martixe) Toponimia de silleda iv (lamela, laro, manduas, margaride, martixe)
Toponimia de silleda iv (lamela, laro, manduas, margaride, martixe) As Ferreiras Silleda
 
LIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do TambreLIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do Tambremonadela
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoMonContos
 
Narón, A costa
Narón, A costaNarón, A costa
Narón, A costamonadela
 
Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 172TERE
 
Semelhante a Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro) (20)

Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava)
Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava) Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava)
Toponimia de silleda iii (dornelas, escuadro, fiestras, grava)
 
Toponimia de silleda v (moalde, negreiros, oleiros, parada, pazos)
Toponimia de silleda v (moalde, negreiros, oleiros, parada, pazos)Toponimia de silleda v (moalde, negreiros, oleiros, parada, pazos)
Toponimia de silleda v (moalde, negreiros, oleiros, parada, pazos)
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de cora
 
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓNA EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
A EPOCA DOS CASTROS. O CASTRO DO PETÓN
 
IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna IES Francisco Asorey: a contorna
IES Francisco Asorey: a contorna
 
Toponimia de silleda i (abades, ansemil, breixa, carboeiro, o castro)
Toponimia de silleda i (abades, ansemil, breixa, carboeiro, o castro) Toponimia de silleda i (abades, ansemil, breixa, carboeiro, o castro)
Toponimia de silleda i (abades, ansemil, breixa, carboeiro, o castro)
 
Viaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historiaViaxe pola nosa historia
Viaxe pola nosa historia
 
Historia de ares
Historia de aresHistoria de ares
Historia de ares
 
Touro
TouroTouro
Touro
 
Toponimia da conca do mera
Toponimia da conca do meraToponimia da conca do mera
Toponimia da conca do mera
 
Top culleredo
Top culleredoTop culleredo
Top culleredo
 
Toponimia
ToponimiaToponimia
Toponimia
 
Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courel
 
Toponimia de silleda iv (lamela, laro, manduas, margaride, martixe)
Toponimia de silleda iv (lamela, laro, manduas, margaride, martixe) Toponimia de silleda iv (lamela, laro, manduas, margaride, martixe)
Toponimia de silleda iv (lamela, laro, manduas, margaride, martixe)
 
Baixo Miño
Baixo MiñoBaixo Miño
Baixo Miño
 
LIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do TambreLIC Esteiro do Tambre
LIC Esteiro do Tambre
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 
Narón, A costa
Narón, A costaNarón, A costa
Narón, A costa
 
Memoria 16 17
Memoria 16 17Memoria 16 17
Memoria 16 17
 
Mais de Agrela Elvixeo

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Mais de Agrela Elvixeo (20)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Último

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Último (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Toponimia dos barrios da Coruña (Elviña, Birloque, Martinete, Feáns, Mesoiro)

  • 1. A TOPONIMIA DOS BARRIOS 1. INTRODUCIÓN Un dos apartados que traballamos neste traballo sobre os barrios da área de influencia do IES Elviña é a toponimia do nome dos lugares, das rúas, dos camiños... Para este estudo consultamos varios documentos entre eles o que consideramos que é o máis completo de Fernando Cabeza Quiles sobre A Toponimia de Galicia. Aínda así observamos que o traballo realizado polos especialistas está aínda moi incompleto sobre todo no apartado da microtoponimia. Dada as dificultades utilizamos as entrevistas con xente dos lugares por si sabía algo sobre a procedencia do nome dos rueiros o do seu barrio. Agradecer por outro lado as conversas tidas con Xurxo Souto e a lectura do seu libro Contos da Coruña no que tamén ilustra algo sobre a orixe desta toponimia que vemos que está moi relacionada cos antigos usos agrarios desta periferia urbana.
  • 2. 2. ELVIÑA O topónimo do polígono de Elviña cremos que non ten dificultade ningunha á hora de deducilo. As fontes medievais fan mención da enorme riqueza e produción de cultivos existentes nesta área. Especialmente a a presenza de viñedos que abastecían á cidade medieval de Clunia de viño do país e que estaba protexida a súa produción fronte a enorme competencia do viño doutras comarcas como a do Ribeiro. Topónimos como Elviña, San Cristovo das Viñas, Lagar de Castro... fan referencia á enorme importancia que este cultivo tiña no pasado. A topografía e o clima (zona de solaina e proteccións aos ventos) favoreceron estes usos agrarios. Outra interpretación sobre o topónimo, na opinión dos analistas do proxecto gaélico estaría relacionada coa forma que ten o territorio (topografía). Elviña podería ter a súa orixe na palabra Ailbhinn que en gaélico escocés quere decir precipio e foi anglicanizada como Elphin. O val de Elviña está xunto ao cumio do Penasquedo que se sitúa a 200metros sobre o nivel do mar e conta cunha pendente moi pronunciada. Hai outro Elphin en Irlanda. 3. SAN CRISTOVO DAS VIÑAS O topónimo está relacionado co uso agrícola comentado no apartado anterior.
  • 3. En San Cristovo das Viñas atopamos varios topónimos significativos: 3.1. Lonzas. Este topónimo está mal castelanizado. Trátase orxinalmente de As Louzas (con “u” non con “n”). No rexistro parroquial de San Cristovo das Viñas, aparece sempre como Louzas ata que no século XIX os párrocos empezan a escribir o “n” en vez do “u” castelanizando mal o topónimo. As Louzas sae do termo latino lautia que significa entre outras, estrume, esquilmo, conxunto de toxos, herbas, fieitos... Este estrume utilizábase como abono do campo. 3.2. Marzán Perto da igrexa está o lugar de Marzán. Ten como sinónimos: marzadeira, marzasgas... que significa as rendas que determinados caseiros dun rueiro, tiñan que pagar ao dono das casas (probablemente da propia parroquia) ao dono das casas no mes de marzo de cada ano. 3.3. Birloque Este núcleo pertenecente á parroquia de San Cristovo das Viñas é onde se concentra a maioría da poboación desta área. A orixe deste topónimo é moi complicado. Non atopamos ningunha referencia nos estudos realizados polos especialistas. Non sabemos nada da súa etimoloxía. Hai que considera que é un termo bastante recente (desde finais do século XIX ou probablemente de principios do século XX). O nome birlo significa xogo de bolos formado por unhas figuras ou paus que se colocan nun lado e que hai que guindar tirándolles unhas bólas que deben chegar a eles polo aire ou arrolando polo chan. O verbo birlar significa tirar por segunda vez a bola desde o punto onde parou a primeira, que, como está perto dos bolos, fai posible que se poidan tirar moitos. Despois desta primeira acepción, o Dicionario pon como segunda o propio verbo: matar ou derribar a alguén dun golpe, con escopeta, arco ou outro instrumento. En xermanía ou caló, birlar significa estafar, e birloque ou birbesco, ladrón. Con estes antecedentes, haberá fundamento suficiente para chegar á orixe do nome do barrio? Se é así a súa orixe é despectiva.
  • 4. 3.4. Laxes de Orro Laxas de pedra de superficie plana, xeralmente de forma cadrada ou rectangular. Tamén soen chamarse lousas. Orro é un termo xermánico: orrios ou riviolos que significan ríos ou regachos. Polo tanto as Laxes de Orro significa lousas do regacho, o cal é lóxico pois alí xuntábanse tres ou catro regachos que confluían no inicio do río Monelos á altura do Ponte da Pedra. 3.5. Ponte da Pedra Esta ponte e o río Monelos que pasaba por debaixo desapareceron ao construír a avenida. de Alfonso Molina. Continúa sendo hoxe en día o nome dun entorno urbano á entrada da Coruña. 4. FEÁNS Imaxe do lugar de Feáns en 1940. Esta localidade esta situada na estrada que comunica A Coruña coa parroquia de Morás (Arteixo). Hoxe en día trátase dun barrio periférico rururbano. O topónimo provén dun uso agrario: terreo onde se cultiva o feno. Este cultivo é unha gramínea ou tamén leguminosa seca, cortada e utilizada como alimento para os animais. Este feno é un cereal máis alto que o centeo ou trigo e máis cativo que as canaveiras. Tamén se utilizou para facer os teitos (Cabanas) das vivendas e as cortes cando aínda non había tellas. As prantas que se utilizan comunmente para o feno inclúe o ballico italiano (Lolium multiflorum) ou o balllico (L. perenne), con mesturas doutras herbas. Os rueiros e camiños deste lugar teñen moitísimos topónimos relacionados con labores agrícolas, terras de cultivo ou construcións relacionadas co agro, auga, vías ou topográficos son os seguintes: Correlo (vía) Convento (non temos constancia dun antigo edificio relixioso neste lugar), Muíño de Vento, Muíño Pequeno, Ferreira, , Obradoiro
  • 5. (construción), Fonte, Fontáns de Feáns , Rego de Campos, Rego de Conxes, Rego de Beneirón, Manancial, Agüeira (auga) Campos, Alán, O Casal, Agra, Cameiros, Rufana (terreos) Outeiro de Feáns (topográfico), Aldea (entidades de poboación). O lugar de Feáns ben podería relacionarse con outra localidade madrileña que leva o seu mesmo topónimo: Alcalá de Henares. 5. MESOIRO Probablemente a palabra Mesoiro proceda do termo latino Mesorio que significa lugar de meses, cultivo de cereais. Pertenecente ao segador. Recoller cereais. Tamén o relacionamos coa súa forma topográfica: meseta? Terreo plano elevado sobre o nivel do mar. Mesoiro dálle nome a unha localidade e a un río que, pola zona do polígono de POCOMACO vai canalizado. Neste barrio tamén localizamos moitísimos topónimos como: Cadeiras, Castelo, Fonte Grande, Fonte Pequena, Horto, Lavadeiro, O Geán, Pouporón, Ramallos, Rúa Pequena, Suaseiras, Terreo. Relacionados cos antigos usos agrícolas existentes no pasado nesta zona.
  • 6. 6. AS RAÑAS O termo As Rañas fai referencia a zona de monte baixo. Se observemos a topografía da paisaxe entendemos o significado do topónimo. Monte situado entre o val do Mesoiro e o val da Agrela. 7. MARTINETE Pasado o val de Mesoiro en dirección cara o centro da Coruña, existe o lugar do Martinete. Neste sitio houbo no pasado un batán movido pola auga do río onde se formaba unha pequena fervenza. Este é un dos nomes máis abundantes na toponimia galega. Os martinetes ou tamén batáns, consistían nun mazo grande de madeira ou ferro que soben e baixan movidos por unha roda-sarillo metida na corrente da auga do río, ou debaixo dunha corrente de auga. Estas construcións tiveron grande importancia en Galicia, pois servían para mazar o liño e as sabas feitas de lenzos e tamén para machacar o ferro quente para fabricar apeiro e obxectos caseiros. Outros topónimos moi extendidos por Galicia son cutián, pisón, folón, foloña... Lugar onde estaría situado o vello Martinete
  • 7. 8. SOMESO O topónimo cun feito topográfico. O actual barrio de Someso está situado nunha chaira a unha altitude máis baixa (uns 50 metros) de Mesoiro despois de descender o río homónimo a partir do Martinete. Somesoiro (por de baixo de Mesoiro) podería ser o topónimo senón o abreviasemos. 8.1. Carracedo Entre o lugar de Martinete e A Cabana está situado este núcleo. A palabra deriva do latín carriceu, carex-caricis. Refírese a unha pranta de folla perenne cun rizoma longo do cal saen canas que acada os tres metros. Medran nas augas de pouco fondo facendo canaverais. Estes canaverais formaban Xunqueiras á beira do río Mesoiro no seu encontro co río Monelos uns metros augas abaixo.
  • 8. 8.2. A Cabana O antigo núcleo principal de habitantes de Someso denominábase A Cabana. Topónimo moi frecuente en Galicia que fai mención a un tipo de construción moi humilde e rural. 9. SAN VICENTE DE ELVIÑA No lugar onde está situado o igrexario e o antiga aldea (hoxe incorporada ao campus de Elviña) atopámonos con moitos topónimos. Biudeiro, carballeiras fan mención ao tipo de bosque que rodeaba a este núcleo. Lamelas: terreo fangoso cheo de barro. Felga (perto da gasolineira da Avenida de Alfonso Molina) fai mención ás raíces secas da herba ou a un mato que nace por riba dos valados ao terrón desfeito ou ao toxo que se roza para estrume e outros usos. Peaga: correa que une o pescozo do animal co xugo pioga. Queimado: terreo onde se practican rozas ou estivadas (queima de matoxo para utilizar como abono). Saramelo: cascalla ou cobertura externa dos froitos secos como a noz. Cobertura exterior branda de certos froitos como a pataca. 10. CASTRO DE ELVIÑA
  • 9. No lugar do Castro atopámonos con topónimos como O Souto que é un bosque de castiñeiros., Camiño das Penas da Agrela situado no perímetro do castro prerromano é probable que se tratase dun vello camiño que conectaba o castro coa Agrela. Pena do Cuco fai mención á situación elevada nun outeiro que ten o Castro, Rebanda e o corte que se realiza na madeira. Fai referencia a forte presencia de bosque situado nesta área. Probablemente zona para talar árbores. A Fraga é un bosque mixto con varias especies arbóreas e arbustivas. Rueiro de Lagares, que é onde existían as daegas para facer viño das uvas que se cultivaron abundantemente nesta parroquia. O Catecismo probablemente faga mención ao lugar onde se impartía a catequese no Castro que estaba distanciado da igrexa de San Vicente.