SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 20
Baixar para ler offline
ÍNDICE 
1. Marco lexislativo 
2. Obxectivos xerais. 
3. Bloques de coñecementos 
4. Secuenciación de contidos 
5. Obxectivos e contidos por bloques temáticos e unidades 
6. Metodoloxía, materiais e recursos 
7. Avaliación 
7.1. Procedemento de avaliación 
7.2. Criterios de cualificación 
7.3. Contidos mínimos 
2 
2389 
17 
18 
18 
18 
19 
1. MARCO LEXISLATIVO 
A lexislación correspondente (Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se 
establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma 
de Galicia. DOG 23 de xuño de 2008) establece o currículo de Xeografía de 2º 
de bacharelato, de onde se desprenden os OBXECTIVOS que debe alcanzar o 
ensino da Xeografía e os CONTIDOS; polo tanto, qué debe ensinarse e qué 
debe aprender e coñecer o alumno. 
Por outro lado esta lexislación vixente condiciona a regulación das probas e as 
condicións de acceso aos ensinos de grao, e os procedementos de admisión 
ás universidades do Sistema Universitario de Galicia. 
Tendo en conta estes dous aspectos, adaptamos a programación de xeografía 
a estas dúas referencias. 
1. OBXECTIVOS XERAIS 
O proceso de ensino-aprendizaxe desta materia debe contribuír a que os 
alumnos e as alumnas desenvolvan as seguintes capacidades: 
1. Ser capaz de identificar os rasgos xeográficos-históricos que 
individualizan ó territorio español (atendendo máis concretamente ó espacio 
galego) en relación con outros países do mundo. 
2. Comprender e coñecer os conceptos básicos que explican a realidade 
do medio natural español (acentuando o ámbito galego): relevo, clima, 
vexetación, hidrografía, etc., individualizando os trazos destes en relación co seu 
contorno. 
3. Dominar os procedementos específicos que o método xeográfico 
utiliza: cartografía, gráficos, tratamento de datos estatísticos, imaxe, comentario 
de texto, etc. 
4. Ser conscientes da desigual distribución xeográfica da poboación, nos 
súas diferentes categorías comprendendo a súa dinámica, estructura e 
problemas demográficos que poidan presentarse no futuro. 
5. Identificar e describir as características do mundo rural e das zonas 
industriais de España. Analizando en profundidade o caso galego.
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 3 
6. Interrelacionar mapas de redes de transporte coas do medio físico, 
redes urbanas, zonas industriais e zonas turísticas, establecendo implicacións e 
sacando conclusións sobre a articulación do espacio e ordenación do territorio. 
7. Comprender e explicar, nas súas coordenadas temporais e espaciais, 
os principais procesos urbanos que xeraron unha organización territorial que 
privilexia en grande parte as áreas litorais, xunto con algúns puntos escasos do 
interior. 
8. Ser conscientes dos graves problemas producidos a causa de 
actuacións incorrectas: contaminación, degradación urbana, desforestación, 
degradación ambiental, desertización, etc. 
9. Comprender as consecuencias espaciais da integración de España (e 
de Galicia) na Comunidade Europea, e da interacción con outros ámbitos 
xeopolíticos mundiais. 
3. BLOQUE DE COÑECEMENTOS 
Atendendo aos criterios das orientacións do Grupo de Traballo de 
Xeografía das PAU tendo como marco o deseño curricular base (DCB) de 
Xeografía de España elaborado a partir da LOE, a programación deste 
departamento estruturase nos seguintes bloques de coñecementos: 
BLOQUE IV A ORGANIZACIÓN POLÍTICO ADMINISTRATIVA ESPAÑOLA. 
CONSTRASTES E POLÍTICAS REXIONAIS 
Os obxectivos serán: que o alumnado identifique e analice os cambios 
xerais que tiveron lugar ao longo da historia na organización territorial do Estado 
español. É necesario coñecer as bases do proceso histórico da división 
administrativa, resaltando as etapas máis significativas (a Reconquista como 
base da diferenciación do Estado; o uniformismo borbónico cos Decretos de 
Nueva Planta; a división provincial promovida por Javier de Burgos base do 
modelo provincial actual; os nacionalismos, o novo mapa das Autonomías, 
partindo da regulación que destas fai a Constitución española actual. É 
necesario, tamén, sinalar as diferencias máis evidentes entre as Comunidades 
Autónomas actuais (tamaño, poboación, poboamento, carácter histórico, 
capitalidade, trazos económicos xerais...). 
Tamén contará con outra unidade que fale dos contrastes rexionais e as 
políticas que se aplican, tanto a nivel autonómico, estatal e da UE para vencer 
estes desequilibrios e os seus resultados. 
Este bloque conta con dúas unidades: 
Unidade 1. Organización político-administrativa actual española
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 4 
11. Evolución histórica 
1.2. Formas de goberno. A democracia 
1.3. A organización territorial do Estado español 
Unidade 2. Contrastes e políticas rexionais en España 
2.1. Antecedentes históricos 
2.2. Desequilibrios territoriais 
2.3. Factores de transformacións 
2.4. Políticas rexionais 
Este bloque traballarase no 3º trimestre e fusionarase nunha unidade 
didáctica: Organización política de España. Os contrastres rexionais 
BLOQUE I NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN ESPAÑA 
Ten como obxectivo que o alumnado localice e coñeza as características 
máis relevantes de: As formas maiores do relevo do territorio do Estado 
(continental e litoral), en relación cos grandes tipos de rochas (silíceas, calcarias, 
arxilosas...) e os acontecementos principais da súa evolución xeolóxica (as 
oroxenias herciniana e alpina fundamentalmente). 
Os grandes dominios climáticos (oceánico, interior, mediterráneo, de 
montaña) identificando os elementos das situacións atmosféricas como os 
centros de acción (anticiclóns, borrascas), masas de ar (polares, tropicais) e 
frontes (fríos, cálidos) en mapas de superficie e comentando as súas 
consecuencias termopluviométricas. 
A auga. As grandes arterias fluviais (cursos, bacías, vertentes), lagos e 
capas freáticas e a súa dinámica (réximes simples) en relación cos caracteres 
morfolóxicos e climáticos do territorio, así como os problemas que do 
aproveitamento do auga en España. 
Os dominios bioclimáticos que destacan en cada unha das áreas 
climáticas anteriormente citadas; as principais formacións vexetais (arbóreas e 
arbustivas) e tipos de paisaxe resultante no contexto da Iberia Húmida, Iberia 
Seca e Árida; as consecuencias da acción antrópica. 
Sinalar que estes apartados, anteriormente descritos, teñen que estar 
relacionados cun enfoque ecoxeográfico onde acción antrópica modifica e 
altera o medio natural. 
Este bloque conta con seis unidades: 
Unidade 3. O relevo. Diversidade xeolóxica e morfolóxica 
3.1. Formación e evolución xeolóxica 
3.2. Variedade litolóxica e formas do relevo diferencial 
3.3. Unidades morfoestruturais 
3.4. O litoral español: cantábrico, atlántico e mediterráneo.
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 5 
Unidade 4. O clima. Diversidade climática 
4.1. Factores xeográficos e termodinámicos do clima 
4.2. Tipos de tempo 
4.3. Dominios climáticos: atlántico, mediterráneo, de interior, de montaña, 
subtropical. 
Unidade 5. As augas. Diversidade hídrica 
5.1. Concas hidrográficas e tipos de réximes fluviais 
5.2. Lagos, lagoas, zonas húmidas costeiras 
5.3. Problemas dos recursos hídricos: transvases, desalinización, recuperación 
de acuíferos, saneamentos dos ríos. 
Unidade 6. Diversidade bioxeográfica 
6.1. Factores da diversidade bioxeográfica 
6.2. Paisaxes vexetais: atlántico, mediterráneo, canario e de montaña 
6.3. O solo: composición e valor do solo 
Unidade 7. Natureza e medio ambiente de Galicia 
7.1. O relevo de Galicia 
7.2. Os climas e o medio natural de Galicia 
Unidade 8. Riscos e problemas ambientais 
8.1. Repercusións ambientais da acción humana: Contaminación, cambio 
climático, pegada ecolóxica. 
8.2. Respostas e solucións cara a sustentabilidade. 
8.3. A paisaxe: recurso común, interpretación e transformacións recentes 
8.4. O patrimonio natural español e categorías de protección 
Este bloque (o máis amplo da programación) traballarase entre o 1º e 2º 
trimestre e fusionarase en catro unidades didácticas integrando a unidade 7 
Natureza e medio ambiente en Galicia nas catro primeiras e a unidade 8 
Riscos e problemas ambientais na unidade 5 referente ás augas e na unidade 
6 sobre diversidade bioxeográfica. 
BLOQUE III A POBOACIÓN E URBANIZACIÓN 
Ten como obxectivo que o alumnado coñeza a evolución dos efectivos 
humanos na súa secuencia histórica, de xeito que posúa un contexto temporal e 
espacial para analizar: 
A evolución xeral da poboación española: o movemento natural 
(natalidade, mortalidade, fecundidade, crecemento vexetativo, esperanza de
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 6 
vida); (os movementos migratorios internacionais e interiores (emigración, 
inmigración, saldo); a distribución espacial (densidade) e a estructura por idade e 
sexo. 
O proceso de urbanización nas súas etapas principais (preindustrial, 
industrial e posindustrial) e a configuración da rede urbana. 
A morfoloxía e estrutura urbana e a súa configuración no plano, 
distinguindo no interior da cidade as áreas funcionais e históricas que conforman 
a súa paisaxe con exemplos en Galicia. 
Este bloque de contidos traballarase no 2º trimestre e contará con dúas 
unidades didácticas, unha adicada á demografía e outra referente ao proceso 
de urbanización e ó urbanismo. 
Unidade 9. A poboación española 
9.1. Dinámica de poboación 
9.2. Os movementos naturais de poboación 
9.3. Mobilidade espacial da poboación e debate sobre a imigración 
9.4. A estrutura demográfica: idade, sexo e actividade económica 
9.5. Distribución espacial 
Unidade 10. O sistema urbano 
10.1. O proceso de urbanización en España 
10.1.1. O concepto de cidade 
10.1.2. Axentes sociais urbanos 
10.1.3. Urbanismo e ordenación do territorio 
10.1.4. Morfoloxía (tipos de planos) 
10.1.5. Funcións urbanas 
10.2. Fenómeno urbano en España 
10.2.1. A cidade preindustrial 
10.2.2. A cidade industrial 
10.2.3. A cidade posindustrial 
10.2.4. Xerarquías e redes urbanas en España 
10.3. Transformacións recentes na estrutura das cidades 
10.3.1. A cidade difusa 
10.3.2. Os cambios no centro urbano (degradación /vs/ rehabilitación) 
10.3.3. Cambios no uso no solo urbano 
10.4. Impacto ambiental da urbanización 
Este bloque de contidos traballarase no 2º trimestre e contará coas dúas 
unidades didácticas anteriormente mencionadas. 
BLOQUE II TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN ESPAÑA 
Preténdese que o alumnado distinga os diferentes sectores de actividade 
económica (primario, secundario, terciario) en relación coa estructura da
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 7 
poboación e os recursos existentes no territorio. Isto supón que interprete: 
Os factores que explican a organización da explotación dos recursos 
agrícolas (elementos, sistemas de cultivo, paisaxe) e as principais rexións 
pesqueiras, analizando os problemas de ambos no marco da UE. 
As materias primas e fontes de enerxía así como as condicións de 
desenvolvemento industrial no Estado español e os seus contrastes espaciais: 
fases da industrialización, factores de localización, desequilibrios rexionais e 
reconversión industrial. 
A articulación das actividades terciarias como elemento organizador da 
canalización de bens e servizos (comercio, transporte, comunicacións, lecer e 
turismo). 
Este bloque de contidos disporá de tres unidades didácticas que se 
traballarán no 2º e 3º trimestre. 
Unidade 11. Cambios e permanencias no sector primario 
11.1. Usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos 
11.2. A estrutura agraria e as súas transformacións recentes (UE) 
11.3. O desenvolvemento da gandería española e as súas transformacións 
11.4. A explotación dos bosques 
11.5. As paisaxes agrarias: atlántica, mediterránea, de interior, canaria e de 
montaña 
11.6. A pesca e os espazos pesqueiros 
Unidade 12. A restruturación dos espazos industriais 
12.1. Proceso e factores da industrialización española 
12.2. O tecido industrial español e os seus contrastes 
12.3. Gran variedade de paisaxes industriais 
12.3.1. Áreas de antiga industrialización 
12.3.2. En áreas urbanas e rurais 
12.3.3. Paisaxes de innovación 
12.4. Situación actual da industria: desafías e globalización 
12.5. A enerxía: a diversidade de fontes de enerxía 
Unidade 13. España unha economía de servizos 
13.1. Terciarización da economía e sociedade do benestar 
13.2. Distribución comercial e espazos do consumo 
13.3. Os servizos financeiros e a súa organización espacial e a balanza de 
pagamentos 
13.4. Transporte e comunicacións 
13.5. Os espazos turísticos 
13.5.1. Paisaxes turísticas 
13.5.2. Impactos e políticas de ordenación
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 8 
BLOQUE V ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO 
Este bloque trata da situación de España na Unión Europea, da 
globalización e as súas consecuencias e a proxección que ten o noso país en 
múltiples áreas do planeta fundamentalmente nos países iberoamericanos. 
Este bloque ten dúas unidades didácticas que serán tratadas no último 
trimestre. 
Unidade 14. Unión Europea 
14.1. Institucións e órganos da UE 
14.2. A construción da UE 
14.3. España no contexto da UE e balance da adhesións 
Unidade 15. España no mundo 
15.1. Globalización económica 
15.2. O novo escenario xeopolítico 
15.2.1. Desigualdade económica 
15.2.2. Comercio desigual, débeda externa 
15.3. Posición de España no mundo 
4. SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS 
II BLOQUE DE CONTIDOS: NATUREZA E MEDIOAMBIENTE EN 
ESPAÑA 
1º e 2º TRIMESTRE. 1ª e 2ª AVALIACIÓN (40/50 sesións). 
UNIDADE 3. O relevo. Diversidade xeolóxica e morfolóxica 
UNIDADE 4. O clima. Diversidade climática 
UNIDADE 5. As augas. Diversidade hídrica 
UNIDADE 6. Diversidade bioxeográfica. 
UNIDADE 7. Natureza e medio ambiente de Galicia 
UNIDADE 8. Riscos e problemas ambientais 
III BLOQUE DE CONTIDOS: A POBOACIÓN E URBANIZACIÓN 
2º. TRIMESTRE. 2ª AVALIACIÓN (25 sesións)
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 9 
UNIDADE 9. A poboación española. 
UNIDADE 10. O sistema urbano. 
II BLOQUE DE CONTIDOS. TERRITORIO E ACTIVIDADES 
ECONÓMICAS EN ESPAÑA 
2º e 3º TRIMESTRE. 2ª e 3ª AVALIACIÓN (30 sesións) 
UNIDADE 11. Cambios e permanencias no sector primario 
UNIDADE 12. A restruturación dos espazos industriais 
UNIDADE 13. España unha economía de servizos 
IV BLOQUE DE CONTIDOS: A ORGANIZACIÓN POLÍTICO 
ADMINISTRATIVA ESPAÑOLA, CONSTRASTES E POLÍTICAS 
REXIONAIS 
3º TRIMESTRE. 1ª AVALICACIÓN (8 sesións). 
UNIDADE 1. A organización politico-administrativa actual española 
UNIDADE 2. Contrastes e políticas rexionais de España 
V BLOQUE DE CONTIDOS. ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO 
3º TRIMESTRE. 3ª AVALIACIÓN (8 sesións) 
UNIDADE 14. Unión Europea 
UNIDADE 15. España no mundo 
5. OBXECTIVOS E CONTIDOS POR BLOQUES TEMÁTICOS E UNIDADES. 
3.3. Contidos actitudinais. 
· Tomar conciencia da pluralidade que hai dentro do Estado español. Con pobos e culturas 
diferenciadas. 
· Ser solidarios ante os problemas de atraso económico que algunhas das áreas do territorio 
estatal ten. 
I BLOQUE DE CONTIDOS: NATUREZA E MEDIOAMBIENTE EN ESPAÑA.. 1º 
trimestre. 1ª avaliación. (Unidade 3. O relevo, Unidade 3. O clima, Unidade 
4. As augas, Unidade 5. Diversidade bioxeográfica, Unidade 7. Natureza e 
medio ambiente en Galicia e Unidade 8. Riscos e problemas ambientais) 
1. Obxectivos didácticos.
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 10 
A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: 
a) Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas Canarias e Baleares. 
Tipos de unidades morfoestruturais: zócolo, macizos antigos, cordilleiras de pegamento, 
cuncas hidrográficas. 
b) O Relevo de Galicia. 
c) Factores xeográficos e termodinámicos do clima. 
d) Tipos de tempo. 
e) Os grandes dominios climáticos. 
f) Climas e medio natural en Galicia. 
g) Os recursos hídricos. 
h) Concas hidrográficas e tipos de réxime fluvial. 
i) Lagos, lagoas e zonas húmidas costeiras. 
j) Problemas dos recursos hídricos. 
k) Factores da diversidade bioxeográfica: situación xeográfica, procesos naturais e acción 
antrópica. 
l) Os principais dominios bioclimáticos. 
m) Problemas ambientais: contaminación, cambio climático e pegada ecolóxica 
2. Criterios básicos. 
Ao finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos 
anteriormente citados. 
3. Contidos. 
3.1. Contidos conceptuais. 
· Principais unidades de relevo. 
· Evolución xeolóxica da Península Ibérica. 
· Materiais litolóxicos. 
· Tempo e clima. Principais elementos atmosféricos e factores climáticos. 
· Hidrografía de España. Principais concas. Réxime hidrolóxico español. 
· Os solos españois. Tipos de solo. 
· A vexetación en España. Principais dominios bioclimáticos. 
· Principais problemas medio ambientais. 
3.2. Contidos procedimentais. 
· Elaboración e análise de mapas de relevo: España e Galicia. 
· Comentario de mapas do tempo da Península Ibérica. 
· Comentario guiado dun fragmento dun mapa toporgráfico. 
· Comentario de perfís topográficos. 
· Comentario do mapa litolóxico de España. 
· Comentario de debuxos e gráficos con tipo de modelaxe: granítica, cárstica, glaciar ou 
volcánica. 
· Comentario de imaxes identificativas de badlands, páramos, canóns. 
· Comentaría de mapas do tempo en superficie: advección do Oeste, anticiclón de verán e gota 
fría. 
· Comentario de climogramas 
· Comentario de mapa de temperaturas e precipitacións medias 
· Comentario do mapa dos climas de España 
· Comentario de gráficos con rexímenes hídricos (hidrogramas: nival, nivo-pluvial, pluvio-nival, 
pluvial oceánico, pluvial mediterráneo) dos principais rios españois. 
· Análise das concas hidrográficas. 
· Localización dos principais ríos.
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 11 
· Comentario de mapas temáticos sobre vexetación, solos e material litolóxico. 
· Comentario das principais áreas afectadas pola contaminación. 
3.3. Contidos actitudinais. 
· Preocupación por preservar o entorno e o medioambiente. 
III BLOQUE DE CONTIDOS: A POBOACIÓN E URBANIZACIÓN. Unidade 9. 
A poboación española. 2º trimestre. 2º avaliación. 
1. Obxectivos didácticos. 
A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: 
a) Evolución e distribución da poboación. 
b) Crecemento natural da poboación. 
c) Mobilidade espacial: migracións. 
d) Estructura demográfica. 
e) Procesos de concentración e urbanización. 
f) Proxección de futuro: política demográfica. 
2. Criterios básicos. 
Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos 
anteriormente citados. 
3. Contidos. 
3.1. Contidos conceptuais. 
a) Distribución da poboación. 
b) Evolución espacial e histórica. 
c) Crecemento natural. Esperanza de vida. 
d) Mobilidade espacial: migracións interiores e exteriores. Evolución histórica. 
e) Estructura demográfica: poboación por idades, por actividade e ocupación. 
f) Proceso de concentración urbana e éxodo rural. 
g) Política demográfica. 
3.2. Contidos procedimentais. 
· Realizar e comentar mapas de densidades e distribución da poboación, resaltando as 
diferencias entre as distintas rexións. 
· Realizar gráficos e comentarios do crecemento natural da poboación destacando as fases 
máis importantes na evolución da natalidade, mortalidade e mortalidade infantil. 
· Saber comparar diversas taxas poboacionais de diferentes CC_AA. 
· Saber utilizar as fontes para o estudio da poboación. 
· Saber comentar mapas dos movementos de poboación. 
· Saber comentar as pirámides de poboación. 
3.3. Contidos actitudinais. 
· Preocupación polos temas demográficos. 
· Erradicar todo comportamento de xenofobia e chouvinismo fronte as outras culturas e 
inmigrantes.
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 12 
III BLOQUE DE CONTIDOS. A POBOACIÓN E URBANIZACIÓN. Unidade 10. 
O sistema urbano. (10/12 sesións). 2ª avaliación 
1. Obxectivos didácticos. 
A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: 
a) Proceso de urbanización. 
b) Funcións e usos do chan. 
c) O urbanismo como regulador e ordenador do espacio. 
d) A paisaxe urbana: o plano e as súas transformacións. 
e) Os problemas da cidade. 
2. Criterios básicos. 
Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos 
anteriormente citados. 
3. Contidos. 
3.1. Contidos conceptuais. 
· Proceso de urbanización en España. primeiras etapas de formación: localización e 
emplazamento. Crecemento urbano: cidades preindustriais, industriais e posindustriais. 
Recente aceleración do proceso de urbanización: estado da cuestión, definición de cidade, 
definición de urbanización. Funcións das cidades e usos do chan. Usos do chan e as súas 
modificacións, axentes que interveñen, poboación activa urbana, crecente terciarización das 
actividade urbanas. 
· Urbanismo como regulador e ordenador do espacio: proceso característico da cidade 
posindustrial. Área de influencia das cidades. Rápida transformación dos espacios 
periurbanos. Difusión dos xeitos de vida urbanos no medio rural. 
· Xerarquización urbana. Aglomeración urbana. Planificación urbana e territorial. 
· A paisaxe urbana: o plano urbano. Transformacións. Desenvolvemento máis profundo da 
cidade próxima. Edificacións. Transformacións urbanas de rehabilitación, remodelación, 
equipamentos e espacios varios. 
· Os problemas da cidade: diferenciación por barrios, calidade de vida, recepción de 
inmigrantes, 
3.2. Contidos procedimentais. 
· Representación e análise dun gráfico que represente o incremento das actividades 
terciarias nas cidades. 
· Elaborar e comentar un mapa que ofreza a xerarquización urbana das cidades españolas. 
· Elaborar e comentar un mapa que ofreza a xerarquización urbana das cidades galegas. 
· Sobre un plano da cidade: elaborar e distinguir as fases do seu crecemento. 
· Recoñecer e identificar os distintos tipos de planos de cidades españolas a través de 
transparencias. 
· Analizar mediante transparencias superpostas algunha das redes de equipamento básico 
das cidades valorando a súa densidade ou deficiencias. 
1.1. Contidos actitudinais. 
· Distinguir os espacios de pobreza e riqueza que se dan dentro da cidade. Intentando dar 
solucións a aquelas áreas máis desfavorecidas desta.
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 13 
II BLOQUE DE CONTIDOS: TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICAS 
EN ESPAÑA Unidade 11. Cambios e permanencias no sector primario. 
(8 sesións) 2ª avaliación 
1. Obxectivos didácticos. 
A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: 
a) Factores da actividade agraria: medio, propiedade... 
b) Valoración económica do espacio rural. 
c) Diversidade dos espacios agrarios españois. 
d) Estructura da actividade pesqueira. 
e) A producción pesqueira. 
f) A transformación dos recursos pesqueiros. 
2. Criterios básicos. 
Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos 
anteriormente citados. 
3. Contidos. 
3.1. Contidos conceptuais. 
· Factores da actividade agraria: medio natural, poboación activa agraria, propiedade, 
explotacións, desenvolvemento científico e técnico, políticas agrarias. 
· Valoración económica do espacio rural: aportación ó PIB, usos do solo e principais 
aproveitamentos, transformacións agroindustriais, comercialización e entrada na UE, outras 
actividades do medio rural. 
· Diversidade dos espacios agrarios españois. 
· Estructura da actividade pesqueira: caladoiros, poboación activa, flota pesqueira, principais 
portos. 
· A producción pesqueira: extensión das augas xurisdiccionais dos países ricos en caladoiros e 
acordos bilaterais para o acceso dos barcos españois, incidencia da política pesqueira da UE 
e do norte de África na producción pesqueira española, especies capturadas e desembarcos 
por rexións, a súa evolución, importacións e exportacións pesqueiras, acuicultura. 
3.2. Contidos procedimentais. 
· Identificar as paisaxes rurais a través de fotografías. 
· Utilización de datos, tanto numéricos como os reflexados en gráficos que sirvan para 
valorar a traxectoria dalgúns aspectos agrarios e elaborar hipóteses novas. 
· Pasar os datos a gráficos para avaliar correcta e adecuadamente a representación que os 
alumnos fan. 
· Utilización de textos de natureza descriptiva analizando tipos de paisaxes e tamén aqueles 
que inviten a interrelacionar os aspectos que aparecen. 
· Utilización de mapas temáticos para saber comentar os mapas de cultivo e 
aproveitamentos. 
· Utilización de anuarios de estatística agraria para aprender a buscar os datos nas fontes de 
xeografía. 
· Análise do mapa onde se reflecten os caladoiros máis importantes onde faenan os 
pesqueiros españois. 
· Análise do censo da flota pesqueira. 
· Análise dos datos de importacións e exporatacións pesqueiras do noso país. 
· Descripción e comentario dalgunha arte de pesca.
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 14 
· Debate sobre o futuro e posibilidade da acuicultura. 
1.2. Contidos actitudinais. 
· Valoración e diferenciación das actividades económicas do noso país. 
· Preocupación polo rigor e obxectividade na utilización e interpretación das fontes de 
información utilizada polo alumno. 
II BLOQUE DE CONTIDOS. TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICAS 
EN ESPAÑA. Unidade 12. A restruturación dos espazos industriais 3ª 
avaliación. (15 sesións) 
1. Obxectivos didácticos. 
A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: 
a) Fontes de enerxía e materias primas en España. Localización dos principais xacementos e 
importancia destas no marco internacional. 
b) Etapas da industrialización en españa. 
c) Factores que limitaron a industrialización e o seu desenvolvemento tardío. 
d) Importancia da actividade industrial. 
e) Localización das principais áreas industriais en España. 
f) Problemas do sector industrial na actualidade: a reconversión industrial. 
2. Criterios básicos. 
Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos 
anteriormente citados. 
3. Contidos. 
3.1. Contidos conceptuais. 
· Etapas da industrialización: focos industriais orixinais e factores que os impulsaron. Política 
industrial ó longo do último século. 
· Factores que limitan a industrialización: escasez de materias primas; materias primas 
renovabeis e non renovabeis, dependencia das fontes de enerxía: producción escasa, 
consumo elevado; fontes enerxéticas alternativas. Política enerxética. 
· Importancia da actividade industrial: poboación activa, aportación ó PIB, principais sectores de 
producción: a súa distribución e a súa importancia, estructura empresarial. 
· Localización actual das industrias españolas: rexións industriais. Desequilibrios espaciais. 
Novas pautas de industrialización: alternativa dos poderes públicos e industrialización 
endóxena. 
· Problemas do sector industrial: reconversión dos sectores tradicionais en crise polos 
problemas enerxéticos, os cambios no proceso productivo, a aparición de novos factores de 
localización. Impacto desigual, tanto en sectores como en rexións, da necesidade de 
reconversión. Acordos e relacións coa UE. Incidencia ambiental: sectores máis conflictivos, 
rexións máis afectadas, medidas de protección ambiental. 
3.2. Contidos procedimentais. 
· Comentario do mapa de España onde se sinale a localización de materias primas e fontes 
de enerxía. 
· Comentar algún texto obtido da prensa no que se analice a situación industrial española do 
momento en relación coa escasez de materias primas e fontes de enerxía. 
· Comparar datos de poboación activa, aportación da industria ó PIB cos doutros países
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 15 
europeos. 
· Analizar comparativamente organigramas do proceso de producción de empresas de 
diferentes sectores. 
· Análise e comentario do mapa da localización das zonas industriais de España. 
· Identificar e comentar o plano dunha área industrial importante do país. 
· Comentario de mapa detallado ou fotografía aérea onde se sinale a ubicación dalgunha 
zona industrial planificada (ZUR, parques industriais...) de onde deben destacarse os 
factores que decidiron esta localización, tipos de industria que se foron asentanto no 
espacio. 
1.3. Contidos actitudinais. 
· Valoración e diferenciación das actividades económicas do noso país. 
· Preocupación polo rigor e obxectividade na utilización e interpretación das fontes de 
información utilizada polo alumno. 
IV BLOQUE DE CONTIDOS: O TERRITORIO DO ESTADO ESPAÑOL. 
UNIDADE 1. Organización político-administrativa actual. UNIDADE 2. 
Contrastes e políticas rexionais en España (8 sesións) 3º trimestre. 3ª 
avaliación. 
2. Obxectivos didácticos. 
A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: 
a) Situación e configuración xeográfica de España. 
b) Rexións e paisaxes diferentes das illas e a península. 
c) Evolución histórica da divisón administrativa do Estado español. 
d) A ordenación do territorio: entidades locais e CC_AA. 
e) España no marco da UE. 
f) Os desequilibrios rexionais e as políticas para corrixir estes. 
3. Criterios básicos. 
O finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos 
anteriormente citados. 
4. Contidos. 
4.1. Contidos conceptuais. 
· Situación e configuración do territorio estatal. 
· Rexións e paisaxes. 
· Fases históricas na división administrativa do Estado español. 
· A ordenación territorial: as CC_AA e entidades locais segundo o título VIII da Constitución 
española. 
· Desequilibrios territoriais 
· España no marco da UE. Políticas rexionais. 
4.2. Contidos procedimentais. 
· Análise e interpretación de mapas históricos onde se contemple a evolución e os cambios na 
división administrativa. 
· Saber comentar a división administrativa do mapa do Estado español actual. 
· Comentario dun texto de actualidade sobre algunha cuestión referente aos problemas das 
competencias entre concellos, CC.AA. e Estado Central.
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 16 
· Mapa de crecemento do PIB das CC.AA. 
· Gráficas de índices de benestar social das CC.AA. 
II BLOQUE DE CONTIDOS. TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICAS 
EN ESPAÑA Unidade 13. España unha economía de servizos. 
3ª avaliación. (10 sesións) 
1. Obxectivos didácticos. 
A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: 
a) Coñecer as actividades do sector terciario: transporte e comunicacións. 
b) Comercio. 
c) Actividades de ocio. O turismo. 
d) Outras actividades do sector servicios. 
2. Criterios básicos. 
Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos 
anteriormente citados. 
3. Contidos. 
3.1. Contidos conceptuais. 
· Transporte e comunicacións: tipos e redes de transporte, a súa incidencia no espacio e a súa 
dependencia del. As infraestructuras. Vertebración territorial e desequilibrios no sistema 
español de transporte: eixos máis activos, transporte de cercanías, transporte de mercancías. 
Planificación de novas redes e sistemas de transporte. Novas formas de comunicación. 
Impacto espacial e medioambiental. 
· Comercio: a súa importancia, factores de localización comercial. Desequilibrios territoriais. 
Desequilibrios dentro dos espacios urbanos. Comercio interior: tradicional, novas formas de 
comercio (especialización), circuitos de comercialización. 
· Actividades de ocio: recreo, culturais. O turismo. 
· Outras actividades: educación, sanidade, funcións administrativas, servicios financeiros... 
3.2. Contidos procedimentais. 
· Comentario e representación dos datos da poboación activa e da aportación deste sector ó 
PIB. 
· Comentario de mapas que reflecten as redes de cada tipo de transporte, resaltando os 
desequilibrios, as ausencias nas zonas economicamente deprimidas. 
· Elaboración e comentario de mapas de fluxos de transportes. 
· Elaborar unha gráfica e analizar o volume de importacións e exportacións. 
· Localizar nun plano as grandes superficies comerciais nalgunha cidade próxima e analizala. 
· Elaboración e comentario dun mapa de España onde se mostren os focos máis importantes 
de concentración turística. 
· Representar a rede educativa e sanitaria de Galicia e comentala facendo valoracións e 
suxerencias. 
4.3. Contidos actitudinais. 
· Valoración e diferenciación das actividades económicas do noso país. 
· Preocupación polo rigor e obxectividade na utilización e interpretación das fontes de 
información utilizada polo alumno.
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 17 
V BLOQUE DE CONTIDOS. ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO Unidade 
14. A Unión Europea. Unidade 15. España no mundo. 
3ª avaliación. (8 sesións) 
1. Obxectivos didácticos. 
A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: 
a) Institucións e órganos da UE. 
b) A construción da UE. 
c) España na UE e balance da súa adhesión. 
d) Desigualdade no mundo. 
e) Globalización e impacto na sociedade e economía española. 
f) Posición de España no mundo principalmente cos países Iberoamericanos e conca 
mediterránea. 
2. Criterios básicos. 
Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos 
anteriormente citados. 
3. Contidos. 
3.1. Contidos conceptuais. 
· Fases de ampliación da UE. 
· Institucións da UE. 
· España na UE e balance da súa adhesión. 
· Globalización económica. 
· Un novo escenario xeopolítico: desigualdade no mundo, comercio desigual. 
· Posición de España no mundo. 
3.2. Contidos procedimentais. 
· Comentario dun texto de actualidade sobre distintos problemas entre España e a UE. 
· Comentario do mapa do PIB per cápita en Europa e no mundo. 
· Comentario de gráfica de débeda externa total por rexións do mundo. 
· Comentario da gráfica ou táboa do índice de desenvolvemento humano no mundo. 
4.4. Contidos actitudinais. 
· Crítica as desigualdades xeradas polo fenómeno da globalización. 
· Preocupación polo rigor e obxectividade na utilización e interpretación das fontes de 
información utilizada polo alumno. 
6. METODOLOXÍA, MATERIAIS E RECURSOS 
O método pretende ser activo na medida do posible aínda que, para este curso, 
dispoñemos de poucos recursos didácticos. Pretendemos lograr un desenvolvemento das 
capacidades críticas, perceptivas e comunicativas do alumando. O obxectivo fundamental é 
conseguir unha madurez que permita percibir a realidade do entorno baseándose no 
coñecemento da súa evolución. 
· Intentarase que a explicación teórica (á que non renunciamos) este equilibrada coa 
realización de actividades prácticas (comentarios e exposicións). 
· Usaranse medios informáticos e audiovisuais (principalmente as TIC). Para iso todos os
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 18 
contidos, presentacións e actividades estarán presentes na aula virtual da páxina web do 
instituto. 
· Como elementos básicos no proceso de aprendizaxe e como forma máis atractiva para a 
asimilación dos conceptos, unidos a mapas de diferentes escalas, gráficos e textos que 
serán a base sobre a que se sustentará a maioría das clases. 
· Preténdese que o alumnado alcance soltura no manexo de fontes, tanto como material de 
consulta, como para desenvolver os rudimentos dun traballo investigador principio do 
campo xeográfico. 
· Como materiais didácticos utilizarase: vídeos, mapas temáticos, diapositivas, gráficos, 
libros de consulta, artigos de prensa, fotografía aérea, planos... 
· Na programación de aula de cada unidade especificarase de forma máis concreta os tipos 
de materiais e actividades que se van a desenvolver para lograr os obxectivos. 
· O libro de texto utilizado será: Mª Concepción Muñoz-Delgado y Mérida. Xeografía. 
Editorial Anaya. (ISBN 978-84-667-8331-6) 
· Ademais estará acompañado polo material de apoio elaborado polo departamento de 
Xeografía e Historia do IES Elviña e que se pode ver e descargar da páxina web do 
instituto: http://www.edu.xunta.es/centros/ieselvina/aulavirtual/course/view.php?id=26. Ou do blog: 
http://agrelaelvina.blogspot.com/ 
7. AVALIACIÓN 
7.1. Procedemento de avaliación 
Ao finalizar cada dúas unidades didácticas o alumnado realizará unha proba escrita 
que versará sobre os conceptos e procedementos que se traballaron. As cuestións serán 
semellantes ós exercicios realizados previamente. 
Os procedementos expostos serán utilizados en cada un dos tres períodos de 
avaliación en que se secuenciaron os contidos. 
O exame constará de tres partes (idénticas ao exercicio que se fará nas PAU): 
a) Definición breve de cinco conceptos xeográficos básicos relacionados cos temas. 
b) Desenvolvemento dun tema de xeografía. 
c) Lectura, interpretación, explicación e análise crítico dun documento gráfico. 
Realizarase como mínimo dous parciais por trimestre. 
7.2. Criterios de cualificación 
A primeira pregunta (definicións) terá unha puntuación máxima de 2 puntos (0’4 
por concepto). Requírese resposta breve (máximo cinco liñas) e concreta (utilizando termos 
con significado xeográfico), que cumpla o criterio fundamental de toda definición (non repetir o 
concepto a definir na mesma). 
A segunda pregunta (desenvolvemento dun tema ou unha cuestión) terá unha 
puntuación máxima de 4 puntos. Solicítase que o alumno responda á cuestión proposta da 
forma máis completa posible, é decir, plantexando a resposta en base ós caracteres 
xeográficos máis relevantes do tema; valorarase a organización dos contidos, o nivel explicativo 
do seu desenvolvemento, e a capacidade para establecer relacións comparativas. Requírese 
boa redacción sen faltas de ortografía. 
A terceira pregunta (comentario dun documento, gráfica ou mapa) (localización, 
lectura, interpretación, explicación e análise crítica). Terá unha puntuación máxima de 4 
puntos. Requírese a correcta interpretación do documento, valorando tanto a comprensión 
(lectura), como a súa explicación (análise) en termos, sempre que sexa procedente, de causas 
e consecuencias posibles. Con vistas a facilitar a resolución deste exercicio práctico se
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 19 
recordan os puntos básicos ós que debe atender a resposta: 
a) Localizar os elementos xeográficos solicitados, físicos e políticas. 
b) Definir a tipoloxía da imaxe: identificar o sistema de representación, así como a 
información que contén e a súa estructura (tipo de escala e datos...). 
c) Localizar no espacio e no tempo: o ámbito territorial considerado, secuencia 
temporal que abarca e significación da mesma respecto ó fenómeno tratado (por 
exemplo se é un gráfico da emigración, se o período temporal constitúe unha ou 
varias etapas de singular importancia). 
d) Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos 
reflexados (por exemplo, no caso dun gráfico de emigración, na intensidade e 
dirección dos fluxos; no caso dun diagrama climático, no réxime de temperaturas 
e precipitacións), aludindo ós aspectos relacionados (nos casos anteriores: 
situación socioeconómica, polítia; situacións atmosféricas e paisaxes 
bioclimáticos asociados). 
e) Contrastar e comparar os resultados da interpretación con aspectos ou feitos 
similares, noutros ámbitos espaciais, que axuden á comprensión e explicación do 
fenómeno (por exemplo, nos casos anteriormente citados, correntes de 
emigración comparables noutros países e períodos; diversificación e extensión 
territorial das condicións climáticas analizadas). 
f) Aportación crítica sobre algún aspecto derivado da interpretación do fenómeno, se 
dá lugar, no contexto da dinámica do mundo actual, e conclusións. 
7.3. Contidos mínimos 
Principios xerais para cada unidade 
· Utilizar correctamente sen faltas de ortografía e boa sintaxe a linguaxe escrita. 
· Saber ordenar e xerarquizar ideas. 
· Usar un vocabulario básico de termos xeográficos de cada unha das unidades. 
· Saber interpretar os documentos cartográficos e gráficos de todo tipo que estén en relación 
coa materia que se presenta en cada unha das unidades. 
Unidade 1 e 2. Organización político administrativa de España. Os desequilibrios rexionais 
· Saber localizar, utilizando a latitude e lonxitude, algún punto elexido sobre o mapa de 
España. 
· Sobre un mapa mudo: saber sinalar e identificar as provincias e comunidades autónomas 
de España. Saber definir estas dúas entidades administrativas e dar sinal da súa orixe e 
funcionamento. 
· Coñecer outras entidades locais: como o concello. 
· Importancia da Comarca e da Parroquia no caso galego como entidades de ordenación do 
territorio. 
· Coñecer os principais organismos da UE e os países que conforma ésta na actualidade. 
Unidades 3 ao 8. O medio natural e as súas paisaxes. 
· Mapa mudo no que os alumnos e alumnas deben sinalar e comentar as principais 
subunidades do medio físico. 
· Ofrecer datos de temperatura e precipitación dun punto xeográfico determinado para que os 
alumnos realicen correctamente un climograma e o comenten sabendo determinar que tipo 
de clima é. 
· Mapa de España e de Galicia onde os alumnos sinalen e identifiquen ríos e sistemas 
montañosos máis importantes. 
· Definir con propiedade os conceptos aprendidos nesta unidade. 
Unidade 9 A poboación.
Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 20 
· Ante un mapa de densidades de poboación nas provincias españolas, comentar os 
desequilibrios e razóns que os propiciaron así como a presión que exerce este fenómeno sobre 
o medio. 
· Comentario comparado das pirámides de poboación. Deducir o réxime demográfico ó que 
pertencen. 
· Realizar e comentar gráfico da evolución da poboación española. 
· Definir brevemente os conceptos xeográficos aprendidos nesta unidade. 
Unidade 10. A Urbanización. 
· Ante un plano da cidade identificar factores xeográficos de localización e emplazamento, tipo de 
plano (morfoloxía) e usos de chan (estructura). 
· Analizar, brevemente, a xerarquía urbana existente en España. 
· Definir brevemente os conceptos xeográficos aprendidos nesta unidade como: área 
metropolitana, estructura, morfoloxía, cidade satélite, conurbación, ensanche... 
Unidade 11. As actividades do sector primario. 
· Ante unha fotografía de espacios agrarios españois, tratar de dar resposta a; identificación do 
parcelario, cultivos que aparecen, elementos de adaptación ós condicionantes do medio físico, 
comentario razoado do tipo de agricultura que mostran destacando as peculiaridades e a que 
área xeográfica corresponde. 
· Importancia deste sector na economía española. Características da política comunitaria dentro 
da agricultura e pesca de España. 
· Definir brevemente os conceptos xeográficos aprendidos nesta unidade didáctica. 
Unidade 12 Sector secundario. 
· Identificar as áreas industriais nun plano e comentar os factores de localización desas industrias e 
subsectores. 
· Desenvolver os conceptos sobre a actividade industrial. 
Unidade 13. Sector terciario: servicios e transporte. 
· Analizar e comentar o mapa de redes de transporte terrestre, marítimo ou aéreo. Desequilibrios e 
xerarquización. 
· Definir os conceptos sobre a actividade comercial e os servizos. 
Unidade 14 e 15. Unión Europea e Globalización 
· Entender o concepto de globalización. 
· Coñecer as principais institucións da UE.

Mais conteúdo relacionado

Mais de Agrela Elvixeo

O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
Agrela Elvixeo
 

Mais de Agrela Elvixeo (20)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 

Último

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (10)

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

Programación xeografía españa 2014 2015

  • 1.
  • 2. ÍNDICE 1. Marco lexislativo 2. Obxectivos xerais. 3. Bloques de coñecementos 4. Secuenciación de contidos 5. Obxectivos e contidos por bloques temáticos e unidades 6. Metodoloxía, materiais e recursos 7. Avaliación 7.1. Procedemento de avaliación 7.2. Criterios de cualificación 7.3. Contidos mínimos 2 2389 17 18 18 18 19 1. MARCO LEXISLATIVO A lexislación correspondente (Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG 23 de xuño de 2008) establece o currículo de Xeografía de 2º de bacharelato, de onde se desprenden os OBXECTIVOS que debe alcanzar o ensino da Xeografía e os CONTIDOS; polo tanto, qué debe ensinarse e qué debe aprender e coñecer o alumno. Por outro lado esta lexislación vixente condiciona a regulación das probas e as condicións de acceso aos ensinos de grao, e os procedementos de admisión ás universidades do Sistema Universitario de Galicia. Tendo en conta estes dous aspectos, adaptamos a programación de xeografía a estas dúas referencias. 1. OBXECTIVOS XERAIS O proceso de ensino-aprendizaxe desta materia debe contribuír a que os alumnos e as alumnas desenvolvan as seguintes capacidades: 1. Ser capaz de identificar os rasgos xeográficos-históricos que individualizan ó territorio español (atendendo máis concretamente ó espacio galego) en relación con outros países do mundo. 2. Comprender e coñecer os conceptos básicos que explican a realidade do medio natural español (acentuando o ámbito galego): relevo, clima, vexetación, hidrografía, etc., individualizando os trazos destes en relación co seu contorno. 3. Dominar os procedementos específicos que o método xeográfico utiliza: cartografía, gráficos, tratamento de datos estatísticos, imaxe, comentario de texto, etc. 4. Ser conscientes da desigual distribución xeográfica da poboación, nos súas diferentes categorías comprendendo a súa dinámica, estructura e problemas demográficos que poidan presentarse no futuro. 5. Identificar e describir as características do mundo rural e das zonas industriais de España. Analizando en profundidade o caso galego.
  • 3. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 3 6. Interrelacionar mapas de redes de transporte coas do medio físico, redes urbanas, zonas industriais e zonas turísticas, establecendo implicacións e sacando conclusións sobre a articulación do espacio e ordenación do territorio. 7. Comprender e explicar, nas súas coordenadas temporais e espaciais, os principais procesos urbanos que xeraron unha organización territorial que privilexia en grande parte as áreas litorais, xunto con algúns puntos escasos do interior. 8. Ser conscientes dos graves problemas producidos a causa de actuacións incorrectas: contaminación, degradación urbana, desforestación, degradación ambiental, desertización, etc. 9. Comprender as consecuencias espaciais da integración de España (e de Galicia) na Comunidade Europea, e da interacción con outros ámbitos xeopolíticos mundiais. 3. BLOQUE DE COÑECEMENTOS Atendendo aos criterios das orientacións do Grupo de Traballo de Xeografía das PAU tendo como marco o deseño curricular base (DCB) de Xeografía de España elaborado a partir da LOE, a programación deste departamento estruturase nos seguintes bloques de coñecementos: BLOQUE IV A ORGANIZACIÓN POLÍTICO ADMINISTRATIVA ESPAÑOLA. CONSTRASTES E POLÍTICAS REXIONAIS Os obxectivos serán: que o alumnado identifique e analice os cambios xerais que tiveron lugar ao longo da historia na organización territorial do Estado español. É necesario coñecer as bases do proceso histórico da división administrativa, resaltando as etapas máis significativas (a Reconquista como base da diferenciación do Estado; o uniformismo borbónico cos Decretos de Nueva Planta; a división provincial promovida por Javier de Burgos base do modelo provincial actual; os nacionalismos, o novo mapa das Autonomías, partindo da regulación que destas fai a Constitución española actual. É necesario, tamén, sinalar as diferencias máis evidentes entre as Comunidades Autónomas actuais (tamaño, poboación, poboamento, carácter histórico, capitalidade, trazos económicos xerais...). Tamén contará con outra unidade que fale dos contrastes rexionais e as políticas que se aplican, tanto a nivel autonómico, estatal e da UE para vencer estes desequilibrios e os seus resultados. Este bloque conta con dúas unidades: Unidade 1. Organización político-administrativa actual española
  • 4. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 4 11. Evolución histórica 1.2. Formas de goberno. A democracia 1.3. A organización territorial do Estado español Unidade 2. Contrastes e políticas rexionais en España 2.1. Antecedentes históricos 2.2. Desequilibrios territoriais 2.3. Factores de transformacións 2.4. Políticas rexionais Este bloque traballarase no 3º trimestre e fusionarase nunha unidade didáctica: Organización política de España. Os contrastres rexionais BLOQUE I NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN ESPAÑA Ten como obxectivo que o alumnado localice e coñeza as características máis relevantes de: As formas maiores do relevo do territorio do Estado (continental e litoral), en relación cos grandes tipos de rochas (silíceas, calcarias, arxilosas...) e os acontecementos principais da súa evolución xeolóxica (as oroxenias herciniana e alpina fundamentalmente). Os grandes dominios climáticos (oceánico, interior, mediterráneo, de montaña) identificando os elementos das situacións atmosféricas como os centros de acción (anticiclóns, borrascas), masas de ar (polares, tropicais) e frontes (fríos, cálidos) en mapas de superficie e comentando as súas consecuencias termopluviométricas. A auga. As grandes arterias fluviais (cursos, bacías, vertentes), lagos e capas freáticas e a súa dinámica (réximes simples) en relación cos caracteres morfolóxicos e climáticos do territorio, así como os problemas que do aproveitamento do auga en España. Os dominios bioclimáticos que destacan en cada unha das áreas climáticas anteriormente citadas; as principais formacións vexetais (arbóreas e arbustivas) e tipos de paisaxe resultante no contexto da Iberia Húmida, Iberia Seca e Árida; as consecuencias da acción antrópica. Sinalar que estes apartados, anteriormente descritos, teñen que estar relacionados cun enfoque ecoxeográfico onde acción antrópica modifica e altera o medio natural. Este bloque conta con seis unidades: Unidade 3. O relevo. Diversidade xeolóxica e morfolóxica 3.1. Formación e evolución xeolóxica 3.2. Variedade litolóxica e formas do relevo diferencial 3.3. Unidades morfoestruturais 3.4. O litoral español: cantábrico, atlántico e mediterráneo.
  • 5. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 5 Unidade 4. O clima. Diversidade climática 4.1. Factores xeográficos e termodinámicos do clima 4.2. Tipos de tempo 4.3. Dominios climáticos: atlántico, mediterráneo, de interior, de montaña, subtropical. Unidade 5. As augas. Diversidade hídrica 5.1. Concas hidrográficas e tipos de réximes fluviais 5.2. Lagos, lagoas, zonas húmidas costeiras 5.3. Problemas dos recursos hídricos: transvases, desalinización, recuperación de acuíferos, saneamentos dos ríos. Unidade 6. Diversidade bioxeográfica 6.1. Factores da diversidade bioxeográfica 6.2. Paisaxes vexetais: atlántico, mediterráneo, canario e de montaña 6.3. O solo: composición e valor do solo Unidade 7. Natureza e medio ambiente de Galicia 7.1. O relevo de Galicia 7.2. Os climas e o medio natural de Galicia Unidade 8. Riscos e problemas ambientais 8.1. Repercusións ambientais da acción humana: Contaminación, cambio climático, pegada ecolóxica. 8.2. Respostas e solucións cara a sustentabilidade. 8.3. A paisaxe: recurso común, interpretación e transformacións recentes 8.4. O patrimonio natural español e categorías de protección Este bloque (o máis amplo da programación) traballarase entre o 1º e 2º trimestre e fusionarase en catro unidades didácticas integrando a unidade 7 Natureza e medio ambiente en Galicia nas catro primeiras e a unidade 8 Riscos e problemas ambientais na unidade 5 referente ás augas e na unidade 6 sobre diversidade bioxeográfica. BLOQUE III A POBOACIÓN E URBANIZACIÓN Ten como obxectivo que o alumnado coñeza a evolución dos efectivos humanos na súa secuencia histórica, de xeito que posúa un contexto temporal e espacial para analizar: A evolución xeral da poboación española: o movemento natural (natalidade, mortalidade, fecundidade, crecemento vexetativo, esperanza de
  • 6. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 6 vida); (os movementos migratorios internacionais e interiores (emigración, inmigración, saldo); a distribución espacial (densidade) e a estructura por idade e sexo. O proceso de urbanización nas súas etapas principais (preindustrial, industrial e posindustrial) e a configuración da rede urbana. A morfoloxía e estrutura urbana e a súa configuración no plano, distinguindo no interior da cidade as áreas funcionais e históricas que conforman a súa paisaxe con exemplos en Galicia. Este bloque de contidos traballarase no 2º trimestre e contará con dúas unidades didácticas, unha adicada á demografía e outra referente ao proceso de urbanización e ó urbanismo. Unidade 9. A poboación española 9.1. Dinámica de poboación 9.2. Os movementos naturais de poboación 9.3. Mobilidade espacial da poboación e debate sobre a imigración 9.4. A estrutura demográfica: idade, sexo e actividade económica 9.5. Distribución espacial Unidade 10. O sistema urbano 10.1. O proceso de urbanización en España 10.1.1. O concepto de cidade 10.1.2. Axentes sociais urbanos 10.1.3. Urbanismo e ordenación do territorio 10.1.4. Morfoloxía (tipos de planos) 10.1.5. Funcións urbanas 10.2. Fenómeno urbano en España 10.2.1. A cidade preindustrial 10.2.2. A cidade industrial 10.2.3. A cidade posindustrial 10.2.4. Xerarquías e redes urbanas en España 10.3. Transformacións recentes na estrutura das cidades 10.3.1. A cidade difusa 10.3.2. Os cambios no centro urbano (degradación /vs/ rehabilitación) 10.3.3. Cambios no uso no solo urbano 10.4. Impacto ambiental da urbanización Este bloque de contidos traballarase no 2º trimestre e contará coas dúas unidades didácticas anteriormente mencionadas. BLOQUE II TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN ESPAÑA Preténdese que o alumnado distinga os diferentes sectores de actividade económica (primario, secundario, terciario) en relación coa estructura da
  • 7. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 7 poboación e os recursos existentes no territorio. Isto supón que interprete: Os factores que explican a organización da explotación dos recursos agrícolas (elementos, sistemas de cultivo, paisaxe) e as principais rexións pesqueiras, analizando os problemas de ambos no marco da UE. As materias primas e fontes de enerxía así como as condicións de desenvolvemento industrial no Estado español e os seus contrastes espaciais: fases da industrialización, factores de localización, desequilibrios rexionais e reconversión industrial. A articulación das actividades terciarias como elemento organizador da canalización de bens e servizos (comercio, transporte, comunicacións, lecer e turismo). Este bloque de contidos disporá de tres unidades didácticas que se traballarán no 2º e 3º trimestre. Unidade 11. Cambios e permanencias no sector primario 11.1. Usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos 11.2. A estrutura agraria e as súas transformacións recentes (UE) 11.3. O desenvolvemento da gandería española e as súas transformacións 11.4. A explotación dos bosques 11.5. As paisaxes agrarias: atlántica, mediterránea, de interior, canaria e de montaña 11.6. A pesca e os espazos pesqueiros Unidade 12. A restruturación dos espazos industriais 12.1. Proceso e factores da industrialización española 12.2. O tecido industrial español e os seus contrastes 12.3. Gran variedade de paisaxes industriais 12.3.1. Áreas de antiga industrialización 12.3.2. En áreas urbanas e rurais 12.3.3. Paisaxes de innovación 12.4. Situación actual da industria: desafías e globalización 12.5. A enerxía: a diversidade de fontes de enerxía Unidade 13. España unha economía de servizos 13.1. Terciarización da economía e sociedade do benestar 13.2. Distribución comercial e espazos do consumo 13.3. Os servizos financeiros e a súa organización espacial e a balanza de pagamentos 13.4. Transporte e comunicacións 13.5. Os espazos turísticos 13.5.1. Paisaxes turísticas 13.5.2. Impactos e políticas de ordenación
  • 8. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 8 BLOQUE V ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO Este bloque trata da situación de España na Unión Europea, da globalización e as súas consecuencias e a proxección que ten o noso país en múltiples áreas do planeta fundamentalmente nos países iberoamericanos. Este bloque ten dúas unidades didácticas que serán tratadas no último trimestre. Unidade 14. Unión Europea 14.1. Institucións e órganos da UE 14.2. A construción da UE 14.3. España no contexto da UE e balance da adhesións Unidade 15. España no mundo 15.1. Globalización económica 15.2. O novo escenario xeopolítico 15.2.1. Desigualdade económica 15.2.2. Comercio desigual, débeda externa 15.3. Posición de España no mundo 4. SECUENCIACIÓN DE CONTIDOS II BLOQUE DE CONTIDOS: NATUREZA E MEDIOAMBIENTE EN ESPAÑA 1º e 2º TRIMESTRE. 1ª e 2ª AVALIACIÓN (40/50 sesións). UNIDADE 3. O relevo. Diversidade xeolóxica e morfolóxica UNIDADE 4. O clima. Diversidade climática UNIDADE 5. As augas. Diversidade hídrica UNIDADE 6. Diversidade bioxeográfica. UNIDADE 7. Natureza e medio ambiente de Galicia UNIDADE 8. Riscos e problemas ambientais III BLOQUE DE CONTIDOS: A POBOACIÓN E URBANIZACIÓN 2º. TRIMESTRE. 2ª AVALIACIÓN (25 sesións)
  • 9. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 9 UNIDADE 9. A poboación española. UNIDADE 10. O sistema urbano. II BLOQUE DE CONTIDOS. TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN ESPAÑA 2º e 3º TRIMESTRE. 2ª e 3ª AVALIACIÓN (30 sesións) UNIDADE 11. Cambios e permanencias no sector primario UNIDADE 12. A restruturación dos espazos industriais UNIDADE 13. España unha economía de servizos IV BLOQUE DE CONTIDOS: A ORGANIZACIÓN POLÍTICO ADMINISTRATIVA ESPAÑOLA, CONSTRASTES E POLÍTICAS REXIONAIS 3º TRIMESTRE. 1ª AVALICACIÓN (8 sesións). UNIDADE 1. A organización politico-administrativa actual española UNIDADE 2. Contrastes e políticas rexionais de España V BLOQUE DE CONTIDOS. ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO 3º TRIMESTRE. 3ª AVALIACIÓN (8 sesións) UNIDADE 14. Unión Europea UNIDADE 15. España no mundo 5. OBXECTIVOS E CONTIDOS POR BLOQUES TEMÁTICOS E UNIDADES. 3.3. Contidos actitudinais. · Tomar conciencia da pluralidade que hai dentro do Estado español. Con pobos e culturas diferenciadas. · Ser solidarios ante os problemas de atraso económico que algunhas das áreas do territorio estatal ten. I BLOQUE DE CONTIDOS: NATUREZA E MEDIOAMBIENTE EN ESPAÑA.. 1º trimestre. 1ª avaliación. (Unidade 3. O relevo, Unidade 3. O clima, Unidade 4. As augas, Unidade 5. Diversidade bioxeográfica, Unidade 7. Natureza e medio ambiente en Galicia e Unidade 8. Riscos e problemas ambientais) 1. Obxectivos didácticos.
  • 10. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 10 A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Formación e evolución xeomorfolóxica da Península Ibérica e das Illas Canarias e Baleares. Tipos de unidades morfoestruturais: zócolo, macizos antigos, cordilleiras de pegamento, cuncas hidrográficas. b) O Relevo de Galicia. c) Factores xeográficos e termodinámicos do clima. d) Tipos de tempo. e) Os grandes dominios climáticos. f) Climas e medio natural en Galicia. g) Os recursos hídricos. h) Concas hidrográficas e tipos de réxime fluvial. i) Lagos, lagoas e zonas húmidas costeiras. j) Problemas dos recursos hídricos. k) Factores da diversidade bioxeográfica: situación xeográfica, procesos naturais e acción antrópica. l) Os principais dominios bioclimáticos. m) Problemas ambientais: contaminación, cambio climático e pegada ecolóxica 2. Criterios básicos. Ao finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 3. Contidos. 3.1. Contidos conceptuais. · Principais unidades de relevo. · Evolución xeolóxica da Península Ibérica. · Materiais litolóxicos. · Tempo e clima. Principais elementos atmosféricos e factores climáticos. · Hidrografía de España. Principais concas. Réxime hidrolóxico español. · Os solos españois. Tipos de solo. · A vexetación en España. Principais dominios bioclimáticos. · Principais problemas medio ambientais. 3.2. Contidos procedimentais. · Elaboración e análise de mapas de relevo: España e Galicia. · Comentario de mapas do tempo da Península Ibérica. · Comentario guiado dun fragmento dun mapa toporgráfico. · Comentario de perfís topográficos. · Comentario do mapa litolóxico de España. · Comentario de debuxos e gráficos con tipo de modelaxe: granítica, cárstica, glaciar ou volcánica. · Comentario de imaxes identificativas de badlands, páramos, canóns. · Comentaría de mapas do tempo en superficie: advección do Oeste, anticiclón de verán e gota fría. · Comentario de climogramas · Comentario de mapa de temperaturas e precipitacións medias · Comentario do mapa dos climas de España · Comentario de gráficos con rexímenes hídricos (hidrogramas: nival, nivo-pluvial, pluvio-nival, pluvial oceánico, pluvial mediterráneo) dos principais rios españois. · Análise das concas hidrográficas. · Localización dos principais ríos.
  • 11. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 11 · Comentario de mapas temáticos sobre vexetación, solos e material litolóxico. · Comentario das principais áreas afectadas pola contaminación. 3.3. Contidos actitudinais. · Preocupación por preservar o entorno e o medioambiente. III BLOQUE DE CONTIDOS: A POBOACIÓN E URBANIZACIÓN. Unidade 9. A poboación española. 2º trimestre. 2º avaliación. 1. Obxectivos didácticos. A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Evolución e distribución da poboación. b) Crecemento natural da poboación. c) Mobilidade espacial: migracións. d) Estructura demográfica. e) Procesos de concentración e urbanización. f) Proxección de futuro: política demográfica. 2. Criterios básicos. Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 3. Contidos. 3.1. Contidos conceptuais. a) Distribución da poboación. b) Evolución espacial e histórica. c) Crecemento natural. Esperanza de vida. d) Mobilidade espacial: migracións interiores e exteriores. Evolución histórica. e) Estructura demográfica: poboación por idades, por actividade e ocupación. f) Proceso de concentración urbana e éxodo rural. g) Política demográfica. 3.2. Contidos procedimentais. · Realizar e comentar mapas de densidades e distribución da poboación, resaltando as diferencias entre as distintas rexións. · Realizar gráficos e comentarios do crecemento natural da poboación destacando as fases máis importantes na evolución da natalidade, mortalidade e mortalidade infantil. · Saber comparar diversas taxas poboacionais de diferentes CC_AA. · Saber utilizar as fontes para o estudio da poboación. · Saber comentar mapas dos movementos de poboación. · Saber comentar as pirámides de poboación. 3.3. Contidos actitudinais. · Preocupación polos temas demográficos. · Erradicar todo comportamento de xenofobia e chouvinismo fronte as outras culturas e inmigrantes.
  • 12. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 12 III BLOQUE DE CONTIDOS. A POBOACIÓN E URBANIZACIÓN. Unidade 10. O sistema urbano. (10/12 sesións). 2ª avaliación 1. Obxectivos didácticos. A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Proceso de urbanización. b) Funcións e usos do chan. c) O urbanismo como regulador e ordenador do espacio. d) A paisaxe urbana: o plano e as súas transformacións. e) Os problemas da cidade. 2. Criterios básicos. Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 3. Contidos. 3.1. Contidos conceptuais. · Proceso de urbanización en España. primeiras etapas de formación: localización e emplazamento. Crecemento urbano: cidades preindustriais, industriais e posindustriais. Recente aceleración do proceso de urbanización: estado da cuestión, definición de cidade, definición de urbanización. Funcións das cidades e usos do chan. Usos do chan e as súas modificacións, axentes que interveñen, poboación activa urbana, crecente terciarización das actividade urbanas. · Urbanismo como regulador e ordenador do espacio: proceso característico da cidade posindustrial. Área de influencia das cidades. Rápida transformación dos espacios periurbanos. Difusión dos xeitos de vida urbanos no medio rural. · Xerarquización urbana. Aglomeración urbana. Planificación urbana e territorial. · A paisaxe urbana: o plano urbano. Transformacións. Desenvolvemento máis profundo da cidade próxima. Edificacións. Transformacións urbanas de rehabilitación, remodelación, equipamentos e espacios varios. · Os problemas da cidade: diferenciación por barrios, calidade de vida, recepción de inmigrantes, 3.2. Contidos procedimentais. · Representación e análise dun gráfico que represente o incremento das actividades terciarias nas cidades. · Elaborar e comentar un mapa que ofreza a xerarquización urbana das cidades españolas. · Elaborar e comentar un mapa que ofreza a xerarquización urbana das cidades galegas. · Sobre un plano da cidade: elaborar e distinguir as fases do seu crecemento. · Recoñecer e identificar os distintos tipos de planos de cidades españolas a través de transparencias. · Analizar mediante transparencias superpostas algunha das redes de equipamento básico das cidades valorando a súa densidade ou deficiencias. 1.1. Contidos actitudinais. · Distinguir os espacios de pobreza e riqueza que se dan dentro da cidade. Intentando dar solucións a aquelas áreas máis desfavorecidas desta.
  • 13. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 13 II BLOQUE DE CONTIDOS: TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN ESPAÑA Unidade 11. Cambios e permanencias no sector primario. (8 sesións) 2ª avaliación 1. Obxectivos didácticos. A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Factores da actividade agraria: medio, propiedade... b) Valoración económica do espacio rural. c) Diversidade dos espacios agrarios españois. d) Estructura da actividade pesqueira. e) A producción pesqueira. f) A transformación dos recursos pesqueiros. 2. Criterios básicos. Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 3. Contidos. 3.1. Contidos conceptuais. · Factores da actividade agraria: medio natural, poboación activa agraria, propiedade, explotacións, desenvolvemento científico e técnico, políticas agrarias. · Valoración económica do espacio rural: aportación ó PIB, usos do solo e principais aproveitamentos, transformacións agroindustriais, comercialización e entrada na UE, outras actividades do medio rural. · Diversidade dos espacios agrarios españois. · Estructura da actividade pesqueira: caladoiros, poboación activa, flota pesqueira, principais portos. · A producción pesqueira: extensión das augas xurisdiccionais dos países ricos en caladoiros e acordos bilaterais para o acceso dos barcos españois, incidencia da política pesqueira da UE e do norte de África na producción pesqueira española, especies capturadas e desembarcos por rexións, a súa evolución, importacións e exportacións pesqueiras, acuicultura. 3.2. Contidos procedimentais. · Identificar as paisaxes rurais a través de fotografías. · Utilización de datos, tanto numéricos como os reflexados en gráficos que sirvan para valorar a traxectoria dalgúns aspectos agrarios e elaborar hipóteses novas. · Pasar os datos a gráficos para avaliar correcta e adecuadamente a representación que os alumnos fan. · Utilización de textos de natureza descriptiva analizando tipos de paisaxes e tamén aqueles que inviten a interrelacionar os aspectos que aparecen. · Utilización de mapas temáticos para saber comentar os mapas de cultivo e aproveitamentos. · Utilización de anuarios de estatística agraria para aprender a buscar os datos nas fontes de xeografía. · Análise do mapa onde se reflecten os caladoiros máis importantes onde faenan os pesqueiros españois. · Análise do censo da flota pesqueira. · Análise dos datos de importacións e exporatacións pesqueiras do noso país. · Descripción e comentario dalgunha arte de pesca.
  • 14. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 14 · Debate sobre o futuro e posibilidade da acuicultura. 1.2. Contidos actitudinais. · Valoración e diferenciación das actividades económicas do noso país. · Preocupación polo rigor e obxectividade na utilización e interpretación das fontes de información utilizada polo alumno. II BLOQUE DE CONTIDOS. TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN ESPAÑA. Unidade 12. A restruturación dos espazos industriais 3ª avaliación. (15 sesións) 1. Obxectivos didácticos. A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Fontes de enerxía e materias primas en España. Localización dos principais xacementos e importancia destas no marco internacional. b) Etapas da industrialización en españa. c) Factores que limitaron a industrialización e o seu desenvolvemento tardío. d) Importancia da actividade industrial. e) Localización das principais áreas industriais en España. f) Problemas do sector industrial na actualidade: a reconversión industrial. 2. Criterios básicos. Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 3. Contidos. 3.1. Contidos conceptuais. · Etapas da industrialización: focos industriais orixinais e factores que os impulsaron. Política industrial ó longo do último século. · Factores que limitan a industrialización: escasez de materias primas; materias primas renovabeis e non renovabeis, dependencia das fontes de enerxía: producción escasa, consumo elevado; fontes enerxéticas alternativas. Política enerxética. · Importancia da actividade industrial: poboación activa, aportación ó PIB, principais sectores de producción: a súa distribución e a súa importancia, estructura empresarial. · Localización actual das industrias españolas: rexións industriais. Desequilibrios espaciais. Novas pautas de industrialización: alternativa dos poderes públicos e industrialización endóxena. · Problemas do sector industrial: reconversión dos sectores tradicionais en crise polos problemas enerxéticos, os cambios no proceso productivo, a aparición de novos factores de localización. Impacto desigual, tanto en sectores como en rexións, da necesidade de reconversión. Acordos e relacións coa UE. Incidencia ambiental: sectores máis conflictivos, rexións máis afectadas, medidas de protección ambiental. 3.2. Contidos procedimentais. · Comentario do mapa de España onde se sinale a localización de materias primas e fontes de enerxía. · Comentar algún texto obtido da prensa no que se analice a situación industrial española do momento en relación coa escasez de materias primas e fontes de enerxía. · Comparar datos de poboación activa, aportación da industria ó PIB cos doutros países
  • 15. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 15 europeos. · Analizar comparativamente organigramas do proceso de producción de empresas de diferentes sectores. · Análise e comentario do mapa da localización das zonas industriais de España. · Identificar e comentar o plano dunha área industrial importante do país. · Comentario de mapa detallado ou fotografía aérea onde se sinale a ubicación dalgunha zona industrial planificada (ZUR, parques industriais...) de onde deben destacarse os factores que decidiron esta localización, tipos de industria que se foron asentanto no espacio. 1.3. Contidos actitudinais. · Valoración e diferenciación das actividades económicas do noso país. · Preocupación polo rigor e obxectividade na utilización e interpretación das fontes de información utilizada polo alumno. IV BLOQUE DE CONTIDOS: O TERRITORIO DO ESTADO ESPAÑOL. UNIDADE 1. Organización político-administrativa actual. UNIDADE 2. Contrastes e políticas rexionais en España (8 sesións) 3º trimestre. 3ª avaliación. 2. Obxectivos didácticos. A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Situación e configuración xeográfica de España. b) Rexións e paisaxes diferentes das illas e a península. c) Evolución histórica da divisón administrativa do Estado español. d) A ordenación do territorio: entidades locais e CC_AA. e) España no marco da UE. f) Os desequilibrios rexionais e as políticas para corrixir estes. 3. Criterios básicos. O finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 4. Contidos. 4.1. Contidos conceptuais. · Situación e configuración do territorio estatal. · Rexións e paisaxes. · Fases históricas na división administrativa do Estado español. · A ordenación territorial: as CC_AA e entidades locais segundo o título VIII da Constitución española. · Desequilibrios territoriais · España no marco da UE. Políticas rexionais. 4.2. Contidos procedimentais. · Análise e interpretación de mapas históricos onde se contemple a evolución e os cambios na división administrativa. · Saber comentar a división administrativa do mapa do Estado español actual. · Comentario dun texto de actualidade sobre algunha cuestión referente aos problemas das competencias entre concellos, CC.AA. e Estado Central.
  • 16. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 16 · Mapa de crecemento do PIB das CC.AA. · Gráficas de índices de benestar social das CC.AA. II BLOQUE DE CONTIDOS. TERRITORIO E ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN ESPAÑA Unidade 13. España unha economía de servizos. 3ª avaliación. (10 sesións) 1. Obxectivos didácticos. A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Coñecer as actividades do sector terciario: transporte e comunicacións. b) Comercio. c) Actividades de ocio. O turismo. d) Outras actividades do sector servicios. 2. Criterios básicos. Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 3. Contidos. 3.1. Contidos conceptuais. · Transporte e comunicacións: tipos e redes de transporte, a súa incidencia no espacio e a súa dependencia del. As infraestructuras. Vertebración territorial e desequilibrios no sistema español de transporte: eixos máis activos, transporte de cercanías, transporte de mercancías. Planificación de novas redes e sistemas de transporte. Novas formas de comunicación. Impacto espacial e medioambiental. · Comercio: a súa importancia, factores de localización comercial. Desequilibrios territoriais. Desequilibrios dentro dos espacios urbanos. Comercio interior: tradicional, novas formas de comercio (especialización), circuitos de comercialización. · Actividades de ocio: recreo, culturais. O turismo. · Outras actividades: educación, sanidade, funcións administrativas, servicios financeiros... 3.2. Contidos procedimentais. · Comentario e representación dos datos da poboación activa e da aportación deste sector ó PIB. · Comentario de mapas que reflecten as redes de cada tipo de transporte, resaltando os desequilibrios, as ausencias nas zonas economicamente deprimidas. · Elaboración e comentario de mapas de fluxos de transportes. · Elaborar unha gráfica e analizar o volume de importacións e exportacións. · Localizar nun plano as grandes superficies comerciais nalgunha cidade próxima e analizala. · Elaboración e comentario dun mapa de España onde se mostren os focos máis importantes de concentración turística. · Representar a rede educativa e sanitaria de Galicia e comentala facendo valoracións e suxerencias. 4.3. Contidos actitudinais. · Valoración e diferenciación das actividades económicas do noso país. · Preocupación polo rigor e obxectividade na utilización e interpretación das fontes de información utilizada polo alumno.
  • 17. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 17 V BLOQUE DE CONTIDOS. ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO Unidade 14. A Unión Europea. Unidade 15. España no mundo. 3ª avaliación. (8 sesións) 1. Obxectivos didácticos. A proposta deste bloque para o alumnado é que saiba sobre: a) Institucións e órganos da UE. b) A construción da UE. c) España na UE e balance da súa adhesión. d) Desigualdade no mundo. e) Globalización e impacto na sociedade e economía española. f) Posición de España no mundo principalmente cos países Iberoamericanos e conca mediterránea. 2. Criterios básicos. Ó finalizar esta unidade o alumnado debe ter un coñecemento básico dos obxectivos anteriormente citados. 3. Contidos. 3.1. Contidos conceptuais. · Fases de ampliación da UE. · Institucións da UE. · España na UE e balance da súa adhesión. · Globalización económica. · Un novo escenario xeopolítico: desigualdade no mundo, comercio desigual. · Posición de España no mundo. 3.2. Contidos procedimentais. · Comentario dun texto de actualidade sobre distintos problemas entre España e a UE. · Comentario do mapa do PIB per cápita en Europa e no mundo. · Comentario de gráfica de débeda externa total por rexións do mundo. · Comentario da gráfica ou táboa do índice de desenvolvemento humano no mundo. 4.4. Contidos actitudinais. · Crítica as desigualdades xeradas polo fenómeno da globalización. · Preocupación polo rigor e obxectividade na utilización e interpretación das fontes de información utilizada polo alumno. 6. METODOLOXÍA, MATERIAIS E RECURSOS O método pretende ser activo na medida do posible aínda que, para este curso, dispoñemos de poucos recursos didácticos. Pretendemos lograr un desenvolvemento das capacidades críticas, perceptivas e comunicativas do alumando. O obxectivo fundamental é conseguir unha madurez que permita percibir a realidade do entorno baseándose no coñecemento da súa evolución. · Intentarase que a explicación teórica (á que non renunciamos) este equilibrada coa realización de actividades prácticas (comentarios e exposicións). · Usaranse medios informáticos e audiovisuais (principalmente as TIC). Para iso todos os
  • 18. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 18 contidos, presentacións e actividades estarán presentes na aula virtual da páxina web do instituto. · Como elementos básicos no proceso de aprendizaxe e como forma máis atractiva para a asimilación dos conceptos, unidos a mapas de diferentes escalas, gráficos e textos que serán a base sobre a que se sustentará a maioría das clases. · Preténdese que o alumnado alcance soltura no manexo de fontes, tanto como material de consulta, como para desenvolver os rudimentos dun traballo investigador principio do campo xeográfico. · Como materiais didácticos utilizarase: vídeos, mapas temáticos, diapositivas, gráficos, libros de consulta, artigos de prensa, fotografía aérea, planos... · Na programación de aula de cada unidade especificarase de forma máis concreta os tipos de materiais e actividades que se van a desenvolver para lograr os obxectivos. · O libro de texto utilizado será: Mª Concepción Muñoz-Delgado y Mérida. Xeografía. Editorial Anaya. (ISBN 978-84-667-8331-6) · Ademais estará acompañado polo material de apoio elaborado polo departamento de Xeografía e Historia do IES Elviña e que se pode ver e descargar da páxina web do instituto: http://www.edu.xunta.es/centros/ieselvina/aulavirtual/course/view.php?id=26. Ou do blog: http://agrelaelvina.blogspot.com/ 7. AVALIACIÓN 7.1. Procedemento de avaliación Ao finalizar cada dúas unidades didácticas o alumnado realizará unha proba escrita que versará sobre os conceptos e procedementos que se traballaron. As cuestións serán semellantes ós exercicios realizados previamente. Os procedementos expostos serán utilizados en cada un dos tres períodos de avaliación en que se secuenciaron os contidos. O exame constará de tres partes (idénticas ao exercicio que se fará nas PAU): a) Definición breve de cinco conceptos xeográficos básicos relacionados cos temas. b) Desenvolvemento dun tema de xeografía. c) Lectura, interpretación, explicación e análise crítico dun documento gráfico. Realizarase como mínimo dous parciais por trimestre. 7.2. Criterios de cualificación A primeira pregunta (definicións) terá unha puntuación máxima de 2 puntos (0’4 por concepto). Requírese resposta breve (máximo cinco liñas) e concreta (utilizando termos con significado xeográfico), que cumpla o criterio fundamental de toda definición (non repetir o concepto a definir na mesma). A segunda pregunta (desenvolvemento dun tema ou unha cuestión) terá unha puntuación máxima de 4 puntos. Solicítase que o alumno responda á cuestión proposta da forma máis completa posible, é decir, plantexando a resposta en base ós caracteres xeográficos máis relevantes do tema; valorarase a organización dos contidos, o nivel explicativo do seu desenvolvemento, e a capacidade para establecer relacións comparativas. Requírese boa redacción sen faltas de ortografía. A terceira pregunta (comentario dun documento, gráfica ou mapa) (localización, lectura, interpretación, explicación e análise crítica). Terá unha puntuación máxima de 4 puntos. Requírese a correcta interpretación do documento, valorando tanto a comprensión (lectura), como a súa explicación (análise) en termos, sempre que sexa procedente, de causas e consecuencias posibles. Con vistas a facilitar a resolución deste exercicio práctico se
  • 19. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 19 recordan os puntos básicos ós que debe atender a resposta: a) Localizar os elementos xeográficos solicitados, físicos e políticas. b) Definir a tipoloxía da imaxe: identificar o sistema de representación, así como a información que contén e a súa estructura (tipo de escala e datos...). c) Localizar no espacio e no tempo: o ámbito territorial considerado, secuencia temporal que abarca e significación da mesma respecto ó fenómeno tratado (por exemplo se é un gráfico da emigración, se o período temporal constitúe unha ou varias etapas de singular importancia). d) Centrar o comentario (análise, explicación e interpretación) nos acontecementos reflexados (por exemplo, no caso dun gráfico de emigración, na intensidade e dirección dos fluxos; no caso dun diagrama climático, no réxime de temperaturas e precipitacións), aludindo ós aspectos relacionados (nos casos anteriores: situación socioeconómica, polítia; situacións atmosféricas e paisaxes bioclimáticos asociados). e) Contrastar e comparar os resultados da interpretación con aspectos ou feitos similares, noutros ámbitos espaciais, que axuden á comprensión e explicación do fenómeno (por exemplo, nos casos anteriormente citados, correntes de emigración comparables noutros países e períodos; diversificación e extensión territorial das condicións climáticas analizadas). f) Aportación crítica sobre algún aspecto derivado da interpretación do fenómeno, se dá lugar, no contexto da dinámica do mundo actual, e conclusións. 7.3. Contidos mínimos Principios xerais para cada unidade · Utilizar correctamente sen faltas de ortografía e boa sintaxe a linguaxe escrita. · Saber ordenar e xerarquizar ideas. · Usar un vocabulario básico de termos xeográficos de cada unha das unidades. · Saber interpretar os documentos cartográficos e gráficos de todo tipo que estén en relación coa materia que se presenta en cada unha das unidades. Unidade 1 e 2. Organización político administrativa de España. Os desequilibrios rexionais · Saber localizar, utilizando a latitude e lonxitude, algún punto elexido sobre o mapa de España. · Sobre un mapa mudo: saber sinalar e identificar as provincias e comunidades autónomas de España. Saber definir estas dúas entidades administrativas e dar sinal da súa orixe e funcionamento. · Coñecer outras entidades locais: como o concello. · Importancia da Comarca e da Parroquia no caso galego como entidades de ordenación do territorio. · Coñecer os principais organismos da UE e os países que conforma ésta na actualidade. Unidades 3 ao 8. O medio natural e as súas paisaxes. · Mapa mudo no que os alumnos e alumnas deben sinalar e comentar as principais subunidades do medio físico. · Ofrecer datos de temperatura e precipitación dun punto xeográfico determinado para que os alumnos realicen correctamente un climograma e o comenten sabendo determinar que tipo de clima é. · Mapa de España e de Galicia onde os alumnos sinalen e identifiquen ríos e sistemas montañosos máis importantes. · Definir con propiedade os conceptos aprendidos nesta unidade. Unidade 9 A poboación.
  • 20. Programa de xeografía de España. IES Elviña (curso 2014-2015) 20 · Ante un mapa de densidades de poboación nas provincias españolas, comentar os desequilibrios e razóns que os propiciaron así como a presión que exerce este fenómeno sobre o medio. · Comentario comparado das pirámides de poboación. Deducir o réxime demográfico ó que pertencen. · Realizar e comentar gráfico da evolución da poboación española. · Definir brevemente os conceptos xeográficos aprendidos nesta unidade. Unidade 10. A Urbanización. · Ante un plano da cidade identificar factores xeográficos de localización e emplazamento, tipo de plano (morfoloxía) e usos de chan (estructura). · Analizar, brevemente, a xerarquía urbana existente en España. · Definir brevemente os conceptos xeográficos aprendidos nesta unidade como: área metropolitana, estructura, morfoloxía, cidade satélite, conurbación, ensanche... Unidade 11. As actividades do sector primario. · Ante unha fotografía de espacios agrarios españois, tratar de dar resposta a; identificación do parcelario, cultivos que aparecen, elementos de adaptación ós condicionantes do medio físico, comentario razoado do tipo de agricultura que mostran destacando as peculiaridades e a que área xeográfica corresponde. · Importancia deste sector na economía española. Características da política comunitaria dentro da agricultura e pesca de España. · Definir brevemente os conceptos xeográficos aprendidos nesta unidade didáctica. Unidade 12 Sector secundario. · Identificar as áreas industriais nun plano e comentar os factores de localización desas industrias e subsectores. · Desenvolver os conceptos sobre a actividade industrial. Unidade 13. Sector terciario: servicios e transporte. · Analizar e comentar o mapa de redes de transporte terrestre, marítimo ou aéreo. Desequilibrios e xerarquización. · Definir os conceptos sobre a actividade comercial e os servizos. Unidade 14 e 15. Unión Europea e Globalización · Entender o concepto de globalización. · Coñecer as principais institucións da UE.