SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 22
Concurso de cociña
Receitas
IES Monelos 26/10/2022
Relación de autores e receitas
1. Oscar Ocampo García (2º BAC B): Brownies de chocolate
2. Mario Piñeiro Dopico (2º ESO A): Biscoito de Vainilla e chocolate
3. Nina Varela Ota (4º ESO A): Pao de ló
4. Inés Candamio Barcón (3º ESO C): Brownie inesitaaaa75
5. Vega Otero Sánchez (1º ESO B): Chocolate, crema de castañas e améndoas
6. Inés Insua Puente (1º ESO B): Tarta de castañas
7. Noa Vázquez Fuentes (1º ESO A): Biscoito de castañas
8. Paula Seijas Seoane (1º ESO B): Canas recheas de noces e avelás
9. Lara Beade Hermida (1º ESO B): Trufas
10. Sara Mboudou Vilas (4º ESO B): Cupcakes do Samaín
1. Brownies
de chocolate
Ingredientes:
Un iogur natural (125 g), tres ovos, azucre (dúas medidas de iogur), un sobre de lévedo «Royal» 16 g,
fariña especial repostería 160-180 W (dúas medidas de iogur), aceite de oliva virxe extra (unha medida
de iogur), chocolate negro en po desgraxado (tres medidas de iogur), chocolate en po á taza (1/2
medida de iogur), un vaso e ½ de leite, ½ tableta de chocolate con leite de postres, unha chisca de sal,
manteiga (opcional, depende de se a mestura se pega ou non no molde)
Materiais
Unha cunca grande, batedora de man, vaso iogur, lingua de gato, catro moldes pequenos (0,5 l), forno,
reloxo/cronómetro.
Elaboración (45-60 minutos aproximadamente)
Botamos os ovos e a medida de azucre na cunca, e batemos enerxicamente. A continuación engadimos
a medida de aceite e o iogur e batemos ate que non quede ningún grupo. Este proceso de bater é
importante, xa que ao longo da elaboración da mestura teremos que ir eliminando todos os grumos.
Peneiramos o lévedo e as medidas de fariña, e outra vez a bater. Engadimos unha chisca de sal.
Poñemos a prequentar o forno, modo pastel (180º C) durante 10 minutos. Botamos as medidas dos
chocolates en po e batemos. Despois engadimos o leite e volvemos a batir. Vertemos a mestura nos
moldes (como se comentou no apartado de ingredientes, se a mestura se pega botaremos manteiga, e
se non o sabemos botamos para asegurarnos de non facer unha desfeita).
Cortamos en anacos moi pequenos o chocolate de postre e botámolo por enriba, unha vez estea a
mestura no molde (intentar repetir equitativamente). Introducimos os modes no forno durante 25
minutos.
2. Biscoito
de vainilla
e chocolate
Ingredientes:
• Catro ovos.
• Un iogurt grego.
• Un sobre de lévedo.
• Dous vasos de azucre.
• Dúas culleradas de cacao.
• Esencia de vainilla.
Elaboración
Mestúranse os ovos co iogurt grego co sobre de lévedo co azucre.
Despois mesturamos a fariña. Sepárase a masa en dúas cuncas. A
unha parte se lle botan dúas culleradas de cacao e a outra bótaselle
esencia de vainilla. Lévase ao forno durante 50 minutos nun molde
engraxado para enfornar a 180 graos centígrados.
3. Pao de ló
Ingredientes:
• 9 ovos grandes (a temperatura ambiente)
• 90 gramos de azucre granulado.
• 30 gramos de fariña de repostería
• Reladura de limón ou de laranxa (opcional)
Elaboración
1. Prequentar o forno a 190º C.
2. Engraxar e forrar con papel pergamiño un molde de tubo.
3. Bater ovos ata que estean lixeiros. Incorporar aos poucos azucre a velocidade
media e bater durante polo menos 20 minutos.
4. Engadir a baixa velocidade a fariña aos ovos, mesturando ben despois de cada
adición.
5. Verter a masa no molde e enfornar durante aproximadamente 35 minutos, ou ata
que ao inserir un probador de pasteis este saia limpo (o pastel recuperarase ao
tocalo lixeiramente).
6. Deixar que o pastel se arrefríe no molde durante 10 minutos, logo sacalo do molde
e retirar o papel pergamiño. Deixar que se arrefríe completamente nunha reixa. Se o
desexamos, salpíqueo con azucre glas antes de servir.
4. Brownie Inesitaaaa75
Ingredientes:
• 100 g de manteiga branda cortada en anacos.
• 50 g de fariña de repostería.
• 250 g de chocolate Fondant para sobremesas.
• 100 g de noces peladas.
• Tres ovos.
Elaboración:
• Prequentar o forno a 180ºC.
• Untar un molde de 20x20 cm de manteiga e salpicamos enriba fariña.
• Esmagar co batedor de man a manteiga.
• Engadir fariña enriba da manteiga e esmagala.
• Enriba da fariña botamos o azucre e tamén o esmagamos.
• Botamos os tres ovos e logo o chocolate e e o machucamos.
• Botamos as noces peladas e as esmagamos.
• No molde botamos a mestura.
• Cando estea no molde dáselle uns golpes para alisar a superficie e que saia o aire.
• Enfornamos durante 15 minutos a 180º C.
5. Torta de
chocolate,
crema de
castañas
e améndoas
Ingredientes:
• 500 gramos de crema de castaña doce.
• Tres ovos.0
• 100 gramos de chocolate.
• 100 gramos de manteiga.
• 20 gramos de fariña.
• 10 améndoas.
Elaboración
• Untar o molde cun pouco de manteiga e prequéntase o forno a 180º C.
• Poñer a crema de castañas nunha cunca ampla e engadir os ovos e a fariña.
• Derreter a manteiga no microondas e estando quente engadir o chocolate picado e
as améndoas mesturándoas ben.
• Unha vez que haxa unha crema de chocolate fina e brillante, botar sobre a crema
de castañas, mesturándoa ben ata obter unha masa homoxénea e vertela no
molde.
• Enfornar a torta durante 40 minutos aproximadamente ata que estea ben feita no
seu interior e crocante no exterior.
• Retirala do forno e deixala arrefriar antes de quitarlle o molde.
• Para rematar decorámola con castañas cubertas de chocolate derretido.
6. Torta de
castañas
con lemon
curd
Ingredientes:
Para o Lemon Curd: tres ovos, 215 g de azucre, 100 g de manteiga, 150 ml de zume de limón e reladura de
dous limón.
Para a torta de castañas: 300 g de leite, 350 g de castañas, 160 g de améndoas en po, 90 g de fariña, 8 g de
lévedo, 150 g de manteiga, 200 g de azucre e tres ovos.
Elaboración
Para o Lemon Curd:
• Nun cazo que poidamos poñer ao baño María mesturamos todos o ingredientes. Despois de mesturalos
poñemos o recipiente na auga a temperatura media baixa sen que chegue a ferver en ningún momento.
Cociñamos a crema a baño María, removendo constantemente. Nuns minutos comezará a espesar e gañar
consistencia.
• Dependendo do grao de dureza que desexemos, podemos cociñar o lemon curd máis ou menos tempo.
Temos que ter en conta que unha vez que arrefríe a crema espesará bastante máis.
Para a torta de castañas:
• Cócense e pélanse as castañas. Tritúranse coa leite ata formar unha crema. Acéndese o forno a 180º C.
Mestúrase a fariña co lévedo. Sepáranse as claras das xemas e gárdanse as últimas nunha cunca. Vértese
o azucre e engádeselle a manteiga. Despois mestúrase ben ata ter homoxeneidade. Engadir as xemas e a
crema de castañas e seguir mesturando. Incorpóranse as dúas quendas de fariña e lévedo. Móntanse as
claras a punto de neve e engádense á mestura. Fórrase o molde con papel de enfornar e engráxanse os
laterais, Vértense a masa no molde e alísase cunha espátula. Enfórnase a 180º C os 15 primeiros minutos
e a 170º C os 40 seguintes. Retírase do forno e decórase por riba co lemon curd.
7. Biscoito de castañas
Ingredientes:
• 150 g de fariña.
• 125 g de azucre.
• Catro ovos.
• 100 g de fariña de castañas.
• 50 g de manteiga líquida.
• Unha cullerada de reladura de limón
Para decorar:
• 100 ml de nata líquida.
• 130 g de chocolate para fundir.
• 20 g de manteiga sen sal.
• Dúas culleradas de auga.
Elaboración:
Bátense os ovos xunto co azucre e a reladura de limón. Cando estean a punto de relevo
engadimos a fariña mesturada co lévedo e coa fariña de castañas. Por último bótase a manteiga
líquida e mestúrase ben. Engraxase con manteiga un molde para biscoitos e bótase a mestura.
Deixano no forno entre 12 e 15 minutos.
Posteriormente o decoramos. Colocamos nun cazo a nata e ponse a ferver. Cando ferva,
engádese o chocolate e a manteiga e bátese ata que se derreta. Incorpóranse as dúas
culleradas de auga e vólvese a bater ata integralo ben.
Colócase o biscoito nunha reixa e debaixo un prato. Vértese o chocolate sobre o biscoito e
déixase escorrer e métese na neveira.
8. Canas recheas de noces e avelás
Ingredientes:
• Para as canas:
• 500 g de fariña.
• Un pouco de sal.
• 170 g de aceite de xirasol.
• 150 g de auga.
• 50 g de viño branco.
• Para o recheo:
• 200 ml de nata.
• 75 g de chocolate.
• 50 g de crema de avelá.
• 50 g de noces.
Elaboración:
Canas: mesturar todos os líquidos. Logo engadilos á fariña co sal. Amasar catro minutos. Deixar a masa
repousar unha hora.
Para facer as canas envolver a masa nun molde con forma de tubo. A continuación fritímolas.
Recheo: botamos a nata. Engadiomos o chocolate quente, as avelás, as noces reladas e a crema.
Finalmente, cando as canas arrefríen, enchémolas do recheo. Podemos decoralas con azucre en po e
os froitos secos.
9. Trufas
Ingredientes:
• Dúas tabletas de chocolote para postres.
• 200 g de noces envasadas.
• 50 g de noces.
• Leite até encher máis un menos un cazo.
• Reladuras de chocolate.
• Nata para postres.
Elaboración:
Poñer o leite nun cazo. Despois engadir todo o chocolate cortado en anacos.
Ao revólvelo botar a nata até que quede unha mestura espesa sen grumos
nunha cunca. Despois tritúranse as noces envasadas e logo bótanse e
revólvense un pouco. Ao rematar métense na neveira e non sacar ata o seu
consumo. Bótaselle para decorar as reladuras de chocolate e algún anaco de
noz.
10. Cupcakes do Samaín
Ingredientes:
Para os cupcakes: 130 g de manteiga, dúas claras, dúas xemas, 60 g de azucre, 125 g de azucre moreno, un
culler de esencia de vainilla, 200 g de fariña sen lévedo, dúas culleres pequnas de lévedo en po, 125 ml de leite,
200 g de chocolate para derreter, un chisco de sal.
Para a crema: 125 g de manteiga, 125 g de azucre, un culler pequeno de esencia de vainilla, colorante
alimentario laranxa.
Para as decoracións: pasta de azucre de diversas cores (fondant), colorante alimenticio, pintura dourada
combustible, chocolate branco.
Elaboración:
Metemos no microondas o chocolate e reservamos. Batemos as claras cun chisco de sal, ata que formen picos firmes.
Reservamos ata o momento de utilizar.
Batemos a manteiga co azucre branco e moreno, ata ter unha mestura homoxénea e cremosa. Engadimos unha xema
de ovo, cando estea ben integrada, engadimos a outra, e finalmente, a vainilla líquida e mesturamos.
Despois engadimos o leite e seguimos ata que non queden restos de fariña. Incorporamos o o chocolate e mesturamos
o xusto para que se integre á masa. Por último, botamos as claras, incorporándoas con movementos suaves e
envolventes. Poñemos as cápsulas dentro do molde para fornear cupcakes e enchemos 2/3 da súa capacidade.
Enfornamos co forno quentado previamente a 170º C, con calor enriba e abaixo, durante 20-25 minutos ou ata que ao
introducir un escarvadentes no centro dun dos cupcakes saia limpo. Cando os nosos cupcakes de chocolate estean
listos, deixámolos para arrefriar dentro do molde uns minutos e logo pasámolos a unha grella arrefriadora. Cando estean
fríos, decorámolos con crema de manteiga e os adornos de pasta de azucre e chocolate branco.
Para a elaboración da crema mesturamos a manteiga co azucre e a vainilla ata formar unha crema. Engadimos
colorante ao gusto. Metémola nunha manga pasteleira e decoramos ao gusto.

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Cociña de outono. IES Monelos (26/10/2022)

Semelhante a Cociña de outono. IES Monelos (26/10/2022) (20)

Receitas con froita
Receitas con froitaReceitas con froita
Receitas con froita
 
Libro de receitas final
Libro de receitas finalLibro de receitas final
Libro de receitas final
 
Tarta de queixo
Tarta de queixoTarta de queixo
Tarta de queixo
 
Torta de queixo
Torta de queixoTorta de queixo
Torta de queixo
 
Pudindabelás
PudindabelásPudindabelás
Pudindabelás
 
Presentación1 samaín 1
Presentación1 samaín 1Presentación1 samaín 1
Presentación1 samaín 1
 
Recetas con queixo do cebreiro castelo-aportadas por Jesús Perez
Recetas con queixo do cebreiro castelo-aportadas por Jesús PerezRecetas con queixo do cebreiro castelo-aportadas por Jesús Perez
Recetas con queixo do cebreiro castelo-aportadas por Jesús Perez
 
Receitas2
Receitas2Receitas2
Receitas2
 
Melón
MelónMelón
Melón
 
Presentación samaín 3
Presentación samaín 3Presentación samaín 3
Presentación samaín 3
 
Receitas
ReceitasReceitas
Receitas
 
7 obradoiros de supervivencia doméstica
7 obradoiros de supervivencia doméstica7 obradoiros de supervivencia doméstica
7 obradoiros de supervivencia doméstica
 
Receitas1
Receitas1Receitas1
Receitas1
 
Receitas1
Receitas1Receitas1
Receitas1
 
Receitas1
Receitas1Receitas1
Receitas1
 
Receitas
ReceitasReceitas
Receitas
 
Receitas francesas
Receitas francesasReceitas francesas
Receitas francesas
 
O melon na cociña 130
O melon na cociña 130O melon na cociña 130
O melon na cociña 130
 
Cocina
CocinaCocina
Cocina
 
Recetario de outono
Recetario de outonoRecetario de outono
Recetario de outono
 
Mais de Agrela Elvixeo

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Mais de Agrela Elvixeo (20)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Último

a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Último (10)

a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Cociña de outono. IES Monelos (26/10/2022)

  • 1. Concurso de cociña Receitas IES Monelos 26/10/2022
  • 2. Relación de autores e receitas 1. Oscar Ocampo García (2º BAC B): Brownies de chocolate 2. Mario Piñeiro Dopico (2º ESO A): Biscoito de Vainilla e chocolate 3. Nina Varela Ota (4º ESO A): Pao de ló 4. Inés Candamio Barcón (3º ESO C): Brownie inesitaaaa75 5. Vega Otero Sánchez (1º ESO B): Chocolate, crema de castañas e améndoas 6. Inés Insua Puente (1º ESO B): Tarta de castañas 7. Noa Vázquez Fuentes (1º ESO A): Biscoito de castañas 8. Paula Seijas Seoane (1º ESO B): Canas recheas de noces e avelás 9. Lara Beade Hermida (1º ESO B): Trufas 10. Sara Mboudou Vilas (4º ESO B): Cupcakes do Samaín
  • 4. Ingredientes: Un iogur natural (125 g), tres ovos, azucre (dúas medidas de iogur), un sobre de lévedo «Royal» 16 g, fariña especial repostería 160-180 W (dúas medidas de iogur), aceite de oliva virxe extra (unha medida de iogur), chocolate negro en po desgraxado (tres medidas de iogur), chocolate en po á taza (1/2 medida de iogur), un vaso e ½ de leite, ½ tableta de chocolate con leite de postres, unha chisca de sal, manteiga (opcional, depende de se a mestura se pega ou non no molde) Materiais Unha cunca grande, batedora de man, vaso iogur, lingua de gato, catro moldes pequenos (0,5 l), forno, reloxo/cronómetro. Elaboración (45-60 minutos aproximadamente) Botamos os ovos e a medida de azucre na cunca, e batemos enerxicamente. A continuación engadimos a medida de aceite e o iogur e batemos ate que non quede ningún grupo. Este proceso de bater é importante, xa que ao longo da elaboración da mestura teremos que ir eliminando todos os grumos. Peneiramos o lévedo e as medidas de fariña, e outra vez a bater. Engadimos unha chisca de sal. Poñemos a prequentar o forno, modo pastel (180º C) durante 10 minutos. Botamos as medidas dos chocolates en po e batemos. Despois engadimos o leite e volvemos a batir. Vertemos a mestura nos moldes (como se comentou no apartado de ingredientes, se a mestura se pega botaremos manteiga, e se non o sabemos botamos para asegurarnos de non facer unha desfeita). Cortamos en anacos moi pequenos o chocolate de postre e botámolo por enriba, unha vez estea a mestura no molde (intentar repetir equitativamente). Introducimos os modes no forno durante 25 minutos.
  • 6. Ingredientes: • Catro ovos. • Un iogurt grego. • Un sobre de lévedo. • Dous vasos de azucre. • Dúas culleradas de cacao. • Esencia de vainilla. Elaboración Mestúranse os ovos co iogurt grego co sobre de lévedo co azucre. Despois mesturamos a fariña. Sepárase a masa en dúas cuncas. A unha parte se lle botan dúas culleradas de cacao e a outra bótaselle esencia de vainilla. Lévase ao forno durante 50 minutos nun molde engraxado para enfornar a 180 graos centígrados.
  • 7. 3. Pao de
  • 8. Ingredientes: • 9 ovos grandes (a temperatura ambiente) • 90 gramos de azucre granulado. • 30 gramos de fariña de repostería • Reladura de limón ou de laranxa (opcional) Elaboración 1. Prequentar o forno a 190º C. 2. Engraxar e forrar con papel pergamiño un molde de tubo. 3. Bater ovos ata que estean lixeiros. Incorporar aos poucos azucre a velocidade media e bater durante polo menos 20 minutos. 4. Engadir a baixa velocidade a fariña aos ovos, mesturando ben despois de cada adición. 5. Verter a masa no molde e enfornar durante aproximadamente 35 minutos, ou ata que ao inserir un probador de pasteis este saia limpo (o pastel recuperarase ao tocalo lixeiramente). 6. Deixar que o pastel se arrefríe no molde durante 10 minutos, logo sacalo do molde e retirar o papel pergamiño. Deixar que se arrefríe completamente nunha reixa. Se o desexamos, salpíqueo con azucre glas antes de servir.
  • 10. Ingredientes: • 100 g de manteiga branda cortada en anacos. • 50 g de fariña de repostería. • 250 g de chocolate Fondant para sobremesas. • 100 g de noces peladas. • Tres ovos. Elaboración: • Prequentar o forno a 180ºC. • Untar un molde de 20x20 cm de manteiga e salpicamos enriba fariña. • Esmagar co batedor de man a manteiga. • Engadir fariña enriba da manteiga e esmagala. • Enriba da fariña botamos o azucre e tamén o esmagamos. • Botamos os tres ovos e logo o chocolate e e o machucamos. • Botamos as noces peladas e as esmagamos. • No molde botamos a mestura. • Cando estea no molde dáselle uns golpes para alisar a superficie e que saia o aire. • Enfornamos durante 15 minutos a 180º C.
  • 11. 5. Torta de chocolate, crema de castañas e améndoas
  • 12. Ingredientes: • 500 gramos de crema de castaña doce. • Tres ovos.0 • 100 gramos de chocolate. • 100 gramos de manteiga. • 20 gramos de fariña. • 10 améndoas. Elaboración • Untar o molde cun pouco de manteiga e prequéntase o forno a 180º C. • Poñer a crema de castañas nunha cunca ampla e engadir os ovos e a fariña. • Derreter a manteiga no microondas e estando quente engadir o chocolate picado e as améndoas mesturándoas ben. • Unha vez que haxa unha crema de chocolate fina e brillante, botar sobre a crema de castañas, mesturándoa ben ata obter unha masa homoxénea e vertela no molde. • Enfornar a torta durante 40 minutos aproximadamente ata que estea ben feita no seu interior e crocante no exterior. • Retirala do forno e deixala arrefriar antes de quitarlle o molde. • Para rematar decorámola con castañas cubertas de chocolate derretido.
  • 14. Ingredientes: Para o Lemon Curd: tres ovos, 215 g de azucre, 100 g de manteiga, 150 ml de zume de limón e reladura de dous limón. Para a torta de castañas: 300 g de leite, 350 g de castañas, 160 g de améndoas en po, 90 g de fariña, 8 g de lévedo, 150 g de manteiga, 200 g de azucre e tres ovos. Elaboración Para o Lemon Curd: • Nun cazo que poidamos poñer ao baño María mesturamos todos o ingredientes. Despois de mesturalos poñemos o recipiente na auga a temperatura media baixa sen que chegue a ferver en ningún momento. Cociñamos a crema a baño María, removendo constantemente. Nuns minutos comezará a espesar e gañar consistencia. • Dependendo do grao de dureza que desexemos, podemos cociñar o lemon curd máis ou menos tempo. Temos que ter en conta que unha vez que arrefríe a crema espesará bastante máis. Para a torta de castañas: • Cócense e pélanse as castañas. Tritúranse coa leite ata formar unha crema. Acéndese o forno a 180º C. Mestúrase a fariña co lévedo. Sepáranse as claras das xemas e gárdanse as últimas nunha cunca. Vértese o azucre e engádeselle a manteiga. Despois mestúrase ben ata ter homoxeneidade. Engadir as xemas e a crema de castañas e seguir mesturando. Incorpóranse as dúas quendas de fariña e lévedo. Móntanse as claras a punto de neve e engádense á mestura. Fórrase o molde con papel de enfornar e engráxanse os laterais, Vértense a masa no molde e alísase cunha espátula. Enfórnase a 180º C os 15 primeiros minutos e a 170º C os 40 seguintes. Retírase do forno e decórase por riba co lemon curd.
  • 15. 7. Biscoito de castañas
  • 16. Ingredientes: • 150 g de fariña. • 125 g de azucre. • Catro ovos. • 100 g de fariña de castañas. • 50 g de manteiga líquida. • Unha cullerada de reladura de limón Para decorar: • 100 ml de nata líquida. • 130 g de chocolate para fundir. • 20 g de manteiga sen sal. • Dúas culleradas de auga. Elaboración: Bátense os ovos xunto co azucre e a reladura de limón. Cando estean a punto de relevo engadimos a fariña mesturada co lévedo e coa fariña de castañas. Por último bótase a manteiga líquida e mestúrase ben. Engraxase con manteiga un molde para biscoitos e bótase a mestura. Deixano no forno entre 12 e 15 minutos. Posteriormente o decoramos. Colocamos nun cazo a nata e ponse a ferver. Cando ferva, engádese o chocolate e a manteiga e bátese ata que se derreta. Incorpóranse as dúas culleradas de auga e vólvese a bater ata integralo ben. Colócase o biscoito nunha reixa e debaixo un prato. Vértese o chocolate sobre o biscoito e déixase escorrer e métese na neveira.
  • 17. 8. Canas recheas de noces e avelás
  • 18. Ingredientes: • Para as canas: • 500 g de fariña. • Un pouco de sal. • 170 g de aceite de xirasol. • 150 g de auga. • 50 g de viño branco. • Para o recheo: • 200 ml de nata. • 75 g de chocolate. • 50 g de crema de avelá. • 50 g de noces. Elaboración: Canas: mesturar todos os líquidos. Logo engadilos á fariña co sal. Amasar catro minutos. Deixar a masa repousar unha hora. Para facer as canas envolver a masa nun molde con forma de tubo. A continuación fritímolas. Recheo: botamos a nata. Engadiomos o chocolate quente, as avelás, as noces reladas e a crema. Finalmente, cando as canas arrefríen, enchémolas do recheo. Podemos decoralas con azucre en po e os froitos secos.
  • 20. Ingredientes: • Dúas tabletas de chocolote para postres. • 200 g de noces envasadas. • 50 g de noces. • Leite até encher máis un menos un cazo. • Reladuras de chocolate. • Nata para postres. Elaboración: Poñer o leite nun cazo. Despois engadir todo o chocolate cortado en anacos. Ao revólvelo botar a nata até que quede unha mestura espesa sen grumos nunha cunca. Despois tritúranse as noces envasadas e logo bótanse e revólvense un pouco. Ao rematar métense na neveira e non sacar ata o seu consumo. Bótaselle para decorar as reladuras de chocolate e algún anaco de noz.
  • 21. 10. Cupcakes do Samaín
  • 22. Ingredientes: Para os cupcakes: 130 g de manteiga, dúas claras, dúas xemas, 60 g de azucre, 125 g de azucre moreno, un culler de esencia de vainilla, 200 g de fariña sen lévedo, dúas culleres pequnas de lévedo en po, 125 ml de leite, 200 g de chocolate para derreter, un chisco de sal. Para a crema: 125 g de manteiga, 125 g de azucre, un culler pequeno de esencia de vainilla, colorante alimentario laranxa. Para as decoracións: pasta de azucre de diversas cores (fondant), colorante alimenticio, pintura dourada combustible, chocolate branco. Elaboración: Metemos no microondas o chocolate e reservamos. Batemos as claras cun chisco de sal, ata que formen picos firmes. Reservamos ata o momento de utilizar. Batemos a manteiga co azucre branco e moreno, ata ter unha mestura homoxénea e cremosa. Engadimos unha xema de ovo, cando estea ben integrada, engadimos a outra, e finalmente, a vainilla líquida e mesturamos. Despois engadimos o leite e seguimos ata que non queden restos de fariña. Incorporamos o o chocolate e mesturamos o xusto para que se integre á masa. Por último, botamos as claras, incorporándoas con movementos suaves e envolventes. Poñemos as cápsulas dentro do molde para fornear cupcakes e enchemos 2/3 da súa capacidade. Enfornamos co forno quentado previamente a 170º C, con calor enriba e abaixo, durante 20-25 minutos ou ata que ao introducir un escarvadentes no centro dun dos cupcakes saia limpo. Cando os nosos cupcakes de chocolate estean listos, deixámolos para arrefriar dentro do molde uns minutos e logo pasámolos a unha grella arrefriadora. Cando estean fríos, decorámolos con crema de manteiga e os adornos de pasta de azucre e chocolate branco. Para a elaboración da crema mesturamos a manteiga co azucre e a vainilla ata formar unha crema. Engadimos colorante ao gusto. Metémola nunha manga pasteleira e decoramos ao gusto.