Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
NotaPrensa_FaladoirosDixitais_gl
1. INFORMACIÓN AOS
MEDIOS
A INICIATIVA “FAITE DIXIT@L” DA AMTEGA ABRE UN CICLO DE FALADOIROS
DIXITAIS SOBRE TECNOLOXÍA E SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
§ Desde o 28 de outubro e ata o 10 de decembro celebraranse cinco eventos entre
seminarios de expertos, casos de éxito e presentacións “PechaKucha
§ Teñen como obxectivo xerar debate e propiciar o intercambio de ideas sobre a
actualidade tecnolóxica e da sociedade da información
§ A participación é aberta e gratuíta, previa inscrición e ata completar os
Comunicación dá Xunta de Galicia
1
San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela
Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41
Correo-e: comunicacion@xunta.es
aforamentos
§ Poderán seguirse co hashtag #faladoirosDIX e vía streaming a través da web da
rede de aulas CeMIT, http://cemit.xunta.es/
Santiago, 24 de outubro de 2014.- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(Amtega), en colaboración con Fundetec, celebrará cinco Faladoiros Dixitais entre o o 28 de
outubro e o 10 de decembro, dentro da iniciativa de capacitación tecnolóxica “Faite
Dixti@al!, que ambas as entidades desenvolven desde o pasado mes de setembro.
Os Faladoiros Dixitais ofrecen un lugar de encontro para o debate, con expertos e
referentes dixitais en diversos campos vinculados coa tecnoloxía e a Sociedade da
Información, sobre novos coñecementos en temáticas TIC de actualidade e amplo percorrido
no futuro, e que repercuten e repercutirán, na cidadanía.
Nos Faladoiros Dixitais, participarán profesionais galegos, ademais de expertos nacionais,
nuns encontros dinámicos e participativos. O ciclo comprende cinco eventos, un sobre
innovación social dixital desenvolvido baixo metodoloxía ‘PechaKucha, ’; dous seminarios de
expertos sobre Impresión 3D e internet das cousas e dúas xornadas de exposición de casos
de éxito de aplicacións móbiles e identidade dixital.
A Coruña acolle o Primeiro Faladoiro Dixital en formato Pecha Kucha
O 28 de outubro o espazo WekCo de Coworking na Coruña, acollerá o primeiro Faladoiro
baixo o Pecha Kucha, no que seis expertos en innovación social, compartirán a súa visión e
experiencia neste campo. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse a través desta
ligazón: http://www.faitedixital.es/castellano/innovaci%C3%B3n-social/.
Nos seguintes faladoiros, mostraranse os últimos avances en impresión en tres dimensións
e as súas posibilidades nos campos da industria, a saúde ou a educación;abordarase a
utilidade das aplicacións móbiles como ferramentas de axuda cotiá para a obtención de
información ou a prestación de servizos e tratarase a identidade dixital como parte a marca
persoal á hora de afrontar proxectos persoais ou empresariais
Asistencia e seguimento dos Faladoiros
As persoas interesadas en participar poden consultar a información actualizada sobre a
programación dos Faladoiros Dixitales, as datas e lugares de celebración e os relatores,
ademais de realizar a inscrición través da web www.faitedixital.es. A asistencia a estas
xornadas é libre e gratuíta ata completar o aforamento dos lugares de celebración.
2. INFORMACIÓN AOS
MEDIOS
Os eventos, serán retransmitidos vía streaming a través da web da Rede de aulas CeMIt
http://cemit.xunta.es/ e poderán seguirse en Twitter, @faitedixital, co hashtag #faladoirosDIX
e Facebook, www.facebook.com/faitedixital.
Cidadanía plenamente dixital, obxectivo da nova Axenda Dixital
A iniciativa Faite Dixit@l entronca cunha das liñas estratéxicas que desenvolverá a nova
Axenda Dixital de Galicia 2020, que está a elaborar a Xunta, a de conseguir unha cidadanía
plenamente dixital.
Este obxectivo busca avanzar nas liñas de actuación desenvolvidas ata agora pola primeira
Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, que puxo en marcha iniciativas como Abalar no campo
educativo e a rede de aulas CeMIt, clave nesta iniciativa. Unha rede que suma 98 aulas en
92 concellos, e que está presente nas 53 comarcas galegas. En tres anos leva impartidas
máis de 123.000 horas de formación TIC gratuíta e conta con máis de 37.300 usuarios
rexistrados. Ofrece cursos de alfabetización dixital para os colectivos con máis dificultades
de acceso ás TIC e tamén formación especializada para profesionais.
SAÚDOS, COMUNICACIÓN DÁ XUNTA DE GALICIA
Comunicación dá Xunta de Galicia
2
San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela
Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41
Correo-e: comunicacion@xunta.es