SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 109
XEOGRAFÍA DE ESPAÑA               Eva
     2º BACH          www.aulasabertas.blogspot.com
1)   Os usos do solo e a súa distribución: tipos e
     factores explicativos.
2)   A estrutura agraria e as súas
     transformacións recentes (U.E.)
3)   O desenvolvemento da gandería española e
     as súas transformacións.
4)   A explotación dos bosques.
5)   As paisaxes agrarias: atlántica,
     mediterránea, de interior, canaria e de
     montaña.
6)   A pesca e os espazos pesqueiros.
Os máis de cincuenta millóns de hectáreas do territorio español
    destínanse a diferentes usos, o que xera diversos tipos de paisaxes.
    A grandes trazos, identifícanse catro grandes tipos de usos do solo.

   As terras labradas, ocupadas por diferentes cultivos, comprenden
    algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total).

   Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da
    superficie total).

   As áreas forestais, que se corresponden con bosques de especies
    caducifolias ou perennifolias, ocupan 15 millóns de hectáreas (32%
    da superficie total).

   Os restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas
    (que conste o 17% da superficie total).
2007
   Ocupadas por diferentes cultivos
   Comprenden algo máis de 16 millóns de
    hectáreas (34% da superficie total).
    Grandes cuncas e vales interiores, de relevo
    predominantemente chan ou ondulado (vales
    do Ebro, Douro, Texo, Guadiana e
    Guadalquivir)
    Depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e
    Guadix en Granada, Antequera en Málaga)
   Litoral mediterráneo.
   Escasas tanto nas rexións do norte peninsular,
    coma na áreas de montaña e o arquipélago
    canario. Neste último, as condicións
    climáticas topográficas ou a escasa
    fertilidade do solo dificultaron sempre a súa
    posta en cultivo, ou ben produciuse o seu
    abandono recente debido aos seus escasos
    rendementos ou á competencia doutros usos.
   Ocupan uns 8 millóns de
    hectáreas (17% da superficie
    total)


   Destinados á produción de
    herba para alimento do gando


   Ocupan as áreas máis
    húmidas, topograficamente
    accidentadas ou con solos de
    pouca calidade para o cultivo


   Pódense distinguir tres tipos
    de situacións: as pradarías
    permanentes, os pastos
    estacionais e os pastos de
    altura
   AS PRADARÍAS PERMANENTES constitúen o
    uso máis característico do solo nas rexións
    de clima oceánico próximas ao litoral
    cantábrico, desde Galicia ao País Vasco, e
    están asociadas a unha importante
    gandaría vacúa.

   No oeste da Península Ibérica predominan
    os PASTOS ESTACIONAIS, verdes nos
    períodos chuviosos, pero que secan no
    verán; isto permitiu manter unha gandaría
    máis diversificada (bovina, ovina e
    porcina) e de carácter extensivo.

   Nos cumes das principais cordilleiras, onde
    desaparece o bosque polas baixas
    temperaturas e a pobreza dos solos,
    aparecen os PASTOS DE ALTURA, utilizados
    tradicionalmente por unha gandaría
    transhumante -principalmente ovina- que
    se traslada a eles no verán desde as terras
    máis baixas e cálidas.
 Bosques de especies caducifolias ou perennifolias
 Ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total).
 A súa densidade é maior nas rexións máis húmidas, así como
  nas principais cadeas montañosas da Península e os
  arquipélagos, que son tamén as áreas menos transformadas
  pola acción humana.
 Permiten a explotación da madeira e doutros produtos
  complementarios (cortiza, froitos), así como a súa
  utilización para a caza.
   Suman outros 8,4 millóns de
    hectáreas (que constitúe o 17%
    da superficie total)

   Terreos ermos improdutivos

   Áreas urbanizadas

   Áreas ocupadas por
    infraestruturas (como son
    aeroportos, portos, estradas,
    ferrocarrís)

   Espazos hídricos de auga doce e
    non mariños (lagos, ríos e
    encoros)
   O mapa actual de usos do solo permite diferenciar unha serie de
    grandes conxuntos.

   Todas as rexións do norte peninsular, as principais cadeas
    montañosas e o oeste da Meseta están dominadas por usos
    forestais, prados e pastos, cunha escasa proporción de terras
    labradas. As condicións climáticas, a pouca calidade de boa
    parte dos solos e as pendentes son a clave desta situación, que
    está reforzada nalgúns casos pola estrutura da propiedade:
    grandes latifundios privados nas devesas occidentais, e montes
    públicos en moitas áreas de montaña ou pequenas explotacións
    gandeiras nas rexións do Cantábrico.

   En cambio, as grandes chairas interiores (Douro, Texo,
    Guadiana, Ebro e Guadalquivir), xunto a outros litorais de
    menor dimensión foron cavadas ao longo da Historia e están
    ocupadas case na súa totalidade por terras de cultivo con
    escasa presenza de bosques e pastos. En Canarias e algunhas
    áreas de especial dificultade para a súa ocupación, predominan
    as terras baldías ou ermas.
En España distínguense tres dominios:
 O dominio atlántico, de clima húmido, que conta coa
  presenza de prados e bosques. Esténdese polo norte e
  oeste peninsular, degradándose cara ao interior.
 O dominio mediterráneo, localizado no resto da
  Península e as illas Baleares. Caracterízase pola
  existencia dunha estación seca no verán, e mostra un
  predominio de terras labradas.
 O dominio subtropical, nas illas Canarias, que ten na
  aridez o principal factor limitante para os cultivos e o
  bosque, agás nas zonas que están expostas aos ventos
  alisios.
Outra divisoria é a existente entre
    áreas montañosas e chairas.

   Nas áreas montañosas, as
    condicións especiais de elevada
    altitude e pendente, solos pouco
    profundos e descenso térmico
    favorecen un uso do solo para
    pastos e bosques.

   En cambio, nas chairas, a
    ocupación humana foi
    historicamente máis intensa, polo
    que predominan as terras
    cultivadas. Exceptúanse as
    penechairas occidentais, onde os
    solos son de pouca calidade, o que
    explica o seu uso para pastos e non
    para cultivos.
Oceánico ou Atlántico: Norte da Península: cornixa cantábrica e   Mediterráneo
      Galicia. Precipitacións abundante e regulares: máis de 800 mm.    Continentalizado:
      Temperaturas con amplitude térmica baixa na costa pola            precipitacións entre
      influencia do mar e moderada cara ao interior.                    800‐300 mm. Temperaturas
                                                                        con amplitude de 16 º C ,
                                                                        ou máis, por ausencia de
                                                                        influencia mariña. Interior
                                                                        peninsular, menos a zona
                                                                        media do val do Ebro.

Dominio                                                                 Mediterráneo marítimo:
climático de                                                            precipitacións entre
montaña:Terri                                                           800‐300 mm. Temperaturas
torios a máis                                                           con amplitudes moderadas
de 1.000 m.                                                             por influencia do mar
Precipitacións                                                          entre 12 e 15/16 ºC;
superiores a                                                            veráns calorosos. Costa
1. 000 mm.                                                              mediterránea peninsular
Temperatura                                                             (menos o SE), a costa
media inferior                                                          subatlántica, Baleares,
a 10ºC e o                                                              Ceuta e Melilla
inverno frío
(algún mes
                                                                        Mediterráneo Seco
próximo ou
baixo 0ºC)                                                              subdesértico:
                                                                        precipitacións inferiores
                                                                        a 300 mm. Temperaturas
                                                                        variables en función da
                        Subtropical: Precipitacións moi                 latitude e da distancia
                        escasa nas zonas baixas.
                        Temperaturas cálidas todo o ano nas
                                                                        ao mar. SE peninsular e
                        zonas baixas, que descenden coa                 zona media do val do
                        altura, e escasa amplitude térmica.             Ebro.
   Na economía de subsistencia,
    cultivos, pastos e bosque
    complementábanse, poñéndose en
    uso a maior superficie de terra posible
    para asegurar a alimentación da
    poboación.

   O desenvolvemento da economía de
    mercado, desde hai máis dun século,
    conduciu ao abandono das terras de
    cultivo pouco rendibles e a súa
    substitución por pastos destinados a
    alimentar o cada vez máis demandado
    gando; tamén produciu a destrución
    de certos bosques compensada coa
    repoboación doutros, o que produciu
    cambios no mapa de usos do solo.
 Nos territorios dominados pola
 gran propiedade, son habituais
 os usos extensivos con poucos
 rendementos por hectárea,
 pero con investimentos de
 traballo e capital escasos, que
 os fan rendibles.

A pequena propiedade
 asóciase a usos máis intensivos
 do solo para poder subsistir con
 pouca terra, pero maiores
 rendementos.
TRAZOS CARACTERÍSTICOS DAS ACTIVIDADES
                                   AGRARIAS EN GALICIA:



 Predominaa pequena
 propiedade ou minifundio

 Aspropiedades están
 formadas por numerosas
 parcelas ou leiras

A maioría dos propietarios
 están en idade a avanzada
  freo a innovación
 tecnolóxica das explotacións
   A maior parte do territorio español aínda segue ocupado
    por terras labradas, pese que a proporción de agricultores
    e a importancia relativa desta actividade na economía son
    xa moi escasas. O valor paisaxístico e ambiental da
    agricultura é hoxe tan importante coma o económico ou o
    laboral.

   Existe unha ampla variedade de cultivos, pero poden
    identificarse algúns tipos básicos tanto en función da súa
    distinta evolución, coma das paisaxes as que dan lugar.
• Unha primeira distinción establécese entre áreas dominadas por
cultivos leñosos ou herbáceos.

. Os CULTIVOS LEÑOSOS están representados por plantas arbóreas ou
arbustivas, que permanecen no campo tras a colleita anual. Destacan
dous característicos da a cultura mediterránea: o oliveiral (que
ocupa 2,3 millóns de hectáreas) e o viñedo (1,2 millóns), pero tamén
se inclúen diversas froiteiras. A súa evolución recente foi positiva,
pois aumentou a súa superficie e as rendas obtidas, destacando a
mellora da calidade dos produtos e a súa distribución a través das
denominacións de orixe.

• Os CULTIVOS HERBÁCEOS esixen a súa sementeira anual e inclúen,
principalmente cereais como trigo, cebada, centeo, avea e millo
(nunha superficie de 6,5 millói de hectáreas), as leguminosas
(feixóns, garavanzos, lentellas etc.) e a pataca, hortalizas e outros
cultivos industriais (remolacha azucreira, tabaco, forraxeiras etc).
Os cultivos herbáceos son os que ocupan maior superficie, pero a súa
produtividade por hectárea resulta bastante baixa (salvo no caso das
hortalizas) e teñen problemas de competitividade fronte a produtos
doutros países. Por iso, moitos deles reciben axudas para o seu
mantemento, aínda que o seu futuro é incerto.
Unha segunda diferenza prodúcese entre áreas de regadío e de secano:
• As ÁREAS DE REGADÍO ocupan unha quinta parte das terras cultivadas, pero
nelas xéranse dous terzos da produción agrícola total, debido aos altos
rendementos que se obteñen. Aínda que existen regadíos nos vales dos
grandes ríos interiores, a máxima intensidade no cultivo conséguese en áreas
con elevada insolación e sen xeadas invernais, como as do litoral
mediterráneo e Canarias. Ao seren estas deficitarias en recursos hídricos
superficiais, acódese a extraer augas subterráneas e, nalgúns casos, ao
transvasamento doutras cuncas (como o que une o Texo e o Segura) ou a
desalgadura de auga mariña. Existen máis de sete mil comunidades de
regadores, que, tratan de asegurar unha repartición controlada dese recurso.
A competencia territorial pola auga e os custos ambientais derivados da
sobreexplotación de acuíferos obrigaron a substituír de forma progresiva a
rega por inundación a partir de canles e regos, aínda maioritaria, pola
aspersión ou a rega localizada por goteo, que aforran auga.

As ÁREAS DE SECANO son amplamente dominantes segundo a superficie
ocupada, pero a súa produtividade é moi inferior e está sometida, ademais, a
maiores variacións interanuais por secas, xeadas, episodios de chuvias
torrenciais, sarabia etc. A clásica triloxía mediterránea, formada por
cereais, viñedo e oliveira, aínda ocupa a maior parte destas áreas. Para
evitar o esgotamento do solo das terras de secano, ocupadas na súa maioría
polo cereal, foi habitual a alternancia deste con períodos de barbeito, en que
se deixa a terra sen cultivar para que recupere a súa fertilidade (barbeito
branco), ou se ocupa con cultivos de ciclo curto e que achegan nutrientes ao
solo, como as leguminosas ou o xirasol (barbeito sementado).
Principais cultivos    Comunidades que destacan pola
                                        súa produción


CEREAIS          Orxo, trigo e millo    Castela e León, Castela A mancha
                                        e Aragón
OLIVEIRA         Oliva                  Andalucía (Xaén e Córdoba)
VIÑEDO           Vide                   Castela A mancha , Comunidade
                                        Valenciana, Cataluña, Andalucía e
                                        A Rioxa
ÁRBORES          Laranxas, limóns,      Comunidade Valenciana
FROITEIRAS       mandarinas
CÍTRICAS
ÁRBORES          Maceiras, cerdeiras,   Cataluña, Comunidade Valenciana,
FROITEIRAS NON   melocotoeiros          Murcia
CÍTRICAS
FLORES           Caravel, rosa          Andalucía, Galicia, Murcia,
                                        Canarias, Comunidade Valenciana

HORTALIZAS DE    Tomate, pemento,       Andalucía (Murcia)
INVERNADOIRO
Comunidades que destacan pola súa produción en
cereais, viñedo e oliveira
Páx. 261
Tanto a distribución dos tipos de cultivo
 coma o seu nivel de tecnificación ou o seu
 reflexo na paisaxe, vense moi influidos pola
 estrutura agraria de cada territorio, que
 inclúe cuestións como:

A   repartición da propiedade da terra

 As   características das explotacións agrarias

O   réxime de tenza
Unha propiedade agraria é unha unidade
    xurídica cuxas terras pertencen ao
    mesrno dono. En España, persisten
    importantes contrastes herdados entre:


   Latifundios de gran tamaño,
    habitualmente traballados de forma
    extensiva por xornaleiros asalariados de
    baixos ingresos, predominantes na
    metade sur peninsular, sobre todo en
    Andalucía e Estremadura.


   Minifundios de moi pequeno tamaño,
    resultado de sucesivas fragmentacións
    por herdanza, predominantes nas rexións
    do norte, o litoral mediterráneo e as
    illas. Galicia e Comunidade Valenciana.
   OS MINIFUNDIOS foron tradicionalmente o tipo de
    explotacións que predominaban en Galicia, nas provincias
    da Submeseta Norte e, sobre todo, na Comunidade
    Valenciana.

   O campo galego experimentou nas últimas décadas un forte
    proceso de modernización grazas á progresiva
    mecanización; as políticas de concentración parcelaria,
    que ampliaron o tamaño das explotacións; e as normativas
    comunitarias que Galicia tivo que acetar para poder
    competir nos mercados con produtos de maior calidade.

   Existe unha tendencia ao crecemento da superficie media
    destes minifundios como consecuencia dunha política de
    concentración parcelaria e do éxodo rural.

   Nos minifundios destacan as terras labradas e especialmente
    o regadío.
   Unha explotación agraria é unha unidade económica
    que agrupa todas as parcelas traballadas por un mesmo
    agricultor ou gandeiro, xunto as instalacións
    complementarias (granxas, almacéns, silos,,.), aínda
    que non todas as térras sexan da súa propiedade e
    estean dispersas polo territorio.

   En España contabilízanse hoxe un millón de
    explotacións agrarias, cifra moi inferior aos 2,9 millóns
    censadas en 1962. Unha parte dese descenso débese ao
    abandono de terras polos que se xubilaron, emigraron
    ou cambiaron de actividade. Pero tamén é resultado dun
    proceso de concentración, por venda ou arrendamento
    de parte desas terras aos que permanecen no campo.
 Esa concentración permitiu a elevación do tamaño
  medio das explotacións a 24,8 hectáreas, pero aínda
  existen fortes contrastes: a metade non chega as 5
  hectáreas, mentres so un 5% supera as 100
  hectáreas: aínda que reúnen máis da metade da
  terra e dos ingresos obtidos. O resultado é unha
  dualidade cada vez maior entre:
 Explotacións familiares moi pequenas e pouco
  rendibles, en progresivo abandono ou traballadas so
  a tempo parcial ao non permitiren uns ingresos
  suficientes, o que supón unha baixa produtividade.
 Empresas agrarias, ben de particulares, sociedades
  ou cooperativas, que teñen maior dimensión,
  estanse modernizando e son rendibles, o que
  permite aumentara súa produción e manter os
  empregados.
 Existen importantes diferenzas rexionais en
  canto ao tamaño medio das súas explotacións
  agrarias:
 As rexións dominadas por cultivos de
  secaño ou devesas presentan explotacións
  de maior tamaño medio: máis de 50
  hectáreas en Castela e León, ou máis de 30
  en Aragón, Cástela- A Mancha, Estremadura e
  Madrid.
 As rexións húmidas e de especialización
  gandeira, xunto aos regadíos do litoral
  mediterráneo e as illas, contan con
  explotacións máis pequenas: menos de 12
  hectáreas de media en Galicia, País Vasco ou
  Murcia, e de 5 hectáreas na Comunidade
  Valenciana e Canarias.
   Se se considera o total de explotacións, a España
    agrícola identifícase con Andalucía, as dúas Gástelas e
    Estremadura, xunto co litoral mediterráneo e Galicia.
   En cambio, o seu número é moi reducido en rexións
    altamente urbanizadas como Madrid, nas rexións do
    Cantábrico e nos arquipélagos.
   Por outra parte, se o que se representa é o seu tamaño
    medio, a diferenza básica é a que divide as rexións con
    predominio da agricultura de secano (Meseta e val do
    Ebro), que presentan explotacións máis grandes, fronte
    ao seu menor tamaño nas rexións con maior importancia
    do regadío.
   A división da térra por herdanza en rexións como Galicia,
    que tiveron no seu día unha alta densidade de poboación
    rural, tamén xustifica a súa pequeña dimensión.
   Establece a relación existente entre propiedade e explotación ou uso da terra.
    Pode distinguirse entre:
   Tenza directa, cando a explotación é traballada polos seus propietarios, con
    ou sen asalariados.
   Arrendamento, cando se explotan terras alleas a cambio-do pagamento dunha
    renda anual: é moi frecuente en rexións onde boa parte dos propietarios
    emigraron, e explotan as súas térras quen permanecen.
   Parzaría, cando se fai a cambio dunha porcentaxe da colleita obtida,
    situación que tende a desaparecer.
   Na actualidade, un 70% das terras cultivadas mantéñense en tenza directa,
    e so o 30% en tenza indirecta (arrendamento ou parzaría). Esa proporción
    tende a reducirse polo abandono de moitas pequenas explotacións familiares
    (hai medio século, supoñía máis do 75%).
   Aumentan, en cambio, as terras arrendadas debido á emigración ou cambio
    de actividade -supoñen xa un 28% do total (13% hai medio século)- con
    valores máximos en Castela e León (44,1%) e a Comunidade de Madrid (32,4%).
    En cambio, case desapareceu o sistema de parzaría (so un 2% do total).
Crecente importancia do cooperativismo agrario

   Un medio para conseguir explotacións agrarias
    rendibles de dimensión suficiente foi a creación de
    cooperativas, en que os propietarios son os socios ou
    cooperativistas, e poñen as súas terras ou a súa
    produción en común.

   Nalgúns casos compártense as tarefas do campo,
    pero predominan as dedicadas a transformar os
    produtos (elaboración de viños e aceites, por
    exemplo) e comercializalos.

   España hai arredor de 4000 cooperativas agrarias,
    que xa xeran o 45% da produción final agraria. Son
    especialmente numerosas en Andalucía, Castela- A
    Mancha e Comunidade Valenciana.
   As áreas rurais españolas cunha importante presenza de
    actividades agrarias enfróntanse desde hai décadas a importantes
    problemas:
    - Escasa competitividade dunha parte dos produtos, que só poden
    ser rendibles para o agricultor grazas ás políticas de subvención e
    ao establecemento de prezos protexidos.
    - Progresivo despoboamento e envellecemento das áreas rurais
    españolas.
    - Redución dos empregos agrarios debido aos procesos de
    mecanización e o abandono de terras pouco produtivas.
    - Ingresos medios inferiores aos que obteñen os que traballan na
    industria ou nos servizos.
    - Crecentes impactos ambientais ao aumentar a demanda de o
    uso, ás veces excesivo, de agroquímicos que contaminan solos e
    acuíferos.
   Desde a entrada na Unión Europea, a maioría das accións dirixidas á promoción
    do sector agrario español proveñen da Política Agraria Común (PAC) cunha serie
    de accións:
    - Establecemento de prezos de garantía para determinados produtos.
    - Esixencia de redución de superficie, ou cotas máximas de produción.
    - Apoio á forestación de terras agrícolas e á agricultura e gandería ecolóxicas.
    -Axudas para a modernización das explotacións e a incorporación de mozos
    agricultores.
    - Apoio á diversificación económica do mundo rural.
    - Axudas especiais para áreas de montaña e zonas desfavorecidas.


   Pese a ser a clave que permite manter hoxe activas boa parte das explotacións
    agrarias, a PAC enfróntase a certas críticas:
    - Absorbe parte importante do orzamento total comunitario, o que non
    corresponde ao peso relativo do sector.
    - Supón un proteccionismo do seu mercado interior, que frea as posibilidades de
    que países do Terceiro Mundo exporten a el os seus produtos, moitas veces máis
    baratos.
    - Como as axudas se vinculan ao tamaño da explotación, favorece unha partición
    moi desigual: só un 20% das exportacións repartiu o 80% das axudas.
 http://www.youtube.com/watch?feature=pla
  yer_embedded&v=PZCVJHek3kU
 http://sociaisvigo.blogspot.com/2012/01/o-
  sector-primario.html
 http://www.youtube.com/watch?v=enKSLIVC
  hx8&feature=player_embedded#!
Páx. 265-266
Nos últimos anos, a gandaría coñeceu un notable desenvolvemento en España,
    e hoxe en día representa un 40% da produción final agraria, fronte ao 60% da
    agricultura. Esta crecente importancia veu acompañada por:
   Un cambio das funcións asignadas á actividade gandeira, que de ser só un
    complemento da agricultura, aumentou a súa importancia económica ante o
    crecente consumo dos seus produtos.
   A modernización das explotacións, incorporando todo tipo de melloras
    técnicas no seu funcionamento. Coa mecanización e a tecnificación
    incrementouse notablemente a produción.
   Unha diferente evolución das especies en función da súa rendibilidade e das
    limitacións ao seu aumento impostas polas políticas agrarias. Obtiveronse
    razas selectas que proporcionan elevados rendementos.
   Importantes modificacións na súa distribución territorial, que resulta cada
    vez menos dependente das condicións naturais, ao aumentar a importancia da
    gandaría estabulada.
 A gandaría tiña como funcións principais as de
  fornecer de animais de labor as tarefas agrícolas
  (gando bovino e equino) e a produción de la
  (gando ovino).
 A produción de carne e leite para a alimentación
  era complementaria, ao seren produtos que só
  unha parte da poboación podía incluír como
  parte habitual da súa dieta.
 O gando bovino era máis frecuente nas rexións
  húmidas, e o ovino e caprino nas secas, pero
  resultaba frecuente certa mestura de especies
  no territorio.
 O gando porcino e aviario era bastante
  habitual, en pequenas cantidades, dentro das
  explotacións familiares.
   Case desapareceu a utilización de animais de labor ante o
    avance da mecanización, e tamén perdeu importancia a
    produción de la ante os baixos prezos e o aumento das
    importacións.
   Produciuse unha intensificación da actividade, crecendo a
    estabulación do gando en granxas onde é alimentado a
    partir de pensos.
   Pola contra, case desapareceron algunhas prácticas
    seculares como a transhumancia estacional dos rabaños,
    entre os pastos de montaña no verán e os de chaira no
    inverno, que foron a base da prosperidade económica de
    numerosas comarcas hoxe en declive.
   A gandaría destínase hoxe principalmente á alimentación
    da poboación, o que vai unido ao forte aumento do
    consumo de carne, leite e ovos. Iso supuxo, a miúdo, a
    substitución das razas autóctonas por outras de maior
    produción e por conseguinte, maior rendibilidade.
   As necesidades do mercado obrigaron á especialización e á
    intensificación das explotacións.
   Os diversos tipos de especies tiveron un
    crecemento moi desigual, que tamén
    modificou a súa distribución espacial.
   A evolución nos últimos tempos, así como as
    medidas tomadas pola PAC, comportaron un
    claro descenso do bovino e un incremento do
    porcino e do avícola. Tamén provocaron o
    aumento da cunicultura e da apicultura.
   Localízase principalmente en Galicia, Principado de
    Asturias, Cantabria e zona pirenaica.
   Conta con 6,5 millóns de cabezas
   O 80% das cabezas destínanse a produción de carne
    e coiros; destacan as razas charolesa e limusina, que
    alcanzan maior peso ca as razas autóctonas.
    Localízanse, sobre todo, nas áreas montañosas e nas
    devesas occidentais, aínda que as granxas intensivas
    para a engorda de becerros proliferaron tamén en
    territorios con escaseza de pastos, totalmente
    dependentes da compra de pensos.
   O outro 20% do gando vacún dedícase á produción de
    leite, pero a súa evolución foi máis negativa ante a
    competencia doutros países europeos e o
    establecemento de cotas leiteiras pola PAC, que
    eliminaron moitas explotacións familiares de moi
    pequeno tamaño. Dentro deste sector, que se localiza
    especialmente nas rexións cantábricas, predomina a
    raza frisoa.
 Descensono consumo de carne de vacún e
 dos produtos lácteos derivados

 Cotas
      lácteas impostas pola UE que limitan a
 produción de leite e provocan a diminución
 do número de vacas de leite
   Localízase, sobre todo, en Estremadura,
    Aragón, Navarra e na zona da Meseta.
   A súa distribución é bastante dispersa con
    maior importancia no interior peninsular,
    onde aproveitan pastos estacionais:
    Castela- A Mancha, Gástela e León,
    Estremadura e Aragón suman o 70% do
    total.
   Conta con 24 millóns de cabezas
   Sufriu un forte retroceso hai catro décadas
    ao caer o prezo da la e emigraren moitos
    pastores.
   Nos últimos anos foise recuperando ao
    aumentar a demanda de carne de cordeiro
    e leite para fabricar queixos.
   Hai unha gran variedade de razas segundo
    rexións
O éxodo rural  redución do número de
 pastores

 Reduciónda superficie destinada a pastos
 para o gando ou a repoboación forestal

 Escasarendibilidade que proporciona a súa
 explotación
   Críanse de xeito intensivo en
    Cataluña, Castela e León, Aragón e
    na Rexión de Murcia, onde
    proliferan as granxas onde se realiza
    a engorda rápida de animais
   Mantense a importancia da raza
    ibérica, criada de forma extensiva
    nas devesas salmantinas,
    estremeñas e onubenses, que xera
    produtos de alta calidade e crecente
    demanda nacional e internacional.
   Conta con preto de 24 millóns de
    cabezas
   Experimentou un rápido crecemento
    nas últimas décadas.
 Baixo   prezo da súa carne



 Sistemade cría intensiva (cría estabulada e
 expansión dos pensos) para lograr un maior
 rendemento
    O gando aviario É O QUE REXISTROU UN
    MAIOR AUMENTO NOS ÚLTIMOS TEMPOS,
    con granxas que funcionan como
    verdadeiras fábricas automatizadas que
    chegan a superar, en ocasións, os 50 000
    animais, a partir do consumo intensivo de
    pensos e un sistema de produción
    continua.
   O aumento rexistrado no consumo de
    carne de polo e ovos ten a súa orixe na
    expansión das granxas avícolas, mentres
    outros tipos de granxas (pavos,
    paspallases, avestruces, parrulos etc.)
    teñen escasa importancia ata o momento.
   Cataluña, Castela e León e Aragón son as
    CCAA nas que máis abundan as
    explotacións de cría avícola intensiva.
 Andalucía e a Meseta
 Terreos áridos ou montañosos con
  pastos escasos e de pouca calidade,
  como os do sueste peninsular e
  Canarias.
 Conta con 3 millóns de cabezas
 Sempre foi complementario do ovino
 Utilizado para a fabricación de
  queixos e consumo de carne.
 Maila ao seu descenso a produción
  mantense grazas a demanda do leite
  de cabra para a fabricación de
  queixos artesanais.
 Repoboación forestal nas zonas onde antes
 estaban as cabras

 Consumo xeneralizado de leite de vaca en
 vez do de cabra
Páx. 266-267
   Coidado e explotación dos bosques.
    Os principais produtos que se
    obteñen da explotación forestal son
    a madeira, a cortiza, a resina, os
    piñóns, as bagas, os froitos
    silvestres e os cogomelos. Destaca
    ademais o uso cinexético das zonas
    forestais.

   A explotación forestal en España
    realízase principalmente nos
    bosques atlánticos e do norte
    situados no Macizo Galaico, na
    Cordilleira Cantábrica, nos
    Pirineos, no Sistema Central e nos
    Montes de Toledo.
A  explotación forestal en España, a pesar do
  incremento dos rendementos nos últimos anos,
  está moi por debaixo do que se obtén no norte
  de Europa.
 En España existen 26 millóns de hectáreas
  cualificadas como montes, que non están
  cultivadas nin ocupadas por prados e pastos, o que
  representa algo máis da metade do territorio.
  Dentro dese conxunto, os bosques ocupan uns 15
  millóns de hectáreas (32% da superficie total).
 O peso económico destas actividades en España é
  moi inferior ao das actividades agrarias.
 Nalgunhas comarcas, o aproveitamento dos
  recursos forestais ten importancia.
   Obtención de madeira para carpintaría, fabricación de mobles,
    construción, fabricación de pasta de papel, ou uso de leña e
    carbón vexetal como combustible.
   Produción de cortiza, utilizada na fabricación de rollas e paneis
    illantes, dos que os países ibéricos son principais produtores
    mundiais. Obtense das sobreiras de Andalucía, Estremadura e
    Cataluña. A súa produción exportase a toda Europa.
   Resina, utilizada como materia prima na fabricación de pinturas
    e colas. Procede sobre todo dos bosques do Val do Douro.
   Recolección de alimentos como castañas, landras, piñas, bagas,
    froitos silvestres, cogomelos etc.
   Uso cinexético: a caza, tanto maior (xabaril, corzo, rebezo,
    cabra hispánica) coma menor (perdiz, paspallás, coello,
    lebre...), regulada polos coutos e a expedición de licenzas de
    caza e pesca. Actividade tradicional que hoxe está en auxe.
   Algúns bosques constitúen un recurso turístico de grande
    importancia.
É a máis importante forma de explotación dos bosques de España
 A utilización económica de bosques e montes varía segundo o tipo de
   propiedade: dous terzos do total son propiedade privada, caracterizada pola
   súa gran fragmentación (media de 3 hectáreas), o que dificulta unha
   explotación forestal racional e rendible; e o terzo restante é de propiedade
   pública, cun tamaño moi superior (500 hectáreas), teñen grande importancia
   na conservación das áreas forestais, porque permaneceron á marxe dos
   intereses do mercado.
 A principal rexión produtora de madeira é Galicia, de onde se extrae case a
   metade da madeira obtida no país, seguida polas rexións do Cantábrico (20% do
   total) e as áreas montañosas de Cástela e León (10%).
 A produción madeireira en España está a reducirse de forma lenta na última
   década. A causa atópase no aumento das importacións. Máis da cuarta parte da
   madeira que se consome en España procede xa de importacións, tanto
   procedentes de países tropicais (Brasil, Congo etc.) coma nórdicos (Rusia,
   Canadá etc.).
 As principais especies explotadas pódense dividir en dous grandes grupos: as
   frondosas na metade occidental da Península Ibérica (aciñeiras, sobreiras,
   carballos, faias, castiñeiros, nogueiras etc.); e as coníferas na metade oriental
   da Península e nas illas (piñeiros piñoneiros, resineiro, carrasco canario, sabina
   albar).
 Na metade occidental da Península Ibérica
  (aciñeiras, sobreiras, carballos, faias, castiñeiros,
  nogueiras etc.), con climas de maior humidade e
  suavidade térmica.
 Ofrecen, na súa maioría, madeiras de calidade pola
  súa resistencia, que alcanzan un elevado prezo e se
  utilizan para a fabricación de mobles e na
  construción.
 Especies de crecemento lento, polo que a súa
  explotación debe ser controlada.
 Na actualidade, preténdese fomentar a repoboación
  con estas especies alí onde son autóctonas, fronte a
  piñeiros e eucaliptos, de maior crecemento
  madeirable, pero que esgotan e acidifican o solo con
  máis rapidez, sofren un maior risco de incendio e os
  seus produtos teñen menor valor no mercado.
Bosque pernnifolio
Bosque caducifolio
 Na metade oriental da Península e ñas illas
 Diferentes especies segundo o grao de aridez e o
  tipo de solo: piñeiros piñoneiros, resineiro,
  carrasco, de Córsega ou canario, sabina albar
  etc...
 Ocupan unha superficie lixeiramente superior, en
  parte, por beneficiárense dunha política de
  repoboacións masivas desde o pasado século, que
  apostou por especies de rápido crecemento como
  ocorre con boa parte dos piñeirais.
 Ofrecen, polo xeral, madeiras brandas, de calidade
  escasa ou media, que se destinan a industria de
  taboleiros e aglomerados, á fabricación de mobles
  baratos, así como á produción de pasta de papel.
 Incendios,   tras os cales se especula coa terra
  queimada.
 Corta incontrolada, ligada a unha industria
  concreta.
 Acción antrópica que despraza ao bosque autóctono
  (faia, aciñeira, carballo, sobreira).


- A repoboación con especies non autóctonas de
  rápido crecemento (piñeiro).As coniferas predominan
  sobre o resto (52%).
- Cultivos forestais non autóctonos (eucalipto).
http://www.slideshare.net/isaacbuzo/los-
paisajes-agrarios-de-espaa
Localización
Tercio norte peninsular (Galicia,
Cordillera Cantábrica y Pirineos)

Relieve
accidentado, montañoso

Clima
Oceánico (abundantes precipitaciones
todo el año)

Estructura agraria
Población muy envejecida.
Hábitat intercalar y disperso.
Pequeña propiedad (minifundio) y          Valle de
regímen de explotación directa.           Cabuérniga
                                          (Cantabria)
Parcelas cerradas y mecanización escasa
(elevada complejidad por el relieve).
Dominio de bosques y prados. Usos
principalmente ganadero y forestal.
Agricultura
Escasa y de secano (abundancia de agua de
lluvia) localizada en el litoral y el fondo de
los valles.
Tradicionalmente policultivo de
subsistencia. Orientación actual hortícola y
forrajera para alimentación del ganado
(vacuno semiestabulado).

Ganadería
Actividad agraria más importante. Leche y
carne.
En Galicia dominan las pequeñas y medianas
explotaciones familiares.
En el cantábrico la modernización ha sido
mayor. Ganadería a tiempo parcial (TP)
extensiva.
Gran dependencia de las industrias lácteas.
Cuotas lecheras de la UE.

Silvicultura
Madera para mueble y pasta de papel.
Localización
Cuenca del Duero, Área castellano-
manchega, oeste peninsular y depresión
del Ebro.

Relieve
Elevada altitud media.

Climas
Mediterráneo continentalizado
(precipitaciones escasas y heladas
abundantes)

Estructura agraria
Despoblación interior y abandono de las
tierras de peor calidad.
Hábitat concentrado, pequeños núcleos
al norte, mayores al sur.
Minifundio al norte, latifundio al sur.
Agricultura
Tierras de secano dedicadas al cultivo
de extensivo de la trilogía
mediterránea –trigo, vid y olivo- y
regadío intensivo de forrajeras, plantas
industriales, frutas y hortalizas para la
industria agroalimentaria.


Ganadería
En los secanos castellanos y de la
depresión del Ebro dominan la
ganadería ovina, con importancia de la
bovina para leche y la porcina.
En Extremadura cría extensiva de
porcino (dehesas) y ovino.
Ganado trashumante en decadencia

Silvicultura
 Leña, corcho, carbón vegetal.               Huertas, Navarra.
                                            Depresión del Ebro
Localización
Cataluña, Levante y Andalucía.
Litoral y prelitoral mediterráneo, valle del
Guadalquivir e islas Baleares.

Relieve
Diversos en función de la localización.

Climas
Mediterráneo de influencia marítima
(precipitaciones muy escasas en verano)

Estructura agraria:
Muy baja densidad de población en
hábitat tradicionalmente disperso con
tendencia a la concentración.
Explotaciones: de tamaño variable.
En el regadío minifundio.
En el secano propiedad pequeña y
mediana en Valencia y Murcia, mediana en
Cataluña y grande en Andalucía.
Usos del suelo agrícolas.
Agricultura:
Tierras de secano dedicadas al cultivo de
extensivo de cereales, vid, olivo y
almendros.
Regadío intensivo de horticultura
temprana y precoz, fruticultura
mediterránea (cítricos) y tropical.

Ganadería:
Ovina y porcina en Cataluña, ovina en los
secanos y reses bravas en el Guadalquivir.

Silvicultura:
Escasa, destaca el eucalipto en Huelva.

Competencia del turismo y la industria
en disputa por el suelo
Localización
Islas Canarias

Relieve
Volcánico y accidentado

Climas
Cálido durante todo el año con
precipitaciones escasas e irregulares

Estructura agraria
Población rural en retroceso por la influencia
del turismo.
Poblamiento concentrado en núcleos
pequeños.
Polarización en los tamaños de las
explotaciones: pequeñas en las zonas medias
y altas y grandes en los regadíos costeros..



                                                 Cultivo en terrazas en
                                                 La Gomera (Canarias)
Agricultura
Superficie cultivada muy escasas, distribuidas
entre:
 áreas litorales (monocultivo para
exportación: plátano, tomate, patata
extratemprana), los cultivos bajo plástico y
las nuevas plantaciones tropicales.
 y las zonas medias y altas del interior de las
islas con una agricultura tradicional de
secano orientada al autoconsumo (vid y
patata)

Ganadería
Escasa y asociada a la agricultura (caprina y
ovina)

Silvicultura
madera, carboneo.




                                                   Viñas, Canarias
Localización
Principales cordilleras peninsulares

Relieve
Elevada altitud y pendiente

Climas
De montaña (características extremas: amplitudes térmicas anuales
elevadas, precipitaciones abundantes y en forma de nieve)




                                                   Pendiente aterrazada. Las Hurdes.
Estructura agraria
Muy baja densidad de población en
hábitat disperso con tendencia a la
despoblación.
Pequeña propiedad compatibilizada
con bosques y praderas públicas y
comunales.
Usos del suelo diversos y
complementarios.

Agricultura
Practicada en el fondo de los valles
en el norte.
Al sur se practica el abancalamiento
para cultivos como el olivo.

Ganadería
Extensiva. Bovino y ovino.
En algunos casos trashumancia local.

Silvicultura
Leña y madera de eucaliptos, pinos o
castaños.
 http://webs.ono.com/2geografia/temas/pais
 ajes_agrarios.pdf

 http://geografia2bachillerato.wikispaces.co
 m/Los+usos+agrarios+del+suelo+o+paisajes+a
 grarios+en+Espa%C3%B1a

 http://geografia2bachillerato.wikispaces.co
 m/Los+usos+agrarios+del+suelo+o+paisajes+a
 grarios+en+Espa%C3%B1a.
Páx. 267-272
PESCA TRADICIONAL                 PESCA INDUSTRIAL OU TECNIFICADA
       OU ARTESANAL
Técnicas tradicionais            Gran volume de capturas para abastecer aos
                                 mercados.
Aparellos de pesca sinxelos:
arcos, frechas, arpóns, nasas,   Necesita: recursos económicos, unha tecnoloxía
anzois e redes.                  avanzada e unhas infraestruturas portuarias.

Practícase preto da costa.       A pesca de baixura, próxima á costa. Os barcos
                                 proven cada día de peixe fresco as lonxas, desde
Sistemas superficiais de cerco e onde se distribúe aos mercados locáis e
de cebo                          rexionais.

Sistemas de fondo como o       A pesca de altura, que se despraza a gran
arrastre                       distancia da costa española, aos caladoiros
                               internacionais. Realízana frotas de grandes
Redes fixas como as almadrabas barcos con tecnoloxía avanzada, como sonares
                               ou GPS, que lles permiten detectar os bancos de
                               peixes.
España é unha potencia pesqueira de segundo nivel no mundo, pero é a máis
    importante da Unión Europea e a segunda do continente tras Noruega.
   Mantívose unha antiga tradición pesqueira en boa parte do litoral, o que se relaciona cun
    elevado consumo de peixe (38 kg. por persoa e ano), moi por riba da media europea e so
    inferior á do Xapón, Noruega e Portugal.
   Para cubrir esa demanda de peixe que existe en España, os recursos da plataforma
    continental próxima as nosas costas son insuficientes, polo que boa parte da frota faena
    en caladoiros afastados e, como complemento, un 30% do consumo corresponde a
    importacións.
   O 90% das capturas corresponden a peixes. As especies máis capturadas foron atún,
    bonito, bacallau e pescada (un terzo do total) xunto á sardiña, arenque e anchoa.
   O restante 10% das capturas correspondeu a crustáceos e moluscos.
   Non obstante, a pesca é unha actividade en declive desde hai tempo: polo descenso do
    número de mariñeiros, das capturas e dos barcos.
   Isto obrigou a establecer políticas de apoio á actividade e a fomentar o desenvolvemento
    da acuicultura, que resulta un complemento á pesca tradicional, afectada por
    dificultades crecentes, polo que hoxe é obxecto de axudas para potenciar o seu
    desenvolvemento.
   Denomínase así o cultivo de peixes, moluscos e crustáceos en
    piscifactorías ou bateas flotantes. Coñeceu un rápido crecemento nas
    dúas últimas décadas, ata producir hoxe máis de 360 000 toneladas
    anuais, que supera nun 80% a produción obtida en 1990.
   As principais especies de peixes son a dourada, rodaballo e robaliza (unhas
    25 000 t), no caso da acuicultura mariña, xunto á troita (outras 30 0000 t)
    na acuicultura continental. Pero o volume de produción máis alto
    corresponde ao cultivo de mexillón nas rías galegas, que alcanza as 250
    000 toneladas anuais.
   As principais rexións produtoras correspóndense coas de maior actividade
    pesqueira, con Galicia (Rías Baixas sobre todo), Andalucía (golfo de Cádiz e
    marismas do Guadalquivir) e Canarias á cabeza, aínda que as piscifactorías
    tamén se estenden polo litoral mediterráneo.
   Frota de grande altura (buques de máis de 250 toneladas
    de rexistro bruto) coma a de altura (de 100 a 250
    toneladas) sufriron un importante retroceso como
    consecuencia da aplicación dos límites territoriais
    internacionais.

   A frota litoral ou de baixura (de 20 a 100 toneladas), a
    pesar de ser a máis numerosa en toneladas, é a que
    sufriu máis as consecuencias da crise, posto que, por unha
    parte, necesita investimento para renovarse e, pola
    outra, a limitación das 200 millas prexudicouna
    notablemente.

   A frota familiar ou artesanal (de menos de 20 toneladas),
    en cambio, puido seguir subsistindo porque, a pesar de
    pescar menos cantidade, as especies pescadas son de alto
    valor comercial e moi apreciadas en gastronomía.
A actividade pesqueira organizase, principalmente, en dous tipos de espazos; os
    caladoiros onde se realizan as capturas e os portos onde estas se desembarcan e, en ocasións,
    se transforman.
   En relación cos CALADOIROS ou áreas de captura, hai unha distinción básica:
    - A maior parte da frota está composta por barcos de pequeno tamaño, que se dedican á pesca
    de baixura nas augas do mar territorial próximas á costa.
    - Hai 550 grandes buques que se dedican á pesca de altura, faenando en augas comunitarias do
    Atlántico norte, ou en augas situadas na zona económica exclusiva doutros países, pero que
    obteñen a metade de todas as capturas. As augas con maiores bancos de pesca son as do
    Atlántico e as do Índico, onde operan os grandes buques conxeladores.
   Os PORTOS onde están matriculados o 75% dos barcos pesqueiros son os de Galicia (50%), País
    Vasco, Canarias e Andalucía que son rexións de longa tradición pesqueira. Cataluña e a
    Comunidade Valenciana destacan á súa vez entre as rexións mediterráneas.
   No desembarque da pesca, houbo un proceso de concentración:
    - A pesca procedente de augas próximas seguese facendo nas lonxas de numerosos portos de
    todo o litoral español.
    - A pesca da frota de altura descargase nun número máis reducido de portos, co Palmas de Gran
    Canaria e Vigo na cabeza. Outros importantes son os da Coruña, Burela, Ribeira, Ondarroa,
    Bermeo, Huelva ou Barbate no Atlántico, e Alxeciras, Alacant ou Santa Pola no Mediterráneo.
           Nos grandes portos xorden a miúdo outras actividades relacionadas, como a industria
    conserveira, os estaleiros para reparación de buques, fábricas de xeo, de redes e artes de pesca.
 O litoral español divídese en oito rexións
  pesqueiras: Cantábrica, Noroeste, Suratlántica,
  Surmediterránea, Levante, Tramontana, Balear e
  Canaria
 Concentración da frota nalgunhas áreas pesqueiras
  e, en concreto, en determinados portos.
 Os portos onde están matriculados o 75% dos barcos
  pesqueiros son os de Galicia (50%), País Vasco,
  Canarias e Andalucía que son rexións de longa
  tradición pesqueira. Cataluña e a Comunidade
  Valenciana destacan á súa vez entre as rexións
  mediterráneas
 A rexión do Noroeste é a máis importante, tanto en
  cantidade coma en valor da súa pesca, porque reúne
  máis do 85 % do total da frota. Os seus principais
  portos son o de Vigo (concentra a frota de grande
  altura) e o da Coruña (composición máis variada).
 Os portos que seguen en importancia son os das
  cidades andaluzas de Huelva e Alxeciras, na rexión
  Suratlántica. As Palmas, na rexión Canaria, é
  igualmeme destacable.
 O litoral mediterráneo. así como as rexións de
  Levante, Tramontana e Balear, engloban portos de
  menor importancia, xa que a súa riqueza mariña foi
  sobreexplotada.
 Os caladoiros peninsulares están limitados pola
  escasa superficie da nosa plataforma continental, á
  vez que sofren a sobreexplotación e están esgotados.
   Mediterráneo: a temperatura media é superior a do
    Atlántico, a salinidade é maior, existe menos fitoplancto
    (alimento básico dos peixes) e as mareas son case
    inexistentes  riqueza pesqueira é menor, aínda que
    destaca a captura de peixes emigrantes (sardina, bocarte,
    atún e bonito), capturados con aparellos de cerco e de
    arrastre, así como con redes fixas (almadrabas).

   Atlántico cántabro: temperatura media é inferior,
    salinidade é menor, existe máis fitoplancto e teñen lugar
    mareas  riqueza pesqueira maior. Destacan o atún, o
    bonito, o peixe espada, a sardina, o bocarte, a meiga, o
    peixe sapo, a pescada, o ollomol e o xurelo.

   Costa atlántica andaluza, pesca de sardina, bocarte,
    ameixa, navalla, lura, gamba e lagostino, que na
    actualidade acusan síntomas de esgotamento.
 Os principais caladoiros para a frota española están
  no Atlántico norte, tanto en augas comunitarias
  (Gran Sol, Irlanda, Escocia e golfo de Biscaia) coma
  nas proximidades da península da Terra Nova, en
  Canadá.
 Pero tamén faena nas proximidades do Sahara
  occidental, Mauritania e Senegal, estendéndose cara
  ao Atlántico sur (Angola, Namibia, Malvinas etc.).
 A crecente competencia doutras frotas obrigou nos
  últimos anos a que certos buques conxeladores
  operen agora incluso no océano Indico (Mozambique,
  Somalia, illas Seicheles), aumentando os custos e
  riscos do seu traballo.
   Noruega e Svalbard
   Groenlandia
   Gran Sol
   Atlántico Norte
   Terranova
   Marrocos
   Mauritania
   Senegal
   Cabo Verde
   Guinea-Bissau
   Costa de Marfil
   Guinea Ecuatorial
   Atlántico interior
   Angola
   Namibia
   Costa do Sur de Chile
   Illas Malvinas
   Illas Seychelles
   Illas Comores
   Madagascar
   Descenso da poboación ocupada e da súa contribución ao PIB dende o ano 1975, o que levou a
    un envellecemento e falta de formación neste sector.
   Aínda así na actualidade amosa un tamaño excesivo en relación coas posibilidades de pesca.
   Crecemento ata mediados dos anos 70 debido a:
- aumento da demanda
- mellora do nivel adquisitivo
- baixo prezo do combustible
- libre acceso a caladoiros
- facilidades económicas / modernización
   Descenso dende mediados dos anos 70 debido a varias dificultades:
- encarecemento do petróleo
- implantación de zonas económicas exclusivas (aparición de conflitos).
- esgotamento dos caladoiros
- recomendacións europeas de redución de frotas o que levou a: prexubilacións, reconversión a
    actividades diferentes, traspaso de barcos a terceros países ou creación de sociedades mixtas.
   Axudas europeas (esixencias de calidade) para renovación e modernización da frota ata 2004.
   Boa parte da frota de baixura intégrase en empresas
    familiares, de carácter artesanal e con recursos escasos,
    ademais de que a antigüidade dos buques é excesiva
    (envellecemento da frota).
   Envellecemento da poboación ocupada na pesca.
   Esgotamento dos caladoiros nacionais pola súa
    sobreexplotación
   Problemas de contaminación dalgunhas augas por verteduras
    industriais e urbanas ou de petroleiros.
   Restricións nas augas de numerosos países en que pesca a
    frota española con cotas máximas anuais e unha limitación no
    número de licenzas concedidas; esta é a orixe dalgúns
    conflitos (Marrocos, Mauritania, Canadá etc.).
Dependen na a maior parte da Política Pesqueira
    Comunitaria, existente desde 1983. Entre as medidas
    inclúense:
   Prohibición de certas artes de pesca que esgotan os
    fondos ou do consumo de crías, que impide a rexeneración
    das especies.
   Renovación da frota pesqueira, con axudas financeiras ao
    desmantelamento de barcos antigos e a súa substitución
    por outros novos.
   Creación de empresas mixtas nos países en cuxas augas se
    pesca, que inclúen o emprego dunha certa proporción de
    pescadores deses países en barcos españois.
   Fomento da acuicultura e da innovación nos cultivos
    marinos, para compensar a redución das capturas.
   Subvencións á diversificación de actividades en áreas
    onde a actividade pesqueira era predominante, para xerar
    outros empregos,
   Primeira zona pesqueira de España e de Europa en volume de pesca desembarcada, o que se
    manifesta na dimensión da súa frota, no volume de pesca e no número de postas de traballo
    que xera (orixinando unha importante actividade económica, que contribúe cun 12% á riqueza
    económica galega), fomentando outras actividades económicas.
   A frota pesqueira con porto base en Galicia é a máis importante de todas as rexións europeas e
    tamén é a maior do Estado (Galicia posúe preto do 40 % dos barcos españois).
   A maior parte dos buques galegos son de pequeno porte (o 80%)
   A frota pesqueira galega opera tanto dentro das nosas augas coma fóra do ámbito territorial de
    Galicia (presente en case todos os caladoiros do mundo).
   Xunto á pesca, o marisqueo e a acuicultura son dúas actividades con grande importancia en
    Galicia.
   O marisqueo xurdiu como un complemento á economía familiar, pero desde os anos 50
    experimentou un considerable pulo ao se incrementar a demanda.
   Pola súa parte, a acuicultura preséntase como unha alternativa á pesca tradicional, ao permitir
    obter unha maior produtividade sen esgotar os recursos. Galicia é líder neste sector, pois posúe
    a maior parte dos centros acuicultores de España e da UE. As instalacións concéntranse sobre
    todo nas Rías Baixas.
   Tamén hai explotacións de auga doce (de troitas, carpas, anguías...). É unha actividade en
    crecemento e ten moi boas expectativas de futuro.
O sector pesqueiro está a experimentar desde hai décadas unha forte crise:


   Esgotamento dos caladoiros


   Límite de 200 millas de augas territoriais como área pesqueira exclusiva
    de cada país polo cal Galicia tivo que deixar de faenar en zonas onde
    tradicionalmente o fixera


   A Política Pesqueira Comunitaria (PPC) reduciu o número de licencias
    pesqueiras e a cota de capturas, o que provocou a perda de empregos e a
    diminución do número de barcos e das especies capturadas


   Os intereses da frota galega foron deixados a un lado nos convenios
    pesqueiros que a UE negociou con terceiros países (Canadá, Marrocos...).


   A contaminación das augas e das costas (o afundimento do Prestige no
    2002 tivo consecuencias especialmente tráxicas).
 Caladoiros
  Lugares apropiados para calar ou lanzar as redes
  de pesca. Concentran os maiores bancos de pesca,
  e por isto atraen as principáis frotas pesqueiras do
  mundo.
 Mar territorial
  Son as augas que forman parte do territorio dun
  Estado, igual ca as súas áreas continentais, e que
  van ata unha distancia de 12 millas desde a costa,
  onde se ten a propiedade dos recursos marinos e se
  pode exercer o control de paso de calquera navio.
 Zona económica exclusiva
  Augas situadas entre 12 e 200 millas da costa dun
  país, en que este exerce o control dos seus
  recursos -incluida a pesca- e pode impedir ou
  limitar a explotación por buques doutros países,
  aínda que non a súa libre circulación.

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Climasclidos 111115105744-phpapp02-111117113812-phpapp01
Climasclidos 111115105744-phpapp02-111117113812-phpapp01Climasclidos 111115105744-phpapp02-111117113812-phpapp01
Climasclidos 111115105744-phpapp02-111117113812-phpapp01pindusa
 
Prácticos Xeo Física
Prácticos Xeo FísicaPrácticos Xeo Física
Prácticos Xeo FísicaEvaPaula
 
Tema 2. sociales
Tema 2. socialesTema 2. sociales
Tema 2. socialesCarlyyta
 
Tema 2. as paisaxes da terra
Tema 2. as paisaxes da terraTema 2. as paisaxes da terra
Tema 2. as paisaxes da terraDudas-Historia
 
Tema 2 As paisaxes da terra
Tema 2 As paisaxes da terraTema 2 As paisaxes da terra
Tema 2 As paisaxes da terrarubempaul
 
Cincias sociais tema 2
Cincias sociais tema 2Cincias sociais tema 2
Cincias sociais tema 2yasminajamardo
 
Clima e vexetacion de España
Clima e vexetacion de EspañaClima e vexetacion de España
Clima e vexetacion de Españaoblogdeasun
 
Tema 6 Climas e paisaxes da terra
Tema 6 Climas e paisaxes da terraTema 6 Climas e paisaxes da terra
Tema 6 Climas e paisaxes da terrarubempaul
 
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de GaliciaTema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galiciarubempaul
 
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01xoserivas
 
Climas e paisaxes climáticas de Galicia
Climas e paisaxes climáticas de GaliciaClimas e paisaxes climáticas de Galicia
Climas e paisaxes climáticas de Galiciaccssdidactica ddoval
 
As paisaxes da terra
As paisaxes da terraAs paisaxes da terra
As paisaxes da terraCarlotaAbuin
 
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e GaliciaTema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e GaliciaSanti Pazos
 
Climascalidos 111115105744-phpapp02
Climascalidos 111115105744-phpapp02Climascalidos 111115105744-phpapp02
Climascalidos 111115105744-phpapp02pindusa
 

Mais procurados (20)

Climasclidos 111115105744-phpapp02-111117113812-phpapp01
Climasclidos 111115105744-phpapp02-111117113812-phpapp01Climasclidos 111115105744-phpapp02-111117113812-phpapp01
Climasclidos 111115105744-phpapp02-111117113812-phpapp01
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Prácticos Xeo Física
Prácticos Xeo FísicaPrácticos Xeo Física
Prácticos Xeo Física
 
Unidade 5
Unidade 5Unidade 5
Unidade 5
 
Tema 2. sociales
Tema 2. socialesTema 2. sociales
Tema 2. sociales
 
Tema 2. as paisaxes da terra
Tema 2. as paisaxes da terraTema 2. as paisaxes da terra
Tema 2. as paisaxes da terra
 
Tema 2 As paisaxes da terra
Tema 2 As paisaxes da terraTema 2 As paisaxes da terra
Tema 2 As paisaxes da terra
 
Cincias sociais tema 2
Cincias sociais tema 2Cincias sociais tema 2
Cincias sociais tema 2
 
Clima e vexetacion de España
Clima e vexetacion de EspañaClima e vexetacion de España
Clima e vexetacion de España
 
Tema 6 Climas e paisaxes da terra
Tema 6 Climas e paisaxes da terraTema 6 Climas e paisaxes da terra
Tema 6 Climas e paisaxes da terra
 
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de GaliciaTema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
 
As paisaxes da terra
As paisaxes da terraAs paisaxes da terra
As paisaxes da terra
 
O medio físico
O medio físicoO medio físico
O medio físico
 
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
Tema1 orelevo-marcofsicodasactividadeshumanas-111009122957-phpapp01
 
Tema 2.
Tema 2.Tema 2.
Tema 2.
 
Climas e paisaxes climáticas de Galicia
Climas e paisaxes climáticas de GaliciaClimas e paisaxes climáticas de Galicia
Climas e paisaxes climáticas de Galicia
 
As paisaxes da terra
As paisaxes da terraAs paisaxes da terra
As paisaxes da terra
 
2º Tema Xeografía
2º Tema Xeografía2º Tema Xeografía
2º Tema Xeografía
 
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e GaliciaTema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
Tema VII: Climas Temperados. Climas e paisaxes de Europa, España e Galicia
 
Climascalidos 111115105744-phpapp02
Climascalidos 111115105744-phpapp02Climascalidos 111115105744-phpapp02
Climascalidos 111115105744-phpapp02
 

Destaque

Open Source Creativity
Open Source CreativityOpen Source Creativity
Open Source CreativitySara Cannon
 
Reuters: Pictures of the Year 2016 (Part 2)
Reuters: Pictures of the Year 2016 (Part 2)Reuters: Pictures of the Year 2016 (Part 2)
Reuters: Pictures of the Year 2016 (Part 2)maditabalnco
 
The impact of innovation on travel and tourism industries (World Travel Marke...
The impact of innovation on travel and tourism industries (World Travel Marke...The impact of innovation on travel and tourism industries (World Travel Marke...
The impact of innovation on travel and tourism industries (World Travel Marke...Brian Solis
 
Lightning Talk #9: How UX and Data Storytelling Can Shape Policy by Mika Aldaba
Lightning Talk #9: How UX and Data Storytelling Can Shape Policy by Mika AldabaLightning Talk #9: How UX and Data Storytelling Can Shape Policy by Mika Aldaba
Lightning Talk #9: How UX and Data Storytelling Can Shape Policy by Mika Aldabaux singapore
 
The Six Highest Performing B2B Blog Post Formats
The Six Highest Performing B2B Blog Post FormatsThe Six Highest Performing B2B Blog Post Formats
The Six Highest Performing B2B Blog Post FormatsBarry Feldman
 

Destaque (7)

Fatp presentation
Fatp presentationFatp presentation
Fatp presentation
 
Open Source Creativity
Open Source CreativityOpen Source Creativity
Open Source Creativity
 
Reuters: Pictures of the Year 2016 (Part 2)
Reuters: Pictures of the Year 2016 (Part 2)Reuters: Pictures of the Year 2016 (Part 2)
Reuters: Pictures of the Year 2016 (Part 2)
 
The impact of innovation on travel and tourism industries (World Travel Marke...
The impact of innovation on travel and tourism industries (World Travel Marke...The impact of innovation on travel and tourism industries (World Travel Marke...
The impact of innovation on travel and tourism industries (World Travel Marke...
 
Succession “Losers”: What Happens to Executives Passed Over for the CEO Job?
Succession “Losers”: What Happens to Executives Passed Over for the CEO Job? Succession “Losers”: What Happens to Executives Passed Over for the CEO Job?
Succession “Losers”: What Happens to Executives Passed Over for the CEO Job?
 
Lightning Talk #9: How UX and Data Storytelling Can Shape Policy by Mika Aldaba
Lightning Talk #9: How UX and Data Storytelling Can Shape Policy by Mika AldabaLightning Talk #9: How UX and Data Storytelling Can Shape Policy by Mika Aldaba
Lightning Talk #9: How UX and Data Storytelling Can Shape Policy by Mika Aldaba
 
The Six Highest Performing B2B Blog Post Formats
The Six Highest Performing B2B Blog Post FormatsThe Six Highest Performing B2B Blog Post Formats
The Six Highest Performing B2B Blog Post Formats
 

Semelhante a Sector Primario

tema 2 de xeografia
tema 2 de xeografiatema 2 de xeografia
tema 2 de xeografiamssl1998
 
SOCIAIS TEMA 2
SOCIAIS TEMA 2SOCIAIS TEMA 2
SOCIAIS TEMA 2GabbyMG
 
2 sociais
2 sociais2 sociais
2 sociaisahiacg
 
2 sociais
2 sociais2 sociais
2 sociaisahiacg
 
Sociales tema 2
Sociales tema 2Sociales tema 2
Sociales tema 2pyston_69
 
Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02pindusa
 
Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02pindusa
 
Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02pindusa
 
Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02pindusa
 
Climascalidos 111115105744-phpapp02
Climascalidos 111115105744-phpapp02Climascalidos 111115105744-phpapp02
Climascalidos 111115105744-phpapp02pindusa
 
Diversidade Dos Ecosistemas
Diversidade Dos EcosistemasDiversidade Dos Ecosistemas
Diversidade Dos EcosistemasCristina
 
Tema 2, as paisaxes da terra.
Tema 2, as paisaxes da terra.Tema 2, as paisaxes da terra.
Tema 2, as paisaxes da terra.pablokatt
 
Tema 5 Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e a súa vex...
Tema 5  Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vex...Tema 5  Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vex...
Tema 5 Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e a súa vex...Gloria Martínez Marín
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundorubempaul
 
Sociais resumo tema4
Sociais resumo tema4Sociais resumo tema4
Sociais resumo tema4Fiz
 
Traballo de xeografía 2.
Traballo de xeografía 2.Traballo de xeografía 2.
Traballo de xeografía 2.camilamorison
 

Semelhante a Sector Primario (20)

tema 2 de xeografia
tema 2 de xeografiatema 2 de xeografia
tema 2 de xeografia
 
SOCIAIS TEMA 2
SOCIAIS TEMA 2SOCIAIS TEMA 2
SOCIAIS TEMA 2
 
2 sociais
2 sociais2 sociais
2 sociais
 
2 sociais
2 sociais2 sociais
2 sociais
 
Sociales tema 2
Sociales tema 2Sociales tema 2
Sociales tema 2
 
Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02
 
Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02
 
Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02
 
Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02Climasclidos 111115105744-phpapp02
Climasclidos 111115105744-phpapp02
 
Climascalidos 111115105744-phpapp02
Climascalidos 111115105744-phpapp02Climascalidos 111115105744-phpapp02
Climascalidos 111115105744-phpapp02
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Tema2sociales
Tema2socialesTema2sociales
Tema2sociales
 
Tema2sociales
Tema2socialesTema2sociales
Tema2sociales
 
Diversidade Dos Ecosistemas
Diversidade Dos EcosistemasDiversidade Dos Ecosistemas
Diversidade Dos Ecosistemas
 
Tema 2, as paisaxes da terra.
Tema 2, as paisaxes da terra.Tema 2, as paisaxes da terra.
Tema 2, as paisaxes da terra.
 
Tema 5 Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e a súa vex...
Tema 5  Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vex...Tema 5  Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e  a súa vex...
Tema 5 Diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e a súa vex...
 
Tema2
Tema2Tema2
Tema2
 
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundoTáboa resumo climas e paisaxes do mundo
Táboa resumo climas e paisaxes do mundo
 
Sociais resumo tema4
Sociais resumo tema4Sociais resumo tema4
Sociais resumo tema4
 
Traballo de xeografía 2.
Traballo de xeografía 2.Traballo de xeografía 2.
Traballo de xeografía 2.
 

Sector Primario

  • 1. XEOGRAFÍA DE ESPAÑA Eva 2º BACH www.aulasabertas.blogspot.com
  • 2. 1) Os usos do solo e a súa distribución: tipos e factores explicativos. 2) A estrutura agraria e as súas transformacións recentes (U.E.) 3) O desenvolvemento da gandería española e as súas transformacións. 4) A explotación dos bosques. 5) As paisaxes agrarias: atlántica, mediterránea, de interior, canaria e de montaña. 6) A pesca e os espazos pesqueiros.
  • 3.
  • 4. Os máis de cincuenta millóns de hectáreas do territorio español destínanse a diferentes usos, o que xera diversos tipos de paisaxes. A grandes trazos, identifícanse catro grandes tipos de usos do solo.  As terras labradas, ocupadas por diferentes cultivos, comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total).  Os prados e pastos ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da superficie total).  As áreas forestais, que se corresponden con bosques de especies caducifolias ou perennifolias, ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total).  Os restantes usos do solo suman outros 8,4 millóns de hectáreas (que conste o 17% da superficie total).
  • 6. Ocupadas por diferentes cultivos  Comprenden algo máis de 16 millóns de hectáreas (34% da superficie total).  Grandes cuncas e vales interiores, de relevo predominantemente chan ou ondulado (vales do Ebro, Douro, Texo, Guadiana e Guadalquivir)  Depresións interiores (Bierzo leonés, Baza e Guadix en Granada, Antequera en Málaga)  Litoral mediterráneo.  Escasas tanto nas rexións do norte peninsular, coma na áreas de montaña e o arquipélago canario. Neste último, as condicións climáticas topográficas ou a escasa fertilidade do solo dificultaron sempre a súa posta en cultivo, ou ben produciuse o seu abandono recente debido aos seus escasos rendementos ou á competencia doutros usos.
  • 7. Ocupan uns 8 millóns de hectáreas (17% da superficie total)  Destinados á produción de herba para alimento do gando  Ocupan as áreas máis húmidas, topograficamente accidentadas ou con solos de pouca calidade para o cultivo  Pódense distinguir tres tipos de situacións: as pradarías permanentes, os pastos estacionais e os pastos de altura
  • 8. AS PRADARÍAS PERMANENTES constitúen o uso máis característico do solo nas rexións de clima oceánico próximas ao litoral cantábrico, desde Galicia ao País Vasco, e están asociadas a unha importante gandaría vacúa.  No oeste da Península Ibérica predominan os PASTOS ESTACIONAIS, verdes nos períodos chuviosos, pero que secan no verán; isto permitiu manter unha gandaría máis diversificada (bovina, ovina e porcina) e de carácter extensivo.  Nos cumes das principais cordilleiras, onde desaparece o bosque polas baixas temperaturas e a pobreza dos solos, aparecen os PASTOS DE ALTURA, utilizados tradicionalmente por unha gandaría transhumante -principalmente ovina- que se traslada a eles no verán desde as terras máis baixas e cálidas.
  • 9.  Bosques de especies caducifolias ou perennifolias  Ocupan 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total).  A súa densidade é maior nas rexións máis húmidas, así como nas principais cadeas montañosas da Península e os arquipélagos, que son tamén as áreas menos transformadas pola acción humana.  Permiten a explotación da madeira e doutros produtos complementarios (cortiza, froitos), así como a súa utilización para a caza.
  • 10. Suman outros 8,4 millóns de hectáreas (que constitúe o 17% da superficie total)  Terreos ermos improdutivos  Áreas urbanizadas  Áreas ocupadas por infraestruturas (como son aeroportos, portos, estradas, ferrocarrís)  Espazos hídricos de auga doce e non mariños (lagos, ríos e encoros)
  • 11.
  • 12. O mapa actual de usos do solo permite diferenciar unha serie de grandes conxuntos.  Todas as rexións do norte peninsular, as principais cadeas montañosas e o oeste da Meseta están dominadas por usos forestais, prados e pastos, cunha escasa proporción de terras labradas. As condicións climáticas, a pouca calidade de boa parte dos solos e as pendentes son a clave desta situación, que está reforzada nalgúns casos pola estrutura da propiedade: grandes latifundios privados nas devesas occidentais, e montes públicos en moitas áreas de montaña ou pequenas explotacións gandeiras nas rexións do Cantábrico.  En cambio, as grandes chairas interiores (Douro, Texo, Guadiana, Ebro e Guadalquivir), xunto a outros litorais de menor dimensión foron cavadas ao longo da Historia e están ocupadas case na súa totalidade por terras de cultivo con escasa presenza de bosques e pastos. En Canarias e algunhas áreas de especial dificultade para a súa ocupación, predominan as terras baldías ou ermas.
  • 13.
  • 14. En España distínguense tres dominios:  O dominio atlántico, de clima húmido, que conta coa presenza de prados e bosques. Esténdese polo norte e oeste peninsular, degradándose cara ao interior.  O dominio mediterráneo, localizado no resto da Península e as illas Baleares. Caracterízase pola existencia dunha estación seca no verán, e mostra un predominio de terras labradas.  O dominio subtropical, nas illas Canarias, que ten na aridez o principal factor limitante para os cultivos e o bosque, agás nas zonas que están expostas aos ventos alisios.
  • 15. Outra divisoria é a existente entre áreas montañosas e chairas.  Nas áreas montañosas, as condicións especiais de elevada altitude e pendente, solos pouco profundos e descenso térmico favorecen un uso do solo para pastos e bosques.  En cambio, nas chairas, a ocupación humana foi historicamente máis intensa, polo que predominan as terras cultivadas. Exceptúanse as penechairas occidentais, onde os solos son de pouca calidade, o que explica o seu uso para pastos e non para cultivos.
  • 16. Oceánico ou Atlántico: Norte da Península: cornixa cantábrica e Mediterráneo Galicia. Precipitacións abundante e regulares: máis de 800 mm. Continentalizado: Temperaturas con amplitude térmica baixa na costa pola precipitacións entre influencia do mar e moderada cara ao interior. 800‐300 mm. Temperaturas con amplitude de 16 º C , ou máis, por ausencia de influencia mariña. Interior peninsular, menos a zona media do val do Ebro. Dominio Mediterráneo marítimo: climático de precipitacións entre montaña:Terri 800‐300 mm. Temperaturas torios a máis con amplitudes moderadas de 1.000 m. por influencia do mar Precipitacións entre 12 e 15/16 ºC; superiores a veráns calorosos. Costa 1. 000 mm. mediterránea peninsular Temperatura (menos o SE), a costa media inferior subatlántica, Baleares, a 10ºC e o Ceuta e Melilla inverno frío (algún mes Mediterráneo Seco próximo ou baixo 0ºC) subdesértico: precipitacións inferiores a 300 mm. Temperaturas variables en función da Subtropical: Precipitacións moi latitude e da distancia escasa nas zonas baixas. Temperaturas cálidas todo o ano nas ao mar. SE peninsular e zonas baixas, que descenden coa zona media do val do altura, e escasa amplitude térmica. Ebro.
  • 17. Na economía de subsistencia, cultivos, pastos e bosque complementábanse, poñéndose en uso a maior superficie de terra posible para asegurar a alimentación da poboación.  O desenvolvemento da economía de mercado, desde hai máis dun século, conduciu ao abandono das terras de cultivo pouco rendibles e a súa substitución por pastos destinados a alimentar o cada vez máis demandado gando; tamén produciu a destrución de certos bosques compensada coa repoboación doutros, o que produciu cambios no mapa de usos do solo.
  • 18.  Nos territorios dominados pola gran propiedade, son habituais os usos extensivos con poucos rendementos por hectárea, pero con investimentos de traballo e capital escasos, que os fan rendibles. A pequena propiedade asóciase a usos máis intensivos do solo para poder subsistir con pouca terra, pero maiores rendementos.
  • 19. TRAZOS CARACTERÍSTICOS DAS ACTIVIDADES AGRARIAS EN GALICIA:  Predominaa pequena propiedade ou minifundio  Aspropiedades están formadas por numerosas parcelas ou leiras A maioría dos propietarios están en idade a avanzada  freo a innovación tecnolóxica das explotacións
  • 20. A maior parte do territorio español aínda segue ocupado por terras labradas, pese que a proporción de agricultores e a importancia relativa desta actividade na economía son xa moi escasas. O valor paisaxístico e ambiental da agricultura é hoxe tan importante coma o económico ou o laboral.  Existe unha ampla variedade de cultivos, pero poden identificarse algúns tipos básicos tanto en función da súa distinta evolución, coma das paisaxes as que dan lugar.
  • 21. • Unha primeira distinción establécese entre áreas dominadas por cultivos leñosos ou herbáceos. . Os CULTIVOS LEÑOSOS están representados por plantas arbóreas ou arbustivas, que permanecen no campo tras a colleita anual. Destacan dous característicos da a cultura mediterránea: o oliveiral (que ocupa 2,3 millóns de hectáreas) e o viñedo (1,2 millóns), pero tamén se inclúen diversas froiteiras. A súa evolución recente foi positiva, pois aumentou a súa superficie e as rendas obtidas, destacando a mellora da calidade dos produtos e a súa distribución a través das denominacións de orixe. • Os CULTIVOS HERBÁCEOS esixen a súa sementeira anual e inclúen, principalmente cereais como trigo, cebada, centeo, avea e millo (nunha superficie de 6,5 millói de hectáreas), as leguminosas (feixóns, garavanzos, lentellas etc.) e a pataca, hortalizas e outros cultivos industriais (remolacha azucreira, tabaco, forraxeiras etc). Os cultivos herbáceos son os que ocupan maior superficie, pero a súa produtividade por hectárea resulta bastante baixa (salvo no caso das hortalizas) e teñen problemas de competitividade fronte a produtos doutros países. Por iso, moitos deles reciben axudas para o seu mantemento, aínda que o seu futuro é incerto.
  • 22.
  • 23. Unha segunda diferenza prodúcese entre áreas de regadío e de secano: • As ÁREAS DE REGADÍO ocupan unha quinta parte das terras cultivadas, pero nelas xéranse dous terzos da produción agrícola total, debido aos altos rendementos que se obteñen. Aínda que existen regadíos nos vales dos grandes ríos interiores, a máxima intensidade no cultivo conséguese en áreas con elevada insolación e sen xeadas invernais, como as do litoral mediterráneo e Canarias. Ao seren estas deficitarias en recursos hídricos superficiais, acódese a extraer augas subterráneas e, nalgúns casos, ao transvasamento doutras cuncas (como o que une o Texo e o Segura) ou a desalgadura de auga mariña. Existen máis de sete mil comunidades de regadores, que, tratan de asegurar unha repartición controlada dese recurso. A competencia territorial pola auga e os custos ambientais derivados da sobreexplotación de acuíferos obrigaron a substituír de forma progresiva a rega por inundación a partir de canles e regos, aínda maioritaria, pola aspersión ou a rega localizada por goteo, que aforran auga. As ÁREAS DE SECANO son amplamente dominantes segundo a superficie ocupada, pero a súa produtividade é moi inferior e está sometida, ademais, a maiores variacións interanuais por secas, xeadas, episodios de chuvias torrenciais, sarabia etc. A clásica triloxía mediterránea, formada por cereais, viñedo e oliveira, aínda ocupa a maior parte destas áreas. Para evitar o esgotamento do solo das terras de secano, ocupadas na súa maioría polo cereal, foi habitual a alternancia deste con períodos de barbeito, en que se deixa a terra sen cultivar para que recupere a súa fertilidade (barbeito branco), ou se ocupa con cultivos de ciclo curto e que achegan nutrientes ao solo, como as leguminosas ou o xirasol (barbeito sementado).
  • 24.
  • 25. Principais cultivos Comunidades que destacan pola súa produción CEREAIS Orxo, trigo e millo Castela e León, Castela A mancha e Aragón OLIVEIRA Oliva Andalucía (Xaén e Córdoba) VIÑEDO Vide Castela A mancha , Comunidade Valenciana, Cataluña, Andalucía e A Rioxa ÁRBORES Laranxas, limóns, Comunidade Valenciana FROITEIRAS mandarinas CÍTRICAS ÁRBORES Maceiras, cerdeiras, Cataluña, Comunidade Valenciana, FROITEIRAS NON melocotoeiros Murcia CÍTRICAS FLORES Caravel, rosa Andalucía, Galicia, Murcia, Canarias, Comunidade Valenciana HORTALIZAS DE Tomate, pemento, Andalucía (Murcia) INVERNADOIRO
  • 26. Comunidades que destacan pola súa produción en cereais, viñedo e oliveira
  • 28. Tanto a distribución dos tipos de cultivo coma o seu nivel de tecnificación ou o seu reflexo na paisaxe, vense moi influidos pola estrutura agraria de cada territorio, que inclúe cuestións como: A repartición da propiedade da terra  As características das explotacións agrarias O réxime de tenza
  • 29.
  • 30. Unha propiedade agraria é unha unidade xurídica cuxas terras pertencen ao mesrno dono. En España, persisten importantes contrastes herdados entre:  Latifundios de gran tamaño, habitualmente traballados de forma extensiva por xornaleiros asalariados de baixos ingresos, predominantes na metade sur peninsular, sobre todo en Andalucía e Estremadura.  Minifundios de moi pequeno tamaño, resultado de sucesivas fragmentacións por herdanza, predominantes nas rexións do norte, o litoral mediterráneo e as illas. Galicia e Comunidade Valenciana.
  • 31. OS MINIFUNDIOS foron tradicionalmente o tipo de explotacións que predominaban en Galicia, nas provincias da Submeseta Norte e, sobre todo, na Comunidade Valenciana.  O campo galego experimentou nas últimas décadas un forte proceso de modernización grazas á progresiva mecanización; as políticas de concentración parcelaria, que ampliaron o tamaño das explotacións; e as normativas comunitarias que Galicia tivo que acetar para poder competir nos mercados con produtos de maior calidade.  Existe unha tendencia ao crecemento da superficie media destes minifundios como consecuencia dunha política de concentración parcelaria e do éxodo rural.  Nos minifundios destacan as terras labradas e especialmente o regadío.
  • 32.
  • 33. Unha explotación agraria é unha unidade económica que agrupa todas as parcelas traballadas por un mesmo agricultor ou gandeiro, xunto as instalacións complementarias (granxas, almacéns, silos,,.), aínda que non todas as térras sexan da súa propiedade e estean dispersas polo territorio.  En España contabilízanse hoxe un millón de explotacións agrarias, cifra moi inferior aos 2,9 millóns censadas en 1962. Unha parte dese descenso débese ao abandono de terras polos que se xubilaron, emigraron ou cambiaron de actividade. Pero tamén é resultado dun proceso de concentración, por venda ou arrendamento de parte desas terras aos que permanecen no campo.
  • 34.  Esa concentración permitiu a elevación do tamaño medio das explotacións a 24,8 hectáreas, pero aínda existen fortes contrastes: a metade non chega as 5 hectáreas, mentres so un 5% supera as 100 hectáreas: aínda que reúnen máis da metade da terra e dos ingresos obtidos. O resultado é unha dualidade cada vez maior entre:  Explotacións familiares moi pequenas e pouco rendibles, en progresivo abandono ou traballadas so a tempo parcial ao non permitiren uns ingresos suficientes, o que supón unha baixa produtividade.  Empresas agrarias, ben de particulares, sociedades ou cooperativas, que teñen maior dimensión, estanse modernizando e son rendibles, o que permite aumentara súa produción e manter os empregados.
  • 35.  Existen importantes diferenzas rexionais en canto ao tamaño medio das súas explotacións agrarias:  As rexións dominadas por cultivos de secaño ou devesas presentan explotacións de maior tamaño medio: máis de 50 hectáreas en Castela e León, ou máis de 30 en Aragón, Cástela- A Mancha, Estremadura e Madrid.  As rexións húmidas e de especialización gandeira, xunto aos regadíos do litoral mediterráneo e as illas, contan con explotacións máis pequenas: menos de 12 hectáreas de media en Galicia, País Vasco ou Murcia, e de 5 hectáreas na Comunidade Valenciana e Canarias.
  • 36.
  • 37. Se se considera o total de explotacións, a España agrícola identifícase con Andalucía, as dúas Gástelas e Estremadura, xunto co litoral mediterráneo e Galicia.  En cambio, o seu número é moi reducido en rexións altamente urbanizadas como Madrid, nas rexións do Cantábrico e nos arquipélagos.  Por outra parte, se o que se representa é o seu tamaño medio, a diferenza básica é a que divide as rexións con predominio da agricultura de secano (Meseta e val do Ebro), que presentan explotacións máis grandes, fronte ao seu menor tamaño nas rexións con maior importancia do regadío.  A división da térra por herdanza en rexións como Galicia, que tiveron no seu día unha alta densidade de poboación rural, tamén xustifica a súa pequeña dimensión.
  • 38. Establece a relación existente entre propiedade e explotación ou uso da terra. Pode distinguirse entre:  Tenza directa, cando a explotación é traballada polos seus propietarios, con ou sen asalariados.  Arrendamento, cando se explotan terras alleas a cambio-do pagamento dunha renda anual: é moi frecuente en rexións onde boa parte dos propietarios emigraron, e explotan as súas térras quen permanecen.  Parzaría, cando se fai a cambio dunha porcentaxe da colleita obtida, situación que tende a desaparecer.  Na actualidade, un 70% das terras cultivadas mantéñense en tenza directa, e so o 30% en tenza indirecta (arrendamento ou parzaría). Esa proporción tende a reducirse polo abandono de moitas pequenas explotacións familiares (hai medio século, supoñía máis do 75%).  Aumentan, en cambio, as terras arrendadas debido á emigración ou cambio de actividade -supoñen xa un 28% do total (13% hai medio século)- con valores máximos en Castela e León (44,1%) e a Comunidade de Madrid (32,4%). En cambio, case desapareceu o sistema de parzaría (so un 2% do total).
  • 39. Crecente importancia do cooperativismo agrario  Un medio para conseguir explotacións agrarias rendibles de dimensión suficiente foi a creación de cooperativas, en que os propietarios son os socios ou cooperativistas, e poñen as súas terras ou a súa produción en común.  Nalgúns casos compártense as tarefas do campo, pero predominan as dedicadas a transformar os produtos (elaboración de viños e aceites, por exemplo) e comercializalos.  España hai arredor de 4000 cooperativas agrarias, que xa xeran o 45% da produción final agraria. Son especialmente numerosas en Andalucía, Castela- A Mancha e Comunidade Valenciana.
  • 40. As áreas rurais españolas cunha importante presenza de actividades agrarias enfróntanse desde hai décadas a importantes problemas: - Escasa competitividade dunha parte dos produtos, que só poden ser rendibles para o agricultor grazas ás políticas de subvención e ao establecemento de prezos protexidos. - Progresivo despoboamento e envellecemento das áreas rurais españolas. - Redución dos empregos agrarios debido aos procesos de mecanización e o abandono de terras pouco produtivas. - Ingresos medios inferiores aos que obteñen os que traballan na industria ou nos servizos. - Crecentes impactos ambientais ao aumentar a demanda de o uso, ás veces excesivo, de agroquímicos que contaminan solos e acuíferos.
  • 41. Desde a entrada na Unión Europea, a maioría das accións dirixidas á promoción do sector agrario español proveñen da Política Agraria Común (PAC) cunha serie de accións: - Establecemento de prezos de garantía para determinados produtos. - Esixencia de redución de superficie, ou cotas máximas de produción. - Apoio á forestación de terras agrícolas e á agricultura e gandería ecolóxicas. -Axudas para a modernización das explotacións e a incorporación de mozos agricultores. - Apoio á diversificación económica do mundo rural. - Axudas especiais para áreas de montaña e zonas desfavorecidas.  Pese a ser a clave que permite manter hoxe activas boa parte das explotacións agrarias, a PAC enfróntase a certas críticas: - Absorbe parte importante do orzamento total comunitario, o que non corresponde ao peso relativo do sector. - Supón un proteccionismo do seu mercado interior, que frea as posibilidades de que países do Terceiro Mundo exporten a el os seus produtos, moitas veces máis baratos. - Como as axudas se vinculan ao tamaño da explotación, favorece unha partición moi desigual: só un 20% das exportacións repartiu o 80% das axudas.
  • 42.  http://www.youtube.com/watch?feature=pla yer_embedded&v=PZCVJHek3kU  http://sociaisvigo.blogspot.com/2012/01/o- sector-primario.html  http://www.youtube.com/watch?v=enKSLIVC hx8&feature=player_embedded#!
  • 44. Nos últimos anos, a gandaría coñeceu un notable desenvolvemento en España, e hoxe en día representa un 40% da produción final agraria, fronte ao 60% da agricultura. Esta crecente importancia veu acompañada por:  Un cambio das funcións asignadas á actividade gandeira, que de ser só un complemento da agricultura, aumentou a súa importancia económica ante o crecente consumo dos seus produtos.  A modernización das explotacións, incorporando todo tipo de melloras técnicas no seu funcionamento. Coa mecanización e a tecnificación incrementouse notablemente a produción.  Unha diferente evolución das especies en función da súa rendibilidade e das limitacións ao seu aumento impostas polas políticas agrarias. Obtiveronse razas selectas que proporcionan elevados rendementos.  Importantes modificacións na súa distribución territorial, que resulta cada vez menos dependente das condicións naturais, ao aumentar a importancia da gandaría estabulada.
  • 45.  A gandaría tiña como funcións principais as de fornecer de animais de labor as tarefas agrícolas (gando bovino e equino) e a produción de la (gando ovino).  A produción de carne e leite para a alimentación era complementaria, ao seren produtos que só unha parte da poboación podía incluír como parte habitual da súa dieta.  O gando bovino era máis frecuente nas rexións húmidas, e o ovino e caprino nas secas, pero resultaba frecuente certa mestura de especies no territorio.  O gando porcino e aviario era bastante habitual, en pequenas cantidades, dentro das explotacións familiares.
  • 46. Case desapareceu a utilización de animais de labor ante o avance da mecanización, e tamén perdeu importancia a produción de la ante os baixos prezos e o aumento das importacións.  Produciuse unha intensificación da actividade, crecendo a estabulación do gando en granxas onde é alimentado a partir de pensos.  Pola contra, case desapareceron algunhas prácticas seculares como a transhumancia estacional dos rabaños, entre os pastos de montaña no verán e os de chaira no inverno, que foron a base da prosperidade económica de numerosas comarcas hoxe en declive.  A gandaría destínase hoxe principalmente á alimentación da poboación, o que vai unido ao forte aumento do consumo de carne, leite e ovos. Iso supuxo, a miúdo, a substitución das razas autóctonas por outras de maior produción e por conseguinte, maior rendibilidade.  As necesidades do mercado obrigaron á especialización e á intensificación das explotacións.
  • 47.
  • 48.
  • 49. Os diversos tipos de especies tiveron un crecemento moi desigual, que tamén modificou a súa distribución espacial.  A evolución nos últimos tempos, así como as medidas tomadas pola PAC, comportaron un claro descenso do bovino e un incremento do porcino e do avícola. Tamén provocaron o aumento da cunicultura e da apicultura.
  • 50.
  • 51. Localízase principalmente en Galicia, Principado de Asturias, Cantabria e zona pirenaica.  Conta con 6,5 millóns de cabezas  O 80% das cabezas destínanse a produción de carne e coiros; destacan as razas charolesa e limusina, que alcanzan maior peso ca as razas autóctonas. Localízanse, sobre todo, nas áreas montañosas e nas devesas occidentais, aínda que as granxas intensivas para a engorda de becerros proliferaron tamén en territorios con escaseza de pastos, totalmente dependentes da compra de pensos.  O outro 20% do gando vacún dedícase á produción de leite, pero a súa evolución foi máis negativa ante a competencia doutros países europeos e o establecemento de cotas leiteiras pola PAC, que eliminaron moitas explotacións familiares de moi pequeno tamaño. Dentro deste sector, que se localiza especialmente nas rexións cantábricas, predomina a raza frisoa.
  • 52.  Descensono consumo de carne de vacún e dos produtos lácteos derivados  Cotas lácteas impostas pola UE que limitan a produción de leite e provocan a diminución do número de vacas de leite
  • 53.
  • 54. Localízase, sobre todo, en Estremadura, Aragón, Navarra e na zona da Meseta.  A súa distribución é bastante dispersa con maior importancia no interior peninsular, onde aproveitan pastos estacionais: Castela- A Mancha, Gástela e León, Estremadura e Aragón suman o 70% do total.  Conta con 24 millóns de cabezas  Sufriu un forte retroceso hai catro décadas ao caer o prezo da la e emigraren moitos pastores.  Nos últimos anos foise recuperando ao aumentar a demanda de carne de cordeiro e leite para fabricar queixos.  Hai unha gran variedade de razas segundo rexións
  • 55. O éxodo rural  redución do número de pastores  Reduciónda superficie destinada a pastos para o gando ou a repoboación forestal  Escasarendibilidade que proporciona a súa explotación
  • 56. Críanse de xeito intensivo en Cataluña, Castela e León, Aragón e na Rexión de Murcia, onde proliferan as granxas onde se realiza a engorda rápida de animais  Mantense a importancia da raza ibérica, criada de forma extensiva nas devesas salmantinas, estremeñas e onubenses, que xera produtos de alta calidade e crecente demanda nacional e internacional.  Conta con preto de 24 millóns de cabezas  Experimentou un rápido crecemento nas últimas décadas.
  • 57.  Baixo prezo da súa carne  Sistemade cría intensiva (cría estabulada e expansión dos pensos) para lograr un maior rendemento
  • 58. O gando aviario É O QUE REXISTROU UN MAIOR AUMENTO NOS ÚLTIMOS TEMPOS, con granxas que funcionan como verdadeiras fábricas automatizadas que chegan a superar, en ocasións, os 50 000 animais, a partir do consumo intensivo de pensos e un sistema de produción continua.  O aumento rexistrado no consumo de carne de polo e ovos ten a súa orixe na expansión das granxas avícolas, mentres outros tipos de granxas (pavos, paspallases, avestruces, parrulos etc.) teñen escasa importancia ata o momento.  Cataluña, Castela e León e Aragón son as CCAA nas que máis abundan as explotacións de cría avícola intensiva.
  • 59.
  • 60.  Andalucía e a Meseta  Terreos áridos ou montañosos con pastos escasos e de pouca calidade, como os do sueste peninsular e Canarias.  Conta con 3 millóns de cabezas  Sempre foi complementario do ovino  Utilizado para a fabricación de queixos e consumo de carne.  Maila ao seu descenso a produción mantense grazas a demanda do leite de cabra para a fabricación de queixos artesanais.
  • 61.  Repoboación forestal nas zonas onde antes estaban as cabras  Consumo xeneralizado de leite de vaca en vez do de cabra
  • 63. Coidado e explotación dos bosques. Os principais produtos que se obteñen da explotación forestal son a madeira, a cortiza, a resina, os piñóns, as bagas, os froitos silvestres e os cogomelos. Destaca ademais o uso cinexético das zonas forestais.  A explotación forestal en España realízase principalmente nos bosques atlánticos e do norte situados no Macizo Galaico, na Cordilleira Cantábrica, nos Pirineos, no Sistema Central e nos Montes de Toledo.
  • 64. A explotación forestal en España, a pesar do incremento dos rendementos nos últimos anos, está moi por debaixo do que se obtén no norte de Europa.  En España existen 26 millóns de hectáreas cualificadas como montes, que non están cultivadas nin ocupadas por prados e pastos, o que representa algo máis da metade do territorio. Dentro dese conxunto, os bosques ocupan uns 15 millóns de hectáreas (32% da superficie total).  O peso económico destas actividades en España é moi inferior ao das actividades agrarias.  Nalgunhas comarcas, o aproveitamento dos recursos forestais ten importancia.
  • 65. Obtención de madeira para carpintaría, fabricación de mobles, construción, fabricación de pasta de papel, ou uso de leña e carbón vexetal como combustible.  Produción de cortiza, utilizada na fabricación de rollas e paneis illantes, dos que os países ibéricos son principais produtores mundiais. Obtense das sobreiras de Andalucía, Estremadura e Cataluña. A súa produción exportase a toda Europa.  Resina, utilizada como materia prima na fabricación de pinturas e colas. Procede sobre todo dos bosques do Val do Douro.  Recolección de alimentos como castañas, landras, piñas, bagas, froitos silvestres, cogomelos etc.  Uso cinexético: a caza, tanto maior (xabaril, corzo, rebezo, cabra hispánica) coma menor (perdiz, paspallás, coello, lebre...), regulada polos coutos e a expedición de licenzas de caza e pesca. Actividade tradicional que hoxe está en auxe.  Algúns bosques constitúen un recurso turístico de grande importancia.
  • 66.
  • 67.
  • 68. É a máis importante forma de explotación dos bosques de España  A utilización económica de bosques e montes varía segundo o tipo de propiedade: dous terzos do total son propiedade privada, caracterizada pola súa gran fragmentación (media de 3 hectáreas), o que dificulta unha explotación forestal racional e rendible; e o terzo restante é de propiedade pública, cun tamaño moi superior (500 hectáreas), teñen grande importancia na conservación das áreas forestais, porque permaneceron á marxe dos intereses do mercado.  A principal rexión produtora de madeira é Galicia, de onde se extrae case a metade da madeira obtida no país, seguida polas rexións do Cantábrico (20% do total) e as áreas montañosas de Cástela e León (10%).  A produción madeireira en España está a reducirse de forma lenta na última década. A causa atópase no aumento das importacións. Máis da cuarta parte da madeira que se consome en España procede xa de importacións, tanto procedentes de países tropicais (Brasil, Congo etc.) coma nórdicos (Rusia, Canadá etc.).  As principais especies explotadas pódense dividir en dous grandes grupos: as frondosas na metade occidental da Península Ibérica (aciñeiras, sobreiras, carballos, faias, castiñeiros, nogueiras etc.); e as coníferas na metade oriental da Península e nas illas (piñeiros piñoneiros, resineiro, carrasco canario, sabina albar).
  • 69.  Na metade occidental da Península Ibérica (aciñeiras, sobreiras, carballos, faias, castiñeiros, nogueiras etc.), con climas de maior humidade e suavidade térmica.  Ofrecen, na súa maioría, madeiras de calidade pola súa resistencia, que alcanzan un elevado prezo e se utilizan para a fabricación de mobles e na construción.  Especies de crecemento lento, polo que a súa explotación debe ser controlada.  Na actualidade, preténdese fomentar a repoboación con estas especies alí onde son autóctonas, fronte a piñeiros e eucaliptos, de maior crecemento madeirable, pero que esgotan e acidifican o solo con máis rapidez, sofren un maior risco de incendio e os seus produtos teñen menor valor no mercado.
  • 72.  Na metade oriental da Península e ñas illas  Diferentes especies segundo o grao de aridez e o tipo de solo: piñeiros piñoneiros, resineiro, carrasco, de Córsega ou canario, sabina albar etc...  Ocupan unha superficie lixeiramente superior, en parte, por beneficiárense dunha política de repoboacións masivas desde o pasado século, que apostou por especies de rápido crecemento como ocorre con boa parte dos piñeirais.  Ofrecen, polo xeral, madeiras brandas, de calidade escasa ou media, que se destinan a industria de taboleiros e aglomerados, á fabricación de mobles baratos, así como á produción de pasta de papel.
  • 73.
  • 74.
  • 75.  Incendios, tras os cales se especula coa terra queimada.  Corta incontrolada, ligada a unha industria concreta.  Acción antrópica que despraza ao bosque autóctono (faia, aciñeira, carballo, sobreira). - A repoboación con especies non autóctonas de rápido crecemento (piñeiro).As coniferas predominan sobre o resto (52%). - Cultivos forestais non autóctonos (eucalipto).
  • 77.
  • 78. Localización Tercio norte peninsular (Galicia, Cordillera Cantábrica y Pirineos) Relieve accidentado, montañoso Clima Oceánico (abundantes precipitaciones todo el año) Estructura agraria Población muy envejecida. Hábitat intercalar y disperso. Pequeña propiedad (minifundio) y Valle de regímen de explotación directa. Cabuérniga (Cantabria) Parcelas cerradas y mecanización escasa (elevada complejidad por el relieve). Dominio de bosques y prados. Usos principalmente ganadero y forestal.
  • 79. Agricultura Escasa y de secano (abundancia de agua de lluvia) localizada en el litoral y el fondo de los valles. Tradicionalmente policultivo de subsistencia. Orientación actual hortícola y forrajera para alimentación del ganado (vacuno semiestabulado). Ganadería Actividad agraria más importante. Leche y carne. En Galicia dominan las pequeñas y medianas explotaciones familiares. En el cantábrico la modernización ha sido mayor. Ganadería a tiempo parcial (TP) extensiva. Gran dependencia de las industrias lácteas. Cuotas lecheras de la UE. Silvicultura Madera para mueble y pasta de papel.
  • 80.
  • 81. Localización Cuenca del Duero, Área castellano- manchega, oeste peninsular y depresión del Ebro. Relieve Elevada altitud media. Climas Mediterráneo continentalizado (precipitaciones escasas y heladas abundantes) Estructura agraria Despoblación interior y abandono de las tierras de peor calidad. Hábitat concentrado, pequeños núcleos al norte, mayores al sur. Minifundio al norte, latifundio al sur.
  • 82. Agricultura Tierras de secano dedicadas al cultivo de extensivo de la trilogía mediterránea –trigo, vid y olivo- y regadío intensivo de forrajeras, plantas industriales, frutas y hortalizas para la industria agroalimentaria. Ganadería En los secanos castellanos y de la depresión del Ebro dominan la ganadería ovina, con importancia de la bovina para leche y la porcina. En Extremadura cría extensiva de porcino (dehesas) y ovino. Ganado trashumante en decadencia Silvicultura Leña, corcho, carbón vegetal. Huertas, Navarra. Depresión del Ebro
  • 83. Localización Cataluña, Levante y Andalucía. Litoral y prelitoral mediterráneo, valle del Guadalquivir e islas Baleares. Relieve Diversos en función de la localización. Climas Mediterráneo de influencia marítima (precipitaciones muy escasas en verano) Estructura agraria: Muy baja densidad de población en hábitat tradicionalmente disperso con tendencia a la concentración. Explotaciones: de tamaño variable. En el regadío minifundio. En el secano propiedad pequeña y mediana en Valencia y Murcia, mediana en Cataluña y grande en Andalucía. Usos del suelo agrícolas.
  • 84. Agricultura: Tierras de secano dedicadas al cultivo de extensivo de cereales, vid, olivo y almendros. Regadío intensivo de horticultura temprana y precoz, fruticultura mediterránea (cítricos) y tropical. Ganadería: Ovina y porcina en Cataluña, ovina en los secanos y reses bravas en el Guadalquivir. Silvicultura: Escasa, destaca el eucalipto en Huelva. Competencia del turismo y la industria en disputa por el suelo
  • 85.
  • 86.
  • 87. Localización Islas Canarias Relieve Volcánico y accidentado Climas Cálido durante todo el año con precipitaciones escasas e irregulares Estructura agraria Población rural en retroceso por la influencia del turismo. Poblamiento concentrado en núcleos pequeños. Polarización en los tamaños de las explotaciones: pequeñas en las zonas medias y altas y grandes en los regadíos costeros.. Cultivo en terrazas en La Gomera (Canarias)
  • 88. Agricultura Superficie cultivada muy escasas, distribuidas entre:  áreas litorales (monocultivo para exportación: plátano, tomate, patata extratemprana), los cultivos bajo plástico y las nuevas plantaciones tropicales.  y las zonas medias y altas del interior de las islas con una agricultura tradicional de secano orientada al autoconsumo (vid y patata) Ganadería Escasa y asociada a la agricultura (caprina y ovina) Silvicultura madera, carboneo. Viñas, Canarias
  • 89. Localización Principales cordilleras peninsulares Relieve Elevada altitud y pendiente Climas De montaña (características extremas: amplitudes térmicas anuales elevadas, precipitaciones abundantes y en forma de nieve) Pendiente aterrazada. Las Hurdes.
  • 90. Estructura agraria Muy baja densidad de población en hábitat disperso con tendencia a la despoblación. Pequeña propiedad compatibilizada con bosques y praderas públicas y comunales. Usos del suelo diversos y complementarios. Agricultura Practicada en el fondo de los valles en el norte. Al sur se practica el abancalamiento para cultivos como el olivo. Ganadería Extensiva. Bovino y ovino. En algunos casos trashumancia local. Silvicultura Leña y madera de eucaliptos, pinos o castaños.
  • 91.  http://webs.ono.com/2geografia/temas/pais ajes_agrarios.pdf  http://geografia2bachillerato.wikispaces.co m/Los+usos+agrarios+del+suelo+o+paisajes+a grarios+en+Espa%C3%B1a  http://geografia2bachillerato.wikispaces.co m/Los+usos+agrarios+del+suelo+o+paisajes+a grarios+en+Espa%C3%B1a.
  • 93. PESCA TRADICIONAL PESCA INDUSTRIAL OU TECNIFICADA OU ARTESANAL Técnicas tradicionais Gran volume de capturas para abastecer aos mercados. Aparellos de pesca sinxelos: arcos, frechas, arpóns, nasas, Necesita: recursos económicos, unha tecnoloxía anzois e redes. avanzada e unhas infraestruturas portuarias. Practícase preto da costa. A pesca de baixura, próxima á costa. Os barcos proven cada día de peixe fresco as lonxas, desde Sistemas superficiais de cerco e onde se distribúe aos mercados locáis e de cebo rexionais. Sistemas de fondo como o A pesca de altura, que se despraza a gran arrastre distancia da costa española, aos caladoiros internacionais. Realízana frotas de grandes Redes fixas como as almadrabas barcos con tecnoloxía avanzada, como sonares ou GPS, que lles permiten detectar os bancos de peixes.
  • 94. España é unha potencia pesqueira de segundo nivel no mundo, pero é a máis importante da Unión Europea e a segunda do continente tras Noruega.  Mantívose unha antiga tradición pesqueira en boa parte do litoral, o que se relaciona cun elevado consumo de peixe (38 kg. por persoa e ano), moi por riba da media europea e so inferior á do Xapón, Noruega e Portugal.  Para cubrir esa demanda de peixe que existe en España, os recursos da plataforma continental próxima as nosas costas son insuficientes, polo que boa parte da frota faena en caladoiros afastados e, como complemento, un 30% do consumo corresponde a importacións.  O 90% das capturas corresponden a peixes. As especies máis capturadas foron atún, bonito, bacallau e pescada (un terzo do total) xunto á sardiña, arenque e anchoa.  O restante 10% das capturas correspondeu a crustáceos e moluscos.  Non obstante, a pesca é unha actividade en declive desde hai tempo: polo descenso do número de mariñeiros, das capturas e dos barcos.  Isto obrigou a establecer políticas de apoio á actividade e a fomentar o desenvolvemento da acuicultura, que resulta un complemento á pesca tradicional, afectada por dificultades crecentes, polo que hoxe é obxecto de axudas para potenciar o seu desenvolvemento.
  • 95. Denomínase así o cultivo de peixes, moluscos e crustáceos en piscifactorías ou bateas flotantes. Coñeceu un rápido crecemento nas dúas últimas décadas, ata producir hoxe máis de 360 000 toneladas anuais, que supera nun 80% a produción obtida en 1990.  As principais especies de peixes son a dourada, rodaballo e robaliza (unhas 25 000 t), no caso da acuicultura mariña, xunto á troita (outras 30 0000 t) na acuicultura continental. Pero o volume de produción máis alto corresponde ao cultivo de mexillón nas rías galegas, que alcanza as 250 000 toneladas anuais.  As principais rexións produtoras correspóndense coas de maior actividade pesqueira, con Galicia (Rías Baixas sobre todo), Andalucía (golfo de Cádiz e marismas do Guadalquivir) e Canarias á cabeza, aínda que as piscifactorías tamén se estenden polo litoral mediterráneo.
  • 96. Frota de grande altura (buques de máis de 250 toneladas de rexistro bruto) coma a de altura (de 100 a 250 toneladas) sufriron un importante retroceso como consecuencia da aplicación dos límites territoriais internacionais.  A frota litoral ou de baixura (de 20 a 100 toneladas), a pesar de ser a máis numerosa en toneladas, é a que sufriu máis as consecuencias da crise, posto que, por unha parte, necesita investimento para renovarse e, pola outra, a limitación das 200 millas prexudicouna notablemente.  A frota familiar ou artesanal (de menos de 20 toneladas), en cambio, puido seguir subsistindo porque, a pesar de pescar menos cantidade, as especies pescadas son de alto valor comercial e moi apreciadas en gastronomía.
  • 97. A actividade pesqueira organizase, principalmente, en dous tipos de espazos; os caladoiros onde se realizan as capturas e os portos onde estas se desembarcan e, en ocasións, se transforman.  En relación cos CALADOIROS ou áreas de captura, hai unha distinción básica: - A maior parte da frota está composta por barcos de pequeno tamaño, que se dedican á pesca de baixura nas augas do mar territorial próximas á costa. - Hai 550 grandes buques que se dedican á pesca de altura, faenando en augas comunitarias do Atlántico norte, ou en augas situadas na zona económica exclusiva doutros países, pero que obteñen a metade de todas as capturas. As augas con maiores bancos de pesca son as do Atlántico e as do Índico, onde operan os grandes buques conxeladores.  Os PORTOS onde están matriculados o 75% dos barcos pesqueiros son os de Galicia (50%), País Vasco, Canarias e Andalucía que son rexións de longa tradición pesqueira. Cataluña e a Comunidade Valenciana destacan á súa vez entre as rexións mediterráneas.  No desembarque da pesca, houbo un proceso de concentración: - A pesca procedente de augas próximas seguese facendo nas lonxas de numerosos portos de todo o litoral español. - A pesca da frota de altura descargase nun número máis reducido de portos, co Palmas de Gran Canaria e Vigo na cabeza. Outros importantes son os da Coruña, Burela, Ribeira, Ondarroa, Bermeo, Huelva ou Barbate no Atlántico, e Alxeciras, Alacant ou Santa Pola no Mediterráneo. Nos grandes portos xorden a miúdo outras actividades relacionadas, como a industria conserveira, os estaleiros para reparación de buques, fábricas de xeo, de redes e artes de pesca.
  • 98.  O litoral español divídese en oito rexións pesqueiras: Cantábrica, Noroeste, Suratlántica, Surmediterránea, Levante, Tramontana, Balear e Canaria  Concentración da frota nalgunhas áreas pesqueiras e, en concreto, en determinados portos.  Os portos onde están matriculados o 75% dos barcos pesqueiros son os de Galicia (50%), País Vasco, Canarias e Andalucía que son rexións de longa tradición pesqueira. Cataluña e a Comunidade Valenciana destacan á súa vez entre as rexións mediterráneas
  • 99.  A rexión do Noroeste é a máis importante, tanto en cantidade coma en valor da súa pesca, porque reúne máis do 85 % do total da frota. Os seus principais portos son o de Vigo (concentra a frota de grande altura) e o da Coruña (composición máis variada).  Os portos que seguen en importancia son os das cidades andaluzas de Huelva e Alxeciras, na rexión Suratlántica. As Palmas, na rexión Canaria, é igualmeme destacable.  O litoral mediterráneo. así como as rexións de Levante, Tramontana e Balear, engloban portos de menor importancia, xa que a súa riqueza mariña foi sobreexplotada.  Os caladoiros peninsulares están limitados pola escasa superficie da nosa plataforma continental, á vez que sofren a sobreexplotación e están esgotados.
  • 100.
  • 101. Mediterráneo: a temperatura media é superior a do Atlántico, a salinidade é maior, existe menos fitoplancto (alimento básico dos peixes) e as mareas son case inexistentes  riqueza pesqueira é menor, aínda que destaca a captura de peixes emigrantes (sardina, bocarte, atún e bonito), capturados con aparellos de cerco e de arrastre, así como con redes fixas (almadrabas).  Atlántico cántabro: temperatura media é inferior, salinidade é menor, existe máis fitoplancto e teñen lugar mareas  riqueza pesqueira maior. Destacan o atún, o bonito, o peixe espada, a sardina, o bocarte, a meiga, o peixe sapo, a pescada, o ollomol e o xurelo.  Costa atlántica andaluza, pesca de sardina, bocarte, ameixa, navalla, lura, gamba e lagostino, que na actualidade acusan síntomas de esgotamento.
  • 102.  Os principais caladoiros para a frota española están no Atlántico norte, tanto en augas comunitarias (Gran Sol, Irlanda, Escocia e golfo de Biscaia) coma nas proximidades da península da Terra Nova, en Canadá.  Pero tamén faena nas proximidades do Sahara occidental, Mauritania e Senegal, estendéndose cara ao Atlántico sur (Angola, Namibia, Malvinas etc.).  A crecente competencia doutras frotas obrigou nos últimos anos a que certos buques conxeladores operen agora incluso no océano Indico (Mozambique, Somalia, illas Seicheles), aumentando os custos e riscos do seu traballo.
  • 103. Noruega e Svalbard  Groenlandia  Gran Sol  Atlántico Norte  Terranova  Marrocos  Mauritania  Senegal  Cabo Verde  Guinea-Bissau  Costa de Marfil  Guinea Ecuatorial  Atlántico interior  Angola  Namibia  Costa do Sur de Chile  Illas Malvinas  Illas Seychelles  Illas Comores  Madagascar
  • 104. Descenso da poboación ocupada e da súa contribución ao PIB dende o ano 1975, o que levou a un envellecemento e falta de formación neste sector.  Aínda así na actualidade amosa un tamaño excesivo en relación coas posibilidades de pesca.  Crecemento ata mediados dos anos 70 debido a: - aumento da demanda - mellora do nivel adquisitivo - baixo prezo do combustible - libre acceso a caladoiros - facilidades económicas / modernización  Descenso dende mediados dos anos 70 debido a varias dificultades: - encarecemento do petróleo - implantación de zonas económicas exclusivas (aparición de conflitos). - esgotamento dos caladoiros - recomendacións europeas de redución de frotas o que levou a: prexubilacións, reconversión a actividades diferentes, traspaso de barcos a terceros países ou creación de sociedades mixtas.  Axudas europeas (esixencias de calidade) para renovación e modernización da frota ata 2004.
  • 105. Boa parte da frota de baixura intégrase en empresas familiares, de carácter artesanal e con recursos escasos, ademais de que a antigüidade dos buques é excesiva (envellecemento da frota).  Envellecemento da poboación ocupada na pesca.  Esgotamento dos caladoiros nacionais pola súa sobreexplotación  Problemas de contaminación dalgunhas augas por verteduras industriais e urbanas ou de petroleiros.  Restricións nas augas de numerosos países en que pesca a frota española con cotas máximas anuais e unha limitación no número de licenzas concedidas; esta é a orixe dalgúns conflitos (Marrocos, Mauritania, Canadá etc.).
  • 106. Dependen na a maior parte da Política Pesqueira Comunitaria, existente desde 1983. Entre as medidas inclúense:  Prohibición de certas artes de pesca que esgotan os fondos ou do consumo de crías, que impide a rexeneración das especies.  Renovación da frota pesqueira, con axudas financeiras ao desmantelamento de barcos antigos e a súa substitución por outros novos.  Creación de empresas mixtas nos países en cuxas augas se pesca, que inclúen o emprego dunha certa proporción de pescadores deses países en barcos españois.  Fomento da acuicultura e da innovación nos cultivos marinos, para compensar a redución das capturas.  Subvencións á diversificación de actividades en áreas onde a actividade pesqueira era predominante, para xerar outros empregos,
  • 107. Primeira zona pesqueira de España e de Europa en volume de pesca desembarcada, o que se manifesta na dimensión da súa frota, no volume de pesca e no número de postas de traballo que xera (orixinando unha importante actividade económica, que contribúe cun 12% á riqueza económica galega), fomentando outras actividades económicas.  A frota pesqueira con porto base en Galicia é a máis importante de todas as rexións europeas e tamén é a maior do Estado (Galicia posúe preto do 40 % dos barcos españois).  A maior parte dos buques galegos son de pequeno porte (o 80%)  A frota pesqueira galega opera tanto dentro das nosas augas coma fóra do ámbito territorial de Galicia (presente en case todos os caladoiros do mundo).  Xunto á pesca, o marisqueo e a acuicultura son dúas actividades con grande importancia en Galicia.  O marisqueo xurdiu como un complemento á economía familiar, pero desde os anos 50 experimentou un considerable pulo ao se incrementar a demanda.  Pola súa parte, a acuicultura preséntase como unha alternativa á pesca tradicional, ao permitir obter unha maior produtividade sen esgotar os recursos. Galicia é líder neste sector, pois posúe a maior parte dos centros acuicultores de España e da UE. As instalacións concéntranse sobre todo nas Rías Baixas.  Tamén hai explotacións de auga doce (de troitas, carpas, anguías...). É unha actividade en crecemento e ten moi boas expectativas de futuro.
  • 108. O sector pesqueiro está a experimentar desde hai décadas unha forte crise:  Esgotamento dos caladoiros  Límite de 200 millas de augas territoriais como área pesqueira exclusiva de cada país polo cal Galicia tivo que deixar de faenar en zonas onde tradicionalmente o fixera  A Política Pesqueira Comunitaria (PPC) reduciu o número de licencias pesqueiras e a cota de capturas, o que provocou a perda de empregos e a diminución do número de barcos e das especies capturadas  Os intereses da frota galega foron deixados a un lado nos convenios pesqueiros que a UE negociou con terceiros países (Canadá, Marrocos...).  A contaminación das augas e das costas (o afundimento do Prestige no 2002 tivo consecuencias especialmente tráxicas).
  • 109.  Caladoiros Lugares apropiados para calar ou lanzar as redes de pesca. Concentran os maiores bancos de pesca, e por isto atraen as principáis frotas pesqueiras do mundo.  Mar territorial Son as augas que forman parte do territorio dun Estado, igual ca as súas áreas continentais, e que van ata unha distancia de 12 millas desde a costa, onde se ten a propiedade dos recursos marinos e se pode exercer o control de paso de calquera navio.  Zona económica exclusiva Augas situadas entre 12 e 200 millas da costa dun país, en que este exerce o control dos seus recursos -incluida a pesca- e pode impedir ou limitar a explotación por buques doutros países, aínda que non a súa libre circulación.