SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 10
Recompilación:
CEIP Plurilingüe
de Andrade.
Marzo 2015
Que cada poema
sexa
un acontecemento
algo que está
pasando
lonxe ou perto.
unha canción
un suceso
un cartel
un berro
e tamén
por que non
un beixo…
Celso Emilio Ferreiro.
Dorme a lúa no mar.
Sombras voan no ceo.
Pensa a noite,tristeira:
"O inverno xa está preto".
Antonio García Teijeiro.
Da nena que xoga
cos raios do sol
uns din que está tola
e algúns din que non.
Sentada na escuma,
cabelo das ondas,
soterra na area
as finas raiolas.
García Teijeiro
NAMORADIÑAS DO VENTO
DÚAS GAIVOTAS ANDABAN.
CANDO O VENTO LLES
SORRÍA,
AS GAIVOTAS TOLEABAN.
García Teijeiro
DEIXÁDEME LIBRE,
QUE QUERO IR Ó MAR;
CAMIÑO DE IDA,
NON VOU REGRESAR.
AS ONDAS ME LEVEN
ONDE HAXA UN CANTAR.
DO BARCO DOS SOÑOS,
SEREI CAPITÁN.
Ana Mª Fernández
Están moi cansas as barcas
aló no fondo do mar.
Semella que están durmindo
e non queren espertar.
O vento está a acariñalas
cos seus dedos pillabáns.
García Teijeiro
Teño un barco de xoguete e
nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
¡quen me dera navegar!
García Teijeiro
As barcas seguen durmidas
e parecen non notar
os aloumiños e beixos
que o vento lles quere dar.
Dormen as barcas cansadas
aló no medio do mar
García Teijeiro
O vento abriu os seus brazos
cara ós peixes pequechiños.
Peixes e ondas fixeron
unha roda de aloumiños.
García Teijeiro
Cando o vento agarimaba
ás ondiñas xoguetonas,
os peixiños prateados
dábannle forte ás zanfonas.
García Teijeiro
¡O meu barco de xoguete!
¡O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral…!
¡Andei por tódolos mares!
¡Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sen saír do meu fogar!
Manuel María
Ti nunca víche-lo mar
cos seus berros bruadores,
coas súas barcas de prata,
cos barcos e os pescadores.
Manuel María
-¿Ti nunca víche-lo mar
a tecer e a destecer
ondas azues que van
á praia mansa morrer?
Manuel María
-¿Ti nunca viche-lo mar?
¿E sabes que non repousa?
-¡Se nunca víche-lo mar
non viches ningunha cousa!
Manuel María
-¿E ti non sabes que o mar
é unha inmensa longura,
auga e ceo, ceo e auga,
maxestade e fermosura?
Manuel María
O señor Fragata
ten un violín
que toca ós solpores
cantos de delfín.
Con ferreñas de aire
ten unha pandeira,
pelello de nube,
aro de orballeira.
No seu cataventos
cada media hora
coa risa do vento
toca unha tambora.
Ana Mª Fernández
O peixiño
nada nada
polo río
ou polo mar.
Carapuchiña de escamas
e unha coliña
a remar
Ana Mª Fernández
Nas noitiñas quentes
con grande emoción,
o señor pirata
toca o acordeón.
Na noite de prata
con lúa redonda
o señor Fragata
toca unha zambomba.
Con vela de nube,
barquiño de sal,
voga sen descanso
dun mar a outro mar.
Ana Mª Fernández
Un choco de mar
subiu no autocar.
Ía moi serio,
lendo un xornal.
Unha señora
chapeu requintado,
sentou ó seu lado.
O choco carioco
paifoco con musa,
coméntalle á fusa:
-Permite, bela dama
que lle pinte a cara?
-Ou, si!
Gloria Sánchez
Mar verde, mar azul,
mar calmo, de cristal
mar gris, mar revolto
que brúa co temporal.
X. Neira e A. Ferrer
Mar de illas de coral
praias, portos e gaivotas.
Ronseis de escuma moi branca
que se perden nas súas ondas.
X. Neira e A. Ferrer
Mar de peixes de colores,
golfiños e tiburóns,
a agochar aló no fondo
tesouros e galeóns.
X. Neira e A. Ferrer
Quixera navegar os sete mares
e de noite, á luz da aurora,
pescar as sereas todas.
X. Neira e A. Ferrer
Mar de augas moi salgadas,
en constante movemento,
que gardan rotas secretas
baixo do manto do ceo.
X. Neira e A. Ferrer
Mar de dornas e veleiros,
mar de barcazas e de soños
sucando a rosa dos ventos,
pintando viaxes nos ollos.
X. Neira e A. Ferrer
No inverno a praia
queda solitaria
só a acompañan
o chío das gaivotas,
o vento que zoa
e as ondas que a bañan.
X. Neira e A. Ferrer
No verán a praia
está ateigada
grandes e pequenos
tombados ao sol.
Sombreiros, toallas
na area morna, na area mol
na area branca, na area dourada.
X. Neira e A. Ferrer
Paseos, carreiras,
castelos na area
e xogos na auga.
Na area mollada
quedan as pisadas
e a brisa na cara.
X. Neira e A. Ferrer
De noite, a praia
fica baleira
só quedan pegadas
na area mollada
e a lúa que soña
co arrolo das ondas.
X. Neira e A. Ferrer
Á tardiña,
reúnense no café
peixes, cangrexos, golfiños.
Conversando son felices!
Esperanzados falan
das correntes do mar;
do pouco que comen
os calamares,
do perigo que corren
todos os mares.
Pilar Mayoralas
No café do mar,
o faladoiro é tan ameno,
que se esquecen de cear.
Menos o camarón,
que é un lambón.
Comeu a súa ración
e todo o que sobrou
do día anterior.
El escoita, pouco fala.
Porque cre que
pola boca morre o peixe!
Mais non sabe el,
que non é por falar,
é por encherse a comer.
Pilar Mayoralas
O disparo de saída, deuno unha sardiña,
todos saíron contentos, mais moi lentos,
para percorrer dez metros,
tardaron tres días e medio.
Os habitantes do mar con emoción,
animaron ao gañador,
a todos os participantes deron trofeos,
tebeos, churros con chocolate,
felicitacións e aplausos,
porque ninguén abandonou a maratón.
Pilar Mayorales
Á quinta maratón de natación
apuntáronse mil cangrexos
con ganas de chegar lonxe.
Antes da competición,
quentaron as patas blindadas,
tomaron zume de uva
e media ración de algas.
Pilar Mayorales
AZUIS son as sardiñas
que sulcan alegres o mar
VERDES as algas verdes
bailan suaves un vals
COLORADAS as estrelas,
as estreliñas de mar
AMARELAS as buguinas
coas que escoitas lonxe o mar
VERMELLO o caranquexo
que camiña para atrás
BRANCAS as escumas
que acariñan o areal
¡¡Mira o arco da vella
que está a facer o mar!!
Julia González
DEIXÁDEME LIBRE,
QUE QUERO IR Ó MAR;
CAMIÑO DE IDA,
NON VOU REGRESAR.
AS ONDAS ME LEVEN
ONDE HAXA UN CANTAR.
DO BARCO DOS SOÑOS,
SEREI CAPITÁN.
Ana Mª Fernández
ARROACES MOUROS
VIRANME ESCOLTAR.
SEGUIREI DA ESCUMA
O LOUCO BAILAR.
DO PORTOS QUE TOQUE,
NINGÚN SABERÁ.
DEIXÁDEME LIBRE,
QUE QUERO IR Ó MAR.
Ana Mª Fernández
TRES PEIXES DE OLLOS NEGROS
MIRABAN PARA MIN,
BAIXO A TONA DAS AUGAS
DA FONTE DO XARDÍN.
OS LOMBOS DE OURO E PRATA
RECOLLÍAN O SOL
E O AIRE A ESTREAR RISAS
NOS NENOS DE ARREDOR.
Ana Mª Fernández
Eu quero ser mariñeiro,
no meu barco navegar,
ir deixando no camiño
ronseles de escuma
que cortan o mar.
Julia González
Eu quero ser mariñeiro,
á lúa segredos contar,
pintar de azul os meus soños,
de azul e verde
como o mar.
Julia González
Eu quero ser mariñeiro,
cos peixes xogar e cantar,
vivir buscando sereas
agochadas nos corais.
Julia González
Eu quero ser mariñeiro,
lixeiro nas ondas brincar,
chegar ata o horizonte
co meu perfume de sal.
Julia González
Andivo todos os mares
baixo o corazón da vela.
Mariñeiro era por gala
dos mariñeiros da terra,
pescador nas outras augas
onde aboian as estrelas,
atal que brancas alfoias
para enfeitar ás sereas.
Romance
NAMORADIÑAS DO VENTO
DÚAS GAIVOTAS ANDABAN.
CANDO O VENTO LLES SORRÍA,
AS GAIVOTAS TOLEABAN.
Antonio García Teijeiro.
A poesía é o que ti queiras.
A poesía é o que desexas.
A poesía é liberdade.
Francisco Añón

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Mais procurados (18)

Fauna abisal
Fauna abisalFauna abisal
Fauna abisal
 
Nadarín. Día da paz 2014
Nadarín. Día da paz 2014Nadarín. Día da paz 2014
Nadarín. Día da paz 2014
 
O soñador e o muíño 2
O soñador e o muíño 2O soñador e o muíño 2
O soñador e o muíño 2
 
Poemas
PoemasPoemas
Poemas
 
A MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINAA MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINA
 
Poeagui
PoeaguiPoeagui
Poeagui
 
PoesiasaguiñO
PoesiasaguiñOPoesiasaguiñO
PoesiasaguiñO
 
Embarcacions polo mundo
Embarcacions polo mundo Embarcacions polo mundo
Embarcacions polo mundo
 
Turga126835
Turga126835Turga126835
Turga126835
 
Prestige historia negra
Prestige historia negraPrestige historia negra
Prestige historia negra
 
A rata Luísa. No mar.
A rata Luísa. No mar. A rata Luísa. No mar.
A rata Luísa. No mar.
 
Camiñan descalzas polas rochas
Camiñan descalzas polas rochas   Camiñan descalzas polas rochas
Camiñan descalzas polas rochas
 
VIVE O MAR!! Palabras e pinturas de sal...
VIVE O MAR!! Palabras e pinturas de sal...VIVE O MAR!! Palabras e pinturas de sal...
VIVE O MAR!! Palabras e pinturas de sal...
 
Doce coma o mel
Doce coma o melDoce coma o mel
Doce coma o mel
 
Poesia e imaxe 2013 paneis
Poesia e imaxe 2013   paneisPoesia e imaxe 2013   paneis
Poesia e imaxe 2013 paneis
 
Cuento adela ainoa
Cuento adela ainoaCuento adela ainoa
Cuento adela ainoa
 
Centons
CentonsCentons
Centons
 
Maria Mariño
Maria MariñoMaria Mariño
Maria Mariño
 

Semelhante a Poesías mar

Poemas BatallOns
Poemas BatallOnsPoemas BatallOns
Poemas BatallOnshoxesabes
 
Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e augasatelite1
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsMarta Pérez Lage
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyarPlastilina3
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegasfontexeriabib
 
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing booksSwimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing booksmelarodriguez
 
Avó, palabras antes do cadaleito
Avó, palabras antes do cadaleitoAvó, palabras antes do cadaleito
Avó, palabras antes do cadaleitoelvira3
 
Avó, palabras antes do cadaleito
Avó, palabras antes do cadaleitoAvó, palabras antes do cadaleito
Avó, palabras antes do cadaleitoelvira3
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castrocrocaio
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022cenlf
 
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.Olga Lalín
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12cenlf
 
Un mar de lendas
Un mar de lendasUn mar de lendas
Un mar de lendasiesasorey
 

Semelhante a Poesías mar (20)

Poemas BatallOns
Poemas BatallOnsPoemas BatallOns
Poemas BatallOns
 
Galicia literatura e auga
Galicia literatura e augaGalicia literatura e auga
Galicia literatura e auga
 
Poemas do sol
Poemas do solPoemas do sol
Poemas do sol
 
Poemas Valentín Paz Andrade
Poemas Valentín Paz AndradePoemas Valentín Paz Andrade
Poemas Valentín Paz Andrade
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebracións
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Traballadoras
TraballadorasTraballadoras
Traballadoras
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castro
 
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing booksSwimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
Swimmy/Nadarín by Leo Lionni from Virtual Growing books
 
Avó, palabras antes do cadaleito
Avó, palabras antes do cadaleitoAvó, palabras antes do cadaleito
Avó, palabras antes do cadaleito
 
Portt
PorttPortt
Portt
 
Portoa
PortoaPortoa
Portoa
 
Avó, palabras antes do cadaleito
Avó, palabras antes do cadaleitoAvó, palabras antes do cadaleito
Avó, palabras antes do cadaleito
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castro
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022
 
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12
 
Un mar de lendas
Un mar de lendasUn mar de lendas
Un mar de lendas
 

Mais de Encarna

Contidomochilas 2017 18
Contidomochilas 2017 18Contidomochilas 2017 18
Contidomochilas 2017 18Encarna
 
Xubilación cristina
Xubilación cristinaXubilación cristina
Xubilación cristinaEncarna
 
Letras galegas 2016
Letras galegas 2016Letras galegas 2016
Letras galegas 2016Encarna
 
Marcapáxinas manuel maría
Marcapáxinas manuel maríaMarcapáxinas manuel maría
Marcapáxinas manuel maríaEncarna
 
Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015Encarna
 
Muller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel MaríaMuller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel MaríaEncarna
 
Muller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel MaríaMuller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel MaríaEncarna
 
Rosalía 2016
Rosalía 2016Rosalía 2016
Rosalía 2016Encarna
 
A amizade
A amizadeA amizade
A amizadeEncarna
 
Paz 2016
Paz 2016Paz 2016
Paz 2016Encarna
 
Máscaras de platos papel
Máscaras de platos papelMáscaras de platos papel
Máscaras de platos papelEncarna
 
Entroido 2016
Entroido  2016Entroido  2016
Entroido 2016Encarna
 
Festival nadal
Festival nadalFestival nadal
Festival nadalEncarna
 
Contido mochilas 2015-16
Contido mochilas 2015-16Contido mochilas 2015-16
Contido mochilas 2015-16Encarna
 
Biblioteca, dinamizadora do traballo por proxectos
Biblioteca, dinamizadora do traballo por proxectosBiblioteca, dinamizadora do traballo por proxectos
Biblioteca, dinamizadora do traballo por proxectosEncarna
 
Lenda roxín roxal
Lenda roxín roxal Lenda roxín roxal
Lenda roxín roxal Encarna
 
Canción magosto2015
Canción magosto2015Canción magosto2015
Canción magosto2015Encarna
 
Letras galegas 2015
Letras galegas 2015Letras galegas 2015
Letras galegas 2015Encarna
 
Libro 2015
Libro 2015Libro 2015
Libro 2015Encarna
 
Adiviñas mar
Adiviñas marAdiviñas mar
Adiviñas marEncarna
 

Mais de Encarna (20)

Contidomochilas 2017 18
Contidomochilas 2017 18Contidomochilas 2017 18
Contidomochilas 2017 18
 
Xubilación cristina
Xubilación cristinaXubilación cristina
Xubilación cristina
 
Letras galegas 2016
Letras galegas 2016Letras galegas 2016
Letras galegas 2016
 
Marcapáxinas manuel maría
Marcapáxinas manuel maríaMarcapáxinas manuel maría
Marcapáxinas manuel maría
 
Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015
 
Muller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel MaríaMuller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel María
 
Muller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel MaríaMuller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel María
 
Rosalía 2016
Rosalía 2016Rosalía 2016
Rosalía 2016
 
A amizade
A amizadeA amizade
A amizade
 
Paz 2016
Paz 2016Paz 2016
Paz 2016
 
Máscaras de platos papel
Máscaras de platos papelMáscaras de platos papel
Máscaras de platos papel
 
Entroido 2016
Entroido  2016Entroido  2016
Entroido 2016
 
Festival nadal
Festival nadalFestival nadal
Festival nadal
 
Contido mochilas 2015-16
Contido mochilas 2015-16Contido mochilas 2015-16
Contido mochilas 2015-16
 
Biblioteca, dinamizadora do traballo por proxectos
Biblioteca, dinamizadora do traballo por proxectosBiblioteca, dinamizadora do traballo por proxectos
Biblioteca, dinamizadora do traballo por proxectos
 
Lenda roxín roxal
Lenda roxín roxal Lenda roxín roxal
Lenda roxín roxal
 
Canción magosto2015
Canción magosto2015Canción magosto2015
Canción magosto2015
 
Letras galegas 2015
Letras galegas 2015Letras galegas 2015
Letras galegas 2015
 
Libro 2015
Libro 2015Libro 2015
Libro 2015
 
Adiviñas mar
Adiviñas marAdiviñas mar
Adiviñas mar
 

Último

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

Poesías mar

  • 2. Que cada poema sexa un acontecemento algo que está pasando lonxe ou perto. unha canción un suceso un cartel un berro e tamén por que non un beixo… Celso Emilio Ferreiro.
  • 3. Dorme a lúa no mar. Sombras voan no ceo. Pensa a noite,tristeira: "O inverno xa está preto". Antonio García Teijeiro. Da nena que xoga cos raios do sol uns din que está tola e algúns din que non. Sentada na escuma, cabelo das ondas, soterra na area as finas raiolas. García Teijeiro NAMORADIÑAS DO VENTO DÚAS GAIVOTAS ANDABAN. CANDO O VENTO LLES SORRÍA, AS GAIVOTAS TOLEABAN. García Teijeiro DEIXÁDEME LIBRE, QUE QUERO IR Ó MAR; CAMIÑO DE IDA, NON VOU REGRESAR. AS ONDAS ME LEVEN ONDE HAXA UN CANTAR. DO BARCO DOS SOÑOS, SEREI CAPITÁN. Ana Mª Fernández
  • 4. Están moi cansas as barcas aló no fondo do mar. Semella que están durmindo e non queren espertar. O vento está a acariñalas cos seus dedos pillabáns. García Teijeiro Teño un barco de xoguete e nel me quero embarcar. Polos mares dos meus soños ¡quen me dera navegar! García Teijeiro As barcas seguen durmidas e parecen non notar os aloumiños e beixos que o vento lles quere dar. Dormen as barcas cansadas aló no medio do mar García Teijeiro O vento abriu os seus brazos cara ós peixes pequechiños. Peixes e ondas fixeron unha roda de aloumiños. García Teijeiro Cando o vento agarimaba ás ondiñas xoguetonas, os peixiños prateados dábannle forte ás zanfonas. García Teijeiro ¡O meu barco de xoguete! ¡O meu barco moito val: verei terras, verei illas, verei mares de coral…! ¡Andei por tódolos mares! ¡Xa cansei de navegar co meu barco de xoguete sen saír do meu fogar! Manuel María
  • 5. Ti nunca víche-lo mar cos seus berros bruadores, coas súas barcas de prata, cos barcos e os pescadores. Manuel María -¿Ti nunca víche-lo mar a tecer e a destecer ondas azues que van á praia mansa morrer? Manuel María -¿Ti nunca viche-lo mar? ¿E sabes que non repousa? -¡Se nunca víche-lo mar non viches ningunha cousa! Manuel María -¿E ti non sabes que o mar é unha inmensa longura, auga e ceo, ceo e auga, maxestade e fermosura? Manuel María O señor Fragata ten un violín que toca ós solpores cantos de delfín. Con ferreñas de aire ten unha pandeira, pelello de nube, aro de orballeira. No seu cataventos cada media hora coa risa do vento toca unha tambora. Ana Mª Fernández O peixiño nada nada polo río ou polo mar. Carapuchiña de escamas e unha coliña a remar Ana Mª Fernández Nas noitiñas quentes con grande emoción, o señor pirata toca o acordeón. Na noite de prata con lúa redonda o señor Fragata toca unha zambomba. Con vela de nube, barquiño de sal, voga sen descanso dun mar a outro mar. Ana Mª Fernández
  • 6. Un choco de mar subiu no autocar. Ía moi serio, lendo un xornal. Unha señora chapeu requintado, sentou ó seu lado. O choco carioco paifoco con musa, coméntalle á fusa: -Permite, bela dama que lle pinte a cara? -Ou, si! Gloria Sánchez Mar verde, mar azul, mar calmo, de cristal mar gris, mar revolto que brúa co temporal. X. Neira e A. Ferrer Mar de illas de coral praias, portos e gaivotas. Ronseis de escuma moi branca que se perden nas súas ondas. X. Neira e A. Ferrer Mar de peixes de colores, golfiños e tiburóns, a agochar aló no fondo tesouros e galeóns. X. Neira e A. Ferrer Quixera navegar os sete mares e de noite, á luz da aurora, pescar as sereas todas. X. Neira e A. Ferrer Mar de augas moi salgadas, en constante movemento, que gardan rotas secretas baixo do manto do ceo. X. Neira e A. Ferrer Mar de dornas e veleiros, mar de barcazas e de soños sucando a rosa dos ventos, pintando viaxes nos ollos. X. Neira e A. Ferrer
  • 7. No inverno a praia queda solitaria só a acompañan o chío das gaivotas, o vento que zoa e as ondas que a bañan. X. Neira e A. Ferrer No verán a praia está ateigada grandes e pequenos tombados ao sol. Sombreiros, toallas na area morna, na area mol na area branca, na area dourada. X. Neira e A. Ferrer Paseos, carreiras, castelos na area e xogos na auga. Na area mollada quedan as pisadas e a brisa na cara. X. Neira e A. Ferrer De noite, a praia fica baleira só quedan pegadas na area mollada e a lúa que soña co arrolo das ondas. X. Neira e A. Ferrer Á tardiña, reúnense no café peixes, cangrexos, golfiños. Conversando son felices! Esperanzados falan das correntes do mar; do pouco que comen os calamares, do perigo que corren todos os mares. Pilar Mayoralas No café do mar, o faladoiro é tan ameno, que se esquecen de cear. Menos o camarón, que é un lambón. Comeu a súa ración e todo o que sobrou do día anterior. El escoita, pouco fala. Porque cre que pola boca morre o peixe! Mais non sabe el, que non é por falar, é por encherse a comer. Pilar Mayoralas
  • 8. O disparo de saída, deuno unha sardiña, todos saíron contentos, mais moi lentos, para percorrer dez metros, tardaron tres días e medio. Os habitantes do mar con emoción, animaron ao gañador, a todos os participantes deron trofeos, tebeos, churros con chocolate, felicitacións e aplausos, porque ninguén abandonou a maratón. Pilar Mayorales Á quinta maratón de natación apuntáronse mil cangrexos con ganas de chegar lonxe. Antes da competición, quentaron as patas blindadas, tomaron zume de uva e media ración de algas. Pilar Mayorales
  • 9. AZUIS son as sardiñas que sulcan alegres o mar VERDES as algas verdes bailan suaves un vals COLORADAS as estrelas, as estreliñas de mar AMARELAS as buguinas coas que escoitas lonxe o mar VERMELLO o caranquexo que camiña para atrás BRANCAS as escumas que acariñan o areal ¡¡Mira o arco da vella que está a facer o mar!! Julia González DEIXÁDEME LIBRE, QUE QUERO IR Ó MAR; CAMIÑO DE IDA, NON VOU REGRESAR. AS ONDAS ME LEVEN ONDE HAXA UN CANTAR. DO BARCO DOS SOÑOS, SEREI CAPITÁN. Ana Mª Fernández ARROACES MOUROS VIRANME ESCOLTAR. SEGUIREI DA ESCUMA O LOUCO BAILAR. DO PORTOS QUE TOQUE, NINGÚN SABERÁ. DEIXÁDEME LIBRE, QUE QUERO IR Ó MAR. Ana Mª Fernández TRES PEIXES DE OLLOS NEGROS MIRABAN PARA MIN, BAIXO A TONA DAS AUGAS DA FONTE DO XARDÍN. OS LOMBOS DE OURO E PRATA RECOLLÍAN O SOL E O AIRE A ESTREAR RISAS NOS NENOS DE ARREDOR. Ana Mª Fernández
  • 10. Eu quero ser mariñeiro, no meu barco navegar, ir deixando no camiño ronseles de escuma que cortan o mar. Julia González Eu quero ser mariñeiro, á lúa segredos contar, pintar de azul os meus soños, de azul e verde como o mar. Julia González Eu quero ser mariñeiro, cos peixes xogar e cantar, vivir buscando sereas agochadas nos corais. Julia González Eu quero ser mariñeiro, lixeiro nas ondas brincar, chegar ata o horizonte co meu perfume de sal. Julia González Andivo todos os mares baixo o corazón da vela. Mariñeiro era por gala dos mariñeiros da terra, pescador nas outras augas onde aboian as estrelas, atal que brancas alfoias para enfeitar ás sereas. Romance NAMORADIÑAS DO VENTO DÚAS GAIVOTAS ANDABAN. CANDO O VENTO LLES SORRÍA, AS GAIVOTAS TOLEABAN. Antonio García Teijeiro. A poesía é o que ti queiras. A poesía é o que desexas. A poesía é liberdade. Francisco Añón