SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 8
Baixar para ler offline
deaula
OllOs ANO III - Nº 20 - Marzo-abril 2015
Revista para as familias do alumnado
A mediación escolar
Como detectar un trastorno
da conduta alimentaria
Familia e
lectura
2
Revista editada pola CGENDL
www.coordinadoraendl.org
ollosdeaula@gmail.com
Deseño-maquetación:tallerDD.com
Recorda que está en
marcha o proceso de
admisión e matrícula
para o curso 2015-
2016. Tes toda a
información en
http://ir.gl/c6fad3
Descarga de balde
o teclado en galego
para Android.
Atoparalo en
http://ir.gl/8c92
Anima os aniversarios
dos máis pequenos/as
cantando Parabéns para
ti. Visita
http://ir.gl/c58568
e vai ensaiando!
Malia os datos, o
novo Conselleiro
de Educación non
modificará o Decreto
para o plurilingüismo.
Prefiren un puñado de
votos a garantir o futuro
da nosa lingua.
Tes un neno ou unha nena de
menos de 6 anos? Pois visita
www.aliali.gal, un portal cheo de
recursos para ler, escoitar, ver e
xogar.
Se non tes unha
librería de man,
podes recibir todas as
novidades editoriais
na túa casa coa
revista do Clube
de lectores Biblos.
Infórmate en
www.biblosclube.com
3
A pregunta
?
Como detectar un trastorno
da conduta alimentaria?
En primeiro lugar, aclarar que preocuparse polo peso non ten por que
ser unha cuestión de por si mala. Ó contrario, manterse dentro dun
peso normal é unha cuestión de saúde. Outra cousa ben diferente é
que o noso fillo ou filla converta este tema no centro da súa vida.
Dito isto, insistir en que un trastorno da conduta alimentaria (TCA) é
unha patoloxía grave e cando antes sexamos conscientes do proble-
ma, antes poderemos actuar. Hai que estar especialmente atentos na
adolescencia, que é cando empeza a haber unha preocupación polo
corpo, a moda…, pero iso non quita que se poida presentar noutras
etapas.
Polo que respecta ás manifestacións, poden ser moi diferentes, se-
gundo o trastorno, pero deberían acenderse as alarmas se observa-
mos que o noso fillo ou filla comeza a saltar as comidas, a cortar os
alimentos en anacos moi pequenos ou a marealos no prato para non
acabar comendo case nada, a ir ao baño despois das comidas,
a falar constantemente do seu peso e do
gordo/a que se ve, a mercar la-
xantes ou produtos adelgazan-
tes, a aumentar a actividade
física, a mostrar síntomas de
debilidade… Vai ser moi difícil
que o afectado/a recoñeza o
problema, polo que é esencial
estar atento para, como en to-
das as cuestións que teñen que
ver coa saúde, acudir ao espe-
cialista, que, neste caso, sería, en
primeira instancia, o médico de
atención primaria.
Da lectura.
Pregunta e respostas
Coa desculpa de que
o mes de abril é o mes
dos libros, achégase
ás páxinas de “O
Tema” Pilar Sampedro
para preguntar e
responder sobre o
papel que debe xogar
a familia na iniciación
á lectura.
4
O tema
Pilar Sampedro
[Docente. Traballa actualmente na Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de
Educación]
Se nos preguntamos as razóns polas que é necesa-
rio fomentar a lectura entre os máis pequenos, só
temos que dedicarlle un tempo de reflexión para
que cada unha de nós apunte respostas de moito
peso: porque sen lectura non hai aprendizaxe, por-
que a lectura é a chave académica e profesional que
nos permitirá unha cidadanía verdadeira e real, por-
que nun mundo construído de palabras estaremos
perdidos sen a competencia lectora (a máis transver-
sal e clave de todas), porque pensamos
con palabras e os nosos
esquemas mentais están
feitos con esa argama-
sa… E se fósemos máis
lonxe, chegariamos a
iluminar a importancia
da lectura nese fito que se-
parou a Prehistoria da
Historia en base á apa-
rición da escritura.
Toda familia quere
o mellor para as súas
criaturas, desexa para
elas as máis ricas e felices
experiencias e sabe que
non terá a posibilidade
de logralas sen unha boa
alfabetización (que, na
actualidade, xa debe levar
os apelidos de informacional e mul-
timedia). A lectura (por ser a nai da
competencia para aprender a apren-
der, é dicir, a que lles permitirá estudar ao longo da
vida e pola súa conta) debe contar co apoio de toda
a sociedade; non é suficiente con que se traballe na
escola, senón que ha de ser apoiada por toda a tri-
bo (tal e como o proverbio africano fala da educación de cada rapaz e
rapaza). Facemos falta todos e todas, e en todos os tempos.
A familia é a primeira célula e, como tal, prepárase cando vai recibir
un novo membro recuperando a tradición oral, lembrando os cantos
de berce e os arrolos, os xogos e as cantigas… Daranlle de ler co mes-
mo coidado que lle dan de comer, convértense en lectores por conta
allea para achegarlle os contos que aínda non pode descifrar e vano
acompañando nese camiño de descuberta dos libros. A familia lévao da
man por esa xeografía da lectura que constitúen as librarías
e as bibliotecas, iralle agasallando libros na xusta medida
para construír a biblioteca persoal, a que irá medrando ao
longo dos días. Familia e escola traballan
man a man para introducir a rapazada
no acervo cultural que se foi erguendo
ao longo dos tempos, o herdo que nos
identifica como humanos neste lugar
do mundo que se chama Galicia. Por
iso, esa lectura faise en galego da
mesma maneira que o primeiro
alimento é o
leite, logo virán
outras vian-
das e outras
linguas que com-
pletarán os nosos
bens.
Porque ler
esixe máis esforzo que mirar,
porque necesita moitas horas de
adestramento, porque nunca se acaba de
aprender, xa que sempre haberá un texto
máis difícil e especializado…, non podemos
deixar de man ese empeño. Haberá que insistir arroupando con afecto
e estratexias esa construción do lector.
En tempos de crise hai que volver ao básico, ao máis importante. En
tempos acelerados hai que retomar a calma para pensar onde está o
imprescindible. E a lectura é esa medicina preventiva que sempre nos
serve para evitar o fracaso.
a lectura é esa medicina
preventiva que sempre
nos serve para evitar o
fracaso
6
Lines Salgado
Palabras do ensino
{MEDIACIÓN ESCOLAR}
A mediación escolar é unha práctica que se utiliza
para resolver conflitos de convivencia entre rapaces/
as. Os centros que practican a mediación contan
cun equipo de alumnos/as formados/as para solu-
cionar os problemas que poidan xurdir entre os seus
compañeiros/as. Os mediadores/as teñen que ser
imparciais, gardar a confidencialidade e procurar un
acordo voluntario entre as partes. Son solicitados/as
polos rapaces e rapazas protagonistas do conflito e
intentan que as cousas se arranxen sen ter que acu-
dir á xefatura de estudos ou ao titor. Con todo, hai
sempre un adulto supervisando o desenvolvemento
de todo o proceso.
En varios dos nosos centros xa se ofrece o servizo de
mediación escolar e a experiencia resulta positiva:
os rapaces e rapazas reaccionan mellor entre iguais,
aceptan as recomendacións con máis tranquilidade e
asumen as súas responsabilidades de mellor grado.
Son o exemplo claro de que a resolución pacífica e
dialogada de conflitos é posible.
7
CADENCIASGracia Santorum
Para facer
Para escoitar
Para ler
Salón do Libro Infantil e Xuvenil. O mes de mar-
zo é o mes escollido para o XVI Salón do Libro
Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano leva
como título “Da ciencia á ficción”, explicando que
“as matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física
e a química... esclarecen feitos obxectivos e obser-
vables que inspiraron grandes historias de ficción.
Historias que chegaron e chegarán a converterse en
realidade grazas á ciencia”. Un lugar para pasear,
aprender, gozar... da cultura galega.
Osos [Ed. Kalandraka]. A editorial Kalan-
draka segue a nos proporcionar as obras ines-
quecibles de Maurice Sendak. Nesta ocasión,
Sendak ilustra o sinxelo texto de Ruth Krauss,
convertendo o álbum nunha oseira dirixida por
un neno vestido con traxe de lobo. Un divertido
catálogo de osos que convidan a nenos e nenas
a entrar en escenas ben curiosas onde os osos
son o pano de fondo dun rapaz que persegue
o seu cadelo por roubarlle un seu osiño de pe-
luche.
Non hai berce coma o colo [Ed. Kalandraka].
Quince cantos tradicionais para durmir, quince
temas actualizados recollidos pola xeografía ga-
lega, con Paulo Nogueiras e Magoia Bodega. O
proxecto, que conta con ilustracións de Mario-
na Cabassa, incorpora as voces de Sonia Lebe-
dinsky, Mini e Merchi de Leilía, César Longa,
de Treixadura, Pancho Álvarez, Begoña Riobó
e Segundo Grandío. Imposible non durmir con
esta dozura nos oídos.
Da lingua
O bolígrafo vermello
8
É o noso compañeiro inseparable nesas horas de corrección que
pasamos diante dun feixe de cadernos e de exames, subliñando,
anotando, redactando textos alternativos que melloren a compe-
tencia lingüística do noso alumnado.
Non lle falta traballo, sobre todo cando detectamos
como a lingua das nenas e nenos que enchen as au-
las de Galicia inza de erros gramaticais e ortográ-
ficos, de repeticións léxicas, de incoherencias
semánticas e oración inconexas. E cantas
veces levamos as mans á cabeza!
Mais, ás veces, cegados polo noso
instinto corrector, os/as docentes
tamén abusamos do boli verme-
llo, converténdoo nun ins-
trumento de censura, que
mutila aquilo que nunca
debería ser castigado: o uso
natural do galego non estandari-
zado, pero modélico desde un pun-
to de vista fonético e dialectal.
Porque a esa rapazada que fala galego
como quen bebe auga da fonte non debe-
mos estigmatizala marcando os seus usos lin-
güísticos cun trazo acusador, que mete no mesmo
saco da incorrección un castelanismo ca un dialectalis-
mo, e tende a cualificar con mellor nota un alumno/a que
escribe beirarrúa nos exames (pero fóra da aula ignora o
galego) que outro que distingue a bola do pan da do fútbol,
e aloumiña a pel do seu ghato cando chegha á casa falando ese
ghallegho que algúns docentes consideran unha deturpación
vulgar da normativa da Xunta.
E se cadra xa vai sendo hora de pousar o bolígrafo vermello
cando aínda temos nas aulas nenas e nenos que nos aprenden
a falar ben, e non lles poñen mala nota ás nosas incoherencias
pedagóxicas.

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilsatelite1
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014radiorasca
 

Mais procurados (20)

Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Lajartiño13
Lajartiño13Lajartiño13
Lajartiño13
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11Ollos de aula. Nº 11
Ollos de aula. Nº 11
 
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014
 

Semelhante a Ollos de aula. nº 20

Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019ceipmontemogos
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 6. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 6. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 6. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 6. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Consellos para o fomento da lectura
Consellos para o fomento da lecturaConsellos para o fomento da lectura
Consellos para o fomento da lecturaaurorarra
 

Semelhante a Ollos de aula. nº 20 (19)

Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
 
Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
Guia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudoGuia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudo
 
Tríptico
TrípticoTríptico
Tríptico
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Ollos de aula. nº 6. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 6. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 6. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 6. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Consellos para o fomento da lectura
Consellos para o fomento da lecturaConsellos para o fomento da lectura
Consellos para o fomento da lectura
 
Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Family engagement
Family engagementFamily engagement
Family engagement
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 

Mais de Coordinadora Galega ENDL

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaCoordinadora Galega ENDL
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Coordinadora Galega ENDL
 
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuAxenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

Mais de Coordinadora Galega ENDL (8)

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuAxenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
 
Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 

Último

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 

Último (7)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

Ollos de aula. nº 20

  • 1. deaula OllOs ANO III - Nº 20 - Marzo-abril 2015 Revista para as familias do alumnado A mediación escolar Como detectar un trastorno da conduta alimentaria Familia e lectura
  • 2. 2 Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org ollosdeaula@gmail.com Deseño-maquetación:tallerDD.com Recorda que está en marcha o proceso de admisión e matrícula para o curso 2015- 2016. Tes toda a información en http://ir.gl/c6fad3 Descarga de balde o teclado en galego para Android. Atoparalo en http://ir.gl/8c92 Anima os aniversarios dos máis pequenos/as cantando Parabéns para ti. Visita http://ir.gl/c58568 e vai ensaiando! Malia os datos, o novo Conselleiro de Educación non modificará o Decreto para o plurilingüismo. Prefiren un puñado de votos a garantir o futuro da nosa lingua. Tes un neno ou unha nena de menos de 6 anos? Pois visita www.aliali.gal, un portal cheo de recursos para ler, escoitar, ver e xogar. Se non tes unha librería de man, podes recibir todas as novidades editoriais na túa casa coa revista do Clube de lectores Biblos. Infórmate en www.biblosclube.com
  • 3. 3 A pregunta ? Como detectar un trastorno da conduta alimentaria? En primeiro lugar, aclarar que preocuparse polo peso non ten por que ser unha cuestión de por si mala. Ó contrario, manterse dentro dun peso normal é unha cuestión de saúde. Outra cousa ben diferente é que o noso fillo ou filla converta este tema no centro da súa vida. Dito isto, insistir en que un trastorno da conduta alimentaria (TCA) é unha patoloxía grave e cando antes sexamos conscientes do proble- ma, antes poderemos actuar. Hai que estar especialmente atentos na adolescencia, que é cando empeza a haber unha preocupación polo corpo, a moda…, pero iso non quita que se poida presentar noutras etapas. Polo que respecta ás manifestacións, poden ser moi diferentes, se- gundo o trastorno, pero deberían acenderse as alarmas se observa- mos que o noso fillo ou filla comeza a saltar as comidas, a cortar os alimentos en anacos moi pequenos ou a marealos no prato para non acabar comendo case nada, a ir ao baño despois das comidas, a falar constantemente do seu peso e do gordo/a que se ve, a mercar la- xantes ou produtos adelgazan- tes, a aumentar a actividade física, a mostrar síntomas de debilidade… Vai ser moi difícil que o afectado/a recoñeza o problema, polo que é esencial estar atento para, como en to- das as cuestións que teñen que ver coa saúde, acudir ao espe- cialista, que, neste caso, sería, en primeira instancia, o médico de atención primaria.
  • 4. Da lectura. Pregunta e respostas Coa desculpa de que o mes de abril é o mes dos libros, achégase ás páxinas de “O Tema” Pilar Sampedro para preguntar e responder sobre o papel que debe xogar a familia na iniciación á lectura. 4 O tema Pilar Sampedro [Docente. Traballa actualmente na Asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación] Se nos preguntamos as razóns polas que é necesa- rio fomentar a lectura entre os máis pequenos, só temos que dedicarlle un tempo de reflexión para que cada unha de nós apunte respostas de moito peso: porque sen lectura non hai aprendizaxe, por- que a lectura é a chave académica e profesional que nos permitirá unha cidadanía verdadeira e real, por- que nun mundo construído de palabras estaremos perdidos sen a competencia lectora (a máis transver- sal e clave de todas), porque pensamos con palabras e os nosos esquemas mentais están feitos con esa argama- sa… E se fósemos máis lonxe, chegariamos a iluminar a importancia da lectura nese fito que se- parou a Prehistoria da Historia en base á apa- rición da escritura. Toda familia quere o mellor para as súas criaturas, desexa para elas as máis ricas e felices experiencias e sabe que non terá a posibilidade de logralas sen unha boa alfabetización (que, na actualidade, xa debe levar os apelidos de informacional e mul- timedia). A lectura (por ser a nai da competencia para aprender a apren- der, é dicir, a que lles permitirá estudar ao longo da vida e pola súa conta) debe contar co apoio de toda a sociedade; non é suficiente con que se traballe na escola, senón que ha de ser apoiada por toda a tri-
  • 5. bo (tal e como o proverbio africano fala da educación de cada rapaz e rapaza). Facemos falta todos e todas, e en todos os tempos. A familia é a primeira célula e, como tal, prepárase cando vai recibir un novo membro recuperando a tradición oral, lembrando os cantos de berce e os arrolos, os xogos e as cantigas… Daranlle de ler co mes- mo coidado que lle dan de comer, convértense en lectores por conta allea para achegarlle os contos que aínda non pode descifrar e vano acompañando nese camiño de descuberta dos libros. A familia lévao da man por esa xeografía da lectura que constitúen as librarías e as bibliotecas, iralle agasallando libros na xusta medida para construír a biblioteca persoal, a que irá medrando ao longo dos días. Familia e escola traballan man a man para introducir a rapazada no acervo cultural que se foi erguendo ao longo dos tempos, o herdo que nos identifica como humanos neste lugar do mundo que se chama Galicia. Por iso, esa lectura faise en galego da mesma maneira que o primeiro alimento é o leite, logo virán outras vian- das e outras linguas que com- pletarán os nosos bens. Porque ler esixe máis esforzo que mirar, porque necesita moitas horas de adestramento, porque nunca se acaba de aprender, xa que sempre haberá un texto máis difícil e especializado…, non podemos deixar de man ese empeño. Haberá que insistir arroupando con afecto e estratexias esa construción do lector. En tempos de crise hai que volver ao básico, ao máis importante. En tempos acelerados hai que retomar a calma para pensar onde está o imprescindible. E a lectura é esa medicina preventiva que sempre nos serve para evitar o fracaso. a lectura é esa medicina preventiva que sempre nos serve para evitar o fracaso
  • 6. 6 Lines Salgado Palabras do ensino {MEDIACIÓN ESCOLAR} A mediación escolar é unha práctica que se utiliza para resolver conflitos de convivencia entre rapaces/ as. Os centros que practican a mediación contan cun equipo de alumnos/as formados/as para solu- cionar os problemas que poidan xurdir entre os seus compañeiros/as. Os mediadores/as teñen que ser imparciais, gardar a confidencialidade e procurar un acordo voluntario entre as partes. Son solicitados/as polos rapaces e rapazas protagonistas do conflito e intentan que as cousas se arranxen sen ter que acu- dir á xefatura de estudos ou ao titor. Con todo, hai sempre un adulto supervisando o desenvolvemento de todo o proceso. En varios dos nosos centros xa se ofrece o servizo de mediación escolar e a experiencia resulta positiva: os rapaces e rapazas reaccionan mellor entre iguais, aceptan as recomendacións con máis tranquilidade e asumen as súas responsabilidades de mellor grado. Son o exemplo claro de que a resolución pacífica e dialogada de conflitos é posible.
  • 7. 7 CADENCIASGracia Santorum Para facer Para escoitar Para ler Salón do Libro Infantil e Xuvenil. O mes de mar- zo é o mes escollido para o XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano leva como título “Da ciencia á ficción”, explicando que “as matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química... esclarecen feitos obxectivos e obser- vables que inspiraron grandes historias de ficción. Historias que chegaron e chegarán a converterse en realidade grazas á ciencia”. Un lugar para pasear, aprender, gozar... da cultura galega. Osos [Ed. Kalandraka]. A editorial Kalan- draka segue a nos proporcionar as obras ines- quecibles de Maurice Sendak. Nesta ocasión, Sendak ilustra o sinxelo texto de Ruth Krauss, convertendo o álbum nunha oseira dirixida por un neno vestido con traxe de lobo. Un divertido catálogo de osos que convidan a nenos e nenas a entrar en escenas ben curiosas onde os osos son o pano de fondo dun rapaz que persegue o seu cadelo por roubarlle un seu osiño de pe- luche. Non hai berce coma o colo [Ed. Kalandraka]. Quince cantos tradicionais para durmir, quince temas actualizados recollidos pola xeografía ga- lega, con Paulo Nogueiras e Magoia Bodega. O proxecto, que conta con ilustracións de Mario- na Cabassa, incorpora as voces de Sonia Lebe- dinsky, Mini e Merchi de Leilía, César Longa, de Treixadura, Pancho Álvarez, Begoña Riobó e Segundo Grandío. Imposible non durmir con esta dozura nos oídos.
  • 8. Da lingua O bolígrafo vermello 8 É o noso compañeiro inseparable nesas horas de corrección que pasamos diante dun feixe de cadernos e de exames, subliñando, anotando, redactando textos alternativos que melloren a compe- tencia lingüística do noso alumnado. Non lle falta traballo, sobre todo cando detectamos como a lingua das nenas e nenos que enchen as au- las de Galicia inza de erros gramaticais e ortográ- ficos, de repeticións léxicas, de incoherencias semánticas e oración inconexas. E cantas veces levamos as mans á cabeza! Mais, ás veces, cegados polo noso instinto corrector, os/as docentes tamén abusamos do boli verme- llo, converténdoo nun ins- trumento de censura, que mutila aquilo que nunca debería ser castigado: o uso natural do galego non estandari- zado, pero modélico desde un pun- to de vista fonético e dialectal. Porque a esa rapazada que fala galego como quen bebe auga da fonte non debe- mos estigmatizala marcando os seus usos lin- güísticos cun trazo acusador, que mete no mesmo saco da incorrección un castelanismo ca un dialectalis- mo, e tende a cualificar con mellor nota un alumno/a que escribe beirarrúa nos exames (pero fóra da aula ignora o galego) que outro que distingue a bola do pan da do fútbol, e aloumiña a pel do seu ghato cando chegha á casa falando ese ghallegho que algúns docentes consideran unha deturpación vulgar da normativa da Xunta. E se cadra xa vai sendo hora de pousar o bolígrafo vermello cando aínda temos nas aulas nenas e nenos que nos aprenden a falar ben, e non lles poñen mala nota ás nosas incoherencias pedagóxicas.