SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 19
Baixar para ler offline
CEIP PLURILINGÜE Nº 1 DE TUI
CURSO 2022 - 2023
PROXECTO DE FOMENTO
DO USO DO GALEGO
1 Introdución
Segundo o Decreto 79/2010, do 20 de maio, as linguas constitúen un elemento básico de
identidade cultural e representan un valor fundamental de cohesión dunha comunidade.
Dende o noso centro cremos que a lingua son un patrimonio que hai que coidar e
apostamos polo desenvolvemento da competencia lingüística da lingua galega de forma
efectiva no noso alumnado.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Nº1 de Tui para o curso 2022 – 2023
quedou formalmente constituído o venres 2 de setembro de 2022, conforme ó establecido
no artigo 82 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, e no artigo 63 do Decreto 374/1996, do
17 de outubro.
Neste curso académico, o equipo está formado por:
Andrea Comesaña Estévez (Coordinadora)
Roi Fernández Moreira
Eva Álvarez Vidal
Diego Garrido Prieto
Nataxa Perez de la Fuente Alabau
José Alberto López Vázquez
2 Breve estudo sociolingüístico
Tui pertence á provincia de Pontevedra, forma parte da comarca do Baixo Miño da que é
capital. O noso centro educativo sitúase no centro de Tui (parroquia de O Sagrario), a zona
máis poboada da localidade.
Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade portuguesa de Valença do Minho unha
eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concello, separados tan
só polo río Miño.
O noso centro ten na actualidade 227 alumnos, distribuídos en tres unidades de Educación
Infantil e sete unidades de Educación Primaria.
2.1 Contorna sociolingüística
Para a determinación da situación sociolingüística do noso centro recollemos en decembro
de 2019, información a través de diferentes enquisas a toda a comunidade educativa
(familias – profesorado e alumnado).
2.1.1 Situación sociolingüística das familias.
Con respecto ás familias, conseguiuse a participación de 91 das familias do centro. As
preguntas realizadas e os resultados son os seguintes:
En que lingua aprendeu a falar a vosa filla ou fillo?´
Que lingua se fala habitualmente na vosa casa?
Que lingua fala o voso fillo ou filla?
Valorade os seguintes enunciados segundo vos parezan de acertados.
Se avaliamos os datos, existe un predominio no emprego do castelán pero destaca un
lixeiro aumento na utilización do idioma galego na casa. Porén no ámbito escolar, o
alumnado galego falante utiliza maioritariamente a lingua castelá.
A actitude dos pais / nais cara a utilización do galego no ámbito educativo é positiva xa que,
a gran maioría consideran que a adquisición de dúas ou máis linguas enriquece e inflúe na
maduración dos seus fillos/as.
2.1.2 Situación sociolingüística do profesorado
En canto ó profesorado, dada a súa mobilidade, vimos de renovar os datos sobre os seus
usos lingüísticos.
Estes son os resultados obtidos e as preguntas realizadas:
Que lingua empregas habitualmente?
Que lingua empregas habitualmente no centro educativo?
Que lingua empregas durante os tempos de lecer na escola?
2.1.3 Situación sociolingüística do alumando.
A meirande parte do noso alumnado ten como lingua inicial a lingua castelá, sendo esta a
que emprega habitualmente no eido familiar. No presente curso académico atopámonos
cun lixeiro incremento de alumnado galego falante na etapa de educación infantil. Ademais,
no centro hai alumnado con outras linguas iniciais ou linguas segundas como o portugués,
o árabe, o francés...
Estes son os datos que se extraeron da enquisa ó alumnado:
Cal é a lingua habitual do alumnado?
Lingua habitual da súa familia
Cal é a lingua habitual das familias do alumnado?
Que lingua usa o alumnado no ámbito escolar?
Cal é a actitude do alumnado cara a normalización social do uso do galego?
Dada a pouca presenza do galego na nosa contorna faise, se cabe, máis importante a labor
deste Equipo de Dinamización de Lingua Galega, xa que temos o gran reto de conseguir
que o noso alumnado acade ó final da etapa de primaria unha competencia lingüística
análoga en lingua galega e castelán. Unha labor que supón, a todas luces, unha carreira
de fondo.
2.1.4 Situación sociolingüística da lingua galega no centro
A nosa lingua emprégase a lingua galega en todos os documentos administrativos: notas
informativas, carteis, elementos decorativos, letreiros, etc.
Así mesmo, o galego é a canle de comunicación entre distintos organismos (concello,
consellería, deputación, outros colexios) e familias.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega deste centro vela polo uso da lingua galega
nas distintas comunicacións e intenta fomentar o uso do galego nos tempos de lecer.
Paralelamente, asesora sobre cuestións lingüísticas ó alumnado e profesorado do centro
que así o demande.
Tendo en conta o anterior, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega continuará
propoñendo e colaborando no deseño de actividades variadas co obxectivo de incrementar
a participación do alumnado, profesorado, e familias no uso e aprendizaxe da lingua galega.
Cabe destacar que, ó remate deste curso académico o Proxecto Lingüístico de Centro
renovarase e, polo tanto, actualizaranse todos os datos sociolingüísticos co fin de continuar
axustando a resposta educativa ó alumando de centro.
3 Obxectivos
Atendendo ás competencias do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e de acordo co
artigo 14 do Decreto 79/2010 establecéronse unha serie de obxectivos xerais e liñas de
actuación para o curso 2022 – 2023.
֎ Fomentar o uso do galego entre a comunidade educativa tanto a nivel oral como a
nivel escrito, así como da transmisión do coñecemento da súa cultura entre os
distintos membros da comunidade educativa.
֎ Proporcionar ós membros da comunidade educativa información sobre recursos
educativos, actividades, actos e institucións culturais que fomenten o coñecemento
da cultura e a lingua galega.
֎ Difundir entre a comunidade educativa actividades complementarias e
extraescolares en lingua galega.
֎ Facilitar ó profesorado recursos para o traballo na aula de conmemoracións
relacionadas intrinsecamente coa lingua e a cultura galega.
֎ Informar ó profesorado das actividades de formación que se oferten para mellorar as
súas competencias lingüísticas.
֎ Dinamizar a lectura en lingua galega: elaborando exposicións de libros novidosos en
lingua galega; dar a coñecer xogos de preguntas – respostas en galego (Roteiro de
Galicia, Vacaloura, Ti non es de aquí? Junior).
֎ Poñer en valor as producións orais e escritas en galego a través da radio escolar co
noso programa: “A voz de Athenea”.
֎ Velar polo uso da lingua galega como vehículo de comunicacións oficiais do centro
educativo.
֎ Asesorar ó profesorado na elaboración e difusión de materiais en galego (de carácter
educativo ou administrativo).
֎ Elaborar un novo Proxecto Lingüístico de Centro de cara ó curso 2024 – 2025 a 2027
–2028.
4 Liñas de actuación previstas
֎ Implicar a toda a comunidade educativa na dinamización e normalización da lingua
galega.
֎ Promocionar a comunicación oral e escrita en lingua galega entre os distintos
interlocutores da nosa comunidade educativa tentando transcender tamén a nosa
comunidade próxima (a cidade de Tui):
֎ Celebrar as distintas conmemoracións e efemérides marcadas polo calendario
escolar empregando a lingua galega como vehículo de comunicación.
֎ Manter a docencia en galego nos ámbitos de aprendizaxe, empregando a lingua de
forma interdisciplinar e seguindo un enfoque comunicativo.
֎ Propiciar hábitos de lectura en lingua galega.
֎ Participar activamente nas actividades dos distintos equipos de coordinación
docente do centro para xerar sinerxías que fagan que o galego estea presente e, a
súa promoción, se transfira a todas as actividades do centro.
֎ Promocionar a creación de materiais audiovisuais propios para reducir a fenda de
contido entre o galego e o castelán.
֎ Dar a coñecer un repertorio musical variado en lingua galega a través do fío musical
e das aulas de música.
֎ Achegar ó alumnado a tradición oral e folclórica galega.
֎ Colaborar na elaboración de textos administrativos en lingua galega.
֎ Difundir o traballo levado a cabo desde este equipo a través das redes sociais do
centro, así como do blogue do equipo.
o Redes sociais: https://www.instagram.com/ceipnumero1tui/?hl=es
o Blogue do equipo: https://dinamizacionlinguagalegan1.blogspot.com/
o Web do centro:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/node/838
o Canle de youtube: https://www.youtube.com/@ceipn1tui/videos
5 Actividades previstas para o curso 2022 – 2023
Durante este curso escolar, coa volta á normalidade (despois da pandemia do Covid)
estamos a xerar dinámicas de traballo interniveis, actividades en gran grupo e momentos
de lecer nas que se potencie o uso da lingua galega.
Presentamos polo tanto, de seguido, todas as propostas para o presente curso académico,
algunhas das cales xa foron executadas cun resultado satisfactorio durante o primeiro
trimestre.
5.1 Xaneiro a abril.
֎ Día da paz: luns 30 de xaneiro.
Proxección dun vídeo no que cada grupo – clase nomee algunha acción que vaia en contra
da paz e a substitúa por outra positiva para a paz. Por exemplo: eu digo non a violencia,
digo si ó respecto.
Baile dunha canción en galego de todo o colexio no patio do centro.
֎ Día da muller e a nena na ciencia: Venres 10 de febreiro.
Obradoiro científico por parte de mulleres científicas no clube de ciencias.
֎ Semana do Entroido: 13 – 17 de febreiro.
Realizaremos unha investigación nas aulas das distintas figuras propias do Entroido:
faroleiro, comadres, compadres,....
Exposición en tamaño real de carteis dos distintos personaxes do Entroido galego. Cada
aula elaborará unha representación dunha personaxe coa súa presentación. Así,
achegarémonos ás figuras das pantallas, os peliqueiros ou os merdeiros, entre outros.
Crearemos, deste xeito, o noso propio museo do Entroido.
Desfile de disfraces polo centro.
Concerto musical cun grupo (pendente de determinar).
֎ Día de Rosalía de Castro – 23 de febreiro.
Empregaremos a figura de Rosalía de Castro para achegarnos a distintos oficios en
perigo de desaparecer propios da nosa comunidade, aprendendo a valorar a súa valía
como patrimonio cultural e etnográfico de Galicia.
֎ Aprende xogando – febreiro de 2023.
Xornada de portas abertas ás familias para coñecer distintos xogos de mesa que
permiten e fomentan o uso do galego dunha forma lúdica.
֎ Semana da igualdade: do 6 – 10 de febreiro.
Ciclo de conferencias de mulleres que traballan en oficios tradicionalmente asociados a
homes ou cunha importancia relevante no sector cultural galego.
Creación dun recuncho con material literario coa temática de igualdade.
Obradoiro de igualdade para as familias no marco do programa de Lectura e familias.
֎ Día da poesía – 21 de marzo.
Reforestación poética: en colaboración coa comunidade de montes de Areas, cada curso
elaborará unha poesía inventada coa temática do coidado do medio ambiente.
Fío musical con recitado de poemas de distintos persoeiros da literatura galega.
5.2 Abril – xuño.
֎ Creación de vídeos baixo o título “Dimo en galego”
Creación de vídeos seguindo o modelo do Dighocho eu a través dos que dar a coñecer
frases feitas, refráns e novas palabras en galego á vez que facemos conscientes á
comunidade educativa de usos pouco recomendables para que sexan substituídos.
֎ Semana das Letras Galegas – Semana en galega: do 15 – 19 de maio.
Investigación sobre a figura de Fernández del Riego nas aulas empregando materias que
se difundirán por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Empregaremos de
referencia algúns dos materiais do Seminario Galán.
Elaboración dun podcast sobre o persoeiro homenaxeado.
Obradoiro de música tradicional na biblioteca do centro.
Concerto musical e celebración dun festival das Letras Galegas o 19 de maio na área
panorámica.
֎ Congreso científico: xoves 8 ó sábado 10 de xuño.
Acto no que o alumnado dará a coñecer os produtos elaborados ó longo do curso escolar
nos ámbitos de aprendizaxe. Todos estes produtos serán deseñados, elaborados e
presentados en lingua galega.
5.3 Outras actividades.
֎ Música da semana.
Escoitase música nas entradas e saídas en consonancia co proxecto de centro,
celebracións, épocas do ano...Elaborase un cartel semanal cunha sinxela descrición da
melodía que escoitamos, época histórica e artista en lingua galega.
֎ Participación na Radio Escolar.
Fomentarase o uso do galego de forma oral a través dos distintos programas de radio
escolar. Realizaranse programas quincenalmente que se poden atopar en ivoox baixo o
nome de “A voz de Athenea”.
oA voz de Athenea: https://www.ivoox.com/podcast-ceip-numero-1-
tui_sq_f1917185_1.html
֎ Dinamización da bitácora do EDLG: Ollo Piollo.
Difusión a través do blogue das distintas actividades levadas a cabo por parte do EDLG.
֎ Coordinación coa biblioteca.
O EDLG formará tamén parte do Equipo de biblioteca e coordinarémonos para fomentar a
lectura en galego.
• Elaboración dunha constelación literaria a través da que difundir títulos en
galego de interese para o alumnado.
• Contacontos. Levaranse a cabo distintos contacontos en galego na biblioteca
para achegar o alumnado a distintas tradicións propias de Galicia: Samaín,
Magosto, Entroido...
6 Convivencia con outros centros educativos da nosa contorna e
visitas a institucións.
֎ Aloiada 2022 -2023. O alumnado de 6º de primaria de todos os centros educativos
do Concello de Tui pasa un fin de semana na Serra do Galiñeiro e o Monte Aloia
realizando distintas actividades de educación ambiental.
֎ Xornadas de deporte escolar. Realizaranse distintas xornadas de aproximación a
deportes variados como o bádminton, a loita, etc. nas que convivirá alumnado de
distintos centros educativos. Ademais participaremos nas carreiras de Xogade con
outros colexios da contorna.
֎ Tui le. Actividade conxunta con centros da contorna en colaboración coas bibliotecas
escolares de Tui, a Biblioteca Municipal e a Concellería de Educación.
֎ Saídas pola contorna. Ó longo do curso realizaranse distintas saídas que
favorecerán ó achegamento á cultura galega como por exemplo: a visita a un
albergue de peregrinos, a andaina polas Fragas do Eume, os paseos pola contorna,
a visita a Pontevedra, etc.
7 Evidencias
As evidencias gráficas do que aquí se relata poden atoparse nos distintos canles de
comunicación da escola. Ao mesmo tempo, na memoria axuntaranse novas evidencias.
De ser precisos máis evidencias, serán remitidas previa solicitude das mesmas.
BITÁCORA DO EDLG:https://dinamizacionlinguagalegan1.blogspot.com/
REDES SOCIAIS: https://www.instagram.com/ceipnumero1tui/?hl=es
CANLE DE YOUTUBE: https://www.youtube.com/@ceipn1tui/videos
PÁXINA DO CENTRO: Web do centro:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/node/838
A Coordinadora do EDLG e deste proxecto comprométese a desenvolver as actividades
programadas neste proxecto, sempre e cando, se obteña o financiamento necesario para
a súa execución.
Visto e Prace da DIRECTORA: Asinado pola coordinadora do EDLG.
Dna. Nuria Garabal González Dna. Andrea Comesaña Estévez.
TEMPORALIDADE ACTIVIDADE RESPONSABLES DESTINATARIOS ORZAMENTO MATERIAL NECESARIO
Día da Paz: (30 de
xaneiro)
Elaboración dun vídeo
EDLG
Titores
Comunidade
educativa
20 Euros
Cartolinas e
rotuladores.
Entroido
(13 – 17 de febreiro)
Creación de distintas
personaxes do
Entroido galego.
Decoración de
Entroido
EDLG
Profesorado
Alumnado 160 Euros
Material funxible:
cartolinas, papeis de
cores, tea non tea e
témepras.
Día de Rosalía de
Castro (24 de
febreiro)
Presentación de
distintas profesións
propias de Galicia e
presentes na obra de
Rosalía.
EDLG
Equipo biblioteca
Titores
Comunidade
educativa
70 Euros
Cartón pluma
Material funxible:
láminas de plastificar,
folios, fotocopias,
tesoiras e velcro.
Semana da
Igualdade (6 – 10 de
febreiro).
Entrevistas a mulleres
pioneiras da contorna.
EDLG
Equipo actividades
extraescolares
Profesorado
Comunidade
educativa
60 Euros
Folios, papel continuo,
tóner.
Día da Poesía (21 de
marzo)
Creación de poesías e
plantación de árbores.
EDLG
Equipo de actividades
complementarias e
extraescolares
Profesorado
Coa colaboración da
comunidade de
montes de Areas.
Comunidade
educativa
200 Euros
Pás, regadeiras,
angazos, bolsas, cintas,
sementes, tóner e
folios.
Creación de vídeos
“Dimo en Galego”
Creación de material
audiovisual en galego.
Profesorado
Comunidade
educativa
50 Euros Tea verde para croma.
Semana en galego
(Maio de 2023)
Creación dun podcast
sobre Fernández del
Riego.
Obradoiro música
tradicional.
Actuacións variadas.
Profesorado
EDLG
Comunidade
educativa
150 Euros
Material funxible: folios,
papeis de cores,
fotocopias.
Pandeiretas.
Coñecemento do
patrimonio
(Maio 2023)
Saída pedagóxica con
Sara Quintana,
achegamento ó noso
contorno.
Profesorado
Sara Quintana
Alumnado de
primaria
600 Euros
Saída e material
didáctico
Congreso Científico
(Xuño de 2023)
Difusión das
actividades feitas nos
ámbitos.
Profesorado do centro.
Comunidade
educativa e
veciños da zona.
500 Euros
Material funxible:
cartolinas, plásticos
para plastificar,
fotocopias, ruleta.
Contacontos de
igualdade con Bea
Campos
(Xuño de 2023)
Contacontos con Bea
Campos
Profesorado EDLG
Comunidade
Educativa
459’8 Euros
Actuación de Bea
Campos.
TOTAL 2269,8
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf

Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
satelite1
 
Monferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapurMonferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapur
satelite1
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
cenlf
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
satelite1
 

Semelhante a PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf (20)

Plc
PlcPlc
Plc
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
 
Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Proxecto Xornadas
Proxecto XornadasProxecto Xornadas
Proxecto Xornadas
 
AICLE - Aprendizaxe integrada de contidos e lingua estranxeira
AICLE - Aprendizaxe integrada de contidos e lingua estranxeira AICLE - Aprendizaxe integrada de contidos e lingua estranxeira
AICLE - Aprendizaxe integrada de contidos e lingua estranxeira
 
Obradoiro Proxecto Sociolingüístico Centro
Obradoiro Proxecto Sociolingüístico CentroObradoiro Proxecto Sociolingüístico Centro
Obradoiro Proxecto Sociolingüístico Centro
 
Elaboracion da Planificación Sociolinguistica de Centro, de Mercedes Queixas ...
Elaboracion da Planificación Sociolinguistica de Centro, de Mercedes Queixas ...Elaboracion da Planificación Sociolinguistica de Centro, de Mercedes Queixas ...
Elaboracion da Planificación Sociolinguistica de Centro, de Mercedes Queixas ...
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
 
O Fiadeiro 2007
O Fiadeiro 2007O Fiadeiro 2007
O Fiadeiro 2007
 
Monferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapurMonferosolidario de monfero a anantapur
Monferosolidario de monfero a anantapur
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
Ollos de aula. nº 5
Ollos de aula. nº 5Ollos de aula. nº 5
Ollos de aula. nº 5
 
A Planificación Lingüística no Ensino
A Planificación Lingüística no EnsinoA Planificación Lingüística no Ensino
A Planificación Lingüística no Ensino
 
Por un plurilingüismo inclusivo
Por un plurilingüismo inclusivoPor un plurilingüismo inclusivo
Por un plurilingüismo inclusivo
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadares
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 

Mais de CEIPN1TUI (17)

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
 
Proxecto educativo escaneado.pdf
Proxecto educativo escaneado.pdfProxecto educativo escaneado.pdf
Proxecto educativo escaneado.pdf
 
PROXECTO LECTOR 1.pdf
PROXECTO LECTOR 1.pdfPROXECTO LECTOR 1.pdf
PROXECTO LECTOR 1.pdf
 
PXA 2022-23-2.pdf
PXA 2022-23-2.pdfPXA 2022-23-2.pdf
PXA 2022-23-2.pdf
 
PLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdfPLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdf
 
SETEMBRO BASAL.pdf
SETEMBRO BASAL.pdfSETEMBRO BASAL.pdf
SETEMBRO BASAL.pdf
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdfPlan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
 
Menu Abril.pdf
Menu Abril.pdfMenu Abril.pdf
Menu Abril.pdf
 
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdf
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdfPROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdf
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdf
 
MENÚ DE MARZO
MENÚ DE MARZOMENÚ DE MARZO
MENÚ DE MARZO
 
MENÚ DE FEBREIRO
MENÚ DE FEBREIROMENÚ DE FEBREIRO
MENÚ DE FEBREIRO
 
MENÚ DE XANEIRO
MENÚ DE XANEIROMENÚ DE XANEIRO
MENÚ DE XANEIRO
 
MENÚ DE DECEMBRO
MENÚ DE DECEMBROMENÚ DE DECEMBRO
MENÚ DE DECEMBRO
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
MENÚ NOVEMBRO 2021
MENÚ NOVEMBRO 2021MENÚ NOVEMBRO 2021
MENÚ NOVEMBRO 2021
 
MENÚ OUTUBRO 2021
MENÚ OUTUBRO 2021MENÚ OUTUBRO 2021
MENÚ OUTUBRO 2021
 

Último

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 

PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf

  • 1. CEIP PLURILINGÜE Nº 1 DE TUI CURSO 2022 - 2023 PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO
  • 2. 1 Introdución Segundo o Decreto 79/2010, do 20 de maio, as linguas constitúen un elemento básico de identidade cultural e representan un valor fundamental de cohesión dunha comunidade. Dende o noso centro cremos que a lingua son un patrimonio que hai que coidar e apostamos polo desenvolvemento da competencia lingüística da lingua galega de forma efectiva no noso alumnado. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Nº1 de Tui para o curso 2022 – 2023 quedou formalmente constituído o venres 2 de setembro de 2022, conforme ó establecido no artigo 82 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, e no artigo 63 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro. Neste curso académico, o equipo está formado por: Andrea Comesaña Estévez (Coordinadora) Roi Fernández Moreira Eva Álvarez Vidal Diego Garrido Prieto Nataxa Perez de la Fuente Alabau José Alberto López Vázquez 2 Breve estudo sociolingüístico Tui pertence á provincia de Pontevedra, forma parte da comarca do Baixo Miño da que é capital. O noso centro educativo sitúase no centro de Tui (parroquia de O Sagrario), a zona máis poboada da localidade. Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade portuguesa de Valença do Minho unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concello, separados tan só polo río Miño.
  • 3. O noso centro ten na actualidade 227 alumnos, distribuídos en tres unidades de Educación Infantil e sete unidades de Educación Primaria. 2.1 Contorna sociolingüística Para a determinación da situación sociolingüística do noso centro recollemos en decembro de 2019, información a través de diferentes enquisas a toda a comunidade educativa (familias – profesorado e alumnado). 2.1.1 Situación sociolingüística das familias. Con respecto ás familias, conseguiuse a participación de 91 das familias do centro. As preguntas realizadas e os resultados son os seguintes: En que lingua aprendeu a falar a vosa filla ou fillo?´ Que lingua se fala habitualmente na vosa casa?
  • 4. Que lingua fala o voso fillo ou filla? Valorade os seguintes enunciados segundo vos parezan de acertados. Se avaliamos os datos, existe un predominio no emprego do castelán pero destaca un lixeiro aumento na utilización do idioma galego na casa. Porén no ámbito escolar, o alumnado galego falante utiliza maioritariamente a lingua castelá. A actitude dos pais / nais cara a utilización do galego no ámbito educativo é positiva xa que,
  • 5. a gran maioría consideran que a adquisición de dúas ou máis linguas enriquece e inflúe na maduración dos seus fillos/as. 2.1.2 Situación sociolingüística do profesorado En canto ó profesorado, dada a súa mobilidade, vimos de renovar os datos sobre os seus usos lingüísticos. Estes son os resultados obtidos e as preguntas realizadas: Que lingua empregas habitualmente? Que lingua empregas habitualmente no centro educativo? Que lingua empregas durante os tempos de lecer na escola?
  • 6. 2.1.3 Situación sociolingüística do alumando. A meirande parte do noso alumnado ten como lingua inicial a lingua castelá, sendo esta a que emprega habitualmente no eido familiar. No presente curso académico atopámonos cun lixeiro incremento de alumnado galego falante na etapa de educación infantil. Ademais, no centro hai alumnado con outras linguas iniciais ou linguas segundas como o portugués, o árabe, o francés... Estes son os datos que se extraeron da enquisa ó alumnado: Cal é a lingua habitual do alumnado? Lingua habitual da súa familia Cal é a lingua habitual das familias do alumnado? Que lingua usa o alumnado no ámbito escolar? Cal é a actitude do alumnado cara a normalización social do uso do galego?
  • 7. Dada a pouca presenza do galego na nosa contorna faise, se cabe, máis importante a labor deste Equipo de Dinamización de Lingua Galega, xa que temos o gran reto de conseguir que o noso alumnado acade ó final da etapa de primaria unha competencia lingüística análoga en lingua galega e castelán. Unha labor que supón, a todas luces, unha carreira de fondo. 2.1.4 Situación sociolingüística da lingua galega no centro A nosa lingua emprégase a lingua galega en todos os documentos administrativos: notas informativas, carteis, elementos decorativos, letreiros, etc. Así mesmo, o galego é a canle de comunicación entre distintos organismos (concello, consellería, deputación, outros colexios) e familias. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega deste centro vela polo uso da lingua galega nas distintas comunicacións e intenta fomentar o uso do galego nos tempos de lecer. Paralelamente, asesora sobre cuestións lingüísticas ó alumnado e profesorado do centro que así o demande. Tendo en conta o anterior, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega continuará propoñendo e colaborando no deseño de actividades variadas co obxectivo de incrementar a participación do alumnado, profesorado, e familias no uso e aprendizaxe da lingua galega. Cabe destacar que, ó remate deste curso académico o Proxecto Lingüístico de Centro renovarase e, polo tanto, actualizaranse todos os datos sociolingüísticos co fin de continuar axustando a resposta educativa ó alumando de centro.
  • 8. 3 Obxectivos Atendendo ás competencias do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e de acordo co artigo 14 do Decreto 79/2010 establecéronse unha serie de obxectivos xerais e liñas de actuación para o curso 2022 – 2023. ֎ Fomentar o uso do galego entre a comunidade educativa tanto a nivel oral como a nivel escrito, así como da transmisión do coñecemento da súa cultura entre os distintos membros da comunidade educativa. ֎ Proporcionar ós membros da comunidade educativa información sobre recursos educativos, actividades, actos e institucións culturais que fomenten o coñecemento da cultura e a lingua galega. ֎ Difundir entre a comunidade educativa actividades complementarias e extraescolares en lingua galega. ֎ Facilitar ó profesorado recursos para o traballo na aula de conmemoracións relacionadas intrinsecamente coa lingua e a cultura galega. ֎ Informar ó profesorado das actividades de formación que se oferten para mellorar as súas competencias lingüísticas. ֎ Dinamizar a lectura en lingua galega: elaborando exposicións de libros novidosos en lingua galega; dar a coñecer xogos de preguntas – respostas en galego (Roteiro de Galicia, Vacaloura, Ti non es de aquí? Junior). ֎ Poñer en valor as producións orais e escritas en galego a través da radio escolar co noso programa: “A voz de Athenea”. ֎ Velar polo uso da lingua galega como vehículo de comunicacións oficiais do centro educativo. ֎ Asesorar ó profesorado na elaboración e difusión de materiais en galego (de carácter
  • 9. educativo ou administrativo). ֎ Elaborar un novo Proxecto Lingüístico de Centro de cara ó curso 2024 – 2025 a 2027 –2028. 4 Liñas de actuación previstas ֎ Implicar a toda a comunidade educativa na dinamización e normalización da lingua galega. ֎ Promocionar a comunicación oral e escrita en lingua galega entre os distintos interlocutores da nosa comunidade educativa tentando transcender tamén a nosa comunidade próxima (a cidade de Tui): ֎ Celebrar as distintas conmemoracións e efemérides marcadas polo calendario escolar empregando a lingua galega como vehículo de comunicación. ֎ Manter a docencia en galego nos ámbitos de aprendizaxe, empregando a lingua de forma interdisciplinar e seguindo un enfoque comunicativo. ֎ Propiciar hábitos de lectura en lingua galega. ֎ Participar activamente nas actividades dos distintos equipos de coordinación docente do centro para xerar sinerxías que fagan que o galego estea presente e, a súa promoción, se transfira a todas as actividades do centro. ֎ Promocionar a creación de materiais audiovisuais propios para reducir a fenda de contido entre o galego e o castelán. ֎ Dar a coñecer un repertorio musical variado en lingua galega a través do fío musical e das aulas de música. ֎ Achegar ó alumnado a tradición oral e folclórica galega. ֎ Colaborar na elaboración de textos administrativos en lingua galega. ֎ Difundir o traballo levado a cabo desde este equipo a través das redes sociais do
  • 10. centro, así como do blogue do equipo. o Redes sociais: https://www.instagram.com/ceipnumero1tui/?hl=es o Blogue do equipo: https://dinamizacionlinguagalegan1.blogspot.com/ o Web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/node/838 o Canle de youtube: https://www.youtube.com/@ceipn1tui/videos 5 Actividades previstas para o curso 2022 – 2023 Durante este curso escolar, coa volta á normalidade (despois da pandemia do Covid) estamos a xerar dinámicas de traballo interniveis, actividades en gran grupo e momentos de lecer nas que se potencie o uso da lingua galega. Presentamos polo tanto, de seguido, todas as propostas para o presente curso académico, algunhas das cales xa foron executadas cun resultado satisfactorio durante o primeiro trimestre. 5.1 Xaneiro a abril. ֎ Día da paz: luns 30 de xaneiro. Proxección dun vídeo no que cada grupo – clase nomee algunha acción que vaia en contra da paz e a substitúa por outra positiva para a paz. Por exemplo: eu digo non a violencia, digo si ó respecto. Baile dunha canción en galego de todo o colexio no patio do centro. ֎ Día da muller e a nena na ciencia: Venres 10 de febreiro. Obradoiro científico por parte de mulleres científicas no clube de ciencias. ֎ Semana do Entroido: 13 – 17 de febreiro. Realizaremos unha investigación nas aulas das distintas figuras propias do Entroido:
  • 11. faroleiro, comadres, compadres,.... Exposición en tamaño real de carteis dos distintos personaxes do Entroido galego. Cada aula elaborará unha representación dunha personaxe coa súa presentación. Así, achegarémonos ás figuras das pantallas, os peliqueiros ou os merdeiros, entre outros. Crearemos, deste xeito, o noso propio museo do Entroido. Desfile de disfraces polo centro. Concerto musical cun grupo (pendente de determinar). ֎ Día de Rosalía de Castro – 23 de febreiro. Empregaremos a figura de Rosalía de Castro para achegarnos a distintos oficios en perigo de desaparecer propios da nosa comunidade, aprendendo a valorar a súa valía como patrimonio cultural e etnográfico de Galicia. ֎ Aprende xogando – febreiro de 2023. Xornada de portas abertas ás familias para coñecer distintos xogos de mesa que permiten e fomentan o uso do galego dunha forma lúdica. ֎ Semana da igualdade: do 6 – 10 de febreiro. Ciclo de conferencias de mulleres que traballan en oficios tradicionalmente asociados a homes ou cunha importancia relevante no sector cultural galego. Creación dun recuncho con material literario coa temática de igualdade. Obradoiro de igualdade para as familias no marco do programa de Lectura e familias. ֎ Día da poesía – 21 de marzo. Reforestación poética: en colaboración coa comunidade de montes de Areas, cada curso elaborará unha poesía inventada coa temática do coidado do medio ambiente. Fío musical con recitado de poemas de distintos persoeiros da literatura galega.
  • 12. 5.2 Abril – xuño. ֎ Creación de vídeos baixo o título “Dimo en galego” Creación de vídeos seguindo o modelo do Dighocho eu a través dos que dar a coñecer frases feitas, refráns e novas palabras en galego á vez que facemos conscientes á comunidade educativa de usos pouco recomendables para que sexan substituídos. ֎ Semana das Letras Galegas – Semana en galega: do 15 – 19 de maio. Investigación sobre a figura de Fernández del Riego nas aulas empregando materias que se difundirán por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Empregaremos de referencia algúns dos materiais do Seminario Galán. Elaboración dun podcast sobre o persoeiro homenaxeado. Obradoiro de música tradicional na biblioteca do centro. Concerto musical e celebración dun festival das Letras Galegas o 19 de maio na área panorámica. ֎ Congreso científico: xoves 8 ó sábado 10 de xuño. Acto no que o alumnado dará a coñecer os produtos elaborados ó longo do curso escolar nos ámbitos de aprendizaxe. Todos estes produtos serán deseñados, elaborados e presentados en lingua galega. 5.3 Outras actividades. ֎ Música da semana. Escoitase música nas entradas e saídas en consonancia co proxecto de centro, celebracións, épocas do ano...Elaborase un cartel semanal cunha sinxela descrición da melodía que escoitamos, época histórica e artista en lingua galega.
  • 13. ֎ Participación na Radio Escolar. Fomentarase o uso do galego de forma oral a través dos distintos programas de radio escolar. Realizaranse programas quincenalmente que se poden atopar en ivoox baixo o nome de “A voz de Athenea”. oA voz de Athenea: https://www.ivoox.com/podcast-ceip-numero-1- tui_sq_f1917185_1.html ֎ Dinamización da bitácora do EDLG: Ollo Piollo. Difusión a través do blogue das distintas actividades levadas a cabo por parte do EDLG. ֎ Coordinación coa biblioteca. O EDLG formará tamén parte do Equipo de biblioteca e coordinarémonos para fomentar a lectura en galego. • Elaboración dunha constelación literaria a través da que difundir títulos en galego de interese para o alumnado. • Contacontos. Levaranse a cabo distintos contacontos en galego na biblioteca para achegar o alumnado a distintas tradicións propias de Galicia: Samaín, Magosto, Entroido... 6 Convivencia con outros centros educativos da nosa contorna e visitas a institucións. ֎ Aloiada 2022 -2023. O alumnado de 6º de primaria de todos os centros educativos do Concello de Tui pasa un fin de semana na Serra do Galiñeiro e o Monte Aloia realizando distintas actividades de educación ambiental. ֎ Xornadas de deporte escolar. Realizaranse distintas xornadas de aproximación a deportes variados como o bádminton, a loita, etc. nas que convivirá alumnado de
  • 14. distintos centros educativos. Ademais participaremos nas carreiras de Xogade con outros colexios da contorna. ֎ Tui le. Actividade conxunta con centros da contorna en colaboración coas bibliotecas escolares de Tui, a Biblioteca Municipal e a Concellería de Educación. ֎ Saídas pola contorna. Ó longo do curso realizaranse distintas saídas que favorecerán ó achegamento á cultura galega como por exemplo: a visita a un albergue de peregrinos, a andaina polas Fragas do Eume, os paseos pola contorna, a visita a Pontevedra, etc. 7 Evidencias As evidencias gráficas do que aquí se relata poden atoparse nos distintos canles de comunicación da escola. Ao mesmo tempo, na memoria axuntaranse novas evidencias. De ser precisos máis evidencias, serán remitidas previa solicitude das mesmas. BITÁCORA DO EDLG:https://dinamizacionlinguagalegan1.blogspot.com/ REDES SOCIAIS: https://www.instagram.com/ceipnumero1tui/?hl=es CANLE DE YOUTUBE: https://www.youtube.com/@ceipn1tui/videos PÁXINA DO CENTRO: Web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1tui/node/838 A Coordinadora do EDLG e deste proxecto comprométese a desenvolver as actividades programadas neste proxecto, sempre e cando, se obteña o financiamento necesario para a súa execución. Visto e Prace da DIRECTORA: Asinado pola coordinadora do EDLG.
  • 15. Dna. Nuria Garabal González Dna. Andrea Comesaña Estévez.
  • 16. TEMPORALIDADE ACTIVIDADE RESPONSABLES DESTINATARIOS ORZAMENTO MATERIAL NECESARIO Día da Paz: (30 de xaneiro) Elaboración dun vídeo EDLG Titores Comunidade educativa 20 Euros Cartolinas e rotuladores. Entroido (13 – 17 de febreiro) Creación de distintas personaxes do Entroido galego. Decoración de Entroido EDLG Profesorado Alumnado 160 Euros Material funxible: cartolinas, papeis de cores, tea non tea e témepras. Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) Presentación de distintas profesións propias de Galicia e presentes na obra de Rosalía. EDLG Equipo biblioteca Titores Comunidade educativa 70 Euros Cartón pluma Material funxible: láminas de plastificar, folios, fotocopias, tesoiras e velcro. Semana da Igualdade (6 – 10 de febreiro). Entrevistas a mulleres pioneiras da contorna. EDLG Equipo actividades extraescolares Profesorado Comunidade educativa 60 Euros Folios, papel continuo, tóner.
  • 17. Día da Poesía (21 de marzo) Creación de poesías e plantación de árbores. EDLG Equipo de actividades complementarias e extraescolares Profesorado Coa colaboración da comunidade de montes de Areas. Comunidade educativa 200 Euros Pás, regadeiras, angazos, bolsas, cintas, sementes, tóner e folios. Creación de vídeos “Dimo en Galego” Creación de material audiovisual en galego. Profesorado Comunidade educativa 50 Euros Tea verde para croma. Semana en galego (Maio de 2023) Creación dun podcast sobre Fernández del Riego. Obradoiro música tradicional. Actuacións variadas. Profesorado EDLG Comunidade educativa 150 Euros Material funxible: folios, papeis de cores, fotocopias. Pandeiretas. Coñecemento do patrimonio (Maio 2023) Saída pedagóxica con Sara Quintana, achegamento ó noso contorno. Profesorado Sara Quintana Alumnado de primaria 600 Euros Saída e material didáctico
  • 18. Congreso Científico (Xuño de 2023) Difusión das actividades feitas nos ámbitos. Profesorado do centro. Comunidade educativa e veciños da zona. 500 Euros Material funxible: cartolinas, plásticos para plastificar, fotocopias, ruleta. Contacontos de igualdade con Bea Campos (Xuño de 2023) Contacontos con Bea Campos Profesorado EDLG Comunidade Educativa 459’8 Euros Actuación de Bea Campos. TOTAL 2269,8