SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 11
Baixar para ler offline
Literatura Galega 
do Século XX e da Actualidade 
Ramón Caride 
Ramón Caride Ogando (Cea-Ourense, 1957), é un 
autor moi prolífico especialmente nos campos da 
lírica (Criptografías -2010-, A chuvia humana 
-2012-...) e da narrativa (Soños eléctricos -1992-, 
Sarou -1997-, O sangue dos camiños 2014-...) sen 
esquecer a literatura infanto-xuvenil (Perigo vexetal 
-1995-, As viaxes de Ruki -2014-...). 
Entrevista 
IES Manuel García Barros 
A Estrada 
Texto: © Cc-by-sa-3.0 
Fotos: © Todos os dereitos reservados 
martes 2 de diciembre de 2014
Ramón Caride 
2. 1. Cea, Ourense... que queda en Vostede -e na súa obra- deste espazo nativo? Ten algo que ver coa visión que aparece nun seu 
poema titulado “Ourense néboa” onde se nos falta dun Ourense misterioso, silencioso, escuro... morto? 
Sempre queda algo, ou moito. Se cadra adicarse a algo tan disparatado coma soñar mundos provén dunha inadaptación inicial a este. 
Ese poema pedíronmo para conmemorar un aniversario do colexio de curas onde pasei sete anos. Decidín que ou facía unha cousa 
sinceira, aínda que me doese lembrar, ou non gustase aos demandantes, ou non faría nada. A esta altura, xa non teño porque andar 
con mixiricadas. Tentei ser fiel, trinta anos máis tarde, ás sensacións que tiña naquel momento, e como se di nese mesmo poema, a 
nivel social, “as cousas tampouco mudaron tanto”. 
2. Estuda Bioloxía... e despois a maior parte da súa obra literaria camiña polo vieiro da ciencia e da ficción... ou as dúas unidas: 
ciencia-ficción... Como nos podería xustificar esta escolla temática? 
Non foi unha escolla temática premeditada. As historias escolléronme a min, e non ao revés. Nas máis de cincuenta obras que levo 
publicado hai moito que non é ciencia ficción, pero xa me cansa combatir este tópico, así que quedarei para os restos como autor de 
ciencia-ficción. En canto a que traballo como profesor de ciencias naturais, a relación non é necesariamente causa-efecto, aínda que 
o traballo nas aulas si me permite coñecer á xente nova, e tentar non aburrila de máis nas obras adicadas a eles. 
3. A nosa literatura tivo que ir descubrindo a súa validez para todo tipo de xéneros especialmente na última parte do século pasado. 
Era Vostede consciente que a esta nosa literatura lle faltaba o espazo da ciencia-ficción? 
Era consciente, ciencia-ficción nas novelas galegas non había, e a pouca que había era moi deficiente por falta de formación 
científica dos autores, que viñan do mundo das letras. Pero a miña intención ante todo foi divertirme facendo Soños eléctricos, antes 
que a de cubrir baleiro ningún. 
martes 2 de diciembre de 2014
Ramón Caride 
4. A obra Soños eléctricos vai ser a súa primeira novela longa, vai ser premiada (“Premio Blanco Amor”) e vai marcar un antes e un 
despois na nosa narrativa de ciencia-ficción... Que supuxo para Vostede esta obra? 
Ao comezo unha gran alegría, tiña trinta e cinco anos, e fun un dos gañadores máis novos do premio. Subín a unha nube. Á larga, todo 
se volveu mais complicado, como sempre pasa na vida. Houbo altos e baixos, mesmo teño outras obras, menos valoradas, nas que 
investín máis tempo e esforzo. Como bo galego, non me queixo. Aínda hoxe, atopo xente de trinta e máis anos, que di: “nunca lera 
nada en galego semellante a esa novela”, e alédame. Pero véxome moi lonxe de moitas cousas desa obra, hoxe non as faría así. Isto 
tamén é inevitábel. 
5. A súa primeira novela de literatura infanto-xuvenil foi Perigo vexetal... Que foi o que o animou a continuar co ciclo marcado 
polos personaxes principais até se encontrar precisamente nestes intres a voltas coa quinta obra da serie (O camiño da Estadea)? A 
visión persoal súa non sufriría cambios abondo nestes vinte anos que separan a primeira da quinta, máxime ao falarmos destas novelas 
para un público máis concreto? Chegaremos a ver a sexta tal e como estaba previsto nun principio? 
Un día falando con Manolo Bragado, o director de Xerais, botamos contas e vimos que ía facer vinte anos da publicación de Perigo 
vexetal, en 1995, e unha boa forma de conmemoralo era rematar a serie, redactando por fin a última novela que tiña bocexada hai 
unha chea de anos. Niso ando. Vai ser a séptima aventura, tras Perigo, Ameaza na Antártida, A negrura do mar, O futuro roubado, O 
misterio do prión e A primeira aventura, estas dúas últimas sairon en volume conxunto con A negrura do mar, certo que as hai máis 
longas e máis curtas. Polo de agora, vai ser a última, sempre pensei en sete. Pero nunca se sabe, se cadra as miñas fillas anímanse a 
seguir a saga. 
Evidentemente, máis de dez anos tras A negrura, eu mudei abondo, e Said e Sheila tamén. Esta entrega é moi “jevi”, témome, 
dura e desencantada, pero volvo á resposta da pregunta 1, un autor non ter porque ser complacente nin andar rebaixando a súa 
crítica para agradar, debe ser fiel á obra ante todo. 
martes 2 de diciembre de 2014
Realmente, os relatos desta recompilación xa estaban feitos, aínda que espallados 
ou inencontrábeis, o único que fixen foi ordenalos, corrixilos, e darlles un enfoque 
unitario. Iso si, o relato máis longo do volume, O reinado dos ceos, é totalmente 
novo. Fixen esta antoloxía porque son un gran lector de literatura fantástica, en 
todas as súas vertentes, a tamén porque me apetecía ter un libro cos meus amigos 
da editora Urco, especializada neste tipo de literatura. 
Ramón Caride 
6. E agora vémolo mergullado nunha nova temática: a literatura fantástica de terror 
(Flash Back 13) Por que se inmisciu nesta nova vertente da literatura fantástica? 
7. Vemos que é Vostede un escritor moi prolífico, son moitas as obras que saen da 
súa pluma... Este feito é indicativo de que a nosa literatura está nun momento 
especial ou ben pode ser algo circunstancial? 
Eu só podo falar por min mesmo, non sei como está a literatura galega en xeral. Hai 
problemas abondo, como para empezar a detallalos e non parar. Pero escribir só 
require tres cousas: imaxinación, tempo, e un soporte físico para poñer as letras. En 
canto haxa estas tres cousas seguirá habendo escritores. Pola miña banda, non teño 
planos de futuro. Só dúas obras abertas agora e varias inéditas. O que pasará despois 
non o sei. 
Retrato de Uxía Zamar Barcala 
martes 2 de diciembre de 2014
Ramón Caride 
8. A ecoloxía está moi presente na súa obra literaria -especialmente na infanto-xuvenil- por moito de ficción que sexa... Que procura 
coa presenza deste compromiso? Busca unha fin didáctica ou máis ben un complemento á trama da obra? Falar de ecoloxía no futuro 
será un exemplo para tomarmos conciencia do mal que estamos a facer na actualidade? 
Mirade o mundo como está e vós diredes… Hai unha crise económico-ambiental global. Preocúpame como pai, como cidadán, como 
educador, e tamén como autor, á forza. Todo acaba por saír na ficción, mesmo que un non queira. Evidentemente, non sei con certeza 
como será o futuro, o situar as cousas daquela é un xeito de falar de hoxe mesmo, é claro. 
Foto de Uxía Caride 
martes 2 de diciembre de 2014
Ramón Caride 
9. A chamada “triloxía do lume” (Soños eléctricos / Sarou / O sangue dos camiños) terá continuidade? Foron os recoñecementos que 
recibiu a primeira os que o levaron a continuar até a triloxía actual? 
Entendo que co de triloxía actual vos referides a Exogamia 0.3, Endogamia 0.2 e Singamia 0.1, esta última aínda sen rematar. Pois 
non, esta nova triloxía concebina como tal desde o principio, en cambio De sombras e de lume, é unha triloxía involuntaria de novelas 
independentes e moi distintas entre si en canto a ambientación, extensión, etcétera, que non obstante, teñen fortes semellanzas 
entre elas que me fixeron reunilas nunha triloxía cando me decatei, ao publicar a terceira, O sangue. 
martes 2 de diciembre de 2014
Ramón Caride 
10. A serie da que se falou antes chamada “As aventuras de Said e Sheila” que vai completarse coa quinta obra está ilustrada nada 
menos que por Miguelanxo Prado. Que supuxo para Vostede ver as súas obras con semellante complemento ilustrativo? Habería 
que se parar máis neste apartado complementario? 
Por suposto, Miguel é un gran artista e vello amigo. Contar con el foi esencial para a serie. 
Sería comezar a falar del, e da súa obra, e non parar… 
11. Tamén se achegou Vostede a crear guións para cómics... Podería falarnos aquí de que cómics 
estamos a falar? Cales eran as temáticas destes cómics? 
O guión que fixen parte do relato “Unha dorna vella”, incluído en Sarou/Louzós, pero é outra 
cousa. É outro medio e outra linguaxe, a visual. Teño a sorte de traballar nel cun gran artista e 
vello amigo, Jaime Asensi, pero é un traballo moi lento, pois el tampouco lle pode adicar todas 
as horas en exclusiva a isto. Tardaremos anos en rematalo aínda. 
Foto de J. L. Oubiña 
12. Sabemos que tamén escribiu teatro infantil. Quedou este teatro en simples representacións ou teremos que agardar para velo 
publicado? 
Historia dunha sobreira fíxeno para representar na escola e andivo décadas circulando en fotocopias. Hai uns anos publicouno 
Everest Galicia nunha edición fermosísima e doada de atopar, ilustrada por Suso Cubeiro e con prólogo de Vázquez Pintor. 
Recoméndovola. 
martes 2 de diciembre de 2014
Ramón Caride 
13. Os medios de comunicación tamén tiveron unha fonda presenza súa (series xornalísticas, colaboracións en suplementos 
especialmente literarios, opinión... programas radiofónicos...) Bota de menos a presenza da literatura de noso precisamente nos 
actuais medios de comunicación? 
E tanto! A visibilidade da creación literaria en galego é moi escasa nestes días, moitos espazos desapareceron, internet cubriu algo 
este oco. Eu persoalmente, ando algo afastado porque estes meses me absorve a creación. 
14. Acadou varios premios literarios... Que supuxeron estes recoñecementos para Vostede? Que peso teñen os premios literarios na 
nosa literatura? 
Os cartos nunca veñen mal, e a visibilidade mediática que dan tampouco, representan que máis xente sabe o que fas, e algunha pode 
lerte. Pero hai que relativizar: un premio non engade nada ao texto real da obra, se a novela é infumable sen premio, segue séndoo 
con premio. E a inversa: fracasar nun premio tampouco lle quita nada á novela. 
O peso económico que teñen os premios é excesivo, pero non é culpa dos premios en si mesmos, senón porque case todo o demais 
fallou, ultimamente. No do canon, depende do canonizador, cando llo dan a un amigo o premio volvese máis importante, e viceversa. 
Moitísimas grazas, don Ramón Caride, por permitir mergullármonos na súa narrativa, unha narrativa diferente para nós que 
simplemente fixo enriquecernos literariamente 
martes 2 de diciembre de 2014
CUESTIONARIO 
martes 2 de diciembre de 2014
Un personaxe identifique? 
literario co que se 
Un monumento 
salientábel? 
Calquera petroglifo, 
tan actual coma 
futurista 
Un/ha autor/-a e unha obra 
literaria galegos? 
Unha película de cine? 
Un personaxe galego e un estranxeiro? 
Teresa Romero e Pablo Iglesias, xa que 
están de moda os dous estes días 
Cal é a súa fonte de 
inspiración 
literaria 
obra autor/-estranxeiros? 
a e unha Un/ha Agora estou relendo todos os relatos de Julio 
Cortázar, BESTIARIO, TODOS LOS 
FUEGOS EL FUEGO, etce´tera e tamén os 
CUENTOS COMPLETOS de J.G. Ballard, 
parécenme dous autores prodixiosos. 
Darío Gancedo, é o meu alter-ego na 
novela O SANGUE DOS CAMIÑOS 
e nalgúns relatos de DEDRE 
Teño dous grandes autores e amigos non moi 
recoñecidos cunha obra inxente: Xoán Fuentes Castro, 
por exemplo coa novela A TORRE NO DESERTO, e 
Xosé Váquez Pintor, con SEARA, entre moitos outros 
Marcos, 
Sierra, Quintiá… 
Xesús Manuel Xurxo Xerardo máis novos: A vida, cal senón? 
Acabo de ver RELATOS 
SALVAJES, unha peli 
arxentina, redonda e dura. 
Unha obra teatral? 
A ENGRANAXE de 
J.P. Sartre, cada vez 
máis actual 
martes 2 de diciembre de 2014
Un feito histórico? 
Un anceio por realizar? 
Ver un texto meu levado ao 
cine 
Un lugar para visitar? e un lugar 
para descansar? 
Marrackech ou México. O Caribe 
Mundo rural/urbano? Praia/ 
montaña? 
Son rural e de montaña, por 
iso vivo á beira do mar 
A publicación de A 
ORIXE DAS 
ESPECIES de 
Charles Darwin 
Unha utopía? 
Ver unha democracia 
democrática, e non o 
remedo que 
padecemos. 
Un tipo de música? Unha 
canción? 
Calquera dos Rolling Stones, os 
Who, David Bowie… 
Un lugar axeitado para a 
lectura? 
A miña casa 
Un/ha autor/-a con quen se 
identifique? 
Calquera ao que lea e disfrute, pode ser Alice 
Munro ou Frank Miller 
Outro entretemento 
ademais da lectura? 
Pasear, falar, estar coa 
familia e os amigos. Vivir, 
coma calquera 
martes 2 de diciembre de 2014

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivastudense
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaAsnosasletras
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelatombcentoira
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...Román Landín
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsBibliotecaRevoltas
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezAsnosasletras
 
Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5cigformacion
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coelloAsnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 

Mais procurados (19)

Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelato
 
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
A literatura. Características da linguaxe literaria. Os xéneros literarios (1...
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Euloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibalEuloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibal
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 

Destaque

Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoAsnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.Asnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 

Destaque (9)

Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
Feito por: Laura Fernández García e Isabel Pena Rey.
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 

Semelhante a Entrevista a Ramón Caride

Semelhante a Entrevista a Ramón Caride (20)

Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisón
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Anton riveiro coello
Anton riveiro coelloAnton riveiro coello
Anton riveiro coello
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Martinez oca
Martinez ocaMartinez oca
Martinez oca
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Manuel lourenzo
Manuel lourenzoManuel lourenzo
Manuel lourenzo
 
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015Guía_lectura_Nadal_2015
Guía_lectura_Nadal_2015
 

Mais de Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 

Mais de Asnosasletras (14)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 

Entrevista a Ramón Caride

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Ramón Caride Ramón Caride Ogando (Cea-Ourense, 1957), é un autor moi prolífico especialmente nos campos da lírica (Criptografías -2010-, A chuvia humana -2012-...) e da narrativa (Soños eléctricos -1992-, Sarou -1997-, O sangue dos camiños 2014-...) sen esquecer a literatura infanto-xuvenil (Perigo vexetal -1995-, As viaxes de Ruki -2014-...). Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados martes 2 de diciembre de 2014
  • 2. Ramón Caride 2. 1. Cea, Ourense... que queda en Vostede -e na súa obra- deste espazo nativo? Ten algo que ver coa visión que aparece nun seu poema titulado “Ourense néboa” onde se nos falta dun Ourense misterioso, silencioso, escuro... morto? Sempre queda algo, ou moito. Se cadra adicarse a algo tan disparatado coma soñar mundos provén dunha inadaptación inicial a este. Ese poema pedíronmo para conmemorar un aniversario do colexio de curas onde pasei sete anos. Decidín que ou facía unha cousa sinceira, aínda que me doese lembrar, ou non gustase aos demandantes, ou non faría nada. A esta altura, xa non teño porque andar con mixiricadas. Tentei ser fiel, trinta anos máis tarde, ás sensacións que tiña naquel momento, e como se di nese mesmo poema, a nivel social, “as cousas tampouco mudaron tanto”. 2. Estuda Bioloxía... e despois a maior parte da súa obra literaria camiña polo vieiro da ciencia e da ficción... ou as dúas unidas: ciencia-ficción... Como nos podería xustificar esta escolla temática? Non foi unha escolla temática premeditada. As historias escolléronme a min, e non ao revés. Nas máis de cincuenta obras que levo publicado hai moito que non é ciencia ficción, pero xa me cansa combatir este tópico, así que quedarei para os restos como autor de ciencia-ficción. En canto a que traballo como profesor de ciencias naturais, a relación non é necesariamente causa-efecto, aínda que o traballo nas aulas si me permite coñecer á xente nova, e tentar non aburrila de máis nas obras adicadas a eles. 3. A nosa literatura tivo que ir descubrindo a súa validez para todo tipo de xéneros especialmente na última parte do século pasado. Era Vostede consciente que a esta nosa literatura lle faltaba o espazo da ciencia-ficción? Era consciente, ciencia-ficción nas novelas galegas non había, e a pouca que había era moi deficiente por falta de formación científica dos autores, que viñan do mundo das letras. Pero a miña intención ante todo foi divertirme facendo Soños eléctricos, antes que a de cubrir baleiro ningún. martes 2 de diciembre de 2014
  • 3. Ramón Caride 4. A obra Soños eléctricos vai ser a súa primeira novela longa, vai ser premiada (“Premio Blanco Amor”) e vai marcar un antes e un despois na nosa narrativa de ciencia-ficción... Que supuxo para Vostede esta obra? Ao comezo unha gran alegría, tiña trinta e cinco anos, e fun un dos gañadores máis novos do premio. Subín a unha nube. Á larga, todo se volveu mais complicado, como sempre pasa na vida. Houbo altos e baixos, mesmo teño outras obras, menos valoradas, nas que investín máis tempo e esforzo. Como bo galego, non me queixo. Aínda hoxe, atopo xente de trinta e máis anos, que di: “nunca lera nada en galego semellante a esa novela”, e alédame. Pero véxome moi lonxe de moitas cousas desa obra, hoxe non as faría así. Isto tamén é inevitábel. 5. A súa primeira novela de literatura infanto-xuvenil foi Perigo vexetal... Que foi o que o animou a continuar co ciclo marcado polos personaxes principais até se encontrar precisamente nestes intres a voltas coa quinta obra da serie (O camiño da Estadea)? A visión persoal súa non sufriría cambios abondo nestes vinte anos que separan a primeira da quinta, máxime ao falarmos destas novelas para un público máis concreto? Chegaremos a ver a sexta tal e como estaba previsto nun principio? Un día falando con Manolo Bragado, o director de Xerais, botamos contas e vimos que ía facer vinte anos da publicación de Perigo vexetal, en 1995, e unha boa forma de conmemoralo era rematar a serie, redactando por fin a última novela que tiña bocexada hai unha chea de anos. Niso ando. Vai ser a séptima aventura, tras Perigo, Ameaza na Antártida, A negrura do mar, O futuro roubado, O misterio do prión e A primeira aventura, estas dúas últimas sairon en volume conxunto con A negrura do mar, certo que as hai máis longas e máis curtas. Polo de agora, vai ser a última, sempre pensei en sete. Pero nunca se sabe, se cadra as miñas fillas anímanse a seguir a saga. Evidentemente, máis de dez anos tras A negrura, eu mudei abondo, e Said e Sheila tamén. Esta entrega é moi “jevi”, témome, dura e desencantada, pero volvo á resposta da pregunta 1, un autor non ter porque ser complacente nin andar rebaixando a súa crítica para agradar, debe ser fiel á obra ante todo. martes 2 de diciembre de 2014
  • 4. Realmente, os relatos desta recompilación xa estaban feitos, aínda que espallados ou inencontrábeis, o único que fixen foi ordenalos, corrixilos, e darlles un enfoque unitario. Iso si, o relato máis longo do volume, O reinado dos ceos, é totalmente novo. Fixen esta antoloxía porque son un gran lector de literatura fantástica, en todas as súas vertentes, a tamén porque me apetecía ter un libro cos meus amigos da editora Urco, especializada neste tipo de literatura. Ramón Caride 6. E agora vémolo mergullado nunha nova temática: a literatura fantástica de terror (Flash Back 13) Por que se inmisciu nesta nova vertente da literatura fantástica? 7. Vemos que é Vostede un escritor moi prolífico, son moitas as obras que saen da súa pluma... Este feito é indicativo de que a nosa literatura está nun momento especial ou ben pode ser algo circunstancial? Eu só podo falar por min mesmo, non sei como está a literatura galega en xeral. Hai problemas abondo, como para empezar a detallalos e non parar. Pero escribir só require tres cousas: imaxinación, tempo, e un soporte físico para poñer as letras. En canto haxa estas tres cousas seguirá habendo escritores. Pola miña banda, non teño planos de futuro. Só dúas obras abertas agora e varias inéditas. O que pasará despois non o sei. Retrato de Uxía Zamar Barcala martes 2 de diciembre de 2014
  • 5. Ramón Caride 8. A ecoloxía está moi presente na súa obra literaria -especialmente na infanto-xuvenil- por moito de ficción que sexa... Que procura coa presenza deste compromiso? Busca unha fin didáctica ou máis ben un complemento á trama da obra? Falar de ecoloxía no futuro será un exemplo para tomarmos conciencia do mal que estamos a facer na actualidade? Mirade o mundo como está e vós diredes… Hai unha crise económico-ambiental global. Preocúpame como pai, como cidadán, como educador, e tamén como autor, á forza. Todo acaba por saír na ficción, mesmo que un non queira. Evidentemente, non sei con certeza como será o futuro, o situar as cousas daquela é un xeito de falar de hoxe mesmo, é claro. Foto de Uxía Caride martes 2 de diciembre de 2014
  • 6. Ramón Caride 9. A chamada “triloxía do lume” (Soños eléctricos / Sarou / O sangue dos camiños) terá continuidade? Foron os recoñecementos que recibiu a primeira os que o levaron a continuar até a triloxía actual? Entendo que co de triloxía actual vos referides a Exogamia 0.3, Endogamia 0.2 e Singamia 0.1, esta última aínda sen rematar. Pois non, esta nova triloxía concebina como tal desde o principio, en cambio De sombras e de lume, é unha triloxía involuntaria de novelas independentes e moi distintas entre si en canto a ambientación, extensión, etcétera, que non obstante, teñen fortes semellanzas entre elas que me fixeron reunilas nunha triloxía cando me decatei, ao publicar a terceira, O sangue. martes 2 de diciembre de 2014
  • 7. Ramón Caride 10. A serie da que se falou antes chamada “As aventuras de Said e Sheila” que vai completarse coa quinta obra está ilustrada nada menos que por Miguelanxo Prado. Que supuxo para Vostede ver as súas obras con semellante complemento ilustrativo? Habería que se parar máis neste apartado complementario? Por suposto, Miguel é un gran artista e vello amigo. Contar con el foi esencial para a serie. Sería comezar a falar del, e da súa obra, e non parar… 11. Tamén se achegou Vostede a crear guións para cómics... Podería falarnos aquí de que cómics estamos a falar? Cales eran as temáticas destes cómics? O guión que fixen parte do relato “Unha dorna vella”, incluído en Sarou/Louzós, pero é outra cousa. É outro medio e outra linguaxe, a visual. Teño a sorte de traballar nel cun gran artista e vello amigo, Jaime Asensi, pero é un traballo moi lento, pois el tampouco lle pode adicar todas as horas en exclusiva a isto. Tardaremos anos en rematalo aínda. Foto de J. L. Oubiña 12. Sabemos que tamén escribiu teatro infantil. Quedou este teatro en simples representacións ou teremos que agardar para velo publicado? Historia dunha sobreira fíxeno para representar na escola e andivo décadas circulando en fotocopias. Hai uns anos publicouno Everest Galicia nunha edición fermosísima e doada de atopar, ilustrada por Suso Cubeiro e con prólogo de Vázquez Pintor. Recoméndovola. martes 2 de diciembre de 2014
  • 8. Ramón Caride 13. Os medios de comunicación tamén tiveron unha fonda presenza súa (series xornalísticas, colaboracións en suplementos especialmente literarios, opinión... programas radiofónicos...) Bota de menos a presenza da literatura de noso precisamente nos actuais medios de comunicación? E tanto! A visibilidade da creación literaria en galego é moi escasa nestes días, moitos espazos desapareceron, internet cubriu algo este oco. Eu persoalmente, ando algo afastado porque estes meses me absorve a creación. 14. Acadou varios premios literarios... Que supuxeron estes recoñecementos para Vostede? Que peso teñen os premios literarios na nosa literatura? Os cartos nunca veñen mal, e a visibilidade mediática que dan tampouco, representan que máis xente sabe o que fas, e algunha pode lerte. Pero hai que relativizar: un premio non engade nada ao texto real da obra, se a novela é infumable sen premio, segue séndoo con premio. E a inversa: fracasar nun premio tampouco lle quita nada á novela. O peso económico que teñen os premios é excesivo, pero non é culpa dos premios en si mesmos, senón porque case todo o demais fallou, ultimamente. No do canon, depende do canonizador, cando llo dan a un amigo o premio volvese máis importante, e viceversa. Moitísimas grazas, don Ramón Caride, por permitir mergullármonos na súa narrativa, unha narrativa diferente para nós que simplemente fixo enriquecernos literariamente martes 2 de diciembre de 2014
  • 9. CUESTIONARIO martes 2 de diciembre de 2014
  • 10. Un personaxe identifique? literario co que se Un monumento salientábel? Calquera petroglifo, tan actual coma futurista Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Unha película de cine? Un personaxe galego e un estranxeiro? Teresa Romero e Pablo Iglesias, xa que están de moda os dous estes días Cal é a súa fonte de inspiración literaria obra autor/-estranxeiros? a e unha Un/ha Agora estou relendo todos os relatos de Julio Cortázar, BESTIARIO, TODOS LOS FUEGOS EL FUEGO, etce´tera e tamén os CUENTOS COMPLETOS de J.G. Ballard, parécenme dous autores prodixiosos. Darío Gancedo, é o meu alter-ego na novela O SANGUE DOS CAMIÑOS e nalgúns relatos de DEDRE Teño dous grandes autores e amigos non moi recoñecidos cunha obra inxente: Xoán Fuentes Castro, por exemplo coa novela A TORRE NO DESERTO, e Xosé Váquez Pintor, con SEARA, entre moitos outros Marcos, Sierra, Quintiá… Xesús Manuel Xurxo Xerardo máis novos: A vida, cal senón? Acabo de ver RELATOS SALVAJES, unha peli arxentina, redonda e dura. Unha obra teatral? A ENGRANAXE de J.P. Sartre, cada vez máis actual martes 2 de diciembre de 2014
  • 11. Un feito histórico? Un anceio por realizar? Ver un texto meu levado ao cine Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Marrackech ou México. O Caribe Mundo rural/urbano? Praia/ montaña? Son rural e de montaña, por iso vivo á beira do mar A publicación de A ORIXE DAS ESPECIES de Charles Darwin Unha utopía? Ver unha democracia democrática, e non o remedo que padecemos. Un tipo de música? Unha canción? Calquera dos Rolling Stones, os Who, David Bowie… Un lugar axeitado para a lectura? A miña casa Un/ha autor/-a con quen se identifique? Calquera ao que lea e disfrute, pode ser Alice Munro ou Frank Miller Outro entretemento ademais da lectura? Pasear, falar, estar coa familia e os amigos. Vivir, coma calquera martes 2 de diciembre de 2014