SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 8
Baixar para ler offline
Bieito Iglesias
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
Bieito Iglesias Araúxo é un escritor galego, nacido en Ourense 
o ano 1957. Foi fillo de emigrantes, o que influíu na súa obra.
Licenciouse en Historia e foi profesor de lingua e literatura
galega. Ademais colabora en periódicos e revistas como A
Nosa Terra, La Voz de Galicia, Grial ou Tempos Novos e
traduciu a Arthur Conan Doyle ao galego. Dalgúns dos premios
que gañou destacan o Premio Merlín en el 1999, por A noite
das cabras do aire, o premio García Barros de novela no 2001,
por A historia escríbese de noite e o premio da Asociación de
Escritores na Lingua Galega á mellor traxectoria de
periodismo cultural no 2011, concedido en 2012.
jueves 20 de abril de 2017
Bieito Iglesias
1.Ourense foi a súa cidade de nacemento, o espazo dalgunha da súa narrativa... mais Santiago
de Compostela foi outra cousa, non? E incluso vimos por aí que Vostede “viviu tres
Santiagos”...
Santiago foi o encontro coa mocidade de toda Galiza e coas secuelas do movemento estudiantil de
maio do sesenta e oito.
2. O seu aparecer literario foi un tanto dardío e nunha entrevista do xornal La Voz de Galicia
dixo «se empezara antes igual me arrepentía das obras escritas» En que cambiou a súa visión
do mundo?
Empecei aos trinta anos e aforreime as dúbidas que tería se rompese a escribir de máis rapaz,
pero logo sucedéronse dous ou tres escritores que asinan co meu nome, porque un muda cada
tantiños anos ou fosilízase.
3.E o seu debut literario produciuse con Aventura en Nassau... Por que este espazo lonxano
das Bahamas para a súa primeira novela publicada -inda que xa ben anos antes un longo
relatou seu viaxara até Luanda-?
Luanda sucedía en Ourense e no Porto, agora Aventura en Nassau si que supuxo unha fuxida
consciente cara outros escenarios. A maior parte da miña obra ambiéntase en Galiza pero tamén
me gusta viaxar por outras xeografías.
jueves 20 de abril de 2017
Bieito Iglesias
4. A súa incursión na literatura infantil e xuvenil produciuse coa obra A noite das cabras do aire -Premio Merlín-. Con todos os
recoñecementos, por que non voltar a este público literario?
Escribín con gusto unha nouvelle de misterio que poden ler mozotes ou xente de calquera idade, pero trátase dun traballo ocasional.
Non teño vocación de escritor infanto-xuvenil.
5. No ano 2001 a súa novela A historia escríbese de noite acadou un dos premios narrativos
máis importantes da nosa literatura. Que supuxo este recoñecemento?
O premio xa me pillou grandiño e polo tanto non me fixo tolear. De calquera maneira sempre se
agradece un pequeno recoñecemento ao traballo.
6. Por certo, unha novela irónica, divertida, “grotesca” -como se di por aí- sobre o mundo
da prostitución en Galiza... Que pretendeu con esta súa novela?
A novela trataba sobre todo da crise dunha parella (divorcio, fillos compartillados) e logo
incluía dúas tramas secundarias: unha novela histórica sobre o carlismo catalán do XIX e unha
sátira sobre o paroxismo sexual contemporáneo.
7. Cos catro longos relatos que conforman a súa Miss Ourense pretendeu quizais mergullarse
no xénero detectivesco, policíaco...? Un xénero que, dende logo, nestes momentos goza
dunha forte saúde na nosa literatura...
Cando saíu Miss Ourense aínda non estaba tan na moda o xénero negro. A min sempre me
interesou como lector, desde a primeira mocidade, de modo que me encontrei cómodo nesa
fórmula.
jueves 20 de abril de 2017
Bieito Iglesias
8. E con O mellor francés de Barcelona (Premio da Crítica de GalicIa do ano 1999)
outra volta aos relatos... Como se sente máis a gusto, escribindo unha novela longa ou
co relato, por moito que unha serie destes puider configurar realmente unha longa
novela?
Son un escritor fundamentalmente de media distancia, non me vexo como velocista nin
como maratoniano.
9. Para lermos a Arthur Conan Doyle no noso idioma temos que recorrer practicamente
ás súas traducións. Puideron estas ser os alicerces da súa posterior novelística?
Algún pastiche de Holmes escribín logo da tradución, no entanto a miña novelística vén
doutras fontes: Faulkner, Nabokov, Eduardo Blanco Amor, etc.
10. Ás veces pensamos que traducir literatura é do máis doado para quen manexe
idiomas... Non é isto un erro xa que lle hai que dar certa “literatura” á propia obra
orixinal?
A tradución vén sendo unha recreación, por iso o gran desafío á hora de trasladar Conan
Doyle ao galego consistía en darlle voz no noso idioma a personaxes vitorianos.
jueves 20 de abril de 2017
Bieito Iglesias
11. Ultimamente tamén vimos saír lírica da súa pluma -A última música das cousas-.
Unha nova experiencia literaria ou máis ben xa vén de atrás?
Unha estrada secundaria. A corrente central da miña escrita indica que son un prosador
ficcionista aínda que tamén poida escribir versos.
12. Tampouco o xornalismo lle é alleo e incluso foi merecente dun premio como o
“Blanco Torres” por Barcos a pique e tamén un recoñecemento pola AELG pola súa
traxectoria xornalística. Pois daquela temos que lle preguntar a súa opinión verbo da
situación do noso xornalismo actual...
O xornalismo literario foi outra estrada secundaria pola que circulei, neste caso durante
moitos anos. O xornalismo non literario, hoxe e sempre, é propaganda da guerra dos
donos dos medios.
13. E xa vai alá máis dun lustro dende a súa última publicación narrativa... para cando
outra(s) obra(s) narrativa(s) de Bieito Iglesias?
Nunca se sabe, eu planifico pouco, escribo só cando me sae de adentro.
14. E para rematarmos, como enxerga Vostede o futuro da nosa literatura?
A literatura, a arte en xeral, depende do talento e o talento acontece, como un milagre.
así pois, mañá pode nacer na Estrada un Shakespeare. Outra cousa é a literatura en
galego. Para que esta exista, terá que perdurar o noso idioma e iso xa é un asunto
político.
jueves 20 de abril de 2017
CUESTIONARIO
jueves 20 de abril de 2017
O Panteón de
Agrippa
Un monumento
salientábel?
“A esmorga”.
Blanco Amor.
Un/ha autor/-a galego?
Un personaxe galego e
un estranxeiro/-a?
John Silver o Longo
Un personaxe literario co que
se identifique?
A vida
Cal é a súa fonte de
inspiración?
A anxo azul; Amarcord; O terceiro
home
Unha película de cine?
Unha obra teatral?
Divinas palabras, de Valle Inclán
Pálido Lume. V Nabokov
Un/ha autor/-a e unha obra
estranxeira?
Rañolas, Julien Sorel
jueves 20 de abril de 2017
Vivir unha
tempada nun
hotel suízo
Un anceio por realizar?
Unha vila mediana
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
Roma
A guerra do Vietnam
Un feito histórico?
Percorrer o
Amazonas
Unha utopía?
A cama
Un lugar axeitado para a
lectura?
Je ne regrette rien por Edith
Piaf
Un tipo de música? Unhacanción?
Saul Belllow
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
O cinema
Outro entretemento
ademais da lectura?
jueves 20 de abril de 2017

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
Asnosasletras
 

Mais procurados (20)

Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Traballo libro
Traballo libroTraballo libro
Traballo libro
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Erros e tanatos
Erros e tanatosErros e tanatos
Erros e tanatos
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativa
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativaCarlos Casares (1941 2002): obra narrativa
Carlos Casares (1941 2002): obra narrativa
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moasEntrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
 
Carlos Casares Mouriño
Carlos Casares MouriñoCarlos Casares Mouriño
Carlos Casares Mouriño
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
O meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatosO meu libro erros e tánatos
O meu libro erros e tánatos
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Cartas de inverno
Cartas de invernoCartas de inverno
Cartas de inverno
 

Semelhante a Entrevista bieito iglesias

Presentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixidaPresentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixida
trafegosamilleiros
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisón
Asnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
Asnosasletras
 

Semelhante a Entrevista bieito iglesias (20)

Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Álvaro Cunqueiro
Álvaro CunqueiroÁlvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Presentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixidaPresentacón gallego andrea corrixida
Presentacón gallego andrea corrixida
 
Entrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisónEntrevista xesús pisón
Entrevista xesús pisón
 
Entrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo FernándezEntrevista Miguel Anxo Fernández
Entrevista Miguel Anxo Fernández
 
Xabier alcalá
Xabier alcaláXabier alcalá
Xabier alcalá
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor
 
Autores letras galegas
Autores letras galegasAutores letras galegas
Autores letras galegas
 

Mais de Asnosasletras

Mais de Asnosasletras (17)

Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Último

Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (11)

Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

Entrevista bieito iglesias

  • 1. Bieito Iglesias Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Bieito Iglesias Araúxo é un escritor galego, nacido en Ourense  o ano 1957. Foi fillo de emigrantes, o que influíu na súa obra. Licenciouse en Historia e foi profesor de lingua e literatura galega. Ademais colabora en periódicos e revistas como A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Grial ou Tempos Novos e traduciu a Arthur Conan Doyle ao galego. Dalgúns dos premios que gañou destacan o Premio Merlín en el 1999, por A noite das cabras do aire, o premio García Barros de novela no 2001, por A historia escríbese de noite e o premio da Asociación de Escritores na Lingua Galega á mellor traxectoria de periodismo cultural no 2011, concedido en 2012. jueves 20 de abril de 2017
  • 2. Bieito Iglesias 1.Ourense foi a súa cidade de nacemento, o espazo dalgunha da súa narrativa... mais Santiago de Compostela foi outra cousa, non? E incluso vimos por aí que Vostede “viviu tres Santiagos”... Santiago foi o encontro coa mocidade de toda Galiza e coas secuelas do movemento estudiantil de maio do sesenta e oito. 2. O seu aparecer literario foi un tanto dardío e nunha entrevista do xornal La Voz de Galicia dixo «se empezara antes igual me arrepentía das obras escritas» En que cambiou a súa visión do mundo? Empecei aos trinta anos e aforreime as dúbidas que tería se rompese a escribir de máis rapaz, pero logo sucedéronse dous ou tres escritores que asinan co meu nome, porque un muda cada tantiños anos ou fosilízase. 3.E o seu debut literario produciuse con Aventura en Nassau... Por que este espazo lonxano das Bahamas para a súa primeira novela publicada -inda que xa ben anos antes un longo relatou seu viaxara até Luanda-? Luanda sucedía en Ourense e no Porto, agora Aventura en Nassau si que supuxo unha fuxida consciente cara outros escenarios. A maior parte da miña obra ambiéntase en Galiza pero tamén me gusta viaxar por outras xeografías. jueves 20 de abril de 2017
  • 3. Bieito Iglesias 4. A súa incursión na literatura infantil e xuvenil produciuse coa obra A noite das cabras do aire -Premio Merlín-. Con todos os recoñecementos, por que non voltar a este público literario? Escribín con gusto unha nouvelle de misterio que poden ler mozotes ou xente de calquera idade, pero trátase dun traballo ocasional. Non teño vocación de escritor infanto-xuvenil. 5. No ano 2001 a súa novela A historia escríbese de noite acadou un dos premios narrativos máis importantes da nosa literatura. Que supuxo este recoñecemento? O premio xa me pillou grandiño e polo tanto non me fixo tolear. De calquera maneira sempre se agradece un pequeno recoñecemento ao traballo. 6. Por certo, unha novela irónica, divertida, “grotesca” -como se di por aí- sobre o mundo da prostitución en Galiza... Que pretendeu con esta súa novela? A novela trataba sobre todo da crise dunha parella (divorcio, fillos compartillados) e logo incluía dúas tramas secundarias: unha novela histórica sobre o carlismo catalán do XIX e unha sátira sobre o paroxismo sexual contemporáneo. 7. Cos catro longos relatos que conforman a súa Miss Ourense pretendeu quizais mergullarse no xénero detectivesco, policíaco...? Un xénero que, dende logo, nestes momentos goza dunha forte saúde na nosa literatura... Cando saíu Miss Ourense aínda non estaba tan na moda o xénero negro. A min sempre me interesou como lector, desde a primeira mocidade, de modo que me encontrei cómodo nesa fórmula. jueves 20 de abril de 2017
  • 4. Bieito Iglesias 8. E con O mellor francés de Barcelona (Premio da Crítica de GalicIa do ano 1999) outra volta aos relatos... Como se sente máis a gusto, escribindo unha novela longa ou co relato, por moito que unha serie destes puider configurar realmente unha longa novela? Son un escritor fundamentalmente de media distancia, non me vexo como velocista nin como maratoniano. 9. Para lermos a Arthur Conan Doyle no noso idioma temos que recorrer practicamente ás súas traducións. Puideron estas ser os alicerces da súa posterior novelística? Algún pastiche de Holmes escribín logo da tradución, no entanto a miña novelística vén doutras fontes: Faulkner, Nabokov, Eduardo Blanco Amor, etc. 10. Ás veces pensamos que traducir literatura é do máis doado para quen manexe idiomas... Non é isto un erro xa que lle hai que dar certa “literatura” á propia obra orixinal? A tradución vén sendo unha recreación, por iso o gran desafío á hora de trasladar Conan Doyle ao galego consistía en darlle voz no noso idioma a personaxes vitorianos. jueves 20 de abril de 2017
  • 5. Bieito Iglesias 11. Ultimamente tamén vimos saír lírica da súa pluma -A última música das cousas-. Unha nova experiencia literaria ou máis ben xa vén de atrás? Unha estrada secundaria. A corrente central da miña escrita indica que son un prosador ficcionista aínda que tamén poida escribir versos. 12. Tampouco o xornalismo lle é alleo e incluso foi merecente dun premio como o “Blanco Torres” por Barcos a pique e tamén un recoñecemento pola AELG pola súa traxectoria xornalística. Pois daquela temos que lle preguntar a súa opinión verbo da situación do noso xornalismo actual... O xornalismo literario foi outra estrada secundaria pola que circulei, neste caso durante moitos anos. O xornalismo non literario, hoxe e sempre, é propaganda da guerra dos donos dos medios. 13. E xa vai alá máis dun lustro dende a súa última publicación narrativa... para cando outra(s) obra(s) narrativa(s) de Bieito Iglesias? Nunca se sabe, eu planifico pouco, escribo só cando me sae de adentro. 14. E para rematarmos, como enxerga Vostede o futuro da nosa literatura? A literatura, a arte en xeral, depende do talento e o talento acontece, como un milagre. así pois, mañá pode nacer na Estrada un Shakespeare. Outra cousa é a literatura en galego. Para que esta exista, terá que perdurar o noso idioma e iso xa é un asunto político. jueves 20 de abril de 2017
  • 7. O Panteón de Agrippa Un monumento salientábel? “A esmorga”. Blanco Amor. Un/ha autor/-a galego? Un personaxe galego e un estranxeiro/-a? John Silver o Longo Un personaxe literario co que se identifique? A vida Cal é a súa fonte de inspiración? A anxo azul; Amarcord; O terceiro home Unha película de cine? Unha obra teatral? Divinas palabras, de Valle Inclán Pálido Lume. V Nabokov Un/ha autor/-a e unha obra estranxeira? Rañolas, Julien Sorel jueves 20 de abril de 2017
  • 8. Vivir unha tempada nun hotel suízo Un anceio por realizar? Unha vila mediana Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Roma A guerra do Vietnam Un feito histórico? Percorrer o Amazonas Unha utopía? A cama Un lugar axeitado para a lectura? Je ne regrette rien por Edith Piaf Un tipo de música? Unhacanción? Saul Belllow Un/ha autor/-a con quen se identifique? O cinema Outro entretemento ademais da lectura? jueves 20 de abril de 2017