SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 11
Baixar para ler offline
Ana Romaní
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
ANA ROMANÍ, (Noia, 1962) é unha autora
especialmente de poesía con obras como Das
últimas mareas (1994), Arden (1998) ou
ultimamente a obra Estremas (2010) e tamén temos
que salientar a obra Marmelada de amoras (1997)
dirixida a lectoras e lectores máis xoves. Participou
na creación da revista “Festa da palabra silenciada”
así como na creación de diferentes asociacións
culturais e revistas. No ano 2000 recibiu na Estrada
o Premio San Martiño á Normalización Lingüística.
lunes 26 de enero de 2015
Nacín en Noia mais nunca vivín nela máis de dous meses seguidos. Podería afirmar que
dalgún xeito decidinme de Noia, decidín facer dese espazo xeográfico e emocional o meu
espazo de referencia. Na infancia Noia era a luz, o xogo, a liberdade, o tempo tiña outra
dimensión, o espazo ensanchábase. Na adolescencia vivín a paixón da transformación
social, da utopía liberadora. Eramos adolescentes e viviamos o final dos setenta, a morte
de Franco, o fin da ditadura, impregand*s da aprendizaxe de amizades mais sabias e
experimentadas, non por iso menos ilusionadas. Foi un tempo de aprendizaxes, de
formación intelectual apaixoante, de descuberta de códigos e linguaxes, de fiestras que se
abrían e tamén de abismos. Foi o tempo do asociacionismo cultural, da organización de
concertos e actividades culturais, de creación de revistas e grupos de teatro, tamén das
camiñadas polo monte, as acampadas, as primeiras accións de protesta, as reunións, o
debate ideolóxico, as lecturas, as viaxes, o país, o idioma, a contorna, Barbanza, Noia e o
mar. O mar é experiencia física e territorio simbólico. Espazo de xogo e liberdade na
infancia, aventura na mocidade, consciencia do lugar, aprendizaxe do colectivo, camiño
da supervivencia para moitas das amizades, materia de relatos vividos e imaxinados...
todo iso é o mar que vivín. En Noia o mar é memoria e expectativa, unha memoria de
sancosmeiros a cruzar a ría, de pailebotes cargados de sal e laranxas. Esa memoria non a
coñecín claro, forma parte do relato, da memoria colectiva, pero si alimento a
expectativa do mar.
Ana Romaní
1. Anos 60-70, Noia, mar... que supoñen este espazo e este tempo na novela vital de Ana Romaní?
2. Supoñemos que xa o coñecería antes, pero con dezaoito anos intuímos que asistiu Vostede á volta á súa terra de Antón Avilés de
Taramancos e tamén supoñemos que lle terán preguntado abondo pola pegada que este autor puido ter en Vostede...
Pois si, algunha vez preguntáronme e se non me preguntan dígoo eu. Antón Avilés foi unha persoa decisiva na miña formación e un dos
amigos máis queridos. Dalgún xeito el forma parte de toda esa evocación que facía respecto á significación de Noia na miña vida. A súa
amizade permitiume descubrir a intensidade da existencia no cotián, no máis pequeno, a relevancia dos pequenos detalles, o mundo
todo na “naviña”, “todo vive no colo da naviña”, como di nun dos seus poemas. Era gozosas as viaxes e os paseos con el, todo tiña unha
historia, un sentido, todo tiña nome e relato. Avilés rexentaba a Tasca Típica de Noia e fixo dese un lugar de acollemento, evoco con
nostalxia aquelas conversas nocturnas, os relatos de Colombia, a memoria de Noia, os proxectos. Tivo moito que ver na miña
consciencia do poético e da escritura, a responsabilidade co literario. Foi el quen teimou na publicación do meu primeiro libro. Deume
tamén lecturas que se abrían a horizontes novos e aprendín nas súas conversas o goce da palabra, a esixencia do poema, o estímulo do
coñecemento, tamén souben da dureza das vidas, e das fiestras que a pesar de todo se abren nos límites. Acompañoume nun momento
moi difícil da miña vida, foi cómplice neses abismos persoais. Tamén rin moito con el.
lunes 26 de enero de 2015
Ana Romaní
3. Podería explicarnos por que en Vostede marchan
de par o seu labor literario e o seu labor
xornalístico? Que supuxo, e supón, o xornalismo
para Vostede?
Tal vez tería preferido que non marchasen tan de
par. Cuestiono non poucas veces esa convivencia non
necesariamente equilibrada, no meu caso, entre o
xornalístico e o literario. Un (o literario) foi
primeiro, o outro (o xornalístico) aínda que foi
despois impuxo as súas dinámicas e acaparou o
tempo, o ritmo, a medida, a ollada. O labor
xornalístico deume moitas satisfaccións mais tamén
me esixiu e me esixe moito. Para sermos precisas no
meu caso falar do xornalismo é falar en concreto dun
medio: a radio. Un traballo e unha paixón. Tal como
eu o concibo a radio é un medio de proximidade, do
ti a ti, escasamente cargado de maiúsculas, humilde,
pouco proclive a considerarse o centro do universo
da información, percíboa como menos xerárquica e
impositiva que outros medios. Interésame ese lugar
da radio. O seu “ADN” está cargado de cultura, as
súas potencialidades no artístico, esa dimensión máis
creativa paréceme especialmente estimulante e
ademais está o son, a palabra, a dicción, o ritmo, a
entoación... e iso conecta a radio co poético, co
poema.
foto radio
Ana Romaní na Radio Galega
lunes 26 de enero de 2015
O meu traballo en dobraxe foi completamente azaroso, déronse unha serie de circunstancias e oportunidades e de súpeto atopeime
poñendo voz a series de televisión e algún filme. Aprendín moito, foi unha experiencia estimulante e clarificadora; o primeiro traballo,
a aprendizaxe do mundo laboral, sempre é clarificador. Alén diso, teño que dicir que afortunadamente a vida laboral foime levando por
outros camiños, e non o digo pola profesión senón por min, non creo que os meus traballos pasen á memoria da dobraxe en galego.
No que respecta á normalización as primeiras dobraxes cumpriron a súa función, naquel momento demostraron que o galego era unha
lingua útil coma calquera outra, que o idioma tiña rexistros e que este país tiña un idioma. Naqueles anos foi moi relevante no proceso
da normalización lingüística, como o foron os medios públicos. Vinte e catro horas de emisión diaria en galego, en tódolos rexistros que
as necesidades de comunicación dunha sociedade esixe e xera fixeron da Radio e a Televisión de Galicia un dos máis efectivos e visíbeis
mecanismos de normalización lingüística e cultural.
Ana Romaní
4. A mediados dos oitenta participou como actriz de dobraxe. Que pensa que supuxo a dobraxe de series, filmes... para a normalización
do noso idioma naquel último cuarto do século pasado?
5. Desde nova foi unha grande dinamizadora cultural (creación de asociacións culturais, revistas...) Pagaron a pena aqueles anceios
culturais, normalizadores de xuventude?
Pagaron si, claro, moito. Nos anos setenta e principios dos oitenta o asociacionismo cultural cumpriu unha función fundamental. As
asociacións eran as poucas plataformas colectivas nas que desenvolver proxectos e prácticas colaborativas na procura dunha acción
social, cultural, no máis próximo, no local. Permitían ademais unha práctica de implicación persoal no colectivo e na que testar,
aprender, discernir, comprender que é o grupo, como funciona, que é o traballo en común. Doutra banda naquelas formas de cultura a
participación era central, sen infraestruturas, sen recursos, sen prácticas e dinámicas establecidas, a acción cultural tiña moito de
resistencia e imaxinación que esixía da implicación de todas as persoas que participabamos. Vivíase a cultura desde o máis próximo, de
xeito activo e participación, moi lonxe da cultura do lecer e do espectáculo que se impuxo en décadas posteriores.
6. Ben sabemos como anda na actualidade o noso xornalismo... Vostede, que empregou o xornalismo cultural como obxectivo
primordial, supoñemos que nestes intres estará fondamente preocupada pola antedita situación...
Estou si, como imaxino que estarán preocupadas outras moitas persoas fóra do ámbito xornalístico. A información non é só cousa de
xornalistas, é un ben común, un dereito ao que non deberiamos renunciar. O peche de cabeceiras, a desaparición de xornais e diarios, a
alarmante diminución do idioma galego nos medios, a espectacular redución das redaccións, os altos índices de paro nos profesionais do
xornalismo, as mudanzas de modelos así como o totum revolutum da información cultural e a súa paulatina desaparición-confusión
entre lecer e espectáculos debuxan un panorama en mutación, abismático e escasamente estimulante. Non sabemos por onde camiñará
o futuro da información pero a situación actual debería preocuparnos a tod*s, é responsabilidade colectiva. O da información como o da
educación ou a sanidade é un ben común, un dereito básico nunha sociedade igualitaria.
lunes 26 de enero de 2015
Si, o feminismo foi moi relevante na acción e conciencia política das mulleres a partir dos anos setenta e como tal impregnou
tamén a voz poética das escritoras. En Galicia no último cuarto do século e especialmente nos últimos quince anos do século XX
produciuse unha confluencia de poetas de varias xeracións nun mesmo tempo que debuxou unha cartografía poética insólita e
propiciou o diálogo entre voces moi distintas en distintos momentos dos seus procesos creativos e con discursos e traxectorias moi
persoais. Esa confluencia permitiu interaccións, diálogos, lecturas, influencias, relacións moi enriquecedoras creo para as autoras
e tamén claro para os lectores e lectoras de poesía. Nese sentido creo que as distintas poéticas que coinciden nese período foron
impregnándose, permeables, aos diferentes discursos e territorios que o feminismo foi abrindo. A indagación sobre as identidades,
a construción e deconstrución do suxeito muller, os conflitos de xénero, a desigualdade xerada polo sistema patriarcal etc...
atravesan os textos das poetas como o feminismo atravesa o pensamento contemporáneo e calquera proxecto social que tente
construír un lugar mellor. É moi suxestivo descubrir como todas esas cuestións se desenvolven en modulacións, intensidades e
intereses tan diferentes nas distintas voces poéticas, tanto das autoras como dos autores.
Ana Romaní
7. No último cuarto do século pasado detéctase un fondo activismo feminista das nosas poetas da época (Luz Pozo, María Xosé
Queizán, Helena Villar, Vostede...). Supoñemos que se sentirá plenamente honrada ao ver as novas fornadas de xoves mulleres
poetas actuais...
8. Hai unha revista que sentimos que foi un auténtico símbolo de activismo feminista e poético, “A festa da palabra silenciada”.
Vostede participou na súa creación... Que nos podería falar desta exemplar revista que aínda pervive na actualidade?
Dalgún xeito a “Festa da Palabra Silenciada” abriu un horizonte inédito na cultura galega. Tratábase daquela de crear unha
plataforma que visibilizara o traballo das mulleres nos distintos ámbitos culturais e ao tempo estimular a súa participación, o
diálogo, a interacción. Non existían foros nin publicacións que reflectisen as actividades das mulleres nos distintos sectores, o
espazo público era un espazo masculino (agás casos contados), o espazo publico da cultura tamén. O habitual era que os recitais
de poesía, as mesas de debate, os actos académicos, os xurados dos premios, os premiados, as asociacións culturais, as direccións
das editoriais, as críticas literarias, os limiares, as ilustracións etc.etc. estivesen formados ou asinado por homes. Dalgún xeito a
“Festa da Palabra” fixo visible naquel contexto outro horizonte, fixo visíbeis ás mulleres, ao tempo que evidenciaba a súa
ausencia e con ela a desigualdade do espazo público. Propiciou que outras autoras comezasen a publicar, que se analizase e
reflexionase sobre o que escribían as mulleres e trasladou ao contexto galego os debates e discursos do feminismo
contemporáneo. Foi unha revista fundamental naquel contexto. Un proxecto ao que María Xosé Queizán leva entregados moitos
anos e moito traballo.
lunes 26 de enero de 2015
Ana Romaní
9. Participou na asociación “Mulleres galegas na comunicación”. Tamén na comunicación houbo que loitar para acadar un
espazo igualitario? Como anda hoxe en día esta situación?
Si, si, tamén, claro. Houbo e hai. Houbo avances
pero non tantos como debería no caso de sermos
de certo unha sociedade equitativa e igualitaria.
Nos medios de comunicación é ademais moi
visible a discriminación, o diferente tratamento
e status das mulleres e os homes, por máis que
as marcas agora sexan máis sutís, menos
evidentes e por iso tal vez nos esixa estar moito
máis alerta. Os asasinatos machistas evidencian
todo o que se agocha debaixo dunha aparente
igualdade entre homes e mulleres, un espellismo
se logo imos ao detalle das condicións laborais,
salarios, dedicación á casa, coidados, atención a
maiores etc. Por outra banda os medios de
comunicación baixo a aparecia de obxectividade,
de reflectir sen intervir, enmascaran visións do
mundo, crean unha percepción da realidade e os
seus espellismos. Son por iso estruturas básicas
da sociedade. A influencia dos medios de
comunicación de masas (falo tamén de internet
claro) é poderosa e decisiva e seguen a maioría
tratándonos ás mulleres cos prexuízos da
sociedade patriarcal na que vivimos. É moi
importante ter ollos críticos na lectura dos
medios de comunicación porque esa visión crítica
contribuirá a demandar e propiciar unha
información máis rigorosa e igualitaria.
Presentación de Estremas na libraría Couceiro, co seu irmán Rodrigo tocando a arpa
lunes 26 de enero de 2015
Ana Romaní
10. Na súa obra Estremas empregou o espazo de Exipto. Como xustificar este espazo? Está Vostede de acordo co comentario que di
esta obra “é comezo dun diálogo entre corpo e lingua coa literatura como único lugar desa posibilidade”?
É un espazo real, si, mais tamén metafórico. Estremas toma como referencia un val do deserto de Exipto, Uadi Al Hitan, é un
deserto no que perviven fósiles de baleas. Ese espazo real, existe o val, existe o deserto, existen os fósiles de baleas, permíteme
crear un espazo simbólico para falar dun pasado acuático e luminoso (o océano que existiu onde agora é deserto) tamén dunha
existencia comunal desértica e da esperanza que o deserto pode alimentar. Hai un verso de J.A. Valente no libro que di: “Desde
el desierto/ pues allí ha de nacer un clamor nuevo” que dalgún xeito sintetiza o discurso esperanzado do libro, porque Estremas
fala do confinamento, do abandono, dunha existencia núa, espida, (eses fósiles na area) pero sobre todo fala da esperanza, do
cambio, da procura doutro sitio, doutra existencia.
11. E seguindo coa obra anterior, temos que procurar na nosa identidade para acadar a liberación? Vén sendo iso algo semellante á
procura da memoria histórica dun pobo?
12. Vostede tamén conviviu coa música a nivel familiar, social e esta música conviviu coa súa poética. Poderiamos falar destes dous
xéneros como afastados ou teñen entre si unha grande dependencia?
Si, si, pero a identidade non é unha arca do tesouro cargada de terra e de anos, nin é unha caixa estanca, sen fisuras,
permanente, inmóbil, sempre igual, a identidade é unha construción, algo que facemos, que construímos persoal e
colectivamente. É un exercicio de liberdade. O tránsito é a posibilidade. As mulleres sabémolo ben. A nosa memoria ficou
sepultada, oculta debaixo da do relato patriarcal, a nosa identidade foi moldeada tamén en función desa mirada: díxosenos
quen eramos e como eramos a través desa mirada e os seus intereses. O repaso da Historia cunha perspectiva de xénero é moi
elocuente nese sentido. Así que a identidade feminina é unha ficción, unha construción da mirada patriarcal. Nós somos
movemento, creación, posibilidade. Somos o recoñecemento do silencio histórico, a procura e rescate das pegadas, dos fósiles
que nos revelan a memoria das baleas que fomos, e construción, movemento, liberación dos espellismos que nos atan.
A memoria histórica dun pobo é fundamental no recoñecemento de sabérmonos mais tamén na construción do futuro do que
queremos ser.
Na miña opinión o poema é música e a música é poema. A poesía é ritmo, cadencia, son. Un poema ten e demanda a súa propia
melodía, a súa sonoridade. Cando escribo o ritmo do poema, do verso, da palabra é moi importante, mesmo para crebalo, para
rompelo. Adoito ler en voz alta cada liña, o texto, frase.
lunes 26 de enero de 2015
14. Que supuxo verse recoñecida dentro do ámbito da nosa literatura pola AELG tanto pola obra Estremas coma por “Xornalista
cultural”?
Ana Romaní
Os premios de recoñecemento, eses que se dan sen que a persoa ou a obra se presente, teñen un sabor moi especial, porque permiten
percibir na xenerosidade, neste caso dos compañeiros e compañeiras escritoras, o afecto lector. Os premios de recoñecemento son creo
sempre unha demostración de xenerosidade por parte de quen os outorga e poden ser moi importantes no desenvolvemento dunha
obra literaria. Dalgún xeito premios e galardóns van influíndo n*s autor*s. Para min foi moi importante, sempre tiven unha certa
sensación de que a miña obra non “encaixaba”, dunha certa falla de sintonía. Os premios de Estremas obrigáronme a repensar isto.
No que respecta ao premio de traxectoria xornalística sendo igualmente importante ten outras connotacións. Á fin o traballo
xornalístico ten sentido en tanto consegue establecer un diálogo co público, coa audiencia, no meu caso. Dedicarse á información
cultural implica unha dificultade engadida nese diálogo. Durante moitos anos (e aínda hoxe) pairou esa idea de que a cultura é cousa
que interesa a poucas persoas, cousa de erudit*s e minorías. Eu diría de moi diversas e amplas minorías. Recibir un premio en
recoñecemento dese traballo por parte precisamente dun dos sectores máis formado e informado na materia como o de escritores e
escritoras é moi estimulante. Agradezo profundamente o afecto e a atención que AELG dedicou sempre ao “Diario Cultural” e ao
traballo que facemos.
13. Na súa poesía conviven dous elementos que tamén podemos ver noutras autorías (Bernardino Graña...): por un lado o mar e por
outro a muller, o feminismo, o amor... Tan próximos están estes dous elementos, estes dous temas?
Non necesariamente, máis ben diría que non existe ningunha relación interna máis aló da que cada autor ou autora queira construír.
Na literatura galega hai grandes poéticas do mar, a máis fascinante é a de Manuel Antonio, tamén esta o mar das Cantigas, o de Martín
Códax por exemplo e logo os mares de Antón Avilés de Taramancos, os de Bernardino Graña os de Xohana Torres e máis poéticas do
mar que podedes rastrear na poesía contemporánea, mais creo que alén de ser de mar e de se coñecer e recoñecer entre elas, son
poéticas nalgúns casos moi diferentes que se mergullan en océanos moi afastados os uns dos outros. Nunca o mar que se nomea é o
mesmo.
15. No primeiro ano deste novo século foi distinguida polo seu labor a prol da normalización do noso idioma co “Premio San Martiño á
Normalización Lingüística e Cultural” aquí no noso Concello. Até cando haberá que seguir premiando este labor por algo que debería ser
normal no noso país?
Gustaríame dicir que agardo que pouco tempo pero os datos e estudos evidencian que por desgraza haberá que agardar aínda moito
tempo se non nos poñemos ao labor. Os indicadores respecto da situación da lingua e da cultura galega son moi preocupantes,
evidencian a urxencia de mudar as políticas lingüísticas e os traballos e accións respecto do idioma.
Agardo que a vosa xeración mude tantas cousas! e que contedes con nós para facelo.
lunes 26 de enero de 2015
CUESTIONARIO
lunes 26 de enero de 2015
Os bancos dos xardíns. Os
riscos e marcas que lembran a
presenza de quen sentou neles
Un monumento salientábel?
Calquera dos tres
últimos libros de poemas
de Antón Avilés de
Taramancos
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Lola das Elexías a Lola, a avoa
poetizada por Xohana Torres en
Estacions ao mar
Felicidade de Un alma de Dios
de G Flaubert
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Anne Sexton, a súa obra poética
Marcel Proust, Na procura do
tempo perdidoUn/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
Hai moitos personaxes
literarios que adoro pero non
podería escoller un co que me
identifique
Un personaxe literario co que
se identifique?
As fendas, as arestas e as
luminosas superficies da
existencia.
Cal é a súa fonte de
inspiración
O sal da terra, unha
película de 1954 dirixida
por Herbeiro J Biberman
Unha película de cine?
Unha obra teatral?
Moitas que me interesaron e me
interesan. Por exemplo O que ocorreu
despois de que Nora abandonara o seu
home ou os piares das sociedades de
Elfriede Jelinek ou tamén Staying Alive
de Ana Vallés e Matarile Teatro
lunes 26 de enero de 2015
Que nunca darei
realizado, saber tocar un
instrumento musical.
Un anceio por realizar?
Non escollo, os dous.
Praia, beiramar e val
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Para visitar A fervenza da
Seimeira nos Oscos (Asturias)e
Nacedero del Urederra na Serra
de Urbasa (Navarra). Para
descansar Albeida en San Cosme
na Serra de Outes.
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
O voto feminino e
o movemento
sufraxista
Un feito histórico?
As utopías do
feminismo. A
convicción de que
podemos crear outro
lugar para tod*s
Unha utopía?
Entre plantas e vexetación, en
silencio ou só coa respiración
da natureza.
Un lugar axeitado para a
lectura?
A música popular brasileira, folk, jazz, tradicional,
soul, cantautor*s, clásica...ufff!!! cancións e temas:
“Unha casa no campo” ( Elis Regina) , “Terra de
Melide” (Rodrigo Romaní) “Alalá das
Mariñas” ( por Uxía), “So vendo que beleza” (por
Omara Portuondo e Maria Bethania), “Algo estranho
acontece” (Antonio Zambujo), Aria da opera
Rinaldo de Haendel Lascia ch’io pianga (por
Sandrine Piau) .... e moitas mais
Un tipo de música? Unhacanción?
Interésanme moitos autores e autoras, as súas obras, assúas ideas, compártoas, aprecioas ou pódome sentirpróxima e cómplice... mais non podería falar deidentificación. É unha palabra que non teño moiincorporada no meu vocabulario, ecoan nela ruídos que
non me agradan
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
A literatura non a vivo
como entretemento.
Gústame moito nadar, no
mar mellor. Descubrín
tamén o pracer de camiñar.
Outro entretemento
ademais da literatura?
lunes 26 de enero de 2015

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados (19)

Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 

Destaque

Destaque (10)

Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 

Semelhante a Entrevista Ana Romaní

María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaAsnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiroAsnosasletras
 
Grupo Rompente
Grupo RompenteGrupo Rompente
Grupo Rompentenoagaliza
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Asnosasletras
 

Semelhante a Entrevista Ana Romaní (16)

Manuel lourenzo
Manuel lourenzoManuel lourenzo
Manuel lourenzo
 
Entrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanhoEntrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanho
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Fernán vello
Fernán velloFernán vello
Fernán vello
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Helena villar janeiro
Helena villar janeiroHelena villar janeiro
Helena villar janeiro
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Grupo Rompente
Grupo RompenteGrupo Rompente
Grupo Rompente
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 

Mais de Asnosasletras

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

Mais de Asnosasletras (20)

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Entrevista Ana Romaní

  • 1. Ana Romaní Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados ANA ROMANÍ, (Noia, 1962) é unha autora especialmente de poesía con obras como Das últimas mareas (1994), Arden (1998) ou ultimamente a obra Estremas (2010) e tamén temos que salientar a obra Marmelada de amoras (1997) dirixida a lectoras e lectores máis xoves. Participou na creación da revista “Festa da palabra silenciada” así como na creación de diferentes asociacións culturais e revistas. No ano 2000 recibiu na Estrada o Premio San Martiño á Normalización Lingüística. lunes 26 de enero de 2015
  • 2. Nacín en Noia mais nunca vivín nela máis de dous meses seguidos. Podería afirmar que dalgún xeito decidinme de Noia, decidín facer dese espazo xeográfico e emocional o meu espazo de referencia. Na infancia Noia era a luz, o xogo, a liberdade, o tempo tiña outra dimensión, o espazo ensanchábase. Na adolescencia vivín a paixón da transformación social, da utopía liberadora. Eramos adolescentes e viviamos o final dos setenta, a morte de Franco, o fin da ditadura, impregand*s da aprendizaxe de amizades mais sabias e experimentadas, non por iso menos ilusionadas. Foi un tempo de aprendizaxes, de formación intelectual apaixoante, de descuberta de códigos e linguaxes, de fiestras que se abrían e tamén de abismos. Foi o tempo do asociacionismo cultural, da organización de concertos e actividades culturais, de creación de revistas e grupos de teatro, tamén das camiñadas polo monte, as acampadas, as primeiras accións de protesta, as reunións, o debate ideolóxico, as lecturas, as viaxes, o país, o idioma, a contorna, Barbanza, Noia e o mar. O mar é experiencia física e territorio simbólico. Espazo de xogo e liberdade na infancia, aventura na mocidade, consciencia do lugar, aprendizaxe do colectivo, camiño da supervivencia para moitas das amizades, materia de relatos vividos e imaxinados... todo iso é o mar que vivín. En Noia o mar é memoria e expectativa, unha memoria de sancosmeiros a cruzar a ría, de pailebotes cargados de sal e laranxas. Esa memoria non a coñecín claro, forma parte do relato, da memoria colectiva, pero si alimento a expectativa do mar. Ana Romaní 1. Anos 60-70, Noia, mar... que supoñen este espazo e este tempo na novela vital de Ana Romaní? 2. Supoñemos que xa o coñecería antes, pero con dezaoito anos intuímos que asistiu Vostede á volta á súa terra de Antón Avilés de Taramancos e tamén supoñemos que lle terán preguntado abondo pola pegada que este autor puido ter en Vostede... Pois si, algunha vez preguntáronme e se non me preguntan dígoo eu. Antón Avilés foi unha persoa decisiva na miña formación e un dos amigos máis queridos. Dalgún xeito el forma parte de toda esa evocación que facía respecto á significación de Noia na miña vida. A súa amizade permitiume descubrir a intensidade da existencia no cotián, no máis pequeno, a relevancia dos pequenos detalles, o mundo todo na “naviña”, “todo vive no colo da naviña”, como di nun dos seus poemas. Era gozosas as viaxes e os paseos con el, todo tiña unha historia, un sentido, todo tiña nome e relato. Avilés rexentaba a Tasca Típica de Noia e fixo dese un lugar de acollemento, evoco con nostalxia aquelas conversas nocturnas, os relatos de Colombia, a memoria de Noia, os proxectos. Tivo moito que ver na miña consciencia do poético e da escritura, a responsabilidade co literario. Foi el quen teimou na publicación do meu primeiro libro. Deume tamén lecturas que se abrían a horizontes novos e aprendín nas súas conversas o goce da palabra, a esixencia do poema, o estímulo do coñecemento, tamén souben da dureza das vidas, e das fiestras que a pesar de todo se abren nos límites. Acompañoume nun momento moi difícil da miña vida, foi cómplice neses abismos persoais. Tamén rin moito con el. lunes 26 de enero de 2015
  • 3. Ana Romaní 3. Podería explicarnos por que en Vostede marchan de par o seu labor literario e o seu labor xornalístico? Que supuxo, e supón, o xornalismo para Vostede? Tal vez tería preferido que non marchasen tan de par. Cuestiono non poucas veces esa convivencia non necesariamente equilibrada, no meu caso, entre o xornalístico e o literario. Un (o literario) foi primeiro, o outro (o xornalístico) aínda que foi despois impuxo as súas dinámicas e acaparou o tempo, o ritmo, a medida, a ollada. O labor xornalístico deume moitas satisfaccións mais tamén me esixiu e me esixe moito. Para sermos precisas no meu caso falar do xornalismo é falar en concreto dun medio: a radio. Un traballo e unha paixón. Tal como eu o concibo a radio é un medio de proximidade, do ti a ti, escasamente cargado de maiúsculas, humilde, pouco proclive a considerarse o centro do universo da información, percíboa como menos xerárquica e impositiva que outros medios. Interésame ese lugar da radio. O seu “ADN” está cargado de cultura, as súas potencialidades no artístico, esa dimensión máis creativa paréceme especialmente estimulante e ademais está o son, a palabra, a dicción, o ritmo, a entoación... e iso conecta a radio co poético, co poema. foto radio Ana Romaní na Radio Galega lunes 26 de enero de 2015
  • 4. O meu traballo en dobraxe foi completamente azaroso, déronse unha serie de circunstancias e oportunidades e de súpeto atopeime poñendo voz a series de televisión e algún filme. Aprendín moito, foi unha experiencia estimulante e clarificadora; o primeiro traballo, a aprendizaxe do mundo laboral, sempre é clarificador. Alén diso, teño que dicir que afortunadamente a vida laboral foime levando por outros camiños, e non o digo pola profesión senón por min, non creo que os meus traballos pasen á memoria da dobraxe en galego. No que respecta á normalización as primeiras dobraxes cumpriron a súa función, naquel momento demostraron que o galego era unha lingua útil coma calquera outra, que o idioma tiña rexistros e que este país tiña un idioma. Naqueles anos foi moi relevante no proceso da normalización lingüística, como o foron os medios públicos. Vinte e catro horas de emisión diaria en galego, en tódolos rexistros que as necesidades de comunicación dunha sociedade esixe e xera fixeron da Radio e a Televisión de Galicia un dos máis efectivos e visíbeis mecanismos de normalización lingüística e cultural. Ana Romaní 4. A mediados dos oitenta participou como actriz de dobraxe. Que pensa que supuxo a dobraxe de series, filmes... para a normalización do noso idioma naquel último cuarto do século pasado? 5. Desde nova foi unha grande dinamizadora cultural (creación de asociacións culturais, revistas...) Pagaron a pena aqueles anceios culturais, normalizadores de xuventude? Pagaron si, claro, moito. Nos anos setenta e principios dos oitenta o asociacionismo cultural cumpriu unha función fundamental. As asociacións eran as poucas plataformas colectivas nas que desenvolver proxectos e prácticas colaborativas na procura dunha acción social, cultural, no máis próximo, no local. Permitían ademais unha práctica de implicación persoal no colectivo e na que testar, aprender, discernir, comprender que é o grupo, como funciona, que é o traballo en común. Doutra banda naquelas formas de cultura a participación era central, sen infraestruturas, sen recursos, sen prácticas e dinámicas establecidas, a acción cultural tiña moito de resistencia e imaxinación que esixía da implicación de todas as persoas que participabamos. Vivíase a cultura desde o máis próximo, de xeito activo e participación, moi lonxe da cultura do lecer e do espectáculo que se impuxo en décadas posteriores. 6. Ben sabemos como anda na actualidade o noso xornalismo... Vostede, que empregou o xornalismo cultural como obxectivo primordial, supoñemos que nestes intres estará fondamente preocupada pola antedita situación... Estou si, como imaxino que estarán preocupadas outras moitas persoas fóra do ámbito xornalístico. A información non é só cousa de xornalistas, é un ben común, un dereito ao que non deberiamos renunciar. O peche de cabeceiras, a desaparición de xornais e diarios, a alarmante diminución do idioma galego nos medios, a espectacular redución das redaccións, os altos índices de paro nos profesionais do xornalismo, as mudanzas de modelos así como o totum revolutum da información cultural e a súa paulatina desaparición-confusión entre lecer e espectáculos debuxan un panorama en mutación, abismático e escasamente estimulante. Non sabemos por onde camiñará o futuro da información pero a situación actual debería preocuparnos a tod*s, é responsabilidade colectiva. O da información como o da educación ou a sanidade é un ben común, un dereito básico nunha sociedade igualitaria. lunes 26 de enero de 2015
  • 5. Si, o feminismo foi moi relevante na acción e conciencia política das mulleres a partir dos anos setenta e como tal impregnou tamén a voz poética das escritoras. En Galicia no último cuarto do século e especialmente nos últimos quince anos do século XX produciuse unha confluencia de poetas de varias xeracións nun mesmo tempo que debuxou unha cartografía poética insólita e propiciou o diálogo entre voces moi distintas en distintos momentos dos seus procesos creativos e con discursos e traxectorias moi persoais. Esa confluencia permitiu interaccións, diálogos, lecturas, influencias, relacións moi enriquecedoras creo para as autoras e tamén claro para os lectores e lectoras de poesía. Nese sentido creo que as distintas poéticas que coinciden nese período foron impregnándose, permeables, aos diferentes discursos e territorios que o feminismo foi abrindo. A indagación sobre as identidades, a construción e deconstrución do suxeito muller, os conflitos de xénero, a desigualdade xerada polo sistema patriarcal etc... atravesan os textos das poetas como o feminismo atravesa o pensamento contemporáneo e calquera proxecto social que tente construír un lugar mellor. É moi suxestivo descubrir como todas esas cuestións se desenvolven en modulacións, intensidades e intereses tan diferentes nas distintas voces poéticas, tanto das autoras como dos autores. Ana Romaní 7. No último cuarto do século pasado detéctase un fondo activismo feminista das nosas poetas da época (Luz Pozo, María Xosé Queizán, Helena Villar, Vostede...). Supoñemos que se sentirá plenamente honrada ao ver as novas fornadas de xoves mulleres poetas actuais... 8. Hai unha revista que sentimos que foi un auténtico símbolo de activismo feminista e poético, “A festa da palabra silenciada”. Vostede participou na súa creación... Que nos podería falar desta exemplar revista que aínda pervive na actualidade? Dalgún xeito a “Festa da Palabra Silenciada” abriu un horizonte inédito na cultura galega. Tratábase daquela de crear unha plataforma que visibilizara o traballo das mulleres nos distintos ámbitos culturais e ao tempo estimular a súa participación, o diálogo, a interacción. Non existían foros nin publicacións que reflectisen as actividades das mulleres nos distintos sectores, o espazo público era un espazo masculino (agás casos contados), o espazo publico da cultura tamén. O habitual era que os recitais de poesía, as mesas de debate, os actos académicos, os xurados dos premios, os premiados, as asociacións culturais, as direccións das editoriais, as críticas literarias, os limiares, as ilustracións etc.etc. estivesen formados ou asinado por homes. Dalgún xeito a “Festa da Palabra” fixo visible naquel contexto outro horizonte, fixo visíbeis ás mulleres, ao tempo que evidenciaba a súa ausencia e con ela a desigualdade do espazo público. Propiciou que outras autoras comezasen a publicar, que se analizase e reflexionase sobre o que escribían as mulleres e trasladou ao contexto galego os debates e discursos do feminismo contemporáneo. Foi unha revista fundamental naquel contexto. Un proxecto ao que María Xosé Queizán leva entregados moitos anos e moito traballo. lunes 26 de enero de 2015
  • 6. Ana Romaní 9. Participou na asociación “Mulleres galegas na comunicación”. Tamén na comunicación houbo que loitar para acadar un espazo igualitario? Como anda hoxe en día esta situación? Si, si, tamén, claro. Houbo e hai. Houbo avances pero non tantos como debería no caso de sermos de certo unha sociedade equitativa e igualitaria. Nos medios de comunicación é ademais moi visible a discriminación, o diferente tratamento e status das mulleres e os homes, por máis que as marcas agora sexan máis sutís, menos evidentes e por iso tal vez nos esixa estar moito máis alerta. Os asasinatos machistas evidencian todo o que se agocha debaixo dunha aparente igualdade entre homes e mulleres, un espellismo se logo imos ao detalle das condicións laborais, salarios, dedicación á casa, coidados, atención a maiores etc. Por outra banda os medios de comunicación baixo a aparecia de obxectividade, de reflectir sen intervir, enmascaran visións do mundo, crean unha percepción da realidade e os seus espellismos. Son por iso estruturas básicas da sociedade. A influencia dos medios de comunicación de masas (falo tamén de internet claro) é poderosa e decisiva e seguen a maioría tratándonos ás mulleres cos prexuízos da sociedade patriarcal na que vivimos. É moi importante ter ollos críticos na lectura dos medios de comunicación porque esa visión crítica contribuirá a demandar e propiciar unha información máis rigorosa e igualitaria. Presentación de Estremas na libraría Couceiro, co seu irmán Rodrigo tocando a arpa lunes 26 de enero de 2015
  • 7. Ana Romaní 10. Na súa obra Estremas empregou o espazo de Exipto. Como xustificar este espazo? Está Vostede de acordo co comentario que di esta obra “é comezo dun diálogo entre corpo e lingua coa literatura como único lugar desa posibilidade”? É un espazo real, si, mais tamén metafórico. Estremas toma como referencia un val do deserto de Exipto, Uadi Al Hitan, é un deserto no que perviven fósiles de baleas. Ese espazo real, existe o val, existe o deserto, existen os fósiles de baleas, permíteme crear un espazo simbólico para falar dun pasado acuático e luminoso (o océano que existiu onde agora é deserto) tamén dunha existencia comunal desértica e da esperanza que o deserto pode alimentar. Hai un verso de J.A. Valente no libro que di: “Desde el desierto/ pues allí ha de nacer un clamor nuevo” que dalgún xeito sintetiza o discurso esperanzado do libro, porque Estremas fala do confinamento, do abandono, dunha existencia núa, espida, (eses fósiles na area) pero sobre todo fala da esperanza, do cambio, da procura doutro sitio, doutra existencia. 11. E seguindo coa obra anterior, temos que procurar na nosa identidade para acadar a liberación? Vén sendo iso algo semellante á procura da memoria histórica dun pobo? 12. Vostede tamén conviviu coa música a nivel familiar, social e esta música conviviu coa súa poética. Poderiamos falar destes dous xéneros como afastados ou teñen entre si unha grande dependencia? Si, si, pero a identidade non é unha arca do tesouro cargada de terra e de anos, nin é unha caixa estanca, sen fisuras, permanente, inmóbil, sempre igual, a identidade é unha construción, algo que facemos, que construímos persoal e colectivamente. É un exercicio de liberdade. O tránsito é a posibilidade. As mulleres sabémolo ben. A nosa memoria ficou sepultada, oculta debaixo da do relato patriarcal, a nosa identidade foi moldeada tamén en función desa mirada: díxosenos quen eramos e como eramos a través desa mirada e os seus intereses. O repaso da Historia cunha perspectiva de xénero é moi elocuente nese sentido. Así que a identidade feminina é unha ficción, unha construción da mirada patriarcal. Nós somos movemento, creación, posibilidade. Somos o recoñecemento do silencio histórico, a procura e rescate das pegadas, dos fósiles que nos revelan a memoria das baleas que fomos, e construción, movemento, liberación dos espellismos que nos atan. A memoria histórica dun pobo é fundamental no recoñecemento de sabérmonos mais tamén na construción do futuro do que queremos ser. Na miña opinión o poema é música e a música é poema. A poesía é ritmo, cadencia, son. Un poema ten e demanda a súa propia melodía, a súa sonoridade. Cando escribo o ritmo do poema, do verso, da palabra é moi importante, mesmo para crebalo, para rompelo. Adoito ler en voz alta cada liña, o texto, frase. lunes 26 de enero de 2015
  • 8. 14. Que supuxo verse recoñecida dentro do ámbito da nosa literatura pola AELG tanto pola obra Estremas coma por “Xornalista cultural”? Ana Romaní Os premios de recoñecemento, eses que se dan sen que a persoa ou a obra se presente, teñen un sabor moi especial, porque permiten percibir na xenerosidade, neste caso dos compañeiros e compañeiras escritoras, o afecto lector. Os premios de recoñecemento son creo sempre unha demostración de xenerosidade por parte de quen os outorga e poden ser moi importantes no desenvolvemento dunha obra literaria. Dalgún xeito premios e galardóns van influíndo n*s autor*s. Para min foi moi importante, sempre tiven unha certa sensación de que a miña obra non “encaixaba”, dunha certa falla de sintonía. Os premios de Estremas obrigáronme a repensar isto. No que respecta ao premio de traxectoria xornalística sendo igualmente importante ten outras connotacións. Á fin o traballo xornalístico ten sentido en tanto consegue establecer un diálogo co público, coa audiencia, no meu caso. Dedicarse á información cultural implica unha dificultade engadida nese diálogo. Durante moitos anos (e aínda hoxe) pairou esa idea de que a cultura é cousa que interesa a poucas persoas, cousa de erudit*s e minorías. Eu diría de moi diversas e amplas minorías. Recibir un premio en recoñecemento dese traballo por parte precisamente dun dos sectores máis formado e informado na materia como o de escritores e escritoras é moi estimulante. Agradezo profundamente o afecto e a atención que AELG dedicou sempre ao “Diario Cultural” e ao traballo que facemos. 13. Na súa poesía conviven dous elementos que tamén podemos ver noutras autorías (Bernardino Graña...): por un lado o mar e por outro a muller, o feminismo, o amor... Tan próximos están estes dous elementos, estes dous temas? Non necesariamente, máis ben diría que non existe ningunha relación interna máis aló da que cada autor ou autora queira construír. Na literatura galega hai grandes poéticas do mar, a máis fascinante é a de Manuel Antonio, tamén esta o mar das Cantigas, o de Martín Códax por exemplo e logo os mares de Antón Avilés de Taramancos, os de Bernardino Graña os de Xohana Torres e máis poéticas do mar que podedes rastrear na poesía contemporánea, mais creo que alén de ser de mar e de se coñecer e recoñecer entre elas, son poéticas nalgúns casos moi diferentes que se mergullan en océanos moi afastados os uns dos outros. Nunca o mar que se nomea é o mesmo. 15. No primeiro ano deste novo século foi distinguida polo seu labor a prol da normalización do noso idioma co “Premio San Martiño á Normalización Lingüística e Cultural” aquí no noso Concello. Até cando haberá que seguir premiando este labor por algo que debería ser normal no noso país? Gustaríame dicir que agardo que pouco tempo pero os datos e estudos evidencian que por desgraza haberá que agardar aínda moito tempo se non nos poñemos ao labor. Os indicadores respecto da situación da lingua e da cultura galega son moi preocupantes, evidencian a urxencia de mudar as políticas lingüísticas e os traballos e accións respecto do idioma. Agardo que a vosa xeración mude tantas cousas! e que contedes con nós para facelo. lunes 26 de enero de 2015
  • 9. CUESTIONARIO lunes 26 de enero de 2015
  • 10. Os bancos dos xardíns. Os riscos e marcas que lembran a presenza de quen sentou neles Un monumento salientábel? Calquera dos tres últimos libros de poemas de Antón Avilés de Taramancos Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Lola das Elexías a Lola, a avoa poetizada por Xohana Torres en Estacions ao mar Felicidade de Un alma de Dios de G Flaubert Un personaxe galego e un estranxeiro? Anne Sexton, a súa obra poética Marcel Proust, Na procura do tempo perdidoUn/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Hai moitos personaxes literarios que adoro pero non podería escoller un co que me identifique Un personaxe literario co que se identifique? As fendas, as arestas e as luminosas superficies da existencia. Cal é a súa fonte de inspiración O sal da terra, unha película de 1954 dirixida por Herbeiro J Biberman Unha película de cine? Unha obra teatral? Moitas que me interesaron e me interesan. Por exemplo O que ocorreu despois de que Nora abandonara o seu home ou os piares das sociedades de Elfriede Jelinek ou tamén Staying Alive de Ana Vallés e Matarile Teatro lunes 26 de enero de 2015
  • 11. Que nunca darei realizado, saber tocar un instrumento musical. Un anceio por realizar? Non escollo, os dous. Praia, beiramar e val Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Para visitar A fervenza da Seimeira nos Oscos (Asturias)e Nacedero del Urederra na Serra de Urbasa (Navarra). Para descansar Albeida en San Cosme na Serra de Outes. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? O voto feminino e o movemento sufraxista Un feito histórico? As utopías do feminismo. A convicción de que podemos crear outro lugar para tod*s Unha utopía? Entre plantas e vexetación, en silencio ou só coa respiración da natureza. Un lugar axeitado para a lectura? A música popular brasileira, folk, jazz, tradicional, soul, cantautor*s, clásica...ufff!!! cancións e temas: “Unha casa no campo” ( Elis Regina) , “Terra de Melide” (Rodrigo Romaní) “Alalá das Mariñas” ( por Uxía), “So vendo que beleza” (por Omara Portuondo e Maria Bethania), “Algo estranho acontece” (Antonio Zambujo), Aria da opera Rinaldo de Haendel Lascia ch’io pianga (por Sandrine Piau) .... e moitas mais Un tipo de música? Unhacanción? Interésanme moitos autores e autoras, as súas obras, assúas ideas, compártoas, aprecioas ou pódome sentirpróxima e cómplice... mais non podería falar deidentificación. É unha palabra que non teño moiincorporada no meu vocabulario, ecoan nela ruídos que non me agradan Un/ha autor/-a con quen se identifique? A literatura non a vivo como entretemento. Gústame moito nadar, no mar mellor. Descubrín tamén o pracer de camiñar. Outro entretemento ademais da literatura? lunes 26 de enero de 2015