SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 9
Baixar para ler offline
Alfonso Álvarez Cáccamo
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo, 1952) ten publicado
poesía (Na flor do vento // Sebes contra o vento),
mais polo que máis é coñecido é polo seu labor
narrativo, xa for en relato curto en obras como Xente
de mala morte (Premio Álvaro Cunqueiro de
Narrativa)... xa for en narrativa longa con obras como
As baleas de Eduardo Reinoso (Premio Xerais de
Novela, 1990), O espírito de Broustenac (Premio de
Novela Manuel García Barros, 1996)... A súa última
novela en ver a luz foi Os Gotten.
martes 17 de noviembre de 2015
O ambiente familiar influíu, está claro. Non eramos unha familia adiñeirada e o meu pai, que fora sancionado polas súas ideas
políticas coa perda do seu posto de traballo como mestre, facía mil traballos para manter economicamente á familia, pero tiñamos
a riqueza dos libros e unha boa colección de cadros na casa. O meu pai era propietario dunha libraría de vello, e eu gozaba
rebuscando libros curiosos naqueles andeis. Os meu pai e a miña nai lían moito, e ese exemplo cunde. Con todo, eu creo na arte
innata, na facilidade que un pode ter para determinadas artes. Tamén influíu en min unha excelente profesora que tiven no
Instituto Santa Irene de Vigo, onde estudei todo o bacharelato. Aquela profesora de Lingua e Literatura, apelidada Castro, soubo
motivar aos alumnos na lectura dunha forma extraordinaria e en min deu cun campo fértil pois gocei sempre lendo e escribindo.
Alfonso Á. Cáccamo
1.- Á hora de comezar a escribir supoñemos que se cruzaron circunstancias abondas (herdanza cultural familiar, sociedade da época,
arte innata...). Que foi o que marcou a arte literaria de don Alfonso Álvarez Cáccamo?
2.- E como, vivindo no seu dunha familia tan inmiscida na nosa cultura, a súa obra -cando menos a nivel de publicación- foi un tanto
tardía, ou non tanto?
Comecei a escribir de neno. Teño poemas, modestia aparte, dunha madureza sorprendente para aquela idade, e xa escribía contos
desde os oito anos. Os meus profesores/as de Lingua salientaban a beleza das miñas redaccións. Os de Matemáticas non salientaban
ninguna beleza miña como alumno. Aos catorce anos gañei o Premio de Narrativa da Deputación de Ovieu ao que se presentaran
escolares de toda Asturies, cun conto titulado “El crímen de la carnicera”. Visto agora, desde a distancia, non considero que fose
tarde comezar a publicar aos trinta e tantos anos.
3.- Realmente os seus comezos literarios foron para lectores de idades máis temperás? Hoxe a nosa literatura infantil e xuvenil está
nun momento moi importante, pero como estaba daquela cando Vostede comezou a producir?
Eu só escribín dous contos para nenos aínda que inventei centos deles para durmir aos meus fillos. Un deses contos recibiu o premio
da “Asociación Cultural O Facho” en 1985. Despois centreime na literatura para adultos. A Literatura infantil e xuvenil en Galiza
está nun momento esplendoroso, daquela todo era máis difícil e precario.
martes 17 de noviembre de 2015
A miña primeira novela, Peito de vímbio, escribina só un ano despois de ter gañado o Premio
da Asociación O Facho cun conto titulado “Historia de Fertolpo”. Daquela xa sabía eu que o
meu mundo literario estaba na narrativa para adultos/as e na poesía.
Alfonso Á. Cáccamo
4.- E que o levou a se mergullar a continuación nun mundo literario para outras idades e non continuar con este tipo de literatura tan
gratificante e normalizador?
5.- Dende logo que dando unha ollada aos premios por Vostede acadados, impresiona... Que supón
para un escritor un premio... un impulso para seguir a producir, un respecto para seguir ou
simplemente un fondo recoñecemento ao traballo ben feito?
Os premios literarios foron para min un importante estímulo e, obviamente animáronme a
seguir escribindo porque moitos deles levaban incluída a publicación da obra. Sen embargo, co
tempo fun sabendo que non todas as obras premiadas son boas e que, pola contra, a maioría
das excelentes novelas ou relatos que teño lido non acadaron ningún premio. Presentarse a un
premio literario é un pouco como xogar á lotaría. Gañar un premio anima, pero non gañalo non
debe desanimar a ninguén. O mellor estímulo para min, que son autocrítico, é o traballo
constante e saber que, co tempo, a miña obra gusta. Desde 1998, cando gañei o Premio Manuel
Murguía, decidín non presentarme máis a concursos literarios. Hai que abrir o campo á xente
nova.
6.- E falando de premios, aquí na Estrada acadou un dos maiores recoñementos que un narrador
pode recibir a nivel galego, o “Premio de novela Manuel García Barros” coa obra O espírito de
Broustenac... Que supuxo este premio e esta novela para Vostede?
Foi moi emocionante porque é un premio de grande prestixio. Leveino ex aequo con Xavier Queipo pola súa novela O paso do
Noroeste. Fixémonos amigos desde aquela e até o día de hoxe. O Espírito de Broustenac e A Revolución dos globos son, para min, as
dúas mellores novelas miñas. Tivo unha excelente acollida e unhas críticas moi boas. Ademais coincidiu nunha das épocas da miña
vida na que máis necesitaba crer en min mesmo como escritor.
Portada: “Xente de mala morte”
martes 17 de noviembre de 2015
Non, afortunadamente, e probe daquel autor/a que teña como medida da súa “consagración” a
de ter acadado un par de premios literarios. Os ingleses, moi afeccionados a catalogar todo, din
que só é escritor/a aquel que teña publicado sete libros. Nin esa parvada nin a estupidez de
caer no erro de crerse un premio Nobel de Literatura por ter sorte nos premios. O malo é que
hai escritores/as en Galiza e en España que si o cren. Cómpre sernos máis modestos, menos
fachendosos e, polo tanto, máis intelixentes.
Alfonso Á. Cáccamo
7.- Claro que este premio xa foi un digno colofón para un narrador xa que antes acadara o “Premio
Xerais” con As baleas de Eduardo Reinoso...Cando un narrador se fai acredor de dous premios
coma estes xa está plenamente convencido de que é un narrador medianamente consagrado?
8.- Outro apartado importante na súa vida foi o ensino... Que supuxo estoutra circunstancia para
don Alfonso Álvarez Cáccamo?
Comecei a dar clase aos 23 anos e xubileime aos 60. Foron trinta e sete anos de profesión, un 61
´666 por cento da miña vida, bastante máis da metade dela. Desfrutei moito dando clase, e
aprendín moito dos alumnos e alumnas cos que tiven sempre unha excelente relación. Con eles/as
apliquei sempre a Pedagoxía do “Logro” fronte á habitual Pedagoxía do “Ogro”. Sen ánimo de
presumir, direi que aprenderon moito coas miñas clases relaxadas pero esixentes, nas que o
humor e o rigor compartían espazo. Bótoos de menos e, estou seguro, eles/as a min. No ano 2012
xa era o tempo de retirarme. Comprobo tres anos depois que un xamais deixará de ser profesor.
9.- Estes días tivemos nas nosas mans un artigo -para o comentario de textos- que Vostede publicara en “Faro de Vigo” “A
imposibilidade de vivir en castelán en Galiza”, un artigo totalmente irónico que tamén recibiu unha máis que inocente resposta...
Como se postula Vostede perante o conflito lingüistico actual aquí no noso país?
A Lingua Galega está marxinada. Padece un claro ataque por parte das institucións, da Xunta e dos medios de comunicación. Produce
dor ver como corre un claro perigo de extinción. Aquí non hai conflito lingüístico, porque os conflitos se producen entre rivais de
talla semellante, de par a par. Aquí hai esmagamento lingüístico, calculado e frío. En que país se consintiría que o seu presidente,
neste caso Feijóo, falase horriblemente a língua da súa nación e non se preocupe por aprendela? Que dirían os españois se Rajoi
falase de “el leche” “el miel” ou colocase todos os pronomes ao revés? Esta transposición idiomática que poño como exemplo é a
mostra do desprezo e o desleixo que teñen os dirixentes de Galiza pola súa lingua e, ao cabo, pola súa terra.
Foto: Alfonso Á. Cáccamo
martes 17 de noviembre de 2015
Alfonso Á. Cáccamo
10.- E que futuro lle agarda ao noso idioma coas perspectivas actuais?
Se seguen así as cousas, o futuro para a Lingua Galega está moi negro.
11.- Cando da súa vida persoal e de todo o que rodeou hai nas súas obras? Pode un autor ser alleo a
si mesmo, á súa vida?
12.- Foi, e é, Vostede un asiduo colaborador xornalístico... Dende logo que o galego no noso
xornalismo anda un tanto esquecido, non? Pode ser o xornalismo dixital unha saída ou axuda a
esta circunstancia?
É imposible ser alleo aos sucesos que cadaquén vive, tanto na literatura como na propia
existencia. Todo o que escribo é a realidade que me arrodea, aínda que eu teña a posibilidade
de deturpala, ironizala, mesturala ou disimulala.
O Galego non só anda esquecido no noso xornalismo senón que sofre un continuo acoso na
nosa vida cotíá. O xornalismo dixital semella ser máis libre e de grande cualidade pero
chega a un reducido número de lectores/as.
Foto: Alfonso Á. Cáccamo
martes 17 de noviembre de 2015
14.- Na súa familia tamén estivo presente o mundo editorial (“Edicións Castrelos”). Como
xulga Vostede o mundo editorial galego actual?
Alfonso Á. Cáccamo
Naqueles tempos que unha modesta editorial como Edicións Castrelos sobrevivise só puido
ser posible pola inmensa sabedoría e un coñecemento sen fendas da nosa literatura que
tiña o meu pai. Hoxendía, ademais de estarnos nunha democracia con liberdade de
publicación (agás certos exemplos como o da intocable monarquía), os medios técnicos e
económicos son moi superiores. Sen embargo, esa falta de axudas institucionais están
provocando serias dificultades ao mundo da edición en galego.
13.- E falando deste xornalismo... a desaparición dun xornal como era “A Nosa Terra” tivo que
significar ben máis que a simple desaparición dun xornal, non?
A desaparición de “A Nosa Terra” é a mostra do acoso contra a nosa Lingua.
“A Nosa Terra” sobreviviu mentres recibiu axudas. Esas axudas que reciben os xornais
como “La Voz de Galicia” polo seu teimudo peloteo ao PP, con columnistas reaccionarios.
A Prensa en galego deixou de recibir axudas porque non interesa que o Galego medre. O
colectivo de ensinantes, en xeral, somos o grupo social que estamos á cabeza na defensa
da nosa Lingua. As propias familias van caendo no seu desuso e a xuventude pérdeo pinga
a pinga até que se produza a desangramento e o Galego pase a ser un idioma de museu. O
meu avó era italiano (Cáccamo), a miña avoa era austriaca, a miña nai madrileña, pero eu
falo sempre en galego porque na miña familia fixéronme ver que tiñamos un tesouro que
cumpría protexer e mimar.
Portada: “As baleas de Eduardo Reinoso”
15.- E non podiamos rematar sen lle preguntar cómo se sentiu Vostede cando viu recoñecido o
importante labor do seu pai co “Día das Letras Galegas”...
Sentín unha inmensa ledicia e un alivio ao comprobar que a xustiza da memoria literaria
se cumpría. Xosé María Álvarez Blázquez foi un home sabio que amou a Galiza e que fixo
un traballo inmenso a prol da nosa cultura, e foi un gran narrador e un excelente poeta.
martes 17 de noviembre de 2015
CUESTIONARIO
martes 17 de noviembre de 2015
O Monumento á
Transparencia, de
Olafson Mokk.
Un monumento
salientábel?
Rosalía de Castro e Cantares
Gallegos e toda a obra de Valle
Inclán que aínda que está escrita
en castelán, é galega..
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Admiro a unha longa lista de artistas de
todas as artes, homes e mulleres, de todas
as nacións e de todas as épocas. De fóra de
Galiza non admiro a ningún políitico. De
Galiza admiro a figura irrepetible e
valente de Alexandre Bóveda.
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Amacord, Ollos negros, Xulia, pero, sobre todo
Novecento, de Bertolucci. Actualmente gústanme
moito as películas nas que intervén como actor
Ricardo Darín.
Unha película de cine?
Ás veces identifícome co profesor Franz de
Compenhague do TBO, pero normalmente
abóndame con identificarme comigo
mesmo..
Un personaxe literario co que
se identifique?
Todo o que me arrodea e vivo, a
memoria dos feitos que vivín, e as
historias que soño mentres durmo.
Cal é a súa fonte de
inspiración
É moi difícil escoller un só, hai tantos e tantas…
Dostoiesky, Thomás Mann, García Márquez, Irene
Nemirowski. Na miña infancia a miña lectura foron os
tebeos, que tamén son literatura, moito máis importante do
que cremos. Nos cómic coñeces aos primeiros personaxes de
ficción aos que colles simpatía, antipatía, ou que espertan
tenrura, compaixón, carraxe… Na miña mocidade lin toda
a obra de Xulio Verne e considero que foi importantísima
para a miña formación como escritor, pero, ao tempo
disfrutaba lendo as comedias bárbaras de Valle Inclán que
o meu pai tiña no seu despacho. Hoxe sigo disfrutando coa
lectura dos clásicos pero tamén lendo as novelas de Stieg
Larsson, Benjamin Black ou de Mankell.
Un/ha autor/-a e unha obra
literaria estranxeiros?
Unha obra teatral?
Cinco horas con Mario, de Delibes.
martes 17 de noviembre de 2015
¡Teño tantos! Entre os mais
sinxelos de realizar, unha tarfea á
que non me poño por falta de
tempo, é aprender a tocar o
saxofón, un instrumento que
chora e ri.
Un anceio por realizar?
Son feliz onde vivo, en Oia,
entre a montaña e o mar.
Mundo rural/urbano?
Praia/montaña?
Fáltanme por coñecer moitos países. Soño
con visitar Arxentina. O meu lugar preferido
para descansar é Cabeza de Manzaneda.
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?A proclamación da
II República
española.
Un feito histórico?
A república galega
socialista
Unha utopía?
Na miña casa, sobre
todo pola noite.
Un lugar axeitado para a
lectura?
Gústame todo tipo de música, agás o rap, pero
especialmente escollo a música clásica. Unha
peza musical que sempre me emociona é o Ma
penssiero, o coro dos escravos da ópera Nabucco,
de Verdi. Tamén me emociona escoitar cantar,
sexa o que sexa, a Alfredo Krauss, o mellor
tenor de todos os tempos. Tamén me gustan
moitísimo os tangos.
Un tipo de música? Unhacanción?
Con todas e todos os escritores/as galegosque non tomen o nome de Galiza en van.
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
Pintar, debuxar, tocar o
piano ou o acordeón, cantar,
ler, escoitar música,
viaxar...
Outro entretemento
ademais da lectura?
martes 17 de noviembre de 2015

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados (19)

Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Fernán vello
Fernán velloFernán vello
Fernán vello
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As RevoltasLecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Galegando 13
Galegando 13Galegando 13
Galegando 13
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 

Semelhante a don Alfonso Álvarez Cáccamo

Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Marlou
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 

Semelhante a don Alfonso Álvarez Cáccamo (20)

Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 

Mais de Asnosasletras

Mais de Asnosasletras (20)

Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Último

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 

don Alfonso Álvarez Cáccamo

  • 1. Alfonso Álvarez Cáccamo Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo, 1952) ten publicado poesía (Na flor do vento // Sebes contra o vento), mais polo que máis é coñecido é polo seu labor narrativo, xa for en relato curto en obras como Xente de mala morte (Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa)... xa for en narrativa longa con obras como As baleas de Eduardo Reinoso (Premio Xerais de Novela, 1990), O espírito de Broustenac (Premio de Novela Manuel García Barros, 1996)... A súa última novela en ver a luz foi Os Gotten. martes 17 de noviembre de 2015
  • 2. O ambiente familiar influíu, está claro. Non eramos unha familia adiñeirada e o meu pai, que fora sancionado polas súas ideas políticas coa perda do seu posto de traballo como mestre, facía mil traballos para manter economicamente á familia, pero tiñamos a riqueza dos libros e unha boa colección de cadros na casa. O meu pai era propietario dunha libraría de vello, e eu gozaba rebuscando libros curiosos naqueles andeis. Os meu pai e a miña nai lían moito, e ese exemplo cunde. Con todo, eu creo na arte innata, na facilidade que un pode ter para determinadas artes. Tamén influíu en min unha excelente profesora que tiven no Instituto Santa Irene de Vigo, onde estudei todo o bacharelato. Aquela profesora de Lingua e Literatura, apelidada Castro, soubo motivar aos alumnos na lectura dunha forma extraordinaria e en min deu cun campo fértil pois gocei sempre lendo e escribindo. Alfonso Á. Cáccamo 1.- Á hora de comezar a escribir supoñemos que se cruzaron circunstancias abondas (herdanza cultural familiar, sociedade da época, arte innata...). Que foi o que marcou a arte literaria de don Alfonso Álvarez Cáccamo? 2.- E como, vivindo no seu dunha familia tan inmiscida na nosa cultura, a súa obra -cando menos a nivel de publicación- foi un tanto tardía, ou non tanto? Comecei a escribir de neno. Teño poemas, modestia aparte, dunha madureza sorprendente para aquela idade, e xa escribía contos desde os oito anos. Os meus profesores/as de Lingua salientaban a beleza das miñas redaccións. Os de Matemáticas non salientaban ninguna beleza miña como alumno. Aos catorce anos gañei o Premio de Narrativa da Deputación de Ovieu ao que se presentaran escolares de toda Asturies, cun conto titulado “El crímen de la carnicera”. Visto agora, desde a distancia, non considero que fose tarde comezar a publicar aos trinta e tantos anos. 3.- Realmente os seus comezos literarios foron para lectores de idades máis temperás? Hoxe a nosa literatura infantil e xuvenil está nun momento moi importante, pero como estaba daquela cando Vostede comezou a producir? Eu só escribín dous contos para nenos aínda que inventei centos deles para durmir aos meus fillos. Un deses contos recibiu o premio da “Asociación Cultural O Facho” en 1985. Despois centreime na literatura para adultos. A Literatura infantil e xuvenil en Galiza está nun momento esplendoroso, daquela todo era máis difícil e precario. martes 17 de noviembre de 2015
  • 3. A miña primeira novela, Peito de vímbio, escribina só un ano despois de ter gañado o Premio da Asociación O Facho cun conto titulado “Historia de Fertolpo”. Daquela xa sabía eu que o meu mundo literario estaba na narrativa para adultos/as e na poesía. Alfonso Á. Cáccamo 4.- E que o levou a se mergullar a continuación nun mundo literario para outras idades e non continuar con este tipo de literatura tan gratificante e normalizador? 5.- Dende logo que dando unha ollada aos premios por Vostede acadados, impresiona... Que supón para un escritor un premio... un impulso para seguir a producir, un respecto para seguir ou simplemente un fondo recoñecemento ao traballo ben feito? Os premios literarios foron para min un importante estímulo e, obviamente animáronme a seguir escribindo porque moitos deles levaban incluída a publicación da obra. Sen embargo, co tempo fun sabendo que non todas as obras premiadas son boas e que, pola contra, a maioría das excelentes novelas ou relatos que teño lido non acadaron ningún premio. Presentarse a un premio literario é un pouco como xogar á lotaría. Gañar un premio anima, pero non gañalo non debe desanimar a ninguén. O mellor estímulo para min, que son autocrítico, é o traballo constante e saber que, co tempo, a miña obra gusta. Desde 1998, cando gañei o Premio Manuel Murguía, decidín non presentarme máis a concursos literarios. Hai que abrir o campo á xente nova. 6.- E falando de premios, aquí na Estrada acadou un dos maiores recoñementos que un narrador pode recibir a nivel galego, o “Premio de novela Manuel García Barros” coa obra O espírito de Broustenac... Que supuxo este premio e esta novela para Vostede? Foi moi emocionante porque é un premio de grande prestixio. Leveino ex aequo con Xavier Queipo pola súa novela O paso do Noroeste. Fixémonos amigos desde aquela e até o día de hoxe. O Espírito de Broustenac e A Revolución dos globos son, para min, as dúas mellores novelas miñas. Tivo unha excelente acollida e unhas críticas moi boas. Ademais coincidiu nunha das épocas da miña vida na que máis necesitaba crer en min mesmo como escritor. Portada: “Xente de mala morte” martes 17 de noviembre de 2015
  • 4. Non, afortunadamente, e probe daquel autor/a que teña como medida da súa “consagración” a de ter acadado un par de premios literarios. Os ingleses, moi afeccionados a catalogar todo, din que só é escritor/a aquel que teña publicado sete libros. Nin esa parvada nin a estupidez de caer no erro de crerse un premio Nobel de Literatura por ter sorte nos premios. O malo é que hai escritores/as en Galiza e en España que si o cren. Cómpre sernos máis modestos, menos fachendosos e, polo tanto, máis intelixentes. Alfonso Á. Cáccamo 7.- Claro que este premio xa foi un digno colofón para un narrador xa que antes acadara o “Premio Xerais” con As baleas de Eduardo Reinoso...Cando un narrador se fai acredor de dous premios coma estes xa está plenamente convencido de que é un narrador medianamente consagrado? 8.- Outro apartado importante na súa vida foi o ensino... Que supuxo estoutra circunstancia para don Alfonso Álvarez Cáccamo? Comecei a dar clase aos 23 anos e xubileime aos 60. Foron trinta e sete anos de profesión, un 61 ´666 por cento da miña vida, bastante máis da metade dela. Desfrutei moito dando clase, e aprendín moito dos alumnos e alumnas cos que tiven sempre unha excelente relación. Con eles/as apliquei sempre a Pedagoxía do “Logro” fronte á habitual Pedagoxía do “Ogro”. Sen ánimo de presumir, direi que aprenderon moito coas miñas clases relaxadas pero esixentes, nas que o humor e o rigor compartían espazo. Bótoos de menos e, estou seguro, eles/as a min. No ano 2012 xa era o tempo de retirarme. Comprobo tres anos depois que un xamais deixará de ser profesor. 9.- Estes días tivemos nas nosas mans un artigo -para o comentario de textos- que Vostede publicara en “Faro de Vigo” “A imposibilidade de vivir en castelán en Galiza”, un artigo totalmente irónico que tamén recibiu unha máis que inocente resposta... Como se postula Vostede perante o conflito lingüistico actual aquí no noso país? A Lingua Galega está marxinada. Padece un claro ataque por parte das institucións, da Xunta e dos medios de comunicación. Produce dor ver como corre un claro perigo de extinción. Aquí non hai conflito lingüístico, porque os conflitos se producen entre rivais de talla semellante, de par a par. Aquí hai esmagamento lingüístico, calculado e frío. En que país se consintiría que o seu presidente, neste caso Feijóo, falase horriblemente a língua da súa nación e non se preocupe por aprendela? Que dirían os españois se Rajoi falase de “el leche” “el miel” ou colocase todos os pronomes ao revés? Esta transposición idiomática que poño como exemplo é a mostra do desprezo e o desleixo que teñen os dirixentes de Galiza pola súa lingua e, ao cabo, pola súa terra. Foto: Alfonso Á. Cáccamo martes 17 de noviembre de 2015
  • 5. Alfonso Á. Cáccamo 10.- E que futuro lle agarda ao noso idioma coas perspectivas actuais? Se seguen así as cousas, o futuro para a Lingua Galega está moi negro. 11.- Cando da súa vida persoal e de todo o que rodeou hai nas súas obras? Pode un autor ser alleo a si mesmo, á súa vida? 12.- Foi, e é, Vostede un asiduo colaborador xornalístico... Dende logo que o galego no noso xornalismo anda un tanto esquecido, non? Pode ser o xornalismo dixital unha saída ou axuda a esta circunstancia? É imposible ser alleo aos sucesos que cadaquén vive, tanto na literatura como na propia existencia. Todo o que escribo é a realidade que me arrodea, aínda que eu teña a posibilidade de deturpala, ironizala, mesturala ou disimulala. O Galego non só anda esquecido no noso xornalismo senón que sofre un continuo acoso na nosa vida cotíá. O xornalismo dixital semella ser máis libre e de grande cualidade pero chega a un reducido número de lectores/as. Foto: Alfonso Á. Cáccamo martes 17 de noviembre de 2015
  • 6. 14.- Na súa familia tamén estivo presente o mundo editorial (“Edicións Castrelos”). Como xulga Vostede o mundo editorial galego actual? Alfonso Á. Cáccamo Naqueles tempos que unha modesta editorial como Edicións Castrelos sobrevivise só puido ser posible pola inmensa sabedoría e un coñecemento sen fendas da nosa literatura que tiña o meu pai. Hoxendía, ademais de estarnos nunha democracia con liberdade de publicación (agás certos exemplos como o da intocable monarquía), os medios técnicos e económicos son moi superiores. Sen embargo, esa falta de axudas institucionais están provocando serias dificultades ao mundo da edición en galego. 13.- E falando deste xornalismo... a desaparición dun xornal como era “A Nosa Terra” tivo que significar ben máis que a simple desaparición dun xornal, non? A desaparición de “A Nosa Terra” é a mostra do acoso contra a nosa Lingua. “A Nosa Terra” sobreviviu mentres recibiu axudas. Esas axudas que reciben os xornais como “La Voz de Galicia” polo seu teimudo peloteo ao PP, con columnistas reaccionarios. A Prensa en galego deixou de recibir axudas porque non interesa que o Galego medre. O colectivo de ensinantes, en xeral, somos o grupo social que estamos á cabeza na defensa da nosa Lingua. As propias familias van caendo no seu desuso e a xuventude pérdeo pinga a pinga até que se produza a desangramento e o Galego pase a ser un idioma de museu. O meu avó era italiano (Cáccamo), a miña avoa era austriaca, a miña nai madrileña, pero eu falo sempre en galego porque na miña familia fixéronme ver que tiñamos un tesouro que cumpría protexer e mimar. Portada: “As baleas de Eduardo Reinoso” 15.- E non podiamos rematar sen lle preguntar cómo se sentiu Vostede cando viu recoñecido o importante labor do seu pai co “Día das Letras Galegas”... Sentín unha inmensa ledicia e un alivio ao comprobar que a xustiza da memoria literaria se cumpría. Xosé María Álvarez Blázquez foi un home sabio que amou a Galiza e que fixo un traballo inmenso a prol da nosa cultura, e foi un gran narrador e un excelente poeta. martes 17 de noviembre de 2015
  • 7. CUESTIONARIO martes 17 de noviembre de 2015
  • 8. O Monumento á Transparencia, de Olafson Mokk. Un monumento salientábel? Rosalía de Castro e Cantares Gallegos e toda a obra de Valle Inclán que aínda que está escrita en castelán, é galega.. Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Admiro a unha longa lista de artistas de todas as artes, homes e mulleres, de todas as nacións e de todas as épocas. De fóra de Galiza non admiro a ningún políitico. De Galiza admiro a figura irrepetible e valente de Alexandre Bóveda. Un personaxe galego e un estranxeiro? Amacord, Ollos negros, Xulia, pero, sobre todo Novecento, de Bertolucci. Actualmente gústanme moito as películas nas que intervén como actor Ricardo Darín. Unha película de cine? Ás veces identifícome co profesor Franz de Compenhague do TBO, pero normalmente abóndame con identificarme comigo mesmo.. Un personaxe literario co que se identifique? Todo o que me arrodea e vivo, a memoria dos feitos que vivín, e as historias que soño mentres durmo. Cal é a súa fonte de inspiración É moi difícil escoller un só, hai tantos e tantas… Dostoiesky, Thomás Mann, García Márquez, Irene Nemirowski. Na miña infancia a miña lectura foron os tebeos, que tamén son literatura, moito máis importante do que cremos. Nos cómic coñeces aos primeiros personaxes de ficción aos que colles simpatía, antipatía, ou que espertan tenrura, compaixón, carraxe… Na miña mocidade lin toda a obra de Xulio Verne e considero que foi importantísima para a miña formación como escritor, pero, ao tempo disfrutaba lendo as comedias bárbaras de Valle Inclán que o meu pai tiña no seu despacho. Hoxe sigo disfrutando coa lectura dos clásicos pero tamén lendo as novelas de Stieg Larsson, Benjamin Black ou de Mankell. Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Unha obra teatral? Cinco horas con Mario, de Delibes. martes 17 de noviembre de 2015
  • 9. ¡Teño tantos! Entre os mais sinxelos de realizar, unha tarfea á que non me poño por falta de tempo, é aprender a tocar o saxofón, un instrumento que chora e ri. Un anceio por realizar? Son feliz onde vivo, en Oia, entre a montaña e o mar. Mundo rural/urbano? Praia/montaña? Fáltanme por coñecer moitos países. Soño con visitar Arxentina. O meu lugar preferido para descansar é Cabeza de Manzaneda. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?A proclamación da II República española. Un feito histórico? A república galega socialista Unha utopía? Na miña casa, sobre todo pola noite. Un lugar axeitado para a lectura? Gústame todo tipo de música, agás o rap, pero especialmente escollo a música clásica. Unha peza musical que sempre me emociona é o Ma penssiero, o coro dos escravos da ópera Nabucco, de Verdi. Tamén me emociona escoitar cantar, sexa o que sexa, a Alfredo Krauss, o mellor tenor de todos os tempos. Tamén me gustan moitísimo os tangos. Un tipo de música? Unhacanción? Con todas e todos os escritores/as galegosque non tomen o nome de Galiza en van. Un/ha autor/-a con quen se identifique? Pintar, debuxar, tocar o piano ou o acordeón, cantar, ler, escoitar música, viaxar... Outro entretemento ademais da lectura? martes 17 de noviembre de 2015