SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 9
Baixar para ler offline
C U R S O 2 0 1 5 - 1 6
ANDURIÑAREVISTA ESCOLAR DO CEIP DE SAN CLODIO
OUTRO ANO XUNTOS
Co remate de curso é hora
de volver a vista atrás e ver
que as cousas que se
fixemos todos xuntos neste
ano nos aportaron boas
experiencias e axudaron a
formar o noso carácter.
ORGULLOSOS DA NOSA ESCOLA
Un curso cheo de
acontecementos
Como sempre neste ano o Ceip de San Clodio tivo un curso
cheiño de actividades e esta revista pretende ser un
escaparate que amose una boa parte delas.
Pintando en
familia
Os nenos e nenas do Ceip de San
Clodio están moi orgullosos do seu
cole e por iso se comprometen
sempre nas tarefas de limpeza, nas
de recollida de follas para facer
compost, nas de reciclaxe e moitas
outras que se realizan na nosa
escola.
2
CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA
OBRADOIROS DE PINTURA
NO PATIO
Pintando en familia pasamos dun
patio en gris a un patio cheiño das
cores do arco da vella.
O mellor de todo este proxecto foi o bo
ambiente e as ganas de todos de facer algo tan
divertido xuntos.
Moitísimas grazas familias!.
OBRADOIROS DE RECICLAXE
Ao longo deste curso estivemos levando a cabo unha
serie de obradoiros de reciclaxe nos que intentamos dar
novos usos a distintos materiais que normalmente van
a parar ao lixo.
RECICLANDO CON ARTE
Algunha das actividades foi montar entre todos un
cadro ao estilo do dun famoso artista, " kandiski ",
elaborado con tapóns e cores, papeis e cartón reciclado,
nas que se traballa o plano e as figuras xeométricas, os
tamaños e a composición de cores. Pero tamén se
traballaron obras con volume e se elaboraron
esculturas.
3
CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA
FESTAS DA ESCOLA
No outono empeza o noso particular ciclo
anual de festas da escola, que rematará
alá polo mes de xuño co fin de curso e a
chegada do verán.
SAMAIN 2015
Festas e cabazas, todo un éxito de participación nesta
nosa escola. Contos de medo, Cabazas talladas,
Maquillaxes terroríficos, Disfraces arrepiantes,
Diplomas, Música e Festa. Unha pasada de divesión...
Xa estamos desexando que volva o do próximo ano.
XOGOS NO SAMAÍN
No tempo de outono chegan as cabazas e con elas os
xogos en familia para tallalas e decoralas, os días fanse
máis pequenos e as noites máis grandes, coa escuridade
chegan tamén os xogos e disfraces de medo, tempo de
troula, tempo de festa….
Tempo de castañas, tempo de magosto. Estreamos os
xogos no patio cos amigos e queda na nosa memoria,
xa que logo, un día memorable para a lembranza.
Fermoso outono e agarimosa a nosa escola.
Os xogos tradicionais convértense así nunha
ferramenta para disfrutar da compaña dos amigos, para
aprender a convivir, para medrar e facernos grandes
festexando o magosto e as cousas boas do día a día da
nosa vida na escola.
MAGOSTO 2015
4
CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA
FESTAS DA ESCOLA
Co Nadal chega á nosa escola o punto máis forte
das festas do ano, pois nestas datas celebramos
un festival ao que se convidan as familias e os
vecinos do noso entorno.
NADAL 2015
O Nadal é tempo de ledicia tamén na nosa escola,
tempo de festexar o remate do primeiro trimestre, e
para iso nada mellor que facelo cun festival cheo de
emocións e agasallos. Compartilo noso traballo coas
familias fai que sexa moi emocionante para todos nós.
Tempo de inverno e de remanso na nosa
escola, tempo de meditar sobre como tratamos
aos demais e de xuntar esforzos por crear un
ambiente de amor e paz na nosa vida cotiá.
Por estas datas fixéronse diversas actividades como
decoración de muráis con mandalas e o alfabeto da
convivencia, ademais dunha videoconferencia para
intercambiar experiencias coas nenas e nenos do Ceip
Ricardo Gasset do Incio. Unha data chea de contos,
historietas e boa música.
DÍA DA PAZ 2015
5
CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA
FESTAS DA ESCOLA
Co Entroido chega á nosa escola a algarabía, o
tempo das risas e as bromas, do bo humor e da
mellor das diversións.
ENTROIDO 2016
Xogos, disfraces e a visita do Meco cunha chea de
mandados para facer todos xuntos e reinventar cada
día a maneira de divertirnos moito gastando moi
pouco, grazas a utilizar roupas vellas da casa e sen
mercar nada ou case nadiña.
Como en anos anteriores no cole montamos una
actividade que consiste en que axudados polas
familias, cada neno fai una comadre e cada nena fai o
seu compadre. Logo traense á escola e o venres xusto
antes da festa podemos facer o xogo de esconder uns
os das outras e viceversa.
Como remate desta semana de Entroido
montamos entre todos, logo dun xantar tradicional
destas datas, unha festa con música e disfraces, á
que tamén invitamos ás familias a participar. A
diversión está deste xeito asegurada.
XOVES DE COMPADRES E
COMADRES
6
CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA
LETRAS GALEGAS 2016
MANUEL MARÍA
2
“SONETOS AO VAL DE QUIROGA”.
O venres 12 de febreiro achegámonos ata o
auditorio de Quiroga, para asistir á presentación
da reedición desta fermosa obra de Manuel
María, autor a quen este ano se lle adica o Día
das Letras Galegas. Na que xunto coas nenas e
nenos do Ceip de Quiroga e tamén as mozas e
mozos do IES de Quiroga participamos
aportando os nosos debuxos para a ilustración
dos seus sonetos.
Alí estiveron con nós as autoridades dos dous
concellos ademais dun representante da
Fundación Manuel María, quenes nos
agasallaron cun exemplar deste libro para cada
un de nós. Realmente para todos foi toda unha
experiencia.
1
Este ano foi especialmente relevante para nós
esta data, porque a figura de Manuel María é
moi coñecida e querida por estas terras.
Ademais de residir durante grande parte da súa
vida no sur lucense, o poeta mantiña un estreito
vínculo coa comarca quiroguesa por ser a terra
de orixe da súa avoa Consuelo Casanova
Neira, natural da parroquia de Hospital. Na
Casa Museo de Manuel María exponse unha
navalla con mango de madeira nobre que
pertenceu á súa avoa e que leva gravadas as
súas iniciais. O escritor levouna sempre consigo
como recordo.
7
CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA
PROXECTO VOZ NATURA
DÍA DA ÁRBORE
No mes de marzo, para celebrar o Día da Árbore, e
grazas á colaboración da Deputación de Lugo, aínda
que choveu un pouquiño os máis maiorciños da escola
plantaron un castiñeiro ao que entre todos eleximos
bautizar como Manoliño.
EXPERIMENTOS CON PRANTAS
Para enterder mellor o ciclo reproductivo das prantas e
para comprobrar as diferentes formas que estas teñen
de reproducirse, na aula de infantil estivemos
prantando anaquiños de prantas, sementes e
miniprantiñas, ás que nos seguintes meses coidamos
con moito agarimo, e tivemos a sorte de velas medrar.
HORTO ALTERNATIVO
Para construir este minihorto alternativo utilizamos
material de refugallo, como as botellas de plástico, coas
que montamos columnas que logo enchemos de terra e
nas que plantamos algunhas aromáticas, que sempre
podemos utilix¡zar logo nos obradoiros de aromas ou
na cociña.
XARDÍN INTERIOR
Para arranxar unha zona interior do noso cole este ano
plantamos diferentes tipos de prantas crasas, que son
máis resistentes ás condicións de extrema sequía e
calor, que en ocasións van a ter que padecer, por iso
nos esforzamos moito en que se fagan fortes e se
adapten a vivir con nós na nosa escola procurándolles
os nosos mellores coidados.
8
CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA
CONVIVENCIA CO CEIP DA
POBRA DO BROLLÓN
CHEGAMOS CEDIÑO
Chegar ao cole da Pobra do Brollón foi moi especial,
reencontrarse con amigos doutros anos e ser tan ben
recibidos con música e globos de agasallo é unha
inmensa ledicia para todas e todos nós. Sentímos moi
queridos.
O PROCESO DO PAN
Amasalo pan foi unha das mellores experiencias deste
día, o que se completou ademáis coa posibilidade de
metelo a cocer no forno e logo pódelo levar para as
nosas casiñas e comelo na merenda.
UUUUUM! QUÉ RICO!
Dende aquí queremos deixar constancia do noso
agradecemento tamén ás panadarías da Pobra do
Brollón por esta actividade tan interesante e
motivadora e enriquecedora para todos nós.
ANDAINA POLA RIBEIRA SACRA
Os máis maiorciños tiveron a oportunidade de facer un
percorrido a pé por fermosos lugares deste concello,
visitaron as adegas de Vilachá e chegaron ao mirador
que ofrece unhas espectaculares vistas da Ribeira Sacra
na que se cultiva unha das mellores uvas do noso país.
COMIDA ENTRE AMIGOS
Despois de tanta actividade chegou o momento de
repoñer forzas, para iso nada mellor que un bo xantar
entre amigos, cos que ademáis de boas viandas
puidemos compartir agradables conversas. Antes de
rematar a nosa visita cun partido de fútbol para os máis
maiorciños e xogos no patio para a xente máis
menuda.
DESPEDIDA DOS DE SEXTO
Dende estas páxinas queremos tamén dar a nosa despedida aos
nenos de sexto, Manuel, Lucía e Isaac e lembrarlles que sempre
que queiran visitarnos serán benvidos nesta escola que tamén foi
a súa.
Desexámosvos o mellor para a nova andaina que no vindeiro
curso empezaredes no IES de Quiroga.
Noraboa e a por todas!
ANDURIÑA CEIP SAN CLODIO 2015-16

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosYolanda Castro
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18vilabarreiro
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑOME PP
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016lolaiglesias
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barciaceeabarcia
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013
Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013
Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013mackerel100
 
Xota de bembibre
Xota de bembibreXota de bembibre
Xota de bembibresatelite1
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13abalarcurros
 

Mais procurados (20)

Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑO
 
Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Revista falares 2016
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Asubios na-fraga-trotacontos-2018
Asubios na-fraga-trotacontos-2018Asubios na-fraga-trotacontos-2018
Asubios na-fraga-trotacontos-2018
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013
Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013
Crónica entrega de diplomas monferosolidario 2013
 
Xota de bembibre
Xota de bembibreXota de bembibre
Xota de bembibre
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
 

Destaque (6)

Castro caldelas
Castro caldelasCastro caldelas
Castro caldelas
 
O noso libro voador
O noso libro voadorO noso libro voador
O noso libro voador
 
Obradoiros de aromas
Obradoiros de aromasObradoiros de aromas
Obradoiros de aromas
 
O río cabe
 O río cabe O río cabe
O río cabe
 
Contacontos no sil
Contacontos no sil Contacontos no sil
Contacontos no sil
 
Os nosos ríos
Os nosos ríosOs nosos ríos
Os nosos ríos
 

Semelhante a Anduriña

Semelhante a Anduriña (19)

Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir1. ud si te queres divertir
1. ud si te queres divertir
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
 
Pregón de Nadal 2017
Pregón de Nadal 2017Pregón de Nadal 2017
Pregón de Nadal 2017
 
ORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdf
ORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdfORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdf
ORBALLO CURSO 21 22 CEE A BARCIA.pdf
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
As datas e festas importantes
As datas e festas importantesAs datas e festas importantes
As datas e festas importantes
 
O libro dos Reis Magos
O libro dos Reis MagosO libro dos Reis Magos
O libro dos Reis Magos
 
Veciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña IVeciños da Magdalena e a Condomiña I
Veciños da Magdalena e a Condomiña I
 
Admision
AdmisionAdmision
Admision
 
Carta puca6
Carta puca6Carta puca6
Carta puca6
 
Boas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervoBoas prácticas en bibliocervo
Boas prácticas en bibliocervo
 
Revandaina 1
Revandaina 1Revandaina 1
Revandaina 1
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Díptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeirasDíptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeiras
 
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
 

Mais de Ana Jato Rodriguez (20)

Os nosos aniversarios
Os nosos aniversariosOs nosos aniversarios
Os nosos aniversarios
 
PESCADORES DE SAN CLODIO
PESCADORES DE SAN CLODIOPESCADORES DE SAN CLODIO
PESCADORES DE SAN CLODIO
 
Graduación xuño 15
Graduación xuño 15Graduación xuño 15
Graduación xuño 15
 
Museo bicheiro
Museo bicheiroMuseo bicheiro
Museo bicheiro
 
Letras galegas 15
Letras galegas 15Letras galegas 15
Letras galegas 15
 
Mascota biblioteca
Mascota bibliotecaMascota biblioteca
Mascota biblioteca
 
Día do libro
Día do libroDía do libro
Día do libro
 
A troita e as anguías
A troita e as anguíasA troita e as anguías
A troita e as anguías
 
O traxe novo do rei
O traxe novo do reiO traxe novo do rei
O traxe novo do rei
 
Plantando iris
Plantando irisPlantando iris
Plantando iris
 
O universo
O universoO universo
O universo
 
Entroido 2015 CEIP de SAN CLODIO
Entroido 2015  CEIP de SAN CLODIOEntroido 2015  CEIP de SAN CLODIO
Entroido 2015 CEIP de SAN CLODIO
 
A neve
A neveA neve
A neve
 
Día da paz
Día da pazDía da paz
Día da paz
 
Os piratas de infantil
Os piratas de infantilOs piratas de infantil
Os piratas de infantil
 
Para que sirven os nº
Para que sirven os nºPara que sirven os nº
Para que sirven os nº
 
O acuario
O acuarioO acuario
O acuario
 
Facemos un volcán
Facemos un volcánFacemos un volcán
Facemos un volcán
 
Rimas piratas
Rimas piratasRimas piratas
Rimas piratas
 
Xogos de mesa
Xogos de mesaXogos de mesa
Xogos de mesa
 

Último

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeEduNoia1
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 

Último (12)

Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

Anduriña

  • 1. C U R S O 2 0 1 5 - 1 6 ANDURIÑAREVISTA ESCOLAR DO CEIP DE SAN CLODIO OUTRO ANO XUNTOS Co remate de curso é hora de volver a vista atrás e ver que as cousas que se fixemos todos xuntos neste ano nos aportaron boas experiencias e axudaron a formar o noso carácter. ORGULLOSOS DA NOSA ESCOLA Un curso cheo de acontecementos Como sempre neste ano o Ceip de San Clodio tivo un curso cheiño de actividades e esta revista pretende ser un escaparate que amose una boa parte delas. Pintando en familia Os nenos e nenas do Ceip de San Clodio están moi orgullosos do seu cole e por iso se comprometen sempre nas tarefas de limpeza, nas de recollida de follas para facer compost, nas de reciclaxe e moitas outras que se realizan na nosa escola.
  • 2. 2 CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA OBRADOIROS DE PINTURA NO PATIO Pintando en familia pasamos dun patio en gris a un patio cheiño das cores do arco da vella. O mellor de todo este proxecto foi o bo ambiente e as ganas de todos de facer algo tan divertido xuntos. Moitísimas grazas familias!. OBRADOIROS DE RECICLAXE Ao longo deste curso estivemos levando a cabo unha serie de obradoiros de reciclaxe nos que intentamos dar novos usos a distintos materiais que normalmente van a parar ao lixo. RECICLANDO CON ARTE Algunha das actividades foi montar entre todos un cadro ao estilo do dun famoso artista, " kandiski ", elaborado con tapóns e cores, papeis e cartón reciclado, nas que se traballa o plano e as figuras xeométricas, os tamaños e a composición de cores. Pero tamén se traballaron obras con volume e se elaboraron esculturas.
  • 3. 3 CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA FESTAS DA ESCOLA No outono empeza o noso particular ciclo anual de festas da escola, que rematará alá polo mes de xuño co fin de curso e a chegada do verán. SAMAIN 2015 Festas e cabazas, todo un éxito de participación nesta nosa escola. Contos de medo, Cabazas talladas, Maquillaxes terroríficos, Disfraces arrepiantes, Diplomas, Música e Festa. Unha pasada de divesión... Xa estamos desexando que volva o do próximo ano. XOGOS NO SAMAÍN No tempo de outono chegan as cabazas e con elas os xogos en familia para tallalas e decoralas, os días fanse máis pequenos e as noites máis grandes, coa escuridade chegan tamén os xogos e disfraces de medo, tempo de troula, tempo de festa…. Tempo de castañas, tempo de magosto. Estreamos os xogos no patio cos amigos e queda na nosa memoria, xa que logo, un día memorable para a lembranza. Fermoso outono e agarimosa a nosa escola. Os xogos tradicionais convértense así nunha ferramenta para disfrutar da compaña dos amigos, para aprender a convivir, para medrar e facernos grandes festexando o magosto e as cousas boas do día a día da nosa vida na escola. MAGOSTO 2015
  • 4. 4 CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA FESTAS DA ESCOLA Co Nadal chega á nosa escola o punto máis forte das festas do ano, pois nestas datas celebramos un festival ao que se convidan as familias e os vecinos do noso entorno. NADAL 2015 O Nadal é tempo de ledicia tamén na nosa escola, tempo de festexar o remate do primeiro trimestre, e para iso nada mellor que facelo cun festival cheo de emocións e agasallos. Compartilo noso traballo coas familias fai que sexa moi emocionante para todos nós. Tempo de inverno e de remanso na nosa escola, tempo de meditar sobre como tratamos aos demais e de xuntar esforzos por crear un ambiente de amor e paz na nosa vida cotiá. Por estas datas fixéronse diversas actividades como decoración de muráis con mandalas e o alfabeto da convivencia, ademais dunha videoconferencia para intercambiar experiencias coas nenas e nenos do Ceip Ricardo Gasset do Incio. Unha data chea de contos, historietas e boa música. DÍA DA PAZ 2015
  • 5. 5 CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA FESTAS DA ESCOLA Co Entroido chega á nosa escola a algarabía, o tempo das risas e as bromas, do bo humor e da mellor das diversións. ENTROIDO 2016 Xogos, disfraces e a visita do Meco cunha chea de mandados para facer todos xuntos e reinventar cada día a maneira de divertirnos moito gastando moi pouco, grazas a utilizar roupas vellas da casa e sen mercar nada ou case nadiña. Como en anos anteriores no cole montamos una actividade que consiste en que axudados polas familias, cada neno fai una comadre e cada nena fai o seu compadre. Logo traense á escola e o venres xusto antes da festa podemos facer o xogo de esconder uns os das outras e viceversa. Como remate desta semana de Entroido montamos entre todos, logo dun xantar tradicional destas datas, unha festa con música e disfraces, á que tamén invitamos ás familias a participar. A diversión está deste xeito asegurada. XOVES DE COMPADRES E COMADRES
  • 6. 6 CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA LETRAS GALEGAS 2016 MANUEL MARÍA 2 “SONETOS AO VAL DE QUIROGA”. O venres 12 de febreiro achegámonos ata o auditorio de Quiroga, para asistir á presentación da reedición desta fermosa obra de Manuel María, autor a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Na que xunto coas nenas e nenos do Ceip de Quiroga e tamén as mozas e mozos do IES de Quiroga participamos aportando os nosos debuxos para a ilustración dos seus sonetos. Alí estiveron con nós as autoridades dos dous concellos ademais dun representante da Fundación Manuel María, quenes nos agasallaron cun exemplar deste libro para cada un de nós. Realmente para todos foi toda unha experiencia. 1 Este ano foi especialmente relevante para nós esta data, porque a figura de Manuel María é moi coñecida e querida por estas terras. Ademais de residir durante grande parte da súa vida no sur lucense, o poeta mantiña un estreito vínculo coa comarca quiroguesa por ser a terra de orixe da súa avoa Consuelo Casanova Neira, natural da parroquia de Hospital. Na Casa Museo de Manuel María exponse unha navalla con mango de madeira nobre que pertenceu á súa avoa e que leva gravadas as súas iniciais. O escritor levouna sempre consigo como recordo.
  • 7. 7 CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA PROXECTO VOZ NATURA DÍA DA ÁRBORE No mes de marzo, para celebrar o Día da Árbore, e grazas á colaboración da Deputación de Lugo, aínda que choveu un pouquiño os máis maiorciños da escola plantaron un castiñeiro ao que entre todos eleximos bautizar como Manoliño. EXPERIMENTOS CON PRANTAS Para enterder mellor o ciclo reproductivo das prantas e para comprobrar as diferentes formas que estas teñen de reproducirse, na aula de infantil estivemos prantando anaquiños de prantas, sementes e miniprantiñas, ás que nos seguintes meses coidamos con moito agarimo, e tivemos a sorte de velas medrar. HORTO ALTERNATIVO Para construir este minihorto alternativo utilizamos material de refugallo, como as botellas de plástico, coas que montamos columnas que logo enchemos de terra e nas que plantamos algunhas aromáticas, que sempre podemos utilix¡zar logo nos obradoiros de aromas ou na cociña. XARDÍN INTERIOR Para arranxar unha zona interior do noso cole este ano plantamos diferentes tipos de prantas crasas, que son máis resistentes ás condicións de extrema sequía e calor, que en ocasións van a ter que padecer, por iso nos esforzamos moito en que se fagan fortes e se adapten a vivir con nós na nosa escola procurándolles os nosos mellores coidados.
  • 8. 8 CEIP DE SAN CLODIO 2015-2016ANDURIÑA CONVIVENCIA CO CEIP DA POBRA DO BROLLÓN CHEGAMOS CEDIÑO Chegar ao cole da Pobra do Brollón foi moi especial, reencontrarse con amigos doutros anos e ser tan ben recibidos con música e globos de agasallo é unha inmensa ledicia para todas e todos nós. Sentímos moi queridos. O PROCESO DO PAN Amasalo pan foi unha das mellores experiencias deste día, o que se completou ademáis coa posibilidade de metelo a cocer no forno e logo pódelo levar para as nosas casiñas e comelo na merenda. UUUUUM! QUÉ RICO! Dende aquí queremos deixar constancia do noso agradecemento tamén ás panadarías da Pobra do Brollón por esta actividade tan interesante e motivadora e enriquecedora para todos nós. ANDAINA POLA RIBEIRA SACRA Os máis maiorciños tiveron a oportunidade de facer un percorrido a pé por fermosos lugares deste concello, visitaron as adegas de Vilachá e chegaron ao mirador que ofrece unhas espectaculares vistas da Ribeira Sacra na que se cultiva unha das mellores uvas do noso país. COMIDA ENTRE AMIGOS Despois de tanta actividade chegou o momento de repoñer forzas, para iso nada mellor que un bo xantar entre amigos, cos que ademáis de boas viandas puidemos compartir agradables conversas. Antes de rematar a nosa visita cun partido de fútbol para os máis maiorciños e xogos no patio para a xente máis menuda.
  • 9. DESPEDIDA DOS DE SEXTO Dende estas páxinas queremos tamén dar a nosa despedida aos nenos de sexto, Manuel, Lucía e Isaac e lembrarlles que sempre que queiran visitarnos serán benvidos nesta escola que tamén foi a súa. Desexámosvos o mellor para a nova andaina que no vindeiro curso empezaredes no IES de Quiroga. Noraboa e a por todas! ANDURIÑA CEIP SAN CLODIO 2015-16