1. 2naFronteira
Carmen Penim (voz).
Maurizio Polsinelli (piano e harmonio).
2naFronteira. Duo formado no ano 2008. A cantante arraiana do Couto Mixto Carmen
Penim e o pianista romano Maurizio Polsinelli afincados en Moaña (Pontevedra)
ofrecennos este traballo discográfico titulado;
“Alma”
Inmersos desde fai dous anos na composición de músicas para poesía en galego,
elixen unha coidada selección de poemas para este CD, amosando o gran amor de
Carmen e Maurizio pola poesía en xeral, e en concreto pola poesía en galego.
García Lorca · Rosalía de Castro · Fernando Pessoa · Paz Andrade ·
Celso Emilio · Curros Enríquez · Manuel Rivas · Alfonso Láuzara ·
e a propia Carmen Penim con un tema orixinal “Nana do Couto Mixto” ·
Moitos dos temas son unha mostra dun proxecto musical maior: os temas de García
Lorca forman parte do proxecto “Federico García Lorca, amando en galego”,
musicalización do libro do poeta Seis poemas gallegos, que esperan poder editar un
día xunto cos poemas e as partituras. Tamén Rosa de abril de Rosalía, é unha mostra
dun traballo de musicalización de seis extractos de Cantares Gallegos. Os dous temas
de Fernando Pessoa forman parte asimesmo dun traballo de musicalización de seis
poemas do poeta portugués titulado “O poeta é un finxidor”.
Alma reflexa a principal característica do dúo, unha perfecta unión entre unha
elevada calidade técnica e unha grande paixón interpretativa que non deixa
indiferente, cunha expresión absolutamente libre e variada desde ritmos máis
populares de “A nana do Couto Mixto” para harmonio, ata melodías máis achegadas
ao mundo culto como en “Catrivium da mapoula”.
Ademais da expresión artística, “Alma”, tamén pretende contribuir á difusión da
lingua e a cultura galega.
Contacto
mail: 2nafronteira@gmail.com
www.2nafronteira.com
Telf: 986164615 e 699845312
Promoción. Xusto Molejón ·
xusto@inquedanzas.com · 638 676 259 – 886 115 343