2. A vide é unha
planta perenne,
leñosa e
trepadora.
Orixinouse no norte de
África e na actualidade
está extendida por
todos os continentes e
pode vivir nos solos
máis variados.
4. TALO
Leñoso e retorcido, pode chegar a medir ata uns trinta metros,
aínda que case nunca llo permiten os labores de poda.
A tona é de cor castaña escura e despréndese en tiras.
5. Nos nós xorden as xemas que son a orixe de todos os
órganos: follas, gaviláns, acios... Cando están pechadas
chámanse ollos e cando se abren gomos.
A gomariza (ponlas herbáceas dun ano, que ao lignificaren
chámanse vides ou videiras) ten nós ben marcados dos que
xorden as follas, os gaviláns, as xemas e os acios.
6. FOLLAS
Caedizas, alternas, simples co limbo de
forma palmeada e con moitas varacións
segundo a caste. A beira é serrada e o seu
tamaño oscila entre 15 e 30 cm de longo
(correspondendo 1/3 ao rabo) e entre 10 e 20
cm de ancho.
cabernet
folla redonda
espadeiro
7. Os gabiáns que saen dos nós e
opostos ás follas, enrólanse aos
soportes para suxeitar a planta.
8. FLORES
Pequenas e agrupadas en acios
compostos (panículas). Cada flor
está formada por un cálice verde
ancho na base e un pistilo
rodeado de cinco estames
amarelos.
Á floración coñecese co nome de purga.
9. FROITOS (uvas ou bagos).
Bagas esféricas ou oblongas coa tona
lisa e a polpa carnosa, con varias
sementes (pebidas) pequenas e
leñosas.
Son de cor e tamaño diferentes
segundo o tipo e a variedade, desde
case negras ata verde-amarelas.
15. PODA
Eliminación das vides non axeitadas e
recorte das outras ata o nivel preciso para
manter o desenvolvemento da vide e a
produción de uva nos niveis óptimos.
Realízase despois da caída da folla,
durante o descanso invernal da planta,
entre os meses de novembro e febreiro.
18. PROTECCIÓN CONTRA PRAGAS E
ENFERMIDADES
As pragas máis importantes que padecen as vides son
producidas por fungos (oídio ou polvillo, mildeu, escoriose,
botrite ou podremia...), ácaros (araña vermella), insectos
(pulgóns, mosquilla, avelaíñas, pedroulo...), virus, bacterias...
Existen multitude de produtos fitosanitarios que se presentan
en forma de po para esparexer, po mollable e líquidos.
21. En Galiza cultívanse
máis de 200
variedades de vides,
das que 77 (41 de
tinto e 36 de branco)
son autóctonas.
caíño
godello
albariño
mencía
22. PRINCIPAIS ZONAS DE CULTIVO DA VIDE EN GALIZA
DENOMINACIÓNS DE
ORIXE PROTEXIDAS:
O Ribeiro,
Valdeorras,
Rías Baixas,
Monterrei e
Ribeira Sacra
VIÑOS DA TERRA:
Val do Miño
Betanzos.
Barbanza e Iria
32. USOS DAS UVAS
Consumo en fresco, elaboración
de zumes, viño, vinagre, licores,
confituras, aromatizantes...
Pasas (uvas secas).
33. ESCOLMA LITERARIA
¡O espadeiro! ¡Asios mouros, cepas tortas
follas verdes, douradas e vermellas,
gala nas terras vivas de Castrelo,
nos Casteles de Ouviña e nas areas
de Tragove e Sisán, do mar de Arousa
e o Umia cristaíño nas ribeiras!
¡O espadeiro amante! ¡O viño doce!
¡Alegría de mallas e espadelas,
compañeiro das bolas de pan quente
e as castañas asadas na lareira!
RAMÓN CABANILLAS
34. TRADICIÓN ORAL
REFRÁNS:
•Poda en xaneiro, vendima no sombreiro.
•O que en marzo non poda perde a
vendima toda.
•Gomo de marzo, non vai ó cabazo.
•O vello pon a viña, o mozo vendímaa.
•Nin viña no baixo, nin trigo no cascallo.
•Casas cantas mores, viñas cantas podes.
•San Miguel das uvas, tarde vés e pouco
duras.
•Amoria madura, pinta a uva.
•Polo San Mateu vendima ti, vendimo eu.
•Vendima enxoito se queres coller bo
mosto.
•Boca que canta non come uvas.
•En agosto, nin viño nin mosto.
•No San Martiño xa se coñece o bo viño.
•Chuvia de agosto, mel e mosto.
35. ADIVIÑAS:
Unha vella xorobada, ten un fillo
enredador, unhas netas moi fermosas
e un xenro predicador
(A CEPA)
Estou encarnado e ben maduriño,
antes do outono de min farán viño
(O ACIO DE UVAS)
Dous irmáns son, un vai á misa e o
outro non
(VIÑO E VINAGRE, VIÑO BRANCO E TINTO)
Unha vella moi enrugada, leva no cú
unha palla atrancada
(UVA PASA)
36. CANTIGAS
Vendimai, vendimadeiras,
na vendima do meu pai.
Vendimai e comer uvas
que outra cousa non a hai.
Meu amor eu quero viño,
a iauga non sei beber,
a iauga ten samesugas,
teño medo de morrer.
37. MONTAXE: Adela Leiro
TEXTOS: Adela Leiro, Hernando
Martínez
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta,
Juan Maceira, Internet
DEBUXOS: Mon Daporta