2. Neste traballo incluímos dous xéneros de árbores coñecidas co
nome vulgar de secuoia:
Xénero Sequoia.
Unha única especie
Sequoia sempervirens
(secuoia vermella).
Xénero Sequoiadendron.
Unha única especie
Sequoiadendron giganteum
(secuoia xigante).
4. Árbore perennifolia, a conífera máis
alta que existe, pode acadar os 115
m de altura e case 8 m de diámetro
na base e tamén moi lonxeva, pode
vivir ata case 3.000 anos.
É nativa do oeste dos Estados
Unidos.
5. TALO
Toro recto, coas ponlas horizontais,
dispostas de xeito radial. Copa cónica,
máis estreita nos exemplares vellos.
A tona é moi grosa, de textura suave e
cor parda avermellada.
6. FOLLAS
As follas, aplanadas, poden
medir de 5 a 25 mm, as máis
pequenas atópanse nas árbores
máis vellas. Son de cor verde
escura e están dispostas en
espiral.
7. FLORES
Especie monoica. Os conos masculinos son ovais, de 4-6 milímetros de lonxitude
e cor amarela-laranxa. Nacen nos extremos das ponlas. Os femininos son
globulares, pequenos e de cor verde.
8. CONOS (PIÑAS)
Ovoides, miden de 15-32 mm de lonxitude, con 15-25 escamas dispostas en
espiral; maduran entre 8-9 meses despois da polinización a finais do inverno.
Cada escama destes conos contén entre 3 a 7 sementes, cada unha de 3-4 mm
de longo e 0,5 de ancho, con dúas ás de 1 mm. Estas sementes son liberadas
cando as escamas maduran e se abren ao secar.
9. USOS
Madeira para construción e
ebanistería.
Especie ornamental para parques e
xardíns.
Está considderada como especie en
perigo de extinción.
"Redwood bonsai" by Jeffrey O. Gustafson - Own work. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Commons -
Imaxes antigas da tala de secuoias en
California.
11. Xardín Padrón.
INCLUÍDAS NO CATÁLOGO DE
ÁRBORES SENLLEIRAS DA
XUNTA DE GALIZA
-33 m de altura; 6,46 m de perímetro. -35,2 m de altura; 6,22 m de perímetro.
20. A plantación máis numerosa de Galiza atópase en Poio nas proximidades, preto
do Monte Castrove. En 1992 plantáronse 500 secuoias vermellas para
conmemorar o quinto centenario do descubrimento de América.
21. En Cantabria existe un arboredo de sequoias, declarado monumento natural en 2003,
"Monumento Natural de las Secuoyas del Monte Cabezón", con 848 pés de Sequoia
sempervirens, plantados a finais dos anos 40.
22. Parque Nacional de Redwood (1968), situado no norte de San Francisco, California. Ocupa
unha área de 53.413 m2
. Tamé foi declarado pola UNESCO Reserva da Biosfera (1983) e
Patrimonio da Humanidada (1985).
Un dos seus principais valores son a gran cantidade de exemplares de secuoias vermellas
monumentais, as máis altas do mundo.
26. Árbore de folla persistente nativa
do oeste da Serra Nevada de
California (Estados Unidos). Pode
medir ata máis de 90 m de altura
e de 7 a 10 m de diámetro.
A secuoia xigante máis vella
coñecida tiña 3.200 anos de
idade.
En 2010, atopouse unha secuoia
de 105,5 metros de alto e 10 de
diámetro de toro.
27. TALO
Toro recto coa tona grosa, febrosa e
pregada. A copa é cónica e nas árbores
vellas faise columnar. As ponlas son
horizontais nas árbores novas e
colgantes nas vellas.
28. FOLLAS
Con forma de subela, de 3 a 6 mm de lonxitude, dispostas espiralmente
nos rebentos. Son de cor verde grisácea. As follas novas teñen olor a anís ao
espremelas.
29. FLORES
Especie monoica.
As flores masculinas saen nos extremos das ponlas, son pequenas e de cor
amarela.
As flores femininas son ovoides e de cor verde.
30. CONOS (PIÑAS)
Ovais, de 4 a 7 cm de lonxitude.
con 30 a 50 tecas dispostas
espiralmente e con numerosas
sementes (unhas 230).
A semente é marrón escura, de 4 a
5 mm de longo e 1 de ancho,
cunhas ás amarelo-marróns de
1 mm por cada lado.
Maduran en 18 a 20 meses, aínda
que normalmente permanecen
verdes e pechadas por ata 20
anos; Algunhas sementes sóltanse
cando as tecas do cono se encollen
durante o tempo cálido a finais do
verán, pero a maioría son
liberadas cando o cono seca pola
calor do lume ou o dano dun
insecto.
31. USOS
A madeira é de cor vermella e moi
resistente á degradación por
fungos e insectos. Emprégase
para construción e ebanistería.
Cultívase como árbore
ornamental.
Está considerada como especie en
perigo de extinción.
« Giant sequoia exhibitionism ». Sous licence Domaine public via Wikimedia Commons -
33. Pazo O Casal. (Bergondo)
-30,5 m de altura; 9,6 m de perímetro.
INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA
34. Pazo de Bóveda
-26 m de altura e 4,86 m de perímetro.
Pazo de Mon (Poio)
-30 m de altura e 4,34 m de perímetro.
35. -5,40 m de perímetro.-6,09 m de perímetro.
Parque Rosalía de Castro.
(Lugo)
36. As secuoias xigantes están protexidas en varios parques dos Estados Unidos: Kings
Canyon National Park, Giant Sequoia National Park e Giant Sequoia National Monument.
37. Xeneral Sherman, 83,8 m de
altura e 7,7 m de diámetro.
Kings Canyon National Park
"General Sherman" by Bradluke22 - Transferred
from en.wikipedia to Commons.. Licensed under
Public Domain via Commons -