3. Árbore de copa baixa, ampla e
irregular que pode acadar 15 m de
altura. É orixinaria do leste do
Mediterráneo e vive en lugares
secos.
En Galiza ata hai uns anos tivo
importancia o seu cultivo na
cunca do Sil para elaborar aceite.
Atópanse exemplares en moitos
adros de igrexas e como especies
ornamentais en xardíns e parques.
4. TALO:
O toro dos exemplares vellos é
torto e nudoso, curto e ancho na
base. A tona é de cor gris
prateada, con fisuras.
6. FLORES
Unisexuais ou hermafroditas, moi
pequenas, agrupadas en acios.
O cálice está formado por catro
sépalos e a corola por catro
pétalos branco-amarelos.
7. FROITOS (olivas)
Drupas de forma oval de ata 3
cm de lonxitude de cor negra-
violeta cando están maduras.
9. Oliveiras do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. Ortigueira (Vedra-A Coruña).
Varias fileiras rodeando os prados onde se poden atopar arredor de 500 exemplares plantados
desde comezos do século XVI. Os máis grandes miden 13 m de altura e case 4 m de perímetro.
Incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.
10. Cimeterio de Adina.
Iria Flavia (Padrón).
As máis vellas teñen
máis de 200 anos.
A máis grande mide
10 m de altura e 3,18
m de perímetro.
11. San Ourente de Entíns (Outes)
No cimeterio.
-Dous brazos de 2,80 e 1,70 m de
perímetro.
14. Oliveira do Paseo de
Alfonso XII. Vigo. Mide 12
m. Plantado arredor de
1815, a partir dunha
ponla doutro moi antigo,
do século XV, que
estaba na Colexiata de
Santa María, que,
segundo contan,
“debaixo del podían
traballar sete zapateiros”
e que foi cortado en 1814.
É o símbolo da cidade de
Vigo.
Incluída no Catálogo de
Árbores Senlleiras da
Xunta de Galiza.
15. Igrexa do Calvario (O Rosal)
-Catro exemplares.
A máis grande mide 3,2 m de perímetro.
16. Igrexa de Barcela (Arbo)
-Tres oliveiras, a máis grande mide
2,90 m de perímetro (5,15 m na base)Igrexa de Barcela (Arbo)
-2,10 m de perímetro.
17. Igrexa de Simes (Meaño)
-A máis grande mide 2,80 m
de perímetro.
18. USOS:
Cultívase polo froito e pola madeira, moi valorada
para escultura e torno e como cumbustible.
En medicina tradicional as follas usábanse como
febrífugas e os froitos son aperitivos e tónicos.
A oliveira é unha árbore de gran simboloxía. Por
Pascua lévanse ramos de oliveiras a bendecir e
gárdanse na casa todo o ano para que dean boa
sorte. Tamén se usaban para espantar as meigas.
19. O cultivo das oliveiras tivo certa importancia nos séculos XVII e XVIII e na actualidade está case
desaparecido. Consérvanse pequenas plantacións na cunca do Sil. A colleita das olivas faise de
decembro a febreiro. Para extraerlle o aceite móense e logo prénsanse nun lagar. Durante o
prensado bótaselle auga quente para que axude a escoar o aceite.
20. Na actualidade so se conserva un muíño
de aceite en Bendilló (Quiroga), lugar no
que tamén se fai, coíncidindo coa colleita
das olivas, a festa do aceite.
21. TRADICIÓNS
-Por Pascua lévanse ramos de
oliveiras a bendecir e gárdanse na
casa todo o ano para que dean boa
sorte.
-Os ramos de olivo tamén se usaban
para espantar as meigas.
CANTIGA
Debaixo da oliveira
non chove nin hai orballo,
meniña, se has de ser miña
non me deas máis traballo.
22. ESCOLMA LITERARIA
Moito te queixen un tempo
simeterio encantador,
cos teus olivos escuros,
máis vellos que os meus avós;...
Rosalía de Castro.
Cimeterio da Adina