Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Muíños
1.
2. Os muíños son aparellos ou instalacións que se
empregan para moer ou triturar todo tipo de
produtos: sementes, froitos (especialmente cereais,
olivas), febras, tubérculos, casca, minerais …
3. O mecanismo básico dos muíños consiste en dúas pezas, unha fixa e
outra móbil que se despraza ou golpea sobre a fixa.
Para facelo funcionar emprégase a forza muscular, a enerxía da auga,
do vento, química ou eléctrica.
Os mecanismos de transmisión do movemento foron facéndose máis
complexos ao longo do tempo. Na actualidade a gran maioría
funcionan con enerxía eléctrica ou motores de combustión.
Representación
dun muíño chan
do antigo Exipto
Maqueta dun
muíño hidráulico
de roda vertical
da época romana
4. MUÍÑOS DE
MORTEIRO
Os materiais tritúranse no interior
dun recipiente cóncavo coa axuda
dun mazo.
Museo Arqueolóxico da Coruña
Illas
dos
Açores
5. Muíño do “picón” ou pío dos carolos.
Empregábase para triturar gran para alimento dos animais.
6. MUÍÑOS DE MAN CHAIROS OU
NAVIFORMES
Son os máis antigos que se coñecen. Empréganse desde o paleolítico e
estendéronse moito no neolítico co desenvolvemento da agricultura.
Nun comezo usáronse para moer tubérculos e sementes varias
(castañas, landras) e máis adiante os cereais para facer fariña.
Muíño castrexo. Museo de Lugo
Formados por unha pedra cuadrangular
cóncava, que se colocaba no chan, e un
cilindro ou rebolo, que se movía coas
mans, para triturar os produtos contra a
pedra.
7. Castro de Santa Tegra
Muíño para moer landras.
Museo de Guimaraes
8. Muíño de man de base circular.
Museo Arqueolóxico da Coruña
9. MUÍÑOS DE MAN CIRCULARES
Están formados por dúas rodas de pedra colocadas unha enriba da
outra: a inferior é fixa e a superior móbil.
Os máis primitivos movíanse cun movemento de vaivén por medio
duns paus espetados aos lados da moa.
Foron moi empregados en Galicia na época castrexa a partir da
romanización.
Museo de Lugo
17. MUÍÑOS DE SANGUE
Son accionados pola forza de persoas ou animais por medio dun brazo
que fai xirar a moa, en posición horizontal ou vertical.
Son moi antigos. Na Biblia e na Odisea aparecen referencias aos
muíños de sangue.
Releve romano
Muíño romano (Pompeia)
26. MUÍÑOS HIDRÁULICOS
Empregan e enerxía cinética das correntes de auga, directamente ou
con distintos sistemas para dirixila ou forzala.
27. Os primeiros muíños hidráulicos dos que hai referencia son os gregos, de
roda horizontal, perfeccionados máis tarde (século I a.C.) polos romanos
que crearon tamén o sistema de roda vertical (modelo de Vitruvio).
Na idade media foron amplamente utilizados e nos séculos XVI e XVII
acadaron o seu máximo desenvolvemento.
Coa aparición do vapor e a enerxía eléctrica foron perdendo importancia.
Ilustración antiga que representa uns muíños instalados sobre barcos, no río Sena.
28. TIPOS DE MUÍÑOS HIDRÁULICOS
SEGUNDO A POSICIÓN DA RODA MOTRIZ
Roda vertical (bruia)
Roda horizontal (Rodicio)
29. 1-MUÍÑOS DE RODA VERTICAL (BRUIA)
Roda hidráulica con canle de alimentación inferior.
É o tipo máis simple. Aproveita só o impulso da auga e
depende do fluxo da corrente.
Instálase en ríos de caudal abundante e corrente forte
Acea no Miño (Ourense)
30. Roda hidráulica con canle de alimentación
superior: o peso da auga que cae nos
caixóns ou pas aumenta a forza.
Instálanse en regatos de caudal escaso.
Algunhas son reversibles e poden cambiar
o sentido de rotación.
Muíño en Couso (Ponteareas)
31. 2-MUÍÑOS DE RODA HORIZONTAL (RODICIO)
Son os máis comúns. A roda motriz vai situada nun oco inferior, chamado inferno,
debaixo da estancia onde está o aparello de moer.
37. MUÍÑO DE CUBO
Instálase en ríos de caudal escaso. Gáñase
forza da auga pola altura que esta acada
dentro do cubo.
As Neves
38. MUÍÑO DE BALSA
Instálase en ríos de caudal escaso.
A balsa serve de reserva de auga.
Río Ulla (Barazán)
39. MUÍÑO DE ARTESA
Instálase en ríos de caudal escaso.
Combina a función do muíño de cubo
(aumento de altura) e o de balsa
(reserva de auga)
Río Nau
(Lobios)
40. MUÍÑO DE DORNA OU DE REGOLFO
O rodicio vai metido nun pozo cilíndrico para aproveitar a
forza da auga que rebota nas paredes.
41. MUÍÑOS DE MAREA
A enerxía da auga encorada durante a marea chea aprovéitase para mover
mecanismos na baixamar.
Foi aproveitada desde tempos antigos para mover muíños de cereais. Hai
referencias do seu uso en Basora, no Golfo Pérsico, no século X, e en Europa desde o
século XI. En Galicia usouse desde o século XVI.
Acea na Illa de Arousa)
42. Os muíños de marea son semellantes aos dos ríos na súa estrutura.
Están instalados en lugares con forte oscilación entre mareas, e espazos onde sexa posible
construír unha presa para almacenar a auga da chea e aproveitala durante a marea baixa para
mover os rodicios.
entrada da
auga ao muíño
comportas
auga encorada
presa
cubos e
rodicios
entrada da auga á presa
coa subida da marea
saída da auga
auga encorada
45. MUÍÑOS DE VENTO
Aproveitan a enerxía do vento para mover os mecanismos
A enerxía cinética do vento transfórmase en enerxía
mecánica por medio de diferentes aparellos (velas, pas ...).
46. Os primeiros muíños de vento dos
que hai referencia (século X)
estaban situados no Sijistan (nunha
zona entre Persia e Afganistán).
Eran de eixo vertical.
En Europa aparecen documentados
os primeiros muíños de vento de
eixo horizontal no século XII.
Durante a Idade Media e Moderna
introducíronse neles diversos
avances técnicos.
Muíño xiratorio nun
gravado medieval.
Muíños persas de eixo vertical
47. TIPOS DE MUÍÑOS DE VENTO
MUÍÑOS DE EIXO VERTICAL
Pas de canas
moa
MUÍÑOS DE EIXO
HORIZONTAL
48. TIPOS DE MUÍÑOS DE EIXO HORIZONTAL
Muíño de poste ou
pivote
Muíños de torre fixa
Podían ter o tellado móbil ou fixo.
O corpo do muíño era de
madeira e levantábase sobre un
poste, de xeito que se podía
mover para orientalo ao vento.
O corpo superior, de madeira,
xiraba sobre unha base de
pedra.
Tipo nórdico
Tipo mediterráneo
Alcobaça
(Portugal)
Gravado de 1430
Muíños de torre
xiratoria
49. Elementos dun muíño de
vento de eixo horizontal
pás ou abanos
roda ou volante
cuberta
eixo
freo
piñón
rabo
vara
moa
moega
pé
50. Volante e piñón
Transmisión horizontal para mover dúas moas.
Os muíños máis avanzados levan sistemas
para mover varias moas simultaneamente,
orientar automaticamente as pas,
controlar a velocidade de traballo…
52. OS MUÍÑOS DE VENTO EN GALICIA
DE TORRE FIXA
Cuberta fixa con
aparello doble.
8 documentados en
Catoira.
Cuberta xiratoria para orientar ao
vento. Un so aparello.
43 documentados por toda Galicia.
DE TORRE
XIRATORIA
O corpo superior, de
madeira, xiraba sobre
unha base de pedra.
10 documentados
DE ARMAZÓN
O soporte
arquitectónico non
está relacionado co
aparello mecánico
53. Muíño de Catoira.
O tellado é fixo. Leva doble sistema de abanos para aproveitar o vento de distintas
direccións. A súa tipoloxía é única en Europa.
55. Muíño de Vidal (Mogor-Mañón). Construído a finais do século XIX.
56. Edificio do antigo muíño de pólvora
(Neda).
Planta do obradoiro de pirotecnia no
que a enerxía do vento poñía en
funcionamento todos os elementos da
fábrica (muíños da pólvora,
bobinadoras...)
57. Na actualidade a trituración de materiais realízase en muíños de
gran capacidade, en instalacións industriais, que empregan
distintos sitemas adaptados a cada necesidade: dureza e
resistencia dos materiais, tamaño das partículas resultantes…
Á vez existen multitude de aparellos de pequeno tamaño para
emprego doméstico ou en laboratorios.
Muíños de morterio para laboratorios
58. MUÍÑOS ELÉCTRICOS DE MOA
O aparello de moer é accionado por un motor eléctrico.
Muíño eléctrico de uso particular
Muíño eléctrico de uso público. Cea.
59. MUÍÑOS DE ROLOS
O material tritúrase ao pasar entre
uns rolos que se manteñen
apretados por medio de resortes.
Emprégase na minería, nas
fábricas de fariña…
Muíño industrial da fábrica de cervexa
Estrella de Galicia (A Coruña)
63. MUÍÑOS DE BOLAS
O material tritúrase nun tambor rotatorio con bolas de aceiro
no seu interior. Emprégase na minería.
64.
65. MUÍÑOS DE BARRAS
O material tritúrase nun tambor rotatorio con barras metálicas no
seu interior colocadas no sentido lonxitudinal.
66. MUÍÑOS DE MARTELOS OU DE IMPACTO
Un eixo con pezas móbiles que ao desplazárense golpean os
materiais e esmiúzanos (xeralmente rochas ou minerais).
67. MUÍÑO DE MORTEIRO
Un brazo resistente que xira dentro dun recipiente de forma cónica.
Empréganse para triturar rochas e minerais.
68. MUÍÑOS DE COITELAS
Un ou varios eixos con coitelas de distintos tipos xira no interior dun
recipiente. Empréganse para cortar e triturar madeira, plásticos, carne…
Muíños para picar carne
74. TIPOS DE MUÍÑOS
MUÍÑOS ANTIGOS
DE GOLPEO: morteiros…
DE FRICCIÓN MOVEMENTO LINEAL:
-muíños planos ou naviculares
ROTATORIOS:
-de vaivén
-de rotación: de sangue,
hidráulicos,
eólicos…
MUÍÑOS ACTUAIS
DE ROTOR MÓBIL: de bolas
de barras
DE ROTOR FIXO: de cilindros
de martelos
de coitelas
75. Montaxe: Adela Leiro, Mon Daporta
Fotos: Adela Leiro, Internet
Debuxos: Mon Daporta, Internet