1. O CAMIÑO DE SANTIAGO
Hai moitas versións de cómo chegou Santiago a
España. Unha delas di que tras o martirio, o corpo
de Santiago foi levado nunha barca polos seus
discípulos ata Iria Flavia (Padrón) subindo polo río
Ulla. Ao depositar o corpo sobre unha rocha, esta
convertiuse no sartego do santo. Os seus
discípulos acudiron a unha raíña chamada Lupa
pedíndolle unha parcela para o enterrar. Non lles
fixo caso e mandounos ao rei Duio, que os fixo
prisioneiros, pero un anxo liberounos. O rei
mandounos perseguir, pero ao pasar o exército por
unha ponte, fundiuse e morreron afogados.
Volveron outra vez ata a raíña Lupa, que asustada,
cedeulles un monte, e díxolles que alí atoparían uns
bois mansos, pero en realidade eran touros, que ao
velos achegarse, perderon a fereza e deixaronse
poñer o carro. Os discípulos regresaron á corte de
Lupa, que asombrada de que os touros non lles
fixeran mal, ofreceulles o seu pazo como igrexa e
sepulcro de Santiago.
Pasaron moitos séculos e o sepulcro quedara
esquecido. Ata que no século IX, un ermitaño
chamado Pelagio, viu brilar unhas luminarias na
2. espesura do bosco. Avisou a uns veciños,que foron
ata o lugar e atoparon o sepulcro. Avisaron ao
obispo de Padrón, Teodomiro, que vendo tales
prodixios quedou a vivir alí.
A primitiva edificación estaba formada por unha
cámara sepulcral e un piso superior ou oratorio,
que ao longo dos anos tivo numerosas
modificacións e o nome de Compostela pode vir de
“ Campo da estela”, polas luminarias que vira
Pelagio.
Dende moitos anos antes, España estaba dominada
polos visigodos, e máis tarde entran polo sur os
árabes. Conta a tradición que Santiago axudou ás
tropas cristiáns contra os mouros, de alí o
sobrenome de “Santiago matamouros”.
Na Idade Media comezaron as peregrinacións. O
primeiro en facela, según di a tradición, foi o
emperador Carlomagno, pero a noticia mais fiable
é a pereginación de Gontescalco bispo de Puy
(Francia) no ano 950, acompañado de 30 soldados,
iniciándose así as peregrinacións. No ano 1122
celebrouse o primeiro Ano Santo e de alí en diante
celebraríase os anos nos que o día 25 de xullo fose
domingo. Esto ten lugar en series de seis-cinco-
seis-once anos.
3. Compostela pasou a formar parte das cidades
santas do cristianismo xunto con Roma e
Xerusalén.
As peregrinacións contribuiron á comunicación
entre os europeos e o Camiño de Santiago era a
estrada principal para a cultura da humanidade.
A masiva afluencia de peregrinos, fixo que as
igrexas que había ata entón, quedasen pequenas,
encheron calzadas, poboaron lugares que ata entón
estaban despoboados e impulsaron a primeira
mostra do espírito cristián: O Románico.
Construironse igrexas, hospederías, hospitais,
pontes…, comezaron os Burgos medievais, o
primeiro paso da cidade moderna.
Os intercambios culturais motivados pola
peregrinación, fixeron que o esquema tipo do
románico se extendera por todo o continente: na
vida económica e social, grupos de artesáns e
mercaderes, na sua meirande parte estranxeiros,
acudían aos mercados e ás feiras da ruta;
floreceron as escolas de tradutores, onde se diron
cita musulmáns, cristiáns e xudeus; as xentes dos
lugares asimilou o traballo dos albaneis
mudéxares…
4. O Camiño era un privilexiado modo de
comunicación, non só no sentido do tráfico, senón
tamén no da información: canto se dixera,
predicara, cantara, contara, esculpira no camiño,
alcanzaba a máis xente e a máis lugares. A febril
actividade de enxeñeiros arquitectos de Europa
crece ao amparo do Camiño.
A peregrinaxe era unha forma de devoción e de
penitencia, e tamén unha maneira de percorrer o
mundo nunha Idade Media na que a meirande parte
dos seres humáns non saían en toda a súa vida do
entorno que alcanzaban a contemplar os seus ollos
dende o lugar no que naceran. Son moitas as
causas e os motivos que tiñan os peregrinos:
curiosidade, afán de aventuras, intereses
comerciais…A peregrinación tamén era un símbolo
de vida do cristián, un camiñar inseguro cara a
morada eterna.
O peregrino vestía dun xeito especial: alforxa ou
saco, sempre aberto para dar e para recibir, o
báculo do que penduraba a cabaza coa auga ou o
viño, a vieira cosida no vestido, unha capa e un
sombreiro de aba ancha tamén cunha cuncha de
vieira cosida na aba. Antes de iniciar a viaxe tiñan
que pedir perdón a todos e facer testamento.
5. Un dos máis famosos e coñecidos peregrinos
medievais é o francés Aymeric Picaud. A súa fama
ven por ter escrito unha crónica da súa viaxe moi
detallada e minuciosa, con consellos e
recomendacións para os caminantes. Nela di: “ Hai
catro rutas que levan a Santiago dende Europa e
reúnense nunha soa en Puente la Reina,en
territorio español, (…) a partir de alí un só camiño
conduce a Compostela”.
Hai outras seis rutas que conducen ata o Apóstolo.
A máis importante é “ O Camiño francés”, que
forma parte da equipaxe cultural que forxou
Europa. “A Vía da Plata” ou Camiño oriental, que
entraba en Galicia polo leste de Ourense; “O
Camiño Portugués”, que nacía en Portugal e encara
o Norte por Tui, Redondela, Arcade, Padrón e
Santiago; “ O Camiño da Costa”, procedente de
Asturias, entraba en Galicia por Ribadeo; “O
Camiño Inglés”, con punto de partida en Neda, A
Coruña e o Burgo, preto da torre de Hércules, e
por último o camiño que unía Muros e Noia con
Santiago.