2. Manuel María Fernández Teixeiro,
naceu en Outeiro de Rei, na casa
das Hortas, o 6 de outubro de
1929 e finou na Coruña, onde
pasou os últimos anos, o oito de
setembro do 2004.
Toda a súa obra reflicte o seu
amor ao país, á súa terra, á
natureza, á xente, á súa dona, ás
cousas cotiáns…
3. Neste traballo recollemos unha mostra de poemas de
Manuel María e de carballos da súa “tribo” a Terra Cha.
Carballeira de Santa Sabela (Outeiro de Rei)
4. …
A árbore é un dos elementos fundamentais para conformar unha
paisaxe. É cousa ben sabida. Non se pode concebir a paisaxe galega
sin carballos e castiñeiros. Ningunha árbore nos dá unha impresión
de eternidade, ó mesmo tempo de humanidade, como o carballo…
Poucas cousas hai tan grandiosas e tan fermosas como o zoar das
carballeiras cando o vento as agarima e posee. Porque se trata dunha
entrega apaixoada. E dunha posesión gozosa, prena, total.
…
(“Carballos e castiñeiros” ANDANDO A TERRA, 1977-1987)
5. CARBALLO
(Quercus robur)
Árbore de folla caediza,
coa copa alta e ancha.
Pode acadar os 45 m de
altura.
É a árbore autóctona
máis representativa,
común en toda Galiza,
especialmente en
alturas inferiores aos
800 m.
6. Carballos rexos, potentes,
calados ou musicales
que loitais como valentes
coas xistras e os vendavales!
Duros carballos verdeados,
petrucios e sedentarios!
¡Estades na Chá chantados,
solemnes e centenarios!
Como amo a vosa beleza
da máis baril sobriedade!
Que sensación de forteza
ollando prá eternidade!
MANUEL MARÍA (TERRA CHÁ)
7. CARBALLEIRA DE HORTAS
Era, en verdade, fermosa a carballeira
e das brosas fora aínda librando!
Que nube de verdor na Primaveira!
Á súa sombra no vrao estaba o gando!
...
Algúns daqueles carballos tan bariles
eran limpos e dereitos, sen un nó.
E sentiran pasar moitos abriles,
que xa os ollara medrar meu bisabó!
Era a mellor carballeira que medrou
en toda a Chaira. Viñérona cortar!
Nunca o vento máis forte a derrubou
e unha serra abundou pra a derrubar!
(TERRA CHÁ, 1959)
8. Carballo do Roxo (Altide, Begonte)
-8 m de perímetro.
Atópase no interior dunha propiedade.
9. Carballo da Casa de Altide
(Begonte).
Ten 20,5 m de altura, 7 m de
perímetro.
Atópase no interior dunha
propiedade.
10. Carballo de Fandiño
(Bóveda, Begonte).
-4,20 m de perímetro.
Atópase á esquerda da estrada de
Bóveda, á beira do río Ladra.
11. Carballo do Campo de Arriba
(Saavedra, Begonte)
-4,50 m de perímetro.
15. Carballo de Luxís. (Pacios-Castro de Rei).
-20 m de altura e 4,20 m de perímetro.
Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
É un carballo avó, de centos de anos,
abrigo e honor da casa de Luxís.
É un dos millor feitos e máis sanos
e máis grandes que medran no país.
.....
Xosé Crecente Vega “O carballo de Luxís”
16. Carballo do Prado Grande do
Cacharrón (Cospeito)
-5,70 m de perímetro.
17. Carballos de Muimenta (Cospeito)
-Catro carballos situados no campo entre a antiga igrexa e a escola. O máis groso
mide 4,44 m de perímetro.
Incluídos no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
18. Carballo de Muimenta (Cospeito)
-4,44 m de perímetro.
Incluído no CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.