1. O galego abre portas
Oferta de optativas do
Departamento de Lingua
Galega e Literatura
2. Un dos estereotipos que
máis danan a imaxe do
galego e a dos estudos
baseados nel é aquel
que o presenta como
unha lingua pouco útil.
Unha lingua que pecha
portas nun mundo
aberto e globalizado.
Na base desta imaxe
atopamos prexuízos e
falsidades moi
estendidos nos tempos
que corren.
3. Prexuízo 1.
Crer que a utilidade
dunha lingua é
proporcional ao
número dos seus
falantes.
Segundo isto tod@s
deberíamos falar
chinés!
Ou portugués?
5. Prexuízo 2.
Crer que o galego é unha
lingua que só serve para
andar por casa.
Segundo isto
portugueses e brasileiros
deberían estar obrigados
a aprenderen español ou
inglés para
comunicárense
“fóra das súas casas”!
7. Prexuízo 3.
Crer que o galego
profesionalmente couta
as perspectivas de
traballar fóra, que si nos
ofrecen o español ou o
inglés.
Segundo isto, resulta
incomprensible que os
nosos emigrantes foran
quen de sobreviviren fóra
das súas aldeas!.
10. A optatividade,
unha medida de
atención á
diversidade
As materias
optativas deben
contribuír a completar
a formación do
alumnado ou ampliar
a propia formación
xeral.
11. Cremos na pedagoxía
inclusiva, que se centra
nunha formación
integradora que atende á
diversidade do alumnado,
aspecto que se pode e se
debe abordar a través
dunha oferta ampla e
diversa de optativas.
A optatividade,
unha medida de
atención á
diversidade
12. O alumnado debe
escoller libremente as
optativas que mellor
lle parezan para
configurar unha
formación o máis
global, integral e
humanística posible.
A optatividade,
unha medida de
atención á
diversidade
13. Optativas ofertadas polo
Departamento de Galego
O Departamento de Galego
ten o deber de velar porque
as materias referidas á
lingua, cultura e medio
galegos, materias ao servizo
da normalización da lingua e
cultura galegas, sexan
ofertadas como optativas a
todo o alumnado do IES Félix
Muriel.
14. Optativas ofertadas polo
Departamento de Galego
• Literatura Galega do
século XX e da
actualidade (LGA)
• Segunda Lingua
Estranxeira: Portugués
(2ªLE-P)
15. Literatura Galega do séc.
XX e da actualidade
(LGA)
Esta optativa completa os
coñecementos literarios que ao
longo da ESO e do Bacharelato
son abordados na materia
LINGUA GALEGA e LITERATURA.
Pero, ademais, está ao servizo
doutros obxectivos
fundamentais.
PARA QUE SERVE A LITERATURA
GALEGA DO SÉCULO XX E DA
ACTUALIDADE?
16. Literatura Galega do séc.
XX e da actualidade
(LGA)
Para o desenvolvemento da
competencia comunicativa do
alumno/a a un nivel superior.
Esta materia optativa preparará
extraordinariamente ao
alumnado para superar a proba
de acceso á Universidade.
PARA QUE SERVE A LITERATURA
GALEGA DO SÉCULO XX E DA
ACTUALIDADE?
17. Literatura Galega do séc.
XX e da actualidade
(LGA)
Para cumprir unha función
normalizadora, dado que a
Literatura Galega é a Literatura
dunha lingua non normalizada, sofre
ela tamén as eivas provocadas pola
minorización, os prexuízos e as
actitudes lingüísticas dos falantes
desta lingua.
PARA QUE SERVE A LITERATURA
GALEGA DO SÉCULO XX E DA
ACTUALIDADE?
18. Literatura Galega do séc.
XX e da actualidade
(LGA)
CONTIDOS.
Os contidos desta materia
céntranse nun percorrido pola
Historia da Literatura Galega
desde que se inicia o século XX
até hoxe.
CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS
E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E
CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE
LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E
DA ACTUALIDADE.
19. Literatura Galega do séc.
XX e da actualidade
(LGA)
METODOLOXÍA.
O alumno/a será o protagonista da súa
aprendizaxe, será quen deba buscar e
seleccionar a información necesaria para
convertila en coñecemento propio, polo
que a metodoloxía coa que se
desenvolverán eses contidos será
eminentemente práctica.
CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS
E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E
CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE
LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E
DA ACTUALIDADE.
20. Literatura Galega do séc.
XX e da actualidade
(LGA)
METODOLOXÍA.
O alumnado realizará na Aula de
Informática un traballo de investigación
arredor de diferentes temas, que
posteriormente exporá ante os seus
compañeiros/as e para o cal deberá
servirse das novas tecnoloxías.
CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS
E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E
CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE
LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E
DA ACTUALIDADE.
21. Literatura Galega do séc.
XX e da actualidade
(LGA)
METODOLOXÍA.
O alumnado realizará comentarios,
elaborará artigos ou redactará informes
arredor dos textos literarios que se
propoñan para o seu estudo na Aula,
tratando sempre de vinculalos a outras
manifestacións artísticas (música,
pintura, cinema...).
CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS
E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E
CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE
LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E
DA ACTUALIDADE.
22. Literatura Galega do séc.
XX e da actualidade
(LGA)
METODOLOXÍA.
Dos bos lectores nacen os escritores.
Con esta premisa favorecerase a
creación artística propia, a produción
de textos novos partindo dos textos
dos nosos escritores/as máis
relevantes.
CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS
E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E
CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE
LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E
DA ACTUALIDADE.
23. Literatura Galega do séc.
XX e da actualidade
(LGA)
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E
CUALIFICACIÓN.
O traballo de investigación, os
comentarios e as produción literarias
propias serán os tres instrumentos para
cualificar a materia. Os tres terán o
mesmo peso (30%). Reservarase un 10%
para o labor normalizador do alumnado.
CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS
E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E
CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE
LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E
DA ACTUALIDADE.
24. Literatura Galega do séc.
XX e da actualidade
(LGA)
CRITERIOS DE AVALIACIÓN E
CUALIFICACIÓN.
Os criterios de avaliación centraranse no
grao de desenvolvemento das
competencias básicas así como na
actitude do alumnado cara á Lingua e a
Literatura Galegas.
CONTIDOS, METODOLOXÍA, CRITERIOS
E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E
CUALIFICACIÓN DA MATERIA DE
LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E
DA ACTUALIDADE.
25. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués
No mundo actual, cada vez máis
globalizado, a aprendizaxe de linguas
estranxeiras constitúe unha necesidade
de achegamento á información, ao
coñecemento e ás tecnoloxías, así como a
distintas formas de vida e maneiras de
pensar de diferentes culturas.
A necesidade de coñecer outras linguas
faise cada vez máis evidente na Europa
de hoxe, que se define a si mesma como
unha comunidade multilingüe.
Decreto 133/2007, Currículo de ESO. LOE
26. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués
LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o
aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos
coa lusofonía.
A lingua propia de Galicia,
polo feito de ser
intercomprensible co
portugués, outorga unha
valiosa vantaxe competitiva
á cidadanía galega en
moitas vertentes,
nomeadamente na cultural
pero tamén na económica.
27. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués
LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o
aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos
coa lusofonía.
Artigo 1
Os poderes públicos galegos promoverán
o coñecemento da lingua portuguesa e
das culturas lusófonas para afondar nos
vencellos históricos que unen Galicia cos
países e comunidades de lingua portuguesa
e polo carácter estratéxico que para Galicia
teñen as relacións económicas e sociais no
marco da Eurorrexión Galicia-Norte de
Portugal.
28. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués
LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o
aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos
coa lusofonía.
Artigo 2
O Goberno galego incorporará
progresivamente a aprendizaxe da
lingua portuguesa no ámbito das
competencias en linguas estranxeiras
nos centros de ensino da Comunidade
Autónoma de Galicia.
29. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués
LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o
aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos
coa lusofonía.
Artigo 3
Deberán ser promovidas, así mesmo, as relacións a
todos os niveis cos países de lingua oficial
portuguesa, constituíndo este un obxectivo
estratéxico do Goberno galego. De maneira especial,
fomentarase o coñecemento desta lingua por
parte dos empregados públicos, a participación
das institucións en foros lusófonos de todo tipo –
económico, cultural, ambiental, deportivo, etc.–, así
como a organización na Comunidade Autónoma galega
de eventos con presenza de entidades e persoas de
territorios que teñan o portugués como lingua oficial.
30. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués
LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o
aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos
coa lusofonía.
O portugués, nacido na vella Gallaecia, é:
• idioma de traballo de 20 organizacións
internacionais, incluída a Unión Europea;
• lingua oficial de 9 países e do territorio
de Macau, na China;
• lingua oficial de potencias económicas
como o Brasil e outras economías
emerxentes;
•a lingua máis falada no conxunto do
Hemisferio Sur.
31. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués
O Portugués no IES Félix Muriel
No curso 2005-06, botou a andar a
experiencia con 5 alumn@s en
1ºBacharelato, que non puideron continuar
en 2º dado que non todos promocionaron e
non se puido constituír grupo.
No curso 2006-07, o número de alumn@s
aumentou en 1º e xa houbo tamén grupo
en 2ºBacharelato.
Nos seguintes cursos, mantívose esta
optativa e estendeuse á ESO, se ben de
forma irregular, constituíndose sempre un
grupo en 4º ESO.
32. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués
O Portugués no IES Félix Muriel
O portugués non é unha lingua
estranxeira calquera, senón unha lingua
irmá:
•Doada comprensión escrita
•Doada comprensión oral
De aí que o índice de aprobados se
sitúe no 99% e mesmo, algúns anos, no
100%.
33. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués
O Portugués no IES Félix Muriel
A adquisición de contidos e o
desenvolvemento das competencias básicas
por parte do alumnado:
•O alumnado que se achega por primeira
vez ao portugués, habitualmente, non
aprende só o bloque de contidos referido
ao 1º curso, senón tamén ao 2º e ás
veces ao 3º.
•O alumnado que se achega por segundo
ano xa atende ao nivel de contidos de 4º
ESO e ás veces a algún de 1º
Bacharelato.
34. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués
O Portugués no IES Félix Muriel
Na actualidade, cursan Portugués en
Bacharelato 35 alumnos/as.
• Poden realizar a Selectividade
examinándose de Portugués como
Lingua Estranxeira, en lugar de Inglés.
•Poden entrar a través da proba de
acceso en calquera titulación que esixa o
B1 (Na Universidade, para calquera
titulación, esixen o B1 nunha Lingua
Estranxeira (B2 para Erasmus).
35. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués
O Portugués no IES Félix Muriel
DIDÁCTICA.
1. Aprendizaxe de lecto-
escritura
• Caderno fotocopiado (4-5€)
• Aula virtual
36. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués
O Portugués no IES Félix Muriel
DIDÁCTICA.
2. Comprensión e expresión oral
• Escoita en CD de textos e
cancións
• Visionado de debuxos animados,
filmes, reportaxes…
37. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués
O Portugués no IES Félix Muriel
DIDÁCTICA.
3. Cultura: países da lusofonía,
música, cinema, TV, debuxos
animados, historia, literatura….
• Investigación a través de
internet
• Reportaxes en vídeo e papel
38. 2ª Lingua Estranxeira. Portugués
O Portugués no IES Félix Muriel
DIDÁCTICA.
3. Presenza no centro dunha
persoa Leitora
4. Realización, na fin de curso,
dunha saída didáctica a unha
cidade portuguesa.
39. SAÍDAS PROFESIONAIS DE
ESTUDOS CENTRADOS NO
GALEGO e/ou PORTUGUÉS?
•DOCENTE DE LINGUAS
•TRADUTOR/A PROFESIONAL XENERALISTA
•MEDIADOR/A LINGÜÍSTICO E CULTURAL
•INTÉRPRETE
•LECTOR/A EDITORIAL
•REDACTOR/A
•CORRECTOR/A
•REVISOR/A
•LEXICÓGRAF@ E XESTOR/A LINGÜÍSTICOS
•SERVIZOS DE NORMALIZACIÓN
LINGÜÍSTICA
40. SAÍDAS PROFESIONAIS DE
ESTUDOS CENTRADOS NO
GALEGO e/ou PORTUGUÉS?
• SERVIZOS LINGÜISTICOS E CULTURAIS.
Empresas de base tecnolóxica que nacen
como cooperativas e que atenden unha
crecente demanda de servizos
especializados por parte de institucións
públicas e empresas privadas:
• empresas de novas tecnoloxías
(desenvolvemento de software, hosting,
servizos web…),
• empresas do mundo editorial,
•medios de comunicación,
• empresas de xestión cultural,
• empresas de produción audiovisual
41. SAÍDAS PROFESIONAIS DE
ESTUDOS CENTRADOS NO
GALEGO e/ou PORTUGUÉS?
•PARTICIPACIÓN DAS INSTITUCIÓNS EN
FOROS LUSÓFONOS DE TODO TIPO –
ECONÓMICO, CULTURAL, AMBIENTAL,
DEPORTIVO, ETC. (A partir da Lei
1/2014, nacida ao abeiro da ILP Valentín
Paz-Andrade)
• EMPREGABILIDADE ALÉN DAS NOSAS
FRONTEIRAS (Porque, a través do
portugués, o galego é unha lingua
internacional)
42. O galego abre portas
Oferta de optativas do
Departamento de Lingua
Galega e Literatura