Xaime o mentireiro

521 visualizações

Publicada em

ADAPTACIÓN PARA O CEIP VILAVERDE ELABORADA POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
521
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
15
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
1
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Xaime o mentireiro

  1. 1. XAIME O MENTIREIRO ESCENA I NENAS E NENOS EN CÍRCULO NA CLASE OLLANDO CARA A UN LUGAR POR ONDE SAE UN MONICREQUE MONICREQUE: - BOS DÍAS. SABEDES QUE NO COLEXIO, ENTRE VÓS, HAI UN NENO CON UN PROBLEMA GRANDE. O SEU PROBLEMA É QUE NON SABE DICIR VERDADE. CHÁMASE XAIME. XAIME ÉRGUESE E TIRA BOLAS DE PAPEL AO MONICREQUE. O MONICREQUE DESAPARECE E XAIME SEGUE TIRANDO PAPEIS POR TODA A CLASE. ENTRA A MESTRA. XAIME SÉNTASE NO CÍRCULO DE NOVO. MESTRA: - QUE É ESTA DESORDE? QUEN TIROU ESTES PAPEIS AO CHAN?
  2. 2. NENAS E NENOS INDICAN A XAIME. XAIME: - EU NON . NON FUN EU. MESTRA: - ENTÓN... QUEN FOI? SILENCIO MESTRA: - BEN. HOXE IAMOS SAÍR DE PASEO. PERO POR ESTA DESORDE, NO CANTO DO PASEO IDES QUEDAR LIMPANDO A CLASE. PODEDES COMEZAR XA. A MESTRA SAE. ÉRGUENSE NENAS E NENOS E COMEZAN A TIRAR PAPEIS A XAIME E SAEN CORRENDO DETRÁS DEL. ESCENA II
  3. 3. XAIME APARECE CO SEU CAN MOTAS . XAIME: - VEN MOTAS. VOUTE BAÑAR. CHEIRAS FATAL. XAIME CORRE DETRÁS DO CAN BOTANDO AUGA POR TODOS LADOS. ENTRA MAMÁ CUNHA FREGONA. MAMÁ: - XAIME! QUE É ESTE CHORRO DE AUGA NO CHAN? QUEN FIXO ISTO? XAIME: - EU NON FUN. NON FUN EU. FOI MOTAS. TIROU A AUGA DO CALDEIRO E EU NON PUIDEN FACER NADA. O CAN MIRA A XAIME CON ASOMBRO. MAMÁ: - ESTE CAN É MOI TONTO. SEMPRE FAI O QUE NON DEBE. VOUNO REGALAR A ALGUÉN QUE VIVA LONXE DE AQUÍ. XAIME MIRA A MAMÁ CON ASOMBRO PERO NON CORRIXE O ERRO. MAMÁ SAE CORRENDO DETRÁS DO CAN E XAIME SAE CORRENDO COA MAN NA BOCA.
  4. 4. VOLVE APARECER O MONICREQUE. MONICREQUE: - POBRE XAIME. SERÁ QUE NINGUÉN LLE ENSINOU A DICIR A VERDADE. SEGUE A DICIR MENTIRAS E MÉTESE EN LÍOS CADA VEZ MÁIS GRANDES, E SOBRE TODO METE AO RESTO EN PROBLEMAS. ESCENA III
  5. 5. ENTRAN XAIME E MAMÁ. MAMÁ: - XAIME, POR FAVOR VAI AO MERCADO E TRÁEME PLÁTANOS, PEMENTO, ARROZ E POLO. CON 20 EUROS DEBE SER SUFICIENTE. NON TARDES. MAMÁ DÁLLE UNHA CESTA E UN BILLETE DE 20 EUROS A XAIME. XAIME COMEZA A CAMIÑAR ATOPA A TRES PERSOAS (NENAS E NENOS) CON UN BALÓN DE BALONCESTO. NENAS E NENOS: - EH, XAIME! ONDE VAS? XAIME: - A... NINGUNHA PARTE. HAI PARTIDO? NENAS E NENOS: - SI, VEN XOGAR! XAIME DEIXA A CESTA E COMEZA A XOGAR. DESPOIS DUN RATO PARAN. XAIME:
  6. 6. - EH, QUE HORA É? XA ESTÁ ESCURO. O MERCADO DEBE ESTAR CERRADO. BEN, ALGO INVENTAREI. ATA LOGO. (MARCHAN AS NENA SE OS NENOS) XAIME RECOLLE A CESTA E CAMIÑA PARA A CASA. MAMÁ: - XAIME! ONDE ESTÁN AS COMPRAS? XAIME: - MAMÁ, ROUBÁRONME OS CARTOS POLO CAMIÑO E INDA ESTOU MORRENDO DE MEDO. MAMÁ: - VAI TOMAR UNHA TILA E DÁME O PANTALÓN PARA LAVALO... XAIME QUITA O PANTALÓN, DÁLLO Á NAI E CANDO O SACODE CAE O BILLETE DE 20 EUROS. MAMÁ: - QUE É ISTO? OOOOOOH! (GARDA O BILLETE). ENTRA XAIME.
  7. 7. XAIME: - XA ESTOU MÁIS TRANQUILO..., MAMÁ: - XAIME! COMO ERAN OS LADRÓNS? XAIME: - POIS, POIS... NON ME FIXEI. MAMÁ: - ISO QUE DIS NON PARECE VERDADE. ENTRAN AS NENAS E OS NENOS, MOTAS E O MONICREQUE… - NON DEBE SER VERDADE! É UN MENTIREIRO. POLA SÚA CULPA CASTÍGANNOS A NÓS! (E CONTAN TODO) MENTIREIRO, XAIME MENTIREIRO, XAIME NUNCA DIS A VERDADE
  8. 8. E CASTÍGANOS AOS DEMAIS SEN NECESIDADE! MAMÁ: - VOUTE CASTIGAR! (LÉVAO A UN RECANTO E PÍDELLE QUE ESCRIBA A HISTORIA DUN NENO MENTIREIRO EN 250 FOLIOS) MONICREQUE: - ESTÍVOLLE BEN QUE O DESCUBRISEN. A VER SE APRENDE A NON MENTIR FIN

×