RECITANDO POEMAS
CEIP VILAVERDE
2014
¡PUM-PUM!
- MIRE, MI MADRE, UN NOIVO QUERÍA,
QUEN ME CONVIRÍA?
- QUEN SEXA UN BO RATO
DE PORTE E DE TRATO.
- MIRE, MI MADR...
CIDADES
…AS ÁRBORES DA MIÑA CIDADE ESTÁN SOAS.
NON TEÑEN COMPAÑA.
SE CADRA UN COCHE VERDE,
APARCADO AO SEU PÉ,
A BOLSA DO ...
OSO MIMOSO
A GALIÑA PUXO UN OVO,
PAPÁ OSO XA O PAPOU.
PAPÁ OSO É MOI GOLOSO
E SÓ EN SI MESMO PENSOU.
MAMÁ OSA XA CANSADA,
...
LUEIRO DE PAPEL
A LÚA ESTÁ COCIÑANDO
NEBOEIROS NA TIXOLA.
O SOL, SENTADO CON ELA,
NON QUERE QUE ESTEA SOA.
FAI PRATOS RICO...
CACARABÍN E CACARABÓN
UN DÍA DÍXOME AO OÍDO
UNHA FRAUTA PRESUMIDA:
“SENTICHES OS MEUS BIQUIÑOS
QUE ADORNAN AS SINFONÍAS?”
...
VENTOS
UN VENTIÑO TEN ANTÓN
AGACHADIÑO NA MAN.
MOITOS RAPACES LLO PIDEN.
EL NON O QUERE SOLTAR.
NOA, RAPAZA PEQUENA,
FAILL...
BICHOS CON GASEOSA
A DON ELEFANTE
DOÍALLE A MOA
- UN DENTE XIGANTE-.
MAMÁ ELEFANTA
TAPOUNO COA MANTA.
A DON ELEFANTE
DOÍAL...
O LAPIS DE ROSALÍA
ROSALÍA TIÑA UN LAPIS.
ERA UN LAPIS
DE COR VERDE HERBA.
… O PAI COMPRÁRALLO
A UN MOINANTE
QUE VENDÍA DE...
ONDAS DE VERDE E AZUL
CINCENTA,
BORRALLENTA,
POEIRENTA,
LAMACENTA,
QUE COCIÑA CON PEMENTA
PORQUE TEN QUE COCIÑAR.
ANA MARÍ...
RATA LINDA DE COMPOSTELA
ALÓ, NO MONTE DO GOZO
HABÍA UN PAZO CUN POZO.
DO PAZO UN RATO MARCHARA
E POLO ESTRANXEIRO ANDABA....
ONDAS DE VERDE E AZUL
OS LAGARTOS VAN MARCHAR
E CHORAN DESCONSOLADOS;
SEN CANCIÓN VERDE XA QUEDAN
AS PEDRIÑAS DOS VALADOS....
BICHOS CON GASEOSA
O LAGARTO
LAGARTIÑO
PERDEU O RABO
NO CAMIÑO.
NA CASA NON QUERE ENTRAR
PORQUE LLE PODEN RIFAR.
GLORIA SÁ...
VENTOS
QUE VEÑA O VENTO FUNGÓN,
QUE LLE QUERO PREGUNTAR
A COR DOS OLLOS DAS NUBES,
A COR DOS OLLOS DO MAR.
EU COIDO QUE SO...
MADRIGAL DA CIDADE DE SANTIAGO
CHOVE EN SANTIAGO
MEU DOCE AMOR.
CAMELIA BRANCA DO AIRE
BRILLA ENTEBRECIDA AO SOL.
CHOVE EN...
IMOS BEBENDO
TEÑO TRES PITAS BRANCAS
E UN GALO NEGRO
QUE HAN DE POÑER BOS OVOS
ANDANDO O TEMPO;
E HEI DE VENDELOS CAROS
PO...
CARACOL
CARACOL, COL, COL;
CARACOL, CARACOLEIRO;
¡PON ÓS TEUS CORNOS Ó SOL
XA QUE ES TAN FRIOLEIRO!
O LOMBO LÉVA-LA CASA,
...
A ESCOLA
A POMBIÑA BRANCA
QUERÍA IR Á ESCOLA.
MERCOU CATRO LIBROS
UN LAPIS E GOMA.
GLORIA SÁNCHEZ
O ARCO DA VELLA
O ARCO DA VELLA
NO CEO SUBIDO
CO SEU COLORÍN,
CO SEU COLORIDO.
O ARCO DA VELLA
CON SETE COLORES
QUE TEÑEN,...
UN HOME DE LUGO CRIABA PERDICES
UN HOME DE LUGO CRIABA PERDICES
PARA QUE OS NAMORADOS SE AMASEN FELICES.
CRIABA PERDICES C...
PARAUGAS
POLOS ALTOS
DO POUSADOIRO
ANDA UNHA NENA
CUN ZOSCADOIRO
PARA ZOSCARLLE
Ó VENTO NORDÉS,
PORQUE LLE PUXO
O PARAUGAS...
A LÚA
A SEÑORA LÚA
INDA ESTÁ SOLTEIRA
¡A SEÑORA LÚA,
A LÚA LUEIRA!
A LÚA LUEIRA,
A SEÑORA LÚA:
¡TEN GANA DE TROULA
E QUERE...
O RATO E MAILA LÚA
UN RATO DÍXOLLE Á LÚA:
-NUNCA REPARAS EN MIN;
POR ISO VIVO NA RÚA
METIDO NUN CALCETÍN.
ELA FITOUNO ABRA...
O PASPALLÁS E O SOL
DÍXOME O PASPALLÁS
CANDO PASEI O RÍO
QUE NON SAÍA O SOL
POR MOR DE QUE VAI FRÍO.
EU MANDEILLE UN ABRIG...
A BELA DURMINTE
¡PROBE PRINCESIÑA
CEN ANOS DURMIDA!...
CASTIGOUNA A FADA
QUE FOSE ESQUECIDA.
AO CRAVARSE O FUSO,
QUEDOUSE ...
O REI TIÑA UNHA FILLA
• O REI TIÑA UNHA FILLA
QUE MORRÍA DE AMOR,
E POR VELA CURADA,
SEN MÁIS DECLARACIÓN,
Ó AMOR,QUEIRAS ...
MENTIRAS
ERA UNHA FIGUEIRA
FEITICEIRA
QUE CEN FILLOS TIÑA
E TODOS CON LEITE MANTIÑA.
VEU UN FORTE FURACÁN
E GUINDOU CEN E ...
A NEVE E O SOL
A NEVE E O SOL CASARON
EN MAÑANCIÑA DE ABRIL,
ELA VESTIDA DE BRANCO
CON PERFUME DE XASMÍN
EL CO SEU METAL B...
HERBA
HERBA PEQUERRECHIÑA
QUE CON MEDO SORRÍS
AO SOL QUE VAI NACENDO
E MORRENDO SEN TI.
POR QUE DE SER PEQUENA
TE AVERGOÑA...
Próximos SlideShares
Carregando em…5
×

Recitando poemas

2.282 visualizações

Publicada em

poemas escolmados para recitar a outras aulas

0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
2.282
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
1.333
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
4
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Recitando poemas

  1. 1. RECITANDO POEMAS CEIP VILAVERDE 2014
  2. 2. ¡PUM-PUM! - MIRE, MI MADRE, UN NOIVO QUERÍA, QUEN ME CONVIRÍA? - QUEN SEXA UN BO RATO DE PORTE E DE TRATO. - MIRE, MI MADRE, MARIDO QUERÍA, QUEN ME CONVIRÍA? - BUSCA, FILLIÑA, RATIÑO DE OFICIO. E PUXO A RATIÑA CARTEL NA PORTIÑA: “QUEN QUEIRA CASAR, AQUÍ DEBE ENTRAR” GLORIA SÁNCHEZ
  3. 3. CIDADES …AS ÁRBORES DA MIÑA CIDADE ESTÁN SOAS. NON TEÑEN COMPAÑA. SE CADRA UN COCHE VERDE, APARCADO AO SEU PÉ, A BOLSA DO LIXO, UN CAN MEXÁNDOLLES NO TRONCO. E, DE CANDO EN VEZ, UN PAXARO DESPISTADO. FRAN ALONSO
  4. 4. OSO MIMOSO A GALIÑA PUXO UN OVO, PAPÁ OSO XA O PAPOU. PAPÁ OSO É MOI GOLOSO E SÓ EN SI MESMO PENSOU. MAMÁ OSA XA CANSADA, ESTÁ FURIOSA, BATE A MASA: PAN-PAN-PAN. E O OSO MIMOSO NON PARA PIDE PAN E PAN E PAN. BERNARDINO GRAÑA I4 A
  5. 5. LUEIRO DE PAPEL A LÚA ESTÁ COCIÑANDO NEBOEIROS NA TIXOLA. O SOL, SENTADO CON ELA, NON QUERE QUE ESTEA SOA. FAI PRATOS RICOS A LÚA. GÚSTALLE MOITO A COCIÑA. O SEU POSTRE PREFERIDO É TURRÓN CON ESTRELIÑAS. O SOL Á CASA DA LÚA VAI CEAR TODOS OS DÍAS. CANDO REMATA O LABOR COLLE NO CEO O TRANVÍA. ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO 3º B
  6. 6. CACARABÍN E CACARABÓN UN DÍA DÍXOME AO OÍDO UNHA FRAUTA PRESUMIDA: “SENTICHES OS MEUS BIQUIÑOS QUE ADORNAN AS SINFONÍAS?” A ESA FRAUTA IMPERTINENTE CONTESTEILLE MOI EN SERIO: “EU PREFIRO AS FRAUTAS VELLAS QUE TOCAN AIRES SINCEROS”. A FRAUTA VIROUME AS COSTAS, NIN UN ADEUS PRONUNCIOU. NOTEI A RABIA NAS NOTAS CANDO NA RÚA SOOU. ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO 5ºA
  7. 7. VENTOS UN VENTIÑO TEN ANTÓN AGACHADIÑO NA MAN. MOITOS RAPACES LLO PIDEN. EL NON O QUERE SOLTAR. NOA, RAPAZA PEQUENA, FAILLE CÓXEGAS NOS DEDOS. A MAN ÁBRESE DITOSA. O VENTO FOXE LIXEIRO. ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO I5A
  8. 8. BICHOS CON GASEOSA A DON ELEFANTE DOÍALLE A MOA - UN DENTE XIGANTE-. MAMÁ ELEFANTA TAPOUNO COA MANTA. A DON ELEFANTE DOÍALLE A MOA. AI QUE DOR TAN GRANDE! GLORIA SÁNCHEZ i3
  9. 9. O LAPIS DE ROSALÍA ROSALÍA TIÑA UN LAPIS. ERA UN LAPIS DE COR VERDE HERBA. … O PAI COMPRÁRALLO A UN MOINANTE QUE VENDÍA DE FEIRA EN FEIRA, LAPIS E GOMAS DE BORRAR, XUNTO CON FÍOS DE CORES, E PASTILLAS DE XABÓN,… O LAPIS DICÍA: LAPIS ESPECIAL PARA NENAS DE SEIS ANOS. CANDO CHEGOU Á ESCOLA ROSALÍA COLLEU O LAPIS E AFIOUNO PARA FACERLLE MINA… AGORA SÓ POÑÍA: PIS ESPECIAL PARA NENAS DE SEIS ANOS. ANTÓN CORTIZAS 1º A
  10. 10. ONDAS DE VERDE E AZUL CINCENTA, BORRALLENTA, POEIRENTA, LAMACENTA, QUE COCIÑA CON PEMENTA PORQUE TEN QUE COCIÑAR. ANA MARÍA FERNÁNDEZ
  11. 11. RATA LINDA DE COMPOSTELA ALÓ, NO MONTE DO GOZO HABÍA UN PAZO CUN POZO. DO PAZO UN RATO MARCHARA E POLO ESTRANXEIRO ANDABA. E POLO POZO CORRÍA UNHA RATA LINDA E FINA. NA MAÑÁ, SAÍNDO O SOL, A RATA UN PESO ATOPOU. - UN PESO! ATOPEI UN PESO! IREI LOGUIÑO AO COMERCIO! AO COMERCIO FOI COMPRAR UNHA PRENDA DE ADORNAR. COA PRENDA QUE ERA UN LAZO, ENTROU CORRENDO NO PAZO. NO PAZO FOI A UN ESPELLO E PUXO O LAZO NO PELO. BERNARDINO GRAÑA 1º B
  12. 12. ONDAS DE VERDE E AZUL OS LAGARTOS VAN MARCHAR E CHORAN DESCONSOLADOS; SEN CANCIÓN VERDE XA QUEDAN AS PEDRIÑAS DOS VALADOS. AI! LAGARTOS, MEUS AMIGOS, VERDE CANTAR DAS PAREDES, NO LOMBO E MESMO NOS OLLOS, COR DE CAMPO E LAMA TEDES. LAGARTIÑOS, NON MARCHEDES; MIRADE QUE AÍ VÉN O SOL, CO SEU FEIXIÑO DE RAIOS FARAVOS UN COBERTOR. ANA Mª FERNÁNDEZ
  13. 13. BICHOS CON GASEOSA O LAGARTO LAGARTIÑO PERDEU O RABO NO CAMIÑO. NA CASA NON QUERE ENTRAR PORQUE LLE PODEN RIFAR. GLORIA SÁNCHEZ i3
  14. 14. VENTOS QUE VEÑA O VENTO FUNGÓN, QUE LLE QUERO PREGUNTAR A COR DOS OLLOS DAS NUBES, A COR DOS OLLOS DO MAR. EU COIDO QUE SON AZUIS, VERDES, GRISES, DE CRISTAL, MAIS CALQUERA COR QUE TEÑAN SERÁ SEMPRE A COR DA PAZ. ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO I4B
  15. 15. MADRIGAL DA CIDADE DE SANTIAGO CHOVE EN SANTIAGO MEU DOCE AMOR. CAMELIA BRANCA DO AIRE BRILLA ENTEBRECIDA AO SOL. CHOVE EN SANTIAGO NA NOITE ESCURA. HERBAS DE PRATA E DE SONO COBREN A VALEIRA LÚA. OLLA A CHOIVA POLA RÚA, LAIO DE PEDRA E CRISTAL. OLLA O VENTO ESVAÍDO SOMA E CINZA DO TEU MAR. FEDERICO GARCÍA LORCA
  16. 16. IMOS BEBENDO TEÑO TRES PITAS BRANCAS E UN GALO NEGRO QUE HAN DE POÑER BOS OVOS ANDANDO O TEMPO; E HEI DE VENDELOS CAROS POLO XANEIRO; E HEI DE XUNTA-LOS CARTOS PARA UN MANTELO; E HEINO DE LEVAR POSTO NO CASAMENTO; E HEI.. - POIS MIRA, MARICA, VAI POR UN NETO, QUE ENTRE MENTRES NON QUITAS ESES CERELLOS, E AS PITAS VAN MEDRANDO CO GALO NEGRO, PARA POÑE-LOS OVOS, E TODO AQUILO DO XANEIRO, DOS CARTOS E O CASAMENTO MIÑA PRENDA DA ALMA IMOS BEBENDO ROSALÍA DE CASTRO 6ºA
  17. 17. CARACOL CARACOL, COL, COL; CARACOL, CARACOLEIRO; ¡PON ÓS TEUS CORNOS Ó SOL XA QUE ES TAN FRIOLEIRO! O LOMBO LÉVA-LA CASA, CARACOL, CARACOLEIRO; ¡E DEIXAS CINTAS DE SEDA ENGALANANDO O CARREIRO! CARACOL, COL, COL; CARACOL, CARACOLÓN: ¡PON OS TEUS CORNOS Ó SOL Ó SOL OS TEUS CORNOS PON! MANUEL MARÍA."OS SOÑOS NA GAIOLA“.
  18. 18. A ESCOLA A POMBIÑA BRANCA QUERÍA IR Á ESCOLA. MERCOU CATRO LIBROS UN LAPIS E GOMA. GLORIA SÁNCHEZ
  19. 19. O ARCO DA VELLA O ARCO DA VELLA NO CEO SUBIDO CO SEU COLORÍN, CO SEU COLORIDO. O ARCO DA VELLA CON SETE COLORES QUE TEÑEN, NO CEO, BELEZA DE FLORES. O ARCO DA VELLA NO CEO CHANTADO CO SEU COLORÍN, CO SEU COLORADO. O ARCO DA VELLA É UN ARCO TRIUNFAL CON SETE GUERREIROS QUE A NINGUÉN FAN MAL. O ARCO DA VELLA DE LUZ FEITO É. ¡RESULTA UN MILAGRE QUE SIGA DE PÉ! MANUEL MARÍA: OS SOÑOS NA GAIOLA 4ºA
  20. 20. UN HOME DE LUGO CRIABA PERDICES UN HOME DE LUGO CRIABA PERDICES PARA QUE OS NAMORADOS SE AMASEN FELICES. CRIABA PERDICES CON TRIGO E ARROZ PARA QUE OS NAMORADOS SE ENCHESEN DE AMOR. CON TRIGO E ARROZ E VERZAS BEN GRANDES PARA QUE OS NAMORADOS DE AMOR SE FARTASEN. CON VERZAS BEN GRANDES E PEDRAS DE AZUCRE PARA QUE OS NAMORADOS SE AMASEN NAS NUBES. CON PEDRAS DE AZUCRE E GROMOS DE LIRIOS PARA QUE OS NAMORADOS SENTISEN DELIRIOS. CON GROMOS DE LIRIOS CRIABA PERDICES PARA QUE OS NAMORADOS DE AMOR SE FUNDISEN. E TANTAS PERDICES CRIOU O BON HOME QUE PARA SI MESMO NON BUSCOU AMORES, E CRÍA QUE CRÍA, PERDENDO A MEMORIA NUN PAU DUN POLEIRO QUEDOUSE SEN NOIVA. ANTÓN CORTIZAS."ERA UNHA VEZ NA QUIMBAMBA".
  21. 21. PARAUGAS POLOS ALTOS DO POUSADOIRO ANDA UNHA NENA CUN ZOSCADOIRO PARA ZOSCARLLE Ó VENTO NORDÉS, PORQUE LLE PUXO O PARAUGAS DO REVÉS E MOLLOUNA TODIÑA DA CABEZA ÓS PES. • XOÁN BABARRO"TEN,TEN A MIÑA CASA TEN...
  22. 22. A LÚA A SEÑORA LÚA INDA ESTÁ SOLTEIRA ¡A SEÑORA LÚA, A LÚA LUEIRA! A LÚA LUEIRA, A SEÑORA LÚA: ¡TEN GANA DE TROULA E QUERE IR DE RÚA! ¡E QUERE IR DE RÚA, DE TROULA IR QUERÍA. QUE SENTE MORRIÑA E MELANCOLÍA! A SEÑORA LÚA, A LÚA RUEIRA, COMO ANDA DE NOITE, SEMPRE ESTÁ TRISTEIRA. SEMPRE CON TRISTURA E MELANCOLÍA QUE ANDA POLA NOITE E DORME DE DÍA. MANUEL MARÍA. "OS SOÑOS NA GAIOLA“. 2ºb
  23. 23. O RATO E MAILA LÚA UN RATO DÍXOLLE Á LÚA: -NUNCA REPARAS EN MIN; POR ISO VIVO NA RÚA METIDO NUN CALCETÍN. ELA FITOUNO ABRAIADA. DÉRONLLE GANAS DE RIR. DAQUELA APAGOU A LÁMPADA E DISPÚXOSE A DURMIR. POLO DESPREZO DA LÚA, O RATIÑO ALPORIZADO, BERROULLLE CON MOITA FORZA: - XA NON ESTOU NAMORADO! ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO. 2ºc
  24. 24. O PASPALLÁS E O SOL DÍXOME O PASPALLÁS CANDO PASEI O RÍO QUE NON SAÍA O SOL POR MOR DE QUE VAI FRÍO. EU MANDEILLE UN ABRIGO DE CUNCHIÑAS DO MAR PARA QUE SE ACOCHASE E SAÍSE A PASEAR. E O SOL SAIU TAN FORTE QUE O PASPALLÁS VOOU E ENTRE MOITAS FOLLIÑAS CO MENDO SE AGOCHOU. ANISIA MIRANDA."CANTAROLAS“. 2ºa
  25. 25. A BELA DURMINTE ¡PROBE PRINCESIÑA CEN ANOS DURMIDA!... CASTIGOUNA A FADA QUE FOSE ESQUECIDA. AO CRAVARSE O FUSO, QUEDOUSE DURMIDA... AS AVES CANTABAN, PERO ELA DURMÍA... DURMÍA O CASTELO. ¡DURMÍA...,DURMÍA! ¡QUE BELA PRINCESA, CEN ANOS DURMIDA! CHEGARÍA O PRÍNCIPE E A DESPERTARÍA... ¡E TODO O CASTELO VOLTARÍA A VIDA! "CAMPO E MAR ABERTO" DORA VÁZQUEZ I 5B
  26. 26. O REI TIÑA UNHA FILLA • O REI TIÑA UNHA FILLA QUE MORRÍA DE AMOR, E POR VELA CURADA, SEN MÁIS DECLARACIÓN, Ó AMOR,QUEIRAS NON QUEIRAS, DO REINO DESTERROU. O AMOR, MOI XUICIOSO, OBEDECENDO A LEI, CAMIÑO DO DESTERRO FOISE CO QUE ERA SEU: COS BICOS E COAS ROSAS... ¡E COA FILLA DO REI! • RAMÓN CABANILLAS"A rosa das cen follas"
  27. 27. MENTIRAS ERA UNHA FIGUEIRA FEITICEIRA QUE CEN FILLOS TIÑA E TODOS CON LEITE MANTIÑA. VEU UN FORTE FURACÁN E GUINDOU CEN E CEN NO CHAN. SUBIRON TODOS A UN CUNCHIÑO DE NOZ E CHEGARON NADANDO A FOZ. • XOÁN BABARRO."TEN,TEN A MIÑA CASA TEN...”
  28. 28. A NEVE E O SOL A NEVE E O SOL CASARON EN MAÑANCIÑA DE ABRIL, ELA VESTIDA DE BRANCO CON PERFUME DE XASMÍN EL CO SEU METAL BRILLANTE DE TROMPETA E DE CLARÍN. FOI NA PRAIA DOS LAGARTOS ONDE SE DIXERON O SI. E BAIXARON POLAS LAXAS AQUEL DÍA TAN FELIZ AUGAS CANTAREIRAS,LIMPAS COMO UN SON DE VIOLÍN. HELENA VILLAR JANEIRO."NA PRAIA DOS LAGARTOS“ 4ºB
  29. 29. HERBA HERBA PEQUERRECHIÑA QUE CON MEDO SORRÍS AO SOL QUE VAI NACENDO E MORRENDO SEN TI. POR QUE DE SER PEQUENA TE AVERGOÑAS TI? O UNIVERSO SERÍA MÁIS PEQUENO SEN TI. XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

×