O oso do zar

688 visualizações

Publicada em

0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
• Seja o primeiro a comentar

• Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
688
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
405
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
1
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

O oso do zar

1. 1. O OSO DO ZAR ADAPTADO DO CONTO “O OSO” DE JORGE BUCAY
2. 2. 1

EN RUSIA MANDABA UN ZAR MOI CAPRICHOSO E CRUEL.

UN DÍA O ZAR DESCUBRIU QUE UN DOS BOTÓNS DA SÚA CHAQUETA NOVA CAERA. ERA A SÚA CHAQUETA PREFERIDA E ENFADOUSE MOITO.

FURIOSO POLA AUSENCIA DO BOTÓN MANDOU BUSCAR Á XASTRA QUE COSERA OS BOTÓNS, PENSOU EN DARLLE UN ESCARMENTO...

NINGUÉN SE ATREVÍA A CONTRADICIR AO ZAR DE RUSIA, ASÍ QUE A GARDA DO ZAR FOI Á CASA DA XASTRA, SACOUNA DE ALÍ ONDE COSÍA E VIVÍA COA SÚA FAMILIA E LEVOUNA AO CÁRCERE.

O ZAR ORDENOU QUE Á MAÑÁ SEGUINTE FOSE DECAPITADA POLA MACHADA DUN VERDUGO.

3. 3. 2

CANDO SE PUXO O SOL, UN DOS GARDIÁNS DO CÁRCERE LEVOU Á XASTRA A SÚA ÚLTIMA CEA. A XASTRA DEULLE VOLTAS E VOLTAS Á COMIDA COA CULLER E MIRANDO DE ESGUELLO AO GARDIÁN DIXO:

- POBRE DO ZAR...

O GARDIÁN NON PUIDO EVITAR RIR:

- POBRE ZAR? – DIXO- POBRE DE TI, MAÑÁ A TÚA CABEZA QUEDARÁ SEPARADA DO CORPO.

- SI, XA O SEI, PERO MAÑÁ O ZAR TAMÉN PERDERÁ ALGO. NON SÓ PERDERÁ UNHA XASTRA, SENÓN QUE PERDERÁ TAMÉN A POSIBILIDADE DE QUE O SEU OSO, QUE É O QUE MÁIS QUERE NESTE MUNDO, POIDA APRENDER A FALAR.

- POR QUE O DIS? TI SABES ENSINARLLE A FALAR AOS OSOS ?- PREGUNTOU O GARDIÁN SORPRENDIDO.

POIS SI, EU SEI, É UN VELLO SEGREDO FAMILIAR... – DIXO A XASTRA.

DESEXOSO DE GAÑARSE OS FAVORES DO ZAR, O GARDIÁN CORREU CONTARLLE AO ZAR O QUE DESCUBRIRA:

4. 4.

A XASTRA SABÍA ENSINARLLE A FALAR AOS OSOS!!

O ZAR SENTIUSE ENCANTADO. PODERÍA ESCOITAR FALAR AO SEU OSO QUERIDO.

O ZAR MANDOU RAPIDAMENTE BUSCAR Á XASTRA E ORDENOULLE:

-ENSÍNALLE AO MEU OSO A FALAR.

- POIS A MIN GUSTARÍAME COMPRACERTE ZAR, PERO A VERDADE É QUE NON VOU TER TEMPO...

- NON VAS TER TEMPO?

- NON, ENSINAR A FALAR A UN OSO É UNHA TAREFA MOI DURA E LEVA TEMPO. E LAMENTABLEMENTE, TEMPO É O QUE MENOS TEÑO... MANDÁRONME DECAPITAR MAÑÁ.

5. 5. 3

PREGUNTOU:

- CANTO TEMPO LEVARÁ ESA APRENDIZAXE DO OSO?

- DEPENDE DA INTELIXENCIA DO OSO- DIXO A XASTRA

- O MEU OSO É MOI INTELIXENTE!! – INTERRUMPIU O ZAR. DE FEITO É O OSO MÁIS INTELIXENTE DE TODOS OS OSOS DE RUSIA.

-BEN - MUSITOU A XASTRA-... SE O OSO É INTELIXENTE... E SINTE DESEXOS DE

APRENDER... EU CREO... QUE A APRENDIZAXE DURARÍA... DURARÍA... NON MENOS DE......DOUS ANOS.

O ZAR PENSOU UN INTRE E DESPOIS ORDENOU:

- BEN, A TÚA PENA SERÁ SUSPENDIDA POR DOUS ANOS, MENTRES TANTO TI ENSINARÁS AO OSO . COMEZARÁS MAÑÁ!

- ALTEZA - DIXO A XASTRA – NON SEI SE ME CONVÉN O TRATO...SE TI MANDAS AO VERDUGO A CORTARME A CABEZA, MAÑÁ ESTAREI MORTA E A MIÑA FAMILIA XA SE COMPOÑERÁ PARA SOBREVIVIR. PERO SE NON MORRO, EU TEREI QUE TRABALLAR PARA ALIMENTAR A MIÑA FAMILIA E NON PODEREI DEDICARME AO OSO.

6. 6.

- ISO NON É UN PROBLEMA – DIXO O ZAR – A PARTIR DE HOXE E DURANTE DOUS ANOS TI E A TÚA FAMILIA ESTARÁN BAIXO A PROTECCIÓN DO ZAR. SERÁN VESTIDOS, ALIMENTADOS E EDUCADOS CO MEU DIÑEIRO E NADA DO QUE PRECISEN LLES SERÁ NEGADO...

- VALE- DIXO A XASTRA.

- PERO, ISO SI... SE DENTRO DE DOUS ANOS O OSO NON FALA... ARREPENTIRASTE DE TER PENSADO EN DICIR QUE O ENSINARÍAS A FALAR... DESEXARÁS TER SIDO DECAPITADA POLO VERDUGO...¿ENTENDES, VERDADE?.

- SI, ZAR.

- BEN... ¡¡GARDAS!! - BERROU O ZAR –QUE LEVEN Á XASTRA Á SÚA CASA NO CARRUAXE REAL, DÁDELLE BOLSAS DE OURO, COMIDA E AGASALLOS PARA A SÚA NENA E PARA O SEU NENO.

- XA... FÓRA!! MARCHA DE CONTADO.

A XASTRA FIXO UNHA REVERENCIA E MARCHOU...

- NON ESQUEZAS – DIXO O ZAR APUNTÁNDOA CO DEDO– SE EN DOUS

ANOS O OSO NON FALA...

A XASTRA XA NON ESCOITOU AS ÚLTIMAS LETRAS, XA CORRÍA CARA Á CARRUAXE.

7. 7. 4

... CANDO NA CASA DA XASTRA XA CHORABAN PORQUE ÍA MORRER, CHEGOU A CARRUAXE DO ZAR E DENTRO CHEGOU A XASTRA SORRINTE, CONTENTA E CHEA DE AGASALLOS.

O HOME DA XASTRA ESTABA ABRAIADO. COMO PODÍA SER QUE A SÚA MULLER QUE SÓ UNHAS HORAS ANTES FORA CONDENADA, AGORA APARECESE CON CARTOS E FELIZ?

CANDO PUIDO A XASTRA CONTOULLE O SUCEDIDO.

TI TOLEACHES MULLER! – BERROU O HOME – ENSINAR A FALAR AO OSO DO ZAR. TI QUE NIN SEQUERA VICHES UN OSO DE PRETO. ESTÁS TOLA!

- CALMA HO, CALMA. MIRA, ÍANME CORTAR A CABEZA MAÑÁ,

AGORA... AGORA TEÑO DOUS ANOS... EN DOUS ANOS PODEN PASAR TANTAS COUSAS!

EN DOUS ANOS... – SEGUIU A XASTRA – PODE DESAPARECER O ZAR... PODE MORRER O OSO ... E O MÁIS IMPORTANTE... IGUAL SE LLE OCORRE AO OSO... E FALA!