Filgueira valverde completo

302 visualizações

Publicada em

PRESENTACIÓN ELABORADA ENTRE TODAS AS AULAS DO CENTRO (CEIP VILAVERDE). CADA AULA INVESTIGOU SOBRE UN ASPECTO E ACHEGOU A DIAPOSITIVA CORRESPONDENTE DESPOIS DE TER TRABALLADO SOBRE A LIÑA DE VIDA DO ESCRITOR.

Publicada em: Educação
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Filgueira valverde completo

  1. 1. JOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE LETRAS GALEGAS 2015 A SÚA VIDA EN PONTEVEDRA E FÓRA DE PONTEVEDRA: DATOS BIOGRÁFICOS
  2. 2. EN PONTEVEDRA FÓRA DE PONTEVEDRA
  3. 3. NACEU O 28 DE OUTUBRO DE 1906, NA CASA FAMILIAR SITUADA NA PRAZA DO PEIRAO EN PONTEVEDRA. SEUS PAIS CHAMÁBANSE JOSÉ MARÍA E ARACELI.
  4. 4. RECIBE A PRIMEIRA COMUÑÓN O 30 DE MAIO DE 1913 NA IGREXA DE SAN BARTOLOMÉ EN PONTEVEDRA IGREXA DE SAN BARTOLOMÉ, NA RÚA SARMIENTO DE PONTEVEDRA. FOI CONSTRUÍDA POLOS XESUITAS HAI CASI 300 ANOS. FILGUEIRA VALVERDE O DÍA DA SÚA PRIMEIRA COMUÑÓN
  5. 5. ESTUDA BACHARELATO NO INSTITUTO OFICIAL PONTEVEDRA. TEN COMO PROFESORES A CASTELAO, ERNESTO CABALLERO, SÁNCHEZ CANTÓN, LOSADA DIÉGUEZ, RAMÓN SOBRINO, CASTO SANPEDRO, … CASTELAO LOSADA DIÉGUEZ Iniciou os estudos de bacharelato no ano 1917, primeiro como alumno por libre e a partir do Curso 1917 –1918 , como alumno oficial, ata a súa finalización no curso 1921-1922.
  6. 6. EN SANTIAGO VAI ESTUDAR FILOSOFÍA E LETRAS EN 1922 E EN 1923 TAMÉN COMEZA A DE DEREITO
  7. 7. FUNDA XUNTO A FERMÍN BOUZA BREY O SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS No ano 1923 e con só dezasete anos funda xunto con outros persoeiros galegos o Seminario de Estudos Galegos, para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego. 6ºC
  8. 8. EDITA A SÚA PRIMEIRA OBRA LITERARIA, “OS NENOS” EN PONTEVEDRA NO 1925
  9. 9. LICÉNCIASE EN FILOSOFÍA E LETRAS EN ZARAGOZA NO 1927
  10. 10. PUBLICA A SÚA SEGUNDA OBRA LITERARIA (O VIGAIRO) NO 1927 NA CORUÑA O LIBRO O VIGAIRO DE FILGUEIRA VALVERDE, FOI PUBLICADO NO ANO 1927 CANDO O SEU PREZO ERA DE 30 CÉNTIMOS. AGORA O LIBRO ESTÁ VALORADO EN 12 EUROS CON 50 CÉNTIMOS, PERO COMO LLE DEDICAN AS LETRAS GALEGAS, ESTE ANO CUSTA 3 EUROS. FOI PUBLICADO POR LAR E LOGO POR GALAXIA. TEN 158 PÁXINAS E ESTÁ EN FORMATO RÚSTICO. NA OBRA O VIGAIRO, FILGUEIRA FÁLANOS DE XOÁN DE PONTEVEDRA, UN VELLO MARIÑEIRO REPECTADO POLOS MAREANTES DO MORRAZO E DO SALNÉS. TRADICIONALMENTE OS VIGAIROS ERAN VECIÑOS DESIGNADOS POLA COMUNIDADE PARA REPRESENTAR O INTERESES COMÚNS DIANTE DO CONCELLO E ORGANIZAR AS FESTAS DA PARROQUIA, A OBRA FOI UN ENSAIO SIMBÓLICO ORIXINAL E INÉDITO.
  11. 11. EN 1928, COMEZA A TRABALLAR COMO PROFESOR INTERINO NO INSTITUTO DE PONTEVEDRA AO QUE VOLVERÁ MÁIS TARDE…
  12. 12. EN 1928 REMATA DEREITO NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO Xosé Fernando Filgueira Valverde, un ano despóis de rematar a carreira de Filosofía, remata en Santiago de Compostela a carreira de Dereito con premio extraordinario. UNIVERSIDADE EN 1928
  13. 13. PARTICIPA NA CREACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA QUE COMEZA A FUNCIONAR EN 1929
  14. 14. PUBLICA A OBRA DE TEATRO PARA NENAS E NENOS “AGROMAR” O SEÑORITO JUAN TIVO UN ACCIDENTE CUN CARRO DE BOIS. XELO DÓALLE SANGUE E FALAN SOBRE COUSAS DO CAMPO. JUAN DECIDE ESTUDAR E TRABALLAR NA MISIÓN BIOLÓXICA. NA 1ª ESCEA…
  15. 15. DENDE 1931 PARTICIPA NO PARTIDO GALEGUISTA, O CAL ABANDONA EN 1935 • Participa no acto fundacional do Partido Galeguista, celebrado en Pontevedra o 5 e 6 de decembro de 1931. O progresivo achegamento do Partido ás posicións de esquerda, que culminaría coa integración no Frente Popular, lévano a abandoar este partido no ano 1935 e a fundar a organización Dereita Galeguista .
  16. 16. PARTICIPA NO DEBATE SOBRE O ESTATUTO DE GALICIA EN 1932
  17. 17. EN 1935 É CATEDRÁTICO DE Lengua y Literatura Española NUN INSTITUTO DE BARCELONA, DEPOIS EN MELILLA E MÁIS TARDE EN LUGO
  18. 18. NA UNIVERSIDADE DE MADRID LE A SÚA TESE SOBRE A Cantiga CIII de Alfonso X o Sabio.
  19. 19. EN 1938, O 15 DE AGOSTO CONTRAE MATRIMONIO CON MARÍA TERESA IGLESIAS•
  20. 20. EN 1939 TRASLÁDASE AO INSTITUTO DE PONTEVEDRA COMO CATEDRÁTICO. En outubro de 1939 foi adscrito con carácter provisional ó Instituto de Pontevedra, centro do que foi nomeado catedrático numerario en virtude de concurso de traslado en 1942, desempeñando os cargos de interventor e xefe de estudos. En outubro de 1945 foi nomeado director en funcións e, ó ano seguinte, con carácter definitivo, permanecendo no cargo ata a súa xubilación en 1976. Durante este longo período propiciou numerosas iniciativas pedagóxicas que culminarían no premio á exemplaridade pedagóxica, concedido ó centro, e na cualificación de instituto modelo en 1958.
  21. 21. EN 1939, NACE A SÚA PRIMEIRA FILLA. EN 1940, O SEU FILLO FERNANDO. EN 1942, Mª TERESA EN 1944, PILAR; EN 1947, ANGELINES • A primeira filla, Araceli , é escritora e experta en cociña galega. O fillo José Fernando é médico en Pontevedra. María Teresa vendeu lotería na cidade. Pilar tamén vive en Pontevedra . Angelines casou cun murciano e é pedagoga, psicóloga e fotógrafa.
  22. 22. MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA DENDE 1942 Xosé filgueira Valverde e Xesús Alonso Montero (actual presidente da Real Academia da Lingua Galega). 6ºC
  23. 23. DESDE 1942 E ATA 1986, DIRIXIU O MUSEO DE PONTEVEDRA. Participou na creación do Museo de Pontevedra en 1927, do que foi secretario ata 1942, ano no que se converteu no director. Colaborou co Museo ata a súa morte. Foi homenaxeado no Museo neste ano de 2015.
  24. 24. EN 1946, É DIRECTOR DO INSTITUTO DE PONTEVEDRA CANDO FILGUEIRA FOI DIRECTOR DO INSTITUTO DE PONTEVEDRA (IES SÁNCHEZ CANTÓN) O INSTITUTO FOI UN DOS MELLORES DE TODA ESPAÑA. O INSTITUTO DESTACABA EN MOITOS DEPORTES E NA MÚSICA. TIÑA UN CORO DE VOCES MASCULINAS E FEMININAS. CANDO FILGUEIRA ÍA PRESENTAR UN LIBRO SEU, FACÍAO GRATIS PERO COA CONDICIÓN DE QUE O SEU CORO FIXESE UNHA PRESENTACIÓN MUSICAL SOBRE O LIBRO. GRAZAS A FILGUEIRA O CORO FÍXOSE FAMOSO E PRESENTARON LIBROS POR TODA ESPAÑA E POR ALGÚNS PAÍSES DE EUROPA.
  25. 25. EN 1959, É NOMEADO ALCALDE DE PONTEVEDRA Foi alcalde de Pontevedra entre os anos 1959 e 1968. Período este último no que destacou pola promoción cultural da vila e por tomar as primeiras decisións conducentes á conservación do conxunto histórico e monumental do casco antigo de Pontevedra.
  26. 26. EN 1976, XUBÍLASE COMO CATEDRÁTICO DE INSTITUTO • OS SEUS DISCÍPULOS FIXÉRONLLE UNHA HOMENAXE CO MOTIVO DA SÚA XUBILACIÓN ,E AGASALLÁRONO CUN CATÁLOGO DA SÚA OBRA TITULADO : FILGUEIRA VALVERDE.PUBLICACIÓNS, CONFERENCIAS,CURRICULUM. • EL RESPONDEU CUN DISCURSO SOBRE O INSTITUTO DO QUE FOI PROFESOR , O CAL FOI DECLARADO INSTITUTO MODELO.
  27. 27. FOI MEDALLA DE OURO DA CIDADE DE PONTEVEDRA
  28. 28. PUBLICOU MOITOS ARTIGOS E LIBROS DE INVESTIGACIÓN ADEMAIS DAS SÚAS OBRAS LITERARIAS. MOITOS ARTIGOS FORON PUBLICADOS NO Faro de Vigo ENTRE OS QUE DESTACAMOS: •FOGAR DE BREOGÁN (1981) •COMPOSTELA E OS TROBADORES (1996) •A RIANXEIRA (1981) •A RAIOLA E A VIDRIEIRA (1979) •A FESTA DA PEREGRINA (1989) •A FERRERÍA DE PONTEVEDRA (1979) •A BALEA E O TONEL (1979) Para moitos, o seu mellor traballo son as nove entregas da obra xenericamente titulada “Adral”, unha recopilación de artigos de alcance e significación moi dispar publicados particularmente, no Faro de Vigo entre os anos 1979-1996.
  29. 29. TRAS AS PRIMEIRAS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO GALEGO (1981) FOI DESIGNADO CONSELLEIRO DE CULTURA (1982-1983) DA XUNTA DE GALICIA, CARGO DENDE O QUE DEFENDEU O BILINGÜISMO NO ENSINO
  30. 30. TRAS AS PRIMEIRAS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO GALEGO (1981) FOI DESIGNADO CONSELLEIRO DE CULTURA (1982-1983) DA XUNTA DE GALICIA, CARGO DENDE O QUE DEFENDEU O BILINGÜISMO NO ENSINO. • Foi nomeado Conselleiro de Cultura no ano 1981. Contribuiu activamente á creación do Consello da Cultura Galega. Organismo que presidiría con posterioridade, dende 1990 ata a súa morte no ano 1996.
  31. 31. EN 1995, FALECE A SÚA MULLER María Teresa de Oscaríz ,esposa do profesor Filgueira Valverde, faleceu onte aos 85 anos de idade despois dunha longa enfermidade. O profesor coñeceu en Lugo, no ano 1935, á que sería a súa esposa, tras permutar a súa cátedra de Barcelona. Casaron tras tres anos de noivado. Dese matrimonio ,nacerían 5 fillos e 15 netos.
  32. 32. INVESTIDO DOUTOR HONORIS CAUSA NA UNIVERSIDADE DE VIGO E NA DE SANTIAGO (1996)
  33. 33. EN 1996, FALECE O 13 DE SETEMBRO NA RÚA ARCEBISPO MALVAR (PRAZA DO PEIRAO) E ESTÁ SOTERRADO NA CIDADE. Foto da Igrexa de Mourente en Pontevedra. Ao seu carón está o cemiterio onde se atopan os restos do persoeiro das Letras Galegas 2015: Xosé Fernando Filgueira Valverde. 6ºC
  34. 34. PARA INVESTIGAR • http://www.pontevedraparaelmundo.es/blog /index.php?id=1485 • http://www.museo.depo.es/persoeiros/filgue ira.valverde/es.99000500.html • http://www.mcnbiografias.com/app- bio/do/show?key=filgueira-valverde-xose- fernando PARA TRABALLAR NA AULA • http://www.seminariogalan.org/

×