Bolechas de excursión por pontevedra

1.245 visualizações

Publicada em

OS BOLECHAS POR PONTEVEDRA. ADAPTACIÓN A LETRA DE PAU REALIZADA NO CEIP VILAVERDE

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
1.245
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
749
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
1
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Bolechas de excursión por pontevedra

  1. 1. OS BOLECHAS VAN DE CURSIÓN POR PONTEVEDRA
  2. 2. A EXCURSIÓN COMEZA AQUÍ, ONDA A IGREXA DA PEREGRINA. A VIRXE LEVA UN SOMBREIRO E UNHA CAPA IGUAL Á DOS PEREGRINOS E PEREGRINAS. A IGREXA ESTÁ SITUADA NO CAMIÑO DE SANTIAGO. PRETO ESTÁ A FONTE DE TRES CANOS.
  3. 3. ENTRANDO CARA Á PRAZA DA FERRERÍA POLO LUGAR ONDE ESTABA A ANTIGA PORTA DA MURALLA… VEMOS O CONVENTO DE SAN FRANCISCO. NO INTERIOR DESTA IGREXA ESTÁ SOTERRADO PAIO GÓMEZ CHARIÑO , UN TROBADOR E ALMIRANTE PONTEVEDRÉS
  4. 4. NA PRAZA DA FERRERÍA, ANTIGAMENTE FACÍAN FEIRA DE PORCOS. AQUÍ TRABALLABAN OS FERREIROS POÑENDO FERRADURAS AOS CABALOS. OS EDIFICIOS QUE SE VEN AO FONDO FIXÉRONSE MOITO DESPOIS.
  5. 5. PRETO DA PAZA DA FERRERÍA ESTÁ A PRAZA DA ESTRELA. CHÁMASE ASÍ POLA FONTE QUE HAI NELA. NO FONDO DESTA PRAZA ESTÁ A CASA DAS CARAS. FIXÁDEVOS BEN E VEREDES AS CARAS QUE APARECEN A CARÓN DAS XANELAS.
  6. 6. CAMIÑANDO UN POUQUIÑO CHEGAMOS Á PRAZA DA LEÑA. ANTIGAMENTE VENDÍASE AQUÍ LEÑA PARA COCIÑAR E PARA QUENTAR AS CASAS.
  7. 7. PRONTO CHEGAMOS Á PRAZA DA VERDURA, ANTES VENDÍASE AQUÍ VERDURA E PRODUTOS DO CAMPO. VEMOS UN NENO CON COROZA PARA NON MOLLARSE, ANTES USABAN ISTO NO CANTO DE IMPERMEABLES.
  8. 8. NA PRAZA DE MÉNDEZ NÚÑEZ, HAI UNHA ESTATUA. É DON RAMÓN MARÍA DEL VALLE INCLÁN. FOI UN ESCRITOR MOI IMPORTANTE. LEVA UNHA MANGA DA CHAQUETA METIDA NUN PETO PORQUE PERDEU UN BRAZO NUNHA PELEXA EN MADRID. ESTA PRAZA CHAMÁBASE ANTES “PRAZA DAS GALIÑAS”. AQUÍ ESTÁ A CASA ONDE VIVÍU O ALMIRANTE MÉNDEZ NÚÑEZ
  9. 9. IMOS ATA A PRAZA DE CURROS ENRÍQUEZ, QUE LEVA O NOME DOUTRO ESCRITOR GALEGO. NUNHA COLUMNA DA PRAZA HAI UN BUSTO DE ALEXANDRE BÓVEDA.
  10. 10. NA FONTE DOS TORNOS COLLÍA AUGA MOITA XENTE DA CIDADE. ANTES A AUGA NON CHEGABA ÁS CASAS. A AUGA ERA LEVADA NUN BALDE NA CABEZA.
  11. 11. A PRAZA DO TEUCRO. NELA ANTES FACÍANSE OS MAIOS. NUNHA CASA DESTA PRAZA TIVERON O CUARTEL OS SOLDADOS FRANCESES DE NAPOLEÓN, CANDO INVADIRON GALIZA.
  12. 12. A CASA DAS CAMPÁS É A CASA MÁIS ANTIGA DA CIDADE. FIXÁDEVOS BEN NAS PORTAS, TEÑEN ARCOS DE ESTILO GÓTICO. A ESTA CASA TAMÉN SE LLE COÑECE COMO A CASA DO PIRATA BENITO SOTO.
  13. 13. NOUTRA PRAZA GRANDE ESTÁ A CASA CONSISTORIAL. UNHA CASA CONSTRUÍDA HAI UNS CEN ANOS.
  14. 14. NA PRAZA DE SANTA MARÍA ATOPÁRONSE RESTOS DA MURALLA E DAS TORRES ARZOBISPAIS. ERA NECESARIO TER MURALLAS PARA DEFENDER A VILA DE PIRATAS. AO FONDO ESTÁ A IGREXA DE SANTA MARÍA.
  15. 15. A IGREXA DE SANTA MARÍA FOI CONSTRUÍDA POLAS XENTES DO MAR.
  16. 16. NA PRAZA DO PEIRAO ESTABAN ANTIGAMENTE OS ASTELEIROS. O PORTO DE PONTEVEDRA FOI, HAI MOITOS ANOS, MOI IMPORTANTE, DENDE EL EMBARCABAN MERCANCÍAS PARA OUTROS LUGARES DO MUNDO.
  17. 17. A PONTE DO BURGO É UNHA DAS PONTES QUE ATRAVESA O RÍO LÉREZ. ANTES DESTA PONTE HABÍA UNHA PONTE CONSTRUÍDA POLOS ROMANOS. PRETO DA PONTE HAI UN MILIARIO.
  18. 18. NA PRAZA DA PEDREIRA TRABALLABAN OS CANTEIROS. NESTA PRAZA ESTÁ O PAZO DE MUGÁRTEGUI. NELA HAI UN ESCUDO E UN RELOXO DE SOL.
  19. 19. O NOVO EDIFICIO DO MUSEO GARDA MOITAS OBRAS IMPORTANTES. EN PONTEVEDRA HAI OUTROS EDIFICIOS DO MUSEO.
  20. 20. A XUNQUEIRA E O LÉREZ ESTÁN AO OUTRO LADO DO RÍO. ALÍ ESTÁ O PAZO DA CULTURA. NESTAS XUNQUEIRAS HABÍA MOITOS ANIMAIS QUE TIVERON QUE MARCHAR CANDO SE SECARON.
  21. 21. A IGREXA DE SAN BARTOLOMEU É MOI ALTA. PRETO DESTA IGREXA CELÉBRASE A FESTA DO DEMO NO MES DE AGOSTO.
  22. 22. E AQUÍ OUTRO EDIFICIO DO MUSEO. NESTE GÁRDENSE PINTURAS, ESCRITOS, ESCULTURAS,…
  23. 23. DEICA LOGO!

×