Actividades filgueira valverde

221 visualizações

Publicada em

actividades para traballar coa obra de Filgueira Valverde. CEIP VILAVERDE

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
221
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
5
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
2
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Actividades filgueira valverde

  1. 1. ACTIVIDADES PARA TRABALLAR 17 MAIO 2015 SOBRE FILGUEIRA VALVERDE CEIP VILAVERDE
  2. 2. O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CELÉBRASE…
  3. 3. DEDICOUSE A… - COMPROBA NO MURAL DO CORREDOR… ESTE ANO DEDÍCASE A… X
  4. 4. POEMA 1 NO POEMA FÁLASE DE RAPACES DE MOURENTE E MARCÓN… QUE PASARÁ? SABES ATOPAR ONDE PON MOURENTE E ONDE MARCÓN NO POEMA? TAMÉN SE FALA DE VIGO… PODES ATOPAR OS TRES LUGARES NUN MAPA?
  5. 5. RAPACES DE MOURENTE, RAPACES DE MARCÓN, VINDE VER A CARRACEDO QUE FUXÍU CON SAN SIMÓN. ROUBOULLE A CAMISA, ROUBOULLE O PANTALÓN, DEIXOUNO EN CIROLAS QUE METÍA COMPAIXÓN. VIÑERON OS DE VIGO Á VIRXE DO CAMIÑO E CARRACEDO TODO LLES ESTABA OÍNDO. VEU SAN SIMÓN, ZORREGOULLE UN BOFETÓN: E TI GRAN PUÑETEIRO DISPARACHES O CANÓN.
  6. 6. POEMA 1 HAI PALABRAS QUE RIMAN NO POEMA? CALES? CANTOS VERSOS TEN O POEMA? CANTAS VECES APARECE A PALABRA RAPACES? E A PALABRA ROUBÁRONLLE? VÉS PALABRAS CON S? CANTAS? -ÓN
  7. 7. POEMA 1 QUE LLE ROUBOU?
  8. 8. POEMA 1 PONLLE TÍTULO AO POEMA DEBUXA ALGO DO QUE SE DI NO POEMA
  9. 9. POEMA 2 CANTOS VERSOS TEN O POEMA? DE QUE MES FALA? QUE SERES VIVOS NOMEA?
  10. 10. POEMA ESTE MES DE MAIO É O MES DAS FLORES EN QUE OS PAXARIÑOS NOS MOSTRAN OS SEUS AMORES. FILGUEIRA VALVERDE
  11. 11. POEMA 2 CANTAS PALABRAS HAI CON M? BUSCA AS PALABRAS QUE RIMAN? QUE TÍTULO LLE PORÍAS AO POEMA?
  12. 12. QUE IMAXES TEÑEN QUE VER CO POEMA?
  13. 13. POEMA 2 COLOCA OS VERSOS DO POEMA XOGA A CAMBIAR DE ORDE OS VERSOS DO POEMA . ESTE MES DE MAIO É O MES DAS FLORES EN QUE OS PAXARIÑOS NOS MOSTRAN OS SEUS AMORES
  14. 14. AGORA VAI A ESTE ENLACE E SEGUE CO TRABALLO AO REDOR DO POEMA • http://seminariogalan.org/inicio/ver/277
  15. 15. O pomar Tiña nogueiras, e figueiras, e cerdeiras, e ameixeiras, e pexegueiros, mais o que daba xenio eran as pereiras e máis as maceiras. Había froita a correr, para nós, para o abade, para os señores, para os veciños, para os pobres,... unha enchente, unha fartura. Endexamais no mundo, vin froita coma aquela, tanta e tan clemente, tan doce, tan bonitiña.
  16. 16. A VER SE SABES… • QUE É UN POMAR? • QUE FROITAS DAN… Nogueiras Figueiras Cerdeiras Ameixeiras Pexegueiros Pereiras Maceiras • QUE MÁIS FROITAS COÑECES?
  17. 17. A VER SE SABES… • BUSCAR AS PREPOSICIÓNS E CONXUNCIÓNS • … E OS ADXECTIVOS • SE NON FOSE UN POMAR E FOSE UN XARDÍN… COMO SERÍA O TEXTO? EN EQUIPOS COOPERATIVOS ESCRIBÍDEO
  18. 18. E NESTES ENLACES PODES SEGUIR TRABALLANDO CO TEXTO • http://seminariogalan.org/inicio/ver/273 • http://seminariogalan.org/inicio/ver/272
  19. 19. AVOA CLARA Que leda lembranza aquela da miña avoa! Tiña o cabelo albeiro e acugulado cal un outeiro na xeada, tiña as meixelas albas de almafí tallado e as mans albas de albo veludo. Tiña un manto mouro, un libro e un rosario na man, e do brazo penduraba unha cadeira de tesoura. Esa é a lembranza que teño da miña avoa. Mais este relembro ten máis ledicias que doas tiña o seu rosario de acibeche, máis contos que follas o seu libro, máis bicos que anos tiña a súa vella cadeira.
  20. 20. A VER SE SABES… • QUE ADXECTIVOS UTILIZA? • CANTAS PALABRAS AGUDAS APARECEN … • A DIFERENZA ENTRE MAIS E MÁIS?
  21. 21. A VER SE SABES… • O TEXTO É • FÍXATE NO TEXTO E FAI UN SEMELLANTE COA TÚA AVOA COMO PROTAGONISTA UN CONTO UNHA DESCRICIÓN UN POEMA UNHA NOTICIA DE XORNAL
  22. 22. PODES FACER MÁIS ACTIVIDADES AO REDOR DO TEXTO E DOUTROS TEXTOS EN… • http://seminariogalan.org/inicio/ver/274
  23. 23. A VER SE SABES… • QUE É A XENREIRA? • INVENTA RAZÓNS POLAS QUE DÚAS FAMILIAS SE PODEN TER XENREIRA…
  24. 24. XENREIRA Entre o pazo de Briáns e o de Brandobre, os Temes e os Mariños ergueran unha fonte, no adral da igrexa. Aquela fonte gurgullaba sempre, como a xenreira que se tiñan os Mariños e os Temes. As augas de Briáns non podían vir polos eidos de Brandobre, os bois de Brandobre non pasaban polas agras de Briáns. Os de Briáns e os de Brandobre xamais terían amizade.
  25. 25. A VER SE SABES… • DEBUXAR O QUE DESCRIBE O TEXTO • INVENTA RAZÓNS POLAS QUE DÚAS FAMILIAS SE PODEN TER XENREIRA…
  26. 26. INVENTA • NO PAZO DE BRIÁNS E NO DE BRANDOBRE VIVEN NENOS OU NENAS COAS SÚAS FAMILIAS… COMO FARÁN PARA XOGAR?
  27. 27. A VER SE SABES… • QUE É UNHA MARELA? • A QUEN LLE CHAMAN MARELA NO TEXTO? COMO A IMAXINAS?
  28. 28. MARELA Andaba a pastar vacas nos cobos das Xunqueiras. O choio non rendía e tivo que entrar de peón na fábrica. De peón pasou a torneiro, e de torneiro a mecánico, e agora é capitán dunha máquina enorme que vale moitos millóns e mesmo semella que ten alma. Chámalle «¡Marela!» e fálalle como falaba ás vacas que baixaba ao río.E cando comeza a súa «xornada laboral», porque agora é un produtor sindicado, pódese escoitar como lle di, ollándolle ben fixo aos controis:-¡Marela! A ver como te portas hoxe... LE
  29. 29. A VER SE SABES… DEBATEDE EN EQUIPO… • POR QUE LLE CHAMA MARELA? • COMO SE CHAMA UNHA PERSOA QUE LEVA PASTAR AS VACAS? • LOCALIZA A XUNQUEIRA NO PLANO DE PONTEVEDRA
  30. 30. O NOME DELA Fora o meu amor de neno. Un amoriño devanceiro, imposible, alonxado un día na borralla dos anos. Fora o nidio querer que agroma denantes que a ventanía da vida traía deica nós tanta feitura, tanto engado, tanto degoiro... para que os chamemos con nome de amores. Foise. E eu funlle fiel. A miña testemuña sería ben estraña: -Non hei chamar co nome dela a ningunha rapaza que o leve. LEDE E COMENTADE EN EQUIPO O SIGNIFICADO QUE NOME CREDES QUE LEVARÍA?
  31. 31. PARA TRABALLAR MÁIS SOBRE ESTES TRES TEXTOS • http://seminariogalan.org/inicio/ver/275
  32. 32. ESTE POEMA SOBRE A VIRXE DA BARCA… - HAI UNHA VIRXE DA BARCA? - ONDE? - ESTÁ EN PONTEVEDRA? - HAI UN LUGAR CHAMADO “BARCA EN PONTEVEDRA”? LOCALÍZAO NUN PLANO. - BUSCA NOTICIAS SOBRE O SANTUARIO DA VIRXE DA BARCA E ESCRIBE UN DOS TITULARES.
  33. 33. ESTE POEMA SOBRE A VIRXE DA BARCA LEVA ESTAS ESTROFAS… - A VER SE ES QUEN DE ORDENALAS COMO AS TIÑA O SEU AUTOR Ten unha rosa na man, outra na mazá do rostro. Nosa Señora da Barca, vinde vela no sol posto! Nosa Señora da Barca eu ben a vin no sol novo; ten unha estrela no mar, outra dormida no colo. Ten unha estrela no mar outra dormida no colo, Nosa Señora da Barca, vinde vela no sol novo! Nosa Señora da Barca eu ben a vin no sol posto; ten unha rosa na man, outra na mazá do rostro.
  34. 34. Nosa Señora da Barca eu ben a vin no sol posto; ten unha rosa na man, outra na mazá do rostro. Nosa Señora da Barca eu ben a vin no sol novo; ten unha estrela no mar, outra dormida no colo. Ten unha rosa na man, outra na mazá do rostro. Nosa Señora da Barca, vinde vela no sol posto! Ten unha estrela no mar outra dormida no colo, Nosa Señora da Barca, vinde vela no sol novo!
  35. 35. ANALIZADE EN EQUIPOS O POEMA… - QUE TÍTULO LLE PORÍAS AO POEMA? - SE FILGUEIRA VALVERDE LLE PUXESE UNHA ILUSTRACIÓN… CAL SERÍA? - ESTRUTURA: ESTROFAS, VERSOS, RIMA, MEDIDA… - PALABRAS: VERBOS, ADXECTIVOS, VERBOS, DETERMINANTES… - SE LLE CAMBIAMOS A PROTAGONISTA AO POEMA… COMO PODERÍA QUEDAR? TENTADE FACER PROPOSTAS EN EQUIPOS COOPERATIVOS
  36. 36. SABES…? QUE É UNHA OBRA DE TEATRO? QUE ESTRUTURA TEN? RAZOA A RESPOSTA MMMMM MMMMM MMMMM MMMMM MMMMM MMMMM MMMMM 22, MMMM DE 2015 MMM: MMMMMMMMMM MMMMMMMMMM MMMMMM. MMMM, MMMMMM MMM MM MMM MM MMM MM MMM MM MMMMM MMMMM MMMMM MMMMMMMMMMM: - MMMMM? -MMMMMMMMMM! -- MMMMMMM - MMMMMMM MMMMM MMMMM: -MMMMM -MMMMMMMMMMM? -MMMMMMM MMMMMMM MMMMM
  37. 37. Obra de teatro: AGROMAR A obra consta de dous lances e un remate: • No primeiro lance dásenos noticia dun accidente entre un coche Chenard-Walcker e un carro de bois. Morren os animais e o cristián que os guiaba, é dicir, atropelan un home que vai nun carro de bois e queda ferido o señorito Juan que levaba o coche. O home morre e Juanito está grave, precisando unha transfusión de sangue. Os señoritos da vila non están dispostos a doar sangue, pero si o fai Xelo, um aldeán, por unha aposta. As mortes pretenden amañalas con indemnizacións, pero a transfusión xera máis problemas: o doador é un rapazolo da aldea e causa suspicacias entre os vilegos. • A escena do segundo lance transcorre no pazo da Reigada, cuarto do convalecente Juan (Juanito-Nito). Nito (señorito) e Xelo (doador aldeán) falan de traballos e coñecementos prácticos: enxertar, distinguir clases de árbores e froitos / cousas do señorìo. Chegan os “pitos cairos” (rapazolos da vila) co seu rebulicio e o seu castelán. Prodúcese un enfrontamento ideolóxico entre Nito e os outros catro “pitos”. Tamén recibe a visita dos rapaces da aldea. A familia rica propónse pagarlle os estudos a Xelo, como compensación e co engado da posibilidade de cambio social. Finalmente, don Enrique, o médico galeguista, fala das necesidades da Terra; entre elas, a de xente con estudos, enxeñeiros, médicos… • No remate atopámonos coa conversión/transformación de Nito (señorito Juan) en Xanciño. A retesía verbal deste cun señorito marca as diferenzas aldea/cidade. Tamén aclara o concepto vilego de persoa: “Mi padre es un señor, viste de persona, tiene cheques en el bolsillo, se sienta en la acera del Casino a hablar de política, veranea, conduce su coche, fuma ingleses…”. Xanciño estudará no estranxeiro e traballará na Misión Biolóxica. Oíu a “chamada da Terra”, segundo remata o mitin de don Enrique.
  38. 38. TENTA… DEBUXAR O QUE SUPÓS QUE PASOU NA OBRA DE TEATRO
  39. 39. SE AGROMAR ERA UNHA OBRA DE TEATRO PARA NENAS E NENOS… QUE DEBUXO LEVARÍA O ESCENARIO NA 1ª ESCENA? E NA 2ª
  40. 40. OBSERVA ESTE TEXTO… QUE RELACIÓN LLE ATOPAS COA OBRA “AGROMAR”? COMO SERÍA O TEXTO SE … No bautismo puxéranche María, No bautismo puxéranche Xan, os teus pais chámante Xanciño; as túas tías, Nito; o mestre, Juan; os amigos Curuxo. Cal é o teu nome verdadeiro? Pódenlle chamar a un de tantos xeitos! Cando non che saben o nome, veña: neno, rapaz, rapazolo, cativo, mozo, mociño, chaval…
  41. 41. ONDE MÁIS PODO ATOPAR DATOS • http://www.bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=XosFilgu&alias=Xos%E9+F ilgueira+Valverde • http://www.ahlm.es/Semblanzas/Filgueira.htm • http://www.hotelpuertadelsol.es/letras-gallegas-para-filgueira- valverde/ • http://academia.gal/letras- actual#http://academia.gal/dicionario_rag/miniSearch.do? • http://academia.gal/novas/-/asset_publisher/E4jf/content/dia-das- letras-galegas-a-xose-filgueira-valverde • http://culturagalega.gal/albumdajae/detalle.php?id=85 • http://filgueiravalverde.blogspot.com.es/ • http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=recursos/rec269. php http://seminariogalan.org http://filgueiravalverde.gal/fundacion •

×