A historia de moira e manzur

2.877 visualizações

Publicada em

unha historia para traballar a igualdade e os organigramas comparativos

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
2.877
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
2.553
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
1
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

A historia de moira e manzur

  1. 1. A HISTORIA DE MOIRA E MANZUR DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CEIP VILAVERDE 2015
  2. 2. • MOIRA E MANZUR VIVÍAN MOI PRETO. • MOIRA NO NÚMERO 3 DA RÚA VERDEAL E MANZUR NO NÚMERO 5. • SEMPRE XOGARON NO MESMO PARQUE E FORON Á MESMA ESCOLA. • MOIRA DE PEQUENA SOÑABA CON SER CONSTRUTORA DE BARCOS E MANZUR QUERÍA CONSTRUÍR AVIONETAS… RÚA VERDEAL
  3. 3. TANTO A NENA COMO O NENO PERTENCÍAN AO EQUIPO DE FÚTBOL DA VILA, O CLUB VERDEALENSE. ELA LEVABA NA CAMISETA O 5 E EL O 10. CANDO LLES DEIXABAN TEMPO LIBRE TAMÉN PRACTICABAN BAILE. CLUB VERDEALENSE PASA MOIRA!
  4. 4. AO MEDRAREN QUEDABAN NO PARQUE PARA CHARLAR… - EU QUERO IR Á UNIVERSIDADE – DICÍA MOIRA - EU TAMÉN. PARA ISO TEMOS QUE ESTUDAR MOITO E APRENDER ABONDO PARA TER BOAS NOTAS… EU VOU ESTUDAR NA UNIVERSIDADE
  5. 5. DEDICABAN TODOS OS DÍAS TEMPO PARA ESTUDAR, LER, BUSCAR INFORMACIÓN,… NON HABÍA EXCUSAS, TIÑAN QUE FACER AS TAREFAS SE QUERÍAN PROGRESAR. A VER… PÓÑOLLE UN PUNTO E… ESTE PROBLEMA ESTÁ CHUPADO!
  6. 6. ANOS MÁIS TARDE MOIRA E MANZUR REMATARON A SÚA CARREIRA. ELA ERA ENXEÑEIRA. EL ERA ENXEÑEIRO. LOGRARAN CON ESFORZO O QUE SE PROPUXERAN… BUSCAR TRABALLO ERA AGORA A ILUSIÓN DE AMBOS. CONSEGUÍMOLO. XA TEMOS O TÍTULO!
  7. 7. MOIRA E MANZUR PASABAN TODO O TEMPO DE LECER XUNTOS E CADA DÍA MÁIS TEMPO… NAMORARON E FIXERON PLANS… MERCAMOS UNHA CASA? PODEMOS MERCALO A MEDIAS… COS CARTOS QUE GAÑAMOS NO TRABALLO…
  8. 8. E POR FIN UN DÍA DE PRIMAVERA DECIDIRON CASAR. MOIRA E MANZUR TIÑAN MOITOS SOÑOS: - FACER UNHA OBRA DE ENXEÑERÍA QUE FOSE RECORDADA POR SEMPRE - TER UNHA CASA CÓMODA ONDE PODER DESCANSAR E GOZAR NOS TEMPOS DE LECER - …
  9. 9. A VODA FOI INCRIBLE: BAILARON, CANTARON, … MARCHARON A UNHA VIAXE CURTIÑA PORQUE NON PODÍAN DEIXAR O TRABALLO MOITO TEMPO…
  10. 10. NO TRABALLO TODO ÍA XENIAL: PLANOS, MAQUETAS, DESEÑOS, GRANDES EDIFICIOS,…
  11. 11. DE VOLTA Á CASA MANZUR PARABA NUNHA CAFETERÍA PARA LER O XORNAL… MOIRA PENSABA NA COMIDA, NO DETERXENTE PARA A ROUPA, NO XEL PARA O BAÑO, NO… QUE BEN PODER DESCANSAR UN CHISCO DESPOIS DE TANTO TRABALLO! ESTOU MOI CANSA… MOITO… MAIS INDA QUEDA FACER A CEA, RECOLLER A ROUPA PARA PASARLLE O FERRO, LIMPAR O PO…
  12. 12. MANZUR CHEGABA Á CASA, PUÑÍASE CÓMODO E DEDICABA UN TEMPIÑO A CHATEAR COS COMPAÑEIROS DE TRABALLO E COAS AMIZADES… - MOIRA, MOIRA… SE VISES QUE DIVERTIDO É ESTE CHISTE QUE ME REMITE MANEL!
  13. 13. - PODE QUE SEXA DIVERTIDO MAIS NON PODO LELO… HAI QUE FACER A CEA, LAVAR, LIMPAR O BAÑO… - MÍRALO CANDO REMATES… CANDO REMATE ESTAREI TAN CANSA QUE SÓ PENSAREI EN DEITARME
  14. 14. DÍA TRAS DÍA MOIRA FACÍA DOBRE TRABALLO: DENTRO E FÓRA DA CASA. ESTABA CANSA, MOI CANSA. NUNCA TIÑA TEMPO PARA O LECER… COMEZOU A ENFADARSE MOITO, MOITÍSIMO… - NON É XUSTO! GRRRRRRRR!
  15. 15. UN DÍA MANZUR TEN UN SOÑO TERRIBLE… SEGURO QUE SOÑOU PORQUE SE DECATABA DO ENFADADA QUE ESTABA MOIRA… OU NON… O CASO É QUE SOÑOU AQUILO E DECIDIU CAMBIAR…
  16. 16. REPARTÍRONSE AS TAREFAS DE CASA, AS COMPRAS… REMATABAN ANTESE AMBOS PODÍAN GOZAR EU PASO A FREGONA E TI LIMPAS O LAVABO… DESPOIS EU POÑO A LAVADORA … E EU PASO O FERRO ÁS NOSAS CAMISAS…
  17. 17. CANDO MOIRA E MANZUR TIVERON FILLOS E FILLAS… E MESMO UN CAN… ENSINÁRONLLES A COLABORAR NO MANTEMENTO DA CASA. - É INXUSTO QUE UNHA PERSOA SOA CARGUE CON TODO O TRABALLO, TEN QUE HABER UN REPARTO IGUALITARIO…- DICÍA MANZUR - CLARO, ISO É… - ASENTÍA MOIRA.
  18. 18. COMPARTIR TAREFAS PERMITÍALLE A MANZUR, A MOIRA E AO RESTO DA FAMILIA GOZAR DAS SÚAS AFECCIÓNS FAVORITAS. TODAS E TODOS TIÑAN O MESMO TEMPO DE LECER…
  19. 19. MANZUR E MOIRA AGORA APARECEN NA TELEVISIÓN E TEÑEN UNHA PÁXINA WEB ONDE FALAN DA SÚA EXPERIENCIA PROFESIONAL E DOMÉSTICA.
  20. 20. O ORGANIGRAMA COMPARATIVO DE MOIRA E MANZUR ANTES DO SOÑO ANTES DO SOÑO DESPOIS DO SOÑO DESPOIS DO SOÑO VIVE AFECCIÓNS FUTURO ESTUDOU CASOU TRABALLO FÓRA TRABALLO NA CASA TRABALLO FÓRA TRABALLO NA CASA LECER LECER E…

×