A DecisióN De Xiana Ei

443 visualizações

Publicada em

0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
• Seja o primeiro a comentar

• Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
443
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
3
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
2
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

A DecisióN De Xiana Ei

1. 1. A IDEA DE XIANA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. CEIP VILAVERDE. XANEIRO 2010
2. 2.

D IN QUE NON HAI MOITO TEMPO VIVÍA NUNHA CIDADE GALEGA UNHA NENA CHAMADA XIANA.

XIANA NON SEMPRE VIVIRA NA CIDADE, DE PEQUENIÑA VIVIRA NUN POBO DE MONTAÑA ATRAVESADO POR UN REGATO, MAIS O TRABALLO DA SÚA NAI E O ASCENSO QUE LLE DERAN, OBRIGARA Á FAMILIA A TER QUE IR VIVIR Á CIDADE.

3. 4.

XIANA LEMBRA QUE CANDO CHEGOU POR PRIMEIRA VEZ Á CIDADE, PARECEULLE FERMOSA: CUN RÍO LONGO ATRAVESADO POR VARIAS PONTES, UNHA ALAMEDA CON CERÁMICAS E ESTATUAS, MOITAS PRAZAS DAS QUE PASADO O TEMPO COÑECERÍA HISTORIAS INTERESANTES, PAZOS E OUTROS MONUMENTOS,...

4. 6.

XIANA COMEZOU IR Á ESCOLA MÁIS PRÓXIMA Á SÚA CASA. ELA VIVÍA NO 4º ANDAR DO NÚMERO 5 DA RÚA MÁIS LONGA DA CIDADE.

5. 7.

TODAS AS MAÑÁS, Á HORA EN PUNTIÑO SAÍA DA CASA PARA COLLER O BUS ESCOLAR PARA IR AO COLEXIO.

NA SÚA PARADA AGARDABAN OUTRAS NENAS E OUTROS NENOS, ALÍ FOI ONDE COÑECEU A PEPE. PEPE ESTABA NOUTRA CLASE PERO FÍXOSE MOI AMIGO DE XIANA.

6. 8.

A PEPE GUSTÁBALLE MOITO XOGAR CON BOLAS, TIÑA BOLAS DE CRISTAL, DE PLÁSTICO, CON PAUS, CON GOMA,…

ERA UN NENO MOI DIVERTIDO, A XIANA FACÍALLE GRAZA QUE SEMPRE ESTIVESE FACENDO EXPERIMENTOS COAS BOLAS: COMO XIRABAN MÁIS, COMO SALTABAN MÁIS ALTO, COMO CHOCABAN UNHAS COAS OUTRAS, CALES FLOTABAN,….

7. 9.

XIANA ÍA MOI CONTENTA Á ESCOLA: FACÍA EXERCICIO, ESCRIBÍA E CONTABA, XOGABA NO RECREO,...

E CANDO SOABA O TIMBRE, SEN SABER MOI BEN POR QUE, SAÍA CORRENDO COMA TODAS AS NENAS E TODOS OS NENOS …

8. 10.

Mais, un día, todo mudou.

Xiana comezou a escoitar como rían detrás dela.

Rían cando subía as escaleiras, cando paseaba polo patio, cando xogaba a ser bailarina coas súas amiguiñas...

Ao principio non lle pareceu nada importante, así que se volvía mirar e sorría, pero cando isto sucedeu de cote Xiana comezou a sentirse incómoda... Ríanse cando saía ao taboleiro e se confundía, cando non daba feito á primeira as viravoltas,...

9. 11.

XIANA NON SABÍA COMO RESOLVER AQUEL PROBLEMA. PENSOU AO COMEZO QUE ERA CULPA DELA, QUE SE RÍAN PORQUE ERA UNHA PATOSA, MAIS NON HABÍA DEREITO QUE NINGUÉN SE BURLASE ASÍ DELA.

MOI PRONTO COMEZOU A POÑERSE TRISTE, A NON QUERER IR AO COLEXIO... A SÚA NAI E O SEU PAI PREGUNTÁBANLLE TODOS OS DÍAS:

ESTÁS BEN?

SI, ESTOU- DICÍA PARA NON PREOCUPAR Á FAMILIA

MAIS NON ESTABA, ESTABA MOI TRISTE.

10. 12.

ATA AS NUBES PARECÍAN ESTAR CO MESMO HUMOR QUE XIANA.

SUBIR AO AUTOBÚS DA ESCOLA ERA UN AUTÉNTICO SUPLICIO … SIGNIFICABA VOLVER PASALO MAL, ESCOITAR AQUELAS BURLAS,… CADA VEZ PÚÑASE MÁIS TRISTE.

11. 13.

TANTO QUE PEPE, TAMÉN LLO PREGUNTOU COMA QUEN NON QUERE A COUSA:

ESTÁS BEN?

POIS …

PEPE DEIXOU DE XOGAR COAS BOLAS

- ESTANCHE FACENDO ALGO?

12. 14.

COAS BÁGOAS A PIQUES DE SAÍR DOS OLLOS … CONTOULLO A PEPE.

PEPE, POR TODA RESPOSTA DÍXOLLE:

HAI MÁIS NENAS E NENOS NESA SITUACIÓN...

MÁIS? COMO O SABES?

SEINO PORQUE EU TAMÉN SON UN DELES. CHÁMANME COMECOCOS, XA SABES POR ANDAR COAS BOLAS... INSÚLTANME NO PATIO, NOS CORREDORES,... ATA HAI QUEN ME MANDA NOTIÑAS: “ES UN COMECOCOS”.

13. 15.

TEMOS QUE ATOPAR UN XEITO DE ARRANXALO.

XA ME GUSTARÍA, MAIS NON SEI COMO …

TEREMOS QUE PENSAR. ALGO SE NOS OCORRERÁ.

XIANA ESTABA DECIDIDA A POÑER PUNTO FINAL AO SEU PROBLEMA... O QUE NON SABÍA XIANA É QUE O PROBLEMA ERA MOITO MAIOR DO QUE SUPUÑA.

14. 16.

CANDO ENTRABA ATOPOU CON XURXO...

CHORABA CON DESCONSOLO. O SEU PAI

RIFOULLE E FÍXOO VIR SEN CALCETÍNS,... LEVABA VARIOS DÍAS QUE SÓ LEVABA UN E O SEU PAI FARTÁRASE DE AVISALO... XURXO TENTOU EXPLICARLLE QUE NON O ESQUECÍA NA CLASE DE EDUCACIÓN FÍSICA, QUE ERAN UNS NENOS MAIORES QUE LLOS FACÍAN DESAPARECER, ... MAIS NON LLE DEU TEMPO A EXPLICARSE.

15. 17.

TI CRESME … NON SI? EU NON PERDO OS CALCETÍNS...

XA SEI XURXO, NON TE PREOCUPES. ÍMOLO AMAÑAR

VANME RIFAR POR VIR SEN A ROUPA ADECUADA A CLASE...

EMPRÉSTOCHE EU OS MEUS, HOXE NON TEÑO EDUCACIÓN FÍSICA...

XURXO MARCHOU E XIANA QUEDOU INDA MÁIS PREOCUPADA DO QUE XA ESTABA... COMO PODÍA HABER NENAS E NENOS CON TANTA RUINDADE? COMO PODÍAN INSULTAR, BURLARSE, QUITAR COUSAS,...? COMO?

16. 18.

TAN ENSUMIDA ESTABA QUE NIN SE DECATABA DAS RISAS BURLONAS,… TAMPOUCO VIU UN VULTIÑO QUE SE LLE PUXO DIANTE CANDO XIRABA NO CORREDOR.

AI!

QUE FAS ASÍ VESTIDO?

SON MONCHO E VOU AGOCHADO E ARMADO

AGOCHADO E ARMADO?

SI, DEBAIXO DESTA POTA NON ME VAN RECOÑECER, PERO SE É ASÍ E SE ATREVEN A BAIXARME OS PANTALÓNS VOULLE DAR CO PAU.

17. 19.

PERO QUEN SE ATREVE A SEMELLANTE ALDRAXE?

UN BICHO RARO, UN QUE SE CRE MOI MACHOTE E MOI GRACIOSO... FAINO SEMPRE QUE ME COLLE DESPREVIDO.

DIXÉCHESLLO A ALGUÉN?

NON,... PENSO QUE SE LLO DIGO NON VAN FACERME CASO... O MESMO QUE NON LLO FAN A ANTÍA CANDO DI QUE A EMPURRAN CONSTANTEMENTE NO TOBOGÁN E NON A DEIXAN XOGAR TRANQUILA.

18. 20.

XIANA NON PODÍA CRER QUE HOUBESE TANTOS PROBLEMAS.

TIÑA QUE INVESTIGAR SOBRE O TEMA. APROVEITARÍA O RECREO PARA BUSCAR DATOS NA BIBLIOTECA. BUSCOU EN LIBROS, EN INTERNET,...

- ACOSO... ACOSO! ISO É O QUE ESTÁ A PASAR. AQUÍ O PON:

“ ACOSO ESCOLAR É UNHA CONDUTA ABUSIVA QUE ATENTA REPETIDAMENTE CONTRA A INTEGRIDADE PSÍQUICA OU FÍSICA DUNHA NENA OU UN NENO ”

19. 21.

XIANA SEGUIU LENDO …

“ É UNHA SITUACIÓN DE MALOS TRATOS QUE EMPREGA VARIAS FORMAS:

EXCLUSIÓN SOCIAL (IGNORAR, ILLAR, EVITAR A PARTICIPACIÓN, MARXINAR, SILENCIAR, FACER BALEIRO AO REDOR,…)

AGRESIÓN VERBAL ( INSULTAR, ALCUMAR, ESPALLAR RUMORES, RIDICULIZAR, BURLARSE, MANDAR MENSAXES …)

AGRESIÓN FÍSICA INDIRECTA (ROUBAR, AGOCHAR OBXECTOS, RACHAR OU ESTRAGAR MATERIAIS,…)

AGRESIÓN PSICOLÓXICA (AMEAZAR, METER MEDO,…)

AGRESIÓN FÍSICA DIRECTA (FACER CAMBADELAS, TIRAR DOS PELOS, PINTAR A CARA, EMPURRAR, PEGAR,SACAR A ROUPA, LEVANTAR A SAIA, …)

CHANTAXE (OBRIGAR A FACER COUSAS, COACCIONAR, EXTORSIONAR,…)”

20. 22.

EU XA BUSQUEI ANTES CA TI ESA INFORMACIÓN…

XIANA OLLABA CARA A UN LADO E CARA A OUTRO… QUEN LLE FALABA ASÍ?

DISIMULA … SON EU AQUÍ Á TÚA DEREITA.

NUNHA MESA INDIVIDUAL DAS DA BIBLIOTECA ESTABA UNHA NENA … LEVANTOU A MAN CANDO XIANA OLLOU CARA A ELA.

- SON CATUXA, PASO TODOS OS RECREOS AQUÍ … NON QUEREN XOGAR COMIGO, NON DEIXAN QUE ME ELIXAN PARA XOGAR A “POLIS E CACOS”, DÉIXANME SEMPRE SOA … UN DÍA BUSQUEI DATOS NA BIBLIOTECA … CANDO SE DECATARON FOI PEOR, AMEAZARON CON PEGARME SE DICÍA ALGO. ASÍ QUE PASO OS DÍAS AQUÍ AGACHADA...

21. 23.

XIANA CONTOULLE A PEPE TODO O QUE INVESTIGARA E TAMÉN O MAL QUE O PASABAN XURXO, CATUXA, MONCHO, ANTÍA…

PEPE FALOULLE TAMÉN DE FELI, QUE TIÑA

QUE DAR A SÚA PIRULETA TODAS AS

MAÑÁS A UN CANALLA QUE A

COACCIONABA. TAMÉN LLE CONTOU COMO XOÁN TIÑA QUE VIR CON GORRO PORQUE TODOS OS DÍAS SE METÍAN CON EL TIRÁNDOLLE DOS PELOS.

22. 24. A NENA ESTABA MOI ENFADADA. NON PODÍA SER QUE TODO ISO SUCEDESE E QUE NON PUIDESEN FACER REN. TIÑA QUE HABER UNHA SOLUCIÓN. XIANA TIROU PENSANDO TODO O RESTO DO DÍA E... POR FIN Á NOITIÑA....
23. 25.

A IMAXE DA SÚA IRMÁ DIANTE DO ORDENADOR DEULLE UNHA IDEA BRILLANTE.

POR PRIMEIRA VEZ EN MOITO TEMPO O BUS NON LLE DABA CHEGADO AO COLEXIO,...

PEPE OLLÁBAA INTRIGADO... QUE LLE PASARÍA A XIANA?

24. 26.

HOXE VOU QUEDAR NO COMEDOR CONTIGO, INFORMOU A PEPE TAN PRONTO CHEGARON AO PATIO.

TODA A MAÑÁ XIANA ESTIVO MOVÉNDOSE DUN LADO PARA OUTRO, BISBANDO POR AQUÍ, COMENTANDO POR ACOLÁ,... PEPE VIUNA NO RECREO FALANDO CUNS NENOS E UNHAS NENAS DE SEXTO E DESPOIS CUNHA PROFE DE EDUCACIÓN INFANTIL QUE A AXUDABA CUNHA CAIXA ENORME...

QUE FARÁ XIANA?- PREGUNTÁBASE INTRIGADO.

NISTO SOOULLE O MÓBIL... ERA UN SMS... DICÍA:

COMECOCOS!

NON TEN GRAZA ... COMO ME GUSTARÍA PODER FACER QUE DEIXASEN DE ALCUMARME ASÍ...

25. 27.

AO REMATE DAS CLASES, XIANA APROXIMOUSE A PEPE…

NON TE PREOCUPES… HOXE DESPOIS DE COMER NO COMEDOR IMOS ATOPAR O XEITO DE LIBRARNOS DO ACOSO.

COMO?

XA VERÁS…

COMERON CO RESTO.

DESPOIS DA COMIDA E MENTRES AS E OS PEQUES XOGABAN COS

QUEBRACABEZAS…

26. 28.

XIANA METEUSE NUN RECUNCHO DO CORREDOR, COLLEU A CAIXA ENORME … E PROPUXO A PEPE DISFRAZÁRENSE.

QUE IMOS FACER ASÍ?

IMOS ENTRAR NA AULA DE INFORMÁTICA SEN QUE NOS RECOÑEZAN.

PARA QUE?

IMOS DESEÑAR UNHA BITÁCORA

EU NON SEI …

CONSEGUÍN QUE UNHAS NENAS E UNS NENOS DE SEXTO ME EXPLICASEN NO RECREO

E PARA QUE É ISO DUNHA BITÁCORA

É PARA ESCRIBIR... VAS VER COMO FUNCIONA...

27. 29.

XIANA E PEPE METÉRONSE ONDA OS ORDENADORES …

IMOS TITULARLLE “ACOSO.COM”

POIS A MIN GUSTARÍAME MÁIS “NON ACOSES.COM”

VALE, ACEPTADA A PROPOSTA.

ALÁ SE PUXERON CO DESEÑO DA BITÁCORA. PEPE XA ENTENDÍA COMO ÍA SER AQUILO … QUE IDEA TAN BRILLANTE!

28. 30.

ACABARON XUSTO A TEMPO DE QUITAR O DISFRACE E COLLER O AUTOBÚS PARA REGESAR Á CASA.

AQUELA TARDIÑA NO PARQUE XOGARON CON MÁIS LEDICIA QUE NUNCA… OS SEUS PROBLEMAS ÍAN TER SOLUCIÓN.

29. 31.

POLA MAÑÁ AO CHEGAR AO COLEXIO VIRON COMO FILIPE FACÍA NOTAS E DEBUXOS E ÍA DÁNDOLLOS ÁS NENAS E AOS NENOS QUE ENTRABAN NO COLE.

ANTÍA CANDO LEU ANOTA CHISCOULLE O OLLO A PEPE...

ERA O ENDEREZO DA SÚA BITÁCORA!

FILIPE ATOPARA A PÁXINA E RECOMENDÁBAA A TODO O MUNDO...

É UNHA BITÁCORA XENIAL- DICÍA-

AÍ PODES FALAR DOS TEUS PROBLEMAS

30. 32.

NA BITÁCORA APARECERON MOITOS EXEMPLOS DE ACOSO. AS NENAS E NENOS QUE NON SE ATREVERAN A FALAR NOUTROS SITIOS SI QUE ENGADÍAN NA BITÁCORA OS SEUS COMENTARIOS. UN DOS PRIMEIROS EN APARECER FOI O DE CLODIO:

A MIN NON ME GUSTA NADA QUE CADA

VEZ QUE VOU BEBER Á FONTE

FAUSTO ME DEA NA CABEZA

E NON DEIXE DE FACELO INDA

QUE EU LLO PIDA.

APARECEU TAMÉN O COMENTARIO DE SALETA

A MIN MARTIRÍZANME CANDO ME CHAMAN

POR TELÉFONO PARA DICIRME BABECADAS

SOBRE A MIÑA ROUPA E COMO VISTO.

31. 33.

XISELA DEIXOU UN COMENTARIO SOBRE O SEU AMIGO BIEITO, QUE É ACOSADO NO BAÑO …

… BOTAN AS SÚAS FICHAS NO INODORO COMO SE FOSE PAPEL HIXIÉNICO E

DESPOIS ESCÚSANSE DICINDO QUE É UNHA BROMA.

FILIPE SEGUIU FACENDO NOTAS E DEBUXOS PARA REPARTILOS POR OUTROS COLEXIOS. E MESMO SE IMPRIMIRON PANFLETOS.

32. 34.

MOI PRONTO A BITÁCORA ERA COÑECIDA POR TODAS AS PERSOAS DO COLEXIO … TAMÉN POLAS INDESEXABLES (CANALLAS, ABUSONAS E ABUSÓNS, … BICHOS VARIOS!), SENTÍRONSE HORRIBLE AO VER QUE TODO O MUNDO PODÍA LER A SÚAS FALCATRUADAS E DELITOS.

O PROFESORADO, CANDO COÑECEU O QUE PASABA PUIDO ACTUAR E POÑER OS CASTIGOS CORRESPONDENTES E MESMO DENUNCIAR ÁS AUTORIDADES OS CASOS GRAVES.

XIANA SENTIUSE MOI BEN E A PARTIR DE ESE DÍA GOZOU COMA NUNCA NA ESCOLA, NA CASA, ... NA CIDADE.

33. 35.

AS NENAS E OS NENOS APRENDERON MOITAS COUSAS IMPORTANTES:

QUE O ACOSO ESCOLAR É UN DELITO.

QUE HAI VARIOS TIPOS DE ACOSO.

QUE O ACOSO SÓ SE SOLUCIONA SE O CONTAS, SE O DENUNCIAS, TANTO SE CHE PASA A TI COMO SE LLE PASA A OUTRA PERSOA. SE VES QUE PASA E NON O DENUNCIAS CONVÉRTESTE TAMÉN NUNHA ACOSADORA OU NUN ACOSADOR.

DENUNCIAR UN ACOSO NON SIGNIFICA SER CHIVATA OU CHIVATO, SIGNIFICA SER BOA COMPAÑEIRA E BO COMPAÑEIRO, SIGNIFICA AXUDAR, SIGNIFICA RESPECTAR.

34. 36.

CANDO O PROBLEMA ESTIVO SOLUCIONADO,

PARA FESTEXALO, NOS COLEXIOS INVENTARON

CANCIÓNS, FIXERON MURAIS E CATIVAS E CATIVOS

BAILARON NUNHA DAS PRAZAS MÁIS FERMOSAS

DA CIDADE.