SlideShare a Scribd company logo
1 of 30
 
(Ourense, 1884-1963) No seo dunha familia acomodada, a súa vida transcorreu en Ourense e Trasalba, co seu amigo e veciño Ramòn Otero Pedrayo.  Estudou Dereito por libre na Universidade de Santiago, licenciouse en 1906 e ingresou no corpo de funcionarios de Facenda, con destino en Ourense. Nestes anos comezou a súa vida intelectual coa lectura das vangardas literarias e filosòficas ao tempo que ía prendendo nel o interese polo esoterismo e polas  filosofìas orientais.
Despois dunha estancia en Madrid de tres anos, regresou a Ourense en 1916 como profesor de historia na Escola de Maxisterio.  A súa preocupación intelectual manifestouse nun profundo coñecemento da actualidade das vangardas literarias e no interese polo esoterismo e as filosofìas orientais, e levouno a fundar en 1917 a revista  La Centuria , da que saíron sete números. A finais dese mesmo ano incorporouse ao movemento galeguista, entrando nas  Irmandades da Fala  e colaborando no xornal  A Nosa Terra .
Risco desenvolveu un labor fundamental a prol da recuperación e dignificación da cultura galega, preocupación que o levou a atender a múltiples frontes, desde aconsellar e guiar a nova xeración até se transformar no  ideólogo do nacionalismo co ensaio  Teoría do nacionalismo galego .  Foi fundador da revista  Nós  e colaborou no Seminario de Estudos Galegos.  No campo político consolidou desde moi cedo o seu peso nas Irmandades, e conseguiu a súa desmembración creando a Irmandade Nazonalista Galega, de opción culturalista fronte ás aspiracións políticas da vella Irmandade da Fala.   Non eramos patriotas. 0 patriotismo d’aquela era o patriotismo hespañol [...] Nós eramos exotístas, partidarios do lonjano, do recuado, do descoñecido.[...]E andivemos pelengrinando pol-as cosmogonías e pol-as culturas en demanda do insólito [...] Non sintiamo-lo hespañol, e se respeito da Europa eramos oríentalistas, respeito da Hespaña eramos europeístas.
Risco observou un rexurdir do espírito  atlántico e celta , que estaba á marxe da decadente cultura grecolatina, e que encarnaba o verdadeiro sentir do pobo galego. Dese xeito, reflectiu nos seus escritos as afirmacións de que “Galicia é xa unha nación” e “ser diferente é ser eisistente”, en clara alusión á identidade galega, posuidora dunha lingua, dunha tradición, dunha historia e duns costumes propios, que a singularizaban con respecto ó resto dos pobos de España.   Galíza non será nada se se uniformíza con España. Ser diferentes é ser existentes. Pódese ceder en todo, agás no noso patrimonio espiritual.
 
En 1930 Risco realizou unha viaxe como bolseiro co fin de se achegar á etnografía centroeuropea. Os catro meses que pasa en Alemaña márcano ideoloxicamente cara un pensamento máis conservador e católico.  De regreso publicou "Da Alemaña" na revista  Nós , un conxunto de artigos que serán compilados posteriormente en  Mittleleuropa  (1934), onde se pode apreciar a súa postura ideolóxica, cada vez máis tradicionalista.  Durante a súa estadía en Berlín asiste tamén a unha conferencia ofrecida por Rabindranath Tagore e fica desencantado pola súa presenza tornándose o seu anterior fervor polo poeta bengalí en evidente desprezo. Durante a conferencia Risco fai un debuxo rápido do escritor que será logo incluído no libro.
A súa aportación máis destacada dentro do Partido Galeguista foi a creación e posterior escisión da  Dereita Galeguista . Durante a guerra foi un afervoado cantor dos fascistas sublevados. En 1945 marchou a Madrid, mais voltou definitivamente para Ourense en 1948. Son anos en que Risco está centrado na súa carreira como escritor español. De todos os xeitos, a instancias dos seus vellos camaradas, baixo o título de  Leria , publicou en 1961 unha escolma de traballos filosóficos, críticos e literarios, redixidos na nosa lingua entre 1920 e 1955.
     Tras a súa morte, acaecida en 1963, a multifacetada e controvertida personalidade de Vicente Risco continuou a exercer unha forte fascinación, e a súa obra investigadora, ensaística, crítica, etnográfica e literaria foi obxecto de numerosos estudos.
BASES FILOSOFICA DO PENSAMENTO DE RISCO: Irracionalismo gnoseolòxico Visiòn cìclica da historia O sentimento da Terra
Irracionalismo gnoseolóxico.  Segundo esta teoría, o emprego exclusivo da razón non pode dar conta da  realidade  (cando menos no seu aspecto global), pois esta é tamén  coñecible por outros medios (intuición, mito, arte, relixión ... ).  A ditadura da razón leva a un esmorecemento do espírito e conduce á decadencia. De aí a súa  crítica da experimentación, da ciencia e da técnica  (realizacións supremas da razón). Fronte ao racionalismo, Risco  exalta o sentimento , non como función afectiva senón  como facultade cognoscitiva  e potencia mística, que, por riba da razón, nos revela o cerne das cousas. Isto explica a súa fascinación polo mito, polo esoterismo e polas filosofías orientais, e, coa súa chegada ao galeguismo, a valoración da tradición, que permite reconstruír o corpo da cultura galega, produto do espiritualismo céltico e atlántico, que Risco contrapón ao intelectualismo da civilización mediterránea .
Visión cíclica da Historia.  A teoría da historia formulada por Risco, de novo esbozada en Nós, os inadaptados, ten un carácter cíclico e espiritualista. Existen tres tipos de homes, dinos Risco:  hylícos  (materialistas),  psíquicos  (racionalistas) e  pneumáticos  (espiritualistas).
O sentimento da Terra. O sentimento relixioso da Terra é unha constante antropolóxica e cultural do home galego. Trátase da emoción dun pobo de labradores, profundamente apegado á Terra, que orixina o sentimento da Natureza e da paisaxe. Este sentimento arraigou inicialmente nos devanceiros celtas ao chegaren a Galicia e desde entón ficou gravado no inconsciente colectivo da raza e nas súas manifestacións culturais. Deste xeito, a cultura galega é o resultado dunha perfecta simbiose coa Terra e ten como substrato común a saudade -adoración da terra e procura do alén-, que conforma a nosa cosmovisión e psicoloxía. Neste senso valora a fala como o elemento máis espiritual da cultura, pois modela o pensamento e a maneira de ser das xentes ata o punto de que o cambio de lingua determina a dexeneración espiritual dos pobos.
 
Narrativa curta Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros ( 1919 ) A trabe d’ouro e a trabe d’alquitrán ( 1925 ) O lobo da xente  (1935) A coutada  (1926) Os europeos en Abrantes  (1927)
Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros  (1919) é a súa primeira obra narrativa.  O doutor Alveiros, o protagonista, vive unha estraña aventura na que entra en contacto co mundo dos mortos e, despois de facer uso dos seus coñecementos esotéricos, logra liberar a momia de Tutankhamen das súas vendas e presencia a participación do defunto faraón na Danza Macabra.  Trátase dunha narración humorística con notas críticas referidas ás materias ocultistas tratadas no texto.   Viña n-os anuncios de preferencia. Pouco explícito, mais atraguía o ollar vagariñante.      O Dr. Alveiros leuno, e quedous'a pensar. O fin escribiu pregando que lle deran explicaciós. El non sabía, afellas, segredo ningún; sabía o que saben moitos qu'andan âs voltas co-isas cousas do demo. Estudiar, estudiaba, pro lle non viña o diaño a soplar âs orellas. Escribiu porqu'era curioso.       Era home de moita cachaza e d'un forte escepticismo. Com'él hai moitos outros que andan a estudiar as bruxerías; en este com'en outro calquera ramo da cencia, os que tolean son poucos. Mais o Alveiros, dend'o día qu'escribíu, agardou a resposta c'unha impacencia que medraba ô pasar cada día.       O fin, chegou. E puña:       Sr. D. Bieito Alveiros       Moi distinto señor:       Teño moito gusto en lle mandar as aclaraciós que desexa. Teño coñocemento das suas pubricaciós, e creo que vostede e o que tal pra me servire no conto. Agora, qu'o que eu quero que vostede faga se s'anima a elo é difícile. Tamén o premeo é merecente de qu'un faga un esforzo. Trátase de atopar un rescrito que podía volvel-o movemento a unha momia enfaixada y-embalsamada pol-os exipcios. Se vostede m'o pode dar, os trinta mil pesos son seus.    Pregandoll'o maor segredo, fica de V. afmo. S. S. q. ll. b. a. m. R. Dehmel.  
A trabe de ouro e a trabe de alquítrán  (1925) é tamén un relato de base folclórica, pero agora nitidamente literaturizado: Bastián penetra no mundo soterraño, onde residen os mouros (representantes do poder da ciencia e da técnica) e mais os Avós da Raza (druídas celtas que aparecen como conservadores da tradición milenaria). A narración ten unha evidente dimensión doutrinaria e didáctica: o camiño de recuperación da identidade galega conduce as orixes celtas da nosa cultura, amecidas co cristianismo, rexeitando a allea, enganosa e destructora civilización mediterránea.
O lobo da xente  (1925) .  Supón a transcrición literaria e culta da lenda popular do lobishome. O narrador recrea dunxeito sobrio os elementos anecdóticos transmitidos pola tradición oral e realiza algunha disertación, poñendo de relevo a misteriosa relación do home coas fonduras secretas da natureza. libro
A Coutada  (1926)  desenvolve un diálogo filosófico máis que unha verdadeira narración. O protagonista, inadaptado na sociedade urbana, trata de convencer á muller para regresar á “Coutada “, casa herdada que simboliza a fidelidade ao "imperativo da raza" (o sentimento da terra) e a conseguinte felicidade.
Os europeos en Abrantes  (1927)  é unha novela inacabada da que Risco publicou uns capítulos en  Nós . Constitúen unha sátira de persoas e lugares da vida ourensá. Socialmente, a poboación divídese en tres clases; a alta é a médico; a media,o xefe de estación e o cabo da garda civil e a baixa, tódolos demais. Esta división tripartita fúndase na consideración social, mais pódese facer outra entre o elelmento militar e o civil, outra entre a clase industrial e a clase agraria, etc..., porque en Abrantes é un mundo en pequeno. En Abrantes non hai costumes.... Os homes xúntanse na tenda onde venden viño e gasosas. O viño, cando hai colleita no país, é agre; cando non o hai, é composto. As gasosas teñen a temperatura do tempo; quentes no verán e frías no inverno. As mulleres xúntanse nas portas. Os nenos e os cans xúntanse en tódolas partes. Coma as gasosas, así é o clima de Abrantes: no inverno é un glaciar, no verán é un inferno. O verán de Abrantes é bíblico; é unha praga, é as dez pragas de Exipto................
Narrativa longa Pero o cume da súa narrativa é  O porco de pé  (1928). A xeito de parodia, é unha sátira das estructuras sociais ourensás personificada na figura de don Celidonio, comerciante de orixe castelá que chega a alcalde e representa a vulgaridade e materialismo da nova burguesía. Fronte a el, o doutor Alveiros é un intelectual espiritualista. O experimentalismo narrativo, vencellado coa estética expresionista, e o afán de presentación das ideas dilúen a narración, que ocupa un segundo plano.
Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita.  [...] Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo. O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro. Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a testa, tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesadahabía atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento).
 
Risco é un ideólogo cunha marcada propensión ao didactismo, polo que é no ensaio onde encontra a súa forma máis natural de expresión. Podemos distinguir tres etapas na súa traxectoria intelectual Pregaleguista (ata 1920) Nacionalista (1920 – 1934) Postnacionalista (1934 – 1963)
A primeira etapa ( pregaleguista , anterior a 1920) aparece explicada por el mesmo en  Nós, os ínadaptados  (1933). Neste ensaio, Risco estuda a evolución ideolóxica do seu grupo xeracional. Céntrase na descrición do decadentismo de fin de século, nos cosmopolitismo, no interese polas filosofías orientais... Estas páxinas son de especial importancia pois poñen de relevo os gustos literarios e artísticos do grupo ourensán e, sobre todo, os presupostos ideolóxicos de Risco, que se asentan no irracionalismo gnoselóxico. 1
A segunda etapa ( nacionalista , 1920-1934) iníciase coa conversión de Risco ao galeguismo, O seu ingreso nas Irmandades e a fundación da revista  Nós . Sen mudar os presupostos ideolóxicos. O ourensán troca teosofía, budismo e orientalismo por cristianismo, celtismo e atlantismo. Risco converterase no principal ideólogo do movemento galeguista coa publicación da  Teoría do nacionalismo galego  (1920), obra na que pretende exaltar o ser de Galicia a través da lingua, da terra e da raza, nunha concepción orgánico-historicista da nación. 2
A terceira etapa ( postnacionalista , 1934-1963) comeza coas crónicas da súa viaxe a Centroeuropa, publicadas en  Nós  e que logo recollería en parte no libro  Mitteleuropa  (1934); nel xa se percibe o desencanto polas direccións que tomaba o movemento galeguista ao aliarse coa esquerda para salvar a autonomía. De aí en diante, a súa concepción cíclica e espiritualista da historia vai deixando paso a un mero providencialismo, onde ningún papel teñen nacións e culturas, pois a Historia fica reducida á loita entre Deus e o Demo. 3
 
 
 

More Related Content

What's hot

Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nósxenevra
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976Lourenço Alvarez Ruiz
 
castelao
castelaocastelao
castelaoxenevra
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegasnoagaliza
 
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da FalaEsquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da FalaMarlou
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduratrafegandoronseis
 
A situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraA situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraMarlou
 
O galego entre_1900_e_1936
O galego entre_1900_e_1936O galego entre_1900_e_1936
O galego entre_1900_e_1936olgaamigodevesa
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXxenevra
 

What's hot (20)

Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
A xeración Nós
A xeración NósA xeración Nós
A xeración Nós
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
A Literatura No Tempo Das Irmandades Da Fala
A Literatura No Tempo Das Irmandades Da FalaA Literatura No Tempo Das Irmandades Da Fala
A Literatura No Tempo Das Irmandades Da Fala
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da FalaEsquemas. a poesía das Irmandades da Fala
Esquemas. a poesía das Irmandades da Fala
 
Irmandades da fala
Irmandades da falaIrmandades da fala
Irmandades da fala
 
As vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galegaAs vangardas na lit. galega
As vangardas na lit. galega
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
As Vangardas
As VangardasAs Vangardas
As Vangardas
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
 
A situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditaduraA situación da lingua baixo a ditadura
A situación da lingua baixo a ditadura
 
O galego entre_1900_e_1936
O galego entre_1900_e_1936O galego entre_1900_e_1936
O galego entre_1900_e_1936
 
Vangardas
VangardasVangardas
Vangardas
 
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XXO galego no primeiro terzo do século XX
O galego no primeiro terzo do século XX
 

Similar to risco

Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósMaraFont
 
Risco 4º
Risco 4ºRisco 4º
Risco 4ºxenevra
 
Risco 4º
Risco 4ºRisco 4º
Risco 4ºxenevra
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010xenevra
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010xenevra
 
tema3_lite
tema3_litetema3_lite
tema3_litexenevra
 
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Marlou
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
A Narrativa de Posguerra
A Narrativa de PosguerraA Narrativa de Posguerra
A Narrativa de Posguerranoagaliza
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira VilasLourenço Alvarez Ruiz
 

Similar to risco (20)

pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
Vicente risco
Vicente riscoVicente risco
Vicente risco
 
Risco 4º
Risco 4ºRisco 4º
Risco 4º
 
Risco 4º
Risco 4ºRisco 4º
Risco 4º
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
tema3_lite
tema3_litetema3_lite
tema3_lite
 
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936Esquemas. Prosa 1916 - 1936
Esquemas. Prosa 1916 - 1936
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
A Narrativa de Posguerra
A Narrativa de PosguerraA Narrativa de Posguerra
A Narrativa de Posguerra
 
As irmandades e cabanillas
As irmandades e cabanillasAs irmandades e cabanillas
As irmandades e cabanillas
 
A prosa das Irmandades
A prosa das IrmandadesA prosa das Irmandades
A prosa das Irmandades
 
Vivente risco
Vivente riscoVivente risco
Vivente risco
 
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor  e Neira Vilas
6. A prosa galega entre 1936 e 1976. Fole, Cunqueiro, Blanco Amor e Neira Vilas
 

More from xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfxenevra
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXxenevra
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe xenevra
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangardaxenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilxenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XXxenevra
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacxenevra
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estadoxenevra
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguasxenevra
 

More from xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Historia medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbacHistoria medieval 1ºbac
Historia medieval 1ºbac
 
Linguas do estado
Linguas do estadoLinguas do estado
Linguas do estado
 
Diversidade linguas
Diversidade linguasDiversidade linguas
Diversidade linguas
 

risco

  • 1.  
  • 2. (Ourense, 1884-1963) No seo dunha familia acomodada, a súa vida transcorreu en Ourense e Trasalba, co seu amigo e veciño Ramòn Otero Pedrayo. Estudou Dereito por libre na Universidade de Santiago, licenciouse en 1906 e ingresou no corpo de funcionarios de Facenda, con destino en Ourense. Nestes anos comezou a súa vida intelectual coa lectura das vangardas literarias e filosòficas ao tempo que ía prendendo nel o interese polo esoterismo e polas filosofìas orientais.
  • 3. Despois dunha estancia en Madrid de tres anos, regresou a Ourense en 1916 como profesor de historia na Escola de Maxisterio. A súa preocupación intelectual manifestouse nun profundo coñecemento da actualidade das vangardas literarias e no interese polo esoterismo e as filosofìas orientais, e levouno a fundar en 1917 a revista La Centuria , da que saíron sete números. A finais dese mesmo ano incorporouse ao movemento galeguista, entrando nas Irmandades da Fala e colaborando no xornal A Nosa Terra .
  • 4. Risco desenvolveu un labor fundamental a prol da recuperación e dignificación da cultura galega, preocupación que o levou a atender a múltiples frontes, desde aconsellar e guiar a nova xeración até se transformar no ideólogo do nacionalismo co ensaio Teoría do nacionalismo galego . Foi fundador da revista Nós e colaborou no Seminario de Estudos Galegos. No campo político consolidou desde moi cedo o seu peso nas Irmandades, e conseguiu a súa desmembración creando a Irmandade Nazonalista Galega, de opción culturalista fronte ás aspiracións políticas da vella Irmandade da Fala. Non eramos patriotas. 0 patriotismo d’aquela era o patriotismo hespañol [...] Nós eramos exotístas, partidarios do lonjano, do recuado, do descoñecido.[...]E andivemos pelengrinando pol-as cosmogonías e pol-as culturas en demanda do insólito [...] Non sintiamo-lo hespañol, e se respeito da Europa eramos oríentalistas, respeito da Hespaña eramos europeístas.
  • 5. Risco observou un rexurdir do espírito atlántico e celta , que estaba á marxe da decadente cultura grecolatina, e que encarnaba o verdadeiro sentir do pobo galego. Dese xeito, reflectiu nos seus escritos as afirmacións de que “Galicia é xa unha nación” e “ser diferente é ser eisistente”, en clara alusión á identidade galega, posuidora dunha lingua, dunha tradición, dunha historia e duns costumes propios, que a singularizaban con respecto ó resto dos pobos de España. Galíza non será nada se se uniformíza con España. Ser diferentes é ser existentes. Pódese ceder en todo, agás no noso patrimonio espiritual.
  • 6.  
  • 7. En 1930 Risco realizou unha viaxe como bolseiro co fin de se achegar á etnografía centroeuropea. Os catro meses que pasa en Alemaña márcano ideoloxicamente cara un pensamento máis conservador e católico. De regreso publicou "Da Alemaña" na revista Nós , un conxunto de artigos que serán compilados posteriormente en Mittleleuropa (1934), onde se pode apreciar a súa postura ideolóxica, cada vez máis tradicionalista. Durante a súa estadía en Berlín asiste tamén a unha conferencia ofrecida por Rabindranath Tagore e fica desencantado pola súa presenza tornándose o seu anterior fervor polo poeta bengalí en evidente desprezo. Durante a conferencia Risco fai un debuxo rápido do escritor que será logo incluído no libro.
  • 8. A súa aportación máis destacada dentro do Partido Galeguista foi a creación e posterior escisión da Dereita Galeguista . Durante a guerra foi un afervoado cantor dos fascistas sublevados. En 1945 marchou a Madrid, mais voltou definitivamente para Ourense en 1948. Son anos en que Risco está centrado na súa carreira como escritor español. De todos os xeitos, a instancias dos seus vellos camaradas, baixo o título de Leria , publicou en 1961 unha escolma de traballos filosóficos, críticos e literarios, redixidos na nosa lingua entre 1920 e 1955.
  • 9.      Tras a súa morte, acaecida en 1963, a multifacetada e controvertida personalidade de Vicente Risco continuou a exercer unha forte fascinación, e a súa obra investigadora, ensaística, crítica, etnográfica e literaria foi obxecto de numerosos estudos.
  • 10. BASES FILOSOFICA DO PENSAMENTO DE RISCO: Irracionalismo gnoseolòxico Visiòn cìclica da historia O sentimento da Terra
  • 11. Irracionalismo gnoseolóxico. Segundo esta teoría, o emprego exclusivo da razón non pode dar conta da realidade (cando menos no seu aspecto global), pois esta é tamén coñecible por outros medios (intuición, mito, arte, relixión ... ). A ditadura da razón leva a un esmorecemento do espírito e conduce á decadencia. De aí a súa crítica da experimentación, da ciencia e da técnica (realizacións supremas da razón). Fronte ao racionalismo, Risco exalta o sentimento , non como función afectiva senón como facultade cognoscitiva e potencia mística, que, por riba da razón, nos revela o cerne das cousas. Isto explica a súa fascinación polo mito, polo esoterismo e polas filosofías orientais, e, coa súa chegada ao galeguismo, a valoración da tradición, que permite reconstruír o corpo da cultura galega, produto do espiritualismo céltico e atlántico, que Risco contrapón ao intelectualismo da civilización mediterránea .
  • 12. Visión cíclica da Historia. A teoría da historia formulada por Risco, de novo esbozada en Nós, os inadaptados, ten un carácter cíclico e espiritualista. Existen tres tipos de homes, dinos Risco: hylícos (materialistas), psíquicos (racionalistas) e pneumáticos (espiritualistas).
  • 13. O sentimento da Terra. O sentimento relixioso da Terra é unha constante antropolóxica e cultural do home galego. Trátase da emoción dun pobo de labradores, profundamente apegado á Terra, que orixina o sentimento da Natureza e da paisaxe. Este sentimento arraigou inicialmente nos devanceiros celtas ao chegaren a Galicia e desde entón ficou gravado no inconsciente colectivo da raza e nas súas manifestacións culturais. Deste xeito, a cultura galega é o resultado dunha perfecta simbiose coa Terra e ten como substrato común a saudade -adoración da terra e procura do alén-, que conforma a nosa cosmovisión e psicoloxía. Neste senso valora a fala como o elemento máis espiritual da cultura, pois modela o pensamento e a maneira de ser das xentes ata o punto de que o cambio de lingua determina a dexeneración espiritual dos pobos.
  • 14.  
  • 15. Narrativa curta Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros ( 1919 ) A trabe d’ouro e a trabe d’alquitrán ( 1925 ) O lobo da xente (1935) A coutada (1926) Os europeos en Abrantes (1927)
  • 16. Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919) é a súa primeira obra narrativa. O doutor Alveiros, o protagonista, vive unha estraña aventura na que entra en contacto co mundo dos mortos e, despois de facer uso dos seus coñecementos esotéricos, logra liberar a momia de Tutankhamen das súas vendas e presencia a participación do defunto faraón na Danza Macabra. Trátase dunha narración humorística con notas críticas referidas ás materias ocultistas tratadas no texto.   Viña n-os anuncios de preferencia. Pouco explícito, mais atraguía o ollar vagariñante.      O Dr. Alveiros leuno, e quedous'a pensar. O fin escribiu pregando que lle deran explicaciós. El non sabía, afellas, segredo ningún; sabía o que saben moitos qu'andan âs voltas co-isas cousas do demo. Estudiar, estudiaba, pro lle non viña o diaño a soplar âs orellas. Escribiu porqu'era curioso.       Era home de moita cachaza e d'un forte escepticismo. Com'él hai moitos outros que andan a estudiar as bruxerías; en este com'en outro calquera ramo da cencia, os que tolean son poucos. Mais o Alveiros, dend'o día qu'escribíu, agardou a resposta c'unha impacencia que medraba ô pasar cada día.       O fin, chegou. E puña:       Sr. D. Bieito Alveiros       Moi distinto señor:       Teño moito gusto en lle mandar as aclaraciós que desexa. Teño coñocemento das suas pubricaciós, e creo que vostede e o que tal pra me servire no conto. Agora, qu'o que eu quero que vostede faga se s'anima a elo é difícile. Tamén o premeo é merecente de qu'un faga un esforzo. Trátase de atopar un rescrito que podía volvel-o movemento a unha momia enfaixada y-embalsamada pol-os exipcios. Se vostede m'o pode dar, os trinta mil pesos son seus.    Pregandoll'o maor segredo, fica de V. afmo. S. S. q. ll. b. a. m. R. Dehmel.  
  • 17. A trabe de ouro e a trabe de alquítrán (1925) é tamén un relato de base folclórica, pero agora nitidamente literaturizado: Bastián penetra no mundo soterraño, onde residen os mouros (representantes do poder da ciencia e da técnica) e mais os Avós da Raza (druídas celtas que aparecen como conservadores da tradición milenaria). A narración ten unha evidente dimensión doutrinaria e didáctica: o camiño de recuperación da identidade galega conduce as orixes celtas da nosa cultura, amecidas co cristianismo, rexeitando a allea, enganosa e destructora civilización mediterránea.
  • 18. O lobo da xente (1925) . Supón a transcrición literaria e culta da lenda popular do lobishome. O narrador recrea dunxeito sobrio os elementos anecdóticos transmitidos pola tradición oral e realiza algunha disertación, poñendo de relevo a misteriosa relación do home coas fonduras secretas da natureza. libro
  • 19. A Coutada (1926) desenvolve un diálogo filosófico máis que unha verdadeira narración. O protagonista, inadaptado na sociedade urbana, trata de convencer á muller para regresar á “Coutada “, casa herdada que simboliza a fidelidade ao "imperativo da raza" (o sentimento da terra) e a conseguinte felicidade.
  • 20. Os europeos en Abrantes (1927) é unha novela inacabada da que Risco publicou uns capítulos en Nós . Constitúen unha sátira de persoas e lugares da vida ourensá. Socialmente, a poboación divídese en tres clases; a alta é a médico; a media,o xefe de estación e o cabo da garda civil e a baixa, tódolos demais. Esta división tripartita fúndase na consideración social, mais pódese facer outra entre o elelmento militar e o civil, outra entre a clase industrial e a clase agraria, etc..., porque en Abrantes é un mundo en pequeno. En Abrantes non hai costumes.... Os homes xúntanse na tenda onde venden viño e gasosas. O viño, cando hai colleita no país, é agre; cando non o hai, é composto. As gasosas teñen a temperatura do tempo; quentes no verán e frías no inverno. As mulleres xúntanse nas portas. Os nenos e os cans xúntanse en tódolas partes. Coma as gasosas, así é o clima de Abrantes: no inverno é un glaciar, no verán é un inferno. O verán de Abrantes é bíblico; é unha praga, é as dez pragas de Exipto................
  • 21. Narrativa longa Pero o cume da súa narrativa é O porco de pé (1928). A xeito de parodia, é unha sátira das estructuras sociais ourensás personificada na figura de don Celidonio, comerciante de orixe castelá que chega a alcalde e representa a vulgaridade e materialismo da nova burguesía. Fronte a el, o doutor Alveiros é un intelectual espiritualista. O experimentalismo narrativo, vencellado coa estética expresionista, e o afán de presentación das ideas dilúen a narración, que ocupa un segundo plano.
  • 22. Na postguerra, D. Celidonio ascendeu de porco a marrán e chegou a ser alcalde. A parenta inflou coma o fol da gaita. [...] Don Celidonio é gordo e artrítico. O carrolo sáelle para fóra; na calva ten unha que outra serda; ten as fazulas hipertrofiadas, da cor do magro do xamón, e tan lustrosas, que semellan que botan unto derretido; ás nádegas e o bandullo vánselle un pouco para abaixo. O lardo rezúmalle por todo o corpo, e no vran súdao en regueiros aceitosos e en pingotas bastas, coma as que deitan os chourizos cando están no fumeiro. Así como é graxento o corpo, tamén o miolo de D. Celidonio. Se lle escachasen a testa, tiña que ser con pau-ferro e picaraña, en lugar dunha sesadahabía atopar un unto. Corpo e alma, tanto ten, todo é graxa e manteiga. Don Celidonio é igual por dentro ca por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento).
  • 23.  
  • 24. Risco é un ideólogo cunha marcada propensión ao didactismo, polo que é no ensaio onde encontra a súa forma máis natural de expresión. Podemos distinguir tres etapas na súa traxectoria intelectual Pregaleguista (ata 1920) Nacionalista (1920 – 1934) Postnacionalista (1934 – 1963)
  • 25. A primeira etapa ( pregaleguista , anterior a 1920) aparece explicada por el mesmo en Nós, os ínadaptados (1933). Neste ensaio, Risco estuda a evolución ideolóxica do seu grupo xeracional. Céntrase na descrición do decadentismo de fin de século, nos cosmopolitismo, no interese polas filosofías orientais... Estas páxinas son de especial importancia pois poñen de relevo os gustos literarios e artísticos do grupo ourensán e, sobre todo, os presupostos ideolóxicos de Risco, que se asentan no irracionalismo gnoselóxico. 1
  • 26. A segunda etapa ( nacionalista , 1920-1934) iníciase coa conversión de Risco ao galeguismo, O seu ingreso nas Irmandades e a fundación da revista Nós . Sen mudar os presupostos ideolóxicos. O ourensán troca teosofía, budismo e orientalismo por cristianismo, celtismo e atlantismo. Risco converterase no principal ideólogo do movemento galeguista coa publicación da Teoría do nacionalismo galego (1920), obra na que pretende exaltar o ser de Galicia a través da lingua, da terra e da raza, nunha concepción orgánico-historicista da nación. 2
  • 27. A terceira etapa ( postnacionalista , 1934-1963) comeza coas crónicas da súa viaxe a Centroeuropa, publicadas en Nós e que logo recollería en parte no libro Mitteleuropa (1934); nel xa se percibe o desencanto polas direccións que tomaba o movemento galeguista ao aliarse coa esquerda para salvar a autonomía. De aí en diante, a súa concepción cíclica e espiritualista da historia vai deixando paso a un mero providencialismo, onde ningún papel teñen nacións e culturas, pois a Historia fica reducida á loita entre Deus e o Demo. 3
  • 28.  
  • 29.  
  • 30.