Durante a festa da súa coroación,  Uter Pendragon  namórase de  Igraine , muller de  Gorlois, duque de Cornubia . O duque ...
Uter sabe que Igraine está encerrada no castelo de Tintagel e pide axuda a Merlín para conseguila. O profeta dálle ó monar...
Concertouse a paz entre os dous exércitos e  Uther  solicitou a  Igraine  en matrimonio. Guiada polos seus conselleiros, a...
Fíxose evidente desde moi pronto que Igraine ía ter un neno, e unha noite, estando xuntos na cama, o rei Uther preguntoull...
Contoulle o pacto feito con Merlín, e que dispuxeran que o neno seria educado por un cabaleiro chamado Héctor, que o coida...
 
Todo este tempo Artur estivera vivindo co cabaleiro Héctor, así que aínda que Uther o nomeara herdeiro do seu reino, ningu...
Os homes mais importantes do reino acudiron á chamada do arcebispo, e na mañá do Nadal foron todos á igrexa a rezar. Ó saí...
Os máis fortes cabaleiros tentaron mover a espada, pero por moito que apuxasen e turrasen dela seguía fincada de firme. &q...
 
As novas da espada milagreira e do torneo espalláronse por todas partes, e un dos cabaleiros que acudiu a Londres para par...
O cemiterio estaba deserto cando chegou. Asindo a espada pola empuñadura arrincouna tan doadamente coma un coitelo esvara ...
Kei recoñeceu a espada de contado e levoulla ao pai, explicando nun primeiro momento que fora el quen a arrincara. Máis ta...
Entón, por primeira vez, Sir Héctor contoulle a Artur todo o que sabía do seu nacemento, da súa chegada en segredo e do pa...
Antes ca nada foron onda o arcebispo para explicarlle o que pasara, e este dispuxo que ao cabo de doce días todos os cabal...
Próximos SlideShares
Carregando em…5
×

lenda_artur

561 visualizações

Publicada em

  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

lenda_artur

  1. 3. Durante a festa da súa coroación, Uter Pendragon namórase de Igraine , muller de Gorlois, duque de Cornubia . O duque adiviña as intencións do rei e, tras romper as hostilidades, abandona a corte.
  2. 4. Uter sabe que Igraine está encerrada no castelo de Tintagel e pide axuda a Merlín para conseguila. O profeta dálle ó monarca o aspecto do duque, co que Uter pode entrar na fortaleza e xacer con Igerna. Esa noite, mentres morría Gorlois, Uter enxendraba a Artur .
  3. 5. Concertouse a paz entre os dous exércitos e Uther solicitou a Igraine en matrimonio. Guiada polos seus conselleiros, aceptouno, e casaron pouco despois en medio de grandes festexos.
  4. 6. Fíxose evidente desde moi pronto que Igraine ía ter un neno, e unha noite, estando xuntos na cama, o rei Uther preguntoulle de quen era aquel fillo. Demasiado avergonzada para contestar, Igraine non dixo nada. "Non temas", díxolle Uther. "Se me di-la verdade heiche querer máis ca nunca". Entón Igraine contoulle todo o que sucedera a noite que morrera o seu marido, e Uther explicoulle que fora el o seu misterioso visitante e, xa que logo, era o pai do seu fillo.
  5. 7. Contoulle o pacto feito con Merlín, e que dispuxeran que o neno seria educado por un cabaleiro chamado Héctor, que o coidaría coma se fose seu. No seu debido tempo Igraine deu a luz un neno. Merlín deixara instrucións a Uther sobre o que había que facer cando o neno nacera. Emburullaron o meniño coidadosamente con teas douradas e entregáronllo a Merlín, que chegara ás portas do castelo disfrazado de novo coma un mendigo. Merlín deulle o neno a Sir Héctor e a súa muller; alí bautizárono co nome de Artur e criárono coma se fose o seu propio fillo.
  6. 9. Todo este tempo Artur estivera vivindo co cabaleiro Héctor, así que aínda que Uther o nomeara herdeiro do seu reino, ninguén o coñecía nin sabía onde estaba. Tralo pasamento do rei Uther, varios señores poderosos pensaron que debían seren os reis. e a guerra civil parecía inevitable. Para impedila Merlín aconsellou o Arcebispo de Canterbury que invitase a todos os nobres e cabaleiros do reino a que fosen a Londres no Nadal. Un milagre, anunciou, revelaría o lexitimo rei.
  7. 10. Os homes mais importantes do reino acudiron á chamada do arcebispo, e na mañá do Nadal foron todos á igrexa a rezar. Ó saíren do templo despois da cerimonia, viron que aparecera unha gran pedra de mármore no cemiterio. No medio e medio da pedra había unha zafra de aceiro, na que estaba chantada ata a empuñadura unha espada espida. Ao redor da espada estaban escritas as palabras: “Quenqueira que consiga arrincar esta espada desta pedra e da zafra, será o lexítimo rei de toda Inglaterra“.
  8. 11. Os máis fortes cabaleiros tentaron mover a espada, pero por moito que apuxasen e turrasen dela seguía fincada de firme. "O rei verdadeiro non está aquí", dixo o arcebispo, "pero Deus fará que o coñezamos. Que dez homes bos garden esta espada ata que chegue”. Despois de deliberar, decidiuse que a diario os señores e os seus cabaleiros do reino terían cadansúa quenda para intentar liberar a espada. Para asegurar que todos os nobres permanecerían xuntos ata que o verdadeiro rei aparecese, organizouse un gran torneo de xustas para o día de Aninovo.
  9. 13. As novas da espada milagreira e do torneo espalláronse por todas partes, e un dos cabaleiros que acudiu a Londres para participar nel foi sir Héctor. Canda el ían Arturo e mailo seu verdadeiro fillo, Kei. Kei fora investido cabaleiro só había dous meses, o día de tódolos santos, e Artur era o seu escudeiro. Este sería o primeiro torneo de Kei, pero cando cabalgaban cara ó campo de xustas, decatouse de que deixara a súa espada na pousada. Ao chegar encontrouse con que estaba pechada, xa que todos marcharan ver o torneo. “ Kei non pode estar xusto hoxe sen espada. Irei á igrexa e levareille a espada da pedra”.
  10. 14. O cemiterio estaba deserto cando chegou. Asindo a espada pola empuñadura arrincouna tan doadamente coma un coitelo esvara pola manteiga, e volveu onde seu irmán.
  11. 15. Kei recoñeceu a espada de contado e levoulla ao pai, explicando nun primeiro momento que fora el quen a arrincara. Máis tarde recoñeceu que a Artur conseguira a espada. Artur amosou como fixera. Entón Héctor máis Kei axeonlláronse diante súa para renderlle homenaxe. Por que ti, meu propio pai, e ti, meu irmán, vos axeonllades ante min??
  12. 16. Entón, por primeira vez, Sir Héctor contoulle a Artur todo o que sabía do seu nacemento, da súa chegada en segredo e do papel que merlín xogara no asunto.
  13. 17. Antes ca nada foron onda o arcebispo para explicarlle o que pasara, e este dispuxo que ao cabo de doce días todos os cabaleiros se debían reunir unha vez máis ao redor da pedra para demostrar a afirmación de Artur diante deles. Outra vez, cada un deles terzou sacar a espada pero unicamente Artur puido conseguilo. Sen embargo, os cabaleiros, envexosos, non quedaron convencidos e pediron outra demostración e logo outra máis, ofendidos porque un mozo descoñecido viñese a mandar sobre todos eles. Trala terceira proba, a xente proclamou a berros o seu apoio, a Artur e ao final, tanto ricos coma pobres se axeonllaron perante el e recoñecérono como o seu rei. Só naquel momento Merlín revelou á multitude reunida que o verdadeiro pai de Artur fora o seu amado rei, o finado Uther Pendragon.

×