SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
COMO ACHEGAR A FAUNA AO NOSO ENTORNO
                              1.Caixas niño
       Ocórrenseme tres grandes motivos para levar acabo esta
actividade:

   •   Axudar ás aves, xa que moitas veces escasea os lugares onde
       aniñar.

   •   Colaborar, de xeito natural, a combater pragas de insectos, as
       aves insectívoras xa fan o traballo.

   •   E sobre todo.... marabillarnos e aprender coa súa presenza.




       Intentaremos atraer a estas dúas especies, xa que está
   comprobado que ocupan facilmente caixas niño. Non todas as aves
   teñen os mesmos “gustos”. Aínda así se chega outro “especimen
   diferente”, un pardal por exemplo, benvido sexa!




                                                                        1
Ferreiriño azul (foto: Isolino
  Pérez)       Ferreiriño real (foto:Xacobo de Toro)




       Hai
  DOUS
MODELOS
básicos de                                                             caixa
niño, a tipo                                                           buzón
  e a de
balcón. Sen
 dúbida é
 mellor a
 segunda,                                                              pero



                                                                             2
é preciso máis maña, así que vos decidides, os e as mañosas...xa
                           sabedes.




                            Fotos: Xacobo de Toro




                                                                   3
A continuación, as vantaxes e inconvenientes de ambas caixas....sen
                          comentarios...




                                                                      4
INSTRUCIÓNS PARA FACER UNHA “ENVIDIABLE” CAIXA NIÑO

  •    Elixide un dos modelos expostos arriba e empregade as medidas
       que alí indican, que son xa para pequenas aves como as que
       pretendemos “conquistar”. Para o buraco seguide as indicacións
       da táboa que ven máis abaixo, xa que en función do diámetro
       virán especies diferentes.

   Se queredes que a Caixa sexa ocupada e que os seus inquilinos non
sufran ningunha “traxedia”, seguide ao pe da letra estes consellos:

   •   Non usar contrachapados ou aglomerados, están feitos para
       interior, e á intemperie inflarían coa chuvia. Usar sempre
       madeira resistente á humidade, como
       piñeiro ou carballo, chopo ...

   •   Non lixar nunca, as pequenas imperfeccións
       serviranlles de apoio.

   •   O grosor nunca inferior a un centímetro, é
       importante para a “climatización”.
       Recomendable de 2 cm

   •   O buraco mellor redondo, unha broca é a mellor solución para
       facelo. O diámetro ten que ser o xusto, e dependerá do tamaño
       do paxaro, tedes as medidas e outros datos na táboa que segue.

                        Diámetro        Ubicación   Material   Nº de        Incuba
                        do buraco                   do niño    ovos          ción


                                                                        5
Ferreiriño azul                                        Musgo,
                                                                                  13-15
Parus caeruleus          27-28 mm        xardíns       plumas,         9-13
                                                                                   días
                                                      ramiñas..
Ferreiriño real                           Case         Musgo,
                                                                                  13-14
 Parus major             32-34 mm       calqueira      plumas,         7-11
                                                                                   días
                                          sitio       ramiñas..


 •       Opcional: aplicarlle un antimofo, so polo exterior. Ou aplicarlle
         un verniz de poro aberto ( que xa leva antimofo) ou aceite de
         liñaza. Ollo, se optamos polo verniz, que sexa ecolóxico!!!

 •       De pintar a caixa, produtos nunca tóxicos, e cores que se
         camuflen co entorno. Outra alternativa é camuflalas con terra
         ou musgo.

     •    Situar a caixa a salvo de depredadores, é dicir, a certa altura,
         entre 3 e 9 metros, e nunca sobre unha pola. Unha boa solución é




                  colgala.




 •       Nunca poñer posadeiro na caixa, é un punto de apoio para moitos
         predadores, que ás aves non o precisan para nada.

 •       A orientación non ten excesiva importancia, pero se é posible ao
         sur.




                                                                              6
•   Non molestar aos inquilinos, se non queremos que a nai abandone
       aos seus pequenos.

   •   Deben colocarse moito antes da época de nidificación, para que
       as aves poidan habituase a súa presenza. Así que non
       desesperes, se non é este ano, será o que ven...

   •   E non poñades moitas xuntas, xa que necesitan o seu territorio,
       e sobre todo na época de cría, que a comida non da para todos!

   •   “Protexer ás aves, e non ás plantas, equivale a non facer nada”
       (Montaigne;). Vaia, que se ides instalar a caixa nunha árbore, non
       usar nunca cravos!, si que podedes usar alambre (de 5 mm de
       diámetro), pero haberá que cambialos cada ano para non
       estrangular á nosa amiga, e poñer ademais un tronco entre o
       alambre e a cortiza que actuará como almofada.




   •   E xa de “postre”, para tentalos definitivamente, podemos
       procurarlles un valioso agasallo, e de paso usamos unha das tres
       erres, lembras?...REUTILIZAR, si, restos de la, pequenos anacos
       de tela, musgo seco, pelo da túa mascota (si, si, non vos riades,
       pero o que lle caia, nada de martirizar ao pobre amigo)...

  E agora...a esperar e vixiar...pero ollo! Sen molestar

   Se temos a sorte de que os nosos veciños quedaran cativados polas
nosas dotes arquitectónicas, podemos pasar ao máis interesante,
observalas, SEN MOLESTAR, e descubrir a súa intensa e interesante
vida. Ademais de sentirnos estupendamente por ter axudado un
pouquiño á súa conservación. Debuxaremos no caderno de campo un



                                                                           7
plano das caixas niño numeradas para facer o seguimento, anotaremos
entón as nosas observacións, como:

   •   Transporte de material para o niño.

   •   Quen fai cada cousa, o pai, a nai, ambos?

   •   Cantos poliños saen e canto tardaron en saír?

   •   Cando empezan a voar? Cantos quedan?, comportamentos

   •   Escoitar o reclamo da prole. Tipo de alimentos que lles levan os
       pais.

   Grazas a persoas coma ti, sábese moito máis da bioloxía destes
animais

   NON ESQEZAS que as caixas teñen un mantemento, hai que
limpalas por dentro unha vez ao ano, por suposto, cando non as estean
empregando, en decembro por exemplo. É importante que estean limpas
se queremos que volvan a ser habitadas e os poliños se críen nunha
caixa libre de infeccións.

                         Enlaces de Vídeos e imaxes;

   •   Preme aquí para ver unhas imaxes de ferreiriño real
       alimentándose

   •   Preme aquí para ver un vídeo dun ferreiriño real alimentándose

                             MOITA SORTE AMIG@

               FEITO con fines           VIDEOS:
               educativos por:
                                             •   Xacobo de Toro
                  •   Belén L. Arenal

                  •   Xacobo de Toro
                                         DEBUXOS:
               FOTOGRAFÍAS:
                                                 •   Pierre Deom
                  •   Xacobo de Toro
                                         BIBLIOGARFÍA:
                  •   Isolino Pérez

                                                                          8
•   Deom, Pierre.         •   Grup Ecoloxista
    Revista nº 9 El           Xoriguer. Manual
    Cárabo.                   par construir cajas
                              nido y otros
•   CPN. Cajas nido. La
                              artilugios similares.
    gaceta de las
    madrigueras.          •   Rhuí y Vidal, Albert.
                              La naturaleza en tu
                              jardín. Ed. Brau

Créditos:

Materiais didácticos elaborados por Belén
Arenal e Xacobo de Toro. Ferebiro do 2011.

Enfocado a rapaces de ESO




                                                      9

More Related Content

Similar to Atraer fauna ao noso entorno. caixa niño.

Traballo seres vivos1
Traballo seres vivos1Traballo seres vivos1
Traballo seres vivos1belenarenal
 
Judit Os Cogumelos
Judit Os CogumelosJudit Os Cogumelos
Judit Os Cogumelosguestb35b1c
 
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º CicloA Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclobiblioperillo
 
Ferramentas tradicionais da agricultura galega
Ferramentas tradicionais da agricultura galegaFerramentas tradicionais da agricultura galega
Ferramentas tradicionais da agricultura galegacontemporanea07
 
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09Isabel Maceira
 

Similar to Atraer fauna ao noso entorno. caixa niño. (8)

Traballo seres vivos1
Traballo seres vivos1Traballo seres vivos1
Traballo seres vivos1
 
Estilos educativos
Estilos educativosEstilos educativos
Estilos educativos
 
Judit Os Cogumelos
Judit Os CogumelosJudit Os Cogumelos
Judit Os Cogumelos
 
Periodico 08
Periodico 08Periodico 08
Periodico 08
 
Os Cogumelos
Os CogumelosOs Cogumelos
Os Cogumelos
 
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º CicloA Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
 
Ferramentas tradicionais da agricultura galega
Ferramentas tradicionais da agricultura galegaFerramentas tradicionais da agricultura galega
Ferramentas tradicionais da agricultura galega
 
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
 

More from Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia

More from Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia (20)

Tema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continentalTema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continental
 
Google
GoogleGoogle
Google
 
T 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contaminaT 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contamina
 
T1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxíaT1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxía
 
T1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terraT1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terra
 
T 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacioT 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacio
 
Ies fernando wirtz conectacowirtz
Ies fernando wirtz     conectacowirtzIes fernando wirtz     conectacowirtz
Ies fernando wirtz conectacowirtz
 
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
 
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier CristoboUnidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
 
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido 2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
 
Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solar
 
Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solar
 
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
 
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
 
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
 
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano20111º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
 
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
 
2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples
 
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
 
Ciencia divertida en galego
Ciencia divertida en galegoCiencia divertida en galego
Ciencia divertida en galego
 

Recently uploaded

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Atraer fauna ao noso entorno. caixa niño.

  • 1. COMO ACHEGAR A FAUNA AO NOSO ENTORNO 1.Caixas niño Ocórrenseme tres grandes motivos para levar acabo esta actividade: • Axudar ás aves, xa que moitas veces escasea os lugares onde aniñar. • Colaborar, de xeito natural, a combater pragas de insectos, as aves insectívoras xa fan o traballo. • E sobre todo.... marabillarnos e aprender coa súa presenza. Intentaremos atraer a estas dúas especies, xa que está comprobado que ocupan facilmente caixas niño. Non todas as aves teñen os mesmos “gustos”. Aínda así se chega outro “especimen diferente”, un pardal por exemplo, benvido sexa! 1
  • 2. Ferreiriño azul (foto: Isolino Pérez) Ferreiriño real (foto:Xacobo de Toro) Hai DOUS MODELOS básicos de caixa niño, a tipo buzón e a de balcón. Sen dúbida é mellor a segunda, pero 2
  • 3. é preciso máis maña, así que vos decidides, os e as mañosas...xa sabedes. Fotos: Xacobo de Toro 3
  • 4. A continuación, as vantaxes e inconvenientes de ambas caixas....sen comentarios... 4
  • 5. INSTRUCIÓNS PARA FACER UNHA “ENVIDIABLE” CAIXA NIÑO • Elixide un dos modelos expostos arriba e empregade as medidas que alí indican, que son xa para pequenas aves como as que pretendemos “conquistar”. Para o buraco seguide as indicacións da táboa que ven máis abaixo, xa que en función do diámetro virán especies diferentes. Se queredes que a Caixa sexa ocupada e que os seus inquilinos non sufran ningunha “traxedia”, seguide ao pe da letra estes consellos: • Non usar contrachapados ou aglomerados, están feitos para interior, e á intemperie inflarían coa chuvia. Usar sempre madeira resistente á humidade, como piñeiro ou carballo, chopo ... • Non lixar nunca, as pequenas imperfeccións serviranlles de apoio. • O grosor nunca inferior a un centímetro, é importante para a “climatización”. Recomendable de 2 cm • O buraco mellor redondo, unha broca é a mellor solución para facelo. O diámetro ten que ser o xusto, e dependerá do tamaño do paxaro, tedes as medidas e outros datos na táboa que segue. Diámetro Ubicación Material Nº de Incuba do buraco do niño ovos ción 5
  • 6. Ferreiriño azul Musgo, 13-15 Parus caeruleus 27-28 mm xardíns plumas, 9-13 días ramiñas.. Ferreiriño real Case Musgo, 13-14 Parus major 32-34 mm calqueira plumas, 7-11 días sitio ramiñas.. • Opcional: aplicarlle un antimofo, so polo exterior. Ou aplicarlle un verniz de poro aberto ( que xa leva antimofo) ou aceite de liñaza. Ollo, se optamos polo verniz, que sexa ecolóxico!!! • De pintar a caixa, produtos nunca tóxicos, e cores que se camuflen co entorno. Outra alternativa é camuflalas con terra ou musgo. • Situar a caixa a salvo de depredadores, é dicir, a certa altura, entre 3 e 9 metros, e nunca sobre unha pola. Unha boa solución é colgala. • Nunca poñer posadeiro na caixa, é un punto de apoio para moitos predadores, que ás aves non o precisan para nada. • A orientación non ten excesiva importancia, pero se é posible ao sur. 6
  • 7. Non molestar aos inquilinos, se non queremos que a nai abandone aos seus pequenos. • Deben colocarse moito antes da época de nidificación, para que as aves poidan habituase a súa presenza. Así que non desesperes, se non é este ano, será o que ven... • E non poñades moitas xuntas, xa que necesitan o seu territorio, e sobre todo na época de cría, que a comida non da para todos! • “Protexer ás aves, e non ás plantas, equivale a non facer nada” (Montaigne;). Vaia, que se ides instalar a caixa nunha árbore, non usar nunca cravos!, si que podedes usar alambre (de 5 mm de diámetro), pero haberá que cambialos cada ano para non estrangular á nosa amiga, e poñer ademais un tronco entre o alambre e a cortiza que actuará como almofada. • E xa de “postre”, para tentalos definitivamente, podemos procurarlles un valioso agasallo, e de paso usamos unha das tres erres, lembras?...REUTILIZAR, si, restos de la, pequenos anacos de tela, musgo seco, pelo da túa mascota (si, si, non vos riades, pero o que lle caia, nada de martirizar ao pobre amigo)... E agora...a esperar e vixiar...pero ollo! Sen molestar Se temos a sorte de que os nosos veciños quedaran cativados polas nosas dotes arquitectónicas, podemos pasar ao máis interesante, observalas, SEN MOLESTAR, e descubrir a súa intensa e interesante vida. Ademais de sentirnos estupendamente por ter axudado un pouquiño á súa conservación. Debuxaremos no caderno de campo un 7
  • 8. plano das caixas niño numeradas para facer o seguimento, anotaremos entón as nosas observacións, como: • Transporte de material para o niño. • Quen fai cada cousa, o pai, a nai, ambos? • Cantos poliños saen e canto tardaron en saír? • Cando empezan a voar? Cantos quedan?, comportamentos • Escoitar o reclamo da prole. Tipo de alimentos que lles levan os pais. Grazas a persoas coma ti, sábese moito máis da bioloxía destes animais NON ESQEZAS que as caixas teñen un mantemento, hai que limpalas por dentro unha vez ao ano, por suposto, cando non as estean empregando, en decembro por exemplo. É importante que estean limpas se queremos que volvan a ser habitadas e os poliños se críen nunha caixa libre de infeccións. Enlaces de Vídeos e imaxes; • Preme aquí para ver unhas imaxes de ferreiriño real alimentándose • Preme aquí para ver un vídeo dun ferreiriño real alimentándose MOITA SORTE AMIG@ FEITO con fines VIDEOS: educativos por: • Xacobo de Toro • Belén L. Arenal • Xacobo de Toro DEBUXOS: FOTOGRAFÍAS: • Pierre Deom • Xacobo de Toro BIBLIOGARFÍA: • Isolino Pérez 8
  • 9. Deom, Pierre. • Grup Ecoloxista Revista nº 9 El Xoriguer. Manual Cárabo. par construir cajas nido y otros • CPN. Cajas nido. La artilugios similares. gaceta de las madrigueras. • Rhuí y Vidal, Albert. La naturaleza en tu jardín. Ed. Brau Créditos: Materiais didácticos elaborados por Belén Arenal e Xacobo de Toro. Ferebiro do 2011. Enfocado a rapaces de ESO 9