1. A AULA ABALAR
ORGANIZACIÓN E ELEMENTOS
DA AULA ABALAR
Cristina Iglesias Feijoo
2. O que hai na aula abalar
Ordenador do profesor
Edi (Encerado dixital interactivo)
Proxector de video
Ordenadores do alumnado
Rede Wifi
Armario de carga
3. O ordenador do
profesor
Emprega Ubuntu (Linux)
Non temos privilexios de administración
Non podemos engadir ou quitar software
Unha solución son as aplicacións portables
Un problema serio son as impresoras
Ten un panel táctil moi malo (touchpad)
4. O EDI (encerado dixital
interactivo)
É o gran éxito inicial das aulas Abalar entre o
profesorado.
Pola posibilidade de usar cores, imaxes, video...
Permite gardar os encerados de todo o curso e
volver a eles.
Permite actividades interactivas co alumnado.
5. O EDI (encerado dixital interactivo)
É táctil
Vantaxes: Pode usarse cos dedos limpos. Nunca bolígrafo.
Inconvintes:
Ás veces é lento
Cómpre adestrar ao profesorado na calibración
Algunhas veces (é raro) non se inicia correctamente (a luz non se pon
verde). A solución pode ser desconectar e conectar o USB ou cambiar de
porto USB.
6. O software de Smart
É sinxelo de utilizar
Hai moitas actividades xa feitas para descargar desde internet
Hai que rexistrarse previamente
Hai unha versión web
É moi limitado
7. O PROXECTOR DE VÍDEO (CANóN)
Case non proxecta sombra
En teoría o profesorado non
ten que tocar nada nin no
ordenador nin no propio
canón para que se vexa ben
Ollo cos cables VGA que se
poden estragar!!
8. O ordenador do alumnado
O teclado é un chisco incómodo
Son relativamente “delicados”, especialmente no
que se refire aos “meneos” de pantalla e a presión
sobre a mesma
O punteiro é cómodo pero desalíñase facilmente
Ao final é máis útil usar o panel táctil
Algúns apáganse repentinamente
Como o alumnado tende a “tirar para adiante”
non sempre coñecemos os problemas
Avarías: non sempre é fácil distinguilas dos usos
incorrectos
9. A rede WIFI
A súa eficacia decae moi rapidamente co
número de ordenadores conectados
Non é un problema Abalar, senón xeral
É normal que haxa ordenadores que
perdan transitoriamente a conexión.
10. Armario de carga
Serve para gardar:
Os ordenadores (tamén os carga)
O mando a distancia do proxector de video
O punteiro do EDI
Outros accesorios (cable de rede, lector DNI...)
Ten de malo:
Ocupa bastante na aula
Os botóns (verde, de emerxencia)
11. O servidor do centro
É un servidor de contidos
Tirando a pouco potente
Tamén realiza tarefas na rede Abalar
Non ten a funcionalidade dunha aula virtual
Nun principio estaba previsto que tivera Moodle,
pero non o ten.
Vén precargado con “demasiados” contidos.
12. Ten de bo:
Non é tan fácil que caia como Internet
A conexión é sempre rápida
A Consellaría encárgase do seu
mantemento, de xeito telemático
A aplicación de manexo de contidos é
sinxela e eficaz
Contas de usuarios do profesorado
13. Servidor de recursos ABALAR
Dende a aula ABALAR:
http://servidorcentro.edu.xunta.es/recursos
Dende fóra da aula ABALAR (calquera
aula por cable de rede ou calquera espazo
do centro con conexión wifi)
69.54.xx.xxx/recursos
14. A aula Abalar non inclúe:
Imprescindible:
Alarma antirroubo
Altofalantes decentes
É conveniente
Burato no caixón, para cable ordenador do profesor
Convén que o alumnado teña:
Rato USB
Pendrive
Auriculares
15. Non está contemplado:
Engadir software no ordenador
Unha saída son as aplicacións portables
O alumnado ten demasiado onde
“fuchicar”, razón de máis para controlar
a aula
16. Normas:
Cada alumno/a é o responsable do seu ordenador
Fundamental: só se prende a máquina cando o indique o profesor.
Non resolver incidencias, comunicalas.
Prohibicións:
Instalar complementos
Acceder a contidos non relacionados coas tarefas, evitar usos desaxeitados
17. A mentalidade do alumno
Un primeiro obxectivo ten que ser que o
alumno/a identifique o seu ordenador como
ferramenta de traballo na aula
Non usalo como ferramenta de ocio
Ollo cos que “saben moito” (rompen a marcha
das clases). Quen realmente sabe é o
profesorado, pois coñece o uso que se debe dar
na aula
18. Primeiros ensaios:
Recorrer á titoría para traballar o elemental
(cartafoles, gardar arquivos...)
Para familiarizarse co punteiro, pódese comezar a
traballar co Xournal (é bo para exames)
O SIGALA (neste momento só funciona por cable de
rede) ten unha aplicación: iTalc
Linux é máis estable ca Windows, polo tanto en vez
de ser un problema convértese nunha solución
19. “Abalar é coma un cabalo, se te acercas con
medo a el, tirarate abaixo, pero se aprendes a
dominalo pasarás un bo rato”
20. No canto de fotocopias, pódense facilitar
documentos dixitais polo servidor
Non é necesario producir materiais, hai
miles de actividades boísimas. Tamén é
certo que leva tempo atopalas.
É importante concibir as actividades como
materiais de traballo na aula: “primeiro
explicar e logo facer”, darlle un enfoque
práctico
21. A aula virtual (Moodle)
Un bo comezo é usala como simple
repositorio de recursos
É un complemento boísimo (non só para
Abalar)
Permite ter o material de aula organizado
e accesible dende calquera ordenador.