Cantiga de amor

3.845 visualizações

Publicada em

0 comentários
1 gostou
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
3.845
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
229
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
50
Comentários
0
Gostaram
1
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Cantiga de amor

  1. 1. .- A cantiga de amor é o xénero máis provencializante da nosa lírica (< cançó)..- Figuras conceptuais (antíteses, paradoxos, parodia, i ronía) e formais (dobre, mordobre)..- A linguaxe é máis elaborada que a das cantigas de amigo..- Conservánse nos códices en 1º lugar: 377 de refrán e 321 de mestría.
  2. 2. A cantiga de amor é un poema no que un home se dirixe a unha dona,mostrando o seu amor por ela. Unha amada inalcanzable, á que se rendevasalaxe como se fose un señor feudal.En contra do que sucedía nas cantigas de amigo, o suxeito lírico émasculino.Estamos ante un xénero prestixioso.Constitúen a maior parte das 1679 cantigas profanas que conservamos ededícaselle en exclusiva o Cancioneiro de Ajuda.
  3. 3. Orixes A) TRADICIÓN CLÁSICA: o mundo antigo inflúe no pensamento do home da Idade Media, de aí que vexamos nas composicións a erótica latina, o amor platónico e as consecuencias tormentosas do desamor. B) TRADICIÓN MEDIEVAL: a influencia do idealismo cristiá fai que teñamos un culto á muller como un ser divino. E seguindo esta liña temos tamén a influencia da sociedade feudal. C) TRADICIÓN POPULAR: Gaston París ve unha influencia na celebración das maias, xa que a invocación da primavera favorece o amor libre e o pracer. D) TRADICIÓN PROVENZAL: ademais dos numerosos provenzalismos temos a introdución da teoría do amor cortés.
  4. 4. O xénero poético da CANTIGA DE AMORconsistía en que unha voz poéticamasculina expresaba o seu amor a unha dama idealizada da nobreza.
  5. 5. Coa palabra “SENHOR” o home facía referencia a unha DONA que reuníaCARACTERÍSTICAS ABSTRACTAS DO IDEAL DE BELEZA FEMININO. Daquela o morfema -or era o empregado para os dous xéneros: a senhor, a pastor…
  6. 6. Por tanto… Na cantiga de amor a voz presente é a masculina: é o home quen expón a súa coita amorosa a unha muller. A palabra senhor, que fai referencia á amada, adoita aparecer nos primeiros versos destas cantigas, converténdose na marca de xénero.
  7. 7. “FALAR BEN”, “SERFERMOSA”, “BEN TALLADA” OU “A QUE DEUS FIXO MELLOR” son osúnicos eloxios que fai o poeta.
  8. 8. Este non podía citarningunha parte físicaconcreta dela porquerompería o código daMESURA, que impedíadesvelar a identidade da dama gabada no poema.
  9. 9. Pola COITA (PENADE AMOR) que sufría pola dama, a vozpoética podía chegar a MORRER DEAMOR, o que se deuna cantiga de amor provenzal.
  10. 10. … moir*’ eu porque non vexo aquía dona que por meu mal vi. *morro (Afonso X)
  11. 11. Os personaxesA senhor: descrita de xeito vago e impreciso. Sósabemos que é moi bela, case perfecta (bonsemelhar, ben talhada). Da súa psicoloxía tampoucotemos adxectivos nin positivos nin negativos (bonsen, bondade).O namorado: desempeña o papel de vasalo (seervosso) e preséntase á dama como un ser fiel ehonesto para gañar o seu favor. Expresarepetidamente o seu amor pola senhor aínda que ásveces o oculta por medo á saña. Pode chegar á mortepor amor, ao non lle conceder galardón (recompensa)
  12. 12. Os personaxes Os miscradores: eran os competidores do poeta polo amor da dama. Cualificados de mentireiros porque así o autor atraía a atención da amada sobre el.
  13. 13. O amor cortés• Este ideal baséase na concepción do amor como servizo. O home, como namorado, estaba sometido á súa namorada igual ca un vasalo ao seu señor. A amada é representación de todas as virtudes e bens. Hai que exaltar a muller como suma de calidades positivas. O poeta aspira a través dun camiño de aprendizaxe amorosa ao grao máis alto de felicidade, ao Joi d´amor. Aínda que non sempre é así.
  14. 14. O amor cortés• O amor cortés configúrase como unha arte con graos diferentes que o amante vai superando na escada amorosa:FENHEDOR: limítase a suspirar pola amada, sen dirixirse a ela.PRECADOR: diríxese a ela rogándolle o seu amor.ENTENDEDOR: a dama corresponde o seu amor.DRUDO: prodúcese contacto físico
  15. 15. O amor cortés• A característica fundamental do amante é a mesura e a vontade de servir polo pracer de facelo, para realizarse a un mesmo mediante o amor, orixe da perfección.
  16. 16. DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR• A muller da lírica provenzal a quen se dirixen as composicións é real e casada. Na nosa o poeta diríxese a unha dona idealizada , solteira ou casada.• Na cantiga de amor, o gozo de amar e a sensualidade son substituídos por un amor platónico dominado pola coita de amor. O namorado nunca é correspondido e na cançó si; non, pois, hai contacto físico nin adulterio.
  17. 17. DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR• Ausencia de descrición física da dama, é algo intocable e etéreo. Só se describe moralmente.• Ausencia de locus amoenus e exordium primaveral.• Os nosos poetas case nunca superan a fase de fenhedor, como moito chegan a precadores.
  18. 18. DIFERENZAS CANÇO-CANTIGA AMOR• Maior sinxeleza formal: Na cançó composicións de mestría, con 5 ou 7 cobras unisonantes ou dobras, rima consonante e 800 esquemas estróficos diferentes.Na cantiga de amor, cantigas de mestría ourefrán, de 4 ou 5 cobras con rima asonante e só200 esquemas estróficos diferentes.
  19. 19. Os recursos propios deste tipo de cantiga son O DOBRE E O MORDOBRE. O PRIMEIRO É A REPETICIÓN DUNHAPALABRA NA MESMA COBRA OU ESTROFA.
  20. 20. DOBREPois sempre há en vós mesurae todo ben e cordura,que Deus fez en vós feituraqual non fez en muller nada (Don Dinís)
  21. 21. O MORDOBRE repite unicamente o lexema, creando un xogo deconceptos do AMOR CORTÉS aínda maior có dobre.
  22. 22. MORDOBREPois me tal coita faz sofrerqual sempr’ eu por ela sofrí, des aquel día que a vi, e non se quer de min doer … (Afonso X)
  23. 23. As cantigas de amor acostumaban ser de mestría, sen estribillo ou refrán, de aí que opoeta debese amosar o seu bo facer poético ao non poder repetir versos enteiros.
  24. 24. Quer’ eu en maneira de proençal fazer agora un cantar d amor … (Don Dinís)A rima MACHO (AGUDA) destas composicións seguía máis fielmente o modelo provenzal,fronte á rima grave, máis propia das de amigo.
  25. 25. Tópicos nascantigas de amor
  26. 26. Trazos temáticos da cantiga de amorCéntrase no tema da finamors Visión idealizada da dama, ou amor cortés. apenas descrita para nonExpresión dunha voz masculina desvelar a súa identidade que manifesta a súa paixón (amor adúltero per se) e amorosa cara a unha dama respectar a mesura (motivo nobre, normalmente do segredo do amor) casada. O amor non correspondido poloTrasvasamento do ríxido código desdén ou rexeitamento da feudal de vasalaxe á dama (sanha) é fonte de relación amorosa: coita e sufrimento trobador=vasalo/dona=senh constante, mesmo morte de or amor.O amante, como bo vasalo, ha Amor entendido como camiño ser constante e fiel, á de perfección espiritual. espera dun prezado ben.
  27. 27. Como morreu quem nunca bemhouve da rem que mais amou,e que[m] viu quanto receoudela, e foi morto por en: ai, mia senhor, assi moireu!Como morreu quem foi amarquem lhe nunca quis bem fazer,e de que lhe fez Deus veerde que foi morto com pesar: ai, mia senhor, assi moireu! Cancioneiro da Ajuda (A)Comhome que ensandeceu,senhor, com gram pesar que viue nom foi ledo nem dormiudepois, mia senhor, e morreu: ai, mia senhor, assi moireu!Como morreu quem amou tal Cantiga de amor de Paio Soares de Taveirósdona que lhe nunca fez bem, A 35 B 150e quena viu levar a quema nom valia, nena val: Versións musicadas de Tomás Borba e ai, mia senhor, assi moireu! J. Vicente Narciso en http://cantigas.fcsh.unl.pt
  28. 28. Amor cortés A doutrina do amor cortés codifica o ritual amoroso nas cantigas. Dáse unha traslación do concepto do servicio feudal ao servizo amoroso: o trobador entrégase como vasalo á sua dona (que se converte así na súa senhor con dominio pleno sobre el) aceptando os deberes que os lazos feudais implican e, asemade, esperando o seu merecido ben, que nunca chega a acadar o abnegado e fiel amante da lírica galego- portuguesa.
  29. 29. Amor cortés.O bon amador ha posuír calidades de seu: constante no servizo amoroso, fiel, xeneroso, mesurado e de bon sen.O trobador ten divinizada a súa dama, contémplaa como a un ser superior; por iso, malia ser un amor non correspondido (desprezo da dama ou separación), este servizo amoroso supón para o trobador, alén de sufrimento, un proceso de perfeccionamento espiritual.
  30. 30. . TEMAS
  31. 31. Loanza da damaA senhor das cantigas de amor -a diferenza da dona virgo das cantigas de amigo- é adoito unha muller nobre casada, o que impón a mesura por parte dos amantes; isto é, a discreción deste amor adúltero.Louvanza da dama con escasas referencias ás súas calidades físicas e piscolóxicas para manter en segredo a súa identidade.Idealización da dama con figuras estereotipadas: fremosa mha senhor senhor ben talhada senhor de bom parescer senhor do melhor prez boa senhor senhor de bon ssem
  32. 32. Loanza da damaAparece polo xeral na primeira parte da cantiga. Pode referirse á belezafísica ou moral:
  33. 33. Senhor, en tan grave día vos vi que non podería máis; e por Santa María, que vos fex tan mesurada, doede-vos algún día de mí, senhor ben talhada. Pois sempre ha en vós mesura e todo ben e cordura, que Deus fez en vós feitura qual non fez en molher nada, Cancioneiro daDon Dinis, trobador e rei de Biblioteca Nacional de doede-vos por mesuraPortugal Lisboa (B) de min, senhor ben talhada. E por Deus, senhor, tomade mesura por gran bondade que vós el deu, e catade qual vida vivo coitada, e algún doo tomade de min, senhor ben talhada.  Cantigade amor de Don Dinís  562 V 176 B
  34. 34. Coita de amorO amor na lírica galego- portuguesa -a diferenza da occitana- é fonte de COITA.O desdén e/o rexeitamento da dama ou a simple separación dos amantes é a causa do sufrimento constante do trobador e de toda a sintomatoloxía amorosa que o acompaña: loucura, perda do sen e mesmo morte de amor.
  35. 35. Coita de amorPreséntanse diferentes graos de sufrimento por amor: o pranto, a loucura ou a morte por amor. Algúns elementos léxicos comúns son: coita, doo, penar, sofrer, lazerar, chorar, sandecer (tolear), perder o sen, morrer… Ora non moiro, nen vivo, nen sei como me vai, nen ren de mi, se non tanto que ei eno meu coraçon coita d´amor qual vos ora direi: tan grand´é que me faz perder o sén e mia senhor non sab´ ende ren. Nuno Fernández Torneal
  36. 36. Muitos dizem com gram coita damorA dona que eu ame tenho por senhor que querriam morrer e que assiamostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for, perderiam coitas; mais eu de mise nom dade-mi-a morte. quero dizer verdada mia senhor: queria-me lheu mui gram bem querer,A que tenheu por lume destes olhos meus mais nom queria por ela morrere por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus, comoutros morrerom. E que prol tem?se nom dade-mi-a morte. Ca, des que morrer, nona veerei, nem bõo serviço nunca lhi farei.Essa que vós fezestes melhor parecer Por enda senhor que eu quero bemde quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer, queria-me lheu mui gram bem quererse nom dade-mi-a morte. mais nom queria por ela morrerAi, Deus! qui mi-a fezestes mais ca mim amar, comoutros morrerom no mundo já,mostrade-mi-a u possa com ela falar, que depois nunca poderom servirse nom dade-mi-a morte. as por que morrerom, nem lhis pedir rem. Por enda que mestas coitas dá Cantiga de amor de Bernal de Bonaval queria-me lheu mui gram bem querer B 1066 V 657 mais nom queria por ela morrer; ca nunca lhi tam bem posso fazer Versión musicada por Amancio Prada en: serviço morto como se viver. http://cantigas.fcsh.unl.pt/http://sondepoetas. blogspot.com/  Cantiga de amor de Paio Gomes Chainho  B 809 V 393
  37. 37. Amor do poeta Pois que mhei ora dalongar de mia senhor, que quero bem, porque me faz perder o sem, quando mhouver dela quitar, direi, quando me lhespedir: de mui bom grado queria ir loge nunca [mendar] viir. Pois me tal coita faz sofrer, qual sempreu por ela sofri, des aquel dia m que a vi, Afonso X O e nom se quer de mim doer Sabio atanto lhi direi por en: moireu e moiro por alguémO fiel amante cortés e nunca vos direi mais en. anuncia o seu amor pero E já eu nunca veerei prazer com estes olhos meus, non é quen de llo de[s] quando a nom vir, par Deus, e com coita que haverei, manifestar á súa dama chorando lhi direi assi: moireu porque nom vejaqui a dona que por meu mal [vi]. (precador) polo que sofre  Cantiga de Afonso X amando en silencio...  B 469
  38. 38. Amor do poetaTransmítese a través de breves enunciados ao longo das composicións: amar muito, querer ben, amor… Case sempre son fórmulas estereotipadas. Meu senhor Deus, pois me tan muit´amar Fezestes, quan muit´amo, ua molher Pedro Amigo de Sevilla
  39. 39. Reserva da dama*O segredo, a prudencia e a discreción preside arelación de amor: mesura, razón, non dicir…*A prohibición de vela ou falarlle imposta pola dama aopoeta: alongar, alongado, mandar ir, fazer partir…*O rexeitamento, a despreocupación pola sorte donamorado, a indiferenza…: sersañuda, desamar, desamparar, non nembrar, fazermal… Am´eu tan muito mia senhor que sol non me sei conselhar ela non se quer nembrar de min… e moiro-me de amor. E assi morrerei por quen nen quer meu mal, nen quer meu ben.  Nuno Fernández Torneal
  40. 40. CLASIFICACIÓN FORMALATENDENDO Á PRESENZA DE REFRÁN CANTIGA DE REFRÁN Composicións que levan un ou varios versos que se repiten ao final de cada estrofa. Son as máis parecidas ás cantigas de amigo. CANTIGA DE MESTRÍA Non ten refrán e componse de tres ou catro cobras de sete versos heptasílabos, octosílabos ou decasílabos. Estas son máis parecidas ás composicións provenzais.
  41. 41. CLASIFICACIÓN FORMALATENDENDO Á DISTRIBUCIÓN DA RIMA COBRAS Repiten as mesmas rimas en todas as estrofas. UNISONANTES COBRAS Teñen rimas diferentes coa mesma distribución en cada SINGULARES estrofa. COBRAS DOBRAS As mesmas rimas en idéntica distribución cada dúas estrofas. COBRAS ALTERNAS Repiten unha combinación de rimas para as estrofas pares e outra para as impares.
  42. 42. RECURSOSDOBRE Repetición dunha palabra ou grupo de Est a dona que quero ben palabras en posicións simétricas dunha e con pavor de vos pesar estrofa. non lhis ouso dixer per ren senhor, que vos eu quero ben […]MORDOBRE Repetición, en posicións simétricas, dun Mais sol non poss eu enganar mesmo lexema, con variación nos afixos Meu coraçon, que me enganou, ou nos morfemas. Por quanto me fez desejar A quen me nunca desejou: […]FINDA Versos ao remate da composición como unha conclusión. Mantén a rima do refrán ou nas de mestría a da última cobra.COBRAS O primeiro verso da segunda estrofa repite a rima do derradeiro verso daCAPCAUDADAS anterior.COBRAS Cando o primeiro verso da segunda cobra retoma algunha palabra ouCAPFINIDAS secuencia de palabras do último verso da anterior. Se ten refrán, o verso anterior ao refrán.COBRAS Dúas ou máis cobras posúen versos queCAPDENALS comezan pola mesma palabra ou grupo de palabras.
  43. 43. Máis Música: http://cantigas.fcsh.unl.pt http://martincodax.org http://sondepoetas.blogspot.c om http://www.luarnalubre.com http://www.amancioprada.com

×