SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 4
Baixar para ler offline
BOPBOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
www.dacoruna.gal
MIÉRCOLES, 8 DE NOVIEMBRE DE 2017  |  BOP NÚMERO 212
Página 1 / 4
Númerodeanuncio 2017/9403
Administración Local
Provincial
Deputación Provincial da Coruña
Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais
Bases de convocatoria do IV Concurso de Guións Contra a Violencia de Xénero, ano 2017
Por Resolución da Presidencia n.º 2017/31109 aprobáronse as Bases e orzamento da convocatoria do IV CONCURSO
DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ANO 2017 que de seguido se transcriben:
IV CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
BASES DA EDICIÓN, ANO 2017
PREÁMBULO
Considérase necesario o apoio institucional para alcanzar a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes
na sociedade, xa que é unha responsabilidade da cidadanía traballar conxuntamente para lograla. Por este motivo dende a
Deputación Provincial da Coruña quérese xerar reflexión e conciencia na mocidade, xa que son un vehículo de transmisión
e motor do cambio e do futuro, ademais de fomentar a súa participación nunha actividade creativa de sensibilización a
través da edición dun guión, dedicado a concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos
esforzos para combater a violencia de xénero e erradicar esta lacra social.
BASES
PRIMEIRA
O obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización
e prevención da violencia de xénero. Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente cree deba-
te, mobilización, fomente a súa creatividade mentres reflexionan sobre a importancia de combater e denunciar a violencia
de xénero e, así mesmo, a través do guión expoñan os motivos polos que se deben xuntar esforzos para combater esta
lacra social.
Así mesmo, o obxecto do concurso procura a participación e compromiso da comunidade educativa como piar necesa-
rio para guiar e orientar no proceso de creación.
Paralelamente o concurso promove o traballo en equipo, así como a aprendizaxe do medio audiovisual.
SEGUNDA.–Participantes.
Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación se-
cundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga, de calquera nacionalidade, que
se presenten individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados e titorizados
por persoal docente do centro público de estudos ao que se adscribe, pertencentes á provincia da Coruña,e apoiados pola
Dirección do centro.
Cada participante só poderá presentar un único guión orixinal e inédito, non premiado con anterioridade.
Non poderán participar as persoas gañadoras en edicións anteriores.
Empregará a lingua galega e a perspectiva de xénero.
TERCEIRA.–Temática.
O premio concederase ao mellor guión onde se combinen aptitudes artísticas e creativas do alumnado na creación
dun guión creativo, con impacto social e potencialidade audiovisual, orixinal e non publicado que en tan só uns minutos
pretenda concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a
violencia de xénero e erradicar esta lacra social.
Terase en conta a viabilidade da posterior produción audiovisual.
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Miércoles, 8 de noviembre de 2017  •  Número 212
Página 2 / 4
Númerodeanuncio 2017/9403
Os textos empregados deberán respectar os principios da lexislación vixente en políticas de igualdade de xénero e
prevención da violencia de xénero.
CUARTA.–Formato.
O guión editarase tendo en conta os seguintes criterios:
	 1. Identificarase cun título.
	 2. Redactarase con formato courier 12, interliñado sinxelo, aliñado á esquerda con numeración de escenas e páxi-
nas. Máximo 4 páxinas de guión (previsto para unha produción aproximadamente de 3 ou 4 minutos).
	 3. Deberá conter, polo menos, as seguintes partes; encabezado de escena, descrición/acción, personaxe, diálogo
(de ser o caso), anotación ou paréntese, transicións, e planos.
	 4. Presentarase en papel e en soporte dixital. O guión impreso non poderá ir asinado co nome, a única referencia
será o título.
	 5. O idioma empregado será o galego, e engadirase a perspectiva de xénero.
QUINTA.–Premio.
Outorgarase un único premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, no que se
producirá o vídeo con base no guión gañador que se adaptará segundo as necesidades e onde as persoas participantes
poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso.
Así mesmo, outorgarase un premio en metálico de 4.000 euros ao centro educativo que titorice o guión gañador.
Esta cantidade aboarase unha vez realizado o proxecto e está suxeita ás retencións legais que sexan de aplicación.
O xurado poderá facer unha mención honorífica a algún outro guión pola súa calidade técnica e impacto social.
Posteriormente e para a participación da edición da produción e gravación audiovisual pedirase a autorización por
escrito, tanto do centro educativo, como do/a titor/a legal das persoas participantes.
As persoas participantes recibirán unha copia da curta xa editada e poderán participar da súa presentación nos medios
que se estimen oportunos, seguindo as directrices da deputación.
A deputación resérvase o dereito a facer uso dos guións e da produción audiovisual, cedéndolle á autora ou autor os
dereitos por tempo indefinido para que a deputación poida empregalas para calquera campaña de sensibilización e infor-
mación das actividades da Deputación da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero.
SEXTA.–Prazo e forma de presentación dos traballos.
Prazo: o prazo de admisión de guións ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase aos
30 días naturais.
Forma de presentación: o guión entregarase en soporte papel e dixital nun sobre pechado (1), no exterior do sobre
indicarase IV Concurso de guións contra a violencia de xénero 2017 e un título como identificador do guión.
Dentro deste sobre irá:
	 1. O guión en soporte papel e dixital (CD, DVD, lapis de memoria, etc) identificado co título.
	 2. Un sobre pechado co título no exterior, e no seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de
datos de carácter persoal (anexo 1) cos datos requiridos.
As candidaturas presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial da Coruña, Avda. Porto da Coruña n.º 2,
15003 A Coruña, ou consonte co indicado no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 outubro, do Procedemento Administrativo
Común das Administracións Públicas, indicando no exterior do sobre: IV CONCURSO GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE
XÉNERO, 2017.
SÉTIMA.–Composición e actuación do xurado.
O xurado estará presidido pola Presidencia da deputación ou persoa na que delegue e formarán parte del a deputada
da Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero, persoal do Servizo de Acción Social, Cultural e
Deporte, así como de dúas persoas de recoñecido prestixio no eido do deseño gráfico e produción audiovisual.
Actuará como secretario o da Corporación ou persoa funcionaria en quen delegue. Esta será a persoa encargada de
abrir o sobre dos traballos que resulten finalistas.
O xurado actuará en pleno, será necesaria a asistencia de dous terzos dos seus membros. As súas deliberacións serán
secretas e delas redactarase a acta correspondente. O réxime xurídico e de funcionamento do xurado será o disposto nos
artigos 15 a 18 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Miércoles, 8 de noviembre de 2017  •  Número 212
Página 3 / 4
Númerodeanuncio 2017/9403
A Deputación resérvase o dereito de modificar as condicións en calquera momento, incluso pode chegar a anulalo ou
deixalo sen efecto sempre que concorra causa xustificada, en todo caso comprométese a comunicalo pola mesma vía.
Así mesmo, o xurado poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxecto de resolución da Presidencia
desta deputación, que é o órgano competente para resolver o premio.
OITAVA.–concesión e entrega dos premios.
A concesión darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación.
A entrega do premio celebrarase posteriormente nas dependencias da deputación e avisaranse as persoas gañadoras
con antelación.
NOVENA
Non se devolverán os traballos presentados e non premiados. A partir do día seguinte á concesión do xurado dos
traballos premiados os outros poderán ser destruídos.
DÉCIMA
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.
A Coruña, 13 de setembro de 2017.
O presidente									O secretario
Valentín González Formoso				 José Luís Almau Supervía
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Miércoles, 8 de noviembre de 2017  •  Número 212
Página 4 / 4
Númerodeanuncio 2017/9403
IV CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ANO 2017
FOLLA DE ACEPTACIÓN DOS COMPROMISOS DA CONVOCATORIA (ANEXO 1)
DATOS DA PERSOA PARTICIPANTE (cubrirase un impreso por cada persoa participante. No caso dos grupos o/a docente
ou persoa que supervise o guión e o centro de estudos deberá ser o mesmo senón queda invalidada a participación)
Nome e apelidos/ NIF Data de nacemento
Enderezo
Localidade/Concello Código postal Teléfono
Centro escolar ao que pertence: CIF: Docente que supervisa o guión:
Director/a do centro educativo Teléfono e correo electrónico da Dirección do
centro
Título do guión:
Outros datos:
Achégase fotocopia do DNI da persoa participante.
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación das bases polo que se lle ceden os
dereitos para que a deputación poida empregar o traballo para calquera campaña de sensibilización e información das
actividades da Deputación da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero.
Lugar e data __________________________
																						 (sinatura da persoa participante)
		 (sinatura do/a docente que titorice)							    (sinatura da Dirección do centro)
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Autorización para a publicación dos datos persoais* e cesión de imaxe das persoas participantes menores de idade no
IV Concurso de guións contra a violencia de xénero.
Don/dona .........................................................................................................................................................,
con DNI ........................................, como pai/nai ou titor/a do/a menor .....................................................................
......................., autorizo á Deputación da Coruña para que empregue os datos de carácter persoal e imaxes para fins de
difusión e publicidade que se considere conveniente no marco do fomento da igualdade de xénero.”
_______, _____ de __________ de 2017.
Asinado
(pai, nai, titor/a legal)
*Segundo o disposto no artigo 18 da Constitución, Lei 1/1982, do 5 de maio, sobre o dereito ao honor, a intimidade
persoal e a propia imaxe e a Lei 15/1999, do 13 de decembro, sobre a protección de datos de carácter persoal.
*Cada unha das persoas participantes na autoría do guión cubrirá este documento e engadirase no sobre pechado (2)
depositado no interior do sobre (1) que contén o traballo.
2017/9403

Mais conteúdo relacionado

Semelhante a Concurso guións violencia xénero

Bases premios publicidade_2019
Bases premios publicidade_2019Bases premios publicidade_2019
Bases premios publicidade_2019satelite1
 
Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2
Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2
Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2satelite1
 
Bases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivoBases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivosatelite1
 
Bases lingua de_namorar_2018_vf
Bases lingua de_namorar_2018_vfBases lingua de_namorar_2018_vf
Bases lingua de_namorar_2018_vfsatelite1
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureirocenlf
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureirocenlf
 
Elas triptico
Elas tripticoElas triptico
Elas tripticosatelite1
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdfcenlf
 
Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016satelite1
 

Semelhante a Concurso guións violencia xénero (12)

Bases premios publicidade_2019
Bases premios publicidade_2019Bases premios publicidade_2019
Bases premios publicidade_2019
 
Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2
Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2
Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2
 
Bases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivoBases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivo
 
Bases lingua de_namorar_2018_vf
Bases lingua de_namorar_2018_vfBases lingua de_namorar_2018_vf
Bases lingua de_namorar_2018_vf
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureiro
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
 
Concello a baña animador cultural,oct14
Concello a baña animador cultural,oct14Concello a baña animador cultural,oct14
Concello a baña animador cultural,oct14
 
Elas triptico
Elas tripticoElas triptico
Elas triptico
 
Folleto XI Edición Premio Carro de Prata
Folleto XI Edición Premio Carro de PrataFolleto XI Edición Premio Carro de Prata
Folleto XI Edición Premio Carro de Prata
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdf
 
Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".
Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".
Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".
 
Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016
 

Mais de satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

Mais de satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Concurso guións violencia xénero

  • 1. BOPBOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA www.dacoruna.gal MIÉRCOLES, 8 DE NOVIEMBRE DE 2017  |  BOP NÚMERO 212 Página 1 / 4 Númerodeanuncio 2017/9403 Administración Local Provincial Deputación Provincial da Coruña Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais Bases de convocatoria do IV Concurso de Guións Contra a Violencia de Xénero, ano 2017 Por Resolución da Presidencia n.º 2017/31109 aprobáronse as Bases e orzamento da convocatoria do IV CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ANO 2017 que de seguido se transcriben: IV CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO BASES DA EDICIÓN, ANO 2017 PREÁMBULO Considérase necesario o apoio institucional para alcanzar a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes na sociedade, xa que é unha responsabilidade da cidadanía traballar conxuntamente para lograla. Por este motivo dende a Deputación Provincial da Coruña quérese xerar reflexión e conciencia na mocidade, xa que son un vehículo de transmisión e motor do cambio e do futuro, ademais de fomentar a súa participación nunha actividade creativa de sensibilización a través da edición dun guión, dedicado a concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero e erradicar esta lacra social. BASES PRIMEIRA O obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización e prevención da violencia de xénero. Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente cree deba- te, mobilización, fomente a súa creatividade mentres reflexionan sobre a importancia de combater e denunciar a violencia de xénero e, así mesmo, a través do guión expoñan os motivos polos que se deben xuntar esforzos para combater esta lacra social. Así mesmo, o obxecto do concurso procura a participación e compromiso da comunidade educativa como piar necesa- rio para guiar e orientar no proceso de creación. Paralelamente o concurso promove o traballo en equipo, así como a aprendizaxe do medio audiovisual. SEGUNDA.–Participantes. Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación se- cundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados e titorizados por persoal docente do centro público de estudos ao que se adscribe, pertencentes á provincia da Coruña,e apoiados pola Dirección do centro. Cada participante só poderá presentar un único guión orixinal e inédito, non premiado con anterioridade. Non poderán participar as persoas gañadoras en edicións anteriores. Empregará a lingua galega e a perspectiva de xénero. TERCEIRA.–Temática. O premio concederase ao mellor guión onde se combinen aptitudes artísticas e creativas do alumnado na creación dun guión creativo, con impacto social e potencialidade audiovisual, orixinal e non publicado que en tan só uns minutos pretenda concienciar a poboación, en xeral, dos motivos polos que debemos xuntar os nosos esforzos para combater a violencia de xénero e erradicar esta lacra social. Terase en conta a viabilidade da posterior produción audiovisual.
  • 2. BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA Miércoles, 8 de noviembre de 2017  •  Número 212 Página 2 / 4 Númerodeanuncio 2017/9403 Os textos empregados deberán respectar os principios da lexislación vixente en políticas de igualdade de xénero e prevención da violencia de xénero. CUARTA.–Formato. O guión editarase tendo en conta os seguintes criterios: 1. Identificarase cun título. 2. Redactarase con formato courier 12, interliñado sinxelo, aliñado á esquerda con numeración de escenas e páxi- nas. Máximo 4 páxinas de guión (previsto para unha produción aproximadamente de 3 ou 4 minutos). 3. Deberá conter, polo menos, as seguintes partes; encabezado de escena, descrición/acción, personaxe, diálogo (de ser o caso), anotación ou paréntese, transicións, e planos. 4. Presentarase en papel e en soporte dixital. O guión impreso non poderá ir asinado co nome, a única referencia será o título. 5. O idioma empregado será o galego, e engadirase a perspectiva de xénero. QUINTA.–Premio. Outorgarase un único premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, no que se producirá o vídeo con base no guión gañador que se adaptará segundo as necesidades e onde as persoas participantes poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso. Así mesmo, outorgarase un premio en metálico de 4.000 euros ao centro educativo que titorice o guión gañador. Esta cantidade aboarase unha vez realizado o proxecto e está suxeita ás retencións legais que sexan de aplicación. O xurado poderá facer unha mención honorífica a algún outro guión pola súa calidade técnica e impacto social. Posteriormente e para a participación da edición da produción e gravación audiovisual pedirase a autorización por escrito, tanto do centro educativo, como do/a titor/a legal das persoas participantes. As persoas participantes recibirán unha copia da curta xa editada e poderán participar da súa presentación nos medios que se estimen oportunos, seguindo as directrices da deputación. A deputación resérvase o dereito a facer uso dos guións e da produción audiovisual, cedéndolle á autora ou autor os dereitos por tempo indefinido para que a deputación poida empregalas para calquera campaña de sensibilización e infor- mación das actividades da Deputación da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero. SEXTA.–Prazo e forma de presentación dos traballos. Prazo: o prazo de admisión de guións ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase aos 30 días naturais. Forma de presentación: o guión entregarase en soporte papel e dixital nun sobre pechado (1), no exterior do sobre indicarase IV Concurso de guións contra a violencia de xénero 2017 e un título como identificador do guión. Dentro deste sobre irá: 1. O guión en soporte papel e dixital (CD, DVD, lapis de memoria, etc) identificado co título. 2. Un sobre pechado co título no exterior, e no seu interior a folla de aceptación dos compromisos e autorización de datos de carácter persoal (anexo 1) cos datos requiridos. As candidaturas presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial da Coruña, Avda. Porto da Coruña n.º 2, 15003 A Coruña, ou consonte co indicado no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, indicando no exterior do sobre: IV CONCURSO GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, 2017. SÉTIMA.–Composición e actuación do xurado. O xurado estará presidido pola Presidencia da deputación ou persoa na que delegue e formarán parte del a deputada da Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero, persoal do Servizo de Acción Social, Cultural e Deporte, así como de dúas persoas de recoñecido prestixio no eido do deseño gráfico e produción audiovisual. Actuará como secretario o da Corporación ou persoa funcionaria en quen delegue. Esta será a persoa encargada de abrir o sobre dos traballos que resulten finalistas. O xurado actuará en pleno, será necesaria a asistencia de dous terzos dos seus membros. As súas deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. O réxime xurídico e de funcionamento do xurado será o disposto nos artigos 15 a 18 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.
  • 3. BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA Miércoles, 8 de noviembre de 2017  •  Número 212 Página 3 / 4 Númerodeanuncio 2017/9403 A Deputación resérvase o dereito de modificar as condicións en calquera momento, incluso pode chegar a anulalo ou deixalo sen efecto sempre que concorra causa xustificada, en todo caso comprométese a comunicalo pola mesma vía. Así mesmo, o xurado poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxecto de resolución da Presidencia desta deputación, que é o órgano competente para resolver o premio. OITAVA.–concesión e entrega dos premios. A concesión darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación. A entrega do premio celebrarase posteriormente nas dependencias da deputación e avisaranse as persoas gañadoras con antelación. NOVENA Non se devolverán os traballos presentados e non premiados. A partir do día seguinte á concesión do xurado dos traballos premiados os outros poderán ser destruídos. DÉCIMA A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases. A Coruña, 13 de setembro de 2017. O presidente O secretario Valentín González Formoso José Luís Almau Supervía
  • 4. BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA Miércoles, 8 de noviembre de 2017  •  Número 212 Página 4 / 4 Númerodeanuncio 2017/9403 IV CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ANO 2017 FOLLA DE ACEPTACIÓN DOS COMPROMISOS DA CONVOCATORIA (ANEXO 1) DATOS DA PERSOA PARTICIPANTE (cubrirase un impreso por cada persoa participante. No caso dos grupos o/a docente ou persoa que supervise o guión e o centro de estudos deberá ser o mesmo senón queda invalidada a participación) Nome e apelidos/ NIF Data de nacemento Enderezo Localidade/Concello Código postal Teléfono Centro escolar ao que pertence: CIF: Docente que supervisa o guión: Director/a do centro educativo Teléfono e correo electrónico da Dirección do centro Título do guión: Outros datos: Achégase fotocopia do DNI da persoa participante. A participación nesta convocatoria supón a total aceptación das bases polo que se lle ceden os dereitos para que a deputación poida empregar o traballo para calquera campaña de sensibilización e información das actividades da Deputación da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero. Lugar e data __________________________ (sinatura da persoa participante) (sinatura do/a docente que titorice)     (sinatura da Dirección do centro) --------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- Autorización para a publicación dos datos persoais* e cesión de imaxe das persoas participantes menores de idade no IV Concurso de guións contra a violencia de xénero. Don/dona ........................................................................................................................................................., con DNI ........................................, como pai/nai ou titor/a do/a menor ..................................................................... ......................., autorizo á Deputación da Coruña para que empregue os datos de carácter persoal e imaxes para fins de difusión e publicidade que se considere conveniente no marco do fomento da igualdade de xénero.” _______, _____ de __________ de 2017. Asinado (pai, nai, titor/a legal) *Segundo o disposto no artigo 18 da Constitución, Lei 1/1982, do 5 de maio, sobre o dereito ao honor, a intimidade persoal e a propia imaxe e a Lei 15/1999, do 13 de decembro, sobre a protección de datos de carácter persoal. *Cada unha das persoas participantes na autoría do guión cubrirá este documento e engadirase no sobre pechado (2) depositado no interior do sobre (1) que contén o traballo. 2017/9403