O slideshow foi denunciado.
Utilizamos seu perfil e dados de atividades no LinkedIn para personalizar e exibir anúncios mais relevantes. Altere suas preferências de anúncios quando desejar.

A entrevista

Como preparar unha entrevista?

  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

A entrevista

  1. 1. A ENTREVISTA
  2. 2. PREPARACIÓN DA ENTREVISTA  Documentarse sobre o tema a tratar.  Que queremos saber sobre o tema.  Que testemuños nos poden achegar e como os imos recoller.  Que tipo de testemuños nos interesan para o tema que queremos facer.
  3. 3. PREPARACIÓN DA ENTREVISTA  O entrevistador debe ser paciente. Antes de comezar a entrevista debemos dedicar uns minutos para falar co entrevistado sobre o tema que imos tratar.  O entrevistador debe ser bo escoitando. Non debemos cortar ao entrevistado, pois el é o que debe falar.  A boa educación e a consideración co noso entrevistado son fundamentais para crear un clima agradable.  Dende o principio debemos deixar claro para que se realiza a entrevista: traballo de clase, que se vai utilizar o son da gravación e que vai estar en internet, se esta persoa quere dicirnos quen é ou prefire permanecer no anonimato.
  4. 4. PREPARACIÓN DA ENTREVISTA  Procuraremos facer a entrevista nun lugar o máis silencioso posible e evitando interrupcións.  A entrevista debe realizarse, a ser posible, nunha única gravación, é dicir, sen interrupcións.
  5. 5.  Levaremos as preguntas escritas, pero tamén podemos ir tomando notas, breves, pois pode haber partes nas que non pensaramos e nas que queremos profundizar.  Non debemos interromper as digresións do relato, pois a persoa pode sentirse mal. Cando poidamos, intentaremos retomar o fío do relato.  Ás veces o entrevistado pode dubidar nun dato e, se non é quen de lembralo pode sentirse mal, debemos quitarlle ferro ao dato e facer que o relato pareza o interesante.
  6. 6. PREPARACIÓN DA ENTREVISTA Ao comezo empezaremos intervindo nós: Nome e apelidos, en (lugar, día, hora). A continuación, se o entrevistado acepta, faremos que se presente. (nome, apelidos e lugar de residencia). Isto permite romper o xeo para comezar.
  7. 7. REMATE DA ENTREVISTA Ao rematar daremos as grazas ao noso entrevistado polo seu tempo e a súa colaboración.

×