2. De onde vimos?
Antes da chegada dos romanos, Gallaecia (hoxe Galiza
e N. de Portugal) era un conxunto de pobos (ártabros,
cóporos, nerios….) Un deles, os CILENOS, vivían na
contorna do que hoxe é Caldas , Cuntis, Catoira, Valga,
Vilgarcía…
•
En Paradela, Follente e Outeiro existen restos
de castros.
4. • O Tesouro de Caldas foi atopado no lugar de As
Silgadas en 1940. Hoxe está exposto no Museo de
Pontevedra e constitúe un dos vestixios prehistóricos
máis importantes da Península Ibérica.
5. OS ROMANOS
Os romanos conquistaron todos os pobos da
Gallaecia.Nomearon estas terras coma «Aquis Cellenis». Caldas
convertiuse nun punto
importante da Vía XIX que unía Bracara Augusta (Braga) con
Asturica Augusta (Astorga).
En Caldas construiron 3 pontes e aos habitantes otorgáronlle os
dereitos de cidadáns romanos.
8. Idade Media
• A comezos da Idade Media Caldas perdeu a sede episcopal debido ás invasións
normandas e aos conflictos bélicos.
No século XII Dona Urraca de Castela tiña unha torre defensiva
na vila. Aquí pasaba tempadas e aquí naceu o seu fillo, o
futuro rei Afonso VII. Neste intre Caldas pasou a chamarse
Caldas de Rex.
Os bispos de Santiago tiveron en Caldas pazos e mansións de
descanso ata o século XVI.
9. O Románico: Sta. María de Caldas
• Na Idade Media construíronse na comarca varias igrexas de
estilo románico, vinculadas ao Camiño de Santiago desde
Portugal.
Da primeira metade do século XII. Da
antiga fábrica románica queda a
ábside reforzada por contrafortes
laterais e modillóns na cabeceira.
Destaca a porta occidental con dúas
arquivoltas de medio punto e tímpano
historiado. Destaca o «Agnus Dei» no cumio da ábside.
11. Santo André de César
• Do século XII foi reformada
• no s. XVIII en estilo barroco.
• Da antiga igrexa queda a ábsida,
• unha das máis interesantes da
• comarca.
Os capiteis das columnas
están historiados.
12. Santa María de Bemil
Igrexa de orixe románica, da
que se conserva o rosetón da
fachada occidental, un tramo
do muro sur e a ábside
semicircular.
Os muros conservan os
medallóns románicos.
A torre-campanario é de
estilo barroco.
13. Santo Estevo de Saiar
De orixe románica, está moi
transformada sobre todo na
cabeceira, que foi substituída
completamente.
Conservase o corpo da nave e
as dúas portas.
Unha das portas está
profusamente decorada, ten o
tímpano rebaixado de forma
semicircular e conta con dúas parellas de columnas con capiteis
vexetais con volutas.
14. San Estevo de Saiar
A outra portada posúe unha única arquivolta sobre un par de
columnas.
15. Idade Moderna
• Nesta época Caldas mantivo unha importante vinculación con
Pontevedra e Santiago.
• No1581 os veciños de Caldas mercaron ao rei Felipe II os
«Derechos de la Villa». Este permitíu que se convertira en
«vila de reguengo» (dise das terras ou vilas que no Antigo
Réxime estaban sometidas directamente á xurisdición do rei).
16. Idade Moderna
Caldas viveu cambios importantes dende mediados do s. XV,
grazas aos franqueos de mercado e feira concedidos polo
arcebispado de Santiago.
A «Rúa Vella « ou «Camiño Real», hoxe «Rúa Real», organizaba o
principal asentamento da poboación: casas blasonadas e
soportaladas das familias fidalgas.
17. Idade Moderna
Estas familias fidalgas acumularon moita riqueza grazas ao cobro
das rendas (foros) que os labradores tiñan que pagar polo
aluguer das terras.
Na Rúa Real, na Rúa dos Fornos, na da Ferraría estaban as
fondas e os obradoiros dos ferreiros, dos zapateiros, dos
panadeiros, etc.
18. Idade Moderna
• Nos séculos XVII e XVVIII desenrolouse en toda a comarca
unha importante industria téxtil en torno ao liño.
Na parroquia de Arcos da Condesa, no lugar de Badoucos , en
1630 un grupo de artesáns fabricantes de campás.
19. Idade Contemporánea
O termalismo está presente en toda a historia de Caldas .
Identificada polos historiadores coa mansión Aquae Celenae do
itinerario de Antonino na vía militar «Per loca marítima».
As «augas da burga» tiveron un papel moi importante na vida
cotiá da vila. Servían de abastecemento de
auga e a elas acudían persoas co fin de atopar
alivio e curación para as súas doenzas.
Caldas conta con dous balanearios no núcleo
Urbán. O balneario Acuña, edificio de arquitectura
galega de comezos do XIX e o Balneario Dávila.
20. A fonte pública de As Burgas permite realizar a cura
por vía oral (cura hidropínica).
21. As augas mineiro-medicinais de Caldas pertencen
ao grupo de de augas sulfuradas cloruro-sódicas
hipertermais.
Este tipo de augas, tanto pola súa temperatura
coma pola súa composición, son das máis
interesantes de todo o espectro mineiro-medicinal.
Están indicadas para as afeccións de vías
respiratorias, reumáticas, da pel, xinecolóxicas e
quirúrxicas.
22. No século XIX estiveron situadas, aproveitando a forza da auga do
rio Umia, unha central eléctrica, impulsada por Laureano Salgado
(1847-1939), e unha das primeiras fábricas de papel continuo de
España.
23. PATRIMONIO NATURAL
• Á beira do Umia están o Parque-Xardín e a Carballeira. Os
terreos nos que están situados formaban parte dunha finca
do Conde de Canillas, que foi comprada polo Concello en
1883. Máis tarde, no 1962 foron declarados Paraxe
Pintoresco e Xardín Histórico.
24. Parque-Xardín botánico
O Parque Xardín-Botánico de Caldas está
constituido por un xardín centenario e
exótico con máis de cen variedades de
especies dos cinco continentes.
Son de destacar, ademais, o canabal de bambú do balneario Dávila e o
conxunto de palmeras situado no adro de Sto. Tomás.
Cedro do
Líbano
25. Camiñando…
A Ruta da Auga é unha senda homologada ,
circular , duns 9 kms. de recorrido. Sae do
Parque, vai ata a fervenza de Segade, segue
pola calzada romana, atravesa o Umia e
volve pola outra beira do río ata a igrexa de
Santa María.