Filgueira Valverde: obra literaria

6.021 visualizações

Publicada em

Breve achegamento á obra literaria de Xosé Filgueira Valverde.

Publicada em: Educação
0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
6.021
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
3.759
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
23
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

Filgueira Valverde: obra literaria

  1. 1. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria Narrativa ● Os nenos (1925) ● O vigairo: ensaio simbólico, orixinal e inédito (1927) ● Quintana viva (1971) Poesía ● 6 canciones de mar "in modo antico" (1941) Teatro ● Agromar (1936)
  2. 2. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria Narrativa:Narrativa: Os nenosOs nenos Narrativa ● Os nenos (1925) Prosas editadas por Lar, con ilustracións de Luís Pintos Fonseca. Os nenos retratan un mundo visto a través dos seus ollos inocentes.
  3. 3. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria narrativa:narrativa: Os nenosOs nenos ● Quince relatos breves, narrados en primeira persoa: “Son pequenas refendas, en prosa poética [...], narracións do feitío que Castelao soupo axiña soerguer coma ninguén e nomear para sempre cousas”.
  4. 4. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria narrativa:narrativa: Os nenosOs nenos ● Dedicados “Á sagra lembranza dos irmanciños mártires nas terras de Eir-Einn. Dos nenos enxendrados no medo, nacidos na dor, criados na fame. Dos que morreron baixo o ferro alleo. Dos que viviron baixo do alleeiro trebón. Dos que non puideron rir, nin rebuldar ledos coma nenos. Dos que choraron a reo; apouvigados coma bestas. Dos que ollaron morrer os pais e os irmáns na loita pola Patria...”
  5. 5. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria narrativa:narrativa: Os nenosOs nenos ● Personaxes de diversa extracción social, de aldea e de cidade. ● Ton evocativo: “Espellan o xeito que tivemos os mozos dos anos vinte de enxergare o vivir galego”.
  6. 6. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria narrativa:narrativa: O VigairoO Vigairo Narrativa ● O Vigairo (1927) Obra presentada como traballo para o Seminario de Estudos Galegos. O protagonista sérvelle de pretexto para a evocación antropolóxica da Pontevedra mariñeira.
  7. 7. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria NARRATIVA:: O VigairoO Vigairo ● O barrio da Moureira é o protagonista real desta novela. Representa a dignidade das xentes do mar. (Peirao das Corbaceiras c. 1910, segundo o blog: http://callesdepontevedra.blogspot.com.es/2012_02_01_ar chive.html).
  8. 8. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria narrativa:narrativa: O VigairoO Vigairo ● “Os mariñeiros [d' A fiestra baldeira] eran certamente os mesmos de Castelao nas Cousas. E, nalgún aspecto, os pontevedreses evocados en O Vigairo. Xosé Filgueira Valverde, VII-Adral. P. 106.
  9. 9. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria narrativa:narrativa: O VigairoO Vigairo “E agora cómpre falar das outras lavandeiras, das fadas ou das almas en pena que lavan lenzos ensanguentados. En Asturias falaran da creenza Agüero e J. Menéndez Pidal e Jouve. Nembargantes, De Llano xa non atopou rastos. Mais, como di Cabal, estivo alí ben viva; tamén en Cataluña, nos Vosgos, en ● tantos outros lugares. En Galicia penso que foi Murguía o primeiro que aludiu a ela. Inda pode atoparse, non somentes nas aldeias, senón nas mesmas vilas. N'O Vigairo valinme eu do tema recollidos do río dos Gafos, perto da Moureira”. ● Xosé Filgueira Valverde, “As lavandeiras do romances”, Adral, pp. 348-9.
  10. 10. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria narrativa:narrativa: O VigairoO Vigairo “O pranto.- Utilizouno en 'Os Vellos'; a idea é do 1925. Era un dos cadros que levarían muro no primeiro termo e xente asomada atrás, como rúa en medio, nas fiestras. Escoitaríanse murmurios, veríase pasar a cruz da parroquia e logo as varredoras, abrindo de súpeto as vidreiras. O meu comenzo de 'O Vigairo' literaturiza a idea”. (Xosé Filgueira Valverde, Cuarto Adral. Castelao na lembranza. Ediciós do Castro, 1987, p. 85.)
  11. 11. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria narrativa:narrativa: quintana vivaquintana viva Narrativa ● Quintana viva (1971) Inclúe Os nenos (1925), co engadido de dous relatos máis e outras prosas “escritas ao longo de 50 anos”. ● A meirande parte dos relatos de Quintana viva foron escritos antes da guerra civil.
  12. 12. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria narrativa:narrativa: quintana vivaquintana viva “Pra a xente das Asturias, “quintana” ten o mesmo contido emocional que pra nós, os galegos, “eido”; como o “lar”, o fogar, a terra en que se asenta a casa, que pra eles, e pra nós, é “media vida”. Aquel exemplo de mestres, dono do “esprito universitario”, que foi Prieto Bances escribiu, en honra de Menéndez Pidal, un longo ensaio sobre “La mío quintana”.
  13. 13. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria narrativa:narrativa: quintana vivaquintana viva Alí teño lido unhas verbas moi fondas, ponderando o que morrería se, un día, se perdesen as “quintanas”, con todo o que a verba contén de achego ao solar nativo. E foron aquelas verbas as que me levaron a poñer o tíduo de Quintana viva a un dos libros que máis quero”. Xosé Filgueira Valverde, Segundo Adral. Ediciós do Castro, 1981. Pp. 37-8.
  14. 14. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria NARRATIVA:: quintana vivaquintana viva Quintana viva consta de catro partes: I. Os nenos (17 relatos). II. Artistas aldeáns (13 relatos). III. Obradoiro (4 relatos). IV. Os nomeandeiros (16 relatos).
  15. 15. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria NARRATIVA:: quintana vivaquintana viva I. Os nenos (17 relatos). Reproduce, ampliada, a obra publicada en 1925. ● Dende unha óptica infantil, trata temas transcendentais como a amizade, a inimizade, a vinganza, a dor pola morte dos seres queridos, a soidade, a saudade, o medo, as festas...
  16. 16. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria narrativa:: quintana vivaquintana viva II. Artistas aldeáns (13 relatos). ● Recollen en poucas palabras os soños de humildes artistas locais que non alcanzarán a fama nin a inmortalidade.
  17. 17. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria NARRATIVA:: quintana vivaquintana viva III. Obradoiro (4 relatos). ● Descríbenos a loita interna de catro persoeiros do barroco compostelán para sacaren a luz o artista que levaban dentro: construtores e escultores da Berenguela e da fachada do Obradoiro.
  18. 18. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria narrativa:narrativa: quintana vivaquintana viva IV. Os nomeandeiros (16 relatos). Os protagonistas póñenlles nomes ás cousas porque é unha forma de darlles vida ou de posuílas. ● “Levei ás páxinas da miña Quintana viva a estampa dun mociño que traballaba ca roda do pé, nunha mostra de artesanía galega. Facía o seu labor dun xeito ritual, e, cando remataba cada peza, pousábaa, agarimosamente, no paramio, e poñíalle un nome: -A unha oliña ben feita heille chamar como a miña moza... cando a teña”. Filgueira Valverde, “Os oleiros”, Adral.
  19. 19. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria NARRATIVA:: quintana vivaquintana viva ● Otero Pedrayo: Quintana viva foi unha raiola de sol na miña serán griseira e sen espranza.
  20. 20. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria Teatro: Agromar Teatro ● Agromar (1936) Farsa para nenos. Asinada co pseudónimo de J. Acuña. Prólogo do propio autor. O autor é consciente de estar iniciando o camiño necesario dun teatro escolar. Intención didáctica e ideolóxica.
  21. 21. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria Teatro: Agromar ● Enfróntanse os mundos da aldea e da vila. Enfrontamento representado xa no debuxo da portada (de Manuel Torres). ● A aldea encarna os valores tradicionais: traballo, responsabilidade, solidariedade, valentía, amor á lingua... ● Na vila medran a fachenda, a nugalla, o egoísmo, a vida oca...
  22. 22. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria teatro: Agromar ● Un dos rapaces (Nito: señorito Juan) fará a trasfega vila→aldea, estudará e porá os seus coñecementos ao servizo dos paisanos. ● Os personaxes son todos nenos, salvo o médico don Enrique.
  23. 23. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria poesía: 6 canciones de mar “in modo antico” Poesía ● 6 canciones de mar “in modo antico” (1941) Publicadas en Pamplona, no Caderno de Poesía Albor. ● “Filgueira, estudoso da poesía medieval, inspirouse na mesma nas súas 6 canciones de mar “in modo antico”, que o incorporan á escola neotrobadoresca” (Carballo Calero, 1975: 749).
  24. 24. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria POESÍA: 6 canciones de mar “in modo antico” Título en castelán e composicións referidas a un santuario (San Cremenço do Mar) son mecanismos defensivos dada a época de publicación (1941).
  25. 25. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria POESÍA: 6 canciones de mar “in modo antico” “Son divertimentos poéticos construídos con xogos sintagmáticos de rimas paralelísticas e simetrías sinonímicas, nos que se mesturan elementos da lírica medieval cos da canción popular, feitos coa emoción dun amante da nosa vella poesía medieval” (Mª Camiño Noia Campos, 1998: 423).
  26. 26. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria Procedencia das imaxes ● A imaxe do título das dispositivas pertence a unha ilustración de Siro López. ● Capa de Os nenos e Quintana viva: http://oslibrosdeanxelcasal.blogspot.com.es/2012/09/os-nenos.html ● Lavandeira: http://articulossaberyocio.blogspot.com.es/2012_12_01_archive.html ● Peirao das Corbaceiras: http://callesdepontevedra.blogspot.com.es/2012_02_01_archive.html ● Castelao, Mariñeiros. ● Ermida do Santo do Mar: http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/marin/isladosanto.html ● Illote do Santo do Mar: http://www.galiciamaxica.eu/foto/pontevedra/marin/illotesto/illote1.html Neno das piñas (Castelao): http://www.museo.depo.es/persoeiros/castelao/es.990001 ● A Berenguela: http://pt.wikipedia.org/wiki/Domingo_Antonio_de_Andrade ● Olería: http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/xxxi-mostra-da-oler% ● Misión biolóxica: http://tallerediciones.com/cuza_new/?p=1078 ●
  27. 27. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
  28. 28. XoséFilgueiraValverde(1906-1996). Obraliteraria BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

×