ECUV
eeE
Nº 905 SEMANA DO 26 DE FEBREIRO Ó 4 DE MARZO DO 2O12
O mércores pasado, Mércores de Cinza, empezabamos esta Coresma 2012, tempo de Graza e
tempo de conversión, que o Señor no ofrece ós cristiáns como oportunidade única no noso camiñar a
toda presa por este mundo, e que non deberamos desprezar se realmente buscamos a salvación.
Tódolos misterios de Deus son grandes misterios de amor, pero neste tempo hai un cumio, un lume
que se fai fogueira. “Como amara os seus, amounos ata o extremo”.
O longo da Coresma meditaremos estes abismos de graza e misericordia, pero ó mesmo tempo
iremos abríndonos e preparándonos para sentir estes dons e estas experiencias de amor.
A Coresma é todo un proceso de aproximación a Cristo, para coñecer e deixarnos transformar por
el. Desde o deserto ó Tabor, desde e Templo ó Cenáculo, desde Getsemaní ó Calvario e desde o
monte da morte á horta da vida: a resurreción.
●Camiño Coresmal litúrxico-espiritual.-
Celebrase hoxe litúrxicamente o que antes se ensinaba nun longo catecumenado, que remataba cos
sacramentos da Iniciación Cristiá. Estes sacramentos significaban e realizaban todo o proceso de
cristificación, pasando pola morte do home vello, enterrando na auga a vida de pecado, ou cravándoa
na cruz, para despois resucitar á vida nova, a vida de Cristo, alentada polo seu Espírito. Na
Confirmación se plenifica a presenza do Espírito. E na Eucaristía, como no Bautismo, se morre con
Cristo –“anunciamos a tu morte”- e nos enchemos da súa vida resucitada –“proclamamos a túa
resurrección”-. Comulgar é cristificarse, o que queremos alcanzar ó longo da Coresma.
Éste é o camiño litúrxico-teolóxico. O que S. Paulo expresa de moitas maneiras, camiño para
alcanzar a Cristo e comulgar coa súa paixón e a forza da resurrección, vestirse de Cristo, estar en
Cristo, vivir en Cristo, levar as marcas de Cristo e chegar a ser Cristo.
●Camiño Coresmal personalizado.-
Aínda que o Camiño sexa un e unha a meta, sempre e en todo Cristo, hai moitas maneiras de
camiñar ou de correr, con etapas máis ou menos prolongadas. No camiño o mesmo Pedro que Xoan
(“Xoán corría máis”), Estevo ou Saulo ou Santiago, o que presidía a Igrexa de Xerusalén.
Tódolos santos tiveron o seu ritmo propio, O de Bieito, o de Francisco de Asís, o de Ignacio de
Loyola, o de Teresa de Jesús, o e de Teresa de Calcuta.
Podemos deternos no camiño do mártir dos nosos tempos, o Pai Christian de Chergé. Seguindo os
pasos do seu testamento espiritual, e podemos distinguir varias etapas:
●Opción radical por Cristo. Consagra a súa vida a Deus nun mosteiro trapense. Deixa atrás todo
canto estimaba e quería, con un futuro brillante pero que el consideraba pequeno e pobre en
comparación con Cristo. Foi como unha vivencia bautismal a tope.
●Opción misioneira. Deixa a túa terra e a túa cultura: Vai cos irmáns a outra terra, quizais difícil e
perigosa. Vai a plantar alí e edificar casa acendida, que de testemuña de fe e hospitalidade.
●Opción martirial. Arxelia terminou sendo terra perigosa pola ola independentista, que sacudía o
país. Non é que quixera ser mártir, so quería ser testemuña ata a fin, sen abandona-lo rabaño.
PRIMEIRO DOMINGO DE CORESMA
MISAS DA SEMANA
LUNS 27 Divina Galbán e os seus pais
MARTES 28 Eudoxia Prado Viñas e Ramón Castro Sanromán
MÉRC. 29 Carmen Romero Serantes
XOVES 1 Jorge Manuel Torres Torres
VENRES 2 A Tódolos Santos a int. de Mercedes Pintos Baúlo
Ás 7’30 T, Ramiro Roma Núñez
SÁBADO 3 As 8’30 T, Mouzos, Víctor Gallego Serantes, Benito
Santos e Sara Oubiña
Ás 10, polas necesidades da parroquia
Ás 12, Luís Fernández Silvoso
DOMINGO 4
Ás 6 T, Travesas, Victor Gallego Serantes e José
Fontenla a int dos seus fillos
INFORMACIÓN PARROQUIAL.- As misas da semana
terémolas tódolos días ás 7’30 do serán.
►VIA CRUCIS.- O venres, como tódolos venres da Coresma, teremos
o Exercicio do Vía Crucis despois da Sta. Misa; e para non alargar
demasiado a celebración, ese día suprimiremos o rezo do Sto.
Rosario na igrexa para que cada quen o rece cando queira.
►ABSTINENCIA.- O venres, como tódolos venres de Coresma, é día
de abstinencia, que obriga despois dos 14 anos.
► CONFERENCIA DO EMINENTE PROFESOR D. MANUEL
CARREIRA NO AUDITORIO DE VILAGARCÍA.- O vindeiro
domingo, día 4, ás 7 da tarde, no Auditorio de Vilagarcía, o
eminente profesor, D. MANUEL CARREIRA, S. J., filósofo,
teólogo e astrofísico, pronunciará un conferencia sobre: FE
CRISTIANA, MILAGROS E CIENCIA.
Esta conferencia está organizada pola Zona Norte da Vicaría de
Pontevedra, e os arciprestazgos de Arousa, Salnés, Ribadumia e
Umia, coa que se pretende mellorar a formación cristiá e dar
respostas ós interrogantes que a cultura moderna nos plantexa.
O P. Carreira xa pronunciou o pasado ano, -con moito éxito tanto pola
exposición do tema como pola asistencia de público-, unha
conferencia no Auditorio de Vilagarcía sobre a Orixe do Universo,
do que é un verdadeiro experto, por ser un científico que dedicou a
súa vida á investigación e á docencia universitaria.
Nesta Conferencia pretende dar respostas ás preguntas: ¿Ten a fe algún
apoio racional?. ¿É compatible a fe co coñecemento científico?,
¿Cal é o significado teolóxico do milagre?, ¿Poden os milagres
servir de fundamento á fe?, ¿Fixo realmente Xesucristo milagres?,
¿É posible probar cientificamente un milagre?.
Era tentado por Satán e os anxos servíano
† Lectura do santo Evanxeo segundo Marcos 1, 12
Marcos.- 12-15
Naquel tempo, o Espírito encamiñou a Xesús ó deserto. Alí permaneceu
corenta días, alí o tentou Satanás; vivía entre as feras, e servíano os
anxos.
Cando prenderon a Xoán, marchou Xesús a Galilea a anuncia Boa
anuncia-la
Nova de Deus, dicindo:
—«O tempo está cumprido, e chega o Reino de Deus; co
rido, convertédevos, e
crede na Boa Nova.»
O deserto é o lugar ond
onde
Deus pon a proba e se
revela ó home. .
O sábado, día 18 deste mes, celebrouse en Roma o Consistorio polo que o Papa
Bieito XVI nomeaba a 22 novos cardeais, un feito moi importante para vida interna
da Igrexa, xa que os cardeais son os conselleiros e axudantes do Papa no pastoreo
da Igrexa universal. Na véspera do Consistorio, o Cardeal Timothy Dolan,
Arcebispo de Nova York, pronunciou un importante discurso ante o Papa e cardeais
sobre a nova evanxelización, do que queremos publicar un pequeno extracto, que
aparece na revista “Alfa y Omega”.
“El Concilio Vaticano II reafirmó que hay misioneros explícitos, enviados a
pueblos que nunca han escuchado el Nombre por el que todos son salvados,
pero también que ningún cristiano está exento del deber de dar testimonio
de Jesús y de ofrecer a otros Su invitación en su vida cotidiana. Así, la
misión se convirtió en algo central para la vida de cada Iglesia local, para
cada creyente.
Debemos tener en nuestro corazón a esas personas que se consideran
agnósticas o ateas. No quieren verse a sí mismas como objeto de la misión,
o renunciar a su libertad. Pero la cuestión de Dios permanece presente
también para ellos. Como primer paso de la evangelización, debemos tratar
de mantener esta búsqueda viva; debemos preocuparnos de que los seres
humanos no dejen de lado la cuestión de Dios, sino que, más bien, la vean
como una cuestión esencial para sus vidas.
Creemos, con los filósofos y poetas de antaño, que no tuvieron la ventaja
de la Revelación, que incluso una persona que alardea de ser secular y
desdeña la religión, tiene dentro una innegable chispa de interés por el más
allá, y reconoce que la Humanidad y la creación, sin el concepto de algún
tipo de creador, son un acertijo sombrío. Una película popular ahora es The
Way, protagonizada por un actor famoso, Martin Sheen. Interpreta a un
padre cuyo hijo, que se había distanciado de él, muere haciendo el Camino
de Santiago. El padre decide, en su dolor, completar la peregrinación. Es el
icono del hombre secular: satisfecho de sí mismo, displicente hacia la
religión, denominándose ex católico, escéptico sobre la fe, y, sin embargo,
incapaz de negar que dentro de él hay un interés irreprimible por lo
trascendente, una sed de algo más -no, de Alguien-, que crece por el
camino.
El misionero, el evangelizador, debe ser una persona alegre. La nueva
evangelización se lleva a cabo con una sonrisa, no con un ceño fruncido.
Alegría, amor... y, por último -siento mencionarlo-, la sangre. Un joven de
Nueva York me dijo que volvió a la fe de su infancia porque leyó sobre los
monjes trapenses martirizados en Argelia hace 15 años, y después de ver
De Dioses y hombres, la película sobre ellos. A Tertuliano no le
sorprendería”.