SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 58
Baixar para ler offline
ÍNDICE
EDITORIAL
IGUALDADE E RESPECTO PARA TODOS E TODAS……………………………………………..…..…5
DÍA 25 DE NOVEMBRO, TODOS E TODAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO .............................. 5
CÓMIC CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO …………………………………………………………...…….13
DÍA 8 DE MARZO...................................................................................................................................14
DÍA DA PAZ ...........................................................................................................................................16
COMPRA SOLIDARIA............................................................................................................................16
NUNCA MÁIS LUMES!...........................................................................................................................17
UN INSTITUTO SAUDABLE ..................................................................................................................20
AS NOSAS CREACIÓNS................................................................................................................ 21
A ALAMEDA LITERARIA ÉNCHESE DE VOCES LITERARIAS…………………….….…………..21
AS 21 PLANTAS CELTAS .....................................................................................................................26
PARA TI .................................................................................................................................................29
DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON MARÍA VICTORIA MORENO ...................................................... 31
DÍA DO LIBRO 2018 EN BARCELONA............................................................................................ 32
O “ OUTRO “ DÍA DO LIBRO .................................................................................................................34
XELO COOPERATIVA EDUCATIVA......................................................................................................35
RADIO RASCA .............................................................................................................................. 36
ENTREVISTA A PILI, ENCARGADA DA CAFETARÍA DO CENTRO....................................................36
ENTREVISTA A TINO............................................................................................................................37
MES DE FEBREIRO, MES DOS SENTIMENTOS.................................................................................39
VII MARATÓN DE CINE.........................................................................................................................49
RIMA RIMANDO, @s de 1ºESO IMOS PRACTICANDO...................................................................50
AS NOSAS AFECCIÓNS.................................................................................................................51
APRENDE CON NÓS......................................................................................................................52
COÑECE A TÚA SORTE ………………………………………………………………………….………………54
RESPOSTAS A APRENDE CON NÓS ……………………………………………………………..…………...55
ILUSTRACIÓNS:
CRISTINA SOUTO PITA ( 4ºESO): portada e contraportada (retrato e cómic sobre Mª Victoria
Moreno)
SABELA RODRÍGUEZ e SARA BASOA ( 3ºESO): sección dos horóscopos, portadas dos
libros…
EDITORIAL
A ninguén lle gustan as despedidas, e este ano tócanos a nós despedirnos, tal e como nos dixo Cheliño,
xa que somos os maiores, os que nos imos, e a editorial é cousa nosa.
Cando chegamos a este instituto estabamos “cagadiños” de medo por todas esas cousas que os
“maiores” nos foran dicindo: que se Marina, que se Chelo, aaai, Javier, con Santiago... Os típicos mitos
de instituto. O certo é que pouco a pouco fomos formando unha familia, e fomos colléndolles cariño a
todas esas cousas que aparentemente son insignificantes: esas paredes amarelas que pintaban as
mochilas, eses bocatas de tortilla de Pili, os recreos do club de lectura, escoitar “radio ras, a túa radio” e
infinidade de detalles máis, que, cando sabes que non os vas volver vivir, empezas a botar de menos.
Nós cremos que como clase deixamos pegada, e non podía fallar que, sendo “argalleiros” ata as trancas,
non nos autoentrevistaramos ou máis ben que non contestaramos á mellor parte das entrevistas:
E se fósemos:
Un libro – Queixumes dos pinos
Unha canción – O himno galego
Unha palabra – Morriña
Un autor – Eduardo Pondal
Chelo sabe que todo isto dicímolo de broma, e que realmente nestes 4 anos aprendemos moito sobre
libros, música e palabras.
E como isto vai de despedidas, quen falta? Chelo, Consuelo, Cheliño. Dende o primeiro día estivemos
moi unidos a ela e collémonos moito cariño. A día de hoxe non saberiamos dicir, describir esa relación
profesora- alumno. Chelo para nós é desas persoas que nos atopamos polo camiño e agora non
queremos despedirnos dela. No seu momento dixo que cando nos foramos nós, iríase ela tamén, porque
sen nós isto non tería sentido, frase que nos marcou. E sendo a que promoveu tantas cousas, quen nos
aturou nos nosos peores momentos, non podía faltar a súa despedida.
Como botaremos ( e sabemos que no instituto tamén) de menos os teus “Vaite deitar”, que case case
substituías por un simple “bos días”. Moitas grazas por querernos tanto, por tratarnos como os teus
pequenos, entendernos, berrarnos, porque como dis ti, nós dicímonos as cousas á cara, e se hai que
berrar, pois bérrase.
Para rematar unha infinidade de grazas para todos e todas estes mestres e mestras que tanto nos
marcaron,de verdade. Moitas grazas a todos e a todas! Pasar estes 4 anos aquí foi incrible, inesquecible,
e sempre teremos un pequeno oco no noso corazón no que recordaremos que: “non estamos
preparados físicamente”; “Vaise o curso peor preparado do Castro da Uz e con exames tremendamente
fáciles”; “LA MÚSICAA”; “Este Anso Penalonga....”; “Los bolis se recargan solos”; “Loxicamente”;
“Señores, isto é unha obviedade”; “O sinto”; “Lo que une el análisis que no lo separe la traducción”;
“bastó”; “que lleguéis tarde se está convirtiendo en costumbre”; “Tendriáis que hacer por lo menos un
ensayo a la semana”; “2/3 da nota será o aprobado”; “Quen non saiba esta literatura non vai a ningún
lado na vida”; “Señor 4´20”; “Vós o ano pasado non díchedes nada”; “Poneos a estudiar”...
( Nono e Santi, estades con nós!!!)
Con moito cariño; Alumnos e alumnas
de 4º da ESO, “Argalleir@s das letras.
5
IGUALDADE E RESPECTO PARA TODOS E TODAS
DÍA 25 DE NOVEMBRO, TODOS E TODAS CONTRA A VIOLENCIA DE
XÉNERO
Dende finais de outubro comezamos a pensar no xeito de transmitir o noso
desexo de que finalice este tipo de violencia, porque non entendemos ningún, e
menos este.
Puxémoslles voz a todos os relatos que redactaran @s nos@s compañeir@s o
curso pasado e fixemos os nosos, porque tamén tiñamos moito que dicir.
Esiximos que rematase esta violencia debuxando e facendo insignias, que
repartimos entre toda a comunidade educativa; confeccionamos un gran lazo que puxemos sobre unha
tea negra para colgar das ventás do centro. Todo nos parecía pouco, así que, os alumnos e alumnas de
1ºESO escribimos a letra que, a ritmo de rap, amosaba a nosa postura contra esta violencia.
Agora deixámosvos coa mostra do noso esforzo para concienciar a todo o mundo do necesario que é
acabar con este tipo de violencia.
Deixámosvos cos relatos que escribimos, que van acompañados das imaxes que realizamos para facer
as insignias.
Un día, coma sempre, estaba facendo as tarefas da casa porque se non el
enfadábase. Cada vez que eu saía da casa tiña que dicirlle a onde ía, porque se non
xa había guerra. El sempre estaba de bares e chegaba borracho a casa, fora a hora
que fora. Sempre había que facer o que el quería. Xa estaba farta, pero non podía
facer nada. Todos os días igual. Obrigábame a darlle cartos para comprar os seus
caprichos: alcohol, drogas, tabaco...
Un día, durmindo, oín ruídos e voces, pero non quería ir ver o que pasaba. Tiña medo,
pero ao final fun. El estaba bebendo e fumando, falando só e dándolles golpes ás
cousas. Non sabía o que facer. Estaba nerviosa. Tiña moito medo. Volvín á cama, non
quería problemas.
Ao día seguinte levanteime e estaba todo desfeito e sucio. Empecei a limpalo. Sobre
ás doce da mañá levantouse, daba vergonza. Volveu pedirme diñeiro, pero eu xa non
tiña máis cartos. Insultoume, pegoume e botoume da casa. Pasei todo o día na rúa.
Estaba chea de negróns e doíame moito unha perna. Ao anoitecer pasou unha nena,
que tería uns dez anos, e preguntoume se estaba ben. Intentou axudarme, pero ela
soa non podía. Chamou os seus pais e leváronme ao médico. Deixáronme un teléfono
e chamei ao 016, o número contra a violencia de xénero. Todo rematou. Xa estaba
farta.
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.
Lucía , 1ºESO
Ela, Cristina, muller de Álex e nai dunha neniña de cinco meses, casaran facía tres
anos. De noivos e ao comezo do matrimonio foran felices, pero agora, non.
Álex levaba uns días insultándoa, espiándoa e facéndolle algún que outro negrón sen
ningún motivo.
Ela non podía máis. Chegou a pensar que era unha inútil e a cavilar no suicidio. Pero
por un momento pensou: teño unha filla que me quere e unhas amigas que son
auténticas e únicas.
Un día que saía da casa Álex preguntoulle a onde ía. Ela non lle contestou. Saíu pola
porta e foi pedirlle axuda a Sara, a súa mellor amiga dende que tiñan 20 anos. Sara
quedou abraiada despois de escoitar a historia da súa querida amiga. Sen dubidalo
axudouna e, por fin, Cristina decidiu chamar ao 016 e denunciou a Álex.
6
Cristina vive agora feliz coa súa filla. Pero como ela pasou por iso non quere que
ninguén máis viva o que ela viviu.
Recorda: non teñas medo!!!
Pide axuda. Non teñas medo. Cando te atopes nunha situación así chama ao 016.
Alba R., 1ºESO
El era moi malo coa moza. Todos os días dicíalle que estaba gorda e que era fea.
Despois dos insultos chegaron as ameazas. Prohibíalle contarlle a ningunha persoa o
que pasaba, porque se non tería que aguantar as consecuencias. Ela nunca dixo nada
porque tiña moito medo do que lle puidese facer.
Un día el parouse a pensar, e deuse conta de que era un auténtico monstro. Decidiu
cambiar, pediu axuda, e desde aquel día son os máis felices da familia.
Antía, 1ºESO
Saín de traballar un 25 de novembro, á noite. Cheguei á casa moi cansada e o meu
home aínda non viñera. Deiteime no sofá para esperalo. Cando chegou eu xa estaba
durmida, pero espertoume para dicirme que non me acordara de facer as cousas que
el pedira. Comezou a berrar e eu chamei as miñas amigas. Cando viñeron intentei
contarlles o que pasaba, pero el non me deixaba. Tapoume a boca, pegoume unha
labazada. As miñas amigas intentaron paralo, pero non puideron, así que unha delas
chamou á policía, mentres nós protexiámola para que el non lle quitase o teléfono.
Cando chegou intentou detelo, pero non puido porque só era un e tivo que pedir
reforzos. Cando chegaron conseguiron calmalo e preguntáronme polos negróns que
tiña na cara. Díxenlles que fora el, e levárono preso.
Ao final, as miñas amigas e eu preparámonos e fomos tomar algo. Todo quedara nun
susto, e o importante é que agora podo vivir feliz.
Diego, 1ºESO
A miña amiga Icía era unha nena feliz e agora é infeliz. Tiña un mozo e non vía o malo
del, pero nós sabiamos que a historia non ía rematar ben.
Deixou de vir coas amigas, só ía co noivo e coa súa panda. Só
con el. Só con eles. Cando viña con nós el interrogábaa,
miráballe o móbil, increpábaa pola súa vestimenta... Ela non era
libre, pero non o deixou. Nós avisabámola, pero non facía caso.
Pasou o tempo e crecemos todas felices, menos ela,
notábaselle.
Un día vímoslle un negrón e preguntámoslle:
- Pégache o teu mozo?
- Non
- E iso?
- Caín pola escaleira.
Non a volvemos ver. Nin escribía nin nada. Hoxe intentamos achegarnos á súa casa,
pero non estaba. Deixamos de buscala e perdémoslle a pista. Non soubemos nada
máis.
Dende aquela, nós decidimos ir polos colexios e institutos para axudar co seguinte
lema:
TI NON ES DE NINGUÉN MÁIS QUE DE TI MESMA.
NON PERMITAS A VIOLENCIA DE XÉNERO.
María vive co seu marido e a súa filla. Desgraciadamente está enferma e necesita
moito descanso.
Todos os días cando o seu marido chega do traballo enfádase porque, segundo di el,
María tería que estar limpando e non durmindo. A súa filla intenta convencelo,
7
lembrarlle que a súa nai se encontra mal, pero el non lle fai caso. Entra na habitación
de María e bérralle. Ela esperta morta de medo, mentres el a insulta. Ela e a súa filla
choran. O marido comeza a pegarlle patadas a María, mentres esta intenta levantarse
e poñerse a limpar como el lle ordenou.
Isto pasaba día a día na casa de María.
Despois dun tempo el chegou a casa e María estábao esperando coas maletas feitas.
Díxolle que se ía para non volver. Intentou detela, pero non puido.
Cando se deu conta de que a súa muller e a súa filla xa non estaban con el comezou a
arrepentirse, pero xa era tarde.
Alba T., 1ºESO
Un día soleado, cando se estaba facendo de noite, Marco, o mozo de Sara chegaba a
casa. Marco tiña un aspecto diferente ao dos demais días. Estaba máis descoidado.
Sara estaba na cociña preparando a cea cando Marco entrou. Ulía moito a alcohol,
pensaba Sara. Todo comezou cando o mozo empezou a
berrarlle porque a cea estaba fría. Ela contestoulle dicíndolle que
era porque tardara moito en vir, pero o único que conseguiu foi
empeorar a situación. Marco comezou a empurrala e a darlle
golpes.
Ao día seguinte, mentres Marco saíra a traballar, Sara chamou
as súas amigas. Cando chegaron ela contoulles o que estaba a
pasar. Quedaron coa boca aberta e, como boas amigas,
axudárona. Dixéronlle que tiña que rematar con esta situación
antes de que todo isto acabara realmente mal. Ela, tristemente,
asentiu coa cabeza e decidiu facelo.
Cando chegou a noite, e Marco chegou de traballar coa mesmo
aspecto do día anterior, Sara non encontrou o momento de falar con el e repetiuse a
escena do día anterior.
Pola mañá chamou a súa amiga para dicirlle que non puidera facer nada por medo.
Ela respondeulle que isto tiña que acabar xa, que tiña que chamar ao 016 se non
quería acabar morta.
Sara chamou e todo rematou.
Andrea, 1ºESO
Papá entrou pola porta. Eu estaba no sofá vendo os debuxos. Mamá estaba
preparando a cea na cociña e díxonos que pasaramos a cear. Sentamos e ela puxo
os pratos na mesa. Papá colleu o prato e tirouno ao chan mentres berraba:
- Díxenche que non volveras facerme isto! Serás .....
Levantouse e comezou a mallar en mamá. Eu, morta de medo, corrín fóra e chamei os
veciños. Estes chamaron á policía, que se presentou axiña.
Levárono con eles.
Tamén acudiu a ambulancia que levou a mamá e eu pasei a noite cos veciños.
Dous días despois mamá volveu e o pesadelo rematou.
Víctor Manuel, 1ºESO
Era media mañá, cheguei a casa e non estaban nin meu pai nin miña nai. Fun á miña
habitación coller o monopatín e esperei sentada a que meu pai viñera buscarme para
levarme á casa do meu amigo. Pasei a tarde sentada no sofá e, xa pola noite, chegou
miña nai. Viña contenta e díxome: que che pasa? Expliqueille o que pasaba. Cando
chegou meu pai fun á miña habitación e miña nai deixou de sorrir, sempre o facía
cando chegaba el. Escoitei os berros, esa vez eran máis fortes do normal. Chamei á
policía e detiveron o meu pai.
8
Pensabamos que xa estariamos felices, pero ... NON. Ao saír do cárcere, meu pai
buscou a miña nai e un día encontrounos nun canellón e, como levaba unha arma,
disparoulle a miña nai. Collina nos meus brazos, estaba chea de sangue, pero eu
estaba ao seu carón chorando e rogando que a axudasen. Meu pai cambiou de
repente e deuse conta do que fixera. Axudounos. A miña nai salvou a vida e fomos
unha familia feliz, por fin.
Por favor, se ti sofres un maltrato, dío. NON CALES.
María, 1ºESO
Ela estaba farta de que o seu marido sempre a maltratara. Tiña negróns por todas
partes.
Un día chegou á casa cunha amiga. O seu marido empezoulle a pegar, mentres a súa
amiga chamaba á policía. Cando chegaron, colleron o mozo e levárono para o cárcere.
A muller viviu feliz para sempre, sen preocuparse de que o seu marido lle volvese
pegar.
NUNCA MÁIS, VIOLENCIA DE XÉNERO.
Alberto , 1ºESO
Eran un matrimonio feliz, xa que se apoiaban nos momentos difíciles e queríanse
moito. Pero ese soño durou moi pouco tempo, xa que empezaron os
problemas e as discusións. O home pegáballe e abusaba dela, mentres
ela só pensaba en que a súa vida se estaba convertendo nun horrible e
violento pesadelo. Día tras día o home regresaba a casa borracho e ás
tantas da madrugada. Cando el chegaba, a súa muller esperábao esperta
con bágoas nos seus ollos de temor e impotencia. Un día a muller, mentres
o seu marido estaba no bar, tivo o valor de chamar ao número de
emerxencia da violencia de xénero e atoparon unha solución para que
volvera vivir unha vida sen temor, desgustos e angustias.
Victoria, 1ºESO
Era un bonito día na miña vila cando eu coñecín a un home marabilloso. Os primeiros
anos pasámolo moi ben, pero os seguintes xa non foi así. El non me facía caso,
chegaba borracho a casa, falábame mal... Un día chegou e eu estaba cociñando.
Comezou a insultarme, a berrarme e a preguntarme por que non tiña a comida
preparada. Esa mesmo día, pola tarde, cando eu estaba poñendo a lavar a roupa,
empezoume a pegar porque dicía que non era nada traballadora.
Durante un mes enteiro intentei resistir para ver se melloraba, pero ao ver que pasaba
o tempo e el non cambiaba, pensei que non podía aguantar máis tantas malleiras,
insultos... Por iso decidín chamar, pedir axuda e así poder vivir tranquila.
Alejandro, 1ºESO
Meu pai chámase Mario e a miña nai, Belén. Meu pai traballa toda a mañá, come e
volve para o traballo. Porén, miña nai limpa a casa, fai a comida, saca ao can...
Un día, ao volver da escola, encontrei a meu pai pegándolle a miña nai. Eu quedei
pasmado uns segundos, logo corrín para habitación e cando pasou un tempo baixei
comer. Meu pai xa non estaba, miña nai sangraba, aínda que non dixo ningunha
palabra.
Despois duns meses isto non paraba de repetirse e miña nai decidiuse a denunciar.
Mario desapareceu.
Sergio, 1ºESO
9
Aquel día foi o peor da miña vida. Eu pensei que ía ser coma sempre, pero non.
Cando entrou pola porta eu xa sabía que algo ía ir mal, pero non que sería tan grave.
-Bos días! - díxenlle eu.
-Xa está a cea?
-Non. - Esa resposta foi o que fixo que todo comezara.
-Como que non! Polo menos terei as cervexas frías, verdade?
-Non – respondinlle eu cunha voz insegura e tímida.
O que pasou despois non chego a recordalo. Só sei que espertei
nun hospital cos meus pais e el estaba no cárcere.
Xa nunca máis volvería molestarme. Agora vivo feliz e, sobre todo, libre.
Aroa , 1ºESO
Había unha vez unha muller que se chamaba Alicia e tiña tres fillos: Noa a maior, Leo
o mediano e Abril a pequeniña. O marido estaba no cárcere porque lle pegaba a Alicia
sempre. Leo e Abril non recordaban os feitos porque eran moi pequenos, pero Noa si.
O home pegáballe continuamente e a esposa tivo que denuncialo e foi para o cárcere.
A muller e os fillos viviron felices un tempo, pero un día, mentres que Abril e Leo
xogaban e Noa facía os deberes, Alicia estaba vendo a tele e de repente sae nas
noticias que Marcos saíra do cárcere. Ela asustouse, sabía que ía vingarse, e que
viría a por eles. A nai decidiu marchar de alí e fixeron as maletas. Noa colleu a Abril do
colo, e Leo e a súa nai as maletas. Os máis pequenos non sabían que pasaba, só
corrían seguindo á súa nai e a súa irmá máis maior.
O pai chegou á súa antiga casa e viu que non había ninguén. Buscou e deu cunha
pista que o levaba ao lugar onde se dirixían, fuxindo del, pero... Decidiu deixar que
vivisen a súa vida sen el.
Candela, 1ºESO
Era unha día soleado cando pasou algo inesperado. Fun testemuña de como meu pai
lle pegaba a miña nai porque non lle quería facer a comida. Eu díxenlle a meu pai que
parara xa de pegarlle, pero el seguía insultándoa, pegándolle...
Todos os días, despois do traballo, chegaba borracho e seguía insultándoa,
maltratándoa. Eu cheguei a un punto no que me encarei a meu pai para que non lle
fixera máis dano á miña nai.
Aproveitando que o meu pai non estaba na casa, miña nai foi denuncialo e castigárono
cunha orde de afastamento durante un ano.
Volveu á casa e durante tres ou catro anos estivo ben, non chegaba borracho e non
maltrataba a miña nai, pero despois xa volveron os insultos, os maltratos... Eu choraba
porque a cousa empeoraba, ata que un día todo rematou. Non sabemos como pero
meu pai pediulle perdón á miña nai e miña nai perdoouno coa condición de que non
volverá ocorrer. E así foi e está sendo.
David C., 1ºESO
Adriana era a muller de Xosé. Era unha parella bonita e próspera, pero, de súpeto,
algo foi mal. O home berráballe e pegáballe. A muller xa notara un cambio no seu
comportamento había un tempo, porque a el non lle gustaba a comida que sempre ela
lle cociñara, chegaba máis tarde da hora de sempre... E logo viña o que viña.
Adriana preguntábase que lle pasara ao seu home. Non o entendía e, por precaución,
decidiu chamar ao 016 e puido liberarse del.
Iago G., 1ºESO
Sempre era o mesmo. Ela sufría. El non se daba conta.
Esta historia comeza cun matrimonio feliz e sen ningún tipo de problema, ata que
Antonio, o marido de Sandra, comezou a pedirlle o teléfono para ver con quen
10
conversaba. Ela non se daba conta de que iso era violencia, xa que nunha lle causaba
dano físico, pero, logo soubo que era psicolóxico. A situación continuou agravándose.
Insultábaa, humillábaa en público, impedíalle que se relacionara
con outros homes. Sempre quería saber con quen falaba e
moitas máis cousas que, pouco a pouco, ían destruíndo a vida
de Sandra. Ela non sabía que facer. Tíñalle medo. Non sabía se
chamar ao 016 ou directamente suicidarse para rematar con
todo. A primeira opción era a máis coherente, pero suicidándose
acabaría cos seus problemas sen causarlle danos ao seu
marido, xa que se chamaba iría o cárcere e ela, no máis fondo
do seu corazonciño, queríao. Contoullo a unha amiga para
preguntarlle que podía facer. Esta axudouna e finalmente
chamou ao 016. O seu marido foi ao cárcere. Non houbo
ningunha morte! FIN DA HISTORIA E FIN DOS PROBLEMAS.
Irene, 1ºESO
Son Marta e esta é a miña historia.
Teño dous fillos, Pablo e Xavier. Un luns ás 9:00h levei os meus fillos á escola. Cando
volvín a casa, el xa estaba esperto esperándome na cociña. Ao entrar, subindo o ton
de voz, preguntoume por que tardara tanto e levantoume a man. Eu non puiden
controlar os meus ollos cando empezaron as bágoas a caer pola miña cara, porque xa
sabía que esa non ía parar na meixela, e así foi. Eran as 14:00 e tiña que ir buscar os
nenos. Saín da casa, fun ao colexio, collín os nenos e fomos para casa.
Os días pasaban, un día de mal humor e outro de bo.
Día 21/12/ 2017. Comezou a gritar e a estragar os mobles. Eu xa sabía que isto non ía
acabar ben porque eu xa non estaba disposta a aturar máis. Collín o teléfono
pensando en chamar ao 016. Non estaba moi decidida a chamar, pero armeime de
valor e chamei. Agora estou feliz cos meus fillos.
Acabouse o mal trato!
Houria, 1ºESO
Estaban moi felices, porque ían casar e queríanse moito. Tiveron un fillo aos tres anos
de casar. Pero un día a traxedia comezou, o home empezara a traballar nunha oficina
encima dun bar. Cada vez que chegaba a casa viña borracho e nada lle valía; nin
como estaba feita a cama, nin a cea, nin sequera como estaba vestido o neno. Aínda
así a súa muller seguía aguantando porque o amaba e non lle pegaba, pero….
Despois dun ano empezoulle a pegar e a maltratala. O neno fíxose maior e entendía
todo o que estaba pasando. O seu pai mandáballe ir á súa habitación, pero aínda así
el escoitaba os berros da súa nai. El estaba moi preocupado. Un día decidiuse a saír
da súa habitación e presenciou todo. Comezou a berrar: déixaa, non lle pegues! Isto é
un desfase! Un veciño escoitouno e chamou a policía para denunciar o caso.
A muller e o neno déronlle as grazas e recoñeceron que agora serían felices e
ninguén llelo impedira.
Non máis violencia de xénero.
Zaira, 1ºESO
Pola mañá miña nai facíanos o almorzo a meu pai e a min. Logo, meu pai marchaba a
traballar e eu ía a escola. Cando volvía miña nai estaba facendo a comida con medo
sabendo que cando meu pai chegara a casa a maltrataría. Eu, nesas situacións, non
sabía que facer. Encerrábame na habitación e escoitaba os gritos da miña nai sufrindo
a mans do meu pai. Cando escoito o son da porta ao pechar e a miña nai suspirar,
saio da habitación e véxoa tirada no chan, sangrando e desgarrada polas feridas que o
seu marido, o meu pai, lle fixera. Pola noite miña nai recuperaba forzas para facer a
cea. Ela sabía que el ía chegar borracho e pensaba que, posiblemente, lle faría algo
peor que pola tarde. El chegou, eu collín o teléfono da miña nai e fun para habitación.
11
Chamei ao 016 mentres miña nai gritaba. De súpeto os gritos deixaron de escoitarse.
Vin a meu pai e a miña nai tirados no chan. Os dous ensanguentados, feridos,
mortos….
Hugo, 1ºESO
17 de Novembro do 2017, morte dunha muller a mans dun home. Outra vítima da
violencia de xénero, pero esta historia remóntase uns cantos anos atrás.
24 de Xuño de 2005, dúas persoas casaran, levaban xa dous anos xuntos, facían
unha fermosa parella, pero a cousa cambiaría. Ela facía a comida, limpaba a casa,
coidaba o fillo …, pero sempre con ese medo, sabendo que el ía chegar... Con esa
enorme dor no corazón sabendo que xa non era o matrimonio de
antes.
Son as 20:30, chegou el, foi a cociña e dixo:
- Onde está a miña cea?
- Só falta un pouco,- respondeu ela.
- Dáme igual o tempo que tiveras, eu quero a miña cea!!
O home empezou a pegarlle. Ela sufría. O seu fillo observaba todo.
O día acabou e outra vez a empezar.
De camiño ao colexio, o neno escoitou pola rúa a unhas mulleres
falando do 016, o número ao que tiña que chamar unha delas. Sen
pensalo máis, o neno chamou. Cando chegou a casa encontrou a
súa nai morta e a persoas arrestando o seu pai. Chamara demasiado
tarde. O dano estaba feito.
David B., 1ºESO
Meus país, Uxía e Roi, son felices dende os 19 anos. Meu pai pediulle matrimonio nun
partido de fútbol, pero dende aquela a cousa cambio moito. Aos tres anos de casar
nacín eu, ata daquela todo seguía sendo normal, seguían namorados. Papá axudaba
a mamá en todo. Cando eu xa ía empezando terceiro de primaria sucedeu a traxedia.
Todos os días mamá espertaba ás 7:30 da mañá e eu ás 8:00, daquela papá xa
estaba no traballo. Pero cando eu volvía da escola, ás dúas da tarde, a cousa non
estaba tan relaxada. Papá berráballe a mamá dicindo que non sabía cociñar, non
limpaba … En fin, que non facía nada ben. Eu facía que non escoitaba, pero despois
de xantar ía á miña habitación e choraba como se non houbese outro mañá.
Día tras día ocorría isto, ata que a cousa chegou a outro nivel. Xa non só lle berraba e
pegaba... Eu Intentaba convencer a mamá para que chamara ao 016. Ela dicía que
non, que xa amañaba ela os asuntos na casa. Ata que finalmente, chamei eu. Todo
acabou e a tranquilidade volveu á nosa casa. Mamá e eu somos felices.
Nerea, 1ºESO
Era unha familia feliz composta por un home, unha muller e o seu fillo. Pero, en
realidade, non era tan feliz como parecía porque o home maltrataba a muller todos os
días e o seu fillo víao.
Un día, mentres a muller colocaba a compra enriba da mesa, chegou o home a casa e
viu que había peixe, cousa que non lle gustaba nada, para cear. Entón comezou a
pegarlle ata que lle puxo un ollo morado. Cando chegou o neno do colexio viu a súa
nai tirada no chan, chorando como todos os días. Foi correndo a abrazala e axudouna
a curar as feridas. A muller recuperouse e continuaron coas súas vidas como se non
pasase nada, pero si que pasaba.
Ao día seguinte, o home non tiña nada que facer e volveu desafogarse coa súa muller,
pero o neno estaba aí, estaba vendo todo e dixo: BASTA! Levou a súa nai para a súa
habitación, pechou a porta, colleu o móbil e chamou ao 016. Viñeron deseguida e
detiveron o home.
A partires de ese día a muller viviu a súa vida feliz co seu fillo e sen medo nin
preocupacións.
Jimena, 1ºESO
12
Era o tempo de compoñer a letra dunha canción para interpretala tod@s @s
compañeir@s de 1ºESO, en nome de tod@s. Así o fixemos a ritmo de rap ( podedes
escoitarnos no blog)
Dende o Castro da Uz poñemos a base
porque a violencia de xénero é todo un desfase.
O home borracho insultaba
mentres a súa muller limpaba.
A muller cociñaba
mentres el se emborrachaba.
Non lle gustaba como cociñaba,
e por iso el lle pegaba.
O neno miraba mentres
el se desafogaba.
O neno miraba mentres
el lle pegaba.
O neno miraba mentres
el a insultaba.
O neno berrou:
Basta xa de pelexas,insultos, desfases
mamá non merece que así a maltrates.
O pai enfadouse
o neno encarouse.
Berrou outra vez:
Basta xa de pelexas, insultos, desfases
Mamá non merece que así a maltrates.
Para xa non te pases!
Para xa e vaite!
Lograremos sorrir
Lograremos sentir
Lograremos vivir
Moi lonxe de ti.
Basta xa de pelexas, insultos, desfases!
Ninguén se merece que así o maltraten.
Chegou o día e colocamos o lazo que confeccionaramos entre tod@s.
Agora deixámosvos coa historia, en forma de cómic, que reflicte en poucas viñetas e palabras a crueza
que encerra este día realizada pola argalleira Cristina Souto, 4ºESO.
13
14
DÍA 8 DE MARZO
Este día vén amosar, unha vez máis, os sentimentos que nos moven a toda a comunidade
educativa do noso centro. Continuando coa solidariedade que nos caracteriza, @s argalleir@s
das letras conseguimos que tod@s @s nos@s compañeir@s nos acompañasen para lembrar a
importancia que todas as persoas, incluídas as mulleres, claro está, temos na sociedade.
Moitos días antes comezamos a pensar no que iamos facer o dia 8 ( non sabiamos que ía
coincidir cunha manifestación que amosou que algo se move no mundo. Alegrámonos que se
vaian dando conta que a MULLER forma parte da sociedade e que, sen elas, PÁRASE O
MUNDO!) para esixir, dende a nosa condición de persoas que seremos o futuro, RESPECTO,
DEREITOS E IGUALDADE PARA TODOS E TODAS e RECOÑECEMENTO da MULLER no
mundo en que vivimos. Puxémonos en marcha para reconstruír entre tod@s a figura que
elaboramos conxuntamente e lembra.o símbolo feminino. Así o fixemos tanto no exterior coma
no interior. Tiñamos pensado gravar todo cun dron, pero, aínda que a tecnoloxía nos fallou,
conseguimos o noso obxectivo.
Decidimos a música e a letra que nos acompañaría ese día. Non dubidamos á hora de elixir o
poema de Xohana Torres “ Penélope” ( ao que lle puxo voz, Icía)
PENÉLOPE
Declara o Oráculo:
"Que a banda do solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
Que ramas de loureiro erguen rapazas.
Que cor malva se decide o acio.
Que acades disas Patrias a vendima.
15
Que amaine o vento, beberás o viño.
Que sereas sen voz a vela embaten.
Que un sumario de xerfa polos cons.
Así falou Penélope:
Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
EU TAMEN NAVEGAR"
Aínda que nós berraramos alto e forte, entre todos e todas: NÓS TAMÉN
NAVEGAR !
Elvira, Sofía, Adela e Álvaro acompañaron coa música, que nos lembraba esa cantiga de berce
que segue transmitíndonos unha mensaxe dende hai moitos anos, e que nós recollemos hoxe,
porque o froito sementado xermolou e dicimos moi alto: NON MÁIS SILENCIO, NIN
INXUSTIZAS. ESIXIMOS IGUALDADE!
Rematamos lendo en Radio Ras este texto de Jorge Bucay, que nos pareceu o camiño que
deberiamos seguir todos e todas.
QUERO
Quero que me oias sen xulgarme
Quero que opines sen aconsellarme
Quero que confíes en min sen esixirme
Quero que me axudes sen intentar decidir por min
Quero que me coides sen anularme
Quero que me mires sen proxectar as túas cousas sobre min
Quero que me abraces sen asfixiarme
Quero que me animes sen empurrarme
Quero que me sosteñas sen facerte cargo de min
Quero que me protexas sen mentiras
Quero que te achegues sen invadirme
Quero que coñezas as miñas cousas que máis te amolen
Que as aceptes e non pretendas cambialas
Quero que saibas... que hoxe podes contar comigo...
Sen condicións.
Argalleir@s das letras
16
DÍA DA PAZ
Este ano, o grupo de contacontos d@s argalleir@s das letras
(Alejandro, Xoel, Sara, Sabela, Icía, Carla, Cristina, Aarón, Xan,
Sheila, Elvira, Sofía e Carmela), compartimos as nosas historias
cos nenos e nenas do CEIP Manuel Mallo Mallo. Ás 09:00h do día
30 de xaneiro comezamos a nosa aventura poñendo rumbo a
Nadela ( Lugo), que nos recibiu con frío, néboa e algún que outro
desnortamento... Pero a nosa ilusión fixo que, nada máis ver o
lugar onde iamos actuar, nos puxeramos mans á obra para preparar todo co obxectivo de facerlles pasar
uns momentos agradables a tantos e tantas nenos e nenas que nos ían escoitar. Nunca mellor dito o de
tantos e tantas, xa que tivemos que facer dous pases debido o número tan elevado de nenos e nenas.
Comezamos a nosa sesión de contos, que este ano tiña novidades, tanto nas historias que levabamos
como nos integrantes, estreando unha peza teatral na que participabamos tod@s. Alex tiña unha
responsabilidade moi grande, xa que era o encargado de representar a nosa famosa “ fochanca”
(parabéns polo teu debut, argalleiro), Xan encargouse de pechar o acto contando unha historia que nos
facía pensar se eramos elefantes ou búfalos. En fin, que ,
un ano máis, conseguimos arrincarlles miles de sorrisos aos
nosos e nosas espectadores e espectadoras e
lembrámoslles que " A PAZ É UN TESOURO QUE AS
PERSOAS INTELIXENTES E BOAS DEBEN
PRESERVAR".
Rematada a segunda sesión, tocaba volver a casa, pero
antes, a directora do centro agasallounos cuns detalles para
agradecernos a nosa presenza no centro e o noso traballo.
Ao chegar ao centro decidimos subir os vídeos dos contos
para compartilos con todas as persoas que queiran unirse á
nosa mensaxe e desexar vivir nun mundo no que reine a
PAZ.
COMPRA SOLIDARIA
Un ano máis, os argalleir@s seguimos solidarizándonos coas familias menos favorecidas da nosa vila.
Aproveitando que se achegaba o Nadal decidimos facer a compra para entregárllela aos responsables
dos servizos sociais da vila e que eles e elas vaian distribuíndo os alimentos para facerlles máis
levadeira a situación a estas persoas.
Este ano foi diferente, porque a Elena e a Chelo veulles a présa. Decidiron ir no recreo e alá fomos cos
cartiños recadados dos nosos traballos. Tiñamos 131euros para gastar en alimentos de primeira
necesidade e así o fixemos.
Aquí nos vedes. Sabela, Jessica, Aldara, Silvia,
Xan, Nono, Vicente e Santi como representantes
de tod@s @s argalleir@s das letras facendo a
compra.
Sabemos que non tivemos tanto tempo como
noutros anos para cadrar as contas como
deberiamos, pero o que si vos dicimos é que
todo o que compramos está feito de corazón.
Aproveitamos para preguntarlles ás persoas que
están no goberno, POR QUE NON TODAS AS
PERSOAS TEÑEN DEREITO A ALIMENTARSE
E VIVIR CON DIGNIDADE? POR QUE INVISTEN OS CARTOS EN
COUSAS, ás veces, INÚTILES E NON O FAN NO QUE O TEÑEN QUE FACER?
Nós seguiremos axudando, pero non sería mellor gozar todos e todas dun mundo máis xusto e
igualitario?
17
NUNCA MÁIS LUMES!
Dende o mes de outubro, e por culpa da vaga de lumes que asolou Galicia, estamos, aínda máis,
implicad@s de cheo no obxectivo de conseguir que non se volva producir unha catástrofe coma a vivida,
xa que somos conscientes do necesario que é preservar o que temos, o que nos veu dado: A
NATUREZA.
Neses mesmos días comezamos a escribir e ler textos en Radio Ras e debuxamos como imaxinabamos
a paisaxe dos nosos montes, de non evitar os incendios. ( Texto Irea, ilustración Carmela, 2ºESO.)
ARDE GALIZA
Nestes días podemos ver a catástrofe pola que está pasando a
nosa terra. Os pirómanos queiman os montes e bosques ata
deixalos todos reducidos a cinza e o Goberno Español
mantense á marxe, sen intención de axudar. A isto súmaselle a
mala época na que estamos, un outono seco e ventoso,
favorable para calquera persoa que queira prender lume.
É verdadeiramente triste ver como, cando Galiza máis o
precisa, non hai ninguén para axudala, ninguén que escoite as
nosas protestas e os nosos berros de indignación.
É realmente terrible ver como acaban coa nosa terra, como
terminan con vidas, como emporcallan o noso ceo con fume e o noso chan con cinza, e que pareza que o
resto non o ve! Talvez teñan os ollos tapados e os oídos taponados de tanta corrupción.
Tento permanecer na esperanza de salvar os nosos montes, de recibir axuda inesperada e de impartir
xustiza naqueles que tratan de acabar coas nosas vidas e saíron ilesos e impunes.
Todos os días seguiamos moi de preto as noticias e no mes de novembro puxémonos en contacto cos
responsables dunha das zonas máis devastadas polos lumes, e menos coñecida e
tratada nos medios de comunicación, a provincia de Ourense e, máis concretamente, o
Parque Natural da Baixa Limia na Serra do Xurés. Foron meses de espera ata que
responderon a nosa petición, na que nos brindabamos a axudar a recuperar o monte
queimado, porque queriamos sentirnos útiles amosando a nosa solidariedade e o noso
respecto polo medio ambiente en primeira persoa.
Logo de falar co responsable da Consellería de Medio Ambiente, que nos facilitou o
contacto cunha persoa que traballa no Parque Natural do Xurés, decidimos a data de
saída: 2 e 3 de marzo. Non sei se lembrades esa fin de semana, nós si. Lóstregos,
tronos, vento, chuvia e frío foron os nosos compañeiros de viaxe, pero non nos
importou, xa que que as nosas forzas eran moitas e puidemos con todo e contra todos
os fenómenos meteorolóxicos.
Así nos contan esta experiencia os voluntarios de 1ºESO Sergio, David e Pablo:
O día 2 de marzo saímos cara ao noso destino ás oito e media da mañá. A viaxe durou dúas horas e
media e fixemos parada en Celanova. Ao chegar fomos ata o Mosteiro de San Salvador, onde nos
estaban a esperar para comezar a ruta pola vila. Coñecemos a casa de Curros, C. E. Ferreiro, o mosteiro,
que tiña unha biblioteca enorme e moi bonita que cada mes cambiaba o estilo. Tamén tiña un xardín
onde encontramos unha reliquia moi antiga, a igrexa de San Miguel.
18
Como ía moito frío e chovía deixáronnos ir tomar algo quente no medio da visita. Despois de descansar
ensináronnos a súa igrexa, onde facían a misa. Tiñan un órgano de grandes dimensións.
Logo fomos comer e volvemos para dar unha volta sen guía. Cando regresamos había dous rapaces que
non nos deixaban ver o Mosteiro en paz, pero despois axudáronnos a encontrar o autobús, algo bo tiñan
que ter.
Dirixímonos ao centro de interpretación de Lobios, onde o noso amigo Alberto nos recibiu con moita
ledicia e púxonos un documental sobre especies autóctonas que había no
Parque Natural. Logo acompañounos ata o noso albergue, pero antes de chegar
fixemos unha parada en Lobios para mergullarnos nas augas termais –que
estaban moi quentes a pesar do frío e da chuvia- porque son moi boas para pel.
Cando chegamos ao albergue deixamos as nosas equipaxes e fomos a un salón
que nos deixaron para cear a comida que nós levaramos. Ao acabar fomos
descansar ( outr@s quedaron falando e xogando coas profes un pouquiño na
cafetaría) debido a que ao día seguinte teriamos unha xornada moi dura.
Ás oito e media erguémonos, aseámonos e baixamos ao salón a almorzar. Logo
encaramos a misión que tiñamos por diante: repoboar o monte queimado coa
axuda do noso amigo Alberto.
Cando chegamos á zona asignada, a aldea de Salgueiro, collemos as cousas necesarias e subimos ao
máis alto. Esparexemos toda a palla para que as chuvias non arrastrasen as cinzas e emporcallasen
aínda máis as augas dos ríos. Ao acabar de espallar a palla fixemos uns buratos para plantar landras que
Alberto tiña gardadas dende o mes de outubro. Só quedaba plantar un loureiro para deixar testemuña da
nosa presenza, pero o cansazo era tan grande que...
Queremos agradecerlle a paciencia e o bo facer a Alberto, o noso guía, por todo o que nos ensinou e nos
guiou no traballo de recuperación da parte do monte que tiñamos asignada.
Regresamos a casa satisfeit@s do noso traballo e alegrámonos, cando lemos no xornal El progreso a
noticia da nosa colaboración, porque nos demos conta de que hai máis persoas
concienciadas co preciso que é conservar o medio ambiente.
Nada máis chegar comezamos a montar o vídeo ( podedes velo visitando a web
do centro) para compartir con todas as persoas a experiencia tan enriquecedora
que viñamos de vivir, e continuamos traballando para concienciar do necesario que
é protexer os nosos montes. Decidimos elaborar unha enquisa con preguntas que
nos daban voltas na cabeza porque non entendiamos a realidade, non eramos
quen de dar explicación á catástrofe que viramos cos noso propios ollos. É que non
hai unha política para preservar os nosos montes? Quen os coida e protexe? Que
medidas se van levar a cabo para evitar que isto volva suceder? Ten ou temos alguén a culpa? Tantas
preguntas eran as que tiñamos que facer que nos puxemos en contacto cos responsables de concellos,
da consellería, ecoloxistas, en fin, con responsables directos da protección de montes, pero temos que
dicir que non foi nada fácil e a entrevista con estes persoeiros non se puido realizar pola súa apertada
axenda. Quen non nos fallou foi o noso amigo Serafín González Prieto ( doutor en Ciencias Biolóxicas,
investigador científico do CSIC e Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural), que nos veu
visitar o día 27 de abril ( día da árbore) para compartir temas moi interesantes para prever incendios e
coidar o medio ambiente.
19
Icía e Carmen foron as encargadas de presentalo e agasallalo co noso libro, As 21 plantas celtas,
dedicado, unha vez máis en nome de tod@s, pola argalleira Cristina Souto.
Serafín comezou explicándonos o que era unha vaga de lume, das condicións
necesarias para que se produza un incendio, de como foron tratados os lumes que
asolaron os nosos montes no mes de outubro.
Deixounos claro que non hai "mafias" nin "terrorismo" nos lumes que acaban cos
nosos montes, xa que o 90% dos casos están provocados polos propi@s
galeg@s. Alucinamos cando nos comentou que moitos dos casos eran producidos
por queimas que @s labreg@s e gandeir@s viñan facendo dende sempre e,
quizás por costume, esquecían fixarse no vento e na climatoloxía para realizalas.
Lembrounos que o cambio climático é unha realidade, xa que agora temos
períodos moi longos de seca e calor extremo a ter en conta. Deixou claro que aínda que estas persoas
son as primeiras responsables, debemos esixirlles aos nosos gobernantes que fagan algo diferente ao
que se está a facer, posto que está claro que isto non está a funcionar.
A nosa compañeira Cristina preguntoulle como podiamos facer para concienciar a
estas persoas do necesario que é ter coidado á hora de facer esas queimas. Serafín
contestoulle que se chegaramos ás persoas coma fai Gayoso no "Luar", e foramos
transmitíndolles esta información, seguro que habería menos lumes. ( Xa estamos
pensando en poñernos en contacto con Gayoso e pedirlle colaboración neste tema).
Son precisos programas, publicidade (a última campaña publicitaria contra os
incendios é do ano 1990) e políticas diferentes. Recomendounos ver o capítulo 131
do "Era visto" da TVG (dende o minuto 19:20) para rir un rato e ao mesmo tempo
aprender.
Serafín continuou falándonos dos tipos de incendios que había (subterráneos, superficiais e de copa), da
diferenza que poden ter as lapas segundo a madeira que arda ( se é de mato máis lento, se é de
eucalipto pode multiplicar a zona devastada moitísimo máis, posto que en situación de
vento, seca e baixa humidade as súas faíscas poden prender novos focos
simultaneamente ata a 3km de distancia). Lembrounos que toda a madeira non arde
igual. Se é autóctona arde moito máis lenta (carballos, castiñeiros), pero se non o é, pode
xerar focos de lumes secundarios máis difíciles de apagar (piñeiros, eucaliptos). Incidiu
en que as especies invasoras, como a mimosa, provocan lumes moi complicados de
apagar. E recordounos que de plantar árbores ao redor das casas, deberían ser
autóctonas. Continuou falándonos da extinción dos incendios. Agora sabemos que non
só empregan auga para facelo, ás veces esta vai mesturada con produtos que danan o solo e, polo
tanto, a tod@s nós. Recordounos que o SOLO é un recurso non renovable e, polo tanto, se quedamos
sen el DESAPARECEREMOS e haberá que buscar outro planeta.
Proseguiu informándonos dos danos colaterais que sofren as persoas encargadas da extinción dos
incendios ( mortes, cancro...). Explicounos o concepto de “ Economía do lume” e das empresas que
están a ganar moitos cartos coa extinción dos lumes.
Logo achegounos ao que debemos facer despois dos lumes e dixo que había que IMITAR A NATUREZA,
seguir os consellos que nos foi achegando ao longo do tempo como evitar a erosión empregando
recursos naturais ( palla para reducir sedimentos, rolos feitos de fibra de coco...) para axudar a recuperar
a vexetación. Tamén nos falou da situación na que quedan os animais que
poboaban os terreos queimados, da contaminación das augas, do aire. De tantas
cousas ...., que o tempo co noso amigo Serafín chegou a pouco.
Aínda que a Serafín non lle importaba deter a súa charla tan pronto vía unha man
levantada, cando rematou a súa exposición comezou a quenda de preguntas e
aínda aprendemos moito máis.
Quédanos claro que os galegos e galegas somos os primeiros responsables,
posto que por imprudencia ou intencionalmente provocamos os incendios. Pero
tamén é certo que estamos seguros que outra política forestal é posible e aí ten toda a responsabilidade o
goberno. Hai falta de información á cidadanía, dedícanse moitos máis recursos á extinción que á
prevención, non se aposta polas árbores autóctonas, as solucións propostas ata agora foron inútiles,...
Como dixo Serafín, se non coidamos o SOLO, haberá que buscar outro planeta e nós non queremos.
20
UN INSTITUTO SAUDABLE
A mediados do primeiro trimestre, vari@s profesor@s do noso centro tiveron a brillante idea de
converter o noso instituto no cume da “vida saudable”.
Tras observar a falta de exercicio dalgúns e dalgunhas alumnos e alumnas fomentaron a
iniciativa de camiñar ou correr un quilómetro todos os días. Cada día, no segundo recreo, damos
catro voltas ao instituto, equivalentes a un quilómetro. Cando o tempo o permite facémolo pola
Alameda Literaria, do contrario imos ao pavillón, onde temos que cubrir oito voltas para cumprir o
obxectivo marcado.
A segunda parte desta iniciativa, xurdiu cando viron que o alumnado só comía trangalladas nos
recreos. Este feito fixo que se decidiran a repartir froita, zume e torradas con aceite de oliva no
primeiro recreo todos os luns.
Como deu os seus froitos, incluíron novos alimentos á dieta. Empezouse a cambiar cada
semana o tipo de pan das torradas: un día de trigo, outro de millo, centeo, espelta …
Tamén variaron o tipo de froita: mazás, peras, amorodos con iogur ou mel, plátanos ...
Estes almorzos preparámolos os alumnos e alumnas do centro coa axuda do profesorado, aínda
que hai “algúns individuos” intentan fuxir do seu labor.
Grazas á iniciativa saudable que puxeron en marcha est@s prof@s agora somos un pouquichiño
máis saudables.
Víctor , Irene, Andrea, Paula e Alba, 1ºESO
21
AS NOSAS CREACIÓNS
Continuando co proxecto comezado hai dous
anos, @s argalleir@s das letras enviamos, no
mes de xuño de 2017, un correo a tod@s @s
famos@s que nos axudaron a facer realidade
o noso proxecto, Lemos por e para vós a
Antoloxía poética das árbores celtas, coa idea de comezar o novo curso che@s de ilusión.
Aquí vos deixamos o correo que redactamos e enviamos para que “aproveitasen” as vacacións
pensando en nós.
Bos días:
Antes de pasar a gozar das merecidas vacacións, queremos convidarvos a visitarnos no noso centro e
compartirmos uns momentos entre todos e todas , que para nós serán, inesquecibles.
Como membros dos clubs de lectura “ Argalleiros e argalleiras I,II” , que mellor que comezar esta nova andaina
seguindo os vosos consellos para elixir as lecturas que realizaremos este curso!? Se estades de acordo e vos
apetece, poderedes vir acompañados e acompañadas do mellor amigo: UN LIBRO. Xa vos imaxinades o
motivo, non si? En menos de dous minutos, e sempre que o desexedes, deberedes convencernos de ler o libro
que vos acompaña. Non esquezades que se contamos con todos e todas serán 47 opinións e teremos que
elixir, así que xa sabedes....
Agardamos vérmonos o venres 22 DE SETEMBRO ÁS 11,20h para agradecervos persoalmente todo o que
fixestes por nós.
Non dubidedes que o pasaremos moi ben!
Argalleiros e argalleiras das letras
Ao longo do verán recibimos as contestacións de moitos persoeiros, e o día 1 de setembro
enviámoslles este correo recordatorio.
Ola a todos e a todas os e as “Argalleiros e argalleiras das letras” recentemente nomeados e nomeadas como
tal:
Agardamos que durante estes días de descanso tivésedes tempo para pensar un pouquiño en nós e no libro
que vos acompañará o día en que, por fin, nos coñezamos todos e todas. Xa sabedes que só contaredes con
2 minutos para convencernos de que é imprescindible a súa lectura.
Nós estamos entusiasmados e entusiasmadas agardando a que chegue ese día para poder poñervos cara, xa
que as voces xa as temos na nosa mente.
Só vos queremos lembrar que o día 22 DE SETEMBRO, ÁS 11,20H estaremos esperándovos no IES
CASTRO DA UZ, AS PONTES.
Pregámosvos que nos confirmedes a vosa asistencia.
Atentamente,
Argalleiros e argalleiras das letras
O curso comezaba o día 15, pero @s argalleir@s das letras o inicio foi moito antes xa que
tiñamos moito que organizar para que o día 22 todo estivese coma nos gusta a nós: BEN. Como
a Elena e a Chelo non lles importou acompañarnos, aí estivemos tod@s dende comezos de
setembro poñendo aínda máis guapa a nosa Alameda Literaria e pensando no xeito de
agradecerlles a súa colaboración no proxecto e a súa asistencia ao acto ao que @s tiñamos
convidad@s. Decidimos deseñar uns diplomas nos que os nomeabamos “Argalleir@s de honra”,
facer insignias coa imaxe das follas do carballo, agasallalos cunha violeta... Aproveitamos para
pensar no xeito en que os recibiriamos, como iamos facerlles máis agradable o paseo pola
Alameda e presentarlles a árbore celta que rexe a súa vida. Redactamos un pequeno “discurso”
para inaugurar o acto e pensamos, como non, na música que iniciaría e remataría o evento, así
como o xeito de facer que respectasen os dous minutos que tiñan para convencernos da lectura
22
da obra que os acompañaba. Moitas e moitas cousiñas que tivemos que preparar para que todo
saíse perfectamente.
Chegou o día 22 e aí estabamos tod@s á entrada do instituto agardando a chegada d@s Argalleir@s de
honra. Nada máis coñecernos xa nos fixemos amigos e amigas, porque así nos sentimos cando nos
axudaron a perder os nervios e facer que todo o acto fose unha auténtica e xenial argallada.
Aquí nos vedes recibíndoos e acompañándoos pola nosa Alameda
Todos e todas coñeceron a súa árbore celta, que lle iamos presentando e desvelando os
segredos que agocha, da man d@s argalleir@s elixidos para tal fin. Nestas imaxes vedes a Uxía
e Vicente acompañados de Héctor Cajaraville e Olegario Sampedro baixo a sombra da sorbeira.
Na outra imaxe César Candela e Luís Veloso abraiados ante a faia.
Así fomos acompañándo@s a tod@s e a Hakam Casares (fillo de Carlos Casares), que
apareceu de imprevisto, xa que non nos tiña avisado da súa
presenza. Sabela descubriulle a súa árbore e tod@s nos
sentimos orgullosos de telo con nós porque así recibiría o
diploma no que nomeabamos “Argalleiro de honra” a seu pai.
Amosando as insignias coa folla do carballo . Diploma que deseñamos para a súa entrega. Violetas listas para entregar.
23
Chegaba o momento solemne do día. O momento que amosa que se estabamos aí era porque
tod@s tiñamos algo en común, algo que nos une: o gusto pola lectura e o pracer de compartila.
Preparamos o salón de actos do mellor xeito para que tod@s puideramos estar o máis
cómod@s posible.
E comezou o momento máis esperado. Elvira, Carmela, Sofía e Álvaro abriron o acto enchendo
todo o lugar coa súa música. E Xan inaugurouno lendo o seguinte
texto:
Bos días de novo a todos e a todas:
Logo de percorrer xuntos a Alameda Literaria toca iniciar o acto
máis serio, polo que cómpre facer unha lembranza de como foi este
proxecto co fin de que vos deades conta da importancia da vosa
axuda. Sen vós, isto non sería posible.
“@s argalleir@s das letras” comezamos, coma sempre, con moitas
ganas de coñecer as novas experiencias que nos agardaban, pero,
entre nós, estabamos cansos e cansas de traballar tanto e tan duro,
polo que se nos ocorreu a seguinte idea. Se nós traballamos tanto,
por que non pedimos axuda? A quen? Comezaron a saír os nomes
das persoas que nós queriamos que nos axudasen: escritores,
cantantes, youtubers, deportistas, actores, debuxantes, xornalistas,
pintores, empresarios, en fin... xente famosa. Continuamos e puxémonos mans á obra.
Buscamos os contactos, redactamos correos, toleamos ás profes e ao vice para que enviasen os
correos dende o centro, porque sabiamos que a nós ninguén non respondería. Que pena,
verdade!!!
Posto en marcha o proxecto empezamos a recibir:
ALEGRÍAS pola pronta resposta de moitos e moitas deles e delas, tanto pola súa colaboración
como polos ánimos que nos daban, aínda que algúns non puidesen axudarnos por motivos
laborais. Pero responderon ao noso correo. GRAZAS
E PENA E DECEPCIÓN por sentirnos un pouquiño enganados, xa que algúns que prometeron
participar, non o fixeron.
Aprendemos moitas cousas, sobre todo a rematar o traballo iniciado, xa que non podiamos
fallarlles a todas as persoas que nos enviaran xa as súas gravacións. Volvemos á carga e
aprendemos o valor da amizade e a valorar as persoas que están ao noso carón, que son máis
famosas que calquera famoso recoñecido. Quen non nos falla nunca? A familia e os amigos. E
así puidemos rematar este fermoso traballo grazas a todos e todas vós.
Agora entendedes o importante que é para nós que aceptásedes a nosa invitación?
Queriamos agradecervos persoalmente que nos axudásedes a poñer fin a un proxecto que saíu
adiante grazas a vós e serviu para dar a coñecer un pouquiño máis a nosa lingua e a nosa
literatura.
24
Co voso permiso queremos lembrar a todas as persoas que nos axudaron e nos tiveron en
conta, aínda que só sexamos estudantes e ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS.
Imos nomear a todos e a todas " ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS, DE
HONRA" e aproveitar para entregar un pequeno agasallo aos aquí presentes.
HELENA VILLAR JANEIRO, ÁNGELA Mª REBOREDO PEDREIRA, GLORIA DAVID, MIGUEL
VIGO, FRAN ALONSO, AURIA BÓVEDA MORANDEIRA, EFIGENIA MASEDA, SILVIA PARDO
GALDO, CÉSAR CANDELAS, ALBA REQUEIJO CENDÁN, CARLOS NEGRO, MODESTO PAZ,
CARLOS BLANCO, PAULA CARBALLEIRA, PURA GALÁN, RUBÉN RUIBAL, LUÍS GARCÍA
SANTALLA, EDITA NOGUEIRA, JOSÉ LUÍS GRAÑA, MARTIÑO MASEDA, YOLANDA BACA,
BEGOÑA MARTÍN ACERO, TUCHO CALVO, ANTÓN RIVEIRO COELLO, CARLOS COIRA,
JORGE COIRA, HÉCTOR CAJARAVILLE, XAVIER CASTRO, XURXO MARTINHO, XESÚS
RÁBADE PAREDES, ELISARDO LÓPEZ VARELA, SUSANA BELLAS, DIANA SILVA,
CRISTINA ARIAS, LUCÍA GUIZÁN, MANUEL PRIETO, SANTI DEL MORAL, JUAN ANTONIO
PINTO ANTÓN, VALENTÍN GARCÍA GÓMEZ, MARTA DACOSTA, CARLOTA CANDELAS,
ARMANDO REQUEIXO, CELIA CASTRO, CANDELA PAZ, LUÍS VELOSO, Mª CARMEN
SAMPEDRO, ANDREA MACEIRAS e OLEGARIO SAMPEDRO.
Uns momentos da entrega de diploma e violeta a Begoña Martín, Efigenia Maseda e J. L. Graña
Xan rematou o discurso inaugural coas seguintes palabras: Moitas grazas. Agora deixámosvos para
que sigades traballando.
Cada "ARGALLEIR@ DE HONRA" tiña que convencernos en menos de DOUS MINUTOS de que
lésemos nos clubs de lectura o libro que el ou ela nos recomendaba.
Aquí vai a listaxe de títulos que defenderon @s que nos viñeron visitar, a listaxe sería
maior se engadimos os títulos que recomendaron as persoas que non puideron
asistir, pero esa quedará para o ano.
SANTI DEL MORAL: Os ángulos da brasa, Manuel Álvarez Torneiro
TUCHO CALVO: Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de
Gondomar, escrito por Francisco Maseda.
BEGOÑA MARTÍN: O señor Ibrahim e as flores do Corán, Eric- Emmanuel
Schmitt.
J. LUIS GRAÑA: Itinerario do botellón, J. Luis Graña
EDITA NOGUEIRA: As novas cousas de Ramón Lamote, Paco Martín.
PURA GALÁN: De remate, Héctor Cajaraville
LUIS VELOSO: Lolo na bici e Carlos na moto, Rafael Laso.
HÉCTOR CAJARAVILLE: Terraza de Fran Alonso.
OLEGARIO SAMPEDRO: todos os libros de Sherlock Holmes, Arthur Conan Doyle.
HAKAM CASARES: Ilustrísima ou O sol do verán, Carlos Casares.
CRISTINA ARIAS: A viaxe de Gagarin, Agustín Fernández Paz.
CÉSAR CANDELAS: Salseiros, Suso Lista.
25
EFIGENIA MASEDA: El príncipe de Tarsis, Antonio Sánchez Escalonilla.
Non tod@s respectaron os dous minutos que tiñan asignados, pero aí estaba Álvaro para
volvelos á realidade.
(ALGÚNS DOS CONVIDADOS COMENTARON QUE ESTE XEITO DE LEMBRAR O
TEMPO DE INTERVENCIÓN DEBIA INSTAURARSE EN TODOS OS ACTOS. )
Unha vez escoitados todos os argumentos reunímonos para tomar a decisión. En menos de
dous minutos compartimos a nosa decisión: OS CATRO LIBROS SELECCIONADOS para
ler e gravar en audio foron os que aparecen en letra grosa e cursiva na listaxe que vos
achegamos.
Cando iamos clausurar o acto recibimos unha sorpresa por parte dos argalleiros de honra:
LUIS, BALDOMERO E JOSÉ ANTONIO. Sorprendéronos repartindo as letras das cancións
que ían tocar para que os acompañásemos... Grazas por todo, argalleiros.!
Logo gozamos duns saborosos
petiscos tod@s xuntos.
Con esta foto queremos lembrar a tod@s @s argalleir@s de honra que non puideron estar fisicamente
con nós, pero que estaban no corazón de tod@s, e dicir ben alto que estamos orgullos@s de saber que
os traballos feitos con ilusión sempre chegan a bo fin. O día 22 de setembro uniunos para sempre.
Se queredes seguir coa historia visitade o noso blog.
26
AS 21 PLANTAS CELTAS
Este curso tiñamos en mente poñer máis guapa a Alameda Literaria,
acompañándoa coas 21 plantas celtas que medrarán ao carón das
árbores da nosa Alameda, e así o fixemos.
Como @s argalleir@s sempre continuamos o traballo comezado e imos
sementando pistas... Lembrámosvos que un dos agasallos que lles
ofrecemos @s argalleir@s de honra o día 22 de setembro era unha
violeta. Este regalo xa era un adianto do seguinte proxecto. Por que unha violeta? Porque queremos
seguir amosando que só coñecendo o noso pasado poderemos entender o presente e mellorar o futuro.
Sen raíces non somos ninguén.
A argalleira Sheila lembroulles ese día o motivo de agasallalos con esta planta:
“Os celtas consideraban esta planta como símbolo do éxito e do amor porque achegaba a forza e a maxia
necesaria para ser felices. As súas follas dan harmonía, paz e equilibrio. E o seu aroma agudiza a
sensibilidade e axuda a enfrontar os nosos medos.
Se a colocades na parte leste da casa florecerá dúas veces ao ano, sempre que a coides con cariño e
vos lembredes da deusa celta Áine, que é a deusa do aire e do ceo, e será a que velará polos vosos
soños, ideas e pensamentos.”
Dende o primeiro mes de curso comezamos a mergullarnos en facer realidade este novo soño, este
novo proxecto d@s argalleir@s. Foi un duro e gratificador traballo ( coma sempre) de investigación o
que levamos a cabo Sara Basoa, Xoel Carballeira, Silvia Casás, Javier Fernández, David Hernández,
Jessica Leira, Aldara Pérez e Sabela Rodríguez na procura destas plantas. Unha vez recompilada a
información tivemos que elixir as 21 que acompañarían as nosas árbores e son as seguintes: aceda
silvestre, allo, campánula, coandro, filipéndula, hedra, hisopo, hortensia, margarida, menta, mentraste,
ortiga, perexil, queiroa, ruda, salvia, valeriana, verbena, violeta e visgo. Loxicamente había que
debuxalas e Sabela e Sara, as responsables das ilustracións, non dubidaron en pedir colaboración a
outr@s argalleir@s para que lles axudaran a ilustrar cada planta celta elixida. Meu dito, meu feito! Aí
estaban Carmela (2ºESO) e Aroa , Victoria, Diego e Irene de 1ºESO para botar unha man. Rematado o
traballo só quedaba facer o que vimos facendo dende hai anos: un libriño que, esta vez, viría
acompañado dunha guía para sumar aos fondos da biblioteca.
Aquí vos deixamos coa portada do libro e coa guía .
Podedes ver o contido do libro neste enlace do noso blog:
(http://alamedaliteraria.blogspot.com.es/2018/04/as-21-plantas-celtas.html) .
27
Agardamos que non pasedes por alto ningunha páxina, porque, lembrando a outra actividade na que
estamos mergullad@s, as dedicatorias agochan tesouros...
Estas foron as nosas dedicatorias que inician o libriño:
Para @s argalleiros das letras que comezaron
a Alameda Literaria das 21 árbores celtas.
Para aqueles e aquelas que a continuaron.
Para todas as persoas que lembran as súas orixes
e a súa cultura.
Para os amantes da natureza.
Pero este traballo non rematou aquí, como imaxinades. Agora tocaba a parte práctica. Buscar as 21
plantas para colocar na Alameda Literaria. Xa nos vedes de paseo polos arredores do centro para
conseguilas, pero como este ano foi un ano moi chuvioso, todo ía retrasado e as plantas resistíanse a
aparecer. Ante esta situación botamos man dos nos@s profes e de toda a comunidade educativa para
que nos axudasen a conseguilas. Só foi dicilo e cada día atopabámonos con algunha sorpresa.
Decidimos o lugar e como iamos colocalas e comezamos o traballo. Uns argalleir@s encargáronse de
delimitar o lugar onde realizariamos a plantación con todas as que tiñamos e outr@s plantando e
identificando a xardineira que compraramos e nos axudara a montar o noso profe, Soto.
Todo estaba organizado e así foi como quedou a plantación GRAZAS aos consellos de Soto e á axuda de
tod@s os profes que non dubidaron en botarnos unha man. ( Se queredes saber máis, non dubides en
ver o vídeo que realizamos para lembrar este traballo).
Pero aínda non remataramos o proxecto. Había que saber e coñecer máis sobre as plantas que
elixiramos e que están con nós dende a cultura celta. Que mellor que pedir a colaboración dunha experta
en plantas para que nos achegara os segredos que agochan e nos lembrara o poder natural que teñen
28
aínda hoxe. Puxémonos en contacto coa farmacéutica Camino Pérez para que se achegase ao centro e
nos contase cousas. Decidimos o 5 de abril, como data para realizar o taller a aí estaban Sara e Sabela
para presentala e agasallala cun exemplar do libro ( dedicado pola argalleira Cristina Souto) e da guía
que elaboraramos, acompañados dunha planta de valeriana.
Despois da introdución comezamos a participar activamente no taller. Ortigámonos e soubemos que
cando unha planta é daniña ( sempre ten unha explicación) a natureza pon ao seu lado o “antídoto”.
Neste caso era a ortiga fronte ao mentraste. Camino ensinounos a facer infusións e lembrounos que non
podemos poñer a ferver nunca as plantas, que con botar un pouco de auga fervida por riba, xa está
preparada. Logo achegounos os segredos para curar os negróns, escordaduras e outros golpes dun xeito
natural, facendo emplastos. Chegaba o momento de coñecer como se fan os xaropes para calmar a tose.
Isto foi algo máis complicado, xa que había que pelar allos, machacalos, mesturalos con mel, poñelos ao
baño maría e deixalos repousar 15 días.
Remataba o taller e Camino despediuse con estas palabras:
“Hai un principio que se estuda en física que di que os sistemas tenden ó equilibrio (a
terra considérase un sistema) e que cando algo despraza o equilibrio cara a un lado, o
propio sistema tende a desprazalo cara ó outro para recobralo. Se somos os seres
humanos os principais responsables da extinción de moitas das especies, do aumento
da temperatura global, da xeración de residuos non degradables, etc, etc, somos por
tanto responsables da ruptura do equilibrio, polo que o xeito de restablecelo podería
ser a nosa extinción. Así que... ,se ás veces non te preocupas pola natureza... ,
preocúpate por ti. CÓIDAA! “
Camino Pérez Martín
Nós agradecémoslle a súa presenza e despedímonos con moita aprendizaxe deste
proxecto que agora si, chegaba ao seu fin.
( Xa sabedes que podedes seguir todo o taller visitando o vídeo que aparece na páxina web do centro)
29
PARA TI
Chega a hora de falar do último proxecto que levamos a cabo @s argalleir@s das
letras neste curso.
Un día, ou mellor dito unha noite, ocorréusenos recompilar todas as dedicatorias
dos libros que temos na nosa biblioteca para amosar que @s b@s lector@s non
deben saltar ningunha páxina, porque dende o momento que abrimos o libro
comeza a viaxe.
Como imaxinades foi moito o tempo que nos levou manexar todos os fondos da
biblioteca en busca de dedicatorias, pero conseguímolo. Soubemos traballar en
equipo e manexar con destreza o drive, para así compartir todo o traballo que
iamos recompilando. Licenciámonos na orde alfabética e na organización da
biblioteca e da CDU. Recoñecemos a importancia de manter a orde dos andeis da
biblio para evitar traballar no que outr@s xa fixeran... En fin, que estamos orgullos@s deste proxecto
porque nos seguiu unindo a tod@s.
Como non podía ser doutro xeito, unha vez rematado o traballo, démoslle forma de libro e así naceu:
Para ti. O título deunos que pensar, xa que había compañeir@s que votaban por Para nós, pero a maioría
decidiu o que xa coñecedes. Sabela e Sara baseáronse no contido do libro e pensaron nunha ilustración
para a portada que reflectise un agasallo que se entrega con toda a ilusión para que o abran e o gocen.
Deixámosvos co Prólogo que escribimos para que teñades unha idea de como vivimos esta aventura
(podedes ler todo o libro visitando o noso blog)
PRÓLOGO
Este libro xorde do noso enfado, dun sentimento de rabia contida e do que cremos unha traizón existente
dende hai séculos. Dende que os libros chegaron ás nosas vidas. Dende que vós, que vos cualificades
coma “lectores e lectoras”, non dubidades en pasar rapidamente as páxinas ata chegar ao inicio da obra,
deixando esquecida a guinda do pastel, o corazón do libro, A DEDICATORIA.
Por este motivo, @s argalleir@s das letras, decidimos mergullarnos nos libros da nosa biblioteca co
obxectivo de recompilar todas esas guindas e corazóns do esquecemento.
Iniciamos esta nova aventura nunha das nosas actividades, o maratón de cine. Arredor das cinco da
mañá (e aproveitando un descanso), @s máis veteran@s dos clubs de lectura comezamos a distribuír
todos os libros, segundo os andeis e columnas que ocupaban na biblioteca, para asignar cada columna a
un grupo de argalleir@s e así facilitar a recompilación.
Logo de moitos meses de traballo, enfados, revisións... conseguimos rematar. Pero chegaba o momento
das dúbidas.
Que facer con aquelas dedicatorias de libros que tiñamos en diferentes linguas? Decidimos elixir a que
estaba en lingua galega.
Cal era a orde que seguiriamos para facilitarvos a lectura? A decisión consensual foi seguir a orde que
rexe a CDU da nosa biblioteca, de aí que non todas as obras dos mesmos autores ou autoras aparezan
consecutivamente, xa que tivemos en conta as tres iniciais do apelido e as tres iniciais do título para ser
consecuentes coa orde da biblioteca.
Ti, querid@ lector e lectora ansios@, ao mellor agora, logo de ler esta recompilación, daraste conta que
un libro comeza dende que abres a súa portada, porque nesas páxinas que aparecen antes de iniciar a
historia, e que ti saltabas, están agochadas guindas e corazóns.
Agardamos que vos preguntedes o mesmo que nos preguntamos nós: Por que? Quen será? Quen
serán? Que segredo agocha a mensaxe?....
Estas preguntas intentaremos respondelas o máis pronto posible, xa que agora toca poñernos en
contacto cos autores e autoras das dedicatorias seleccionadas para investigar un pouco máis nestas
historias que comezan as súas obras.
Argalleiros e argalleiras das letras
Clubs de lectura
IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ
30
Agora que sabedes o motivo que nos levou a escribir este libro deixámosvos coas dedicatorias, eses
tesouros, que o comezan:
A todos aqueles autores e autoras que dedican os seus libros.
A todos aqueles lectores e lectoras
que non comezan o libro polo primeiro capítulo.
@S AUTOR@S
Rematamos o libro, pero non o proxecto. Agora tocaba a parte máis importante. Contactar cos e coas
autores e autoras das dedicatorias que máis nos gustaron para preguntarlles o que agochaban as súas
palabras. Lembrando as dificultades e o custoso que fora o contacto cos “ argalleir@s de honra” para
realizar o proxecto Lemos por e para vós, e, logo de consensuar coas “ altas esferas” as
nosas ideas, decidimos darnos a coñecer dende o “anonimato”. Responderíannos @s
autores ás mensaxes que enviamos sen rematar en edu.xunta.es?
No traballo de investigación para coñecer os enderezos d@s elixid@s démonos conta que
moit@s empregaban redes sociais. Aí nos vedes abrindo contas –baixo a supervisión dos
profes- para darnos de alta nas redes sociais e poder falar con eles e elas. Contestarannos
cando reciban unha mensaxe deste remitente?argalleirxsdasletras@gmail.com ? Pero
tamén nos demos conta de que moit@s seguen empregando a relación epistolar de
sempre. A argalleira Elvira escribiulle unha a carta a J. K. Rowling.
Como @s autor@s elixid@s escribían en diferentes linguas. Redactamos un texto en
galego, castelán e inglés para facérllelo chegar.
Estimado/ -a ....
Diríxome a vostede como integrante do club de lectura, “ Argalleiros e argalleiras das letras”, do IES
Plurilingüe Castro da Uz.
Este ano comezamos un novo proxecto que consistiu na recompilación das dedicatorias dos libros da
nosa biblioteca. Cremos que, ás veces, o lector ou lectora pasa por alto unha das partes máis
significativas –para nós- dos libros, as dedicatorias. Neste traballo descubrimos auténticos tesouros e
entre eles está o seu.
Gustaríanos saber o motivo que o/ a levou a escribir estas palabras que inician a súa obra (ou as súas
obras)
Atentamente
Argalleiro ou argalleira das letras
IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ
AS PONTES
A CORUÑA
Pasou o tempo e nas redes sociais respondéronnos:
Marcos Chicot que nos enviou enlaces para seguir o contacto.
Rosa Aneiros que nos respondeu a nosa pregunta:
“ Pois da marea negra quedoume o pouso do negro, esa sensación horrible do chapapote pegado á pel,
pero tamén a esperanza de saber que, cando nos xuntamos, somos capaces de facer cousas
extraordinarias, neste caso evitar maiores efectos dunha catástrofe natural que ameazaba con derrubar o
noso futuro.”
Laura Gallego:
¡Hola! Esta es una respuesta automática. Laura Gallego no gestiona
esta cuenta personalmente. Para eventos, firmas, peticiones y otras
dudas, consulta la sección de preguntas frecuentes de la web...
Pero o que máis nos abraiou foi cando Elvira recibiu contestación da
súa destinataria. Aquí a vedes coa carta que amosa que @s
auténtic@s autor@s non esquecen @s seus ou súas lector@s.
Seguiremos informando.
Argalleir@s das letras
31
Día das Letras Galegas con María Victoria Moreno
Nada máis comezar o curso dixéronnos a quen se lle dedicaría o Día das Letras
galegas no ano 2018. Cando escoitamos o nome de Mª Victoria Moreno
alegrámonos de que fose unha muller a elixida. E outra muller, a nosa compañeira
e argalleira Cristina Souto, non dubidou en amosar a súa arte debuxándoa tal e
como ela a ve. Aquí vedes o resultado final.
Puxémonos a traballar e o primeiro que buscamos na súa biografía foi a data de
nacemento para coñecer a súa árbore celta, que resultou ser o álamo. E así era
como a definía:
ÁLAMO POPULUS ALBA
A INCERTEZA
Son persoas cun alto sentido da estética que buscan rodearse de ambientes
agradables. Non moi seguras de si; valentes só se é preciso. Selectivas, entusiastas, boas organizadoras
e ás veces solitarias. Amantes dos saberes filosóficos e moi comprometidas e serias nas relacións
persoais.
A súa cor: GRIS
Continuamos investigando e pensando nos traballos que fariamos.
Como nos gusta ler decidimos elixir lecturas da autora para poñerlles
voz e dálas a coñecer ao noso xeito, gravándoas e subíndoas ao blog
na sección de audiolibros. Recomendámosvos escoitar Leonardo e os,
fontaneiros, Onde o aire non era brisa, Guedellas de seda e liño,
porque como di Mª Victoria Moreno nas palabras que dirixe Ó
LECTOR en Leonardo e os fontaneiros: " Fai o que queiras, amigo,
pero le o libro, que para iso o escribo. E que che preste". Pois nós
desexamos que vos presten os nosos audios.
Quedaba a novela máis “coñecida” da autora, non pensedes que nos esquecemos, pero a esta lectura
agardáballe un destino moi gratificador, xa que ía viaxar con nós ata Barcelona e sería a protagonista da
actividade do Día do libro. Si, Anagnórise e a súa autora foron as protagonistas do audiolibro que
subimos nada máis volver ao instituto. Elas acompañáronnos nas horas que durou a lectura continuada e
grazas ás palabras elixidas desta novela naceu o poema ( quizás o mellor d@s argalleir@s)
“Desmontando mitoloxías”.
Seguimos coñecendo a Mª Victoria e a súa obra e Cristina brindouse a realizar un cómic contando en
poucas viñetas a vida da escritora, seguindo o guión elaborado por tod@s (como artista que é, tomouse
unhas licencias).
O cómic podedes velo na contraportada da revista, agora deixámosvos co texto que debería acompañar
as viñetas, pero.... unha artista é unha artista.
Imaxina unha melodía sen son ou sorrirlle a alguén que non che devolva o aceno de complicidade.
Todos e todas sabemos que a vida sen amor semella un conto sen fadas. Así foi a vida de María
Victoria ata que chegou aquí, a Galicia. Para coñecer a quen...?
A unha lingua que abrazou como propia, a unha lingua que foi o seu verdadeiro amor.
Como tod@s compartimos os proxectos tocounos resumir o texto para incorporalo ao cómic e intentar
que quede perfecto. Estas serán as palabras que acompañen as viñetas:
Melodías sen son. Sorrisos sen complicidade. Contos sen fadas... Ata que cheguei a ti.
E se descubrimos a esta autora grazas as súas lecturas, aínda máis cando lemos as súas dedicatorias
que forman parte do noso libro Para ti.
En Guedellas de seda e liño
“Para o meu mestre don Rafael Lapesa,
que gañou con palabras e para as palabras
o meu corazón.
Para os meus alumnos, que sempre
encheron de luz a miña vida.”
Para despedirnos dicimos que foi un pracer asistir á representación teatral de Leonardo e os fontaneiros.
En Anagnórise
“Para os meus alumnos de Vilalonga,
que me aledaron os días en que eu
enfiaba esta historia, que me regalaron
o bolígrafo co que a escribín.”
32
DÍA DO LIBRO 2018 EN BARCELONA
Este curso @s argalleir@s das letras eliximos Barcelona como
destino para realizar a actividade do Día do Libro, acompañad@s,
nesta ocasión, de Anagnórise de Mª Victoria Moreno.
Saímos das Pontes ás 05h do día 20, xa que tiñamos que chegar
ata Santiago para coller o avión que nos levaría ata Barcelona e
aproveitar ao máximo o tempo que tiñamos na cidade.
Nada máis aterrar dirixímonos en autobús ata o noso hostel, no
que nos agardarían moitas sorpresas e aventuras ( podedes lelas no artigo “O outro día do libro” e vendo
a pps). Unha vez aloxados nas nosas "cómodas e amplas" habitacións, e logo dun breve descanso,
comezamos a pasear para coñecer toda a cidade.
A primeira visita foi ao Parque Güell, onde Cris nos explicou as características deste lugar e nos falou do
Modernismo e de Gaudí. Ao día seguinte decidimos coñecer o Barrio Gótico e outros lugares de interese.
Paseamos pola Praza Sant Jaume, achegámonos ata a casa Batlló e a casa Milà, onde Cris volveu
explicarnos máis características desta arte, e continuamos camiño ata chegar á Sagrada Familia.
O domingo comezamos o día con diferentes ritmos. @s que queriamos visitar un lugar importante, para
nós, erguémonos máis cedo cós outr@s, que nos agardaron no hostel ata rematar a visita ao Camp Nou.
Finalizado o percorrido por todas as instalacións reunímonos c@s outr@s argalleir@s e seguimos
camiñando por Barcelona. Tocaban as Ramblas ( unha vez máis), a Barceloneta ( lugar que tiñamos
decido para realizar a nosa lectura continuada)... Paseamos pola Boquería. Chegamos ata a estatua de
Colón ( onde fixemos unha foto para enviárllela a Efi) e gozamos dun día estupendo na praia ( aínda que
non puidemos nin achegarnos á auga).
Como vedes @s argalleir@s das letras sabemos aproveitar o tempo alá onde esteamos. Foi moita a
información que traemos de Barcelona, pero o obxectivo que nos levou ata alí era outro, xa sabedes.
Decidiramos realizar a lectura continuada na praia da Barceloneta, pero a distancia que separa este lugar
do noso hostel fixo cambiar o lugar de lectura. Logo de pedir permiso aos responsables do
establecemento, dispuxémonos a preparar a sala e poñernos cómod@s para gozar da lectura. Mentres
uns argalleiros ían comprar uns petiscos ( que nos agasallaron Elena e Chelo), outr@s distribuïamos a
lectura de Anagnorise entre os 41 argalleir@s e pensabamos na orde de lectura a seguir por tod@s.
Como este ano viaxamos en avión, os paneis quedaron no instituto e tivemos que botar man da nosa
axenda e do noso papel para acompañarnos na selección da palabra e composición do poema.
33
Ás 00,00 h do día 23 de abril comezamos a lectura e tod@s estabamos preparados para que a gravación
quedara perfecta. Xan foi o encargado de comezar a lectura e Cris de rematala.
Agora deixámosvos co poema que compuxemos coas palabras elixidas da lectura. Nós pensamos que
nos quedou “ guapo, guapo, guapo”, pero sodes vós os que tedes que decidir.
DESMONTANDO MITOLOXÍAS
Desesperados balbordos,
compañeiros dunha vida
ausente de medo
grazas ao son da música,
ao pouso dos pétalos da rosa,
ao sentir da natureza,
ao florecer das ideas,
ao goce na intimidade,
ao rebulir da feira
e ao bramar dos becerros.
Era demasiado maricallas
para rozar os seus beizos,
para beber experiencias,
para alcanzar un soño,
para fundirnos nunha alma,
para querernos ben,
para apostar na derradeira partida
por seguir o camiño dos pais.
Farto de recibir
falsos sorrisos,
dos que cría irmáns,
que me afogaban entre bágoas
tecendo fermosos enganos,
implorei ao ceo
desmontando a mitoloxía da mentira,
que me guiaba polo camiño das estrelas
nunha travesía cara a un futuro incerto.
O tempo mostroume
como gañar e bailar neste xogo,
como cumprir e alcanzar desexos,
como amar e vivir a muller,
como respirar e ser primavera,
como celebrar e gozar éxitos,
como superar e esquecer teimas
como desbotar pensamentos escuros,
como viaxar cara á plenitude
esnaquizando os vellos modais.
Facer arder os recordos,
erguerse violentamente,
romper o silencio.
Nacer. Vivir.
Argalleir@s das letras, Barcelona, 2018 ( palabras
seleccionadas da lectura de Anagnórise, Mª Victoria
Moreno)
Nada máis chegar ao centro comezamos a escribir as palabras, pensar na ilustración e vedes como un
ano máis conseguimos o obxectivo que nos une: coñecer, aprender, compartir o gusto pola lectura, por
compoñer e crear.
34
O “ OUTRO “ DÍA DO LIBRO
O día 20 marchamos do Castro da Uz cara a Santiago, onde colleriamos o avión que nos levaría ata o
noso destino. Dende o inicio da viaxe comezaron a acontecernos feitos estraños que nos acompañarían
durante toda a estancia en Barcelona. Nada máis chegar ao hotel, non tiñamos nin sabas, nin toallas; as
liteiras facían moito ruído, a auga das duchas estaba fría e Cristina perdeu a súa toalla verde.
Gozando das cómodas
habitacións
Pola noite, Candela González e Elena aburríanse e empezaron co xogo dos nomes, que consiste en dicir
nomes que comecen por c e acaben por a, recomendámolo. Despois Elena toleaba a Chelo dicíndolle
que era do Real Madrid e que “se había que ir ao Camp Nou, íase”. As noites foron moi entretidas
xogando ao uno, grazas a Jimena que trouxo as cartas.
Cando tocaba “pasear”, “ camiñar” seguiamos as instrucións do Google Maps, que nos indicaba o camiño
enos lembraba que só faltaba “ media hora” para chegar a destino. Nunca dabamos cruzado todos á vez
nos semáforos e sempre nos rifaban por quedarnos atrás e non seguir a norma de Chelo: "Os de 1º da
ESO diante e os de 4º detrás".
O día da lectura lemos Anagnórise, e ao rematar empezaron algúns feitos estraños:
Cando fomos descansar ás habitacións empezáronse a oír ruídos que daban un
pouco de medo... Nós estabamos asustados e as profesoras foron ver o que
pasaba. Resultou ser unha hóspede que só quería molestar, daba golpes en todas
as portas ata que Cristina Souto cun portazo amosoulle que xa estabamos fartos
dela. Tamén lles ofreceu a algúns alumnos unha cervexa, acompañada dunha nota
en inglés. Vicente tiña un pouquiño de medo, xa que era o que tiña a chave da
habitación e ela non paraba de molestar.
As nenas de 4º ESO estaban no baño tranquilamente ata que apareceu, de súpeto,
a hóspede co fin de molestalas. Elas agardaron no baño ata que cansou e marchou.
Como a muller non paraba de molestar, Chelo decidiu baixar, pero non se atrevía a
ir ela soa, así que baixou Elena tamén. Avisaron a recepción de que se a muller
seguía molestando chamarían á policía. Finalmente ela parou dunha vez, e ao día
seguinte pediunos perdón. Aceptamos as súas desculpas, pero tiñamos claro que
non volveriamos a ese hostel tan pintoresco.
Máis tarde collemos o avión de regreso, e a viaxe non foi
moi agradable que se diga. Saímos con moito retraso,
tivemos moitas turbulencias... Pero, aínda que esta viaxe
fose algo estraña foi moi divertida e aprendemos moito.
Candela, Victoria e Jimena, 1ºESO
U - la miña toalla verde?
35
XELO COOPERATIVA EDUCATIVA
Que é Xelo Cooperativa Educativa?
Xelo Cooperativa Educativa nace do proxecto Proem promovido pola
asociación de empresarios Seara, esta é unha cooperativa formada por todo o
alumnado de 4º ESO, e ten como labor "revivir" As Pontes, é dicir, promover
todas esas actividades, e crear outras novas; atraer a xente de fóra, que a xente saiba
que é As Pontes!
As Actividades
- Contacontos e Xogos: A primeira actividade que desenvolvemos foi o contacontos,
esta actividade estivo concibida para darnos a coñecer, pero ofrecendo un bo servizo.
Desenvolveuse no soto da Casa Dopeso e asistiron 24 nenos, @s nos@s compañeir@s
contaron os contos e despois fixeron pintacaras, xogos populares.....
- O Mercado de Xelo: Esta foi a nosa segunda actividade e quizais a que nos abriu os ollos de todo
porque nos amosou o traballo que levaban estas cousas. Consistiu nun mercado de
segunda man situado na 2º planta do mercado de abastos. Cada un de nós levamos
unha serie de artigos e despois, metémolos nun documento, creamos unha referencia e
colocamos unha etiqueta a cada un, no que aparecía o nº de referencia, o prezo, e a
editorial ou talle no caso dos libros e da roupa. Este traballo fixémolo case todo o día
anterior, porque se nos acumulara un pouco todo, pero nada máis comezar a traballar
fixémolo en cero coma!
- Xelo Urban Fest: Esta sería a nosa actividade estelar, e foi a que de verdade nos fixo
abrir os ollos de verdade. Despois de ver que organizar un festival non era nada fácil,
comunicáronnos que non se podía levar a cabo por motivos de organización, foi moi
difícil asumilo, e amolounos bastante ter que cancelalo, pero tamén nos ensinou bastante.
- Xelo Xornada Deportiva: Esta, si que si, é a nosa última actividade. Despois de ter que cancelar o
festival, decidímonos a facer algo máis sinxelo pero que tamén fose interesante. Dúas semanas antes
desta actividade puxémonos mans a obra, e podemos dicir que os temas de organización non están
nada mal, fomos con tempo. Esta foi a nosa última actividade que consistiu nunha xornada deportiva para
os máis peques da casa, e contamos con fútbol, baloncesto, ximnasia e baile. Á metade da actividade
ofrecemos unha merenda e ó final un diploma.
Moitos pensan que isto foi unha parvada, pero para nada. Cousas tan simples,
como ir a Abanca a ingresar os cartos, ir despois ao notario a constituír a
cooperativa fixérennos aprender moito, e todo grazas a Carolina, Noelia, Montse e
Elena, dende aquí dámoslle as grazas a todas.
Por último, dicirvos que non só nós saímos beneficiados disto, senón que o 15%
do que recadamos foi destinado para unha asociación sen ánimo de lucro.
Borja Pita, membro da cooperativa Xelo
36
RADIO RASCA
Que é? Radio Rasca é a nosa radio propia. Funciona todos os recreos no Castro
da Uz. Pódela escoitar dende as 10:10 am ata as 10:30 e dende as 12:10 am ata
as 12:30.
Que facemos? En Radio Rasca poñemos música para todos os gustos (se queres
traer a túa propia selección musical e poñela na radio, pásate polo salón de actos
e apúntate. Estámoste agardando!), tamén emitimos as entrevistas a traballadores, profes do
centro e persoas que nos visitan. Dámos a coñecer as nosas creacións, lendo os nosos textos;
poñemos os audiolibros que realizamos lendo as obras que, neste curso, lembran a autora á
quen se lle dedica o Día das Letras Galegas, Mª Victoria Moreno, e podedes escoitar visitando a
seguinte sección do noso blog: (http://argalladas.blogspot.com.es/2018/01/audiolibros-m-victoria-
moreno.html ), e moito máis...!
Como o facemos? A nosa humilde emisora atópase no salón de actos. Temos un ordenador, que
usamos para poñer a música; un amplificador; e un micrófono para presentar. Cada emisión é
precedida e finalizada pola sintonía de Radio Rasca.
Quen? A radio dirixímola, este curso, catro persoas, aínda que ás veces invitamos a outros
alumnos para presentar contidos especiais.
Dito isto, xa sabedes que é esa “musiquiña” tan pegadiza que escoitades ó comezo de cada
recreo.
Logo desta presentación deixámosvos coas entrevistas que realizamos este curso. Lembramos
que as respostas non se recollen na súa totalidade, xa que nos gustaría que escoitedes as
entrevistas visitando o noso blog: http://argalladas.blogspot.com.es/2016/03/entrevistas-en-radio-
ras.html.
Sabela, Xoel, Sara, Jessica e Silvia ( 3ºESO) entrevistaron a Pili, a persoa encargada da
cafetaría do centro e a muller que fai os mellores “bocatas” do mundo.
ENTREVISTA A PILI, ENCARGADA DA CAFETARÍA DO CENTRO
Bos días, Pili. Moitas grazas por estar con nós e por dedicarnos un pouco do teu tempo para compartir
estes momentos que esperamos sexan agradables.
Se estás disposta, comezamos.
- Canto tempo levas ao fronte da cafetaría do centro? Oito
anos
- Por que decidiches encargarte dela? A través dunha
profesora que me comentou que no centro non había
cafetaría.
- Hai algunha diferenza entre as cafetarías dos institutos e as
outras? Non o sei, só traballei nesta.
- Gustaríache ter unha cafetaría fóra do instituto? Por que? Se
fose con bebidas alcohólicas ou un bar, non. Se só fose
para bocadillos si.
- Cando empezaches a traballar aquí, pensaches algunha vez
que os teus “bocatas” ían ter tanto éxito? Non
- Cantos bocadillos fas máis ou menos nos recreos? Depende do número de alumnado. Este ano máis
có ano pasado. De 90 a 100.
-Podes dicirnos onde compras os ingredientes que utilizas? Os secretos non se din, e menos as
receitas.
- E, por que subiches os prezos? Levaba moitos anos sen subir e a vida cambiou.
- Tes pensado volver baixalos? Non me importaría, pero da maneira que vai a vida...
- Como levas a avalancha de xente que hai este ano? Estando moi concentrada
37
- Non cres que nós temos máis dereito a ser atendidos antes que os do Moncho? Todos somos clientes
e debería haber un número coma nas carnicerías para axudar.
- O peche do bacharelato no centro en que repercutiu no teu negocio? Menos xente, menos vendas
- Se non te dedicaras a isto, que che gustaría ser? A algo relacionado coa creación, pintura,
manualidades...
- Que che gusta facer no tempo libre? Facer disfraces, escoitar música. Leo pouco porque teño
pouco tempo.
- Nestes últimos anos, cales foron para ti os cambios máis significativos na vila ( positivos e negativos)?
Non me gusta que se pechen centros. Todo o que se cerra non se volve abrir. Pero hai que ter en
conta a realidade. Agora hai menos nenos ca na miña época.
E xa para rematar, imos cunhas preguntas moi rápidas. Se pode ser, debes responder cunha soa
palabra.
- Que botas de menos no mundo? Neste mundo todo se move por cartos. Que non fose todo movido
polo carto.
- Que quixeches facer e non fixeches? Se nacera agora estudaria algo artistico
-Cando eras pequena pensabas en ser...? secretaria
-Se foses un animal, cal serías? A pantera
- Un desexo? Que sigamos con liberdades
-Unha palabra galega? lubre
-Un sentimento? ilusión
-Un libro? As memorias de Ángela
-Unha comida? arroz con leite
-Unha bebida? Zumes naturais
Un ingrediente imprescindible? sal
Un desexo ou consello que nos queiras dar? Consello non son
ninguén para dálo. Desexo que vos vaia ben, que estudes e
que fagades o que vos guste.
Nós agradecémoslle a Pili a súa colaboración e ela deunos as grazas por acordarnos dela.
O 24 do Outubro Aldara, Javier, Hernán, Jorge e David (3ºESO) convertémonos en reporteiros e
entrevistamos a Tino, o bedel do noso centro e a persoa encargada de que todo funcione ben e coa que
levamos moitos anos.
ENTREVISTA A TINO
Bos días, Tino. Agradecémosche que nos dediques unha parte do teu tempo para falar con nós
dalgunhas cousas e coñecerte un pouco máis, xa que son moitas as horas que pasamos xuntos e xuntas.
Se estás disposto comezamos a entrevista.
De acordo
- Cantos anos levas traballando no centro? 37 anos
- Traballaches antes noutros institutos? Non
- Que recordos tes deles? ( Esta pregunta non debiamos
formularlla se a resposta era non, pero os nervios fixéronnos
pasar un mal rato e, sobre todo, facer que Tino se sentise algo
incómodo, pero agradecémoslle que nos axudara a saír do
paso). Aí vai a resposta aos recordos que ten do centro no que
traballou sempre. Moitos. Pasou moita xente, moitos
rapaces e rapazas , profesorado...
- Tes pensado traballar aquí ata a xubilación ou gustaríache coñecer outros centros? Por que? Agora
xubilareime aquí.
- Que é o que máis che gusta do teu traballo? Practicamente todo e sígueme gustando.
- E o que menos? Madrugar, pero tampouco me supón moito.
- Se non te dedicaras a isto, gustaríache ter outra profesión? Cal? Sempre me gustou ser electricista.
- Que opinión tes sobre o que está pasando na vila a nivel educativo: peche do bacharelato no noso
centro e peche definitivo do CEIP Monte Caxado? O peche do bacharelato foi unha perda. O do Monte
38
Caxado non opino porque non coñezo moi ben o tema. Creo que se hai que pechar hai que manter
unhas formas.
- Nestes últimos anos, cales foron para ti os cambios máis importantes ( POSITIVOS E NEGATIVOS) que
sufriu a vila das Pontes? Non vexo moitos cambios positivos. Cada vez hai menos xente, menos
traballo.
Cambiando un pouco de tema,
- Poderías dicirnos cal é a túa maior afección ou hobby? Non teño un hobby especial. Gústame
camiñar.
- Dixéronnos que che gustaba moito tocar a gaita, é certo? Gustoume bastante. Agora mesmo téñoa
un pouco apartada. Aprendín tamén o acordeón.
- Con que gaiteiro ou gaiteira che gustaría dar un concerto? Por que? Tocar cun gaiteiro importante
non creo que estivera ao meu alcance. Gústame moito Carlos Núñez, Susana Seivane.
- Estarías disposto a tocar para nós en Radio Ras unha peza musical? Só tes que dicir o día e nun recreo
aquí estaremos para escoitarte. Non, non pode ser porque levo 12 ou 13 anos sen tocar a gaita e xa
sabedes que hai que practicar moito. Nisto si que non vos podo axudar.
- Que che gusta facer no teu tempo libre? Pasear, ir para a aldea. Estar nun sitio tranquilo.
Antes de comezar coas preguntas rápidas, quereriamos saber por que sempre falas en galego? En
galego, en galego exactamente non falo porque eu non sei falar o galego normativo. Falo o que me
aprenderon porque me gusta. Falar en galego ten que ser voluntario. Estamos nun país libre. En
galego desenvólveme mellor.
Como non queremos cansarte máis, rematamos coas preguntas características de Radio Ras. Xa sabes
que son curtas e esixen unha resposta breve.
- Preparado? A ver.
- Como defines o teu carácter?
- Un pouco serio, quizás.
- Cambiarías o Castro polo Moncho?
- Non.
- O teu lugar favorito do mundo?
- Aquí estase ben, nas Pontes.
- Un libro que nos recomendas?
- Aí non te podo satisfacer. Só leo a prensa.
- Unha canción?
- Pillástesme.
- Se foses un animal, cal quererías ser?
- Non o sei. Non che sabería dicir
-Unha palabra galega?
- Todas me gustan
- Un sentimento?
- Non sei que dicirche.
- Un superpoder?
- Non quero desas cousas.
- Un desexo?
- Poderme xubilar. Ter saúde para despois de xubilarme.
E para rematar, que consello nos darías?
- Sobre todo que estudedes moito e que vos preparedes. É moi importante na vida. O saber nunca
ocupa lugar.
Agardamos que estiveses a gusto con nós, Tino. Nós gozamos moito da túa presenza en Radio Ras e
dámosche as grazas por vir.
Ata pronto
DENDE RADIO RASCA, ATA O PRÓXIMO RECREO!
Victor Manuel Pellón, 1ºESO
39
MES DE FEBREIRO, MES DOS SENTIMENTOS
Este mes foi un mes frío, branco e chuvioso ao que todos e todas soubemos
darlle calor cos nosos risos e o noso traballo.Traballo que se centraría,
especialmente, en aflorar aínda máis os nosos sentimentos de amizade e
solidariedade.
Arrincamos motores escribindo os textos que presentariamos ao concurso “Lingua de namorar”
que realizamos no centro, @s compañeir@s de 3º e 4ºESO enviaron os seus ao que organizaba
a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Comezamos a comprar todo o preciso para facer as
rosas de lambetadas (este ano as profes lembráronnos, mil veces, que non eran para comer nós,
xa que tiñan outra finalidade), escribimos as tarxetas e iniciamos os preparativos para elixir a
“Parella ideal do Castro”.
Á volta do entroido retomamos as actividades que deixaramos
pendentes.
As rosas de lambetadas estaban feitas, as tarxetas listas para que
cadaquén elixise o seu PARA e
cumprimentase o seu QUERO
COMPARTIR. Agora tocaba o traballo
duro: colocar as tarxetas nas rosas e
asegurarse de que ninguén quedase sen
o agasallo que amosa o cariño que nos
temos tod@s. Entregámolas ao longo da
mañá, xa que os recreos non foron suficientes para realizar todas
as entregas.
Outra actividade que tiñamos en marcha era elixir a "Parella ideal"
do noso centro. As votacións foron realizadas con toda a seriedade
que require un acto electoral, como amosa a fota, e A PARELLA
GAÑADORA FOI a formada pol@s nos@s
compañeir@s: VICENTE ( 4ºESO) E SILVIA (3ºESO). PARABÉNS.
Chegaba o momento de saber o gañador ou gañadora dos textos
(microrrelatos) que escribiramos para o concurso, “Lingua de
namorar”, que organizaramos no centro, xa que os resultados do
certame ao que se presentaran @s nos@s compañeir@s non
depararan bos resultados debido a que ningún deles fora elixido entre os premiados ( “Mira que
escribimos relatos fermosos, pero OUTRA VEZ SERÁ! Parabéns @s gañador@s”).
Houbo que esperar ata o último día de febreiro para que o xurado, formado por: Mª José ( a nosa
orientadora), Guillermo ( o noso profe de filosofía), Ana ( a profe de informática) e Servando
(profe de automoción) dese o seu veredicto. Así foi como nolo deron a coñecer:
3º PREMIO PARA: ALBA ROMERO ( 1ºESO) Entregoulle o premio,
Mª José
Cun só movemento xa estás escoitando harmonía, unha paz interior
que é moi difícil de explicar. Ese son sae dun instrumento chamado
violonchelo. Un arco e catro cordas son o que fan ese son tan
agradable e tan harmonioso. Ese son que enche de ledicia as
40
persoas que o escoitan. É tan simple, que, ás veces, é difícil de entender.
2º PREMIO PARA: ALICIA CAO ( 34ºESO) Entregoulle o premio, Ana
Un bico, unha aperta, botar de menos, querer de máis, parar o tempo
ou que se nos pare, celos, paixón, amar, pelexar, mirar, sorrir, vicios,
latexos fortes, amar, pensar, sentir, confiar, dor, nervios, ilusións,
perdoar, querer, gustar, bágoas... Unha chea de palabras ás que só se
lles pode asignar un sentimento.
E chegou a hora de coñecer o 1º PREMIO, que entregou Servando e
recaeu no argalleiro,VICENTE IGLESIAS ( 4ºESO)
Dende o meu primeiro alento
estivestes aí.
Bico tras bico, sorriso tras sorriso,
caricia tras caricia
coidándome,
agarimándome,
COMIGO.
Días de chuvia, de neve,
renunciando ao voso tempo
por min, só por ver un humilde sorriso
na miña cara.
Mediante un xesto podería devolvérvolo
todo:
o eterno recordo.
Por iso e por moito máis
Grazas!
Como tod@s participamos, porque xa sabedes que nos gusta escribir, Guillermo entregounos os
agasallos cos que ANPA nos agradeceu a nosa participación. Dende aquí queremos darlles as
grazas.
41
Pero non seriamos nós se non aproveitamos a ocasión para facervos ler un pouquiño, por iso,
compartimos con tod@s os relatos que participaron neste concurso. Boa lectura e fermosos
sentimentos.
Os nenos pequenos,
teñen o poder de namorar,
danche un sorriso
e enchen o fogar.
Falan moi baixiño
e sen maldade.
Danche unha aperta
e empezas a recordar.
Recordas o teu pasado
e deixas o malo a un lado,
velos felices e contentos
e énchenche o momento.
Só con velos e oílos
comézaste a namorar.
Namóraste do que oes,
de como o din,
das súas palabras
e das súas fazañas.
Ada Fernández, 1º ESO
Sinto grandes emocións cando vexo os meus bosques galegos, tan especiais como o verde dos
seus prados e os seus olores fermosos e frescos.
Os ríos galegos que transcorren polos montes da miña terra son extensos e caudalosos, coa
auga máis limpa e agradable do país. Os asubíos dos paxaros no cumio das miñas robustas
árbores galegas. Todo isto me namora.
Iago Expósito, 1ºESO.
Galicia, galego, palabras fermosas que veñen dunha lingua expresiva e cariñosa. Cada palabra
que nomeas neste idioma faiche ver que esta lingua é fantástica, igual que Galicia e os seus
montes. Todo nesta terra é igual: fermoso e fantástico.
Pablo Díaz, 1ºESO
O meu amor por Galicia é tan grande que cando os seus montes arderon sentín o seu
sufrimento. O padecemento duns montes que, sen ter culpa, nos queimaron uns pirómanos.
Queimaron os frondosos e verdes montes envolvéndoos nunha forte cor vermella para pasar a
ser unha negra explanada chea de cinza.
David Barro, 1ºESO
Aínda que o galego non é a lingua máis falada do mundo, con ela pódense dicir moitas cousas
bonitas. Só con dicir unhas palabras, podemos facer que a xente coa que falamos se sinta feliz.
Quérote, apóiote, respéctote, bico, aperta... Estas son algunhas das moitas palabras e xestos en
galego que poden facer que alguén se sinta coma nunca. O galego é unha lingua moi bonita.
Aroa Blanco, 1ºESO
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018

Mais conteúdo relacionado

Mais procurados

Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Microrrelatos e Haikus 19-20 IES Pedro Floriani
Microrrelatos e Haikus 19-20 IES Pedro FlorianiMicrorrelatos e Haikus 19-20 IES Pedro Floriani
Microrrelatos e Haikus 19-20 IES Pedro Florianiavellanacova
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Microrrelatos violencia de xénero
Microrrelatos violencia de xéneroMicrorrelatos violencia de xénero
Microrrelatos violencia de xénerobiblioanon
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
4. comezo dunha longa etapa
4.  comezo dunha longa etapa4.  comezo dunha longa etapa
4. comezo dunha longa etapasatelite1
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Argalladas 2012 2013
Argalladas 2012  2013Argalladas 2012  2013
Argalladas 2012 2013radiorasca
 
15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)satelite1
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
2. a escola da galicia rural de 1950-60
2.  a escola da galicia rural de 1950-602.  a escola da galicia rural de 1950-60
2. a escola da galicia rural de 1950-60satelite1
 
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Presentación diferentes
Presentación diferentesPresentación diferentes
Presentación diferentesLoudes Otero
 
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaObradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaRomán Landín
 

Mais procurados (20)

Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Microrrelatos e Haikus 19-20 IES Pedro Floriani
Microrrelatos e Haikus 19-20 IES Pedro FlorianiMicrorrelatos e Haikus 19-20 IES Pedro Floriani
Microrrelatos e Haikus 19-20 IES Pedro Floriani
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Microrrelatos violencia de xénero
Microrrelatos violencia de xéneroMicrorrelatos violencia de xénero
Microrrelatos violencia de xénero
 
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 6 - Abril 2010 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
4. comezo dunha longa etapa
4.  comezo dunha longa etapa4.  comezo dunha longa etapa
4. comezo dunha longa etapa
 
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 8 - Abril 2012 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 11 - Mayo 2015 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Argalladas 2012 2013
Argalladas 2012  2013Argalladas 2012  2013
Argalladas 2012 2013
 
15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
2. a escola da galicia rural de 1950-60
2.  a escola da galicia rural de 1950-602.  a escola da galicia rural de 1950-60
2. a escola da galicia rural de 1950-60
 
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 10 - Maio 2014 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
Presentación diferentes
Presentación diferentesPresentación diferentes
Presentación diferentes
 
Obradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTicaObradoiro De CreacióN PoéTica
Obradoiro De CreacióN PoéTica
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 

Semelhante a Revista Argalladas 2017/ 2018

Semelhante a Revista Argalladas 2017/ 2018 (20)

Sinestesia
SinestesiaSinestesia
Sinestesia
 
Carta puca5
Carta puca5Carta puca5
Carta puca5
 
Poesía
Poesía Poesía
Poesía
 
Receension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac bReceension gallego irene romero castro 1bac b
Receension gallego irene romero castro 1bac b
 
Eu ti elas_dixital
Eu ti elas_dixitalEu ti elas_dixital
Eu ti elas_dixital
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
 
Entrevista a María Solar
Entrevista  a María SolarEntrevista  a María Solar
Entrevista a María Solar
 
Os conflitos
Os conflitosOs conflitos
Os conflitos
 
Carta de puca 3
Carta de puca 3Carta de puca 3
Carta de puca 3
 
O rato de papel
O rato de papelO rato de papel
O rato de papel
 
Revista toda juntga
Revista toda juntgaRevista toda juntga
Revista toda juntga
 
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptxMICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
MICRORRELATOS TEMPOS MAIORES.pptx
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Nadal
Nadal Nadal
Nadal
 
Zardigot texto da_peza
Zardigot texto da_pezaZardigot texto da_peza
Zardigot texto da_peza
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 

Mais de radiorasca

Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martinTaller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martinradiorasca
 
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5radiorasca
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
Vi maratón de cine
Vi maratón de cineVi maratón de cine
Vi maratón de cineradiorasca
 
Antoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtasAntoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtasradiorasca
 
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016radiorasca
 
Presentación día do libro 2016, Sevilla
Presentación  día do libro 2016, SevillaPresentación  día do libro 2016, Sevilla
Presentación día do libro 2016, Sevillaradiorasca
 
Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015radiorasca
 
V maratón de cine2014 2015
V maratón de cine2014 2015V maratón de cine2014 2015
V maratón de cine2014 2015radiorasca
 
Iv maratón de cine 2013 2014
Iv maratón de cine 2013 2014Iv maratón de cine 2013 2014
Iv maratón de cine 2013 2014radiorasca
 
2 Maratón de cine 2011 2012
2 Maratón de cine 2011 20122 Maratón de cine 2011 2012
2 Maratón de cine 2011 2012radiorasca
 
Primeiro Maratón de cine 2010 2011
 Primeiro Maratón de cine 2010 2011 Primeiro Maratón de cine 2010 2011
Primeiro Maratón de cine 2010 2011radiorasca
 
Iii maratón de cine 2012 2013
Iii maratón de cine 2012 2013Iii maratón de cine 2012 2013
Iii maratón de cine 2012 2013radiorasca
 
Adoptamos un cacho de río 2007 2008
Adoptamos un cacho de río 2007  2008Adoptamos un cacho de río 2007  2008
Adoptamos un cacho de río 2007 2008radiorasca
 
As nosas árbores 2007 2008
As nosas árbores 2007  2008As nosas árbores 2007  2008
As nosas árbores 2007 2008radiorasca
 
Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?radiorasca
 
Simboloxía das árbores celtas
Simboloxía das árbores celtasSimboloxía das árbores celtas
Simboloxía das árbores celtasradiorasca
 
Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014radiorasca
 
Taller de encadernación
Taller de encadernaciónTaller de encadernación
Taller de encadernaciónradiorasca
 

Mais de radiorasca (20)

Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martinTaller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
 
Para ti
Para tiPara ti
Para ti
 
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Vi maratón de cine
Vi maratón de cineVi maratón de cine
Vi maratón de cine
 
Antoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtasAntoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtas
 
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
 
Presentación día do libro 2016, Sevilla
Presentación  día do libro 2016, SevillaPresentación  día do libro 2016, Sevilla
Presentación día do libro 2016, Sevilla
 
Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015
 
V maratón de cine2014 2015
V maratón de cine2014 2015V maratón de cine2014 2015
V maratón de cine2014 2015
 
Iv maratón de cine 2013 2014
Iv maratón de cine 2013 2014Iv maratón de cine 2013 2014
Iv maratón de cine 2013 2014
 
2 Maratón de cine 2011 2012
2 Maratón de cine 2011 20122 Maratón de cine 2011 2012
2 Maratón de cine 2011 2012
 
Primeiro Maratón de cine 2010 2011
 Primeiro Maratón de cine 2010 2011 Primeiro Maratón de cine 2010 2011
Primeiro Maratón de cine 2010 2011
 
Iii maratón de cine 2012 2013
Iii maratón de cine 2012 2013Iii maratón de cine 2012 2013
Iii maratón de cine 2012 2013
 
Adoptamos un cacho de río 2007 2008
Adoptamos un cacho de río 2007  2008Adoptamos un cacho de río 2007  2008
Adoptamos un cacho de río 2007 2008
 
As nosas árbores 2007 2008
As nosas árbores 2007  2008As nosas árbores 2007  2008
As nosas árbores 2007 2008
 
Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?
 
Simboloxía das árbores celtas
Simboloxía das árbores celtasSimboloxía das árbores celtas
Simboloxía das árbores celtas
 
Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014
 
Taller de encadernación
Taller de encadernaciónTaller de encadernación
Taller de encadernación
 

Revista Argalladas 2017/ 2018

  • 1.
  • 2.
  • 3. ÍNDICE EDITORIAL IGUALDADE E RESPECTO PARA TODOS E TODAS……………………………………………..…..…5 DÍA 25 DE NOVEMBRO, TODOS E TODAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO .............................. 5 CÓMIC CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO …………………………………………………………...…….13 DÍA 8 DE MARZO...................................................................................................................................14 DÍA DA PAZ ...........................................................................................................................................16 COMPRA SOLIDARIA............................................................................................................................16 NUNCA MÁIS LUMES!...........................................................................................................................17 UN INSTITUTO SAUDABLE ..................................................................................................................20 AS NOSAS CREACIÓNS................................................................................................................ 21 A ALAMEDA LITERARIA ÉNCHESE DE VOCES LITERARIAS…………………….….…………..21 AS 21 PLANTAS CELTAS .....................................................................................................................26 PARA TI .................................................................................................................................................29 DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON MARÍA VICTORIA MORENO ...................................................... 31 DÍA DO LIBRO 2018 EN BARCELONA............................................................................................ 32 O “ OUTRO “ DÍA DO LIBRO .................................................................................................................34 XELO COOPERATIVA EDUCATIVA......................................................................................................35 RADIO RASCA .............................................................................................................................. 36 ENTREVISTA A PILI, ENCARGADA DA CAFETARÍA DO CENTRO....................................................36 ENTREVISTA A TINO............................................................................................................................37 MES DE FEBREIRO, MES DOS SENTIMENTOS.................................................................................39 VII MARATÓN DE CINE.........................................................................................................................49 RIMA RIMANDO, @s de 1ºESO IMOS PRACTICANDO...................................................................50 AS NOSAS AFECCIÓNS.................................................................................................................51 APRENDE CON NÓS......................................................................................................................52 COÑECE A TÚA SORTE ………………………………………………………………………….………………54 RESPOSTAS A APRENDE CON NÓS ……………………………………………………………..…………...55
  • 4. ILUSTRACIÓNS: CRISTINA SOUTO PITA ( 4ºESO): portada e contraportada (retrato e cómic sobre Mª Victoria Moreno) SABELA RODRÍGUEZ e SARA BASOA ( 3ºESO): sección dos horóscopos, portadas dos libros…
  • 5. EDITORIAL A ninguén lle gustan as despedidas, e este ano tócanos a nós despedirnos, tal e como nos dixo Cheliño, xa que somos os maiores, os que nos imos, e a editorial é cousa nosa. Cando chegamos a este instituto estabamos “cagadiños” de medo por todas esas cousas que os “maiores” nos foran dicindo: que se Marina, que se Chelo, aaai, Javier, con Santiago... Os típicos mitos de instituto. O certo é que pouco a pouco fomos formando unha familia, e fomos colléndolles cariño a todas esas cousas que aparentemente son insignificantes: esas paredes amarelas que pintaban as mochilas, eses bocatas de tortilla de Pili, os recreos do club de lectura, escoitar “radio ras, a túa radio” e infinidade de detalles máis, que, cando sabes que non os vas volver vivir, empezas a botar de menos. Nós cremos que como clase deixamos pegada, e non podía fallar que, sendo “argalleiros” ata as trancas, non nos autoentrevistaramos ou máis ben que non contestaramos á mellor parte das entrevistas: E se fósemos: Un libro – Queixumes dos pinos Unha canción – O himno galego Unha palabra – Morriña Un autor – Eduardo Pondal Chelo sabe que todo isto dicímolo de broma, e que realmente nestes 4 anos aprendemos moito sobre libros, música e palabras. E como isto vai de despedidas, quen falta? Chelo, Consuelo, Cheliño. Dende o primeiro día estivemos moi unidos a ela e collémonos moito cariño. A día de hoxe non saberiamos dicir, describir esa relación profesora- alumno. Chelo para nós é desas persoas que nos atopamos polo camiño e agora non queremos despedirnos dela. No seu momento dixo que cando nos foramos nós, iríase ela tamén, porque sen nós isto non tería sentido, frase que nos marcou. E sendo a que promoveu tantas cousas, quen nos aturou nos nosos peores momentos, non podía faltar a súa despedida. Como botaremos ( e sabemos que no instituto tamén) de menos os teus “Vaite deitar”, que case case substituías por un simple “bos días”. Moitas grazas por querernos tanto, por tratarnos como os teus pequenos, entendernos, berrarnos, porque como dis ti, nós dicímonos as cousas á cara, e se hai que berrar, pois bérrase. Para rematar unha infinidade de grazas para todos e todas estes mestres e mestras que tanto nos marcaron,de verdade. Moitas grazas a todos e a todas! Pasar estes 4 anos aquí foi incrible, inesquecible, e sempre teremos un pequeno oco no noso corazón no que recordaremos que: “non estamos preparados físicamente”; “Vaise o curso peor preparado do Castro da Uz e con exames tremendamente fáciles”; “LA MÚSICAA”; “Este Anso Penalonga....”; “Los bolis se recargan solos”; “Loxicamente”; “Señores, isto é unha obviedade”; “O sinto”; “Lo que une el análisis que no lo separe la traducción”; “bastó”; “que lleguéis tarde se está convirtiendo en costumbre”; “Tendriáis que hacer por lo menos un ensayo a la semana”; “2/3 da nota será o aprobado”; “Quen non saiba esta literatura non vai a ningún lado na vida”; “Señor 4´20”; “Vós o ano pasado non díchedes nada”; “Poneos a estudiar”... ( Nono e Santi, estades con nós!!!) Con moito cariño; Alumnos e alumnas de 4º da ESO, “Argalleir@s das letras.
  • 6.
  • 7. 5 IGUALDADE E RESPECTO PARA TODOS E TODAS DÍA 25 DE NOVEMBRO, TODOS E TODAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Dende finais de outubro comezamos a pensar no xeito de transmitir o noso desexo de que finalice este tipo de violencia, porque non entendemos ningún, e menos este. Puxémoslles voz a todos os relatos que redactaran @s nos@s compañeir@s o curso pasado e fixemos os nosos, porque tamén tiñamos moito que dicir. Esiximos que rematase esta violencia debuxando e facendo insignias, que repartimos entre toda a comunidade educativa; confeccionamos un gran lazo que puxemos sobre unha tea negra para colgar das ventás do centro. Todo nos parecía pouco, así que, os alumnos e alumnas de 1ºESO escribimos a letra que, a ritmo de rap, amosaba a nosa postura contra esta violencia. Agora deixámosvos coa mostra do noso esforzo para concienciar a todo o mundo do necesario que é acabar con este tipo de violencia. Deixámosvos cos relatos que escribimos, que van acompañados das imaxes que realizamos para facer as insignias. Un día, coma sempre, estaba facendo as tarefas da casa porque se non el enfadábase. Cada vez que eu saía da casa tiña que dicirlle a onde ía, porque se non xa había guerra. El sempre estaba de bares e chegaba borracho a casa, fora a hora que fora. Sempre había que facer o que el quería. Xa estaba farta, pero non podía facer nada. Todos os días igual. Obrigábame a darlle cartos para comprar os seus caprichos: alcohol, drogas, tabaco... Un día, durmindo, oín ruídos e voces, pero non quería ir ver o que pasaba. Tiña medo, pero ao final fun. El estaba bebendo e fumando, falando só e dándolles golpes ás cousas. Non sabía o que facer. Estaba nerviosa. Tiña moito medo. Volvín á cama, non quería problemas. Ao día seguinte levanteime e estaba todo desfeito e sucio. Empecei a limpalo. Sobre ás doce da mañá levantouse, daba vergonza. Volveu pedirme diñeiro, pero eu xa non tiña máis cartos. Insultoume, pegoume e botoume da casa. Pasei todo o día na rúa. Estaba chea de negróns e doíame moito unha perna. Ao anoitecer pasou unha nena, que tería uns dez anos, e preguntoume se estaba ben. Intentou axudarme, pero ela soa non podía. Chamou os seus pais e leváronme ao médico. Deixáronme un teléfono e chamei ao 016, o número contra a violencia de xénero. Todo rematou. Xa estaba farta. NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO. Lucía , 1ºESO Ela, Cristina, muller de Álex e nai dunha neniña de cinco meses, casaran facía tres anos. De noivos e ao comezo do matrimonio foran felices, pero agora, non. Álex levaba uns días insultándoa, espiándoa e facéndolle algún que outro negrón sen ningún motivo. Ela non podía máis. Chegou a pensar que era unha inútil e a cavilar no suicidio. Pero por un momento pensou: teño unha filla que me quere e unhas amigas que son auténticas e únicas. Un día que saía da casa Álex preguntoulle a onde ía. Ela non lle contestou. Saíu pola porta e foi pedirlle axuda a Sara, a súa mellor amiga dende que tiñan 20 anos. Sara quedou abraiada despois de escoitar a historia da súa querida amiga. Sen dubidalo axudouna e, por fin, Cristina decidiu chamar ao 016 e denunciou a Álex.
  • 8. 6 Cristina vive agora feliz coa súa filla. Pero como ela pasou por iso non quere que ninguén máis viva o que ela viviu. Recorda: non teñas medo!!! Pide axuda. Non teñas medo. Cando te atopes nunha situación así chama ao 016. Alba R., 1ºESO El era moi malo coa moza. Todos os días dicíalle que estaba gorda e que era fea. Despois dos insultos chegaron as ameazas. Prohibíalle contarlle a ningunha persoa o que pasaba, porque se non tería que aguantar as consecuencias. Ela nunca dixo nada porque tiña moito medo do que lle puidese facer. Un día el parouse a pensar, e deuse conta de que era un auténtico monstro. Decidiu cambiar, pediu axuda, e desde aquel día son os máis felices da familia. Antía, 1ºESO Saín de traballar un 25 de novembro, á noite. Cheguei á casa moi cansada e o meu home aínda non viñera. Deiteime no sofá para esperalo. Cando chegou eu xa estaba durmida, pero espertoume para dicirme que non me acordara de facer as cousas que el pedira. Comezou a berrar e eu chamei as miñas amigas. Cando viñeron intentei contarlles o que pasaba, pero el non me deixaba. Tapoume a boca, pegoume unha labazada. As miñas amigas intentaron paralo, pero non puideron, así que unha delas chamou á policía, mentres nós protexiámola para que el non lle quitase o teléfono. Cando chegou intentou detelo, pero non puido porque só era un e tivo que pedir reforzos. Cando chegaron conseguiron calmalo e preguntáronme polos negróns que tiña na cara. Díxenlles que fora el, e levárono preso. Ao final, as miñas amigas e eu preparámonos e fomos tomar algo. Todo quedara nun susto, e o importante é que agora podo vivir feliz. Diego, 1ºESO A miña amiga Icía era unha nena feliz e agora é infeliz. Tiña un mozo e non vía o malo del, pero nós sabiamos que a historia non ía rematar ben. Deixou de vir coas amigas, só ía co noivo e coa súa panda. Só con el. Só con eles. Cando viña con nós el interrogábaa, miráballe o móbil, increpábaa pola súa vestimenta... Ela non era libre, pero non o deixou. Nós avisabámola, pero non facía caso. Pasou o tempo e crecemos todas felices, menos ela, notábaselle. Un día vímoslle un negrón e preguntámoslle: - Pégache o teu mozo? - Non - E iso? - Caín pola escaleira. Non a volvemos ver. Nin escribía nin nada. Hoxe intentamos achegarnos á súa casa, pero non estaba. Deixamos de buscala e perdémoslle a pista. Non soubemos nada máis. Dende aquela, nós decidimos ir polos colexios e institutos para axudar co seguinte lema: TI NON ES DE NINGUÉN MÁIS QUE DE TI MESMA. NON PERMITAS A VIOLENCIA DE XÉNERO. María vive co seu marido e a súa filla. Desgraciadamente está enferma e necesita moito descanso. Todos os días cando o seu marido chega do traballo enfádase porque, segundo di el, María tería que estar limpando e non durmindo. A súa filla intenta convencelo,
  • 9. 7 lembrarlle que a súa nai se encontra mal, pero el non lle fai caso. Entra na habitación de María e bérralle. Ela esperta morta de medo, mentres el a insulta. Ela e a súa filla choran. O marido comeza a pegarlle patadas a María, mentres esta intenta levantarse e poñerse a limpar como el lle ordenou. Isto pasaba día a día na casa de María. Despois dun tempo el chegou a casa e María estábao esperando coas maletas feitas. Díxolle que se ía para non volver. Intentou detela, pero non puido. Cando se deu conta de que a súa muller e a súa filla xa non estaban con el comezou a arrepentirse, pero xa era tarde. Alba T., 1ºESO Un día soleado, cando se estaba facendo de noite, Marco, o mozo de Sara chegaba a casa. Marco tiña un aspecto diferente ao dos demais días. Estaba máis descoidado. Sara estaba na cociña preparando a cea cando Marco entrou. Ulía moito a alcohol, pensaba Sara. Todo comezou cando o mozo empezou a berrarlle porque a cea estaba fría. Ela contestoulle dicíndolle que era porque tardara moito en vir, pero o único que conseguiu foi empeorar a situación. Marco comezou a empurrala e a darlle golpes. Ao día seguinte, mentres Marco saíra a traballar, Sara chamou as súas amigas. Cando chegaron ela contoulles o que estaba a pasar. Quedaron coa boca aberta e, como boas amigas, axudárona. Dixéronlle que tiña que rematar con esta situación antes de que todo isto acabara realmente mal. Ela, tristemente, asentiu coa cabeza e decidiu facelo. Cando chegou a noite, e Marco chegou de traballar coa mesmo aspecto do día anterior, Sara non encontrou o momento de falar con el e repetiuse a escena do día anterior. Pola mañá chamou a súa amiga para dicirlle que non puidera facer nada por medo. Ela respondeulle que isto tiña que acabar xa, que tiña que chamar ao 016 se non quería acabar morta. Sara chamou e todo rematou. Andrea, 1ºESO Papá entrou pola porta. Eu estaba no sofá vendo os debuxos. Mamá estaba preparando a cea na cociña e díxonos que pasaramos a cear. Sentamos e ela puxo os pratos na mesa. Papá colleu o prato e tirouno ao chan mentres berraba: - Díxenche que non volveras facerme isto! Serás ..... Levantouse e comezou a mallar en mamá. Eu, morta de medo, corrín fóra e chamei os veciños. Estes chamaron á policía, que se presentou axiña. Levárono con eles. Tamén acudiu a ambulancia que levou a mamá e eu pasei a noite cos veciños. Dous días despois mamá volveu e o pesadelo rematou. Víctor Manuel, 1ºESO Era media mañá, cheguei a casa e non estaban nin meu pai nin miña nai. Fun á miña habitación coller o monopatín e esperei sentada a que meu pai viñera buscarme para levarme á casa do meu amigo. Pasei a tarde sentada no sofá e, xa pola noite, chegou miña nai. Viña contenta e díxome: que che pasa? Expliqueille o que pasaba. Cando chegou meu pai fun á miña habitación e miña nai deixou de sorrir, sempre o facía cando chegaba el. Escoitei os berros, esa vez eran máis fortes do normal. Chamei á policía e detiveron o meu pai.
  • 10. 8 Pensabamos que xa estariamos felices, pero ... NON. Ao saír do cárcere, meu pai buscou a miña nai e un día encontrounos nun canellón e, como levaba unha arma, disparoulle a miña nai. Collina nos meus brazos, estaba chea de sangue, pero eu estaba ao seu carón chorando e rogando que a axudasen. Meu pai cambiou de repente e deuse conta do que fixera. Axudounos. A miña nai salvou a vida e fomos unha familia feliz, por fin. Por favor, se ti sofres un maltrato, dío. NON CALES. María, 1ºESO Ela estaba farta de que o seu marido sempre a maltratara. Tiña negróns por todas partes. Un día chegou á casa cunha amiga. O seu marido empezoulle a pegar, mentres a súa amiga chamaba á policía. Cando chegaron, colleron o mozo e levárono para o cárcere. A muller viviu feliz para sempre, sen preocuparse de que o seu marido lle volvese pegar. NUNCA MÁIS, VIOLENCIA DE XÉNERO. Alberto , 1ºESO Eran un matrimonio feliz, xa que se apoiaban nos momentos difíciles e queríanse moito. Pero ese soño durou moi pouco tempo, xa que empezaron os problemas e as discusións. O home pegáballe e abusaba dela, mentres ela só pensaba en que a súa vida se estaba convertendo nun horrible e violento pesadelo. Día tras día o home regresaba a casa borracho e ás tantas da madrugada. Cando el chegaba, a súa muller esperábao esperta con bágoas nos seus ollos de temor e impotencia. Un día a muller, mentres o seu marido estaba no bar, tivo o valor de chamar ao número de emerxencia da violencia de xénero e atoparon unha solución para que volvera vivir unha vida sen temor, desgustos e angustias. Victoria, 1ºESO Era un bonito día na miña vila cando eu coñecín a un home marabilloso. Os primeiros anos pasámolo moi ben, pero os seguintes xa non foi así. El non me facía caso, chegaba borracho a casa, falábame mal... Un día chegou e eu estaba cociñando. Comezou a insultarme, a berrarme e a preguntarme por que non tiña a comida preparada. Esa mesmo día, pola tarde, cando eu estaba poñendo a lavar a roupa, empezoume a pegar porque dicía que non era nada traballadora. Durante un mes enteiro intentei resistir para ver se melloraba, pero ao ver que pasaba o tempo e el non cambiaba, pensei que non podía aguantar máis tantas malleiras, insultos... Por iso decidín chamar, pedir axuda e así poder vivir tranquila. Alejandro, 1ºESO Meu pai chámase Mario e a miña nai, Belén. Meu pai traballa toda a mañá, come e volve para o traballo. Porén, miña nai limpa a casa, fai a comida, saca ao can... Un día, ao volver da escola, encontrei a meu pai pegándolle a miña nai. Eu quedei pasmado uns segundos, logo corrín para habitación e cando pasou un tempo baixei comer. Meu pai xa non estaba, miña nai sangraba, aínda que non dixo ningunha palabra. Despois duns meses isto non paraba de repetirse e miña nai decidiuse a denunciar. Mario desapareceu. Sergio, 1ºESO
  • 11. 9 Aquel día foi o peor da miña vida. Eu pensei que ía ser coma sempre, pero non. Cando entrou pola porta eu xa sabía que algo ía ir mal, pero non que sería tan grave. -Bos días! - díxenlle eu. -Xa está a cea? -Non. - Esa resposta foi o que fixo que todo comezara. -Como que non! Polo menos terei as cervexas frías, verdade? -Non – respondinlle eu cunha voz insegura e tímida. O que pasou despois non chego a recordalo. Só sei que espertei nun hospital cos meus pais e el estaba no cárcere. Xa nunca máis volvería molestarme. Agora vivo feliz e, sobre todo, libre. Aroa , 1ºESO Había unha vez unha muller que se chamaba Alicia e tiña tres fillos: Noa a maior, Leo o mediano e Abril a pequeniña. O marido estaba no cárcere porque lle pegaba a Alicia sempre. Leo e Abril non recordaban os feitos porque eran moi pequenos, pero Noa si. O home pegáballe continuamente e a esposa tivo que denuncialo e foi para o cárcere. A muller e os fillos viviron felices un tempo, pero un día, mentres que Abril e Leo xogaban e Noa facía os deberes, Alicia estaba vendo a tele e de repente sae nas noticias que Marcos saíra do cárcere. Ela asustouse, sabía que ía vingarse, e que viría a por eles. A nai decidiu marchar de alí e fixeron as maletas. Noa colleu a Abril do colo, e Leo e a súa nai as maletas. Os máis pequenos non sabían que pasaba, só corrían seguindo á súa nai e a súa irmá máis maior. O pai chegou á súa antiga casa e viu que non había ninguén. Buscou e deu cunha pista que o levaba ao lugar onde se dirixían, fuxindo del, pero... Decidiu deixar que vivisen a súa vida sen el. Candela, 1ºESO Era unha día soleado cando pasou algo inesperado. Fun testemuña de como meu pai lle pegaba a miña nai porque non lle quería facer a comida. Eu díxenlle a meu pai que parara xa de pegarlle, pero el seguía insultándoa, pegándolle... Todos os días, despois do traballo, chegaba borracho e seguía insultándoa, maltratándoa. Eu cheguei a un punto no que me encarei a meu pai para que non lle fixera máis dano á miña nai. Aproveitando que o meu pai non estaba na casa, miña nai foi denuncialo e castigárono cunha orde de afastamento durante un ano. Volveu á casa e durante tres ou catro anos estivo ben, non chegaba borracho e non maltrataba a miña nai, pero despois xa volveron os insultos, os maltratos... Eu choraba porque a cousa empeoraba, ata que un día todo rematou. Non sabemos como pero meu pai pediulle perdón á miña nai e miña nai perdoouno coa condición de que non volverá ocorrer. E así foi e está sendo. David C., 1ºESO Adriana era a muller de Xosé. Era unha parella bonita e próspera, pero, de súpeto, algo foi mal. O home berráballe e pegáballe. A muller xa notara un cambio no seu comportamento había un tempo, porque a el non lle gustaba a comida que sempre ela lle cociñara, chegaba máis tarde da hora de sempre... E logo viña o que viña. Adriana preguntábase que lle pasara ao seu home. Non o entendía e, por precaución, decidiu chamar ao 016 e puido liberarse del. Iago G., 1ºESO Sempre era o mesmo. Ela sufría. El non se daba conta. Esta historia comeza cun matrimonio feliz e sen ningún tipo de problema, ata que Antonio, o marido de Sandra, comezou a pedirlle o teléfono para ver con quen
  • 12. 10 conversaba. Ela non se daba conta de que iso era violencia, xa que nunha lle causaba dano físico, pero, logo soubo que era psicolóxico. A situación continuou agravándose. Insultábaa, humillábaa en público, impedíalle que se relacionara con outros homes. Sempre quería saber con quen falaba e moitas máis cousas que, pouco a pouco, ían destruíndo a vida de Sandra. Ela non sabía que facer. Tíñalle medo. Non sabía se chamar ao 016 ou directamente suicidarse para rematar con todo. A primeira opción era a máis coherente, pero suicidándose acabaría cos seus problemas sen causarlle danos ao seu marido, xa que se chamaba iría o cárcere e ela, no máis fondo do seu corazonciño, queríao. Contoullo a unha amiga para preguntarlle que podía facer. Esta axudouna e finalmente chamou ao 016. O seu marido foi ao cárcere. Non houbo ningunha morte! FIN DA HISTORIA E FIN DOS PROBLEMAS. Irene, 1ºESO Son Marta e esta é a miña historia. Teño dous fillos, Pablo e Xavier. Un luns ás 9:00h levei os meus fillos á escola. Cando volvín a casa, el xa estaba esperto esperándome na cociña. Ao entrar, subindo o ton de voz, preguntoume por que tardara tanto e levantoume a man. Eu non puiden controlar os meus ollos cando empezaron as bágoas a caer pola miña cara, porque xa sabía que esa non ía parar na meixela, e así foi. Eran as 14:00 e tiña que ir buscar os nenos. Saín da casa, fun ao colexio, collín os nenos e fomos para casa. Os días pasaban, un día de mal humor e outro de bo. Día 21/12/ 2017. Comezou a gritar e a estragar os mobles. Eu xa sabía que isto non ía acabar ben porque eu xa non estaba disposta a aturar máis. Collín o teléfono pensando en chamar ao 016. Non estaba moi decidida a chamar, pero armeime de valor e chamei. Agora estou feliz cos meus fillos. Acabouse o mal trato! Houria, 1ºESO Estaban moi felices, porque ían casar e queríanse moito. Tiveron un fillo aos tres anos de casar. Pero un día a traxedia comezou, o home empezara a traballar nunha oficina encima dun bar. Cada vez que chegaba a casa viña borracho e nada lle valía; nin como estaba feita a cama, nin a cea, nin sequera como estaba vestido o neno. Aínda así a súa muller seguía aguantando porque o amaba e non lle pegaba, pero…. Despois dun ano empezoulle a pegar e a maltratala. O neno fíxose maior e entendía todo o que estaba pasando. O seu pai mandáballe ir á súa habitación, pero aínda así el escoitaba os berros da súa nai. El estaba moi preocupado. Un día decidiuse a saír da súa habitación e presenciou todo. Comezou a berrar: déixaa, non lle pegues! Isto é un desfase! Un veciño escoitouno e chamou a policía para denunciar o caso. A muller e o neno déronlle as grazas e recoñeceron que agora serían felices e ninguén llelo impedira. Non máis violencia de xénero. Zaira, 1ºESO Pola mañá miña nai facíanos o almorzo a meu pai e a min. Logo, meu pai marchaba a traballar e eu ía a escola. Cando volvía miña nai estaba facendo a comida con medo sabendo que cando meu pai chegara a casa a maltrataría. Eu, nesas situacións, non sabía que facer. Encerrábame na habitación e escoitaba os gritos da miña nai sufrindo a mans do meu pai. Cando escoito o son da porta ao pechar e a miña nai suspirar, saio da habitación e véxoa tirada no chan, sangrando e desgarrada polas feridas que o seu marido, o meu pai, lle fixera. Pola noite miña nai recuperaba forzas para facer a cea. Ela sabía que el ía chegar borracho e pensaba que, posiblemente, lle faría algo peor que pola tarde. El chegou, eu collín o teléfono da miña nai e fun para habitación.
  • 13. 11 Chamei ao 016 mentres miña nai gritaba. De súpeto os gritos deixaron de escoitarse. Vin a meu pai e a miña nai tirados no chan. Os dous ensanguentados, feridos, mortos…. Hugo, 1ºESO 17 de Novembro do 2017, morte dunha muller a mans dun home. Outra vítima da violencia de xénero, pero esta historia remóntase uns cantos anos atrás. 24 de Xuño de 2005, dúas persoas casaran, levaban xa dous anos xuntos, facían unha fermosa parella, pero a cousa cambiaría. Ela facía a comida, limpaba a casa, coidaba o fillo …, pero sempre con ese medo, sabendo que el ía chegar... Con esa enorme dor no corazón sabendo que xa non era o matrimonio de antes. Son as 20:30, chegou el, foi a cociña e dixo: - Onde está a miña cea? - Só falta un pouco,- respondeu ela. - Dáme igual o tempo que tiveras, eu quero a miña cea!! O home empezou a pegarlle. Ela sufría. O seu fillo observaba todo. O día acabou e outra vez a empezar. De camiño ao colexio, o neno escoitou pola rúa a unhas mulleres falando do 016, o número ao que tiña que chamar unha delas. Sen pensalo máis, o neno chamou. Cando chegou a casa encontrou a súa nai morta e a persoas arrestando o seu pai. Chamara demasiado tarde. O dano estaba feito. David B., 1ºESO Meus país, Uxía e Roi, son felices dende os 19 anos. Meu pai pediulle matrimonio nun partido de fútbol, pero dende aquela a cousa cambio moito. Aos tres anos de casar nacín eu, ata daquela todo seguía sendo normal, seguían namorados. Papá axudaba a mamá en todo. Cando eu xa ía empezando terceiro de primaria sucedeu a traxedia. Todos os días mamá espertaba ás 7:30 da mañá e eu ás 8:00, daquela papá xa estaba no traballo. Pero cando eu volvía da escola, ás dúas da tarde, a cousa non estaba tan relaxada. Papá berráballe a mamá dicindo que non sabía cociñar, non limpaba … En fin, que non facía nada ben. Eu facía que non escoitaba, pero despois de xantar ía á miña habitación e choraba como se non houbese outro mañá. Día tras día ocorría isto, ata que a cousa chegou a outro nivel. Xa non só lle berraba e pegaba... Eu Intentaba convencer a mamá para que chamara ao 016. Ela dicía que non, que xa amañaba ela os asuntos na casa. Ata que finalmente, chamei eu. Todo acabou e a tranquilidade volveu á nosa casa. Mamá e eu somos felices. Nerea, 1ºESO Era unha familia feliz composta por un home, unha muller e o seu fillo. Pero, en realidade, non era tan feliz como parecía porque o home maltrataba a muller todos os días e o seu fillo víao. Un día, mentres a muller colocaba a compra enriba da mesa, chegou o home a casa e viu que había peixe, cousa que non lle gustaba nada, para cear. Entón comezou a pegarlle ata que lle puxo un ollo morado. Cando chegou o neno do colexio viu a súa nai tirada no chan, chorando como todos os días. Foi correndo a abrazala e axudouna a curar as feridas. A muller recuperouse e continuaron coas súas vidas como se non pasase nada, pero si que pasaba. Ao día seguinte, o home non tiña nada que facer e volveu desafogarse coa súa muller, pero o neno estaba aí, estaba vendo todo e dixo: BASTA! Levou a súa nai para a súa habitación, pechou a porta, colleu o móbil e chamou ao 016. Viñeron deseguida e detiveron o home. A partires de ese día a muller viviu a súa vida feliz co seu fillo e sen medo nin preocupacións. Jimena, 1ºESO
  • 14. 12 Era o tempo de compoñer a letra dunha canción para interpretala tod@s @s compañeir@s de 1ºESO, en nome de tod@s. Así o fixemos a ritmo de rap ( podedes escoitarnos no blog) Dende o Castro da Uz poñemos a base porque a violencia de xénero é todo un desfase. O home borracho insultaba mentres a súa muller limpaba. A muller cociñaba mentres el se emborrachaba. Non lle gustaba como cociñaba, e por iso el lle pegaba. O neno miraba mentres el se desafogaba. O neno miraba mentres el lle pegaba. O neno miraba mentres el a insultaba. O neno berrou: Basta xa de pelexas,insultos, desfases mamá non merece que así a maltrates. O pai enfadouse o neno encarouse. Berrou outra vez: Basta xa de pelexas, insultos, desfases Mamá non merece que así a maltrates. Para xa non te pases! Para xa e vaite! Lograremos sorrir Lograremos sentir Lograremos vivir Moi lonxe de ti. Basta xa de pelexas, insultos, desfases! Ninguén se merece que así o maltraten. Chegou o día e colocamos o lazo que confeccionaramos entre tod@s. Agora deixámosvos coa historia, en forma de cómic, que reflicte en poucas viñetas e palabras a crueza que encerra este día realizada pola argalleira Cristina Souto, 4ºESO.
  • 15. 13
  • 16. 14 DÍA 8 DE MARZO Este día vén amosar, unha vez máis, os sentimentos que nos moven a toda a comunidade educativa do noso centro. Continuando coa solidariedade que nos caracteriza, @s argalleir@s das letras conseguimos que tod@s @s nos@s compañeir@s nos acompañasen para lembrar a importancia que todas as persoas, incluídas as mulleres, claro está, temos na sociedade. Moitos días antes comezamos a pensar no que iamos facer o dia 8 ( non sabiamos que ía coincidir cunha manifestación que amosou que algo se move no mundo. Alegrámonos que se vaian dando conta que a MULLER forma parte da sociedade e que, sen elas, PÁRASE O MUNDO!) para esixir, dende a nosa condición de persoas que seremos o futuro, RESPECTO, DEREITOS E IGUALDADE PARA TODOS E TODAS e RECOÑECEMENTO da MULLER no mundo en que vivimos. Puxémonos en marcha para reconstruír entre tod@s a figura que elaboramos conxuntamente e lembra.o símbolo feminino. Así o fixemos tanto no exterior coma no interior. Tiñamos pensado gravar todo cun dron, pero, aínda que a tecnoloxía nos fallou, conseguimos o noso obxectivo. Decidimos a música e a letra que nos acompañaría ese día. Non dubidamos á hora de elixir o poema de Xohana Torres “ Penélope” ( ao que lle puxo voz, Icía) PENÉLOPE Declara o Oráculo: "Que a banda do solpor é mar de mortos, incerta, última luz, non terás medo. Que ramas de loureiro erguen rapazas. Que cor malva se decide o acio. Que acades disas Patrias a vendima.
  • 17. 15 Que amaine o vento, beberás o viño. Que sereas sen voz a vela embaten. Que un sumario de xerfa polos cons. Así falou Penélope: Existe a maxia e pode ser de todos. ¿A que tanto novelo e tanta historia? EU TAMEN NAVEGAR" Aínda que nós berraramos alto e forte, entre todos e todas: NÓS TAMÉN NAVEGAR ! Elvira, Sofía, Adela e Álvaro acompañaron coa música, que nos lembraba esa cantiga de berce que segue transmitíndonos unha mensaxe dende hai moitos anos, e que nós recollemos hoxe, porque o froito sementado xermolou e dicimos moi alto: NON MÁIS SILENCIO, NIN INXUSTIZAS. ESIXIMOS IGUALDADE! Rematamos lendo en Radio Ras este texto de Jorge Bucay, que nos pareceu o camiño que deberiamos seguir todos e todas. QUERO Quero que me oias sen xulgarme Quero que opines sen aconsellarme Quero que confíes en min sen esixirme Quero que me axudes sen intentar decidir por min Quero que me coides sen anularme Quero que me mires sen proxectar as túas cousas sobre min Quero que me abraces sen asfixiarme Quero que me animes sen empurrarme Quero que me sosteñas sen facerte cargo de min Quero que me protexas sen mentiras Quero que te achegues sen invadirme Quero que coñezas as miñas cousas que máis te amolen Que as aceptes e non pretendas cambialas Quero que saibas... que hoxe podes contar comigo... Sen condicións. Argalleir@s das letras
  • 18. 16 DÍA DA PAZ Este ano, o grupo de contacontos d@s argalleir@s das letras (Alejandro, Xoel, Sara, Sabela, Icía, Carla, Cristina, Aarón, Xan, Sheila, Elvira, Sofía e Carmela), compartimos as nosas historias cos nenos e nenas do CEIP Manuel Mallo Mallo. Ás 09:00h do día 30 de xaneiro comezamos a nosa aventura poñendo rumbo a Nadela ( Lugo), que nos recibiu con frío, néboa e algún que outro desnortamento... Pero a nosa ilusión fixo que, nada máis ver o lugar onde iamos actuar, nos puxeramos mans á obra para preparar todo co obxectivo de facerlles pasar uns momentos agradables a tantos e tantas nenos e nenas que nos ían escoitar. Nunca mellor dito o de tantos e tantas, xa que tivemos que facer dous pases debido o número tan elevado de nenos e nenas. Comezamos a nosa sesión de contos, que este ano tiña novidades, tanto nas historias que levabamos como nos integrantes, estreando unha peza teatral na que participabamos tod@s. Alex tiña unha responsabilidade moi grande, xa que era o encargado de representar a nosa famosa “ fochanca” (parabéns polo teu debut, argalleiro), Xan encargouse de pechar o acto contando unha historia que nos facía pensar se eramos elefantes ou búfalos. En fin, que , un ano máis, conseguimos arrincarlles miles de sorrisos aos nosos e nosas espectadores e espectadoras e lembrámoslles que " A PAZ É UN TESOURO QUE AS PERSOAS INTELIXENTES E BOAS DEBEN PRESERVAR". Rematada a segunda sesión, tocaba volver a casa, pero antes, a directora do centro agasallounos cuns detalles para agradecernos a nosa presenza no centro e o noso traballo. Ao chegar ao centro decidimos subir os vídeos dos contos para compartilos con todas as persoas que queiran unirse á nosa mensaxe e desexar vivir nun mundo no que reine a PAZ. COMPRA SOLIDARIA Un ano máis, os argalleir@s seguimos solidarizándonos coas familias menos favorecidas da nosa vila. Aproveitando que se achegaba o Nadal decidimos facer a compra para entregárllela aos responsables dos servizos sociais da vila e que eles e elas vaian distribuíndo os alimentos para facerlles máis levadeira a situación a estas persoas. Este ano foi diferente, porque a Elena e a Chelo veulles a présa. Decidiron ir no recreo e alá fomos cos cartiños recadados dos nosos traballos. Tiñamos 131euros para gastar en alimentos de primeira necesidade e así o fixemos. Aquí nos vedes. Sabela, Jessica, Aldara, Silvia, Xan, Nono, Vicente e Santi como representantes de tod@s @s argalleir@s das letras facendo a compra. Sabemos que non tivemos tanto tempo como noutros anos para cadrar as contas como deberiamos, pero o que si vos dicimos é que todo o que compramos está feito de corazón. Aproveitamos para preguntarlles ás persoas que están no goberno, POR QUE NON TODAS AS PERSOAS TEÑEN DEREITO A ALIMENTARSE E VIVIR CON DIGNIDADE? POR QUE INVISTEN OS CARTOS EN COUSAS, ás veces, INÚTILES E NON O FAN NO QUE O TEÑEN QUE FACER? Nós seguiremos axudando, pero non sería mellor gozar todos e todas dun mundo máis xusto e igualitario?
  • 19. 17 NUNCA MÁIS LUMES! Dende o mes de outubro, e por culpa da vaga de lumes que asolou Galicia, estamos, aínda máis, implicad@s de cheo no obxectivo de conseguir que non se volva producir unha catástrofe coma a vivida, xa que somos conscientes do necesario que é preservar o que temos, o que nos veu dado: A NATUREZA. Neses mesmos días comezamos a escribir e ler textos en Radio Ras e debuxamos como imaxinabamos a paisaxe dos nosos montes, de non evitar os incendios. ( Texto Irea, ilustración Carmela, 2ºESO.) ARDE GALIZA Nestes días podemos ver a catástrofe pola que está pasando a nosa terra. Os pirómanos queiman os montes e bosques ata deixalos todos reducidos a cinza e o Goberno Español mantense á marxe, sen intención de axudar. A isto súmaselle a mala época na que estamos, un outono seco e ventoso, favorable para calquera persoa que queira prender lume. É verdadeiramente triste ver como, cando Galiza máis o precisa, non hai ninguén para axudala, ninguén que escoite as nosas protestas e os nosos berros de indignación. É realmente terrible ver como acaban coa nosa terra, como terminan con vidas, como emporcallan o noso ceo con fume e o noso chan con cinza, e que pareza que o resto non o ve! Talvez teñan os ollos tapados e os oídos taponados de tanta corrupción. Tento permanecer na esperanza de salvar os nosos montes, de recibir axuda inesperada e de impartir xustiza naqueles que tratan de acabar coas nosas vidas e saíron ilesos e impunes. Todos os días seguiamos moi de preto as noticias e no mes de novembro puxémonos en contacto cos responsables dunha das zonas máis devastadas polos lumes, e menos coñecida e tratada nos medios de comunicación, a provincia de Ourense e, máis concretamente, o Parque Natural da Baixa Limia na Serra do Xurés. Foron meses de espera ata que responderon a nosa petición, na que nos brindabamos a axudar a recuperar o monte queimado, porque queriamos sentirnos útiles amosando a nosa solidariedade e o noso respecto polo medio ambiente en primeira persoa. Logo de falar co responsable da Consellería de Medio Ambiente, que nos facilitou o contacto cunha persoa que traballa no Parque Natural do Xurés, decidimos a data de saída: 2 e 3 de marzo. Non sei se lembrades esa fin de semana, nós si. Lóstregos, tronos, vento, chuvia e frío foron os nosos compañeiros de viaxe, pero non nos importou, xa que que as nosas forzas eran moitas e puidemos con todo e contra todos os fenómenos meteorolóxicos. Así nos contan esta experiencia os voluntarios de 1ºESO Sergio, David e Pablo: O día 2 de marzo saímos cara ao noso destino ás oito e media da mañá. A viaxe durou dúas horas e media e fixemos parada en Celanova. Ao chegar fomos ata o Mosteiro de San Salvador, onde nos estaban a esperar para comezar a ruta pola vila. Coñecemos a casa de Curros, C. E. Ferreiro, o mosteiro, que tiña unha biblioteca enorme e moi bonita que cada mes cambiaba o estilo. Tamén tiña un xardín onde encontramos unha reliquia moi antiga, a igrexa de San Miguel.
  • 20. 18 Como ía moito frío e chovía deixáronnos ir tomar algo quente no medio da visita. Despois de descansar ensináronnos a súa igrexa, onde facían a misa. Tiñan un órgano de grandes dimensións. Logo fomos comer e volvemos para dar unha volta sen guía. Cando regresamos había dous rapaces que non nos deixaban ver o Mosteiro en paz, pero despois axudáronnos a encontrar o autobús, algo bo tiñan que ter. Dirixímonos ao centro de interpretación de Lobios, onde o noso amigo Alberto nos recibiu con moita ledicia e púxonos un documental sobre especies autóctonas que había no Parque Natural. Logo acompañounos ata o noso albergue, pero antes de chegar fixemos unha parada en Lobios para mergullarnos nas augas termais –que estaban moi quentes a pesar do frío e da chuvia- porque son moi boas para pel. Cando chegamos ao albergue deixamos as nosas equipaxes e fomos a un salón que nos deixaron para cear a comida que nós levaramos. Ao acabar fomos descansar ( outr@s quedaron falando e xogando coas profes un pouquiño na cafetaría) debido a que ao día seguinte teriamos unha xornada moi dura. Ás oito e media erguémonos, aseámonos e baixamos ao salón a almorzar. Logo encaramos a misión que tiñamos por diante: repoboar o monte queimado coa axuda do noso amigo Alberto. Cando chegamos á zona asignada, a aldea de Salgueiro, collemos as cousas necesarias e subimos ao máis alto. Esparexemos toda a palla para que as chuvias non arrastrasen as cinzas e emporcallasen aínda máis as augas dos ríos. Ao acabar de espallar a palla fixemos uns buratos para plantar landras que Alberto tiña gardadas dende o mes de outubro. Só quedaba plantar un loureiro para deixar testemuña da nosa presenza, pero o cansazo era tan grande que... Queremos agradecerlle a paciencia e o bo facer a Alberto, o noso guía, por todo o que nos ensinou e nos guiou no traballo de recuperación da parte do monte que tiñamos asignada. Regresamos a casa satisfeit@s do noso traballo e alegrámonos, cando lemos no xornal El progreso a noticia da nosa colaboración, porque nos demos conta de que hai máis persoas concienciadas co preciso que é conservar o medio ambiente. Nada máis chegar comezamos a montar o vídeo ( podedes velo visitando a web do centro) para compartir con todas as persoas a experiencia tan enriquecedora que viñamos de vivir, e continuamos traballando para concienciar do necesario que é protexer os nosos montes. Decidimos elaborar unha enquisa con preguntas que nos daban voltas na cabeza porque non entendiamos a realidade, non eramos quen de dar explicación á catástrofe que viramos cos noso propios ollos. É que non hai unha política para preservar os nosos montes? Quen os coida e protexe? Que medidas se van levar a cabo para evitar que isto volva suceder? Ten ou temos alguén a culpa? Tantas preguntas eran as que tiñamos que facer que nos puxemos en contacto cos responsables de concellos, da consellería, ecoloxistas, en fin, con responsables directos da protección de montes, pero temos que dicir que non foi nada fácil e a entrevista con estes persoeiros non se puido realizar pola súa apertada axenda. Quen non nos fallou foi o noso amigo Serafín González Prieto ( doutor en Ciencias Biolóxicas, investigador científico do CSIC e Presidente da Sociedade Galega de Historia Natural), que nos veu visitar o día 27 de abril ( día da árbore) para compartir temas moi interesantes para prever incendios e coidar o medio ambiente.
  • 21. 19 Icía e Carmen foron as encargadas de presentalo e agasallalo co noso libro, As 21 plantas celtas, dedicado, unha vez máis en nome de tod@s, pola argalleira Cristina Souto. Serafín comezou explicándonos o que era unha vaga de lume, das condicións necesarias para que se produza un incendio, de como foron tratados os lumes que asolaron os nosos montes no mes de outubro. Deixounos claro que non hai "mafias" nin "terrorismo" nos lumes que acaban cos nosos montes, xa que o 90% dos casos están provocados polos propi@s galeg@s. Alucinamos cando nos comentou que moitos dos casos eran producidos por queimas que @s labreg@s e gandeir@s viñan facendo dende sempre e, quizás por costume, esquecían fixarse no vento e na climatoloxía para realizalas. Lembrounos que o cambio climático é unha realidade, xa que agora temos períodos moi longos de seca e calor extremo a ter en conta. Deixou claro que aínda que estas persoas son as primeiras responsables, debemos esixirlles aos nosos gobernantes que fagan algo diferente ao que se está a facer, posto que está claro que isto non está a funcionar. A nosa compañeira Cristina preguntoulle como podiamos facer para concienciar a estas persoas do necesario que é ter coidado á hora de facer esas queimas. Serafín contestoulle que se chegaramos ás persoas coma fai Gayoso no "Luar", e foramos transmitíndolles esta información, seguro que habería menos lumes. ( Xa estamos pensando en poñernos en contacto con Gayoso e pedirlle colaboración neste tema). Son precisos programas, publicidade (a última campaña publicitaria contra os incendios é do ano 1990) e políticas diferentes. Recomendounos ver o capítulo 131 do "Era visto" da TVG (dende o minuto 19:20) para rir un rato e ao mesmo tempo aprender. Serafín continuou falándonos dos tipos de incendios que había (subterráneos, superficiais e de copa), da diferenza que poden ter as lapas segundo a madeira que arda ( se é de mato máis lento, se é de eucalipto pode multiplicar a zona devastada moitísimo máis, posto que en situación de vento, seca e baixa humidade as súas faíscas poden prender novos focos simultaneamente ata a 3km de distancia). Lembrounos que toda a madeira non arde igual. Se é autóctona arde moito máis lenta (carballos, castiñeiros), pero se non o é, pode xerar focos de lumes secundarios máis difíciles de apagar (piñeiros, eucaliptos). Incidiu en que as especies invasoras, como a mimosa, provocan lumes moi complicados de apagar. E recordounos que de plantar árbores ao redor das casas, deberían ser autóctonas. Continuou falándonos da extinción dos incendios. Agora sabemos que non só empregan auga para facelo, ás veces esta vai mesturada con produtos que danan o solo e, polo tanto, a tod@s nós. Recordounos que o SOLO é un recurso non renovable e, polo tanto, se quedamos sen el DESAPARECEREMOS e haberá que buscar outro planeta. Proseguiu informándonos dos danos colaterais que sofren as persoas encargadas da extinción dos incendios ( mortes, cancro...). Explicounos o concepto de “ Economía do lume” e das empresas que están a ganar moitos cartos coa extinción dos lumes. Logo achegounos ao que debemos facer despois dos lumes e dixo que había que IMITAR A NATUREZA, seguir os consellos que nos foi achegando ao longo do tempo como evitar a erosión empregando recursos naturais ( palla para reducir sedimentos, rolos feitos de fibra de coco...) para axudar a recuperar a vexetación. Tamén nos falou da situación na que quedan os animais que poboaban os terreos queimados, da contaminación das augas, do aire. De tantas cousas ...., que o tempo co noso amigo Serafín chegou a pouco. Aínda que a Serafín non lle importaba deter a súa charla tan pronto vía unha man levantada, cando rematou a súa exposición comezou a quenda de preguntas e aínda aprendemos moito máis. Quédanos claro que os galegos e galegas somos os primeiros responsables, posto que por imprudencia ou intencionalmente provocamos os incendios. Pero tamén é certo que estamos seguros que outra política forestal é posible e aí ten toda a responsabilidade o goberno. Hai falta de información á cidadanía, dedícanse moitos máis recursos á extinción que á prevención, non se aposta polas árbores autóctonas, as solucións propostas ata agora foron inútiles,... Como dixo Serafín, se non coidamos o SOLO, haberá que buscar outro planeta e nós non queremos.
  • 22. 20 UN INSTITUTO SAUDABLE A mediados do primeiro trimestre, vari@s profesor@s do noso centro tiveron a brillante idea de converter o noso instituto no cume da “vida saudable”. Tras observar a falta de exercicio dalgúns e dalgunhas alumnos e alumnas fomentaron a iniciativa de camiñar ou correr un quilómetro todos os días. Cada día, no segundo recreo, damos catro voltas ao instituto, equivalentes a un quilómetro. Cando o tempo o permite facémolo pola Alameda Literaria, do contrario imos ao pavillón, onde temos que cubrir oito voltas para cumprir o obxectivo marcado. A segunda parte desta iniciativa, xurdiu cando viron que o alumnado só comía trangalladas nos recreos. Este feito fixo que se decidiran a repartir froita, zume e torradas con aceite de oliva no primeiro recreo todos os luns. Como deu os seus froitos, incluíron novos alimentos á dieta. Empezouse a cambiar cada semana o tipo de pan das torradas: un día de trigo, outro de millo, centeo, espelta … Tamén variaron o tipo de froita: mazás, peras, amorodos con iogur ou mel, plátanos ... Estes almorzos preparámolos os alumnos e alumnas do centro coa axuda do profesorado, aínda que hai “algúns individuos” intentan fuxir do seu labor. Grazas á iniciativa saudable que puxeron en marcha est@s prof@s agora somos un pouquichiño máis saudables. Víctor , Irene, Andrea, Paula e Alba, 1ºESO
  • 23. 21 AS NOSAS CREACIÓNS Continuando co proxecto comezado hai dous anos, @s argalleir@s das letras enviamos, no mes de xuño de 2017, un correo a tod@s @s famos@s que nos axudaron a facer realidade o noso proxecto, Lemos por e para vós a Antoloxía poética das árbores celtas, coa idea de comezar o novo curso che@s de ilusión. Aquí vos deixamos o correo que redactamos e enviamos para que “aproveitasen” as vacacións pensando en nós. Bos días: Antes de pasar a gozar das merecidas vacacións, queremos convidarvos a visitarnos no noso centro e compartirmos uns momentos entre todos e todas , que para nós serán, inesquecibles. Como membros dos clubs de lectura “ Argalleiros e argalleiras I,II” , que mellor que comezar esta nova andaina seguindo os vosos consellos para elixir as lecturas que realizaremos este curso!? Se estades de acordo e vos apetece, poderedes vir acompañados e acompañadas do mellor amigo: UN LIBRO. Xa vos imaxinades o motivo, non si? En menos de dous minutos, e sempre que o desexedes, deberedes convencernos de ler o libro que vos acompaña. Non esquezades que se contamos con todos e todas serán 47 opinións e teremos que elixir, así que xa sabedes.... Agardamos vérmonos o venres 22 DE SETEMBRO ÁS 11,20h para agradecervos persoalmente todo o que fixestes por nós. Non dubidedes que o pasaremos moi ben! Argalleiros e argalleiras das letras Ao longo do verán recibimos as contestacións de moitos persoeiros, e o día 1 de setembro enviámoslles este correo recordatorio. Ola a todos e a todas os e as “Argalleiros e argalleiras das letras” recentemente nomeados e nomeadas como tal: Agardamos que durante estes días de descanso tivésedes tempo para pensar un pouquiño en nós e no libro que vos acompañará o día en que, por fin, nos coñezamos todos e todas. Xa sabedes que só contaredes con 2 minutos para convencernos de que é imprescindible a súa lectura. Nós estamos entusiasmados e entusiasmadas agardando a que chegue ese día para poder poñervos cara, xa que as voces xa as temos na nosa mente. Só vos queremos lembrar que o día 22 DE SETEMBRO, ÁS 11,20H estaremos esperándovos no IES CASTRO DA UZ, AS PONTES. Pregámosvos que nos confirmedes a vosa asistencia. Atentamente, Argalleiros e argalleiras das letras O curso comezaba o día 15, pero @s argalleir@s das letras o inicio foi moito antes xa que tiñamos moito que organizar para que o día 22 todo estivese coma nos gusta a nós: BEN. Como a Elena e a Chelo non lles importou acompañarnos, aí estivemos tod@s dende comezos de setembro poñendo aínda máis guapa a nosa Alameda Literaria e pensando no xeito de agradecerlles a súa colaboración no proxecto e a súa asistencia ao acto ao que @s tiñamos convidad@s. Decidimos deseñar uns diplomas nos que os nomeabamos “Argalleir@s de honra”, facer insignias coa imaxe das follas do carballo, agasallalos cunha violeta... Aproveitamos para pensar no xeito en que os recibiriamos, como iamos facerlles máis agradable o paseo pola Alameda e presentarlles a árbore celta que rexe a súa vida. Redactamos un pequeno “discurso” para inaugurar o acto e pensamos, como non, na música que iniciaría e remataría o evento, así como o xeito de facer que respectasen os dous minutos que tiñan para convencernos da lectura
  • 24. 22 da obra que os acompañaba. Moitas e moitas cousiñas que tivemos que preparar para que todo saíse perfectamente. Chegou o día 22 e aí estabamos tod@s á entrada do instituto agardando a chegada d@s Argalleir@s de honra. Nada máis coñecernos xa nos fixemos amigos e amigas, porque así nos sentimos cando nos axudaron a perder os nervios e facer que todo o acto fose unha auténtica e xenial argallada. Aquí nos vedes recibíndoos e acompañándoos pola nosa Alameda Todos e todas coñeceron a súa árbore celta, que lle iamos presentando e desvelando os segredos que agocha, da man d@s argalleir@s elixidos para tal fin. Nestas imaxes vedes a Uxía e Vicente acompañados de Héctor Cajaraville e Olegario Sampedro baixo a sombra da sorbeira. Na outra imaxe César Candela e Luís Veloso abraiados ante a faia. Así fomos acompañándo@s a tod@s e a Hakam Casares (fillo de Carlos Casares), que apareceu de imprevisto, xa que non nos tiña avisado da súa presenza. Sabela descubriulle a súa árbore e tod@s nos sentimos orgullosos de telo con nós porque así recibiría o diploma no que nomeabamos “Argalleiro de honra” a seu pai. Amosando as insignias coa folla do carballo . Diploma que deseñamos para a súa entrega. Violetas listas para entregar.
  • 25. 23 Chegaba o momento solemne do día. O momento que amosa que se estabamos aí era porque tod@s tiñamos algo en común, algo que nos une: o gusto pola lectura e o pracer de compartila. Preparamos o salón de actos do mellor xeito para que tod@s puideramos estar o máis cómod@s posible. E comezou o momento máis esperado. Elvira, Carmela, Sofía e Álvaro abriron o acto enchendo todo o lugar coa súa música. E Xan inaugurouno lendo o seguinte texto: Bos días de novo a todos e a todas: Logo de percorrer xuntos a Alameda Literaria toca iniciar o acto máis serio, polo que cómpre facer unha lembranza de como foi este proxecto co fin de que vos deades conta da importancia da vosa axuda. Sen vós, isto non sería posible. “@s argalleir@s das letras” comezamos, coma sempre, con moitas ganas de coñecer as novas experiencias que nos agardaban, pero, entre nós, estabamos cansos e cansas de traballar tanto e tan duro, polo que se nos ocorreu a seguinte idea. Se nós traballamos tanto, por que non pedimos axuda? A quen? Comezaron a saír os nomes das persoas que nós queriamos que nos axudasen: escritores, cantantes, youtubers, deportistas, actores, debuxantes, xornalistas, pintores, empresarios, en fin... xente famosa. Continuamos e puxémonos mans á obra. Buscamos os contactos, redactamos correos, toleamos ás profes e ao vice para que enviasen os correos dende o centro, porque sabiamos que a nós ninguén non respondería. Que pena, verdade!!! Posto en marcha o proxecto empezamos a recibir: ALEGRÍAS pola pronta resposta de moitos e moitas deles e delas, tanto pola súa colaboración como polos ánimos que nos daban, aínda que algúns non puidesen axudarnos por motivos laborais. Pero responderon ao noso correo. GRAZAS E PENA E DECEPCIÓN por sentirnos un pouquiño enganados, xa que algúns que prometeron participar, non o fixeron. Aprendemos moitas cousas, sobre todo a rematar o traballo iniciado, xa que non podiamos fallarlles a todas as persoas que nos enviaran xa as súas gravacións. Volvemos á carga e aprendemos o valor da amizade e a valorar as persoas que están ao noso carón, que son máis famosas que calquera famoso recoñecido. Quen non nos falla nunca? A familia e os amigos. E así puidemos rematar este fermoso traballo grazas a todos e todas vós. Agora entendedes o importante que é para nós que aceptásedes a nosa invitación? Queriamos agradecervos persoalmente que nos axudásedes a poñer fin a un proxecto que saíu adiante grazas a vós e serviu para dar a coñecer un pouquiño máis a nosa lingua e a nosa literatura.
  • 26. 24 Co voso permiso queremos lembrar a todas as persoas que nos axudaron e nos tiveron en conta, aínda que só sexamos estudantes e ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS. Imos nomear a todos e a todas " ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS, DE HONRA" e aproveitar para entregar un pequeno agasallo aos aquí presentes. HELENA VILLAR JANEIRO, ÁNGELA Mª REBOREDO PEDREIRA, GLORIA DAVID, MIGUEL VIGO, FRAN ALONSO, AURIA BÓVEDA MORANDEIRA, EFIGENIA MASEDA, SILVIA PARDO GALDO, CÉSAR CANDELAS, ALBA REQUEIJO CENDÁN, CARLOS NEGRO, MODESTO PAZ, CARLOS BLANCO, PAULA CARBALLEIRA, PURA GALÁN, RUBÉN RUIBAL, LUÍS GARCÍA SANTALLA, EDITA NOGUEIRA, JOSÉ LUÍS GRAÑA, MARTIÑO MASEDA, YOLANDA BACA, BEGOÑA MARTÍN ACERO, TUCHO CALVO, ANTÓN RIVEIRO COELLO, CARLOS COIRA, JORGE COIRA, HÉCTOR CAJARAVILLE, XAVIER CASTRO, XURXO MARTINHO, XESÚS RÁBADE PAREDES, ELISARDO LÓPEZ VARELA, SUSANA BELLAS, DIANA SILVA, CRISTINA ARIAS, LUCÍA GUIZÁN, MANUEL PRIETO, SANTI DEL MORAL, JUAN ANTONIO PINTO ANTÓN, VALENTÍN GARCÍA GÓMEZ, MARTA DACOSTA, CARLOTA CANDELAS, ARMANDO REQUEIXO, CELIA CASTRO, CANDELA PAZ, LUÍS VELOSO, Mª CARMEN SAMPEDRO, ANDREA MACEIRAS e OLEGARIO SAMPEDRO. Uns momentos da entrega de diploma e violeta a Begoña Martín, Efigenia Maseda e J. L. Graña Xan rematou o discurso inaugural coas seguintes palabras: Moitas grazas. Agora deixámosvos para que sigades traballando. Cada "ARGALLEIR@ DE HONRA" tiña que convencernos en menos de DOUS MINUTOS de que lésemos nos clubs de lectura o libro que el ou ela nos recomendaba. Aquí vai a listaxe de títulos que defenderon @s que nos viñeron visitar, a listaxe sería maior se engadimos os títulos que recomendaron as persoas que non puideron asistir, pero esa quedará para o ano. SANTI DEL MORAL: Os ángulos da brasa, Manuel Álvarez Torneiro TUCHO CALVO: Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar, escrito por Francisco Maseda. BEGOÑA MARTÍN: O señor Ibrahim e as flores do Corán, Eric- Emmanuel Schmitt. J. LUIS GRAÑA: Itinerario do botellón, J. Luis Graña EDITA NOGUEIRA: As novas cousas de Ramón Lamote, Paco Martín. PURA GALÁN: De remate, Héctor Cajaraville LUIS VELOSO: Lolo na bici e Carlos na moto, Rafael Laso. HÉCTOR CAJARAVILLE: Terraza de Fran Alonso. OLEGARIO SAMPEDRO: todos os libros de Sherlock Holmes, Arthur Conan Doyle. HAKAM CASARES: Ilustrísima ou O sol do verán, Carlos Casares. CRISTINA ARIAS: A viaxe de Gagarin, Agustín Fernández Paz. CÉSAR CANDELAS: Salseiros, Suso Lista.
  • 27. 25 EFIGENIA MASEDA: El príncipe de Tarsis, Antonio Sánchez Escalonilla. Non tod@s respectaron os dous minutos que tiñan asignados, pero aí estaba Álvaro para volvelos á realidade. (ALGÚNS DOS CONVIDADOS COMENTARON QUE ESTE XEITO DE LEMBRAR O TEMPO DE INTERVENCIÓN DEBIA INSTAURARSE EN TODOS OS ACTOS. ) Unha vez escoitados todos os argumentos reunímonos para tomar a decisión. En menos de dous minutos compartimos a nosa decisión: OS CATRO LIBROS SELECCIONADOS para ler e gravar en audio foron os que aparecen en letra grosa e cursiva na listaxe que vos achegamos. Cando iamos clausurar o acto recibimos unha sorpresa por parte dos argalleiros de honra: LUIS, BALDOMERO E JOSÉ ANTONIO. Sorprendéronos repartindo as letras das cancións que ían tocar para que os acompañásemos... Grazas por todo, argalleiros.! Logo gozamos duns saborosos petiscos tod@s xuntos. Con esta foto queremos lembrar a tod@s @s argalleir@s de honra que non puideron estar fisicamente con nós, pero que estaban no corazón de tod@s, e dicir ben alto que estamos orgullos@s de saber que os traballos feitos con ilusión sempre chegan a bo fin. O día 22 de setembro uniunos para sempre. Se queredes seguir coa historia visitade o noso blog.
  • 28. 26 AS 21 PLANTAS CELTAS Este curso tiñamos en mente poñer máis guapa a Alameda Literaria, acompañándoa coas 21 plantas celtas que medrarán ao carón das árbores da nosa Alameda, e así o fixemos. Como @s argalleir@s sempre continuamos o traballo comezado e imos sementando pistas... Lembrámosvos que un dos agasallos que lles ofrecemos @s argalleir@s de honra o día 22 de setembro era unha violeta. Este regalo xa era un adianto do seguinte proxecto. Por que unha violeta? Porque queremos seguir amosando que só coñecendo o noso pasado poderemos entender o presente e mellorar o futuro. Sen raíces non somos ninguén. A argalleira Sheila lembroulles ese día o motivo de agasallalos con esta planta: “Os celtas consideraban esta planta como símbolo do éxito e do amor porque achegaba a forza e a maxia necesaria para ser felices. As súas follas dan harmonía, paz e equilibrio. E o seu aroma agudiza a sensibilidade e axuda a enfrontar os nosos medos. Se a colocades na parte leste da casa florecerá dúas veces ao ano, sempre que a coides con cariño e vos lembredes da deusa celta Áine, que é a deusa do aire e do ceo, e será a que velará polos vosos soños, ideas e pensamentos.” Dende o primeiro mes de curso comezamos a mergullarnos en facer realidade este novo soño, este novo proxecto d@s argalleir@s. Foi un duro e gratificador traballo ( coma sempre) de investigación o que levamos a cabo Sara Basoa, Xoel Carballeira, Silvia Casás, Javier Fernández, David Hernández, Jessica Leira, Aldara Pérez e Sabela Rodríguez na procura destas plantas. Unha vez recompilada a información tivemos que elixir as 21 que acompañarían as nosas árbores e son as seguintes: aceda silvestre, allo, campánula, coandro, filipéndula, hedra, hisopo, hortensia, margarida, menta, mentraste, ortiga, perexil, queiroa, ruda, salvia, valeriana, verbena, violeta e visgo. Loxicamente había que debuxalas e Sabela e Sara, as responsables das ilustracións, non dubidaron en pedir colaboración a outr@s argalleir@s para que lles axudaran a ilustrar cada planta celta elixida. Meu dito, meu feito! Aí estaban Carmela (2ºESO) e Aroa , Victoria, Diego e Irene de 1ºESO para botar unha man. Rematado o traballo só quedaba facer o que vimos facendo dende hai anos: un libriño que, esta vez, viría acompañado dunha guía para sumar aos fondos da biblioteca. Aquí vos deixamos coa portada do libro e coa guía . Podedes ver o contido do libro neste enlace do noso blog: (http://alamedaliteraria.blogspot.com.es/2018/04/as-21-plantas-celtas.html) .
  • 29. 27 Agardamos que non pasedes por alto ningunha páxina, porque, lembrando a outra actividade na que estamos mergullad@s, as dedicatorias agochan tesouros... Estas foron as nosas dedicatorias que inician o libriño: Para @s argalleiros das letras que comezaron a Alameda Literaria das 21 árbores celtas. Para aqueles e aquelas que a continuaron. Para todas as persoas que lembran as súas orixes e a súa cultura. Para os amantes da natureza. Pero este traballo non rematou aquí, como imaxinades. Agora tocaba a parte práctica. Buscar as 21 plantas para colocar na Alameda Literaria. Xa nos vedes de paseo polos arredores do centro para conseguilas, pero como este ano foi un ano moi chuvioso, todo ía retrasado e as plantas resistíanse a aparecer. Ante esta situación botamos man dos nos@s profes e de toda a comunidade educativa para que nos axudasen a conseguilas. Só foi dicilo e cada día atopabámonos con algunha sorpresa. Decidimos o lugar e como iamos colocalas e comezamos o traballo. Uns argalleir@s encargáronse de delimitar o lugar onde realizariamos a plantación con todas as que tiñamos e outr@s plantando e identificando a xardineira que compraramos e nos axudara a montar o noso profe, Soto. Todo estaba organizado e así foi como quedou a plantación GRAZAS aos consellos de Soto e á axuda de tod@s os profes que non dubidaron en botarnos unha man. ( Se queredes saber máis, non dubides en ver o vídeo que realizamos para lembrar este traballo). Pero aínda non remataramos o proxecto. Había que saber e coñecer máis sobre as plantas que elixiramos e que están con nós dende a cultura celta. Que mellor que pedir a colaboración dunha experta en plantas para que nos achegara os segredos que agochan e nos lembrara o poder natural que teñen
  • 30. 28 aínda hoxe. Puxémonos en contacto coa farmacéutica Camino Pérez para que se achegase ao centro e nos contase cousas. Decidimos o 5 de abril, como data para realizar o taller a aí estaban Sara e Sabela para presentala e agasallala cun exemplar do libro ( dedicado pola argalleira Cristina Souto) e da guía que elaboraramos, acompañados dunha planta de valeriana. Despois da introdución comezamos a participar activamente no taller. Ortigámonos e soubemos que cando unha planta é daniña ( sempre ten unha explicación) a natureza pon ao seu lado o “antídoto”. Neste caso era a ortiga fronte ao mentraste. Camino ensinounos a facer infusións e lembrounos que non podemos poñer a ferver nunca as plantas, que con botar un pouco de auga fervida por riba, xa está preparada. Logo achegounos os segredos para curar os negróns, escordaduras e outros golpes dun xeito natural, facendo emplastos. Chegaba o momento de coñecer como se fan os xaropes para calmar a tose. Isto foi algo máis complicado, xa que había que pelar allos, machacalos, mesturalos con mel, poñelos ao baño maría e deixalos repousar 15 días. Remataba o taller e Camino despediuse con estas palabras: “Hai un principio que se estuda en física que di que os sistemas tenden ó equilibrio (a terra considérase un sistema) e que cando algo despraza o equilibrio cara a un lado, o propio sistema tende a desprazalo cara ó outro para recobralo. Se somos os seres humanos os principais responsables da extinción de moitas das especies, do aumento da temperatura global, da xeración de residuos non degradables, etc, etc, somos por tanto responsables da ruptura do equilibrio, polo que o xeito de restablecelo podería ser a nosa extinción. Así que... ,se ás veces non te preocupas pola natureza... , preocúpate por ti. CÓIDAA! “ Camino Pérez Martín Nós agradecémoslle a súa presenza e despedímonos con moita aprendizaxe deste proxecto que agora si, chegaba ao seu fin. ( Xa sabedes que podedes seguir todo o taller visitando o vídeo que aparece na páxina web do centro)
  • 31. 29 PARA TI Chega a hora de falar do último proxecto que levamos a cabo @s argalleir@s das letras neste curso. Un día, ou mellor dito unha noite, ocorréusenos recompilar todas as dedicatorias dos libros que temos na nosa biblioteca para amosar que @s b@s lector@s non deben saltar ningunha páxina, porque dende o momento que abrimos o libro comeza a viaxe. Como imaxinades foi moito o tempo que nos levou manexar todos os fondos da biblioteca en busca de dedicatorias, pero conseguímolo. Soubemos traballar en equipo e manexar con destreza o drive, para así compartir todo o traballo que iamos recompilando. Licenciámonos na orde alfabética e na organización da biblioteca e da CDU. Recoñecemos a importancia de manter a orde dos andeis da biblio para evitar traballar no que outr@s xa fixeran... En fin, que estamos orgullos@s deste proxecto porque nos seguiu unindo a tod@s. Como non podía ser doutro xeito, unha vez rematado o traballo, démoslle forma de libro e así naceu: Para ti. O título deunos que pensar, xa que había compañeir@s que votaban por Para nós, pero a maioría decidiu o que xa coñecedes. Sabela e Sara baseáronse no contido do libro e pensaron nunha ilustración para a portada que reflectise un agasallo que se entrega con toda a ilusión para que o abran e o gocen. Deixámosvos co Prólogo que escribimos para que teñades unha idea de como vivimos esta aventura (podedes ler todo o libro visitando o noso blog) PRÓLOGO Este libro xorde do noso enfado, dun sentimento de rabia contida e do que cremos unha traizón existente dende hai séculos. Dende que os libros chegaron ás nosas vidas. Dende que vós, que vos cualificades coma “lectores e lectoras”, non dubidades en pasar rapidamente as páxinas ata chegar ao inicio da obra, deixando esquecida a guinda do pastel, o corazón do libro, A DEDICATORIA. Por este motivo, @s argalleir@s das letras, decidimos mergullarnos nos libros da nosa biblioteca co obxectivo de recompilar todas esas guindas e corazóns do esquecemento. Iniciamos esta nova aventura nunha das nosas actividades, o maratón de cine. Arredor das cinco da mañá (e aproveitando un descanso), @s máis veteran@s dos clubs de lectura comezamos a distribuír todos os libros, segundo os andeis e columnas que ocupaban na biblioteca, para asignar cada columna a un grupo de argalleir@s e así facilitar a recompilación. Logo de moitos meses de traballo, enfados, revisións... conseguimos rematar. Pero chegaba o momento das dúbidas. Que facer con aquelas dedicatorias de libros que tiñamos en diferentes linguas? Decidimos elixir a que estaba en lingua galega. Cal era a orde que seguiriamos para facilitarvos a lectura? A decisión consensual foi seguir a orde que rexe a CDU da nosa biblioteca, de aí que non todas as obras dos mesmos autores ou autoras aparezan consecutivamente, xa que tivemos en conta as tres iniciais do apelido e as tres iniciais do título para ser consecuentes coa orde da biblioteca. Ti, querid@ lector e lectora ansios@, ao mellor agora, logo de ler esta recompilación, daraste conta que un libro comeza dende que abres a súa portada, porque nesas páxinas que aparecen antes de iniciar a historia, e que ti saltabas, están agochadas guindas e corazóns. Agardamos que vos preguntedes o mesmo que nos preguntamos nós: Por que? Quen será? Quen serán? Que segredo agocha a mensaxe?.... Estas preguntas intentaremos respondelas o máis pronto posible, xa que agora toca poñernos en contacto cos autores e autoras das dedicatorias seleccionadas para investigar un pouco máis nestas historias que comezan as súas obras. Argalleiros e argalleiras das letras Clubs de lectura IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ
  • 32. 30 Agora que sabedes o motivo que nos levou a escribir este libro deixámosvos coas dedicatorias, eses tesouros, que o comezan: A todos aqueles autores e autoras que dedican os seus libros. A todos aqueles lectores e lectoras que non comezan o libro polo primeiro capítulo. @S AUTOR@S Rematamos o libro, pero non o proxecto. Agora tocaba a parte máis importante. Contactar cos e coas autores e autoras das dedicatorias que máis nos gustaron para preguntarlles o que agochaban as súas palabras. Lembrando as dificultades e o custoso que fora o contacto cos “ argalleir@s de honra” para realizar o proxecto Lemos por e para vós, e, logo de consensuar coas “ altas esferas” as nosas ideas, decidimos darnos a coñecer dende o “anonimato”. Responderíannos @s autores ás mensaxes que enviamos sen rematar en edu.xunta.es? No traballo de investigación para coñecer os enderezos d@s elixid@s démonos conta que moit@s empregaban redes sociais. Aí nos vedes abrindo contas –baixo a supervisión dos profes- para darnos de alta nas redes sociais e poder falar con eles e elas. Contestarannos cando reciban unha mensaxe deste remitente?argalleirxsdasletras@gmail.com ? Pero tamén nos demos conta de que moit@s seguen empregando a relación epistolar de sempre. A argalleira Elvira escribiulle unha a carta a J. K. Rowling. Como @s autor@s elixid@s escribían en diferentes linguas. Redactamos un texto en galego, castelán e inglés para facérllelo chegar. Estimado/ -a .... Diríxome a vostede como integrante do club de lectura, “ Argalleiros e argalleiras das letras”, do IES Plurilingüe Castro da Uz. Este ano comezamos un novo proxecto que consistiu na recompilación das dedicatorias dos libros da nosa biblioteca. Cremos que, ás veces, o lector ou lectora pasa por alto unha das partes máis significativas –para nós- dos libros, as dedicatorias. Neste traballo descubrimos auténticos tesouros e entre eles está o seu. Gustaríanos saber o motivo que o/ a levou a escribir estas palabras que inician a súa obra (ou as súas obras) Atentamente Argalleiro ou argalleira das letras IES PLURILINGÜE CASTRO DA UZ AS PONTES A CORUÑA Pasou o tempo e nas redes sociais respondéronnos: Marcos Chicot que nos enviou enlaces para seguir o contacto. Rosa Aneiros que nos respondeu a nosa pregunta: “ Pois da marea negra quedoume o pouso do negro, esa sensación horrible do chapapote pegado á pel, pero tamén a esperanza de saber que, cando nos xuntamos, somos capaces de facer cousas extraordinarias, neste caso evitar maiores efectos dunha catástrofe natural que ameazaba con derrubar o noso futuro.” Laura Gallego: ¡Hola! Esta es una respuesta automática. Laura Gallego no gestiona esta cuenta personalmente. Para eventos, firmas, peticiones y otras dudas, consulta la sección de preguntas frecuentes de la web... Pero o que máis nos abraiou foi cando Elvira recibiu contestación da súa destinataria. Aquí a vedes coa carta que amosa que @s auténtic@s autor@s non esquecen @s seus ou súas lector@s. Seguiremos informando. Argalleir@s das letras
  • 33. 31 Día das Letras Galegas con María Victoria Moreno Nada máis comezar o curso dixéronnos a quen se lle dedicaría o Día das Letras galegas no ano 2018. Cando escoitamos o nome de Mª Victoria Moreno alegrámonos de que fose unha muller a elixida. E outra muller, a nosa compañeira e argalleira Cristina Souto, non dubidou en amosar a súa arte debuxándoa tal e como ela a ve. Aquí vedes o resultado final. Puxémonos a traballar e o primeiro que buscamos na súa biografía foi a data de nacemento para coñecer a súa árbore celta, que resultou ser o álamo. E así era como a definía: ÁLAMO POPULUS ALBA A INCERTEZA Son persoas cun alto sentido da estética que buscan rodearse de ambientes agradables. Non moi seguras de si; valentes só se é preciso. Selectivas, entusiastas, boas organizadoras e ás veces solitarias. Amantes dos saberes filosóficos e moi comprometidas e serias nas relacións persoais. A súa cor: GRIS Continuamos investigando e pensando nos traballos que fariamos. Como nos gusta ler decidimos elixir lecturas da autora para poñerlles voz e dálas a coñecer ao noso xeito, gravándoas e subíndoas ao blog na sección de audiolibros. Recomendámosvos escoitar Leonardo e os, fontaneiros, Onde o aire non era brisa, Guedellas de seda e liño, porque como di Mª Victoria Moreno nas palabras que dirixe Ó LECTOR en Leonardo e os fontaneiros: " Fai o que queiras, amigo, pero le o libro, que para iso o escribo. E que che preste". Pois nós desexamos que vos presten os nosos audios. Quedaba a novela máis “coñecida” da autora, non pensedes que nos esquecemos, pero a esta lectura agardáballe un destino moi gratificador, xa que ía viaxar con nós ata Barcelona e sería a protagonista da actividade do Día do libro. Si, Anagnórise e a súa autora foron as protagonistas do audiolibro que subimos nada máis volver ao instituto. Elas acompañáronnos nas horas que durou a lectura continuada e grazas ás palabras elixidas desta novela naceu o poema ( quizás o mellor d@s argalleir@s) “Desmontando mitoloxías”. Seguimos coñecendo a Mª Victoria e a súa obra e Cristina brindouse a realizar un cómic contando en poucas viñetas a vida da escritora, seguindo o guión elaborado por tod@s (como artista que é, tomouse unhas licencias). O cómic podedes velo na contraportada da revista, agora deixámosvos co texto que debería acompañar as viñetas, pero.... unha artista é unha artista. Imaxina unha melodía sen son ou sorrirlle a alguén que non che devolva o aceno de complicidade. Todos e todas sabemos que a vida sen amor semella un conto sen fadas. Así foi a vida de María Victoria ata que chegou aquí, a Galicia. Para coñecer a quen...? A unha lingua que abrazou como propia, a unha lingua que foi o seu verdadeiro amor. Como tod@s compartimos os proxectos tocounos resumir o texto para incorporalo ao cómic e intentar que quede perfecto. Estas serán as palabras que acompañen as viñetas: Melodías sen son. Sorrisos sen complicidade. Contos sen fadas... Ata que cheguei a ti. E se descubrimos a esta autora grazas as súas lecturas, aínda máis cando lemos as súas dedicatorias que forman parte do noso libro Para ti. En Guedellas de seda e liño “Para o meu mestre don Rafael Lapesa, que gañou con palabras e para as palabras o meu corazón. Para os meus alumnos, que sempre encheron de luz a miña vida.” Para despedirnos dicimos que foi un pracer asistir á representación teatral de Leonardo e os fontaneiros. En Anagnórise “Para os meus alumnos de Vilalonga, que me aledaron os días en que eu enfiaba esta historia, que me regalaron o bolígrafo co que a escribín.”
  • 34. 32 DÍA DO LIBRO 2018 EN BARCELONA Este curso @s argalleir@s das letras eliximos Barcelona como destino para realizar a actividade do Día do Libro, acompañad@s, nesta ocasión, de Anagnórise de Mª Victoria Moreno. Saímos das Pontes ás 05h do día 20, xa que tiñamos que chegar ata Santiago para coller o avión que nos levaría ata Barcelona e aproveitar ao máximo o tempo que tiñamos na cidade. Nada máis aterrar dirixímonos en autobús ata o noso hostel, no que nos agardarían moitas sorpresas e aventuras ( podedes lelas no artigo “O outro día do libro” e vendo a pps). Unha vez aloxados nas nosas "cómodas e amplas" habitacións, e logo dun breve descanso, comezamos a pasear para coñecer toda a cidade. A primeira visita foi ao Parque Güell, onde Cris nos explicou as características deste lugar e nos falou do Modernismo e de Gaudí. Ao día seguinte decidimos coñecer o Barrio Gótico e outros lugares de interese. Paseamos pola Praza Sant Jaume, achegámonos ata a casa Batlló e a casa Milà, onde Cris volveu explicarnos máis características desta arte, e continuamos camiño ata chegar á Sagrada Familia. O domingo comezamos o día con diferentes ritmos. @s que queriamos visitar un lugar importante, para nós, erguémonos máis cedo cós outr@s, que nos agardaron no hostel ata rematar a visita ao Camp Nou. Finalizado o percorrido por todas as instalacións reunímonos c@s outr@s argalleir@s e seguimos camiñando por Barcelona. Tocaban as Ramblas ( unha vez máis), a Barceloneta ( lugar que tiñamos decido para realizar a nosa lectura continuada)... Paseamos pola Boquería. Chegamos ata a estatua de Colón ( onde fixemos unha foto para enviárllela a Efi) e gozamos dun día estupendo na praia ( aínda que non puidemos nin achegarnos á auga). Como vedes @s argalleir@s das letras sabemos aproveitar o tempo alá onde esteamos. Foi moita a información que traemos de Barcelona, pero o obxectivo que nos levou ata alí era outro, xa sabedes. Decidiramos realizar a lectura continuada na praia da Barceloneta, pero a distancia que separa este lugar do noso hostel fixo cambiar o lugar de lectura. Logo de pedir permiso aos responsables do establecemento, dispuxémonos a preparar a sala e poñernos cómod@s para gozar da lectura. Mentres uns argalleiros ían comprar uns petiscos ( que nos agasallaron Elena e Chelo), outr@s distribuïamos a lectura de Anagnorise entre os 41 argalleir@s e pensabamos na orde de lectura a seguir por tod@s. Como este ano viaxamos en avión, os paneis quedaron no instituto e tivemos que botar man da nosa axenda e do noso papel para acompañarnos na selección da palabra e composición do poema.
  • 35. 33 Ás 00,00 h do día 23 de abril comezamos a lectura e tod@s estabamos preparados para que a gravación quedara perfecta. Xan foi o encargado de comezar a lectura e Cris de rematala. Agora deixámosvos co poema que compuxemos coas palabras elixidas da lectura. Nós pensamos que nos quedou “ guapo, guapo, guapo”, pero sodes vós os que tedes que decidir. DESMONTANDO MITOLOXÍAS Desesperados balbordos, compañeiros dunha vida ausente de medo grazas ao son da música, ao pouso dos pétalos da rosa, ao sentir da natureza, ao florecer das ideas, ao goce na intimidade, ao rebulir da feira e ao bramar dos becerros. Era demasiado maricallas para rozar os seus beizos, para beber experiencias, para alcanzar un soño, para fundirnos nunha alma, para querernos ben, para apostar na derradeira partida por seguir o camiño dos pais. Farto de recibir falsos sorrisos, dos que cría irmáns, que me afogaban entre bágoas tecendo fermosos enganos, implorei ao ceo desmontando a mitoloxía da mentira, que me guiaba polo camiño das estrelas nunha travesía cara a un futuro incerto. O tempo mostroume como gañar e bailar neste xogo, como cumprir e alcanzar desexos, como amar e vivir a muller, como respirar e ser primavera, como celebrar e gozar éxitos, como superar e esquecer teimas como desbotar pensamentos escuros, como viaxar cara á plenitude esnaquizando os vellos modais. Facer arder os recordos, erguerse violentamente, romper o silencio. Nacer. Vivir. Argalleir@s das letras, Barcelona, 2018 ( palabras seleccionadas da lectura de Anagnórise, Mª Victoria Moreno) Nada máis chegar ao centro comezamos a escribir as palabras, pensar na ilustración e vedes como un ano máis conseguimos o obxectivo que nos une: coñecer, aprender, compartir o gusto pola lectura, por compoñer e crear.
  • 36. 34 O “ OUTRO “ DÍA DO LIBRO O día 20 marchamos do Castro da Uz cara a Santiago, onde colleriamos o avión que nos levaría ata o noso destino. Dende o inicio da viaxe comezaron a acontecernos feitos estraños que nos acompañarían durante toda a estancia en Barcelona. Nada máis chegar ao hotel, non tiñamos nin sabas, nin toallas; as liteiras facían moito ruído, a auga das duchas estaba fría e Cristina perdeu a súa toalla verde. Gozando das cómodas habitacións Pola noite, Candela González e Elena aburríanse e empezaron co xogo dos nomes, que consiste en dicir nomes que comecen por c e acaben por a, recomendámolo. Despois Elena toleaba a Chelo dicíndolle que era do Real Madrid e que “se había que ir ao Camp Nou, íase”. As noites foron moi entretidas xogando ao uno, grazas a Jimena que trouxo as cartas. Cando tocaba “pasear”, “ camiñar” seguiamos as instrucións do Google Maps, que nos indicaba o camiño enos lembraba que só faltaba “ media hora” para chegar a destino. Nunca dabamos cruzado todos á vez nos semáforos e sempre nos rifaban por quedarnos atrás e non seguir a norma de Chelo: "Os de 1º da ESO diante e os de 4º detrás". O día da lectura lemos Anagnórise, e ao rematar empezaron algúns feitos estraños: Cando fomos descansar ás habitacións empezáronse a oír ruídos que daban un pouco de medo... Nós estabamos asustados e as profesoras foron ver o que pasaba. Resultou ser unha hóspede que só quería molestar, daba golpes en todas as portas ata que Cristina Souto cun portazo amosoulle que xa estabamos fartos dela. Tamén lles ofreceu a algúns alumnos unha cervexa, acompañada dunha nota en inglés. Vicente tiña un pouquiño de medo, xa que era o que tiña a chave da habitación e ela non paraba de molestar. As nenas de 4º ESO estaban no baño tranquilamente ata que apareceu, de súpeto, a hóspede co fin de molestalas. Elas agardaron no baño ata que cansou e marchou. Como a muller non paraba de molestar, Chelo decidiu baixar, pero non se atrevía a ir ela soa, así que baixou Elena tamén. Avisaron a recepción de que se a muller seguía molestando chamarían á policía. Finalmente ela parou dunha vez, e ao día seguinte pediunos perdón. Aceptamos as súas desculpas, pero tiñamos claro que non volveriamos a ese hostel tan pintoresco. Máis tarde collemos o avión de regreso, e a viaxe non foi moi agradable que se diga. Saímos con moito retraso, tivemos moitas turbulencias... Pero, aínda que esta viaxe fose algo estraña foi moi divertida e aprendemos moito. Candela, Victoria e Jimena, 1ºESO U - la miña toalla verde?
  • 37. 35 XELO COOPERATIVA EDUCATIVA Que é Xelo Cooperativa Educativa? Xelo Cooperativa Educativa nace do proxecto Proem promovido pola asociación de empresarios Seara, esta é unha cooperativa formada por todo o alumnado de 4º ESO, e ten como labor "revivir" As Pontes, é dicir, promover todas esas actividades, e crear outras novas; atraer a xente de fóra, que a xente saiba que é As Pontes! As Actividades - Contacontos e Xogos: A primeira actividade que desenvolvemos foi o contacontos, esta actividade estivo concibida para darnos a coñecer, pero ofrecendo un bo servizo. Desenvolveuse no soto da Casa Dopeso e asistiron 24 nenos, @s nos@s compañeir@s contaron os contos e despois fixeron pintacaras, xogos populares..... - O Mercado de Xelo: Esta foi a nosa segunda actividade e quizais a que nos abriu os ollos de todo porque nos amosou o traballo que levaban estas cousas. Consistiu nun mercado de segunda man situado na 2º planta do mercado de abastos. Cada un de nós levamos unha serie de artigos e despois, metémolos nun documento, creamos unha referencia e colocamos unha etiqueta a cada un, no que aparecía o nº de referencia, o prezo, e a editorial ou talle no caso dos libros e da roupa. Este traballo fixémolo case todo o día anterior, porque se nos acumulara un pouco todo, pero nada máis comezar a traballar fixémolo en cero coma! - Xelo Urban Fest: Esta sería a nosa actividade estelar, e foi a que de verdade nos fixo abrir os ollos de verdade. Despois de ver que organizar un festival non era nada fácil, comunicáronnos que non se podía levar a cabo por motivos de organización, foi moi difícil asumilo, e amolounos bastante ter que cancelalo, pero tamén nos ensinou bastante. - Xelo Xornada Deportiva: Esta, si que si, é a nosa última actividade. Despois de ter que cancelar o festival, decidímonos a facer algo máis sinxelo pero que tamén fose interesante. Dúas semanas antes desta actividade puxémonos mans a obra, e podemos dicir que os temas de organización non están nada mal, fomos con tempo. Esta foi a nosa última actividade que consistiu nunha xornada deportiva para os máis peques da casa, e contamos con fútbol, baloncesto, ximnasia e baile. Á metade da actividade ofrecemos unha merenda e ó final un diploma. Moitos pensan que isto foi unha parvada, pero para nada. Cousas tan simples, como ir a Abanca a ingresar os cartos, ir despois ao notario a constituír a cooperativa fixérennos aprender moito, e todo grazas a Carolina, Noelia, Montse e Elena, dende aquí dámoslle as grazas a todas. Por último, dicirvos que non só nós saímos beneficiados disto, senón que o 15% do que recadamos foi destinado para unha asociación sen ánimo de lucro. Borja Pita, membro da cooperativa Xelo
  • 38. 36 RADIO RASCA Que é? Radio Rasca é a nosa radio propia. Funciona todos os recreos no Castro da Uz. Pódela escoitar dende as 10:10 am ata as 10:30 e dende as 12:10 am ata as 12:30. Que facemos? En Radio Rasca poñemos música para todos os gustos (se queres traer a túa propia selección musical e poñela na radio, pásate polo salón de actos e apúntate. Estámoste agardando!), tamén emitimos as entrevistas a traballadores, profes do centro e persoas que nos visitan. Dámos a coñecer as nosas creacións, lendo os nosos textos; poñemos os audiolibros que realizamos lendo as obras que, neste curso, lembran a autora á quen se lle dedica o Día das Letras Galegas, Mª Victoria Moreno, e podedes escoitar visitando a seguinte sección do noso blog: (http://argalladas.blogspot.com.es/2018/01/audiolibros-m-victoria- moreno.html ), e moito máis...! Como o facemos? A nosa humilde emisora atópase no salón de actos. Temos un ordenador, que usamos para poñer a música; un amplificador; e un micrófono para presentar. Cada emisión é precedida e finalizada pola sintonía de Radio Rasca. Quen? A radio dirixímola, este curso, catro persoas, aínda que ás veces invitamos a outros alumnos para presentar contidos especiais. Dito isto, xa sabedes que é esa “musiquiña” tan pegadiza que escoitades ó comezo de cada recreo. Logo desta presentación deixámosvos coas entrevistas que realizamos este curso. Lembramos que as respostas non se recollen na súa totalidade, xa que nos gustaría que escoitedes as entrevistas visitando o noso blog: http://argalladas.blogspot.com.es/2016/03/entrevistas-en-radio- ras.html. Sabela, Xoel, Sara, Jessica e Silvia ( 3ºESO) entrevistaron a Pili, a persoa encargada da cafetaría do centro e a muller que fai os mellores “bocatas” do mundo. ENTREVISTA A PILI, ENCARGADA DA CAFETARÍA DO CENTRO Bos días, Pili. Moitas grazas por estar con nós e por dedicarnos un pouco do teu tempo para compartir estes momentos que esperamos sexan agradables. Se estás disposta, comezamos. - Canto tempo levas ao fronte da cafetaría do centro? Oito anos - Por que decidiches encargarte dela? A través dunha profesora que me comentou que no centro non había cafetaría. - Hai algunha diferenza entre as cafetarías dos institutos e as outras? Non o sei, só traballei nesta. - Gustaríache ter unha cafetaría fóra do instituto? Por que? Se fose con bebidas alcohólicas ou un bar, non. Se só fose para bocadillos si. - Cando empezaches a traballar aquí, pensaches algunha vez que os teus “bocatas” ían ter tanto éxito? Non - Cantos bocadillos fas máis ou menos nos recreos? Depende do número de alumnado. Este ano máis có ano pasado. De 90 a 100. -Podes dicirnos onde compras os ingredientes que utilizas? Os secretos non se din, e menos as receitas. - E, por que subiches os prezos? Levaba moitos anos sen subir e a vida cambiou. - Tes pensado volver baixalos? Non me importaría, pero da maneira que vai a vida... - Como levas a avalancha de xente que hai este ano? Estando moi concentrada
  • 39. 37 - Non cres que nós temos máis dereito a ser atendidos antes que os do Moncho? Todos somos clientes e debería haber un número coma nas carnicerías para axudar. - O peche do bacharelato no centro en que repercutiu no teu negocio? Menos xente, menos vendas - Se non te dedicaras a isto, que che gustaría ser? A algo relacionado coa creación, pintura, manualidades... - Que che gusta facer no tempo libre? Facer disfraces, escoitar música. Leo pouco porque teño pouco tempo. - Nestes últimos anos, cales foron para ti os cambios máis significativos na vila ( positivos e negativos)? Non me gusta que se pechen centros. Todo o que se cerra non se volve abrir. Pero hai que ter en conta a realidade. Agora hai menos nenos ca na miña época. E xa para rematar, imos cunhas preguntas moi rápidas. Se pode ser, debes responder cunha soa palabra. - Que botas de menos no mundo? Neste mundo todo se move por cartos. Que non fose todo movido polo carto. - Que quixeches facer e non fixeches? Se nacera agora estudaria algo artistico -Cando eras pequena pensabas en ser...? secretaria -Se foses un animal, cal serías? A pantera - Un desexo? Que sigamos con liberdades -Unha palabra galega? lubre -Un sentimento? ilusión -Un libro? As memorias de Ángela -Unha comida? arroz con leite -Unha bebida? Zumes naturais Un ingrediente imprescindible? sal Un desexo ou consello que nos queiras dar? Consello non son ninguén para dálo. Desexo que vos vaia ben, que estudes e que fagades o que vos guste. Nós agradecémoslle a Pili a súa colaboración e ela deunos as grazas por acordarnos dela. O 24 do Outubro Aldara, Javier, Hernán, Jorge e David (3ºESO) convertémonos en reporteiros e entrevistamos a Tino, o bedel do noso centro e a persoa encargada de que todo funcione ben e coa que levamos moitos anos. ENTREVISTA A TINO Bos días, Tino. Agradecémosche que nos dediques unha parte do teu tempo para falar con nós dalgunhas cousas e coñecerte un pouco máis, xa que son moitas as horas que pasamos xuntos e xuntas. Se estás disposto comezamos a entrevista. De acordo - Cantos anos levas traballando no centro? 37 anos - Traballaches antes noutros institutos? Non - Que recordos tes deles? ( Esta pregunta non debiamos formularlla se a resposta era non, pero os nervios fixéronnos pasar un mal rato e, sobre todo, facer que Tino se sentise algo incómodo, pero agradecémoslle que nos axudara a saír do paso). Aí vai a resposta aos recordos que ten do centro no que traballou sempre. Moitos. Pasou moita xente, moitos rapaces e rapazas , profesorado... - Tes pensado traballar aquí ata a xubilación ou gustaríache coñecer outros centros? Por que? Agora xubilareime aquí. - Que é o que máis che gusta do teu traballo? Practicamente todo e sígueme gustando. - E o que menos? Madrugar, pero tampouco me supón moito. - Se non te dedicaras a isto, gustaríache ter outra profesión? Cal? Sempre me gustou ser electricista. - Que opinión tes sobre o que está pasando na vila a nivel educativo: peche do bacharelato no noso centro e peche definitivo do CEIP Monte Caxado? O peche do bacharelato foi unha perda. O do Monte
  • 40. 38 Caxado non opino porque non coñezo moi ben o tema. Creo que se hai que pechar hai que manter unhas formas. - Nestes últimos anos, cales foron para ti os cambios máis importantes ( POSITIVOS E NEGATIVOS) que sufriu a vila das Pontes? Non vexo moitos cambios positivos. Cada vez hai menos xente, menos traballo. Cambiando un pouco de tema, - Poderías dicirnos cal é a túa maior afección ou hobby? Non teño un hobby especial. Gústame camiñar. - Dixéronnos que che gustaba moito tocar a gaita, é certo? Gustoume bastante. Agora mesmo téñoa un pouco apartada. Aprendín tamén o acordeón. - Con que gaiteiro ou gaiteira che gustaría dar un concerto? Por que? Tocar cun gaiteiro importante non creo que estivera ao meu alcance. Gústame moito Carlos Núñez, Susana Seivane. - Estarías disposto a tocar para nós en Radio Ras unha peza musical? Só tes que dicir o día e nun recreo aquí estaremos para escoitarte. Non, non pode ser porque levo 12 ou 13 anos sen tocar a gaita e xa sabedes que hai que practicar moito. Nisto si que non vos podo axudar. - Que che gusta facer no teu tempo libre? Pasear, ir para a aldea. Estar nun sitio tranquilo. Antes de comezar coas preguntas rápidas, quereriamos saber por que sempre falas en galego? En galego, en galego exactamente non falo porque eu non sei falar o galego normativo. Falo o que me aprenderon porque me gusta. Falar en galego ten que ser voluntario. Estamos nun país libre. En galego desenvólveme mellor. Como non queremos cansarte máis, rematamos coas preguntas características de Radio Ras. Xa sabes que son curtas e esixen unha resposta breve. - Preparado? A ver. - Como defines o teu carácter? - Un pouco serio, quizás. - Cambiarías o Castro polo Moncho? - Non. - O teu lugar favorito do mundo? - Aquí estase ben, nas Pontes. - Un libro que nos recomendas? - Aí non te podo satisfacer. Só leo a prensa. - Unha canción? - Pillástesme. - Se foses un animal, cal quererías ser? - Non o sei. Non che sabería dicir -Unha palabra galega? - Todas me gustan - Un sentimento? - Non sei que dicirche. - Un superpoder? - Non quero desas cousas. - Un desexo? - Poderme xubilar. Ter saúde para despois de xubilarme. E para rematar, que consello nos darías? - Sobre todo que estudedes moito e que vos preparedes. É moi importante na vida. O saber nunca ocupa lugar. Agardamos que estiveses a gusto con nós, Tino. Nós gozamos moito da túa presenza en Radio Ras e dámosche as grazas por vir. Ata pronto DENDE RADIO RASCA, ATA O PRÓXIMO RECREO! Victor Manuel Pellón, 1ºESO
  • 41. 39 MES DE FEBREIRO, MES DOS SENTIMENTOS Este mes foi un mes frío, branco e chuvioso ao que todos e todas soubemos darlle calor cos nosos risos e o noso traballo.Traballo que se centraría, especialmente, en aflorar aínda máis os nosos sentimentos de amizade e solidariedade. Arrincamos motores escribindo os textos que presentariamos ao concurso “Lingua de namorar” que realizamos no centro, @s compañeir@s de 3º e 4ºESO enviaron os seus ao que organizaba a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Comezamos a comprar todo o preciso para facer as rosas de lambetadas (este ano as profes lembráronnos, mil veces, que non eran para comer nós, xa que tiñan outra finalidade), escribimos as tarxetas e iniciamos os preparativos para elixir a “Parella ideal do Castro”. Á volta do entroido retomamos as actividades que deixaramos pendentes. As rosas de lambetadas estaban feitas, as tarxetas listas para que cadaquén elixise o seu PARA e cumprimentase o seu QUERO COMPARTIR. Agora tocaba o traballo duro: colocar as tarxetas nas rosas e asegurarse de que ninguén quedase sen o agasallo que amosa o cariño que nos temos tod@s. Entregámolas ao longo da mañá, xa que os recreos non foron suficientes para realizar todas as entregas. Outra actividade que tiñamos en marcha era elixir a "Parella ideal" do noso centro. As votacións foron realizadas con toda a seriedade que require un acto electoral, como amosa a fota, e A PARELLA GAÑADORA FOI a formada pol@s nos@s compañeir@s: VICENTE ( 4ºESO) E SILVIA (3ºESO). PARABÉNS. Chegaba o momento de saber o gañador ou gañadora dos textos (microrrelatos) que escribiramos para o concurso, “Lingua de namorar”, que organizaramos no centro, xa que os resultados do certame ao que se presentaran @s nos@s compañeir@s non depararan bos resultados debido a que ningún deles fora elixido entre os premiados ( “Mira que escribimos relatos fermosos, pero OUTRA VEZ SERÁ! Parabéns @s gañador@s”). Houbo que esperar ata o último día de febreiro para que o xurado, formado por: Mª José ( a nosa orientadora), Guillermo ( o noso profe de filosofía), Ana ( a profe de informática) e Servando (profe de automoción) dese o seu veredicto. Así foi como nolo deron a coñecer: 3º PREMIO PARA: ALBA ROMERO ( 1ºESO) Entregoulle o premio, Mª José Cun só movemento xa estás escoitando harmonía, unha paz interior que é moi difícil de explicar. Ese son sae dun instrumento chamado violonchelo. Un arco e catro cordas son o que fan ese son tan agradable e tan harmonioso. Ese son que enche de ledicia as
  • 42. 40 persoas que o escoitan. É tan simple, que, ás veces, é difícil de entender. 2º PREMIO PARA: ALICIA CAO ( 34ºESO) Entregoulle o premio, Ana Un bico, unha aperta, botar de menos, querer de máis, parar o tempo ou que se nos pare, celos, paixón, amar, pelexar, mirar, sorrir, vicios, latexos fortes, amar, pensar, sentir, confiar, dor, nervios, ilusións, perdoar, querer, gustar, bágoas... Unha chea de palabras ás que só se lles pode asignar un sentimento. E chegou a hora de coñecer o 1º PREMIO, que entregou Servando e recaeu no argalleiro,VICENTE IGLESIAS ( 4ºESO) Dende o meu primeiro alento estivestes aí. Bico tras bico, sorriso tras sorriso, caricia tras caricia coidándome, agarimándome, COMIGO. Días de chuvia, de neve, renunciando ao voso tempo por min, só por ver un humilde sorriso na miña cara. Mediante un xesto podería devolvérvolo todo: o eterno recordo. Por iso e por moito máis Grazas! Como tod@s participamos, porque xa sabedes que nos gusta escribir, Guillermo entregounos os agasallos cos que ANPA nos agradeceu a nosa participación. Dende aquí queremos darlles as grazas.
  • 43. 41 Pero non seriamos nós se non aproveitamos a ocasión para facervos ler un pouquiño, por iso, compartimos con tod@s os relatos que participaron neste concurso. Boa lectura e fermosos sentimentos. Os nenos pequenos, teñen o poder de namorar, danche un sorriso e enchen o fogar. Falan moi baixiño e sen maldade. Danche unha aperta e empezas a recordar. Recordas o teu pasado e deixas o malo a un lado, velos felices e contentos e énchenche o momento. Só con velos e oílos comézaste a namorar. Namóraste do que oes, de como o din, das súas palabras e das súas fazañas. Ada Fernández, 1º ESO Sinto grandes emocións cando vexo os meus bosques galegos, tan especiais como o verde dos seus prados e os seus olores fermosos e frescos. Os ríos galegos que transcorren polos montes da miña terra son extensos e caudalosos, coa auga máis limpa e agradable do país. Os asubíos dos paxaros no cumio das miñas robustas árbores galegas. Todo isto me namora. Iago Expósito, 1ºESO. Galicia, galego, palabras fermosas que veñen dunha lingua expresiva e cariñosa. Cada palabra que nomeas neste idioma faiche ver que esta lingua é fantástica, igual que Galicia e os seus montes. Todo nesta terra é igual: fermoso e fantástico. Pablo Díaz, 1ºESO O meu amor por Galicia é tan grande que cando os seus montes arderon sentín o seu sufrimento. O padecemento duns montes que, sen ter culpa, nos queimaron uns pirómanos. Queimaron os frondosos e verdes montes envolvéndoos nunha forte cor vermella para pasar a ser unha negra explanada chea de cinza. David Barro, 1ºESO Aínda que o galego non é a lingua máis falada do mundo, con ela pódense dicir moitas cousas bonitas. Só con dicir unhas palabras, podemos facer que a xente coa que falamos se sinta feliz. Quérote, apóiote, respéctote, bico, aperta... Estas son algunhas das moitas palabras e xestos en galego que poden facer que alguén se sinta coma nunca. O galego é unha lingua moi bonita. Aroa Blanco, 1ºESO