SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
Download to read offline
1
 BIBLIOTECA
 CEIP. VALLE – INCLÁN


biodiversidade

            noso

     tesouro

 plan lector 2010


  suxestións de
    lecturas



        E. Infantil

        e 1º ciclo
2
          BIBLIOTECA
          CEIP. VALLE – INCLÁN



          A BIODIVERSIDADE, O NOSO MELLOR TESOURO

             Suxestións de lecturas para E.Infantil- 1º Ciclo


                DON CABALLITO DE MAR
Autor de texto e ilustracións: Eric Carle.
Editorial Kókinos.
Relación co tema da biodiversidade: No libro va aparecendo animais mariños e
moitos deles comparten a característica de ser os machos os que se ocupan das crías.


Resumo: O señor Cabaliño de Mar pasea polo fondo do mar levando os ovos das
súas crías nunha bolsa na barriga. Neste paseo, don Cabaliño do Mar vai atopando
outros peixes machos que tamén se ocupan coma el de coidar os seus fillos.


Recomendacións de lectura: Pode servir para Infantil e 1º Ciclo. Conta cunhas
ilustracións moi potentes do xenial debuxante que é Eric Carle.
Antes da lectura: Podemos falar dos coidados que requiren as crías(incluídas as
humanas) e de quen se ocupa normalmente destes coidados. Falamos de que existen
animais como o cabaliño de mar que son os machos (os pais) os que coidan dos
fillos.
Presentamos o libro: Falamos de onde vive o cabaliño de mar e preguntamos polos
nomes doutros seres que tamén viven no mar, algúns son peixes e outros non.
Dicímoslles os nenos/as que imos viaxar polo fondo do mar acompañando a don
Cabaliño de Mar. Dicímoslles que poñan atención porque imos coñecer a outros
animais que, coma don cabaliño de mar, son os papás os que coidan dos fillos.
Despois da lectura: Entre todos recordamos como foi o paseo de Don Cabaliño de
mar. ¿Cres que necesitas volver a ler a historia outra vez?. Fíxate que algúns dos
peixes que vai atopando están escondidos e outros están coidando as súas crías igual
que fai o cabaliño de mar. (Esta proposta tamén se pode facer por escrito). Imos
empezar:
3
              BIBLIOTECA
              CEIP. VALLE – INCLÁN

     Un día a señora Cabaliño de Mar puxo os seus ovos nunha ..................... que o
señor Cabaliño de mar ten na .................................. O Señor Cabaliño de mar foi
paseando e atopou un grupo de peixes-trompeta que estaban camuflados .........
.............................................
     Seguiu paseando e foi saudar a Don Peixe Espiñento que estaba no seu
....................................... esperando que os seus fillos saísen dos ..............................
     Don Cabaliño de mar atopou máis tarde a outro peixe que se escondía nun
arrecife de coral, era o ..................................................
     Un pouquiño despois atopou ó señor Tilapia, o cabaliño de mar saudouno, pero
o señor Tilapia non lle puido responder porque .........................................................
................................................................
     Cando pasou xunto dunhas algas, Don Cabaliño de mar viu que alí escondidos
había varios .......................................................
     Pouco despois atopou a outro peixe, don Kurtus, resulta que este levaba os ovos
pegados ........................................., e coidaba deles ata que os fillos rompesen a
casca.
     O peixe-pedra estaba escondido detrás dunha ................
     O seguinte amigo que atopou don Cabaliño de mar foi don Peixe-frauta que
levaba..................................................... os ovos que puxera a súa compañeira, e
nadaba moi orgulloso.
     O tiburón-Touro estaba moi ocupado porque tiña que coidar das súas
.................... que xa saíran do ...................................
     Chegou o momento no que ás crías de don Cabaliño de mar lles tocaba
...................... Para axudarlles, don Cabaliño de mar empezou a .............
..............................................
     Finalmente todos saíron da ................................... e puxéronse a ......................
Don Cabaliño de mar díxolles: “Xa sabedes que vos quero moito, pero a partir de
agora .....................................................................................


-     ¿Recordades o nome de todos os animais mariños que saen nesta historia?.
      A ver: Cabaliño de mar; Peixe-trompeta; Peixe Espiñento;Peixe-León; Tilapia;
      Peixe-folla; Kurtus; Peixe-Pedra; Peixe-Frauta; Tiburón-Touro ¿Sabiades que
4
         BIBLIOTECA
         CEIP. VALLE – INCLÁN

    todos estes animais existen de verdade e que tamén é certo o que aquí se conta
    da maneira como coidan as súas crías?. Podes buscar nos libros da exposición
    máis información sobre a vida dos cabaliños de mar


Outros libros que teñen algunha relación con este:
-   Adivina cuanto te quiero. Sam McBratney / Anita Jeram. Edit. Kókinos (O tema
    é o amor filial entre nai e fillo, nesta ocasión os protagonistas son lebres)
-   P de papá. Edit. Kalandraka. Relacións afectivas entre pais (varóns) e fill@s.


Suxestións de actividades:
- Na páxina web:    http://www.firstpalette.com Podedes atopar moitas suxestións
para facer traballos plásticos, ademais de moitas siluetas de animais para recortar e
colorar. Concretamente relacionado con este libro, hai indicacións para facer un
bonito diorama: Coral reef Diorama. Pero tamén hai outras moitísimas e moi
interesantes suxestións.


Un vídeo interesante:
YouTube: A fish with a smile. É un precioso vídeo de animación sen texto, debido a
un gran debuxante , Jimmy Liao, que conta unha relación de amizade entre un home
e un peixe e que nos permitirá falar cos nenos dos animais en cautividade.
http://www.youtube.com/watch?v=haUYU037UmI


Propostas para a pizarra dixital:
-   Na proposta titulada Poesía visual, hai varios poemas que teñen relación cos
    animais mariños.



Para saber máis dos animais mariños. Libros da biblioteca que se poden
consultar:
-   Sonidos del océano. SM
-   Animales de los océanos. SM
-   La Enciclopedia de los animales. SM
-   Animais do mar.
5
            BIBLIOTECA
            CEIP. VALLE – INCLÁN

   -   Ballenas y delfines.
   -   El delfín.
   -   Los peces.
   -   El nacimiento de un delfín. Revista Reportero DOC, nº 162.


Poesía:
   -   No libro Bichos con gaseosa. Gloria Sánchez. Edit. Bruño, hai, entre outros
       moitos, un poema-adiviña adicado ó cabaliño de mar.


Interesante vídeo: O parto do cabaliño de mar:
http://www.zappinternet.com/video/pukYfoHmaY/El-parto-del-caballito-de-mar




Outras actividades:
Para facer manualidades moi diversas e interesantes, a nosa suxestión é que visitedes a
seguinte páxina de internet: http://www.firstpalette.com
6
     BIBLIOTECA
     CEIP. VALLE – INCLÁN


CARLOTA LA MARMOTA
Claude Clément / Catherine Nouvelle.
Edit. Rialp, Madrid, 1990


Relación co tema da biodiversidade: A protagonista do libro é unha marmota e
tamén aparecen outros animais que comparten hábitat con ela: O oso pardo, o
rebeco, o armiño, o lagarto, o coello, o grilo. Fálase de que é inverno e de que
nese tempo hai algúns animais como as marmotas e os osos pardos que entran en
“letargo”. Ó final do libro aparece un pequeno comentario sobre os hábitos das
marmotas: A súa alimentación, o seu cubil, o seu letargo invernal, o espertar á
vida na primavera, o nacemento das crías, os perigos e a maneira de evitalos, etc.


Resumo: Aínda que está escrito en prosa, o libro ten forma rimada. Conta a
historia de Carlota, unha pequena marmota que, cando chega o inverno e todos
na súa familia se preparan para durmir, ela non quere porque non ten sono. Sae
fóra do cubil para xogar co rebeco ante a preocupación dos seus pais que lle
piden ó armiño que a busque e a traia de volta. O armiño, ademais, ofrécese a
contarlle contos para que adormeza, pero fracasa no seu intento. E así, uns
animais tras outros van fracasando na tentativa de durmir a Carlota: o lagarto, o
coello… Ata que chega un grilo morto de frío que se ofrece a cantar, e canta tan
ben que todos perden as ganas de durmir… Todos menos Carlota que xa está
cansa e queda durmida ela soíña.


Suxestións para tratar este libro: Pola súa sinxeleza e a maneira como está
utilizada a linguaxe, é unha lectura recomendada para nenos/as de E. Infantil.


Antes da lectura: Presentación do libro: Lectura do título e comentario da
ilustración de portada. (¿Sabedes que é unha marmota? ¿A algún de vós
dixéronlle algunha vez: “pareces unha marmota”? ¿Por qué? ¿Sabedes que é o
“letargo invernal”?¿Onde viven as marmotas? ¿Sabedes doutros animais que
pasen o “letargo invernal”? (Esquíos, osos, lagartos, leiróns, tartarugas,…) Pois
7
     BIBLIOTECA
     CEIP. VALLE – INCLÁN

esta é a historia dunha marmota que non quería durmir ¿Pásavos a vós algunha
vez? ¿Qué sucede cando non queredes ir durmir?


Durante a lectura: Unha práctica que se recomenda para centrar a atención no
relato e para axudar ós nenos/as a construír o significado do texto é a de pedirlles
ós nenos/as que formulen hipóteses, anticipando o que vai pasar a continuación.
Outra actividade interesante é deixar que sexan eles os que rematen as frases
buscando a rima, cando esta sexa moi clara e evidente. Para rematar lemos as
dúas últimas páxinas que achegan información sobre a vida e costumes das
marmotas.


Despois da lectura: Comentar entre todos o libro para permitirlles ós nenos/as
que constrúan individualmente o seu significado. Podemos pedirlles que
recorden os animais que van aparecendo no conto: Primeiro un rebeco que se
chama… Queco, despois…….., despois un…….., que se chama………..,
despois un……….., que se chama……., e finalmente un………………………..
Recordamos ¿Como tentan durmir a Carlota os distintos animaliños? ¿Quen o
consegue? O grilo di que se queren lles pode cantar unha nana ¿Sabedes o que é
unha nana? ¿Coñecedes algunha? O libro dinos que cada familia de marmotas
ten a súa madriguera , o seu cubil tapizado de herba seca ó pé dunha rocha
¿Sabedes doutros animais que teñan cubil?


Pizarra dixital: Hai feito un arquivo para pizarra dixital co nome de Carlota, la
marmota, no que se recollen as ilustracións desta historia, prescindindo do texto,
para poder traballar co grupo a comprensión e a reconstrución do texto.


Outros libros da biblioteca que teñen algunha relación con este:
-   Carlota a marmota. Edicións Xerais. (Relato rimado)
-   Un grillo muy silencioso. Eric Carle. Kókinos.
8
     BIBLIOTECA
     CEIP. VALLE – INCLÁN

- No libro titulado Cando o rei por aquí pasou. Libro de folclore infantil galego.
Palmira Boullosa. Edicións Xerais. Podedes atopar unha selección de cantigas de
berce.


Poesía:
- No cubil da lúa. Xoán Neira / Juan Darién. Baía Edicións.


Se queremos saber máis. Libros da biblioteca que podemos consultar:
-   Las casas de los animales.
-   Las crías de los animales
-   Los animales del bosque.


Imaxes que podemos observar en Internet:
-   Rebecos – Parque Natural de Redes.(Buscar en “imágenes”)
-   Armiños jugando en un bosque pirenaico. (Buscar en “imágenes”)




Vídeos en youtube que podemos ver e comentar:
-   http://www.youtube.com/watch?v=WD_kzB8jL7s
-   http://www.youtube.com/watch?v=9hpw1Yd-uOc
9
     BIBLIOTECA
     CEIP. VALLE – INCLÁN


VAMOS A CAZAR UN OSO
Michael Rosen / Helen Oxenbury
Ediciones Ekaré, 2006.
Relación deste libro co tema da biodiversidade: Os protagonistas deste conto
“xogan” a que van cazar un oso.
Resumo: Trátase dun conto espléndido para ser contado a nenos pequenos e
permitir que participen no relato. Ten moitas características que o fan do agrado
dos pequenos: ten frases que riman, estruturas que se repiten exactamente igual
que van marcando a progresión do relato e poden ser aprendidas polos nenos/as,
onomatopeas moi expresivas relacionadas con accións que podemos representar.
Seis personaxes: un papá, dous nenos e dúas nenas de distintas idades e un can
son os protagonistas, estupendamente representados pola xenial ilustradora
Helen Oxenbury. Din que van cazar un oso tremendo. No libro alternan as
páxinas a color e as páxinas en branco e negro. Nas páxinas en branco e negro se
di o que van facer e cal é o obstáculo que atopan. As frases se reiteran, sempre
son as mesmas, a ladaíña final é : “Por encima no podemos pasar, por abajo no
podemos pasar. Ni modo… Lo tendremos que atravesar”. E na seguinte páxina a
color vemos os seis atravesando o obstáculo, acompañados dun son que ten que
ver coa situación. (Fixádevos que a expresión “Ni modo” é propia do castelán
de latinoamérica xa que o libro está editado en Venezuela). E así van
atravesando un campo, un río, un barrizal, un bosque, una tormenta, ata que
entran na cova do oso. Moi asustados fan o camiño de regreso, esta vez moi
rápido, pasando de volta por todos os espazos anteriores que agora están
representados en pequenas ilustracións. E así, perseguidos polo oso, chegan a
casa e a acción volve a acelerarse, pechando portas, pechando ventás, subindo ó
cuarto, meténdose na cama e, finalmente, outra vez unha gran imaxe a dobre
páxina, a meirande de todo o libro, presenta os protagonistas agochadiños
debaixo do cubrecama.


Antes da lectura: Presentamos o libro aberto para que se vexan os personaxes
na capa e na contracapa. Falamos deles Preguntamos se os queren acompañar na
caza dun oso, se hai no grupo algún miedoso, etc.
10
     BIBLIOTECA
     CEIP. VALLE – INCLÁN

Durante a lectura: A estrutura reiterada vainos permitir que sexan os propios
nenos/as os que vaian dicindo as frases, tamén deixaremos que traten de adiviñar
cal é o seguinte obstáculo que se presenta. Procuraremos que aprendan os sons
das distintas onomatopeas que se producen ó atravesar os obstáculos. Ó final
aceleraremos tratando de recordar entre todos o camiño que agora faremos ó
revés.


Despois da lectura: ¿Cómo é o oso?. Recordamos: Grande y peligroso/peludo
y furioso / gordo y fastidioso/ inmenso y horroroso/ terrible y monstruoso/ feo y
espantoso. Se queremos podemos inventar máis, tendo en conta sempre que o
segundo adxectivo rime con “oso”: porco e apestoso/ enorme e rabioso / malo e
piolloso,… Podemos escenificar o conto desprazándonos polo espazo da aula ou
da biblioteca. Temos que recordar todos os obstáculos e as onomatopeas. Imos
camiñando e repetindo a introdución das páxinas da esquerda: “Vamos a cazar
un oso….”. Paramos e imos afrontando os distintos obstáculos: ¡Un campo!
Nova ladaíña: “Por encima no podemos pasar…”, e escenificamos a travesía do
campo, ó tempo que producimos o ruído que o representa … E así
sucesivamente.


Outros libros da biblioteca que se relacionan con este:
-   Oso mimoso. Bernardino Graña / Ánxeles Ferrer. Xerais. Neste conto, os
    xogos fonéticos e as onomatopeas teñen tamén unha gran importancia.
-   Osos de cuento. Antonio Ventura / Pablo Amargo. SPR/MHS.Neste libro
    aparecen todos os osos que protagonizan famosos contos por todos
    coñecidos.
-   El invierno del señor Oso.
-   El oso que leía niños.
-   El oso que no lo era.
-   El oso que amaba los libros. Edit. Juventud.
11
     BIBLIOTECA
     CEIP. VALLE – INCLÁN

Poesía:
-   No libro No cubil da Luá, Xoán Neira / Juan Darién. Baía Edicións, hai un
    poema adicado a un oso, e outros a diversos animais do bosque.
-   No libro Bichos con gaseosa Gloria Sánchez /Fran Jaraba. Edit. Bruño, hai,
    entre outros moitos, un poema adicado a un oso.


Para saber máis dos osos podemos consultar estes libros:
-   Los animales del bosque.
-   Los animales de la montaña. Edit. Fher.
-   Pequechos das montañas. Faktoría K de Libros.
-   La enciclopedia de los animales. SM.
-   El oso. Mira cómo crezco. Edebé.




Nas propostas de actividades para a pizarra dixital hai unha na que se propón
reconstruír a figura do oso pardo xuntando correctamente as súas dúas metades
(Cada ovella coa súa parella). Na páxina seguinte o que se lles propón é que
“creen” animais novos xuntando libremente as metades, así pode haber un
osofante ou un osofoca, un osoleo, etc. De cada un destes novos animais hai que
inventar como se chama, onde vive e que come.


Vídeos en youtube:
-   Brown bear, brown bear, what do you see?. O conto contado (en inglés) polo
    propio Eric Carle: http://www.youtube.com/watch?v=9YIskfqlh84
-   Brown bear, brown bear, what do you see?. Outra versión, cantada, do
    conto:
       http://www.youtube.com/watch?v=pdHCYgO9zh8
-   Outros contos de Eric Carle que podemos atopar en vídeo:
-   The very busy spider: http://www.youtube.com/watch?v=szRNnjWx-XY
-   The very quiet cricket: http://www.youtube.com/watch?v=1J-GL5FJOwQ
-   Papa, please get the moon for me:
    http://www.youtube.com/watch?v=w3HvzhzBTxE
12
BIBLIOTECA
CEIP. VALLE – INCLÁN


      Poema para debuxar un osiño (con redondeis)
                Un gran redondel, a cara,
                  E outro será o fuciño.
               Un partido para as orellas,
               E dous máis para os olliños.
               Un moi grande para o corpo
               E un menor para a barriga,
              Dous para as patas de abaixo
             E outros dous para as de arriba.
                 Como é un osiño pardo
                  Pintámolo de marrón,
                 Ollos e fuciño negros,
                  Rosado para a barriga
                  ¡E o debuxo rematou!
13
             BIBLIOTECA
             CEIP. VALLE – INCLÁN

365 PINGÜINOS
Jean-Luc Fromental / Joëlle Jolivet
Edit. Kókinos, 2007.


Relación deste libro co tema da biodiversidade: Os protagonistas desta historia son
os pingüíns. Dise deles que teñen problemas no seu hábitat natural: O Polo Sur, porque
os bancos de xeo se derreten e o seu territorio vai a menos ano tras ano. Ó final da
historia aparece outro animal que tamén ten problemas pola mesma razón, este é o oso
polar, habitante do Polo Norte. Outro personaxe é o “tío ecoloxista”, unha persoa que
busca axudar os animais en perigo.


Resumo: Na casa dunha familia normal empezan a chegar diariamente paquetes, un
cada día, e en cada un destes paquetes, que non teñen remitente, aparece un pingüín
cunha notiña na que pide que o coiden. Día tras día asistimos a chegada de máis e máis
pingüíns e vemos os problemas que crean na casa e como a familia os vai solucionando.
Coa chegada do último pingüín, o 365, resólvese o misterio da súa procedencia, aparece
o tío ecoloxista que conta os problemas que teñen os pingüíns no seu hábitat e como el
procura axudalos. Finalmente o tío marcha cos pingüíns camiño do Polo Norte, pero ó
día seguinte chega un novo paquete, e dentro.... ¡Un oso polar cunha nota dicindo que é
o número 1 e pedindo que o coiden! A historia está contada en primeira persoa por un
rapaz, o membro máis novo da familia.


Suxestións para traballar con este libro: Recómendase para 1º Ciclo. Tamén pode
tratarse en 2º Ciclo.


Antes da lectura: Podemos falar de animais que teñen problemas, ¿Sabemos que
problemas teñen os Pingüíns? ¿Onde viven? ¿Que está pasando coa súa casa? ¿Sabemos
que outros animais viven tamén nos Polos? Falamos de que hai Polo Norte e Polo Sur.
¿Hai xente vivindo nestes lugares? Podemos falar dos esquimós do Norte. Presentamos
o libro e nos fixamos no título. ¡365! ¡Tantos como días do ano! ¿Alguén ten unha
mascota na casa? ¿Que coidados necesita? ¿Que poderiamos facer con 365 pinguíns na
casa?
14
            BIBLIOTECA
            CEIP. VALLE – INCLÁN

Durante a lectura: O libro presenta unha estrutura narrativa repetitiva, cada día chega
un novo pingüín. Tamén podemos fixarnos que as notas que traen os pingüíns están
escritas en verso. Tamén se reiteran as preguntas que se van suscitando con tanto
pingüín: “Qué hacemos con tantos pingüinos?” . Podemos deixar que nos respondan os
nenos/as. Tamén se enumeran os problemas 1: Alimentalos; 2º Entretelos; 3º:
Almacenalos. Como veredes no libro aparecen sinxelas operacións matemáticas que se
poden suxerir ós rapaces e rapazas maiores: “Doce caixas de doce pingüíns, ¿cantos
pingüíns collen?”. Co transcorrer do tempo aparecen novos problemas a) O calor ¿que
facer? b) O ruído ????c) o olor ???..................... Finalmente, polo Nadal chega o tío
Víctor Emilio, o ecoloxista, ¿saben os nenos que é ser ecoloxista?. Invitamos ós
nenos/as a que na correspondente dobre páxina localicen a “Friolero”, o único pingüín
que ten as patiñas azuis. Cando a historia parece que volve a empezar coa chegada dun
novo paquete, podemos invitar os nenos a que tenten adiviñar que hai nese novo envío.
Se se decantan por animais, procuraremos que citen animais que teñen problemas no seu
hábitat natural. Na última páxina será cando vexamos que no paquete hai un oso polar
cunha notiña ¿Que quererá dicir esa notiña? ¿Haberá máis osos? ¿Teñen problemas os
osos polares no seu hábitat? ¿Por que? Invitamos a que observen as expresións dos
membros da familia coa chegada do novo paquete ¿Que fan? ¿Todos? Todas as
ilustracións do libro son moi expresivas polo que poden ser comentadas.
Despois da lectura:
¿Recordades que problemas ocasionaban os pingüíns? ¿E que pasará cos osos? ¿Os
mesmos problemas? ¿Outros? ¿Como se poderían resolver? ¿Que pensamos da solución
do tío Víctor-Emilio? A solución do libro é unha broma ou podería ser real? Este tipo de
bromas chámanse “esaxeracións”, ¿Alguén sabe algunha “esaxeración” para facer rir?
¿Sabedes que pretende o libro? (Ademais de facernos rir)


Para saber máis dos pingüíns e dos osos polares:
       -   Animales de los polos. SM.
       -   Pequechos das terras polares. Faktoría K de Libros.
       -   Animales del Polo Norte y del Polo Sur. Edit. Fher.
       -   La Enciclopedia de los Animales. SM.
       -   El pingüino.
15
            BIBLIOTECA
            CEIP. VALLE – INCLÁN

       -   Oso polar, ¿Saber por qué se deshiela tu mundo?
       -   El pingüino, el oso blanco y los animales de los Polos. Edit. Everest.


Outros libros que teñen relación con este:
       -   Farangulla. Gloria Sánchez. Tambre.
       -   A historia do Rainbow Warrior. Rocío Martínez . Kalandraka.
       -   Rita en el Polo. Mikel Valverde. Edit. MacMillan.
       -   A casa redonda. Paula Carballeira. Baía.
       -   Se queremos seguir tratando o tema das historias que fan rir utilizando como
           principal recurso a “esaxeración” , no libro 28 Historias para rir. Ursula
           Wölfel. Kalandraka, podemos atopar relatos breves moi divertidos. Un bo
           número deles está protagonizado por animais, mesmo hai un que ten a unha
           foca como protagonista: A Historia da pequena foca.


Pizarra dixital:
       -   No arquivo titulado Historias múltiples, ofrécese a posibilidade de facer tres
           historias diferentes segundo se elixa o principal protagonista. Un destes
           protagonistas é un osiño polar (Os outros dous son un leonciño e un cervato)


Vídeos en Youtube :
       -   Sobre pingüíns: http://www.youtube.com/watch?v=POGFmw1hhOk
       -   La Marcha de los Pingüinos – RosarioCine.com.ar
       -   http://www.youtube.com/watch?v=bbeRNiRhwRA
       -   Sobre osos polares: Youtube osos polares Planeta Tierra (Imaxes dunha osa
           nai e de dúas crías)
       -   Imaxes do Polo Sur e dos animais que viven nese hábitat: Youtube Planeta
           Tierra.06 –Mundos de Hielo 1/5


Para atopar moitas suxestións para facer manualidades:
       -   http://www.primeraescuela.com/themesp/animales.htm
       -   http://www.firstpalette.com
16
         BIBLIOTECA
         CEIP. VALLE – INCLÁN

EL TOPO GRABOWSKI

    Luis Murschetz

    Colec. Sopa de Cuentos. Edit. Anaya, Madrid, 2008.

           Relación do libro co tema da biodiversidade: O tema deste libro é a
    acción dos seres humanos que destrúe o hábitat natural.


    Resumen: A toupa Grabowski vive feliz no seu prado lonxe da cidade, pasaba o
    día escavando as súas galerías, pola noite saía ó exterior e escoitaba o silencio. O
    prado era dun granxeiro que as veces se enfadaba cando Grabowski facía moitos
    buratos, pero os seus únicos inimigos eran os corvos que o querían comer, e por
    iso Grabowski só saía da súa toupeira polas noites.
    Pero un día chegaron uns homes que mediron o prado cuns estraños
    instrumentos, e ó día seguinte a Grabowski o espertaron os ruídos das máquinas,
    todo o prado estaba ocupado por grandes máquinas, porque estaban facendo alí
    unha urbanización. Unha gran pá escavadora colleu a Grabowski que, a duras
    penas, se salvou agochándose debaixo dunhas táboas. Cando saíu comprobou
    que o seu prado estaba desfeito. Moi triste, decidiu marchar a buscar outro sitio
    no que houbera herba fresca e terra para escarvar.
    Camiñou moito e a súa viaxe foi moi perigosa ata que chegou a un prado
    inmenso e alí, moi contento, púxose a cavar unha nova toupeira. Finalmente,
    Grabowski puido descansar tranquilo no seu novo fogar.


    Antes da lectura: Preguntamos ós nen@s para que nos digan que saben das
    toupas (Seguramente tod@s coñecerán o conto da Toupiña que quería saber…).
    Falamos do lugar onde viven e do que fan baixo terra, da súa alimentación, da
    razón de que teñan unhas fortes patas dianteiras, de que a súa pelaxe sexa moi
    tupida, de que non precisen dos ollos, falamos do seu finísimo olfacto e do seu
    extraordinario sentido do tacto. ¿Alguén viu unha toupa de verdade? ¿Onde?
    ¿Pode unha toupa vivir na cidade?
17
            BIBLIOTECA
            CEIP. VALLE – INCLÁN

       Lectura: Presentamos o libro. Esta é a historia dunha toupa con nome propio:
       Grabowski. (Miramos a ilustración de portada: as grandes patas con fortes
       unllas, a pel tupida, o sensible morro …)


       Durante a lectura: Buscamos a participación dos nen@s facendo preguntas que
       supoñan anticipación da historia: “¿Que vai pasar?” ¿Que estaban facendo
       aqueles homes? ¿Que ocorría no prado? ¿Que pode facer Grabowski?...


Despois da lectura: ¿Sabedes que o mesmo que lle pasou a Grabowski lles pasa a
moitos animais? Os seres humanos destruímos o lugar onde viven, onde poden atopar o
alimento, (o seu hábitat), e algúns animais non atopan un lugar para vivir. Se talamos ou
queimamos os bosques destruímos a casa dos animais que alí viven, se contaminamos
os ríos ou o mar destruímos o lugar onde viven os peixes, as aves mariñas, etc ¿Temos
dereito os seres humanos a destruír o hábitat dos animais?
Neste momento podemos falar do “Prestige” e presentar o libro ¡Nunca máis!, a ollada
da infancia. Edit. Kalandraka. No libro cóntase a historia do accidente e do que pasou
despois, está ilustrado con debuxos dos nen@s e tamén inclúe textos feitos por eles.


Outros libros que teñen relación con este:
       -   Doutor Rus. Gloria Sánchez. Edebé. Entre os moitos animaliños que recorren
           ós coidados do doutor Rus está unha toupa, miope, claro.
       -   El gran doctor. José María Plaza. Anaya. Tamén neste caso hai unha toupa
           que visita ó doutor. Ademais, neste conto fálase precisamente da destrución
           do bosque por parte dos humanos.
       -   No cubil da lúa. Xoán Neira. Baía. Neste poemario hai un poema dedicado á
           toupa.

More Related Content

Viewers also liked (6)

Invitacionfestadolibro
InvitacionfestadolibroInvitacionfestadolibro
Invitacionfestadolibro
 
Regne Animal
Regne AnimalRegne Animal
Regne Animal
 
derechos humanos sin texto
derechos humanos sin textoderechos humanos sin texto
derechos humanos sin texto
 
Agenda Primera Sesión Formación ABC en Uribia Guajira
Agenda Primera Sesión Formación ABC en Uribia GuajiraAgenda Primera Sesión Formación ABC en Uribia Guajira
Agenda Primera Sesión Formación ABC en Uribia Guajira
 
derechos humanos sin texto
derechos humanos sin textoderechos humanos sin texto
derechos humanos sin texto
 
DeLux 2011
DeLux 2011DeLux 2011
DeLux 2011
 

Similar to A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo

Triptico 1º trimestre biblioteca
Triptico 1º trimestre bibliotecaTriptico 1º trimestre biblioteca
Triptico 1º trimestre biblioteca
ceipcoiron
 
Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012
Carmen165
 
Follas
FollasFollas
Follas
Fiz
 
lecturas
lecturaslecturas
lecturas
Fiz
 
Guia Nadal Primaria
Guia Nadal PrimariaGuia Nadal Primaria
Guia Nadal Primaria
ceipalaxe
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3º
A Solaina
 
Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013
moibon
 
Prelectores
PrelectoresPrelectores
Prelectores
texnani
 
Prelectores
PrelectoresPrelectores
Prelectores
texnani
 
Trouladas nº 20
Trouladas nº 20 Trouladas nº 20
Trouladas nº 20
susilagioso
 

Similar to A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo (20)

Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017
 
Daia recomenda
Daia recomendaDaia recomenda
Daia recomenda
 
Triptico 1º trimestre biblioteca
Triptico 1º trimestre bibliotecaTriptico 1º trimestre biblioteca
Triptico 1º trimestre biblioteca
 
Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012Lecturas verán 2012
Lecturas verán 2012
 
Follas
FollasFollas
Follas
 
lecturas
lecturaslecturas
lecturas
 
BO NADAL E BOAS LECTURAS
BO NADAL E BOAS LECTURASBO NADAL E BOAS LECTURAS
BO NADAL E BOAS LECTURAS
 
Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...Lecturas verán 2012...
Lecturas verán 2012...
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 
Guia Nadal Primaria
Guia Nadal PrimariaGuia Nadal Primaria
Guia Nadal Primaria
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3º
 
Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarela
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarela
 
A MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINAA MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINA
 
Prelectores
PrelectoresPrelectores
Prelectores
 
Prelectores
PrelectoresPrelectores
Prelectores
 
Trouladas nº 20
Trouladas nº 20 Trouladas nº 20
Trouladas nº 20
 

A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo

  • 1. 1 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN biodiversidade noso tesouro plan lector 2010 suxestións de lecturas E. Infantil e 1º ciclo
  • 2. 2 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN A BIODIVERSIDADE, O NOSO MELLOR TESOURO Suxestións de lecturas para E.Infantil- 1º Ciclo DON CABALLITO DE MAR Autor de texto e ilustracións: Eric Carle. Editorial Kókinos. Relación co tema da biodiversidade: No libro va aparecendo animais mariños e moitos deles comparten a característica de ser os machos os que se ocupan das crías. Resumo: O señor Cabaliño de Mar pasea polo fondo do mar levando os ovos das súas crías nunha bolsa na barriga. Neste paseo, don Cabaliño do Mar vai atopando outros peixes machos que tamén se ocupan coma el de coidar os seus fillos. Recomendacións de lectura: Pode servir para Infantil e 1º Ciclo. Conta cunhas ilustracións moi potentes do xenial debuxante que é Eric Carle. Antes da lectura: Podemos falar dos coidados que requiren as crías(incluídas as humanas) e de quen se ocupa normalmente destes coidados. Falamos de que existen animais como o cabaliño de mar que son os machos (os pais) os que coidan dos fillos. Presentamos o libro: Falamos de onde vive o cabaliño de mar e preguntamos polos nomes doutros seres que tamén viven no mar, algúns son peixes e outros non. Dicímoslles os nenos/as que imos viaxar polo fondo do mar acompañando a don Cabaliño de Mar. Dicímoslles que poñan atención porque imos coñecer a outros animais que, coma don cabaliño de mar, son os papás os que coidan dos fillos. Despois da lectura: Entre todos recordamos como foi o paseo de Don Cabaliño de mar. ¿Cres que necesitas volver a ler a historia outra vez?. Fíxate que algúns dos peixes que vai atopando están escondidos e outros están coidando as súas crías igual que fai o cabaliño de mar. (Esta proposta tamén se pode facer por escrito). Imos empezar:
  • 3. 3 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN Un día a señora Cabaliño de Mar puxo os seus ovos nunha ..................... que o señor Cabaliño de mar ten na .................................. O Señor Cabaliño de mar foi paseando e atopou un grupo de peixes-trompeta que estaban camuflados ......... ............................................. Seguiu paseando e foi saudar a Don Peixe Espiñento que estaba no seu ....................................... esperando que os seus fillos saísen dos .............................. Don Cabaliño de mar atopou máis tarde a outro peixe que se escondía nun arrecife de coral, era o .................................................. Un pouquiño despois atopou ó señor Tilapia, o cabaliño de mar saudouno, pero o señor Tilapia non lle puido responder porque ......................................................... ................................................................ Cando pasou xunto dunhas algas, Don Cabaliño de mar viu que alí escondidos había varios ....................................................... Pouco despois atopou a outro peixe, don Kurtus, resulta que este levaba os ovos pegados ........................................., e coidaba deles ata que os fillos rompesen a casca. O peixe-pedra estaba escondido detrás dunha ................ O seguinte amigo que atopou don Cabaliño de mar foi don Peixe-frauta que levaba..................................................... os ovos que puxera a súa compañeira, e nadaba moi orgulloso. O tiburón-Touro estaba moi ocupado porque tiña que coidar das súas .................... que xa saíran do ................................... Chegou o momento no que ás crías de don Cabaliño de mar lles tocaba ...................... Para axudarlles, don Cabaliño de mar empezou a ............. .............................................. Finalmente todos saíron da ................................... e puxéronse a ...................... Don Cabaliño de mar díxolles: “Xa sabedes que vos quero moito, pero a partir de agora ..................................................................................... - ¿Recordades o nome de todos os animais mariños que saen nesta historia?. A ver: Cabaliño de mar; Peixe-trompeta; Peixe Espiñento;Peixe-León; Tilapia; Peixe-folla; Kurtus; Peixe-Pedra; Peixe-Frauta; Tiburón-Touro ¿Sabiades que
  • 4. 4 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN todos estes animais existen de verdade e que tamén é certo o que aquí se conta da maneira como coidan as súas crías?. Podes buscar nos libros da exposición máis información sobre a vida dos cabaliños de mar Outros libros que teñen algunha relación con este: - Adivina cuanto te quiero. Sam McBratney / Anita Jeram. Edit. Kókinos (O tema é o amor filial entre nai e fillo, nesta ocasión os protagonistas son lebres) - P de papá. Edit. Kalandraka. Relacións afectivas entre pais (varóns) e fill@s. Suxestións de actividades: - Na páxina web: http://www.firstpalette.com Podedes atopar moitas suxestións para facer traballos plásticos, ademais de moitas siluetas de animais para recortar e colorar. Concretamente relacionado con este libro, hai indicacións para facer un bonito diorama: Coral reef Diorama. Pero tamén hai outras moitísimas e moi interesantes suxestións. Un vídeo interesante: YouTube: A fish with a smile. É un precioso vídeo de animación sen texto, debido a un gran debuxante , Jimmy Liao, que conta unha relación de amizade entre un home e un peixe e que nos permitirá falar cos nenos dos animais en cautividade. http://www.youtube.com/watch?v=haUYU037UmI Propostas para a pizarra dixital: - Na proposta titulada Poesía visual, hai varios poemas que teñen relación cos animais mariños. Para saber máis dos animais mariños. Libros da biblioteca que se poden consultar: - Sonidos del océano. SM - Animales de los océanos. SM - La Enciclopedia de los animales. SM - Animais do mar.
  • 5. 5 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN - Ballenas y delfines. - El delfín. - Los peces. - El nacimiento de un delfín. Revista Reportero DOC, nº 162. Poesía: - No libro Bichos con gaseosa. Gloria Sánchez. Edit. Bruño, hai, entre outros moitos, un poema-adiviña adicado ó cabaliño de mar. Interesante vídeo: O parto do cabaliño de mar: http://www.zappinternet.com/video/pukYfoHmaY/El-parto-del-caballito-de-mar Outras actividades: Para facer manualidades moi diversas e interesantes, a nosa suxestión é que visitedes a seguinte páxina de internet: http://www.firstpalette.com
  • 6. 6 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN CARLOTA LA MARMOTA Claude Clément / Catherine Nouvelle. Edit. Rialp, Madrid, 1990 Relación co tema da biodiversidade: A protagonista do libro é unha marmota e tamén aparecen outros animais que comparten hábitat con ela: O oso pardo, o rebeco, o armiño, o lagarto, o coello, o grilo. Fálase de que é inverno e de que nese tempo hai algúns animais como as marmotas e os osos pardos que entran en “letargo”. Ó final do libro aparece un pequeno comentario sobre os hábitos das marmotas: A súa alimentación, o seu cubil, o seu letargo invernal, o espertar á vida na primavera, o nacemento das crías, os perigos e a maneira de evitalos, etc. Resumo: Aínda que está escrito en prosa, o libro ten forma rimada. Conta a historia de Carlota, unha pequena marmota que, cando chega o inverno e todos na súa familia se preparan para durmir, ela non quere porque non ten sono. Sae fóra do cubil para xogar co rebeco ante a preocupación dos seus pais que lle piden ó armiño que a busque e a traia de volta. O armiño, ademais, ofrécese a contarlle contos para que adormeza, pero fracasa no seu intento. E así, uns animais tras outros van fracasando na tentativa de durmir a Carlota: o lagarto, o coello… Ata que chega un grilo morto de frío que se ofrece a cantar, e canta tan ben que todos perden as ganas de durmir… Todos menos Carlota que xa está cansa e queda durmida ela soíña. Suxestións para tratar este libro: Pola súa sinxeleza e a maneira como está utilizada a linguaxe, é unha lectura recomendada para nenos/as de E. Infantil. Antes da lectura: Presentación do libro: Lectura do título e comentario da ilustración de portada. (¿Sabedes que é unha marmota? ¿A algún de vós dixéronlle algunha vez: “pareces unha marmota”? ¿Por qué? ¿Sabedes que é o “letargo invernal”?¿Onde viven as marmotas? ¿Sabedes doutros animais que pasen o “letargo invernal”? (Esquíos, osos, lagartos, leiróns, tartarugas,…) Pois
  • 7. 7 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN esta é a historia dunha marmota que non quería durmir ¿Pásavos a vós algunha vez? ¿Qué sucede cando non queredes ir durmir? Durante a lectura: Unha práctica que se recomenda para centrar a atención no relato e para axudar ós nenos/as a construír o significado do texto é a de pedirlles ós nenos/as que formulen hipóteses, anticipando o que vai pasar a continuación. Outra actividade interesante é deixar que sexan eles os que rematen as frases buscando a rima, cando esta sexa moi clara e evidente. Para rematar lemos as dúas últimas páxinas que achegan información sobre a vida e costumes das marmotas. Despois da lectura: Comentar entre todos o libro para permitirlles ós nenos/as que constrúan individualmente o seu significado. Podemos pedirlles que recorden os animais que van aparecendo no conto: Primeiro un rebeco que se chama… Queco, despois…….., despois un…….., que se chama……….., despois un……….., que se chama……., e finalmente un……………………….. Recordamos ¿Como tentan durmir a Carlota os distintos animaliños? ¿Quen o consegue? O grilo di que se queren lles pode cantar unha nana ¿Sabedes o que é unha nana? ¿Coñecedes algunha? O libro dinos que cada familia de marmotas ten a súa madriguera , o seu cubil tapizado de herba seca ó pé dunha rocha ¿Sabedes doutros animais que teñan cubil? Pizarra dixital: Hai feito un arquivo para pizarra dixital co nome de Carlota, la marmota, no que se recollen as ilustracións desta historia, prescindindo do texto, para poder traballar co grupo a comprensión e a reconstrución do texto. Outros libros da biblioteca que teñen algunha relación con este: - Carlota a marmota. Edicións Xerais. (Relato rimado) - Un grillo muy silencioso. Eric Carle. Kókinos.
  • 8. 8 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN - No libro titulado Cando o rei por aquí pasou. Libro de folclore infantil galego. Palmira Boullosa. Edicións Xerais. Podedes atopar unha selección de cantigas de berce. Poesía: - No cubil da lúa. Xoán Neira / Juan Darién. Baía Edicións. Se queremos saber máis. Libros da biblioteca que podemos consultar: - Las casas de los animales. - Las crías de los animales - Los animales del bosque. Imaxes que podemos observar en Internet: - Rebecos – Parque Natural de Redes.(Buscar en “imágenes”) - Armiños jugando en un bosque pirenaico. (Buscar en “imágenes”) Vídeos en youtube que podemos ver e comentar: - http://www.youtube.com/watch?v=WD_kzB8jL7s - http://www.youtube.com/watch?v=9hpw1Yd-uOc
  • 9. 9 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN VAMOS A CAZAR UN OSO Michael Rosen / Helen Oxenbury Ediciones Ekaré, 2006. Relación deste libro co tema da biodiversidade: Os protagonistas deste conto “xogan” a que van cazar un oso. Resumo: Trátase dun conto espléndido para ser contado a nenos pequenos e permitir que participen no relato. Ten moitas características que o fan do agrado dos pequenos: ten frases que riman, estruturas que se repiten exactamente igual que van marcando a progresión do relato e poden ser aprendidas polos nenos/as, onomatopeas moi expresivas relacionadas con accións que podemos representar. Seis personaxes: un papá, dous nenos e dúas nenas de distintas idades e un can son os protagonistas, estupendamente representados pola xenial ilustradora Helen Oxenbury. Din que van cazar un oso tremendo. No libro alternan as páxinas a color e as páxinas en branco e negro. Nas páxinas en branco e negro se di o que van facer e cal é o obstáculo que atopan. As frases se reiteran, sempre son as mesmas, a ladaíña final é : “Por encima no podemos pasar, por abajo no podemos pasar. Ni modo… Lo tendremos que atravesar”. E na seguinte páxina a color vemos os seis atravesando o obstáculo, acompañados dun son que ten que ver coa situación. (Fixádevos que a expresión “Ni modo” é propia do castelán de latinoamérica xa que o libro está editado en Venezuela). E así van atravesando un campo, un río, un barrizal, un bosque, una tormenta, ata que entran na cova do oso. Moi asustados fan o camiño de regreso, esta vez moi rápido, pasando de volta por todos os espazos anteriores que agora están representados en pequenas ilustracións. E así, perseguidos polo oso, chegan a casa e a acción volve a acelerarse, pechando portas, pechando ventás, subindo ó cuarto, meténdose na cama e, finalmente, outra vez unha gran imaxe a dobre páxina, a meirande de todo o libro, presenta os protagonistas agochadiños debaixo do cubrecama. Antes da lectura: Presentamos o libro aberto para que se vexan os personaxes na capa e na contracapa. Falamos deles Preguntamos se os queren acompañar na caza dun oso, se hai no grupo algún miedoso, etc.
  • 10. 10 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN Durante a lectura: A estrutura reiterada vainos permitir que sexan os propios nenos/as os que vaian dicindo as frases, tamén deixaremos que traten de adiviñar cal é o seguinte obstáculo que se presenta. Procuraremos que aprendan os sons das distintas onomatopeas que se producen ó atravesar os obstáculos. Ó final aceleraremos tratando de recordar entre todos o camiño que agora faremos ó revés. Despois da lectura: ¿Cómo é o oso?. Recordamos: Grande y peligroso/peludo y furioso / gordo y fastidioso/ inmenso y horroroso/ terrible y monstruoso/ feo y espantoso. Se queremos podemos inventar máis, tendo en conta sempre que o segundo adxectivo rime con “oso”: porco e apestoso/ enorme e rabioso / malo e piolloso,… Podemos escenificar o conto desprazándonos polo espazo da aula ou da biblioteca. Temos que recordar todos os obstáculos e as onomatopeas. Imos camiñando e repetindo a introdución das páxinas da esquerda: “Vamos a cazar un oso….”. Paramos e imos afrontando os distintos obstáculos: ¡Un campo! Nova ladaíña: “Por encima no podemos pasar…”, e escenificamos a travesía do campo, ó tempo que producimos o ruído que o representa … E así sucesivamente. Outros libros da biblioteca que se relacionan con este: - Oso mimoso. Bernardino Graña / Ánxeles Ferrer. Xerais. Neste conto, os xogos fonéticos e as onomatopeas teñen tamén unha gran importancia. - Osos de cuento. Antonio Ventura / Pablo Amargo. SPR/MHS.Neste libro aparecen todos os osos que protagonizan famosos contos por todos coñecidos. - El invierno del señor Oso. - El oso que leía niños. - El oso que no lo era. - El oso que amaba los libros. Edit. Juventud.
  • 11. 11 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN Poesía: - No libro No cubil da Luá, Xoán Neira / Juan Darién. Baía Edicións, hai un poema adicado a un oso, e outros a diversos animais do bosque. - No libro Bichos con gaseosa Gloria Sánchez /Fran Jaraba. Edit. Bruño, hai, entre outros moitos, un poema adicado a un oso. Para saber máis dos osos podemos consultar estes libros: - Los animales del bosque. - Los animales de la montaña. Edit. Fher. - Pequechos das montañas. Faktoría K de Libros. - La enciclopedia de los animales. SM. - El oso. Mira cómo crezco. Edebé. Nas propostas de actividades para a pizarra dixital hai unha na que se propón reconstruír a figura do oso pardo xuntando correctamente as súas dúas metades (Cada ovella coa súa parella). Na páxina seguinte o que se lles propón é que “creen” animais novos xuntando libremente as metades, así pode haber un osofante ou un osofoca, un osoleo, etc. De cada un destes novos animais hai que inventar como se chama, onde vive e que come. Vídeos en youtube: - Brown bear, brown bear, what do you see?. O conto contado (en inglés) polo propio Eric Carle: http://www.youtube.com/watch?v=9YIskfqlh84 - Brown bear, brown bear, what do you see?. Outra versión, cantada, do conto: http://www.youtube.com/watch?v=pdHCYgO9zh8 - Outros contos de Eric Carle que podemos atopar en vídeo: - The very busy spider: http://www.youtube.com/watch?v=szRNnjWx-XY - The very quiet cricket: http://www.youtube.com/watch?v=1J-GL5FJOwQ - Papa, please get the moon for me: http://www.youtube.com/watch?v=w3HvzhzBTxE
  • 12. 12 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN Poema para debuxar un osiño (con redondeis) Un gran redondel, a cara, E outro será o fuciño. Un partido para as orellas, E dous máis para os olliños. Un moi grande para o corpo E un menor para a barriga, Dous para as patas de abaixo E outros dous para as de arriba. Como é un osiño pardo Pintámolo de marrón, Ollos e fuciño negros, Rosado para a barriga ¡E o debuxo rematou!
  • 13. 13 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN 365 PINGÜINOS Jean-Luc Fromental / Joëlle Jolivet Edit. Kókinos, 2007. Relación deste libro co tema da biodiversidade: Os protagonistas desta historia son os pingüíns. Dise deles que teñen problemas no seu hábitat natural: O Polo Sur, porque os bancos de xeo se derreten e o seu territorio vai a menos ano tras ano. Ó final da historia aparece outro animal que tamén ten problemas pola mesma razón, este é o oso polar, habitante do Polo Norte. Outro personaxe é o “tío ecoloxista”, unha persoa que busca axudar os animais en perigo. Resumo: Na casa dunha familia normal empezan a chegar diariamente paquetes, un cada día, e en cada un destes paquetes, que non teñen remitente, aparece un pingüín cunha notiña na que pide que o coiden. Día tras día asistimos a chegada de máis e máis pingüíns e vemos os problemas que crean na casa e como a familia os vai solucionando. Coa chegada do último pingüín, o 365, resólvese o misterio da súa procedencia, aparece o tío ecoloxista que conta os problemas que teñen os pingüíns no seu hábitat e como el procura axudalos. Finalmente o tío marcha cos pingüíns camiño do Polo Norte, pero ó día seguinte chega un novo paquete, e dentro.... ¡Un oso polar cunha nota dicindo que é o número 1 e pedindo que o coiden! A historia está contada en primeira persoa por un rapaz, o membro máis novo da familia. Suxestións para traballar con este libro: Recómendase para 1º Ciclo. Tamén pode tratarse en 2º Ciclo. Antes da lectura: Podemos falar de animais que teñen problemas, ¿Sabemos que problemas teñen os Pingüíns? ¿Onde viven? ¿Que está pasando coa súa casa? ¿Sabemos que outros animais viven tamén nos Polos? Falamos de que hai Polo Norte e Polo Sur. ¿Hai xente vivindo nestes lugares? Podemos falar dos esquimós do Norte. Presentamos o libro e nos fixamos no título. ¡365! ¡Tantos como días do ano! ¿Alguén ten unha mascota na casa? ¿Que coidados necesita? ¿Que poderiamos facer con 365 pinguíns na casa?
  • 14. 14 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN Durante a lectura: O libro presenta unha estrutura narrativa repetitiva, cada día chega un novo pingüín. Tamén podemos fixarnos que as notas que traen os pingüíns están escritas en verso. Tamén se reiteran as preguntas que se van suscitando con tanto pingüín: “Qué hacemos con tantos pingüinos?” . Podemos deixar que nos respondan os nenos/as. Tamén se enumeran os problemas 1: Alimentalos; 2º Entretelos; 3º: Almacenalos. Como veredes no libro aparecen sinxelas operacións matemáticas que se poden suxerir ós rapaces e rapazas maiores: “Doce caixas de doce pingüíns, ¿cantos pingüíns collen?”. Co transcorrer do tempo aparecen novos problemas a) O calor ¿que facer? b) O ruído ????c) o olor ???..................... Finalmente, polo Nadal chega o tío Víctor Emilio, o ecoloxista, ¿saben os nenos que é ser ecoloxista?. Invitamos ós nenos/as a que na correspondente dobre páxina localicen a “Friolero”, o único pingüín que ten as patiñas azuis. Cando a historia parece que volve a empezar coa chegada dun novo paquete, podemos invitar os nenos a que tenten adiviñar que hai nese novo envío. Se se decantan por animais, procuraremos que citen animais que teñen problemas no seu hábitat natural. Na última páxina será cando vexamos que no paquete hai un oso polar cunha notiña ¿Que quererá dicir esa notiña? ¿Haberá máis osos? ¿Teñen problemas os osos polares no seu hábitat? ¿Por que? Invitamos a que observen as expresións dos membros da familia coa chegada do novo paquete ¿Que fan? ¿Todos? Todas as ilustracións do libro son moi expresivas polo que poden ser comentadas. Despois da lectura: ¿Recordades que problemas ocasionaban os pingüíns? ¿E que pasará cos osos? ¿Os mesmos problemas? ¿Outros? ¿Como se poderían resolver? ¿Que pensamos da solución do tío Víctor-Emilio? A solución do libro é unha broma ou podería ser real? Este tipo de bromas chámanse “esaxeracións”, ¿Alguén sabe algunha “esaxeración” para facer rir? ¿Sabedes que pretende o libro? (Ademais de facernos rir) Para saber máis dos pingüíns e dos osos polares: - Animales de los polos. SM. - Pequechos das terras polares. Faktoría K de Libros. - Animales del Polo Norte y del Polo Sur. Edit. Fher. - La Enciclopedia de los Animales. SM. - El pingüino.
  • 15. 15 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN - Oso polar, ¿Saber por qué se deshiela tu mundo? - El pingüino, el oso blanco y los animales de los Polos. Edit. Everest. Outros libros que teñen relación con este: - Farangulla. Gloria Sánchez. Tambre. - A historia do Rainbow Warrior. Rocío Martínez . Kalandraka. - Rita en el Polo. Mikel Valverde. Edit. MacMillan. - A casa redonda. Paula Carballeira. Baía. - Se queremos seguir tratando o tema das historias que fan rir utilizando como principal recurso a “esaxeración” , no libro 28 Historias para rir. Ursula Wölfel. Kalandraka, podemos atopar relatos breves moi divertidos. Un bo número deles está protagonizado por animais, mesmo hai un que ten a unha foca como protagonista: A Historia da pequena foca. Pizarra dixital: - No arquivo titulado Historias múltiples, ofrécese a posibilidade de facer tres historias diferentes segundo se elixa o principal protagonista. Un destes protagonistas é un osiño polar (Os outros dous son un leonciño e un cervato) Vídeos en Youtube : - Sobre pingüíns: http://www.youtube.com/watch?v=POGFmw1hhOk - La Marcha de los Pingüinos – RosarioCine.com.ar - http://www.youtube.com/watch?v=bbeRNiRhwRA - Sobre osos polares: Youtube osos polares Planeta Tierra (Imaxes dunha osa nai e de dúas crías) - Imaxes do Polo Sur e dos animais que viven nese hábitat: Youtube Planeta Tierra.06 –Mundos de Hielo 1/5 Para atopar moitas suxestións para facer manualidades: - http://www.primeraescuela.com/themesp/animales.htm - http://www.firstpalette.com
  • 16. 16 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN EL TOPO GRABOWSKI Luis Murschetz Colec. Sopa de Cuentos. Edit. Anaya, Madrid, 2008. Relación do libro co tema da biodiversidade: O tema deste libro é a acción dos seres humanos que destrúe o hábitat natural. Resumen: A toupa Grabowski vive feliz no seu prado lonxe da cidade, pasaba o día escavando as súas galerías, pola noite saía ó exterior e escoitaba o silencio. O prado era dun granxeiro que as veces se enfadaba cando Grabowski facía moitos buratos, pero os seus únicos inimigos eran os corvos que o querían comer, e por iso Grabowski só saía da súa toupeira polas noites. Pero un día chegaron uns homes que mediron o prado cuns estraños instrumentos, e ó día seguinte a Grabowski o espertaron os ruídos das máquinas, todo o prado estaba ocupado por grandes máquinas, porque estaban facendo alí unha urbanización. Unha gran pá escavadora colleu a Grabowski que, a duras penas, se salvou agochándose debaixo dunhas táboas. Cando saíu comprobou que o seu prado estaba desfeito. Moi triste, decidiu marchar a buscar outro sitio no que houbera herba fresca e terra para escarvar. Camiñou moito e a súa viaxe foi moi perigosa ata que chegou a un prado inmenso e alí, moi contento, púxose a cavar unha nova toupeira. Finalmente, Grabowski puido descansar tranquilo no seu novo fogar. Antes da lectura: Preguntamos ós nen@s para que nos digan que saben das toupas (Seguramente tod@s coñecerán o conto da Toupiña que quería saber…). Falamos do lugar onde viven e do que fan baixo terra, da súa alimentación, da razón de que teñan unhas fortes patas dianteiras, de que a súa pelaxe sexa moi tupida, de que non precisen dos ollos, falamos do seu finísimo olfacto e do seu extraordinario sentido do tacto. ¿Alguén viu unha toupa de verdade? ¿Onde? ¿Pode unha toupa vivir na cidade?
  • 17. 17 BIBLIOTECA CEIP. VALLE – INCLÁN Lectura: Presentamos o libro. Esta é a historia dunha toupa con nome propio: Grabowski. (Miramos a ilustración de portada: as grandes patas con fortes unllas, a pel tupida, o sensible morro …) Durante a lectura: Buscamos a participación dos nen@s facendo preguntas que supoñan anticipación da historia: “¿Que vai pasar?” ¿Que estaban facendo aqueles homes? ¿Que ocorría no prado? ¿Que pode facer Grabowski?... Despois da lectura: ¿Sabedes que o mesmo que lle pasou a Grabowski lles pasa a moitos animais? Os seres humanos destruímos o lugar onde viven, onde poden atopar o alimento, (o seu hábitat), e algúns animais non atopan un lugar para vivir. Se talamos ou queimamos os bosques destruímos a casa dos animais que alí viven, se contaminamos os ríos ou o mar destruímos o lugar onde viven os peixes, as aves mariñas, etc ¿Temos dereito os seres humanos a destruír o hábitat dos animais? Neste momento podemos falar do “Prestige” e presentar o libro ¡Nunca máis!, a ollada da infancia. Edit. Kalandraka. No libro cóntase a historia do accidente e do que pasou despois, está ilustrado con debuxos dos nen@s e tamén inclúe textos feitos por eles. Outros libros que teñen relación con este: - Doutor Rus. Gloria Sánchez. Edebé. Entre os moitos animaliños que recorren ós coidados do doutor Rus está unha toupa, miope, claro. - El gran doctor. José María Plaza. Anaya. Tamén neste caso hai unha toupa que visita ó doutor. Ademais, neste conto fálase precisamente da destrución do bosque por parte dos humanos. - No cubil da lúa. Xoán Neira. Baía. Neste poemario hai un poema dedicado á toupa.