Comunicación presentada por Xosé Eixo, colaborador del Proyecto Descartes y de Buenas PrácTICas 2.0 del ITE, en el XXIII Congreso ENCIGA, celebrado en noviembre de 2010 en Narón (A Coruña).
Libros digitales y cuadernos de trabajo para Matemáticas
1. Materiais Dixitais para o Ensino das Matemáticas: ED@D XXIII CONGRESO ENCIGA Xosé Eixo Blanco. Profesor de Matemáticas no I.E.S. Antón Losada Diéguez da Estrada e Colaborador do Proxecto Descartes do ITE, Ministerio de Educación
29. Menú de Exercicios da opción escollida Opción escollida http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/index_mat_gal.htm Proxecto ED@D - MATEMÁTICAS
30. Enunciado con datos aleatorios Facer outro exercicio do mesmo tipo Ver solución http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/index_mat_gal.htm Proxecto ED@D - MATEMÁTICAS
31. Enunciado-texto con datos aleatorios Facer outro exercicio do mesmo tipo Ver solución http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/index_mat_gal.htm Proxecto ED@D - MATEMÁTICAS
33. Auto-avaliación Enunciado con datos aleatorios Nº do Exercicio Escribir solución Ver correcións http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/index_mat_gal.htm Proxecto ED@D - MATEMÁTICAS
34. Envío a titor/a Nome alumno/a Correo-e titor/a Proba con espazos para respostas http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/index_mat_gal.htm Proxecto ED@D - MATEMÁTICAS
35. Para saber máis Curiosidades, xogos, investigacións, historia das matemáticas,… http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/index_mat_gal.htm Proxecto ED@D - MATEMÁTICAS
41. IDEAS PARA O USO NAS CLASES Desde o 2005 vense facendo un curso de Experimentación DidácTICa na Aula (E.D.A.) baseado no uso de materiais Descartes. Algunhas destas experiencias xa utilizaron e están utilizando os materiais de EDAD. http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/index_mat_gal.htm Proxecto ED@D - MATEMÁTICAS
42. Unha conclusión á que chegan sempre os profesores e profesoras que experimentan co uso das TIC é que: É fundamental o uso de CADERNOS DE TRABALLO IDEAS PARA O USO NAS CLASES http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/index_mat_gal.htm Proxecto ED@D - MATEMÁTICAS
43. A primeiros deste curso 2010-2011 Organizouse un grupo traballo de profesores e profesoras de varias comunidades (Andalucía, Catalunya, Galicia e Castela A Mancha) para elaborar coordinadamente cadernos de traballo para usar nas clases cos materiais de EDAD. CADERNOS DE TRABALLO IDEAS PARA O USO NAS CLASES http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/index_mat_gal.htm Proxecto ED@D - MATEMÁTICAS
44. Utilízase un curso moodle para a coodinación e o intercambio de traballos CADERNOS DE TRABALLO http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/index_mat_gal.htm Proxecto ED@D - MATEMÁTICAS
51. FIN Xosé Eixo Blanco . IES Antón Losada Diéguez. A Estrada (Pontevedra)
Notas do Editor
Desde hai máis de 10 anos o Proxecto Descartes é un referente no uso das TIC nas aulas de ensino obrigatorio e posto obrigatorio. O organismo do que depende actualmente é o Instituto de Tecnoloxías educativas do Ministerio de Educación de España. Este organismo anteriormente tivo outros nomes sempre traballando na liña da innovación, probablemente os nomes cos que máis foi coñecido foron o de PNTIC e o de CNICE.
Desde o Centro de Innovación e Desenrolo da Educación a Distancia (CIDE@D) pertencente ao ITE, promoveuse desde hai un par de anos a elaboración de materiais didácticos para a Educación a Distancia (ED@D).
Están elaborados e publicados materiais das materias de Xeografía e Historia, Lingua e Literatura, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Física e Química e Matemáticas
Tal e como se recolle na páxina de presentación destes materiais, co proxecto ED@D o Ministerio de Educación presenta un novo modelo de libro interactivo que permite aos estudantes aproveitar as vantaxes das TIC para mellorar a súa aprendizaje autónoma e agilizar a comunicación cos seus titores nun contorno tecnológico avanzado.
Cada curso está distribuído en 12 temas (mantense a denominación de quincenas do ensino a distancia). Esta é a pantalla principal de 1º.
Todos os demais cursos teñen o mesmo formato na páxina principal.
Premendo no enlace dun dos temas/quincenas, por exemplo no nº 1: Os números naturais , accédese á páxina de presentación desta unidade / quincena.
Todas as demais unidades teñen o mesmo formato. Pode verse á esquerda o índice e na parte superior un menú con enlaces a outros apartados. O enlace activo é “ Antes de empezar ” que corresponde á páxina de presentación na que se detallan os obxectivos e mesmo mediante unha imaxe, xogo ou escena manipulable se trata de introducir e interesar ao alumno ou alumna no tema que vai estudar.
Premendo no apartado “ Contidos ” ou no primeiro apartado do índice, accédese á primeira páxina do tema, neste caso “ Sistema de numeración decimal ”. Aparece esta pantalla. Nas esquerda sigue mantendo o índice, pero co apartado no que estamos resaltado en cor laranxa. O resto da pantalla, a materia en sí, consiste nunha pequena explicación teórica, e á dereita unha escena interactiva para que o alumno ou alumna comprenda os conceptos que se explican dunha maneira máis lúdica e didáctica xa que ao manipular por el mesmo entenderá mellor o que se lle explica. Na parte inferior os botóns de avance/retroceso para moverse secuencialmente polos apartados do tema.
Aparece tamén, na maioría dos apartados, un botón que da acceso a outra escena interactiva na que se reforzan os conceptos mediante exemplos ou exercicios resoltos.
A última páxina de Contidos é a de RESUMO onde aparece o que se considera importante para lembrar. Nalgúns casos contén tamén algunha zona interactiva.
Unha vez estudado o tema o alumno ou alumna debe facer exercicios de reforzo e para iso pode acceder ao apartado do menú: Exercicios desde o que pode ir a unha ou máis páxinas con exercicios clasificados e con solución para comprobar se o fixeron ben. Normalmente ten dispoñibles varias opcións de tipos de exercicio que pode escoller premendo no enlace desta páxina ou utilizando a frecha de avance.
En cada páxina de Exercicios aparece un menú no que podes escoller o tipo que queren practicar
Unha vez escollido aparece o enunciado. Trátase de que o fagan no seu cuaderno, “a man”, pero poden comprobar no ordenador se o fixeron ben xa que premendo en “VER SOLUCIÓN” apareceralle esta. Tamén poden premer en “OUTRO EXERCICIO” para ter outro enunciado diferente.
Tanto nos exercicios coma nos problemas de enunciado os datos aparecen de xeito aleatorio. Desta maneira non poden copiar polo compañeiro ou compañeira xa que terán o mesmo problema pero con datos diferentes.
Se premen en “VER SOLUCIÓN” aparece a solución e a explicación da resolución do exercicio ou do problema. Isto pode ter o problema de que copien a solución polo que hai que explicarlle que o proceso é que primeiro o resolvan no caderno e logo consulten se o fixeron ben, o contrario ñe enganarse a si mesmos. Trátase de que usen este sistema para aprender e non para copiar o que hai na pantalla..
Unha vez repasado o tema cos exercicios pasamos á “ Auto-avaliación ” para que por si mesmos fagan unha proba de coñecementos interactiva e que lle vai dar o resultado e unha explicación naquelas cuestións que respondan mal. Terán en total 10 cuestións para responder. Os enunciados preséntanse con datos aleatorios. Escribirán a solución no recadro e ao premer Intro apareceralle á dereita a calificación, Ben ou Mal. E neste segundo caso unha explicación da solución correcta.
Estas unidades dispoñen tamén dun sistema inicialmente pensado para educación a distancia que consiste e cumprimentar unha proba e enviarlla ao titor ou titora por correo electrónico, está no apartado ” Para enviar ao titor ”:
Finaliza o tema cun apartado “ Para saber máis ” onde caben cousas curiosas relacionadas co tema, xogos, investigacións, pequenos apartados de historia das matemáticas,…
Con este sistema utilízanse en todas as unidades escenas interactivas, tanto para temas con contido aritmético ou alxébrico como para escenas con contidos gráficos, sendo estas últimas as que normalmente resultan máis atractivas. Poñemos aquí algún exemplo de escenas que aparecen nos distintos temas. Tema: Táboas e gráficas Escena: Comprensión do concepto de gráfica e a súa relación coa táboa de valores. Funcionamento: O alumno ou alumna vai movendo o punto sobre o eixe OX e van aparecendo os valores na táboa.
Tema: Rectas e ángulos no plano Escena: Trazado dunha paralela por un punto. Funcionamento: O alumno ou alumna debuxa tal e como se estivera sobre o papel con regra e compás a paralela a unha recta dada pasando por un punto. Dispón neste caso dun vídeo explicativo do método.
Tema: Estatística e probabilidade Escena: Comprensión do concepto de Espazo mostral. Funcionamento: O alumno ou alumna vai extraendo as bolas da caixa e observando como se configura o espazo das mostras.
Tema: Fraccións Escenas: Comprensión do concepto de fracción. Vense na imaxe a escena do tema e a de exercicios de reforzo correspondente. Funcionamento: O alumno ou alumna manipula a escena facendo un exercicio e cando o fai ben aparece a mensaxe que llo indica.