SlideShare uma empresa Scribd logo
1 de 13
Baixar para ler offline
A imaxe secuenciada. Linguaxe Básica

  Linguaxes secuenciados
          O aleluia.

          O cómic.

          A fotonovela.

          O cine.

          A televisión



  1. Secuencia


Dúas ou máis imaxes pódense encadear, unha tras outra, para describir algunha cousa ou explicar unha
narración. Estas imaxes forman unha secuencia. Polo tanto, pode definirse como cada unha das divisións,
con sentido completo e autónomo, máis extensas das imaxes secuenciadas. É frecuente que unha
secuencia conste de diversas e moi variadas esceas (2). Dentro da película as secuencias normalmente se
separan por signos de puntuación visual: fundidos (encadeados, de cortinilla, de apertura ou peche, tc.);
sonoros: banda sonora; escenográficos: cambio notorio de esceario e de tempo de acción (as secuencias
podense comparar ós capítulos nas obras literarias)



  2. Escea


É cada un dos momentos de acción continuada dentro da secuencia, que carecen de sentido completo por
se mesmos. Cada escea lévase a cabo nun mesmo ambente e lugar. Nalgúns casos a escea resólvese
cunha soa toma (ou plano), pero polo xeral cada escea está constituida por varios planos. (Póde
compararse ós párrafos nas obras literarias)



  3. Toma



E calquera asunto ou trozo de acción filmado mediante unha carreira ininterrumpida da cámara. Está moi
ligado o “plano” (4).Plano

Refírese á dimensión con que aparece o suxeto dentro do cadro, ou a cantidade de esceario captado pola
cámara. Tamén o definimos como cada unha das distancias e águlos da cámara con respecto ó escenario,
que describen unha mesma acción. (¡ollo! é frecuente tender a confundir escea con plano).




Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01                                1
Tipos de plano, atendendo á dimensión do campo visual que abarca a cámara: Plano universal (ou gran
plano xeral)

     a) Plano xeral.

     b) Plano americano (ou ¾)

     c)    Plano medio

     d) Primeiro plano

     e) Plano de detalle




  4. Encadre



Indica a disposición dos elementos dentro do plano. Se a cámara permanece estática ante o esceario o
plano e o encadre coinciden, pero se se despraza, redestribuindo os elementos, o plano está formado por
varios encadres.



  5. Plano secuencia



Cando nun plano ademáis de redistribuir os elementos dentro do campo de visión tamén se despra a
cámara polo esceario sen corte algún mestras os actores interpretan, co que se consegue amplíar a
duración da escea, construindo unha unidade completa de contido.




Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01                              2
Recursos máis utilizados para estructurar o tempo nas narracións


Se unha secuencia é narrativa explica un feito que sucede nun espacio concreto e nun espacio de tempo.

A orde de presentación das imaxes na narración crea unha estructura temporal que é esencial para
comprender o significado da historia.




  a) A elipse.



Consiste en omitir na narración todo aquelo que é pouco importante ou se pode intuír. A elipse débese
contrarrestar con suficientes elementos de continuidade que permitan comprender a relación de imaxes
sucesivas e, por tanto, entender a historia.




    A) Unha muller con maleta: unha viaxe

    B) Un tren: medio de transporte

    C)    A mesma muller baixa do tren.

  b)ELIPSE: enténdese que a muller viaxou nese tren
       O ralentí ou cámara lenta.


Consiste en explicar unha acción empregando máis
tempo do que realmente transcorre.

Téndese a facer para amosar moitos detalles ou
potenciar a forza expresiva da imaxe.




  O ralentí crea unha tensión que acentúa o
  dramatismo dos feitos e multiplica os detalles
  da acción.




Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01                                  3
c) O “flash-back”. É un salto ó tempo pasado (e o “flash-forward” un salto ó futuro).



 A representación
 do que pasou no
 pobo (flash-back)
 diferénciase polo
 cambio de tons e
 pola forma
 despuntada da
 viñeta.




Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01                   4
Angulación e Encadre


Sexa cal sexa o medio que utilicemos para a creación dunha imaxe, debemos potenciar ó máximo a súa
capacidade comunicativa. E son recursos imprescindibles para enfatizar esa forza expresiva:



  a) Encadre.
     Selecciona o fragmento do espacio que define cada imaxe e dá a entender a que distancia da escena
     sitúase o espectador.



  b) A ángulación.
      Ven determinada polo punto de vista do espectador.

A combinación destes dous factores fan que unha imaxe sexa suxerente ou atractiva ou que, polo
contrario, non teña ningún interese.




Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01                             5
TIPOS DE PLANOS

  1. Gran plano xeral                     (ou
     plano master).



      Describe un escenario, sen
  singularidades,    como       un
  accidente máis da paisaxe.
  Serve entre outras cousas para
  coñecer a que totalidade se
  remiten os planos máis curtos
2. Plano xeral (ou plano
     .
   longo).

    Neste plano a figura é
claramente     recoñecible,  pero
establécese un certo equilibrio
entre figura e entorno. Centra a
relación dun grupo de persoas nun
espacio concreto.




                                                                          3. Plano de conxunto           (ou
                                                                             plano enteiro).

                                                                          Serve para que o persoaxe,
                                                                          perfectamente recoñecible e máis
                                                                          importante que o entorno, se mova
                                                                          dentro del, en accións que requiran
                                                                          a visión completa do seu corpo. É
                                                                          frecuente utilizalo para presentar
                                                                          grupos.



Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01                                  6
4. Plano tres cuartos (ou plano americano).

             A imaxe da figura aparece cortada á altura dos xeonllos, a eliminación dos pés ós
     personaxes corresponde cun campo natural de visión no que espectador e personaxe están a
     un mesmo nivel. Nestes planos a xesticulación e a traslación están distantes dabondo para
     que o diálogo sexa amigable e sen unha acentuada mímica facial, mentras que as evolucións
     dos brazos poden verse completas.


                                        5. Plano medio.

                                 O personaxe aparece cortado á
                         altura da cintura. É moito máis intimista que
                         o plano americano. O rostro xa posúe certa
                         singularidade, aínda que a presencia do
                         corpo continúa sendo evidente. Utilízase
                         frecuentemente para mostrar accións de
                         personaxes en repouso, posto que a
                         atención incide sobre os xestos dos brazos ó
   6. Plano medio curto. nivel do tronco.

       O suxeito aparece cortado á altura do peito. A importancia da imaxe céntrase no rostro, polo que
   é moi expresivo. Está próximo ó primeiro plano pero aínda ten referencias secundarias ó corpo. É un
   plano moi dramático no que destaca a cara do actor.




Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01                        7
7. Primeiro plano.



      A imaxe comeza á altura das
  clavículas. desligada do corpo e
  amosando o rostro como
  espectáculo. Expresa
  sentimentos, pensamentos e
  emocións íntimas. É o medio
  directo entre o espectador e a
  reacción psicolóxica do persoaxe.




                                                    8. Primeirísimo plano (ou gran primeiro plano).



                                                        O encadre pecha toda a cabeza (é frecuente que apareza
                                                    cortada pola fronte e polo mentón). O resultado é unha maior
                                                    acentuación dramática dos valores psicolóxicos do primeiro
                                                    plano.



                                               9.   Plano detalle.

                                                   Amosa unha parte do corpo,
                                               un      obxecto     ou      unha
                                               particularidade susceptible de
                                               ser amosada para a mellor
                                               comprensión ou expresividade
                                               da narración. Soe tratarse de
                                               planos clave para o desenlace ou
                                               entendemento da trama.




Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01                                    8
PLANOS LARGOS E PLANOS CORTOS



Referidos á cantidade de campo visual recollido pola cámara.



 Os planos largos


Recollen unha gran cantidade de visión) revelean o lugar, establecen o ambente e as posibles relacións con
el. Se se manteñen durante moito tempo poden privar o espectador dos detalles. Son apropiados para as
esceas de acción e as de alto contido dramático (presenciar un asesinato dende un plano largo permitenos
establecer distancias e disvinculación cunha escea que pode ser desagradable).



 Os planos cortos


Escaso campo visual. Enfatizan, dramatizan, revelan as accións e amosan detalles. Se se abusa deles poden
ser moi restrictivos, poden impedir que o espectador integre o entorno na escea. Nun plano corto é máis fácil
descubrir unha emoción particular, baixo determinadas circunstancias, que nun plano largo onde,
probablemente pasarían desapercibidas.



 Os planos detalle


Soen ter unha importancia directa sobre a trama (unha pistola insinuada, unha cicatriz, unha man
temblorosa poden revelarnos un dato crucial do desenlace final). Con todo, deben usarse en moi contadas
ocasións, pois abusar deles pode causar unha certa incomodidade na película.




Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01                                          9
Ángulos dunha toma
Son os ángulos que forma o eixo da cámara co suelo
e tendo a imaxe a filmar como vértice.

      1. Normal. A cámara está situada á mesma altura que
      os ollos dos persoaxes enfocados, paralela o chan.




                                                             2. Picado. A cámara está máis alta que os ollos do
                                                             persoaxe e enfoca cara a abaixo. Este tipo de planos
                                                             afunde o suxeto contra o chan, sicolóxicamente o
                                                             persoaxe parece débil, apocado ou derrotado. Mostra
                                                             un persoaxe máis baixo do que en realidade é (ver a
                                                             película Bienvenido Mr. Marshall).

                                                             (particularidade): A vista do ollo de Deus. A cámara
                                                             prácticamente forma 90º co chan (moi utilizada por A.
                                                             Hitchcock)

  3. Contrapicado. A cámara está por debaixo da altura dos ollos dos persoaxes, enfocando de abaixo a
  enriba. Transforma o suxeto en alguén moito máis alto do que é en realidade. Estes planos suxiren
  dominancia ou poder (ver a película Ciudadano Kane).




Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01                                          10
Un “cruel” recurso para diferenciar a
superioridade dunha persoa frente a
outra é amosar nun plano contraplano
á persoa forte dende un contrapicado
e a débil nun picado

(ver os debates políticos nas
televisións en periodos electorais, o
que semella forte soe coincidir co
representante do partido político que
ten, nese momento, unha mellor
relación co medio de comunicación en
cuestión). e Conxelados de imaxe
     Zooms


    A maior ventaxa do efexto zoom é o aforro considerable de movementos de cámara, o que conleva tamén
    un aforro económico ós productores das películas. Técnicamente o zoom non é un movemento de cámara, xa
    que esta non se despraza, trátase únicamente dun axuste de lentes que produce esa sensación característica.
    É un bó recurso para aillar ou señalar a alguén dentro da multitude, asi como para captar un xesto ou unha
    expresión (planos detalle).

    O oposto ó zom é o movemento “conxelado”. Na imaxe conxelada páranse todos os movemento de golpe,
    dando un efecto de sucesión continuada dunha serie de fotos fixas.

    Este dous efectos narrativos teñen en común o realce dos detalles máis dramáticos, pero debemos aplicalos
    con tino: unha característica xeralizada do cineasta novel é o mal uso destas técnicas debido ó seu emprego
    abusivo.




    Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01                                       11
Plano en movemento


Referido ó plano creado pola cámara cando se despraza no espacio ou rota sobre se mesma. Atendendo a
eses dous tipos de movementos os planos creados poden ser:



a) Cámara Móbil.


Orixínanse cando desprazamos a cámara de un sitio a outro. Normalmente necesitamos de vehiculos
especiais para elo (grúas, “dollys”, “travellings”). Este tipo de planos teñen a ventaxa de poder introducirse
na narración e abrir moito máis espacio.



b) Panorámicas.


Cando a cámara permanece estática sobre un trípode, pero a facemos rotar polo seu cabezal sobre un eixo
de xiro horizontal ou vertical creamos unha vista panorámica (moi usada nos westers). As vistas
panorámicas móvense xeralmente de esquerda a dereita, imitando a orde de lectura dos ollos. As
panorámicas verticais son moi utilizadas porque crean o efecto de convertirse en espectadores silenciosos,
que narran visualmente unha determinada situación (ainda que normalmente combínase cun
desprazamento de cámara).




Tipos de desprazamentos de cámara.


Dependendo da técnica e o desprazamento que se lle esixe á cámara danse moitos tipos de movementos, os
máis frecuentes son:

1.   Travelling. Cando desprazamos a cámara sobre uns rais (eso en teoría, á hora de traballar –sobre todo
     os aficionados- termínamos montando a cámara sobre calquera cousa que se mova: coche, bicicleta,
     carretilla, etc.)

2.   Plano “dolly”. Cando montamos a cámara sobre unha “dolly” (plataforma rodante moi sofisticada,
     metade grua, metade coche).

3.   Plano “grua”. Cando nunha escea a cámara móvese de enriba a abaixo sobre unha grúa. Da moita
     mobilidade á escea.




Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01                                              12
Cámara suxetiva


a) Definimos Plano obxectivo como aquelo que recolle unha cámara como espectadora da acción que se
   está desenvolvendo, e



b) Plano subxetivo como o plano que representa a visíon que contempla o persoaxe que conduce a
   narración.



A cámara suxetiva ofrece unha visión moi persoal da escea, tanto é asi que se abusamos desta técnica
corremos o risco de deixar á audiencia fora da acción, acaban perdendo involucción na historia. Pero é unha
técnica que funciona moi ben en secuencias de planos que expresan presencia emocional, como o
nerviosismo (a cámara correra ne mesma dirección que uns ollos alterados), ou visión dunha persoa coa cara
vendada (a cámara semellará a visión que se ten cunha venda que rodea os teus ollos, escea típica de
momias), ou a visión que contempla unha persoa que corre perseguendo a outra.




Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01                                     13

Mais conteúdo relacionado

Mais de Plastilina3

Tutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickrTutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickrPlastilina3
 
30 días 30 fotos
30 días 30 fotos30 días 30 fotos
30 días 30 fotosPlastilina3
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Plastilina3
 
Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12Plastilina3
 
Instrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificaciónsInstrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificaciónsPlastilina3
 
Folleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeirasFolleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeirasPlastilina3
 
Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12Plastilina3
 
Titorial google maps
Titorial google mapsTitorial google maps
Titorial google mapsPlastilina3
 
Proporcion y escalas
Proporcion y escalasProporcion y escalas
Proporcion y escalasPlastilina3
 
Extracto lei de convivencia educativa
Extracto lei de convivencia educativaExtracto lei de convivencia educativa
Extracto lei de convivencia educativaPlastilina3
 
Poligonos regulares basico
Poligonos regulares basicoPoligonos regulares basico
Poligonos regulares basicoPlastilina3
 
Introduccion basico
Introduccion basicoIntroduccion basico
Introduccion basicoPlastilina3
 
Angulos elementais
Angulos elementaisAngulos elementais
Angulos elementaisPlastilina3
 

Mais de Plastilina3 (20)

Blogs de immaa
Blogs de immaaBlogs de immaa
Blogs de immaa
 
Tutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickrTutorial para subir las fotos a flickr
Tutorial para subir las fotos a flickr
 
30 días 30 fotos
30 días 30 fotos30 días 30 fotos
30 días 30 fotos
 
Leccion 4
Leccion 4Leccion 4
Leccion 4
 
12 13 grupos
12 13 grupos12 13 grupos
12 13 grupos
 
12 13 desdobles
12 13 desdobles12 13 desdobles
12 13 desdobles
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13
 
Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12Carta fin de curso 11 12
Carta fin de curso 11 12
 
Instrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificaciónsInstrucions reclamacions finais de cualificacións
Instrucions reclamacions finais de cualificacións
 
Folleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeirasFolleto linguas extranxeiras
Folleto linguas extranxeiras
 
Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12Guia de orientación académica profesional 2011 12
Guia de orientación académica profesional 2011 12
 
Titorial google maps
Titorial google mapsTitorial google maps
Titorial google maps
 
Cartel 2012
Cartel 2012Cartel 2012
Cartel 2012
 
Proporcion y escalas
Proporcion y escalasProporcion y escalas
Proporcion y escalas
 
Pratos de polbo
Pratos de polboPratos de polbo
Pratos de polbo
 
Rula e vincula
Rula e vinculaRula e vincula
Rula e vincula
 
Extracto lei de convivencia educativa
Extracto lei de convivencia educativaExtracto lei de convivencia educativa
Extracto lei de convivencia educativa
 
Poligonos regulares basico
Poligonos regulares basicoPoligonos regulares basico
Poligonos regulares basico
 
Introduccion basico
Introduccion basicoIntroduccion basico
Introduccion basico
 
Angulos elementais
Angulos elementaisAngulos elementais
Angulos elementais
 

Elementos basicos

  • 1. A imaxe secuenciada. Linguaxe Básica Linguaxes secuenciados  O aleluia.  O cómic.  A fotonovela.  O cine.  A televisión 1. Secuencia Dúas ou máis imaxes pódense encadear, unha tras outra, para describir algunha cousa ou explicar unha narración. Estas imaxes forman unha secuencia. Polo tanto, pode definirse como cada unha das divisións, con sentido completo e autónomo, máis extensas das imaxes secuenciadas. É frecuente que unha secuencia conste de diversas e moi variadas esceas (2). Dentro da película as secuencias normalmente se separan por signos de puntuación visual: fundidos (encadeados, de cortinilla, de apertura ou peche, tc.); sonoros: banda sonora; escenográficos: cambio notorio de esceario e de tempo de acción (as secuencias podense comparar ós capítulos nas obras literarias) 2. Escea É cada un dos momentos de acción continuada dentro da secuencia, que carecen de sentido completo por se mesmos. Cada escea lévase a cabo nun mesmo ambente e lugar. Nalgúns casos a escea resólvese cunha soa toma (ou plano), pero polo xeral cada escea está constituida por varios planos. (Póde compararse ós párrafos nas obras literarias) 3. Toma E calquera asunto ou trozo de acción filmado mediante unha carreira ininterrumpida da cámara. Está moi ligado o “plano” (4).Plano Refírese á dimensión con que aparece o suxeto dentro do cadro, ou a cantidade de esceario captado pola cámara. Tamén o definimos como cada unha das distancias e águlos da cámara con respecto ó escenario, que describen unha mesma acción. (¡ollo! é frecuente tender a confundir escea con plano). Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 1
  • 2. Tipos de plano, atendendo á dimensión do campo visual que abarca a cámara: Plano universal (ou gran plano xeral) a) Plano xeral. b) Plano americano (ou ¾) c) Plano medio d) Primeiro plano e) Plano de detalle 4. Encadre Indica a disposición dos elementos dentro do plano. Se a cámara permanece estática ante o esceario o plano e o encadre coinciden, pero se se despraza, redestribuindo os elementos, o plano está formado por varios encadres. 5. Plano secuencia Cando nun plano ademáis de redistribuir os elementos dentro do campo de visión tamén se despra a cámara polo esceario sen corte algún mestras os actores interpretan, co que se consegue amplíar a duración da escea, construindo unha unidade completa de contido. Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 2
  • 3. Recursos máis utilizados para estructurar o tempo nas narracións Se unha secuencia é narrativa explica un feito que sucede nun espacio concreto e nun espacio de tempo. A orde de presentación das imaxes na narración crea unha estructura temporal que é esencial para comprender o significado da historia. a) A elipse. Consiste en omitir na narración todo aquelo que é pouco importante ou se pode intuír. A elipse débese contrarrestar con suficientes elementos de continuidade que permitan comprender a relación de imaxes sucesivas e, por tanto, entender a historia. A) Unha muller con maleta: unha viaxe B) Un tren: medio de transporte C) A mesma muller baixa do tren. b)ELIPSE: enténdese que a muller viaxou nese tren O ralentí ou cámara lenta. Consiste en explicar unha acción empregando máis tempo do que realmente transcorre. Téndese a facer para amosar moitos detalles ou potenciar a forza expresiva da imaxe. O ralentí crea unha tensión que acentúa o dramatismo dos feitos e multiplica os detalles da acción. Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 3
  • 4. c) O “flash-back”. É un salto ó tempo pasado (e o “flash-forward” un salto ó futuro). A representación do que pasou no pobo (flash-back) diferénciase polo cambio de tons e pola forma despuntada da viñeta. Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 4
  • 5. Angulación e Encadre Sexa cal sexa o medio que utilicemos para a creación dunha imaxe, debemos potenciar ó máximo a súa capacidade comunicativa. E son recursos imprescindibles para enfatizar esa forza expresiva: a) Encadre. Selecciona o fragmento do espacio que define cada imaxe e dá a entender a que distancia da escena sitúase o espectador. b) A ángulación. Ven determinada polo punto de vista do espectador. A combinación destes dous factores fan que unha imaxe sexa suxerente ou atractiva ou que, polo contrario, non teña ningún interese. Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 5
  • 6. TIPOS DE PLANOS 1. Gran plano xeral (ou plano master). Describe un escenario, sen singularidades, como un accidente máis da paisaxe. Serve entre outras cousas para coñecer a que totalidade se remiten os planos máis curtos 2. Plano xeral (ou plano . longo). Neste plano a figura é claramente recoñecible, pero establécese un certo equilibrio entre figura e entorno. Centra a relación dun grupo de persoas nun espacio concreto. 3. Plano de conxunto (ou plano enteiro). Serve para que o persoaxe, perfectamente recoñecible e máis importante que o entorno, se mova dentro del, en accións que requiran a visión completa do seu corpo. É frecuente utilizalo para presentar grupos. Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 6
  • 7. 4. Plano tres cuartos (ou plano americano). A imaxe da figura aparece cortada á altura dos xeonllos, a eliminación dos pés ós personaxes corresponde cun campo natural de visión no que espectador e personaxe están a un mesmo nivel. Nestes planos a xesticulación e a traslación están distantes dabondo para que o diálogo sexa amigable e sen unha acentuada mímica facial, mentras que as evolucións dos brazos poden verse completas. 5. Plano medio. O personaxe aparece cortado á altura da cintura. É moito máis intimista que o plano americano. O rostro xa posúe certa singularidade, aínda que a presencia do corpo continúa sendo evidente. Utilízase frecuentemente para mostrar accións de personaxes en repouso, posto que a atención incide sobre os xestos dos brazos ó 6. Plano medio curto. nivel do tronco. O suxeito aparece cortado á altura do peito. A importancia da imaxe céntrase no rostro, polo que é moi expresivo. Está próximo ó primeiro plano pero aínda ten referencias secundarias ó corpo. É un plano moi dramático no que destaca a cara do actor. Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 7
  • 8. 7. Primeiro plano. A imaxe comeza á altura das clavículas. desligada do corpo e amosando o rostro como espectáculo. Expresa sentimentos, pensamentos e emocións íntimas. É o medio directo entre o espectador e a reacción psicolóxica do persoaxe. 8. Primeirísimo plano (ou gran primeiro plano). O encadre pecha toda a cabeza (é frecuente que apareza cortada pola fronte e polo mentón). O resultado é unha maior acentuación dramática dos valores psicolóxicos do primeiro plano. 9. Plano detalle. Amosa unha parte do corpo, un obxecto ou unha particularidade susceptible de ser amosada para a mellor comprensión ou expresividade da narración. Soe tratarse de planos clave para o desenlace ou entendemento da trama. Lectura de imaxes fixas (2) – Educación Plástica e Visual – curso 00/01 8
  • 9. PLANOS LARGOS E PLANOS CORTOS Referidos á cantidade de campo visual recollido pola cámara. Os planos largos Recollen unha gran cantidade de visión) revelean o lugar, establecen o ambente e as posibles relacións con el. Se se manteñen durante moito tempo poden privar o espectador dos detalles. Son apropiados para as esceas de acción e as de alto contido dramático (presenciar un asesinato dende un plano largo permitenos establecer distancias e disvinculación cunha escea que pode ser desagradable). Os planos cortos Escaso campo visual. Enfatizan, dramatizan, revelan as accións e amosan detalles. Se se abusa deles poden ser moi restrictivos, poden impedir que o espectador integre o entorno na escea. Nun plano corto é máis fácil descubrir unha emoción particular, baixo determinadas circunstancias, que nun plano largo onde, probablemente pasarían desapercibidas. Os planos detalle Soen ter unha importancia directa sobre a trama (unha pistola insinuada, unha cicatriz, unha man temblorosa poden revelarnos un dato crucial do desenlace final). Con todo, deben usarse en moi contadas ocasións, pois abusar deles pode causar unha certa incomodidade na película. Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01 9
  • 10. Ángulos dunha toma Son os ángulos que forma o eixo da cámara co suelo e tendo a imaxe a filmar como vértice. 1. Normal. A cámara está situada á mesma altura que os ollos dos persoaxes enfocados, paralela o chan. 2. Picado. A cámara está máis alta que os ollos do persoaxe e enfoca cara a abaixo. Este tipo de planos afunde o suxeto contra o chan, sicolóxicamente o persoaxe parece débil, apocado ou derrotado. Mostra un persoaxe máis baixo do que en realidade é (ver a película Bienvenido Mr. Marshall). (particularidade): A vista do ollo de Deus. A cámara prácticamente forma 90º co chan (moi utilizada por A. Hitchcock) 3. Contrapicado. A cámara está por debaixo da altura dos ollos dos persoaxes, enfocando de abaixo a enriba. Transforma o suxeto en alguén moito máis alto do que é en realidade. Estes planos suxiren dominancia ou poder (ver a película Ciudadano Kane). Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01 10
  • 11. Un “cruel” recurso para diferenciar a superioridade dunha persoa frente a outra é amosar nun plano contraplano á persoa forte dende un contrapicado e a débil nun picado (ver os debates políticos nas televisións en periodos electorais, o que semella forte soe coincidir co representante do partido político que ten, nese momento, unha mellor relación co medio de comunicación en cuestión). e Conxelados de imaxe Zooms A maior ventaxa do efexto zoom é o aforro considerable de movementos de cámara, o que conleva tamén un aforro económico ós productores das películas. Técnicamente o zoom non é un movemento de cámara, xa que esta non se despraza, trátase únicamente dun axuste de lentes que produce esa sensación característica. É un bó recurso para aillar ou señalar a alguén dentro da multitude, asi como para captar un xesto ou unha expresión (planos detalle). O oposto ó zom é o movemento “conxelado”. Na imaxe conxelada páranse todos os movemento de golpe, dando un efecto de sucesión continuada dunha serie de fotos fixas. Este dous efectos narrativos teñen en común o realce dos detalles máis dramáticos, pero debemos aplicalos con tino: unha característica xeralizada do cineasta novel é o mal uso destas técnicas debido ó seu emprego abusivo. Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01 11
  • 12. Plano en movemento Referido ó plano creado pola cámara cando se despraza no espacio ou rota sobre se mesma. Atendendo a eses dous tipos de movementos os planos creados poden ser: a) Cámara Móbil. Orixínanse cando desprazamos a cámara de un sitio a outro. Normalmente necesitamos de vehiculos especiais para elo (grúas, “dollys”, “travellings”). Este tipo de planos teñen a ventaxa de poder introducirse na narración e abrir moito máis espacio. b) Panorámicas. Cando a cámara permanece estática sobre un trípode, pero a facemos rotar polo seu cabezal sobre un eixo de xiro horizontal ou vertical creamos unha vista panorámica (moi usada nos westers). As vistas panorámicas móvense xeralmente de esquerda a dereita, imitando a orde de lectura dos ollos. As panorámicas verticais son moi utilizadas porque crean o efecto de convertirse en espectadores silenciosos, que narran visualmente unha determinada situación (ainda que normalmente combínase cun desprazamento de cámara). Tipos de desprazamentos de cámara. Dependendo da técnica e o desprazamento que se lle esixe á cámara danse moitos tipos de movementos, os máis frecuentes son: 1. Travelling. Cando desprazamos a cámara sobre uns rais (eso en teoría, á hora de traballar –sobre todo os aficionados- termínamos montando a cámara sobre calquera cousa que se mova: coche, bicicleta, carretilla, etc.) 2. Plano “dolly”. Cando montamos a cámara sobre unha “dolly” (plataforma rodante moi sofisticada, metade grua, metade coche). 3. Plano “grua”. Cando nunha escea a cámara móvese de enriba a abaixo sobre unha grúa. Da moita mobilidade á escea. Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01 12
  • 13. Cámara suxetiva a) Definimos Plano obxectivo como aquelo que recolle unha cámara como espectadora da acción que se está desenvolvendo, e b) Plano subxetivo como o plano que representa a visíon que contempla o persoaxe que conduce a narración. A cámara suxetiva ofrece unha visión moi persoal da escea, tanto é asi que se abusamos desta técnica corremos o risco de deixar á audiencia fora da acción, acaban perdendo involucción na historia. Pero é unha técnica que funciona moi ben en secuencias de planos que expresan presencia emocional, como o nerviosismo (a cámara correra ne mesma dirección que uns ollos alterados), ou visión dunha persoa coa cara vendada (a cámara semellará a visión que se ten cunha venda que rodea os teus ollos, escea típica de momias), ou a visión que contempla unha persoa que corre perseguendo a outra. Lectura de Imaxes Fixas - Educación Plástica e Visual - curso 00/01 13