2. RODICIO Unha roda con aspas de madeira ou metálica móvese por efecto da forza da auga que entra áscaldeiras do muíño a través do cubo, ou ben, directamente, da canle.
3. VARA OU EIXO Ao moverse o rodicioxira con el a vara oueixo que faráxirar á moa.
4. MOA É a pedra que xira mentres que o pé permanece fixo. Nelas se talan unhas canles tanxenciais ao ollo chamadas raias. A súa misión é a de facilitar a entrada do gran e posteriormente a saída da fariña.
5. GUINDASTRE Para poder darlle á volta á moa, ten dous buratos pola parte exterior, por eles se introducen dous brazos curvos que a rodean e van permitir subila e darlle a volta cun guindastre.
6. ADELLA O gran que queremos moer introdúcese na adella, recipiente de madeira de sección troncocónica. Dende aquí cae ao Adellón, caixón mobible a través da Taravela, que regula a caida do gran.