O slideshow foi denunciado.
Seu SlideShare está sendo baixado. ×

A Memoria Dos Nosos AvóS

Carregando em…3

Confira estes a seguir

1 de 24
1 de 24

Mais Conteúdo rRelacionado

Audiolivros relacionados

Gratuito durante 30 dias do Scribd

Ver tudo

A Memoria Dos Nosos AvóS

1. 1. O tesouro dos nosos avós Ana Lomba Martínez 4ºD Sara Cabral Portela 4ºD
2. 2. Primeiras testemuñas

Nome: Juan Bautista Portera Loureiro

Data de nacemento: 14 de Maio de 1928

Idade: 79 anos

Lugar de nacemento: Camposancos

Nome: Josefa González Rodríguez

Data de nacemento: 12 de Xuño de 1934

Idade: 74 anos

Lugar de nacemento: A Guarda.

3. 3. Segundas testemuñas

Nome: Manolo Domínguez Pacheco (alias Taxota)

Data de nacemento: 14 de Agosto de 1910

Data de falecemento: 13 de Maio do 2007

Idade: 97 anos

Lugar de nacemento: A Guardia

Nome: María Concepción Andrés García (Concha)

Data de nacemento: 20 de Novembro de 1909

Idade: 98 anos

Lugar de nacemento: A Guardia

4. 4. A guerra
5. 5. Manolo Domínguez e María Concepción

Concha defínenos a guerra desde o seu punto de vista desta forma: “As guerras son moi malas veñan de onde veñan, sexa pra un partido, sea por outra nación, unha a outra, ou que sea na misma nación, sempre son malas. Entonces claro, antes aquí, falo pola Guardia e España, pois era moita miseria a que había, moita de máis. Entonces se dous hermanos nunha casa pelean é como unha guerra porque xa lucha un con outro, e as guerras son iguales. España eran os irmáns cos irmáns, uns estaban na parte de alá, outros estaban da parte de aquí, polo tanto era unha guerra. É así foi como comenzou en España.”

Tamén nos comenta como a guerra é inxusta, enriquece a uns e mata a outros. Os máis poderosos eran crueis e de sangue frío, non dubidaron un segundo en sacar do cárcere á nai de Manolo, unha vez morrera seu pai, facendo que a pobre muller se atopara co ataúde e o corpo do seu marido morto nada máis abrir as portas da súa casa.

6. 6. Daquela chamábannos roxos
7. 7. Juan Bautista e Josefa González

Cando estoupou a guerra o pai de Juan estaba embarcado en Barcelona e tivo que quedar alí. Na Guarda a súa familia xa quedou marcada como “roxa” desde aquel momento.

A familia de Josefa tamén quedou marcada, debido a que o seu pai fora nun dos primeiros barcos de pesca que foran a Inglaterra. El quería crear un sindicato e foi cando lle deron a condición de “roxo”, nesa época había que ser falanxista para que non te cualificaran desa forma. Como a mesma Josefa di “era unha vida moi rara”

8. 8.

O pai de Josefa, “un roxo”

9. 9. Manolo Domínguez e María Concepción

Concha cóntanos como, naquela época, por calquera cousa te levaban preso e como continuamente había que vixiar o que facías para non correr o risco de rematar no cárcere e como dous dos irmáns de Manolo foron fusilados nos Xesuítas.

10. 10. Os irmáns fusilados

E aquí temos as fotografías dos irmáns de Manolo que foron fusilados con tres homes máis, cinco en total, e os cales xa estaban casados.

11. 11. Separados pola miseria
12. 12. Manolo Domínguez e María Concepción

Foi en Setembro cando levaron a Concha presa. Tería que estar nove meses encerrada pero déranlle a alternativa de saír do cárcere sempre que ela non falase coa familia de Manolo, pero non aceptou esa condición e cando volveu a A Guarda tivo que ter coidado de que non a collese a policía.

13. 13. A dor

Para Manolo, os duros recordos da vida pasada, xunto co seu estado de saúde no momento da entrevista, fixo que non puidera quedar debido á dor que sentía.

14. 14. A dor

É un sufrimento que esta dentro de nós,

sufrimos pola miseria,

sufrimos polo amor.

Sufrimos por esquecer

todo aquilo que xa pasou.

Penetra nos nosos corazóns,

botando raíces, pero non de flor,

senón raíces que nos aforcan

e a estas raíces chamámoslle

“ DOR”

15. 15. Por salvar a vida
16. 16.

Concha cóntanos unha historia sobre unha muller que coincidira con ela no cárcere e que estaba condenada a morte. Para evitalo tivo que mentir e finxiu un embarazo pensando que en poucos meses remataría este pesadelo. Pero equivocábase. A guerra durou máis do previsto e tiña que por unha barriga improvisada con trapos. Os médicos que lle facían a revisión calaban e non dicían o do falso embarazo para evitar a morte da muller. Finalmente chegaron os nove meses e a farsa non se podía alongar durante máis tempo e desta vez tocoulle finxir un aborto. Unha noite, tódalas mulleres que nese momento tiñan o período xuntaron os seus trapos e metéronos nun cubo, salvando por segunda vez a vida da muller condenada a morte.

17. 17. Perseguidos

Concha cóntanos que foron perseguidos durante a guerra e que unicamente eran os roxos os buscados pola lei, nunca aos de dereitas.

18. 18. A posguerra

Juan e Josefa dinnos que a posguerra foi unha etapa ou época moito peor cá guerra e cunha maior duración. Afírmannos que é peor porque o país enteiro, España, estaba arrasado debido á queima de oliveiras e outros desastres como consecuencia da guerra.

Tamén a miseria do pobo era moi elevada, debido a que era este o que tiña que pagar as débedas que tiña Franco con Europa.

19. 19. A roupa
20. 20. A roupa

Tanta era miseria do país durante a posguerra que as nosas testemuñas comentan que levaban a mesma roupa durante toda a semana e ó chegar o venres tiñan que lavala e secala para poder póla o sábado.

Tamén comentan que todo “era pecado” referíndose a forma de vestir: do xeonllo para arriba “era pecado”, de medio brazo para arriba tamén “era pecado” e sen falar de escotes, sempre había que levar todo abotoado ata o pescozo, pero ante todo a limpeza.

21. 21. O estraperlo en Camposancos
22. 22. O estraperlo

A que nos referimos co estraperlo? Josefa defíneo como “unha especie de “trapicheo” ou intercambio de materiais ou elementos que nese momento, na posguerra, escaseaban en España debido a que se atopaba nunha situación denigrante”

Nas Rías Baixas consistía no intercambio, tanto de España para Portugal como de Portugal para España, de bens, como por exemplo menciñas, café, chatarra, azucre, penicilina, telas, etc.

A falanxe reprimía a poboación. Juan cóntanos unha experiencia persoal vivida nos tempos do estraperlo: había un falanxista que vixiaba de cerca a Juan debido a que este coñecía a súa condición de estraperlista. Os falanxistas tampouco vivían ben, aínda que a súa situación eran mellor ca do pobo. Este falanxista o ameazaba con que o ía “pillar” con mercancía. Entón Juan decidiu falar “de home a home”. Decidiu facerlle unha proposta. Preguntoulle canto diñeiro ganaba o mes, e contestoulle 1600 ptas. E así decidiu duplicarlle o soldo coa condición de que se esquecese del para sempre. Estivo así 3 anos e medio.

23. 23. Conclusións

Grazas a este traballo atopamos algo que descoñeciamos e que nos chegou moi dentro, un sufrimento que nós non vivimos pero que o pasaron os nosos maiores e que é de gran interese para nós.

Aprendemos o significado da guerra, da posguerra, do estraperlo…

Contáronnos historias e anécdotas vividas por eles mesmos que nos recordan unha frase que Juan nos comentou durante a entrevista e a cal agora sabemos que é certa, “nós vivimos mellor que os reis daquela época”

Un dos traballos máis enriquecedores das nosas vidas que nos ensinou moitas cousas do noso pasado non escrito nos libros, o pasado posiblemente máis cruel de todos .

24. 24. Sara Cabral Portela Ana Lomba Martínez