A boneca

1.035 visualizações

Publicada em

0 comentários
0 gostaram
Estatísticas
Notas
  • Seja o primeiro a comentar

  • Seja a primeira pessoa a gostar disto

Sem downloads
Visualizações
Visualizações totais
1.035
No SlideShare
0
A partir de incorporações
0
Número de incorporações
735
Ações
Compartilhamentos
0
Downloads
1
Comentários
0
Gostaram
0
Incorporações 0
Nenhuma incorporação

Nenhuma nota no slide

A boneca

  1. 1. A BONECA AUTORES/AS:Celtia, Daniela, Álvaro, Quique, Laura, Diego e Nils (5º A) ILUSTRADORES/AS: Alumnado 2º EP
  2. 2. FIONA ERA UNHA NENA DE DOCE ANOS QUE VIVÍA EN ESCOCIA. COMO TODAS AS NENAS DA SUA IDADE ÍA AO COLE E TIÑA MOITOS AMIGOS.
  3. 3. FIONA CHAMABA A ATENCIÓN POLO SEU CABELO LONGO E RUBIO (“PELIRROXO”), A SÚA CARA PENCADA, POLOS SEUS OLLOS VERDES COMA AS ESMERALDAS E POLO SEU CORPO DELGADO, AÍNDA QUE PARECÍA QUE ÍA CREBAR COMA UNHA CAROCA.
  4. 4. ERA MOI PRESUMIDA, A SÚA ROUPA PREFERIDA ERA UN CONXUNTO DE FALDRIÑA E BUFANDA DE CADROS VERMELLOS E VERDES, UNS ESCARPÍNS VERDES QUE LLE CHEGABAN AOS XEONLLOS E UNS ZAPATOS DE CHAROL CUNS LAZOS.
  5. 5. SEMPRE ESTABA ALEGRE E FELIZ E O SEU XOGUETE PREFERIDO ERA UNHA BONECA QUE LLE REGALARA O SEU AVÓ DE PEQUENA.
  6. 6. UN DÍA, Á SAÍDA DO COLEXIO, DECATOUSE DE QUE SEU PAI FORA RECOLLELA. Á NENA PARECEULLE RARO: FIONA VIVÍA CO SEU PAI E SEU AVÓ NA CIDADE, NUNHA CASA CUN PEQUENO XARDÍN. O AVÓ ENCARGÁBASE DE LEVALA E RECOLLELA DO COLEXIO E AXUDÁBALLE COAS TAREFAS, MENTRES SEU PAI TRABALLABA TODO O DÍA NO HOSPITAL.
  7. 7. PASOULLE ALGO AO AVÓ?
  8. 8. NON PASOU NADA, ESTÁ BEN; SÓ QUE HOXE EU TIÑA QUE FALAR CONTIGO DE ALGO MOI IMPORTANTE.
  9. 9. CANDO CHEGARON A CASA, O PAI EXPLICOULLE QUE TIÑA QUE IR TRABALLAR A OUTRO PAÍS -ETIOPÍA- ONDE NECESITABAN MÉDICOS, TERÍAN UNHA NOVA CASA NUN PEQUENO POBO, MOI SINXELA, E FIONA IRÍA AO COLEXIO Á CIDADE MÁIS PRÓXIMA. ELA ESCOITOUNO ATENTAMENTE, E COMEZOU A POÑERSE TRISTE.
  10. 10. NENA, NON TE POÑAS ASÍ, SEGURO QUE FARÁS NOVOS AMIGOS, ADEMAIS TERÁS QUE ME AXUDAR NA ENFERMARÍA
  11. 11. E TEREI UNHA HABITACIÓN TAN GRANDE COMA A DE AGORA? NO COLE HABERÁ ACTIVIDADES? POR QUE VOU TER QUE CHE AXUDAR NA ENFERMARÍA?...
  12. 12. SEU PAI, CON MOITA PACIENCIA SINALOULLE NO MAPA ETIOPÍA, NO CONTINENTE AFRICANO; MENTRES QUE LLE EXPLICABA QUE ALÍ OS NENOS NON VIVEN EN CASAS COMA A DELA, NON TEÑEN AUGA NAS VIVENDAS, NIN HOSPITAIS, E CASE NINGÚN CATIVO VAI AO COLEXIO PORQUE TEÑEN QUE TRABALLAR, NON TEÑEN XOGUETES E TAMPOUCO FESTAS DE ANIVERSARIO. FIONA NON ENTENDÍA NADA.
  13. 13. E CASE NINGÚN CATIVO VAI AO COLEXIO PORQUE TEÑEN QUE TRABALLAR, NON TEÑEN XOGUETES E TAMPOUCO FESTAS DE ANIVERSARIO. FIONA NON ENTENDÍA NADA.
  14. 14. CHEGOU O DÍA DE MARCHAR, FIONA DESPEDIUSE DO SEU AVÓ E DE TODOS OS SEUS AMIGOS PROMETÉNDOLLES QUE LLES MANDARÍA MOITAS CARTAS CONTÁNDOLLES TODO.
  15. 15. DESPOIS DUNHA LONGA VIAXE CHEGARON Á GRAN CIDADE, MOI DIFERENTE DA QUE ELA VIÑA, E DENDE ALÍ FORON EN COCHE ATA NAÍKARA -O POBO ONDE VIVIRÍA-.
  16. 16. O TRAXECTO FOI ESGOTADOR, E O PEOR DE TODO FOI A PAISAXE E A POBREZA DA XENTE QUE ESTABA A VER. FIONA COMEZABA A DARSE DE CONTA DO QUE LLE EXPLICARA O SEU PAI.
  17. 17. -POR QUE SÓ VEXO A NOSA CASA? POR QUE OS NENOS VAN DESCALZOS? MENTRES PREGUNTABA, FIXOUSE NUNHA NENA QUE ÍA CARGADA CUNS CALDEIROS DE AUGA MÁIS GRANDES CA ELA.
  18. 18. -GUSTARÍAME COÑECELA! ERA DIFERENTE AOS SEUS AMIGOS. NESE MOMENTO BAIXOU DO COCHE E FOI CORRENDO CARA A ELA: -AXÚDOCHE? -PREGUNTOULLE FIONA.
  19. 19. A NENA NON RESPONDÍA E SÓ QUEDOU MIRANDO SEN DICIR NADA. FIONA DECATOUSE DE QUE LLE CHAMARA A ATENCIÓN A BONECA QUE LEVABA NA MAN.
  20. 20. PASARON OS DÍAS, FIONA NON VOLVERA VER A NENA, PERO NON A PODÍA ESQUECER. O SEU PELO CRECHO E NEGRO COMA O CARBÓN, BRILLANTE COMA O SOL E CUNS CHICHOS COMA POMPÓNS. A SÚA PEL ESCURA CUNS OLLOS SALTÓNS, BRANCOS E ACASTAÑADOS E UNS BEIZOS GROSOS E VERMELLOS. NUNCA VIRA UNS IGUAIS.
  21. 21. PERO, UN DÍA Á VOLTA DO COLE, VIUNA, E CHAMOU POR ELA: “EHHHH!!!!!!!” NON SABÍA O SEU NOME . -CHÁMASE GOCCO -DÍXOLLE O PAI-. SÓUBENO CANDO A VACINEI O OUTRO DÍA.
  22. 22. -GOCCO, GOCCO …! -BERREABA FIONA . DE SÚPETO, GOCCO BOTOU A CORRER COS SEUS PES DESCALZOS CARA A ELA, TOCÁNDOLLE SEN PARAR A SÚA LONGA MELENA E MIRABA CON MOITA ATENCIÓN A BONECA QUE FIONA TIÑA NA MAN. PARECÍALLE RARO QUE TIVESE ISO, PERO LLE GUSTABA.
  23. 23. QUERES XOGAR CON ELA? SI, PERO NON SEI COMO SE XOGA A NADA DISO -RESPONDEU GOCCO-. AQUÍ OS NENOS TEMOS QUE TRABALLAR, NON TEMOS XOGUETES, NIN SABEMOS XOGAR
  24. 24. EU ENSINAREICHE A XOGAR E TAMÉN COUSAS QUE SE APRENDEN NO COLE PARA QUE SEXAS IGUAL CA MIN. DE ACORDO? SE CHE PARECE BEN, CLARO FIONA QUEDOU PENSATIVA É MOI BOA IDEA!
  25. 25. CO PASO DO TEMPO, FIONA COMPRENDÍA MÁIS DA VIDA DA XENTE DO POBOADO. E O ÚNICO QUE DESEXABA, ERA VOLVER DO COLE E AXUDAR AO SEU PAI NA ENFERMARÍA. SABÍA QUE ERA CANDO PODÍA VER A GOCCO E COÑECER MÁIS COUSAS DELA. -OLA GOCCO! POLAS MAÑÁS NUNCA TE VEXO! -SAUDOU FIONA.
  26. 26. -ÉRGOME MOI CEDO PARA IR A FÁBRICA -CONTESTOULLE GOCCO. -QUE FAS ALÍ? -FAGO SANDALIAS. -E COMO SON? TEÑEN MOITAS CORES? SABES? É O MEU CALZADO PREFERIDO NO VERÁN. SERÁN COMA AS MIÑAS? CÓNTAME, CÓNTAME... -INTERESOUSE FIONA. -AS SANDALIAS SON DE COIRO, CON MOITAS BOLIÑAS DE CORES RECHAMANTES QUE LLE GUSTAN MOITO ÁS MULLERES DOUTROS PAÍSES.
  27. 27. FIONA BOTOU A CORRER EN BUSCA DAS SÚAS PARA ENSINARLLAS. ERA INCRIBLE! QUE AS SANDALIAS QUE SEMPRE USABA AS PUIDESEN FACER NENOS DA SÚA IDADE! CLARO! POR ISO NON SABÍAN LER, ESCRIBIR, XOGAR, ETC...
  28. 28. GOCCO E FIONA FIXÉRONSE GRANDES AMIGAS. APRENDERON MOITO UNHA DA OUTRA. FIONA DEUSE DE CONTA DE QUE A SÚA VIDA FORA MOI SINXELA E A DE GOCCO, MOI COMPLICADA. A PARTIR DESE MOMENTO, COMO SÍMBOLO DE AMISTADE, FIONA AGASALLOULLE A GOCCO A SÚA BONECA PREFERIDA E A SÚA AMIGA FÌXOLLE UNHAS SANDALIAS FUCSIAS QUE FIONA NON ACEPTOU E GRITOU:
  29. 29. -OS NENOS NON PODEN TRABALLAR!!! MENTRES, APERTÁBAA E MURMURÁBALLE NO OÍDO, QUE O MELLOR AGASALLO PARA ELA ERA QUE APRENDESE E QUE TIVESE UN FUTURO MELLOR. A GOCCO O QUE MÁIS LLE GUSTABA ERA SER ENFERMEIRA E, ASÍ, AXUDAR AOS DEMAIS, COMO FIONA FIXERA CON ELA.

×