Con textura de fume. presentación recital poesía adolescente. 2015.
CON TEXTURA
DE FUME Poesía
Adolesc
enteInvitad@s “alumnas/os
poetas” do
IES Ribeira do Louro de
O Porriño
Recital de Poesía
Día das Bibliotecas Escolares
Mércores, 4 novembro 2015
Biblioteca Calixtina. IES
Pedras Rubias
Salceda de Caselas
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me
asombras.
Rosalía de Castro
UNHA NOVAAMIGA
Unha nova amiga
vos quero presentar
que está moi descoidada
e témola que coidar
Dona verde a chamo
Dona verde a chamarás
Sempre nos axuda
É sempre axudará
Nosa amiga Dona verde
Chea de árbores e flores,
Axúdanos a respirar
e a aliviar as nosas dores
Hai uns anos abrazábanos
Agora témola que recuperar.
Por culpa duns maltratadores
Que a quixeron asasinar
Clara Lorenzo
SOIDADE
Somos dúas estrelas
que brillan en diferentes constelacións
se estamos xuntos
brillamos máis que o sol.
Eu quero brillar só,
sen ter que rotar ao redor de ninguén,
sen ter que finxir sorrisos,
sen ter que vivir engañado pola sociedade,
sen ter que acarrexar a mochila na que gardo os meus sentimentos,
sen ter que agocharme de ninguén,
morrer da mesma maneira que nacemos…
só
Daniel Otero
EU NACÍN EN ÁFRICA
Eu nacín en Africa, nun lugar moi afastado,
non coñecía o que había fóra do meu poboado
nin a ninguén que entendera o meu andar
agás a miña familia que me sabía amar.
Un día escoitei o vento que me chamaba ao seu
lado
E fuxín inconsciente, sen pensalo dúas veces,
sen saber onde se dirixían os meus novos pasos,
perdida pola selva, rodeada da madreselva
que apertaba a miña gorxa con moita forza.
Cheguei ao mar, aquela dimensión nunca vista,
aquela marea azul onde atopei unha illa de lixo,
un vertedoiro flotante, que cheiraba a pestes,
refugallos que tiraban os ricos ben mantidos.
Seguín o camiño que me ensinaba o forte vento
ata atopar a fermosa árbore onde se escoitaban
voces
que falaban dos tempos nos que os homes eran
felices
e non loitaban polo poder ou polas grandes
riquezas,
por todas as cousas materiais deste mundo.
Volvín ao meu camiño e seguín o meu rumbo.
No medio da praia había moita xente coma min,
xente que non tiña nada máis ca a súa triste vida,
persoas que desexaban a gran oportunidade
máis alá das nosas fronteiras, a terra prometida.
O barqueiro pedía todos os cartos que tiñamos
e embarquei coma o resto das persoas que alí había.
O frío da noite, do mar e da nosa soidade
Facíanos tremer, non só de frío, senón de medo,
de non saber o que iamos atopar no noso intrigante destino.
Un movemento brusco da barca fixo que alguén caera pola
borda
e desapareceu no medio da nosa negra viaxe.
Cando estabamos preto da costa, inesperadamente
atopamos unha enorme marea de homes brancos,
botáronse ao mar e colleron a nosa barca.
Axiña de espertar do mareo e da decepción
atopeime moi soa e triste, non coñecía a ninguén
e botaba de menos o meu acolledor fogar.
Alí rematou a miña dorida pasaxe.
Cargada de tanto sufrimento e escuridade,
pregunteime a onde podía conducir todo aquilo.
Estaba triste. Así finei nesa escurecida noite.
Laura Mazoy
Agradecementos a todos os participantes:
>Do IES Ribeira do Louro:
Sara Norniella, Clara Lorenzo, Daniel Otero, Laura Mazoy e Elba Valiñas.
Ademais dos profes acompañantes.
>Do IES Pedras Rubias:
Nerea Romero, Paula, Daniel, Ariadna, Pablo, Yashira, Nerea E., Nerea A,
Ainhoa, Sara, Sabrina, Alba, Elena, Clara, Andrea, Leticia, Núria, Diana, Yedra,
Rocío, David, Héctor, Adrián, Souhail, Jennifer, Laura, Javier e Águeda .
Música: Uxía, Dani, Clara e Jessica.
Biblioteca Calixtina – Club de Lectura “Siareiros da Palabra”
Outono 2015
(*imaxes utilizadas con finalidade
didáctica, para uso non comercial)