Esta presentación realizouse a partir do poema Unha noite na eira do trigo de Manuel Curros Enríquez. Neste, quixo retratar a angustia vivida pola separación de dous mozos coa necesidade de emigrar cara América pola falta de traballo e pobreza. A alumna de primeiro de bacharelato, Alexandra Gómez, viu apropiado escoller este poema xa que trata sobre un tema que ultimamente estase a repetir no noso pais e pareceulle correcto sacalo a relucir.